Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Coldplay é unha banda inglesa de rock alternativo formada en Londres en 1996 polo cantante Chris Martin e o guitarrista Jonny Buckland. Tras formar Pectoralz, Guy Berryman uniuse coma baixista, e cambiaron o seu nome a Starfish. Will Champion uniuse coma batería e para facer as voces secundarias, completando así a banda.
Francisco Javier Vázquez Maneiro
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou só Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973, é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
A proteín-tirosina quinase 2 (PTK2), tamén chamada quinase de adhesión focal (FAK), é unha proteína que nos seres humanos está codificada no xene PTK2 do cromosoma 8. A PTK2 é unha proteín quinase asociada ás adhesións focais implicada na adhesión celular (adhesión das células a outras células e ao que as rodea) e procesos de migración ou espallamento das células polo corpo (como se moven). Observouse que cando se bloquea esta proteína, as células de cancro de mama fanse menos metastáticas debido á diminución da súa mobilidade.
Un actor ou unha actriz, é unha persoa que representa un papel nunha obra teatral, cinematográfica, radiofónica ou televisiva. O primeiro actor do que se ten noticias foi o grego Tespo que actuou no Teatro Dionisio no 534 a.C. e que narrou a historia en primeira persoa, ata entón as historias que se narraban contábanse en terceira persoa. No século XX, os actores eran professionais da súa materia e formados en arte dramática.
'A auga (fórmula química H2O) é unha substancia química inorganica, transparente, insípida, inodora e case incolora, que é o principal constituínte da hidrosfera terrestre e dos fluídos de todos os organismos vivos coñecidos (no que actúa como disolvente).). É vital para todas as formas de vida coñecidas, aínda que non proporciona alimento, enerxía nin micronutrientes orgánicos. A súa fórmula química, H2O, indica que cada unha das súas moléculas conteñen un átomo de osíxeno e dous de hidróxeno, conectados por enlaces covalentes.
O tarot é un xogo de cartas xogado en Francia e noutros países francófonos, composto por unha baralla de 78 cartas. A Federación Francesa de Tarot publicou as regras oficiais do xogo. Dende o século XVIII as cartas pasaron a ser usadas para a previsión do futuro e dende finais do século XIX integran o cerne do esoterismo moderno xuntamente coa cábala, a astroloxía e a alquimia medieval.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Festival de Eurovisión Júnior 2022
O XX Festival de Eurovisión Júnior (en inglés: Junior Eurovision Song Contest 2022, francés: Concours Eurovision de la chanson junior 2022 e armenio: Մանկական Եվրատեսիլ 2022 երգի մրցույթ) celebrarase a finais de 2022. Será a segunda vez que se celebrará en Armenia, tras a vitoria de Malena con 224 puntos na anterior edición.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel se detallan costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Clásicos en Galego é unha colección de libros editada pola Xunta de Galicia (vaias consellerías ao longo do tempo que durou a colección) e mais a Editorial Galaxia, dirixida por Manuel Díaz y Díaz. En edicións bilingües [orixinal (en latín, grego, inglés, francés...) e tradución á lingua galega], publicouse entre os anos 1988 e 2006. Os volumes foron editados en rústica con lapelas de 135 x 210 mm.
Universidade Pierre-et-Marie-Curie
Universidade Pierre-et-Marie-Curie (en francés: Université Pierre-et-Marie-Curie) ou simplemente U Paris 6 - foi unha universidade francesa creada o 1 de xaneiro de 1971. Desapareceu o 1 de xaneiro de 2018 en favor da Sorbonne Université tras a publicación no Diario Oficial do decreto de creación da nova universidade o 21 de abril de 2017.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 188.343 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O gazpacho ou gaspacho é unha sopa fría elaborada con ingredientes en cru, tradicional do sur da Península Ibérica. Desde tempos moi antigos era unha versión fría das sopas de allo, é dicir que ten como ingredientes básicos pan, auga, aceite de oliva, allo, e sal, ás veces sos, coma no gazpacho estremeño, e outras veces engadindo outros materiais para darlle sabor, por exemplo ovo cocido (así é no gazpacho cordobés). Entre os ingredientes máis primitivos encontrábanse as améndoas na variante chamada ajoblanco de Andalucía oriental (Granada e Málaga); noutros casos, laranxas amargas coma en Sevilla ou a fariña de fabas secas.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Luís Filipe Madeira Caeiro Figo, nado o 4 de novembro de 1972 en Lisboa, é un exfutbolista portugués considerado coma un dos mellores da historia do fútbol portugués e mundial. Xoga coma centrocampista. Foi nomeado "Xogador Europeo do Ano" no 2000, "Xogador Mundial FIFA do ano" no 2001 e atópase nos FIFA 100.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Este artigo é sobre a obra de teatro. Sobre o filme, véxase O soño dunha noite de San Xoán (filme) Soño dunha noite de San Xoán (en inglés: A Midsummer Night's Dream) ou Un soño de verán é unha obra de teatro en lingua inglesa escrita entre 1595 e 1600 por William Shakespeare. Foi traducida ao galego en 1989 e publicada pola Xunta de Galicia, conxuntamente co Mercader de Venecia.
