Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Mikhail Sergeevich Gorbachev (en ruso: Михаил Сергеевич Горбачёв), nado en Privolnoe o 2 de marzo de 1931 e finado en Moscova o 30 de agosto de 2022, foi un político ruso que foi o Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1985 ata 1989 e Presidente Executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas de 1989 a 1991.
Astro (plataforma de televisión)
Astro é unha plataforma de pago de televisión por satélite dixital e radio en Malaisia e Brunei a través dos satélites MEASAT, a súa sede está en Kuala Lumpur e é propiedade de Astro All Asia Networks a través da súa filial MEASAT Broadcast Network Systems.
A bandeira de Galicia actual é un dos símbolos de Galicia. Foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento e sancionada polo consenso popular, durante a época da Xeración Nós, como insignia nacional. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo até o inferior dereito.
Chaetophractus villosus é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (a única da orde), e subfamilia dos eufractinos, unha das tres que integran o xénero Chaetophractus.É un armadillo suramericano que habita no sueste de Bolivia, oeste de Paraguai e case toda a Arxentina, en gran diversidade de hábitats: selvas subantárticas, bosques tempeados, sabanas secas e húmidas, pastos subtropicais e tropicais, desertos cálidos, temperados e fríos, terra arábel, plantacións e xardíns.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
Diana, princesa de Gales (de solteira Diana Frances Spencer), nada en Sandringham, Norfolk, o 1 de xullo de 1961 e finada en París o 31 de agosto de 1997, foi a primeira esposa do príncipe Carlos de Gales. É coñecida internacionalmente como Lady Di. Durante o seu matrimonio co príncipe Carlos de Gales, herdeiro da Coroa Británica, tivo dous fillos, os príncipes Guillerme e Henrique.
Ramón Nonato, nado en Portell (comarca da Segarra, pertencente á diocese de Solsona) no ano 1204 e finado en Cardona en 1240, foi un relixioso mercedario, e un santo catalán da igrexa católica. O seu sobrenome Nonnatus (latín, "non nado") derívase do feito de que naceu por medio dunha cesárea, morrendo a súa nai no parto. É o santo patrón dos partos, parteiras, nenos e embarazadas.
James David Rodríguez Rubio, nado en Cúcuta, Norte de Santander, Colombia, o 12 de xullo de 1991, coñecido futbolisticamente como James Rodríguez ou simplemente James (pronunciado de acordo coa fonoloxía do español; ˈxames), é un futbolista colombiano que xoga como centrocampista no Everton FC da Premier League. É internacional coa Selección de Colombia, da cal é capitán. Recibiu en 2009, 2012 e 2014 o premio de xogador revelación na Primeira División da Arxentina e na Primeira Liga de Portugal.
A esculina (ás veces escrito aesculina) é un glicósido cumarínico que aparece de forma natural nas árbores das especies Aesculus hippocastanum (castiñeiro de Indias), Aesculus californica, no arbusto Bursaria spinosa, na dafnina (a resina verde escura de Daphne mezereum) e tamén na infusión de Taraxacum.
Val do Dubra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Limita ó sur con Santiago de Compostela e Ames, ó oeste con Santa Comba e A Baña, o norte con Coristanco e Tordoia e ó leste con Trazo. Sitúase a 20 quilómetros da capital autonómica coa que se comunica a través da estrada CP-0701, con Carballo coa CP-1914, con Ordes coa CP-5903 e dende Ames a través da estrada AC-452.
Santuario de Nosa Señora da Peneda
O Santuario de Nosa Señora da Peneda (en portugués: Santuário de Nossa Senhora da Peneda) é un santuario católico que se localiza na freguesía da Gavieira, concello de Arcos de Valdevez, distrito de Viana do Castelo, en Portugal, a camiño da vila de Melgaço, moi preto da raia con Galiza. Atópase mesmo no Parque Nacional da Peneda-Gerês. A Festa da Señora da Peneda é anual, dura unha semana, entre o día 31 de agosto e o oito de setembro; realízase no santuario unha gran romaría popular.
