Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Un lamelipodio é unha proxección de forma laminar da superficie de avance dunha célula móbil de orixe citoesquelética constituída por un núcleo de proteína actina. Contén unha rede case bidimensional de actina; a estrutura completa propulsa a célula polo substrato. Dentro dos lamelipodios hai costelas de actina chamadas microespículas, que, cando se estenden máis alá do lamelipodio denomínanse filopodios.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
O tarot é un xogo de cartas xogado en Francia e noutros países francófonos, composto por unha baralla de 78 cartas. A Federación Francesa de Tarot publicou as regras oficiais do xogo. Dende o século XVIII as cartas pasaron a ser usadas para a previsión do futuro e dende finais do século XIX integran o cerne do esoterismo moderno xuntamente coa cábala, a astroloxía e a alquimia medieval.
'A auga (fórmula química H2O) é unha substancia química inorganica, transparente, insípida, inodora e case incolora, que é o principal constituínte da hidrosfera terrestre e dos fluídos de todos os organismos vivos coñecidos (no que actúa como disolvente).). É vital para todas as formas de vida coñecidas, aínda que non proporciona alimento, enerxía nin micronutrientes orgánicos. A súa fórmula química, H2O, indica que cada unha das súas moléculas conteñen un átomo de osíxeno e dous de hidróxeno, conectados por enlaces covalentes.
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artisticamente como Baiuca, nado en Catoira en 1990 é un músico galego. Usou o nome artístico Alex Casanova ata 2017, momento no que deixou atrás o estilo musical pop para innovar coa mestura de música electrónica e música tradicional galega, resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica. Reside en Madrid.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe a Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrilleiro Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Labrus mixtus, coñecido como gaián ou como rei, é un peixe osteíctio mariño da orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos perocideos e familia dos lábridos, unha das 4 especies integradas no xénero Labrus, segundo o WoRMS, e a FishBase, ou as 17, segundo o ITIS.É a especie tipo do xénero Labrus.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 188.303 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
O gravado é a arte de converter (e tamén a transformación en si) unha superficie plana nunha matriz que serve de punto inicial para a reprodución dunha imaxe. O gravado (que literalmente é facer unha incisión) faise normalmente sobre metal ou sobre madeira (xilografía). Mediante o proceso de gravar obtense unha matriz que se utilizará para estampar, normalmente sobre papel ou tea, e obter o que comunmente se chama "gravado" pero que especificamente é unha estampa.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Gerard Piqué i Bernabéu, nado en Barcelona o 2 de febreiro de 1987, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Fútbol Club Barcelona. Foi o terceiro futbolista, tras Marcel Desailly e Paulo Sousa, en lograr gañar a Liga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes, no 2008 co Manchester United e no 2009 co Barcelona. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O chittagoniano (সিটাইঙ্গা siʈaiŋga) é unha lingua indoaria falada en partes da división de Chittagong, en Bangladesh. Os seus falantes identifícanse coa cultura e a lingua bengalís, mais o chittagoniano e o bengalí non son mutuamente intelixibles. O chittagoniano é considerada unha lingua separada por moitos lingüistas.
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel se detallan costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Coldplay é unha banda inglesa de rock alternativo formada en Londres en 1996 polo cantante Chris Martin e o guitarrista Jonny Buckland. Tras formar Pectoralz, Guy Berryman uniuse coma baixista, e cambiaron o seu nome a Starfish. Will Champion uniuse coma batería e para facer as voces secundarias, completando así a banda.
Iosif Vissarionovich Stalin (en ruso Иосиф Виссарионович Сталин; nado Ioseb Besarionis je J̌uḡašvili, en xeorxiano: იოსებ ბესარიონის ძე ჯუღაშვილი, AFI: [iɔsɛb bɛsariɔnis dze dʒuɣaʃvili]), nado en Gori (Xeorxia) o 21 de decembro de 1879 e finado en Moscova o 5 de marzo de 1953, foi un político e revolucionario marxista-leninista soviético, segundo líder da Unión Soviética. Tamén foi coñecido coma Koba (nome dun heroe popular de Xeorxia) e empregou varios pseudónimos: David, Nijeradzé, Chijikov, Ivanóvich, ata adoptar o de Stalin que usou despois da Conferencia Bolxevique de Tammerfors (Finlandia). O nome Stalin deriva da palabra rusa stal (aceiro) co mesmo sufixo posesivo persoal -in que tamén empregara o seu predecesor Lenin.
