Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Privatdozent é, desde o século XIX, un título universitario de tradición alemá en Europa. Designa aos ensinantes que recibiron unha habilitación, pero que non obtiveron (aínda) unha cátedra de ensinanza ou de investigación. Por iso, o Privatdozent non recibía remuneración ningunha por parte do goberno; porén, era un paso obrigado para obter unha cátedra.
A honra é un concepto con diversas valencias, segundo se tome nunha acepción subxectiva (o que un sente como a súa propia honra) ou na súa acepción social, como elemento que entra en xogo nas relacións sociais en moitas civilizacións. Implica a aceptación persoal e a construción no imaxinario social, e mesmo na superestructura xurídica, dunha calidade moral vinculada ao deber, á virtude, ao mérito, ao heroísmo; que transcende ao ámbito familiar, da descendencia (o sangue e a caste) e da conduta sexual (especialmente á das mulleres dependentes); que se reflicte na opinión, a fama ou a gloria e en diferentes cerimonias de recoñecemento público; e que produce recompensas materiais ou dignidades, como cargos, empregos, rendas, patrimonios, herdanzas etc. Especificamente cumpriu esa función durante un gran período da historia da civilización occidental, con conceptos precedentes na Antigüidade clásica grecorromana e nos pobos xermánicos, chegando a unha alta codificación desde a conformación do feudalismo de Europa Occidental na Idade Media.
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel se detallan costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
En informática, a palabra inglesa software utilízase para describir a parte non física ("lóxica") do ordenador, tamén chamada programa ou aplicación informática. Chámase así en contrapartida á parte física da computadora, o hardware (monitor, teclado, rato, escáner...etc), que é o que fai que os programas se poidan executar e o usuario poida interaccionar co ordenador. O software é o código compilado que se transforma en aplicacións utilizables, que poden ser ofimáticas, de deseño, multimedia etc.
Francisco Javier Vázquez Maneiro
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou só Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973, é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
O tarot é un xogo de cartas xogado en Francia e noutros países francófonos, composto por unha baralla de 78 cartas. A Federación Francesa de Tarot publicou as regras oficiais do xogo. Desde o século XVIII as cartas pasaron a ser usadas para a previsión do futuro e desde finais do século XIX integran o cerne do esoterismo moderno xuntamente coa cábala, a astroloxía e a alquimia.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
Cabalgar en solitario (en inglés: Ride Lonesome) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por Budd Boetticher e protagonizado por Randolph Scott, Karen Steele, Pernell Roberts, Lee Van Cleef e James Coburn, no seu debut cinematográfico. Este filme en Eastmancolor é un dos chamados do "ciclo Ranown" de Boetticher, feitos xunto a Randolph Scott, o produtor executivo Harry Joe Brown e o guionista Burt Kennedy, o cal comezou con Seven Men from Now.
A espectrina é unha proteína citoesquelética que cobre o lado intracelular da membrana plasmática dos eritrocitos e outras células como as neuronas. A espectrina forma agrupacións pentagonais e hexagonais, formando un armazón e exercendo un importante papel no mantemento da integridade da membrana plasmática e da estrutura citoesquelética. Estas agrupacións hexagonais están formadas por tetrámeros de subunidades de espectrina asociados con curtos filamentos de actina a ambos os extremos do tetrámero.