A batalla por Sebastopol (en ruso: Битва за Севастополь; en ucraíno: Незламна) é un filme ruso-ucraíno de 2015 dirixido por Sergey Mokritskiy e protagonizado por Yulia Peresild. O filme trata sobre Liudmila Pavlichenko, unha muller soviética que se uniu ao Exército Vermello para loitar contra a invasión alemá da URSS e se converteu nun dos francotiradores máis certeiros da segunda guerra mundial. O filme, que é unha coprodución entre Rusia e Ucraína, estreouse en ámbolos dous países o 2 de abril de 2015, e a súa estrea internacional produciuse dúas semanas despois no Festival Internacional de Cinema de Pequín.
Un personaxe é cada un dos seres que forman a acción dunha obra literaria, película etc., e que son o motor da acción narrativa. Non debe confundirse o termo persoeiro (individuo real de relevancia ou que queremos salientar) con personaxe (ser ficticio por moito que represente a unha persoa real da que soamente é unha representación inventiva). O personaxe é o elemento motor da acción narrativa.
Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista.
Lista de prefixos telefónicos de España
Esta é unha lista dos prefixos telefónicos de España ordenados por comunidades autónomas e provincias.
O Gran Premio de Francia (1906-1967: Grand Prix de l ACF, 1968-2018: Gran Premio de Francia) é unha carreira anual que forma parte do Campionato Mundial de Fórmula 1 celebrado pola Federación Internacional do Automóbil. A última carreira celebrouse en 2008, pero a carreira volveu en 2018 no circuíto Paul Ricard. O Grand Prix motor racing orixinouse en Francia e o Gran Premio de Francia, aberto á competencia internacional, é o Gran Premio máis antigo, o primeiro disputouse o 26 de xuño de 1906, baixo os auspicios da Automobile Club de France en Sarthe, cunha participación de 32 automóbiles.
A praia das Combouzas é unha praia situada na parroquia de Barrañán do concello de Arteixo. É unha das poucas praias nudistas da provincia da Coruña.Está situada entre a punta do Compás e a punta do Trei, que a separa da praia de Barrañán, á que está unida durante a baixamar. É unha praia rectilínea de forte ondada, apta para a práctica do surf.
O termo lama pode referirse a: Lama, masa branda que se forma ao mesturarse terra, area, follas etc., con auga; Lama, relixioso dunha seita do budismo do Tíbet; Lama, xénero de camélidos suramericanos.Amais, como topónimo pode referirse a: En Galicia A Lama, concello da provincia de Pontevedra; A Lama, parroquia de dito concello; A Lama, lugar de dita parroquia; Lama, parroquia do concello de Láncara; Lama, lugar de dita parroquia; Lama, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Carballedo; Lama, lugar da parroquia de Lagos, no concello de Láncara; Lama, lugar da parroquia de Santiago de Gaioso, no concello de Outeiro de Rei; Lama, lugar da parroquia de Insua, no concello de Vilalba; A Lama, lugar da parroquia de Presedo, no concello de Abegondo; A Lama, lugar da parroquia de Basadre, no concello de Agolada; A Lama, lugar da parroquia de Eidián, no concello de Agolada; A Lama, lugar da parroquia de Adelán, no concello de Alfoz; A Lama, lugar da parroquia de Arbo, no concello de Arbo; A Lama, lugar da parroquia de Xuvencos, no concello de Boborás; A Lama, lugar da parroquia de Martín, no concello de Bóveda; A Lama, lugar da parroquia da Piteira, no concello do Carballiño; A Lama, lugar da parroquia de Landoi, no concello de Cariño; A Lama, lugar da parroquia de Sismundi, no concello de Cariño; A Lama, lugar da parroquia de Alais, no concello de Castro Caldelas; A Lama, lugar da parroquia de Bendia, no concello de Castro de Rei; A Lama, lugar da parroquia de Ansemil, no concello de Celanova; A Lama, lugar da parroquia de Vilar de Rei, no concello de Cenlle; A Lama, lugar da parroquia de Noceda, no concello de Cervantes; A Lama, lugar da parroquia de Rúa, no concello de Cervo; A Lama, lugar da parroquia de Pedrafita, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Requeixo, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Vilaúxe, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Albeos, no concello de Crecente; A Lama, lugar da parroquia de Saa, no concello de Dozón; A Lama, lugar da parroquia de Santa Olaia de Esgos, no concello de Esgos; A Lama, lugar da parroquia de Santa Mariña do Incio, no concello do Incio; A Lama, lugar da parroquia de Campo, no concello do Irixo; A Lama, lugar da parroquia