Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Mikhail Sergeevich Gorbachev (en ruso: Михаил Сергеевич Горбачёв), nado en Privolnoe o 2 de marzo de 1931 e finado en Moscova o 30 de agosto de 2022, foi un político ruso que foi o Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1985 ata 1989 e Presidente Executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas de 1989 a 1991.
Salvador Illa Roca, nado en La Roca del Vallès o 5 de maio de 1966, é un político catalán, secretario da organización do Partido dos Socialistas de Cataluña (PSC) dende 2016. Foi alcalde de La Roca del Vallès en dous períodos separados entre 1995 e 2005. Foi ministro de Sanidade de España do 13 de xaneiro de 2020 ao 26 de xaneiro de 2021, durante o segundo goberno de Pedro Sánchez; deixou o cargo para presentarse como candidato do PSC ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021.
Vinte mil leguas baixo dos mares
Vinte mil leguas baixo dos mares (en francés: Vingt mille lieues sous les mers) é unha novela escrita polo autor francés Jules Verne (1828-1905), autor doutras novelas como Da terra á lúa ou A volta ao mundo en 80 días. Foi publicada en 1870.
A desmosina é un aminoácido moi peculiar que se encontra unicamente na proteína do tecido conxuntivo elastina, como por exemplo, baixo a pel, nos pulmóns e nas arterias elásticas. Ten catro cadeas derivadas da lisina, cada unha cun grupo carboxilo, que radian desde un núcleo central de tipo piridinio. A desmosina é un compoñente da elastina e establece enlaces cruzados coa isodesmosina (outro aminoácido similar exclusivo da elastina), dándolle elasticidade ao tecido.
A bandeira de Galicia actual é un dos símbolos de Galicia e foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento e consolidada pola Xeración Nós como insignia nacional, a actual bandeira civil. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo até o inferior dereito. A franxa azul posúe unha largura igual á terceira parte do alto da bandeira.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
Campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo 2022
O campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo 2022 estáse a celebrar en Dinamarca entre os días 26 de agosto e 4 de setembro de 2022. As cidades que acollen o torneo son Herning e Frederikshavn.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao
A Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao foi fundada en 1979 co gallo de defender os intereses das empresas situadas no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas e proporcionarlles servizos para mellorar a súa competitividade. Ten en torno a 230 entidades asociadas ás que lles ofrece servizos diversos como a vixilancia, extinción de incendios, hixienización de zonas comúns, proxecto de humanización, servizo de primeira intervención, servizo de seguridade e televixilancia, mapa de riscos, punto de descanso do peregrino, área de recreo con senda verde, corredor verde, centro verde, planos cartográficos, directorio empresarial, sinalización nas rúas da área industrial, formación profesional e para a inserción laboral, prevención de riscos laborais, medio ambiente, comercio exterior, etc.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Mercedes Formica-Corsi Hezode, nada en Cádiz o 9 de agosto de 1913 e finada en Málaga o 22 de abril de 2002, coñecida como Mercedes Formica, foi unha xurista, novelista e ensaísta española. Destacou especialmente pola súa defensa dos dereitos da muller en España.Feminista en plena ditadura franquista, impulsou a reforma do Código Civil e as súas denuncias lograron en 1958 a reforma de 66 artigos deste. Foi un primeiro paso para mellorar a situación xurídica da muller casada, ao que seguiu un longo proceso de reformas que culminaron nos anos 80.
O Gran Premio de Francia (1906-1967: Grand Prix de l ACF, 1968-2018: Gran Premio de Francia) é unha carreira anual que forma parte do Campionato Mundial de Fórmula 1 celebrado pola Federación Internacional do Automóbil. A última carreira celebrouse en 2008, pero a carreira volveu en 2018 no circuíto Paul Ricard. O Grand Prix motor racing orixinouse en Francia e o Gran Premio de Francia, aberto á competencia internacional, é o Gran Premio máis antigo, o primeiro disputouse o 26 de xuño de 1906, baixo os auspicios da Automobile Club de France en Sarthe, cunha participación de 32 automóbiles.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Garbage é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Madison, Wisconsin en 1994. Os seus membros son Duke Erikson (guitarra, teclados), Shirley Manson (voz), Steve Marker (guitarra, baixo) e Butch Vig (batería). Dende a súa fundación a banda leva vendidos uns 17 millóns de discos en todo o mundo.
Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista.
Castilla y León Televisión (CyLTV), cuxa razón social é Radio Televisión de Castilla y León, S. A., é unha empresa privada adxudicataria da única licenza de emisión da TDT de ámbito autonómico en Castela e León. O ente dispón de dúas canles de televisión: La 7, cunha programación común para toda a comunidade autónoma as 24 horas do día, e La 8, canle con desconexións territoriais, especializado en cada provincia. Tamén posúe dúas frecuencias de radio nas que emiten as emisoras Castilla y León esRadio e Vive!