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2020 tiña 65.560 habitantes (34.675 mulleres e 30.885 homes), sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Bertomeu chamado Natanael (Natan-el bar Tholmai, "Natanael, fillo de Ptolemeo"; en arameo: תולמי-בר, bar-Tôlmay; en grego: Βαρθολομαίος Bartholomaíos), nado en Caná (Galilea) a comezos do século I e finado na Armenia, foi segundo o Novo Testamento, un dos doce Apóstolos de Xesús Cristo. É venerado coma santo en tota a cristiandade.
A Türkiye Basketbol Ligi (do turco: Liga turca de baloncesto), tamén chamada TBL, é a segunda categoría do baloncesto profesional masculino en Turquía. Organizada pola Türkiye Basketbol Federasyonu, a competición existe desde o ano 1969. Os dous primeiros equipos da competición ao final da temporada ascenden á Basketbol Süper Ligi, máxima categoría do baloncesto turco.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie o 47,9% do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
Vladimir Ilich Lenin (en ruso: Владимир Ильич Ленин; ( [vlɐˈdʲimʲɪr ɪlʲˈjitɕ ˈlʲenʲɪn] ) nado Vladimir Ilich Ulianov, en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o 22 de abril (xul. 10 de abril) de 1870 en Simbirsk e finado o 21 de xaneiro de 1924 en Moscova, foi un revolucionario comunista, político e teórico político ruso que serviu como líder da R. S. S. F. de Rusia dende 1917 e de presidente do Consello de Ministros da Unión Soviética dende 1922 até 1924. Nado no seo dunha adiñeirada familia de clase media en Simbirsk, Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de esquerda logo da execución do seu irmán en 1887.
Este artigo trata sobre o rei mitolóxico, para a banda galega véxase: Xerión (banda). Xerión (ou Xeriones) (do grego antigo Γηρυών), na mitoloxía greco-romana, é o nome dun dos xigantes, fillo de Crisaor e de Calírroe, dotado de tres cabezas; era irmán de Equidna, monstro metade muller metade serpe, que xerou o can Ortro, que velaba polo gando de Xerión. O seu mito está ligado ao de Hércules, a quen coube, nun dos seus traballos, roubarlle os bois.Xerión moraba en Eritía (a "vermella"), unha das míticas illas das Hespérides, situada no extremo occidental do mar Mediterráneo.
Turquía (turco: Türkiye, ˈtyɾcije) —de forma oficial República de Turquía (turco: Türkiye Cumhuriyeti, (Türkiye Cumhuriyeti)— é un país soberano intercontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Occidental (95 % do seu territorio) e unha menor na Europa meridional (5 % do seu territorio), que se estende por toda a península de Anatolia (a península de Anatolia atópase entre o mar Negro e o mar Mediterráneo e forma o «corazón» do país) e Tracia Oriental na zona dos Balcáns. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.O seu territorio foi o fogar de varias grandes civilizacións: hititas, urartu, cimerios, asirios, persas, grecos, romanos, bizantinos, selxúcidas, otománs e lugar de moitas batallas entre esas civilizacións ao longo da historia.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Agosto na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de agosto na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Agosto tamén designa o tempo da recolleita dos cereais, e a colleita mesma (Real Academia Galega 2013, s. v.
Audrey Hepburn, nada como Audrey Kathleen Ruston o 4 de maio de 1929 en Ixelles e finada o 20 de xaneiro de 1993 en Tolochenaz (Vaud), foi unha actriz británico-belga que realizou a meirande parte da súa carreira artística nos Estados Unidos. Tamén foi moi activa como embaixadora de UNICEF. É considerada pola American Film Institute como a terceira mellor estrela feminina de tódolos tempos. Nada en Ixelles, un distrito de Bruxelas, Hepburn pasou a súa infancia entre Bélxica, Inglaterra e os Países Baixos, incluíndo a Arnhem que estivo ocupada polos alemáns durante a segunda guerra mundial.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomi, en sueco: Finland ( pronunciación )), oficialmente República de Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomen tasavalta, en sueco: Republiken Finland) é un país nórdico situado no norte de Europa. O país fai fronteira polo oeste con Suecia, polo leste con Rusia e polo norte con Noruega. Polo oeste e polo sur está rodeada polo mar Báltico, que separa de Suecia e Estonia, atravesando o golfo de Finlandia.
Os biosbardos son unha figura mitolóxica existente en Galicia coa que se adoita gastar bromas aos non iniciados na caza. Adoita falarse deles coma paxaros ou mozos de gran beleza que ninguén sabe describir e que quen consegue cazalos ten despois moita sorte na vida, a condición de que non llos ensine a ninguén.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
Santiago de Xustás é unha parroquia do concello lugués de Cospeito na comarca da Terra Chá. Tiña 265 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 139 homes e 126 mulleres distribuídos en 10 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 21 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 286 habitantes (148 homes e 138 mulleres) e 59 menos que en 2000.