de Doade, no concello de Lalín; A Lama, lugar da parroquia de Souto de Ferradal, no concello de Láncara; A Lama, lugar da parroquia de Torno, no concello de Lobios; A Lama, lugar da parroquia de Baamorto, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Distriz, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Guntín, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Reigada, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de San Cosme de Montederramo, no concello de Montederramo; A Lama, lugar da parroquia de Camos, no concello de Nigrán; A Lama, lugar da parroquia de Palmés, no concello de Ourense; A Lama, lugar da parroquia de Espasantes, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de San Fiz de Cangas, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de Serode, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de Siós, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia da Hedrada, no concello de Parada de Sil; A Lama, lugar da parroquia da Encomenda, no concello da Pobra de Trives; A Lama, lugar da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Eixón, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Pinel, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Fisteus, no concello de Quiroga; A Lama, lugar da parroquia de Cea, no concello de San Cristovo de Cea; A Lama, lugar da parroquia de Corvelle, no concello de Sarria; A Lama, lugar da parroquia de Goián, no concello de Sarria; A Lama, lugar da parroquia de Abuíme, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia da Cova, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia de Rellas, no concello de Silleda; A Lama, lugar da parroquia de Amandi, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Gundivós, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Santiorxo, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Pedrafita, no concello da Teixeira; A Lama, lugar da parroquia de Castromarigo, no concello da Veiga; A Lama, lugar da parroquia de San Román de Vale, no concello do Vicedo; A Lama, lugar da parroquia de Sabrexo, no concello de Vila de Cruces; A Lama, lugar da parroquia de Árbol, no concello de Vilalba; A Lama, lugar da parroquia de Tamallancos, no concello de Vilamarín; A Lama, lugar da parroquia de Vilamateo, no concello de Vilarmaior; A Lama, lugar da parroquia de Santo André de Boimente, no concello de Viveiro; Lama Boa, lugar da parroquia de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei; A Lama da Vila, lugar da parroquia de Santo André, no concello das Nogais; A Lama de Fente, lugar da parroquia de Santa Mariña do Castro, no concello de Carballedo; Lama de Mena, lugar da parroquia de Negrelos, no concello de Rodeiro; A Lama de Outeiro, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos; Lama de Paio, lugar da parroquia de Lampaza, no concello de Rairiz de Veiga; Lama de Paio, lugar da parroquia de Torbeo, no concello de Ribas de Sil; Lama de Rei, lugar da parroquia do Mosteiro, no concello de Cervantes; A Lama do Franco, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos; A Lama do Outeiro, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; Lama do Prado, lugar da parroquia de Brosmos, no concello de Sober; A Lama do Río, lugar da parroquia de Espasantes, no concello de Pantón; A Lama do Sobrado, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; A Lama dos Campos, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; Lama Forcada, lugar da parroquia de Nogueira de Ramuín, no concello de Nogueira de Ramuín; Lama Grande, lugar da parroquia de Romariz, no concello de Abadín; A Lama Grande, lugar da parroquia de Espiñoso, no concello de Cartelle; Lama Má, parroquia do concello de Baños de Molgas; Lama Má, lugar da parroquia de Loureda, no concello de Arteixo; Lama Redonda, lugar da parroquia de Guntín, no concello de Bóveda; Lama Redonda, lugar da parroquia de Foilebar, no concello do Incio; Lama Redonda, lugar da parroquia de Sindrán, no concello de Monforte de Lemos; Lama Redonda, lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro; Lama Retorta, lugar da parroquia de Novelúa, no concello de Monterroso; Campo de Lama, lugar da parroquia de Ordes, no concello de Rairiz de Veiga; Torre de Lama, lugar da parroquia das Ribeiras do Sor, no concello de Mañón.En Francia Lama, poboación de Córsega.En Portugal Lama, freguesía do concello de Barcelos. Lama, freguesía do concello de Santo Tirso.