Oleg Stepánovich Vyálov (grafado ás veces como Oleg Stepanovich Vialov), en ruso Оле́г Степа́нович Вя́лов, nado en Taskent, Imperio Ruso o 23 de xaneiro de 1904 e finado en Lviv, Ucraína o 1 de xuño de 1988, foi un xeólogo, paleontólogo e taxónomo ucraíno, especializado no estudo dos moluscos bivalvos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O reino de Galicia na historiografía tradicional española
A primeira referencia historiográfica explícita sobre a existencia do reino de Galicia data do século VI, cando o bispo Gregorio de Tours denomina Galliciensim regnum o estado creado polo pobo xermánico dos suevos na provincia romana da Gallaecia. Este reino galego altomedieval perdurou, con dimensións e significados cambiantes, desde a época sueva até o século XIX, momento no que, a través dunha reforma administrativa, a tradicional organización en reinos da monarquía hispana foi substituída por unha estrutura provincial centralizada. Malia este dilatado lapso temporal e a existencia de abondosas alusións documentais, os historiadores españois da idade contemporánea substituíron as referencias ao reino galego da alta e plena idade media polas denominacións de reino de Asturias e reino de León, sendo o territorio da Galicia actual presentado como un espazo subsidiario de escasa importancia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Luís Filipe Madeira Caeiro Figo, nado o 4 de novembro de 1972 en Lisboa, é un exfutbolista portugués considerado coma un dos mellores da historia do fútbol portugués e mundial. Xoga coma centrocampista. Foi nomeado "Xogador Europeo do Ano" no 2000, "Xogador Mundial FIFA do ano" no 2001 e atópase nos FIFA 100.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A motilidade é a capacidade dun organismo de moverse independentemente ou mover algunha das súas partes usando enerxía metabólica. Pode referirse á motilidade dun organismo enteiro, dunha célula (motilidade dos espermatozoides, dunha bacteria, etc.) ou de partes dunha célula (motilidade das microvilosidades intestinais).
O nitróxeno, tamén chamado de xeito popular azote, é un elemento químico de número atómico 7, con símbolo N e de masa atómica 14,00674 u. En condicións normais forma un gas diatómico, incoloro, inodoro, insípido e principalmente inerte, que constitúe o 78,08% do ar atmosférico. Pertence á familia das pnicóxenos.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Ilves Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo fundado en 1971 na cidade de Tampere, Finlandia. Inicialmente tivo que xogar contra equipos masculinos de categoría júnior ao ser o único equipo feminino da cidade, e debutou o contra un equipo feminino o 5 de marzo de 1978 en Espoo. Xoga na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia, a Naisten Liiga, dende a súa tempada inaugural, e conquistaron o seu primeiro campionato finlandés en 1985.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 188.365 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Coldplay é unha banda inglesa de rock alternativo formada en Londres en 1996 polo cantante Chris Martin e o guitarrista Jonny Buckland. Tras formar Pectoralz, Guy Berryman uniuse coma baixista, e cambiaron o seu nome a Starfish. Will Champion uniuse coma batería e para facer as voces secundarias, completando así a banda.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica. O xadrez é un xogo de estratexia que se practica normalmente entre dúas persoas nas que cada unha delas dispón de 16 pezas móbiles de diferentes formas e características (1 rei, 1 raíña ou dama, 2 alfis, 2 cabalos, 2 torres e 8 peóns) e que se colocan sobre un taboleiro cadrado dividido en 64 casas ou escaques nunha disposición cadrada de 8x8 e de dúas cores alternas, normalmente brancas e negras. O obxectivo é dar xaque mate («derrocar») ao rei do opoñente.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
A lista de títulos con versión en galego que foron estreados nas plataformas de streaming inclúe os filmes, series e miniseries das que hai versión en galego, ben sexa dobrada ou subtitulada.
García II de Galicia tamén coñecido por García de Galiza, ou simplemente Don García, nado en 1042 e finado o 21 de marzo de 1090, foi un monarca galego que reinou entre os anos 1065 e 1071. Fillo de Fernando I e Sancha I, herdou o Reino de Galiza, co condado de Portugal, e a protección e parias das taifas de Badaxoz e Sevilla. Educouse desde 1053 en Galiza co bispo Cresconio de Iria.
O Festival de la Luz é un evento musical de carácter solidario e festivo, organizado por iniciativa de Luz Casal e coa colaboración do seu concello natal, Boimorto. O encontro celébrase na parroquia de Andavao a finais do verán (mediados e finais de setembro) nunha contorna natural da Galiza interior, e ten unha duración de dous días. A recadación íntegra dóase para actividades sociais.
