Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido en latín como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos escritos por Exeria relatando a súa viaxe dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384. Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas, os costumes dos residentes, os intereses dos viaxeiros, as crenzas populares e a fala vernácula. O seu valor é filolóxico, pero tamén sociolóxico e literario.
Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada.Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz. Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos. Morreu fusilado polo bando franquista un mes despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, que desencadeou o inicio da Guerra civil española.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Francisco Javier Vázquez Maneiro
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou só Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973, é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
A metilcobalamina (mecobalamina, MeCbl ou MeB12) é un tipo de cobalamina, unha forma de vitamina B12. Difire da cianocobalamina en que o grupo ciano unido ao cobalto foi substituído por un grupo metilo. A metilcobalamina ten un centro octaédrico de cobalto(III) e pode obterse como cristais vermellos intensos.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Ana Mena Rojas, nada en Estepona (Málaga) o 25 de febreiro de 1997, é unha cantante e actriz española. Deuse a coñecer no ano 2006 após gañar a XII edición rexional dos Premios Veo Veo, aínda que a súa popularidade aumentou cando participou na miniserie Marisol, la película interpretando a Marisol.Mena debutou na industria musical en 2016 co seu sinxelo "No soy como tú crees". En 2018 acadou gran popularidade en Italia coa canción "D'estate non vale" xunto ao cantante italiano Fred de Palma.
Carlos Henrique José Francisco Venâncio Casimiro, nado en São José dos Campos, São Paulo, o 23 de febreiro de 1992, coñecido deportivamente como Casemiro, é un futbolista brasileiro que xoga como centrocampista no Real Madrid Club de Fútbol da primeira división de España. Tamén é internacional coa selección do Brasil.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Susan Magdalane Boyle, nada en Blackburn (West Lothian) o 1 de abril de 1961, é unha cantante escocesa que acadou unha gran fama internacional cando apareceu como concursante no programa de televisión da ITV Britain's Got Talent o 11 de abril de 2009. Cantou "I Dreamed a Dream" do musical Les Misérables, mais non gañou o concurso e ficou segunda detrás do grupo de baile Diversity.
Os caneiros, pesqueiras ou pescos son unha especie de dique ou presa construída en diagonal no curso dun río, dende onde se pesca ou coa que se desvía a auga para poder pescar. É unha construción tradicional ligada á hidráulica, ás veces complexa, aproveitando un lugar natural, xeralmente un vao ou un rochedo, de xeito que o conxunto se habilita para a pesca principalmente de lamprea, pero tamén de salmón, zamborca e outras especias piscícolas. Das pesqueiras fálase xa en documentos do século XII aínda que, probablemente, moitas delas se remontan á época romana.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Melani García Gaspar nada o 10 de xuño de 2007 en L'Eliana é unha cantante española. É coñecida por gañar a cuarta edición de La Voz Kids en 2018 e representou a España no Festival de Eurovisión Júnior 2019 celebrado o 24 de novembro en Gliwice, Polonia coa canción "Marte", quedando terceira. Despois disto, fixo as súas cancións Adiós (Adeus) e Grita Conmigo (Berra comigo) no ano 2020.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
A adenosilcobalamina (AdoCbl), tamén chamada coencima B12, cobamamida e dibencozide, é, xunto coa metilcobalamina (MeCbl), unha das formas bioloxicamente activas da vitamina B12.A adenosilcobalamina participa como cofactor en rearranxos dos esqueletos moleculares mediados por radicais. Estes procesos requiren a formación do radical desoxiadenosil por disociación homolítica do enlace carbono-cobalto. Este enlace é excepcionalmente feble, cunha enerxía de disociación do enlace de 31 kcal/mol, o cal diminúe aínda máis no ambiente químico do sitio activo dun encima.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Ignacio Medina y Fernández de Córdoba
