Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.
Francisco Javier Vázquez Maneiro
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou só Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973, é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
Magnus Gustaf Adolf Lindberg, nado o 27 de xuño de 1958 en Helsinqui (Finlandia), é un compositor finlandés. Foi compositor residente de New York Philharmonic entre 2009 e 2011. Lindberg é considerado como un dos compositores máis importantes no campo da música orquestral, tendo realizado encargos para algunhas das orquestras máis importantes do mundo.
DeForest Buckner, nado o 17 de marzo de 1994 en Waianae, Hawai, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na posición de defensive tackle para os San Francisco 49ers da National Football League (NFL). Formado na Universidade de Oregon, foi elixido na no sétimo posto da primeira rolda do Draft da NFL de 2017 polos 49ers. No ano 2018 foi invitado á Pro Bowl.
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel se detallan costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
O tarot é un xogo de cartas xogado en Francia e noutros países francófonos, composto por unha baralla de 78 cartas. A Federación Francesa de Tarot publicou as regras oficiais do xogo. Dende o século XVIII as cartas pasaron a ser usadas para a previsión do futuro e dende finais do século XIX integran o cerne do esoterismo moderno xuntamente coa cábala, a astroloxía e a alquimia.
A motilidade é a capacidade dun organismo de moverse independentemente ou mover algunha das súas partes usando enerxía metabólica. Pode referirse á motilidade dun organismo enteiro, dunha célula (motilidade dos espermatozoides, dunha bacteria, etc.) ou de partes dunha célula (motilidade das microvilosidades intestinais).
Coldplay é unha banda inglesa de rock alternativo formada en Londres en 1996 polo cantante Chris Martin e o guitarrista Jonny Buckland. Tras formar Pectoralz, Guy Berryman uniuse coma baixista, e cambiaron o seu nome a Starfish. Will Champion uniuse coma batería e para facer as voces secundarias, completando así a banda.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 188.365 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
'A auga (fórmula química H2O) é unha substancia química inorganica, transparente, insípida, inodora e case incolora, que é o principal constituínte da hidrosfera terrestre e dos fluídos de todos os organismos vivos coñecidos (no que actúa como disolvente).). É vital para todas as formas de vida coñecidas, aínda que non proporciona alimento, enerxía nin micronutrientes orgánicos. A súa fórmula química, H2O, indica que cada unha das súas moléculas conteñen un átomo de osíxeno e dous de hidróxeno, conectados por enlaces covalentes.
Obi-Wan Kenobi (serie de televisión)
Obi-Wan Kenobi é unha miniserie estadounidense creada para o servizo de streaming Disney+. Forma parte da franquía da Guerra das galaxias e está protagonizada por Ewan McGregor como Obi-Wan Kenobi, quen retoma o seu papel dende a triloxía precuela da Guerras das galaxias. A serie está ambientada após os acontecementos de Star Wars Episode III: Revenge of the Sith (2005), e conta como Kenobi é enviado a rescatar a Princesa Leia que foi secuestrada (Vivien Lyra Blair) polo Imperio Galáctico, o cal provoca un enfrontamento co seu aprendiz, Darth Vader (Hayden Christensen).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Santuario de Nosa Señora da Peneda
O Santuario de Nosa Señora da Peneda (en portugués: Santuário de Nossa Senhora da Peneda) é un santuario católico que se localiza na freguesía da Gavieira, concello de Arcos de Valdevez, distrito de Viana do Castelo, en Portugal, a camiño da vila de Melgaço, moi preto da raia con Galiza. Atópase mesmo no Parque Nacional da Peneda-Gerês. A Festa da Señora da Peneda é anual, dura unha semana, entre o día 31 de agosto e o oito de setembro; realízase no santuario unha gran romaría popular.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Geri e Freki son na mitoloxía nórdica os dous lobos que acompañan ao deus Odín e figuran na Edda poética, na Edda prosaica —ámbalas dúas escritas e compiladas no século xiii por Snorri Sturluson—, así como na poesía escáldica. Ámbolos dous personaxes foron comparados con outras figuras da mitoloxía grega, romana e védica; tamén foron asociados coas crenzas en torno ao mito xermánico dos «lobos guerreiros» ou Úlfheðinn, tamén coñecidos como berserker.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
UNITY é un grupo musical de mozas neerlandesas que fórmase por Demi van de Bos, Maud Noordman, Jayda Monteiro da Silva e Naomi Traa. Naceu no ano 2020 co obxectivo de participar na selección nacional do seu país, Junior Songfestival 2020 onde elas gañaron coa súa canció "Best Friends" no 26 de setembro (sen Demi, que deu positivo en COVID-19 e non se lle permitiu participar e tampouco puido participar Robin, outra participante polo mesmo motivo). Despois quedaron na cuarta posición en Eurovisión Júnior 2020 con 132 puntos, tendo un punto menos que España.