A fideuá (pronunciación da verba valenciana fideuada -gran cantidade de fideos-) é un prato mariñeiro orixinario das costas da Comunidade Valenciana, concretamentemente da cidade de Gandia, que se elabora de xeito semellante á paella. Os seus ingredientes principais son: fideos de pasta (normalmente, de tipo oco), peixe (pescado de rocha, peixesapo, sepia, lura) e mariscos (galeras, gambas, cigalas). Nisto é semellante ó arroz a banda, pero sustituíndo o arroz polos fideos.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
San Vitoiro da Mezquita, Allariz
San Vitoiro da Mezquita é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Allariz. Segundo o IGE en 2015 tiña 145 habitantes (68 homes e 77 mulleres) distribuídos en sete entidades de poboación. Os sete lugares desta parroquia civil xunto co lugar de Celeiros (San Vitoiro da Mezquita, A Merca), forman a parroquia eclesiástica de San Vitoiro da Mezquita do arciprestado de Allariz da diocese de Ourense.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente euroasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.As fronteiras de Europa e a súa poboación son obxecto de controversia, xa que o termo continente pode referirse a un ben cultural e político ou a distincións fisiográficas.
Santuario de Nosa Señora da Peneda
O Santuario de Nosa Señora da Peneda (en portugués: Santuário de Nossa Senhora da Peneda) é un santuario católico que se localiza na freguesía da Gavieira, concello de Arcos de Valdevez, distrito de Viana do Castelo, en Portugal, a camiño da vila de Melgaço, moi preto da raia con Galiza. Atópase mesmo no Parque Nacional da Peneda-Gerês. A Festa da Señora da Peneda é anual, dura unha semana, entre o día 31 de agosto e o oito de setembro; realízase no santuario unha gran romaría popular.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Millán Picouto Igrexas, nado en Ourense en 1949, é un poeta, dramaturgo e músico galego. A súa obra literaria completa, «O macrocosmos», consta de 33 dramas e 6 poemarios distribuídos organicamente en ciclos astrais, do Sol e da Lúa e de Mercurio a Urano, que configuran unha obra poética unitaria de arredor de 75.000 versos. A súa versión española dos dramas encóntrase en «El macrocosmos», e a súa música, no volume «Música coral», que inclúe cantigas, sonetos, madrigais, pezas didácticas e a música vocal e instrumental de varios dramas.
Manu Chao, nado como José-Manuel Thomas Arthur Chao o 21 de xuño de 1961 é un músico e compositor francés, de familia galega. É coñecido por cantar en varias linguas como francés, español, inglés, italiano, árabe, galego e portugués, e ocasionalmente noutras linguas. Chao comezou a súa carreira musical en París, tocando con grupos como Hot Pants e Los Carayos, que combinaba gran variedade de linguas e estilos musicais.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Os bugallos ou bugallas, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa das árbores fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos. A definición anterior sería, realmente, aplicable só ós bugallos máis comúns e coñecidos, pero cómpre advertir que non sempre son producidos por avespas senón que en ocasións se deben a outros insectos; que non se presentan só nos carballos senón que outras moitas plantas, arbóreas ou non, poden sufrir esta parasitación; e que a causa non sempre a resposta a unha posta de ovos, senón que poden deberse a un ataque do insecto en busca de alimentos. En calquera caso, trátase sempre dunha reacción defensiva da planta que dá lugar a unha estrutura anormal dos tecidos vexetais (o que a diferencia da resposta a insectos fitófagos e escavadores).
Charles Robert Redford Jr., nado en Santa Monica (California) o 18 de agosto de 1936, máis coñecido simplemente como Robert Redford, é un actor, director, produtor, ecoloxista e filántropo estadounidense. Na súa carreira gañou dous Premios Oscar, un en 1981 como director de Xente corrente, e o outro Honorífico en 2002. No 2010, foi distinguido coa Legion d'Honneur.
Guido Álvarez Parga, nado en Lugo o 16 de setembro de 1985, é un turismólogo, guía e docente universitario especializado (máster) en Planificación Turística e en Xestión de Paisaxes Culturais. Colaborador asiduo en diversos medios de comunicación (principalmente prensa escrita e radio), é un dos fundadores do movemento social Coidemos Lugo. Foi nomeado como un dos 10 Lucenses do Ano no ano 2020, recibiu o recoñecemento Travelers Choice 2022 da plataforma internacional TripAdvisor, e é recoñecido polas súas variadas propostas e iniciativas turísticas e culturais en Galicia e sobre todo na cidade e na provincia de Lugo.