Ilves Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo fundado en 1971 na cidade de Tampere, Finlandia. Inicialmente tivo que xogar contra equipos masculinos de categoría júnior ao ser o único equipo feminino da cidade, e debutou o contra un equipo feminino o 5 de marzo de 1978 en Espoo. Xoga na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia, a Naisten Liiga, dende a súa tempada inaugural, e conquistaron o seu primeiro campionato finlandés en 1985.
A Türkiye Basketbol Ligi (do turco: Liga turca de baloncesto), tamén chamada TBL, é a segunda categoría do baloncesto profesional masculino en Turquía. Organizada pola Türkiye Basketbol Federasyonu, a competición existe desde o ano 1969. Os dous primeiros equipos da competición ao final da temporada ascenden á Basketbol Süper Ligi, máxima categoría do baloncesto turco.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Santuario de Nosa Señora da Peneda
O Santuario de Nosa Señora da Peneda (en portugués: Santuário de Nossa Senhora da Peneda) é un santuario católico que se localiza na freguesía da Gavieira, concello de Arcos de Valdevez, distrito de Viana do Castelo, en Portugal, a camiño da vila de Melgaço, moi preto da raia con Galiza. Atópase mesmo no Parque Nacional da Peneda-Gerês. A Festa da Señora da Peneda é anual, dura unha semana, entre o día 31 de agosto e o oito de setembro; realízase no santuario unha gran romaría popular.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un ex futbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
A lista de títulos con versión en galego que foron estreados nas plataformas de streaming inclúe os filmes, series e miniseries das que hai versión en galego, ben sexa dobrada ou subtitulada.
Christopher Anthony John Martin, nado o 2 de marzo de 1977 en Devon, Reino Unido, é o cantante, compositor, guitarrista, pianista e líder da banda inglesa Coldplay. É coñecido ademais polo seu activismo en campañas en favor do comercio xusto e en contra da pobreza e a fame no mundo. Graduouse con honores en latín e grego.
Coímbra (en portugués Coimbra) é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Coímbra, situada na rexión Centro e subrexión do Baixo Mondego, con preto de 106 800 habitantes. A pouco máis de 200 km de Lisboa e a 100 km do Porto, está bañada polo río Mondego. Foi capital nacional da cultura en 2003.
A mostaza refírese ao condimento elaborado a partir da semente moída e macerada de diferentes especies de plantas da mostaza (do xénero Sinapsis, familia das crucíferas, que tamén inclúe as coias e mailos nabos), que se emprega coma condimento picante. O termo fai referencia tamén á semente miúda de mostaza, usada coma especia e que se emprega frecuentemente nalgunhas gastronomías, como por exemplo: a alemá, a india ou a francesa, entre outras. En Galiza non é frecuente o uso de mostaza, nin coma especie nin coma mollo, en ningún prato tradicional.
Somersby Cider (en galego "Sidra Somersby"), é unha marca de bebida de sidra de 4,5 % de contido alcohólico, feita pola fábrica de cervexas danesa Carlsberg Group. Desenvolvida no ano 2008 e orixinalmente fabricada para o mercado danés, na actualidade distribúese en máis de 35 países, incluídos os países da Escandinavia, Reino Unido, Rusia, Australia, Malaisia, Canadá e os Estados Unidos de América. Das dez marcas de sidra máis vendidas do mundo, Somersby foi a que tivo o maior crecemento no ano 2012.No ano 2012, a subsidiaria de Carlsberg Group no Reino Unido chamada Carlsberg UK, desenvolveu e introduciu unha nova versión da Somersby Cider soamente para o mercado inglés.
A presenza de viquingos en Galicia tivo lugar entre os séculos IX e XII, cando estes deviran unha potencia naval e militar, lanzando expedicións de saqueo e conquista polo océano Atlántico e subindo polo leito dos ríos até as cidades que pretendían saquear. Así chegaron até o mar Mediterráneo, e no camiño estaba Galicia.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
A Provincia de Barcelona é unha provincia situado no nordés de España, que compón unha das catro divisións administrativas da comunidade autónoma de Cataluña. Limita ó nordeste coa provincia de Xirona, ó oeste coa provincia de Lleida, ó suroeste coa provincia de Tarragona e ó sur e suroeste co mar Mediterráneo.
Gromo de hepatite aguda grave en nenos de 2022
O gromo de hepatite aguda grave en nenos de 2022 é un gromo de hepatite aguda grave de causa descoñecida que afecta a crianzas e adolescentes. Os primeiros casos da doenza foron descritos no Reino Unido entre abril e marzo de 2022, e o primeiro paciente reportado á Organización Mundial da Saúde foi o 5 de abril dese mesmo ano.
O Convento de Vilavella, tamén coñecido coma Conxunto de Vilavella, é o nome co que se coñece a unha serie de construcións e monumentos situados na vila de Redondela, datados do século XVI. Está formado por un convento, unha igrexa e un cruceiro, que se atopan na entrada sur do casco urbano da cidade, a carón da N-550 procedente do Porriño.
María Mariño Carou, nada en Noia o 8 de xuño de 1907 e finada en Seoane do Courel (Folgoso do Courel) o 19 de maio de 1967, con escasa obra (poética en galego e narrativa en castelán), foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX, encadrada na xeración do 36, reivindicada para a literatura galega pola xeración Brais Pinto, especialmente por Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín. Da súa autoría son Palabra no tempo (1963) e Verba que comenza (1990). Compaxinou a súa actividade intelectual cunha vida discreta e moi apartada dos cenáculos literarios.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».