O termo lama pode referirse a: Lama, masa branda que se forma ao mesturarse terra, area, follas etc., con auga; Lama, relixioso dunha seita do budismo do Tíbet; Lama, xénero de camélidos suramericanos.Amais, como topónimo pode referirse a: En Galicia A Lama, concello da provincia de Pontevedra; A Lama, parroquia de dito concello; A Lama, lugar de dita parroquia; Lama, parroquia do concello de Láncara; Lama, lugar de dita parroquia; Lama, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Carballedo; Lama, lugar da parroquia de Lagos, no concello de Láncara; Lama, lugar da parroquia de Santiago de Gaioso, no concello de Outeiro de Rei; Lama, lugar da parroquia de Insua, no concello de Vilalba; A Lama, lugar da parroquia de Presedo, no concello de Abegondo; A Lama, lugar da parroquia de Basadre, no concello de Agolada; A Lama, lugar da parroquia de Eidián, no concello de Agolada; A Lama, lugar da parroquia de Adelán, no concello de Alfoz; A Lama, lugar da parroquia de Arbo, no concello de Arbo; A Lama, lugar da parroquia de Xuvencos, no concello de Boborás; A Lama, lugar da parroquia de Martín, no concello de Bóveda; A Lama, lugar da parroquia da Piteira, no concello do Carballiño; A Lama, lugar da parroquia de Landoi, no concello de Cariño; A Lama, lugar da parroquia de Sismundi, no concello de Cariño; A Lama, lugar da parroquia de Alais, no concello de Castro Caldelas; A Lama, lugar da parroquia de Bendia, no concello de Castro de Rei; A Lama, lugar da parroquia de Ansemil, no concello de Celanova; A Lama, lugar da parroquia de Vilar de Rei, no concello de Cenlle; A Lama, lugar da parroquia de Noceda, no concello de Cervantes; A Lama, lugar da parroquia de Rúa, no concello de Cervo; A Lama, lugar da parroquia de Pedrafita, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Requeixo, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Vilaúxe, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Albeos, no concello de Crecente; A Lama, lugar da parroquia de Saa, no concello de Dozón; A Lama, lugar da parroquia de Santa Olaia de Esgos, no concello de Esgos; A Lama, lugar da parroquia de Santa Mariña do Incio, no concello do Incio; A Lama, lugar da parroquia de Campo, no concello do Irixo; A Lama, lugar da parroquia de Doade, no concello de Lalín; A Lama, lugar da parroquia de Souto de Ferradal, no concello de Láncara; A Lama, lugar da parroquia de Torno, no concello de Lobios; A Lama, lugar da parroquia de Baamorto, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Distriz, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Guntín, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Reigada, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de San Cosme de Montederramo, no concello de Montederramo; A Lama, lugar da parroquia de Camos, no concello de Nigrán; A Lama, lugar da parroquia de Palmés, no concello de Ourense; A Lama, lugar da parroquia de Espasantes, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de San Fiz de Cangas, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de Serode, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de Siós, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia da Hedrada, no concello de Parada de Sil; A Lama, lugar da parroquia da Encomenda, no concello da Pobra de Trives; A Lama, lugar da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Eixón, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Pinel, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Fisteus, no concello de Quiroga; A Lama, lugar da parroquia de Cea, no concello de San Cristovo de Cea; A Lama, lugar da parroquia de Corvelle, no concello de Sarria; A Lama, lugar da parroquia de Goián, no concello de Sarria; A Lama, lugar da parroquia de Abuíme, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia da Cova, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia de Rellas, no concello de Silleda; A Lama, lugar da parroquia de Amandi, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Gundivós, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Santiorxo, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Pedrafita, no concello da Teixeira; A Lama, lugar da parroquia de Castromarigo, no concello da Veiga; A Lama, lugar da parroquia de San Román de Vale, no concello do Vicedo; A Lama, lugar da parroquia de Sabrexo, no concello de Vila de Cruces; A Lama, lugar da parroquia de Árbol, no concello de Vilalba; A Lama, lugar da parroquia de Tamallancos, no concello de Vilamarín; A Lama, lugar da parroquia de Vilamateo, no concello de Vilarmaior; A Lama, lugar da parroquia de Santo André de Boimente, no concello de Viveiro; Lama Boa, lugar da parroquia de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei; A Lama da Vila, lugar da parroquia de Santo André, no concello das Nogais; A