O arroz ([aˈrɔθ]; en gran parte do territorio pronunciado con seseo como [aˈrɔs] (arrós)) é o gran da planta do arroz (Oryza sativa), unha planta da familia das gramíneas que alimenta máis da metade da poboación humana do mundo. O arroz necesita de auga en abundancia e man de obra intensiva. Dáse ben mesmo en terreos moi inclinados e é costume, nos países do sueste asiático encontrárense socalcos onde se cultiva.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
HindIII ("Hin de tres") é un encima de restrición de tipo II específico de sitio que foi illado da bacteria Haemophilus influenzae, que corta a secuencia de ADN palindrómica AAGCTT en presenza do cofactor Mg2+ por hidrólise.A clivaxe (corte) desta secuencia entre as AA orixina extremos 5' monocatenarios que sobresaen ou colgan a cada lado no ADN bicatenario chamados extremos cohesivos, pegañentos ou adherentes, que teñen secuencias complementarias: 5'-A |A G C T T-3' 3'-T T C G A| A-5' As endonucleases de restrición utilízanse como mecanismos de defensa dos organismos procarióticos no seu sistema de restrición-modificación. A súa función principal é protexer o hóspede contra a invasión do ADN alleo, fundamentalmente o ADN dos bacteriófagos.
A activina é unha hormona proteica dímera segregada polas gónadas, hipófise e placenta. A activina fai aumentar a síntese e secreción de hormona estimulante dos folículos (FSH) e participa na regulación do ciclo menstrual. Describíronse ademais moitas outras funcións da activina, como influír na proliferación celular, diferenciación celular, apoptose, metabolismo, homeostase, respostas inmunitarias, curación de feridas, e funcións endócrinas.
Garbage é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Madison, Wisconsin en 1994. Os seus membros son Duke Erikson (guitarra, teclados), Shirley Manson (voz), Steve Marker (guitarra, baixo) e Butch Vig (batería). Dende a súa fundación a banda leva vendidos uns 17 millóns de discos en todo o mundo.
Sean Lawlor, nado en Dublín o 25 de xaneiro de 1954 e finado na mesma cidade o 10 de outubro de 2009, foi un actor irlandés. É coñecido por interpretar a Malcolm Wallace no filme de Mel Gibson Braveheart. Ademais, apareceu no filme de James Cameron Titanic e no de Jim Sheridan In the Name of the Father.
