Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Carlos Henrique José Francisco Venâncio Casimiro, nado en São José dos Campos, São Paulo, o 23 de febreiro de 1992, coñecido deportivamente como Casemiro, é un futbolista brasileiro que xoga como centrocampista no Real Madrid Club de Fútbol da primeira división de España. Tamén é internacional coa selección do Brasil.
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel se detallan costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita.
A hidroxocobalamina, tamén chamada vitamina B12a e hidroxicobalamina, é unha vitamina que se encontra nos alimentos e en suplementos dietéticos. Como suplemento utilízase para tratar a deficiencia de vitamina B12, incluíndo unha das súas consecuencias, a anemia perniciosa. Outros usos son o tratamento do envelenamento por cianuro, a atrofia óptica de Leber e a ambliopía tóxica.
O cego de Pumardedón é un libro, de 25 capítulos e 163 páxinas, do escritor galego Francisco Fernández del Riego, publicado por Ir Indo Edicións en 1992. Inclúe na cuberta unha pintura de Antón Pulido Novoa. En 1985 publicáronse dous capítulos (o número 22 e o 23) da, daquela, inédita novela, na revista Grial.
Francisco Javier Vázquez Maneiro
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou só Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973, é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha planta rubideira ou planta gateadora é aquela que medra suxeitándose nun soporte, ben enrolándose, ben a través de órganos fixadores especiais. As rubideiras non se manteñen erguidas por si mesmas, necesitando doutra planta, un muro, un penedo, unha parra, un espaller, unha pérgola, unha rede etc. Para iso poden utilizar órganos como gabiáns, raíces adventicias etc.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
No Libro das conquistas de Irlanda, Ite (ou Ith) é un dos dez fillos do caudillo celta Breogán, esposo de Bron e pai de Lugai; da estirpe dos gaedil. Dende neno soñaba que había unha terra ó norte de Brigantia. Cando é maior, xa un sabio e valoroso guerreiro, alcanza a ver, dende a torre de Brigantia, unhas terras máis aló das illas Casitérides.
Os mouros eran un pobo de criaturas sobrenaturais presentes en mitos e relatos estendidos polo norte da Península Ibérica (Galicia, Asturias e Norte de Portugal) , e presentados como non bautizados e pagáns, que noutro tempo tamén eran coñecidos como xentís. Os homes eran escuros e en ocasións deformes, e as mulleres eran fermosas feiticeiras rubias e de cute branca, aínda que nalgúns relatos populares asócianse coa aparencia de vellas bruxas e meigas.
A meiga chuchona é unha figura mítica do imaxinario popular galego que dá orixe a unha lenda tradicional que se coñece co mesmo nome. De acordo coa lenda, a meiga chuchona entra ao empardecer o día nas casas onde hai cativos para lles chuchar o sangue, motivo que os fai enmagrecer até quedar co corpo mirrado. Existe unha versión cinematográfica de 2006 a cargo de Pablo Millán.
Un DVD ou deuvedé (Digital Versatile Disc, antes denominado Digital Video Disc) é un formato de almacenamento óptico que pode ser empregado para gardar datos, incluíndo películas con alta calidade de vídeo e son. Aseméllase aos discos compactos en canto ás súas dimensións físicas (diámetro de 12 ou 8 cm), pero están codificados nun formato distinto e a unha densidade moito maior.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ó norte cos municipios de Lousame e Rois, ó oeste con Boiro, ó leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ó sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Museo de Arte Contemporánea de Madrid
O Museo de Arte Contemporánea de Madrid, chamado anteriormente Museo Municipal de Arte Contemporánea, encóntrase no distrito Centro de Madrid, na rúa Conde Duque. Situado nas instalacións do edificio do Cuartel del Conde-Duque, construído polo arquitecto Pedro de Ribera en estilo barroco. O museo, inaugurado en novembro de 2001, permaneceu pechado desde 2010 até o 3 de febreiro de 2015, cando se abriron ao público dúas das súas salas.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Sabrina é un filme estadounidense dirixido por Sydney Pollack que foi estreado en 1995. Está protagonizado por Harrison Ford como Linus Larrabee, Julia Ormond como Sabrina e Greg Kinnear (no seu primeiro papel principal) como David Larrabee. É un remake do filme homónimo de 1954, protagonizado por Humphrey Bogart, Audrey Hepburn e William Holden, que a súa vez estaba baseado na obra Sabrina Fair.
Elsa Lafuente Medianu, nada o 18 de xullo de 1976 en Madrid, é unha actriz española máis coñecida polo seu nome artístico Elsa Pataky. O seu pai, José Francisco, é químico e a súa nai Cristina (de orixes romanesas) é publicista. O seu apelido artístico é o dun avó que a introduciu no mundo da interpretación.
Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista. Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love".
Moura (tamén estilizado como MØURΔ) é un grupo galego que mestura rock progresivo, rock psicodélico e folk rock procedente da Coruña. O grupo naceu en 2015 e está formado por Diego Veiga (guitarras, harmónica e voz), Hugo Santeiro (guitarras), Fernando Vilaboi (hammond e sintetizadores), Pedro Alberte (baixo) e Luis Casanova (batería). A banda ten publicado un único álbum de estudio ata a data, Moura (2020).
Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX. Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Somersby Cider (en galego "Sidra Somersby"), é unha marca de bebida de sidra de 4,5 % de contido alcohólico, feita pola fábrica de cervexas danesa Carlsberg Group. Desenvolvida no ano 2008 e orixinalmente fabricada para o mercado danés, na actualidade distribúese en máis de 35 países, incluídos os países da Escandinavia, Reino Unido, Rusia, Australia, Malaisia, Canadá e os Estados Unidos de América. Das dez marcas de sidra máis vendidas do mundo, Somersby foi a que tivo o maior crecemento no ano 2012.No ano 2012, a subsidiaria de Carlsberg Group no Reino Unido chamada Carlsberg UK, desenvolveu e introduciu unha nova versión da Somersby Cider soamente para o mercado inglés.
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, ás sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Turquía (turco: Türkiye, ˈtyɾcije) —de forma oficial República de Turquía (turco: Türkiye Cumhuriyeti, (Türkiye Cumhuriyeti)— é un país soberano intercontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Occidental (95 % do seu territorio) e unha menor na Europa meridional (5 % do seu territorio), que se estende por toda a península de Anatolia (a península de Anatolia atópase entre o mar Negro e o mar Mediterráneo e forma o «corazón» do país) e Tracia Oriental na zona dos Balcáns. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.O seu territorio foi o fogar de varias grandes civilizacións: hititas, urartu, cimerios, asirios, persas, grecos, romanos, bizantinos, selxúcidas, otománs e lugar de moitas batallas entre esas civilizacións ao longo da historia.
O reino de Galicia na historiografía tradicional española
A primeira referencia historiográfica explícita sobre a existencia do reino de Galicia data do século VI, cando o bispo Gregorio de Tours denomina Galliciensim regnum o estado creado polo pobo xermánico dos suevos na provincia romana da Gallaecia. Este reino galego altomedieval perdurou, con dimensións e significados cambiantes, desde a época sueva até o século XIX, momento no que nunha reforma administrativa, a tradicional organización en reinos da monarquía hispana foi substituída por unha estrutura provincial centralizada. Malia este dilatado lapso temporal, e a existencia de abondosas alusións documentais, os historiadores españois da idade contemporánea substituíron as referencias ao reino galego da alta e plena idade media polas denominacións de reino de Asturias e reino de León, sendo o territorio da Galicia actual presentado como un espazo subsidiario de escasa importancia.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 188.216 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
O Camiño de Santiago (en latín: Peregrinatio Compostellana) é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II. O Camiño Francés e as rutas francesas do Camiño foron declarados pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998 respectivamente.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
A comunicación visual é a transmisión de ideas e información en formas que se poden percibir total ou parcialmente coa vista. A comunicación visual adóitase presentar ou expresar en imaxes bidimensionais ou tridimensionais, ou como sucesión de imaxes (animacións, vídeo...), e inclúe: carteis, tipografía, debuxo, deseño gráfico, ilustración, deseño industrial, publicidade, animación, cor, recursos electrónicos. Contempla tamén a idea de que un texto cando vai acompañado dunha mensaxe visual ten un maior poder para informar ou persuadir a unha persoa ou audiencia, ou serve de apoio para a comprensión e divulgación da Ciencia, como a ilustración científica ou a visualización dos datos.
A Festa do Esquecemento, organizada pola Asociación Cultural Civitas Limicorum, é un evento festivo de recreación histórica, celebrado ininterrompidamente desde o ano 2001 na localidade de Xinzo, que lembra a chegada das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto até a marxe esquerda do río Limia. O denominación da festa, “Esquecemento”, débese a que as tropas romanas, por mor do singular lugar en que debían cruzar o río Limia, creron acharse perante o lendario río Lethes, o río do Esquecemento, que facía esmorecer todas as lembranzas de quen o atravesase. Ante esta crenza e dificultade, Décimo Xuño Bruto, para que as lexións continuasen avanzando, viuse obrigado a cruzar o río empuñando o estandarte das aguias de Roma e a chamar polo seu nome a cada soldado desde a outra marxe para demostrar que a súa crenza era mera superstición.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) é un centro de ensino público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que imparte Ensinanzas Superiores de Deseño e Profesionais de Artes Plásticas e Deseño.Está situada na Coruña, na rúa Pelamios, nº 2.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Utrecht (en neerlandés [ˈytrɛxt] (AFI)) é unha cidade dos Países Baixos, capital da provincia de Utrecht, da que é ademais a súa cidade máis grande. Está localizada no límite nordeste do Randstad, e é a cuarta cidade neerlandesa máis poboada, con 299.484 habitantes. A aglomeración urbana máis pequena da cidade, que inclúe suburbios adxacentes e cidades anexas, suma 640.000 habitantes rexistrados, mentres que a rexión máis ampla acada os 820.000.O casco antigo de Utrecht ofrece numerosos edificios e estruturas dende as súas primeiras orixes en diante.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.