Ignacio Medina y Fernández de Córdoba, nado en Sevilla o 27 de febreiro de 1947, é un arquitecto e restaurador español, décimo noveno conde de Ribadavia e tamén décimo noveno duque de Segorbe.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Mohandas Karamchand Gandhi (en gujarati, મોહનદાસ કરમચંદ ગાંધી, devanágari मोहनदास करमचन्द गांधी), máis coñecido popularmente por Mahatma Gandhi (Mahatma, do sánscrito "grande alma"), nado en Porbandar (Gujarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Deli o 30 de xaneiro de 1948, foi un avogado indio, nacionalista anticolonial e un político ético que empregou a resistencia non violenta para liderar a exitosa campaña pola independencia da India do dominio británico, e máis tarde inspirar movementos polos dereitos civís e pola liberdade en todo o mundo. O nome honorífico de Mahatmā (sánscrito: "alma grande", "venerable"), aplicado por primeira vez a el en 1914 en Suráfrica, úsase agora en todo o mundo.Nado e criado no seo dunha familia hindú da costa de Gujarat, Gandhi formouse en dereito no Inner Amorne de Londres, e foi proclamado avogado aos 22 anos, en xuño de 1891. Tras dous anos de incerteza na India, onde non puido iniciar unha práctica xurídica exitosa, trasladouse a Suráfrica en 1893 para representar a un comerciante indio nun xuízo.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Continental Airlines foi unha das principais aeroliñas dos Estados Unidos, fusionada na actualidade con United Airlines. O 3 de maio de 2010 anunciouse que Continental Airlines e United Airlines uniríanse para dar lugar á primeira compañía aérea do mundo. O 30 de novembro de 2011 a Administración Federal de Aviación (FAA) anunciou que a partir dese día Continental e United Airlines operarían como unha soa (United).
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
We begin bombing in five minutes
A declaración Comezamos a bombardear en cinco minutos é unha broma controvertida do presidente dos Estados Unidos, Ronald Reagan, o 11 de agosto de 1984. O día 11 de agosto de 1984, o presidente dos Estados Unidos Ronald Reagan preparouse para o seu discurso semanal do sábado na radio pública. Durante a proba de son antes do seu discurso, Reagan fixo a seguinte broma: A broma era unha parodia da introdución ao discurso do día: Ao contrario da crenza popular, a broma non se emitiu publicamente senón que posteriormente foi filtrada ao público en xeral.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 188.167 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
Nogueiroa, Parada de Labiote, O Irixo
Nogueiroa é un lugar da parroquia de Parada de Labiote no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño. Tiña 69 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 28 eran homes e 41 mulleres.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX. Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa.
A Festa do Esquecemento, organizada pola Asociación Cultural Civitas Limicorum, é un evento festivo de recreación histórica, celebrado ininterrompidamente desde o ano 2001 na localidade de Xinzo, que lembra a chegada das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto até a marxe esquerda do río Limia. O denominación da festa, “Esquecemento”, débese a que as tropas romanas, por mor do singular lugar en que debían cruzar o río Limia, creron acharse perante o lendario río Lethes, o río do Esquecemento, que facía esmorecer todas as lembranzas de quen o atravesase. Ante esta crenza e dificultade, Décimo Xuño Bruto, para que as lexións continuasen avanzando, viuse obrigado a cruzar o río empuñando o estandarte das aguias de Roma e a chamar polo seu nome a cada soldado desde a outra marxe para demostrar que a súa crenza era mera superstición.
Antonio "Toñito" Blanco, nado na Coruña en 1964, e finado en 1994, foi un guionista, actor e director de cinema galego. É coñecido por ser un dos creadores do programa Xabarín Club da TVG, e codirector do filme de culto A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos xunto con Ricardo Llovo, un dos poucos exemplos do cinema gore galego. Foi actor e guionista na serie Composteláns e colaborou como experto en banda deseñada no magazine A tumba aberta.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Aquis Querquennis, coñecido popularmente como A Cidá, é un complexo arqueolóxico constituído por un campamento romano e unha mansión-viaria, situado na parroquia dos Baños (Bande). O campamento estableceuse no lugar para a construción da Vía XVIII ou Vía Nova, calzada que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta. Estivo ocupado entre o último cuarto do século I d.C. e os anos 20 do século II d.C. A mansión-viaria era unha hospedaxe de viaxeiros na citada calzada, ocupada nos séculos II - III d.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 280 habitantes (153 mulleres e 127 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 210 habitantes, sendo 95 homes e 115 mulleres.
A derradeira leición do mestre
A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires e está baseado na estampa nº 6 do seu álbum Galicia mártir. Trátase dunha homenaxe ó seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, que foi fusilado na Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936.