Tom Iredale, nado o 24 de marzo de 1880 en Workington, Cumberland, Inglaterra, e finado o 12 de abril de 1972, foi un malacólogo e ornitólogo de orixe inglesa que tivo unha longa relación con Australia, onde viviu a maior parte da súa vida. Foi un autodidacta que nunca foi á universidade e carecía dunha formación formal. Isto reflectiuse na súa obra: nunca revisou os seus manuscritos, nin usou a máquina de escribir.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Luigi's Mansion 3 (ルイージマンション3, Ruīji Manshon Surī) é un videoxogo de acción e aventuras de 2019 desenvolvido por Nintendo para a consola Nintendo Switch. É o terceiro título da serie Luigi's Mansion, despois de Luigi's Mansion: Dark Moon. O obxectivo do é asumir o papel de Luigi, que debe explorar un hotel encantado, con diferentes temáticas en cada andar, e rescatar os seus amigos das pantasmas que o habitan, despois de que o grupo fose enganado polo rei Boo a unha visita de vacacións.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia. A súa dinastía instaura primeiramente un Reino Suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d.C o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un Reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, que é o primeiro erudito que o denomina Galliciense Regnum, a finais do século VI, e os seus reis como reis de Galicia.
Anthony Charles Lynton Blair, nado en Edimburgo o 6 de maio de 1953, foi Primeiro Ministro do Reino Unido dende o 2 de maio de 1997 ata o 27 de xuño do 2007, cando dimitiu e foi sucedido por Gordon Brown. É o único político laborista que foi tres veces consecutivas elixido como Primeiro Ministro. Durante estas tres lexislaturas, levou ó Reino Unido a catro conflitos internacionais: Kosovo, Serra Leona, Afganistán e Iraq.
Volodímir Vasíliovich Scherbitski (en ucraíno: Володи́мир Васи́льович Щерби́цький, Volodýmyr Vasýlyovych Scherbytsky, en ruso: Владимир Васильевич Щербицкий) nado o 17 de febreiro de 1918 en Verjnodniprovsk, Gobernación de Yekaterinoslav, República Popular de Ucraína e finado o 16 de febreiro de 1989 en Kíiv, RSS de Ucrania, foi un político soviético, líder do Partido Comunista da RSS de Ucraína de 1972 a 1989. Era un home de confianza do Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética, Leonid Brezhnev. A súa política á fronte da República Socialista Soviética de Ucraína caracterizouse por un severo control, represión da disidencia e maior centralización do poder en Moscova; este último feito, porén, non obstaculizou o uso da lingua ucraína como lingua habitual.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A perestroika (en ruso: перестройка) foi, en conxunto coa Glasnost, unha das políticas introducidas na Unión Soviética por Mikhail Gorbachev, en 1985. A palabra perestroika, que literamente significa reconstrución, gañou a conotación de 'reestruturación económica'. Gorbachev percibiu que a economía da Unión Soviética estaba a fallar e sentiu que o sistema socialista, a pesar de que non necesitaba ser substituído, certamente necesitaba dunha reforma, e isto sería levado a cabo polo proceso da perestroika.
Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
A lista de títulos con versión en galego que foron estreados nas plataformas de streaming inclúe os filmes, series e miniseries das que hai versión en galego, ben sexa dobrada ou subtitulada.
O Señor dos Aneis: Os aneis de poder
O Señor dos Aneis: Os aneis de poder (en inglés: The Lord of the Rings: The Rings of Power) é unha serie de televisión estadounidense baseada na novela O Señor dos Aneis, e os seus apéndices, escrita de J. R. R. Tolkien. Desenvolvida por J. D. Payne e Patrick McKay para Amazon Prime Video, a serie está ambientada na Segunda Idade da Terra Media, miles de anos antes dos eventos das obras O hobbit e O Señor dos Aneis de Tolkien. Foi producida por Amazon Studios, xunto con Tolkien Estate, the Tolkien Trust, HarperCollins e New Line Cinema.