Clásicos en Galego é unha colección de libros editada pola Xunta de Galicia (vaias consellerías ao longo do tempo que durou a colección) e mais a Editorial Galaxia, dirixida por Manuel Díaz y Díaz. En edicións bilingües [orixinal (en latín, grego, inglés, francés...) e tradución á lingua galega], publicouse do ano 1988 ao 2006.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o INE en 2021 tiña 97.858 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Luís Filipe Madeira Caeiro Figo, nado o 4 de novembro de 1972 en Lisboa, é un exfutbolista portugués considerado coma un dos mellores da historia do fútbol portugués e mundial. Xoga coma centrocampista. Foi nomeado "Xogador Europeo do Ano" no 2000, "Xogador Mundial FIFA do ano" no 2001 e atópase nos FIFA 100.
Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorabo: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorabo: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Limita ao norte co mar do Norte, Dinamarca e o mar Báltico, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e Suíza, e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio, por un clima temperado estacional.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Gonzalo de Mondoñedo, tamén coñecido como San Gonzalo, ou Gonzalo Froilaz, foi un nobre e relixioso galego, membro da familia Froilaz-Traba, fillo de Froila Bermúdez e irmán de Pedro Froilaz, conde de Galiza e Trastámara. Ocupou o bispado de Mondoñedo entre os anos 1070 e 1108. Durante o seu mandato impulsou a obra románica da Catedral de San Martiño de Mondoñedo (Foz) e mantivo varios preitos territoriais tentando conservar os dominios da súa diocese.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
André Étienne Justin Pascal Joseph François d'Audebert de Férussac
O Barón André Étienne Justin Pascal Joseph François d'Audebert de Férussac, nado o 30 de decembro de 1786 en Chartron, preto de Lauzerte, antiga Provincia de Quercy (hoxe departamento de Tarn-et-Garonne), e finado o 21 de xaneiro de 1836 en París, foi un naturalista francés.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Universidade Paris-Sorbonne (en francés: Université Paris-Sorbonne) ou simplemente U Paris 4 - foi unha universidade francesa creada o 1 de xaneiro de 1971. Desapareceu o 1 de xaneiro de 2018 en favor da Sorbonne Université tras a publicación no Diario Oficial do decreto de creación da nova universidade o 21 de abril de 2017.
Millán Picouto Igrexas, nado en Ourense en 1949, é un poeta, dramaturgo e músico galego. A súa obra literaria completa, «O macrocosmos», consta de 33 dramas e 6 poemarios distribuídos organicamente en ciclos astrais, do Sol e da Lúa e de Mercurio a Urano, que configuran unha obra poética unitaria de arredor de 75.000 versos. A súa versión española dos dramas encóntrase en «El macrocosmos», e a súa música, no volume «Música coral», que inclúe cantigas, sonetos, madrigais, pezas didácticas e a música vocal e instrumental de varios dramas.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música galega tradicional, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.O nome do grupo procede da toponimia, trátase do nome dunhas leiras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós.
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Celta de Vigo. Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga..
A coloración animal é a aparencia xeral dun animal orixinada pola reflexión ou emisión de luz desde as súas superficies. Algúns animais teñen rechamantes cores, mentres que outros son difíciles de ver. Nalgunhas especies, como o pavón, o macho ten padróns de coloración moi elaborados con cores rechamantes e iridescentes, mentres que a femia é moito menos vistosa.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
Willemstad é a capital de Curaçao, unha illa no sur do Mar Caribe que forma un país constituínte do Reino dos Países Baixos. Antigamente era a capital das Antillas Neerlandesas antes da súa disolución en 2010, ten unha poboación estimada de 150.000 habitantes. Willemstad é o fogar da sinagoga de Curaçao, a sinagoga máis antiga das Américas.
Leonor de Borbón Ortiz, nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é a actual princesa de Asturias e a primeira na liña de sucesión ao trono español, como primoxénita dos reis Filipe VI de España e Letizia. Ademais do de princesa de Asturias, ostenta os demais títulos vinculados tradicionalmente ao herdeiro da Coroa española. É ademais presidenta honorífica da Fundación Princesa de Asturias e da Fundación Princesa de Girona.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.