Lama de Fente, lugar da parroquia de Santa Mariña do Castro, no concello de Carballedo; Lama de Mena, lugar da parroquia de Negrelos, no concello de Rodeiro; A Lama de Outeiro, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos; Lama de Paio, lugar da parroquia de Lampaza, no concello de Rairiz de Veiga; Lama de Paio, lugar da parroquia de Torbeo, no concello de Ribas de Sil; Lama de Rei, lugar da parroquia do Mosteiro, no concello de Cervantes; A Lama do Franco, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos; A Lama do Outeiro, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; Lama do Prado, lugar da parroquia de Brosmos, no concello de Sober; A Lama do Río, lugar da parroquia de Espasantes, no concello de Pantón; A Lama do Sobrado, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; A Lama dos Campos, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; Lama Forcada, lugar da parroquia de Nogueira de Ramuín, no concello de Nogueira de Ramuín; Lama Grande, lugar da parroquia de Romariz, no concello de Abadín; A Lama Grande, lugar da parroquia de Espiñoso, no concello de Cartelle; Lama Má, parroquia do concello de Baños de Molgas; Lama Má, lugar da parroquia de Loureda, no concello de Arteixo; Lama Redonda, lugar da parroquia de Guntín, no concello de Bóveda; Lama Redonda, lugar da parroquia de Foilebar, no concello do Incio; Lama Redonda, lugar da parroquia de Sindrán, no concello de Monforte de Lemos; Lama Redonda, lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro; Lama Retorta, lugar da parroquia de Novelúa, no concello de Monterroso; Campo de Lama, lugar da parroquia de Ordes, no concello de Rairiz de Veiga; Torre de Lama, lugar da parroquia das Ribeiras do Sor, no concello de Mañón.En Francia Lama, poboación de Córsega.En Portugal Lama, freguesía do concello de Barcelos. Lama, freguesía do concello de Santo Tirso.
HindIII ("Hin de tres") é un encima de restrición de tipo II específico de sitio que foi illado da bacteria Haemophilus influenzae, que corta a secuencia de ADN palindrómica AAGCTT en presenza do cofactor Mg2+ por hidrólise.A clivaxe (corte) desta secuencia entre as AA orixina extremos 5' monocatenarios que sobresaen ou colgan a cada lado no ADN bicatenario chamados extremos cohesivos, pegañentos ou adherentes, que teñen secuencias complementarias: 5'-A |A G C T T-3' 3'-T T C G A| A-5' As endonucleases de restrición utilízanse como mecanismos de defensa dos organismos procarióticos no seu sistema de restrición-modificación. A súa función principal é protexer o hóspede contra a invasión do ADN alleo, fundamentalmente o ADN dos bacteriófagos.
A activina é unha hormona proteica dímera segregada polas gónadas, hipófise e placenta. A activina fai aumentar a síntese e secreción de hormona estimulante dos folículos (FSH) e participa na regulación do ciclo menstrual. Describíronse ademais moitas outras funcións da activina, como influír na proliferación celular, diferenciación celular, apoptose, metabolismo, homeostase, respostas inmunitarias, curación de feridas, e funcións endócrinas.
A praia das Combouzas é unha praia situada na parroquia de Barrañán do concello de Arteixo. É unha das poucas praias nudistas da provincia da Coruña.Está situada entre a punta do Compás e a punta do Trei, que a separa da praia de Barrañán, á que está unida durante a baixamar. É unha praia rectilínea de forte ondada, apta para a práctica do surf.
Lista de prefixos telefónicos de España
Esta é unha lista dos prefixos telefónicos de España ordenados por comunidades autónomas e provincias.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
365 días máis (en polaco: Kolejne 365 dni) é un filme polaco de 2022 dirixido por Barbara Białowąs e Tomasz Mandes. É a secuela do filme 365 días: Aquel día (2022), e está baseado na novela da triloxía de Blanka Lipińska, e está protagonizado por Anna-Maria Sieklucka, Michele Morrone, Simone Susinna, Magdalena Lamparska e Otar Saralidze. 365 días máis estreouse o 19 de agosto de 2022 en Netflix, onde conta con versión subtitulada en galego.
Sean Lawlor, nado en Dublín o 25 de xaneiro de 1954 e finado na mesma cidade o 10 de outubro de 2009, foi un actor irlandés. É coñecido por interpretar a Malcolm Wallace no filme de Mel Gibson Braveheart. Ademais, apareceu no filme de James Cameron Titanic e no de Jim Sheridan In the Name of the Father.
Manu Chao, nado como José-Manuel Thomas Arthur Chao o 21 de xuño de 1961 é un músico e compositor francés, de familia galega. É coñecido por cantar en varias linguas como francés, español, inglés, italiano, árabe, galego e portugués, e ocasionalmente noutras linguas. Chao comezou a súa carreira musical en París, tocando con grupos como Hot Pants e Los Carayos, que combinaba gran variedade de linguas e estilos musicais.