O tarot é un xogo de cartas xogado en Francia e noutros países francófonos, composto por unha baralla de 78 cartas. A Federación Francesa de Tarot publicou as regras oficiais do xogo. Desde o século XVIII as cartas pasaron a ser usadas para a previsión do futuro e desde finais do século XIX integran o cerne do esoterismo moderno xuntamente coa cábala, a astroloxía e a alquimia.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Konstantin Ustínovitch Chernenko (en ruso Константи́н Усти́нович Черне́нко, trad . Konstantin Ustinovich Chernienko; Bolshaya Tes), nado en Krai de Krasnoyarsk o 24 de setembro de 1911 e finado en Moscova o 10 de marzo de 1985, foi presidente do Soviet Supremo da URSS e secretario xeral do Partido Comunista desde 1984 até a súa morte o 10 de marzo de 1985, e xefe supremo do Buró Político. segundo posto máis alto da xerarquía soviética, desde 1971 até 1984, cando asumiu, en efecto, o posto máis alto do país.Despois da súa morte, os países socialistas de Europa do Leste non superarían os cinco anos, e a Unión Soviética, de feito, sete.A pesar do seu curto mandato, Chernenko conquistou un gran poder dentro do partido, sendo un segundo home, moi parecido a un vicepresidente, desde principios dos anos 70, baixo a dirección de Leonid Brezhnev, acompañándoo en numerosas viaxes ao estranxeiro e servindo como un conselleiro político durante a década de 1970 e principios dos anos 80, conseguindo as súas maiores fazañas mesmo antes de converterse en Secretario Xeral, o que fixo que a súa contribución á Unión Soviética e a Rusia durante os anos de Brezhnev fose máis eminente que durante o propio goberno.
Gerard Piqué i Bernabéu, nado en Barcelona o 2 de febreiro de 1987, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Fútbol Club Barcelona. Foi o terceiro futbolista, tras Marcel Desailly e Paulo Sousa, en lograr gañar a Liga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes, no 2008 co Manchester United e no 2009 co Barcelona. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
A sobreira (Quercus suber L.) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais), espontánea e cultivada no sur de Europa e norte de África e a partir da cal é o único medio de onde se pode extraer a cortiza. Recibe en galego diferentes nomes comúns, entre os máis difundidos están corticeiro e corticeira.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
A Unión Soviética, de nome completo Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (abreviado: URSS, en ruso: Союз Советских Социалистических Республик ou СССР, tr.: Soyuz Sovétskij Sotsialistícheskij Respublik) foi unha federación de repúblicas soviéticas de proporcións continentais, cubrindo practicamente un sexto das terras emerxidas do planeta, converténdose así no meirande estado do planeta, o que tiña máis liña de costa e máis quilómetros de fronteiras ademais de ser un dos máis diversos etnicamente.Foi fundada o 30 de decembro de 1922 pola xuntanza dos países que formaban o antigo Imperio Ruso, tanto de Europa como de Asia, cun número que variou ao longo do tempo, aínda que foi de quince durante a maior parte da existencia do estado. Foi unha das dúas superpotencias durante a guerra fría xunto aos Estados Unidos de América. Foi disolta o 26 de decembro de 1991.
Boris Nikolaevich Eltsin (ruso: Борис Николаевич Ельцин) nado en Butká, óblast de Sverdlovsk, Unión Soviética o 1 de febreiro de 1931 e finado en Moscova, Rusia o 23 de abril de 2007, foi o primeiro presidente da Federación de Rusia, entre 1991 e 1999. O 12 de xuño de 1991 foi elixido para o recentemente creado posto de presidente da República Socialista Federativa Soviética de Rusia co 57% dos votos. Foi reelixido en 1996, derrotando a Guennadi Ziugánov do revivido Partido Comunista.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
O sorriso de Mona Lisa (en inglés: Mona Lisa Smile) é un filme estadounidense de 2003 dirixido por Mike Newell, escrito por Lawrence Konner e Mark Rosenthal, e protagonizado por Julia Roberts, Kirsten Dunst, Julia Stiles e Maggie Gyllenhaal. Foi producido por Revolution Studios e Columbia Pictures en asociación con Red Om Films Productions. O título é unha referencia á Mona Lisa, a famosa pintura de Leonardo da Vinci, e á canción homónima, interpretada orixinalmente por Nat King Cole, que foi interpretada por Seal para o filme.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.