Serena Jameka Williams, nada o 26 de setembro de 1981 en Saginaw, Míchigan, é unha tenista estadounidense. A Women's Tennis Association situouna no número 1 da clasificación en dez ocasións diferentes. Converteuse en número un por primeira vez o 8 de xullo de 2002, e conseguiu este posto por décima vez o 24 de abril de 2017 , sumando ata o de agora 319 semanas como numero un da WTA. É a única xogadora feminina en gañar máis de 40 millóns de dólares en premios.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Para o artigo referido ao lugar do concello de Padrón chamado A Escravitude, véxase A Escravitude, Cruces, Padrón. O termo escravitude designa a condición social do escravo, un traballador non libre e, polo xeral, non remunerado, que é xuridicamente a propiedade doutra persoa e, en consecuencia, negociábel, como un obxecto. En sentido lato, a escravitude ou escravismo é o sistema socioeconómico fundado sobre o mantemento e a explotación de persoas en ditas condicións.
Ramón Nonato, nado en Portell (comarca da Segarra, pertencente á diocese de Solsona) no ano 1204 e finado en Cardona en 1240, foi un relixioso mercedario, e un santo catalán da igrexa católica. O seu sobrenome Nonnatus (latín, "non nado") derívase do feito de que naceu por medio dunha cesárea, morrendo a súa nai no parto. É o santo patrón dos partos, parteiras, nenos e embarazadas.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Schaffhausen (alemán suízo: Schafuuse, Schaffuuse, Schafhuuse ou Schaffhuuse; francés: Schaffhouse; italiano: Sciaffusa, romanche: Schaffusa) é o cantón máis setentrional de Suíza, situado case na súa totalidade ao norte do Rin. A lingua oficial é o alemán, mais a lingua coloquial é o Schaffhauserdeutsch (alemán de Schaffhausen), un dialecto oriental alemánico.
O Consello da Avogacía Galega (CAG) é o órgano que aglutina e coordina os colexios da avogacía de Galicia. A el pertencen os colexios da avogacía da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo. Ten as mesmas competencias ca o Consello Xeral da Avogacía Española en tanto se refiran unicamente á Comunidade Autónoma de Galicia.
Manuel González González (músico)
Manuel González González, tamén coñecido como O Chicho do Funk ou Ortiga, nado en Santiago de Compostela o 30 de agosto de 1994, é un músico galego.
O milímetro é unha unidade de lonxitude equivalente á milésima parte dun metro, abreviado mm. 1 mm = 10-3 mEn fabricación mecánica os planos construtivos das pezas que se mecanizan van acoutados en milímetros, e a tolerancia das cotas exprésanse en décimas, centésimas ou milésimas de milímetro. O milímetro é a unidade de medida para as precipitacións.
Millán Picouto Igrexas, nado en Ourense en 1949, é un poeta, dramaturgo e músico galego. A súa obra literaria completa, «O macrocosmos», consta de 33 dramas e 6 poemarios distribuídos organicamente en ciclos astrais, do Sol e da Lúa e de Mercurio a Urano, que configuran unha obra poética unitaria de arredor de 75.000 versos. A súa versión española dos dramas encóntrase en «El macrocosmos», e a súa música, no volume «Música coral», que inclúe cantigas, sonetos, madrigais, pezas didácticas e a música vocal e instrumental de varios dramas.
La 7 é a primeira canle autonómica de Castela e León, propiedade do ente privado Castilla y León Televisión, sociedade adxudicataria da explotación das dúas canles de TDT na comunidade. Ademais desta cadea, Castilla y León Televisión conta cunha segunda canle, La 8, con contidos de carácter máis provincial e local, para o que leva a cabo desconexións de ámbito territorial.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
A lista de títulos con versión en galego que foron estreados nas plataformas de streaming inclúe os filmes, series e miniseries das que hai versión en galego, ben sexa dobrada ou subtitulada.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 188.508 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Fire of Love é un filme documental estadounidense-canadense de 2022 dirixido, escrito e producido por Sara Dosa. Segue a vida e a carreira dos vulcanólogos Maurice e Katia Krafft.Estreouse o 20 de xaneiro no Festival de Cinema de Sundance de 2022, onde gañou o premio de edición Jonathan Oppenheim. Foi lanzado o 6 de xullo de 2022 por National Geographic Documentary Films e Neon.
O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Xogo de asasinos (en inglés: Copshop) é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Joe Carnahan e escrito por Kurt McLeod e Carnahan. Está baseado nunha historia de McLeod e Mark Williams. Está protagonizado por Gerard Butler, Frank Grillo e Alexis Louder, e está ambientada nunha comisaría dunha pequena cidade que se converte no campo de batalla entre un sicario, un policía novato e un estafador.