Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Alá é a transcrición galega da palabra árabe الله que designa a Deus. A palabra provén dos tempos preislámicos e, aínda que é usada polos cristiáns e xudeus árabes para referirse ao seu deus, fóra do mundo árabe, "Alá" utilízase exclusivamente para referirse ao concepto islámico de deus, que é único e ten carácter incomparable e irrepresentable.
Arquieparquía católica armenia de Bagdad
A arquieparquía de Bagdad dos armenios (en latín Archieparchia Babylonensis Armenorum) é unha sede da Igrexa Católica Armenia, inmediatamente suxeita ao Patriarcado de Cilicia. En 2012 contaba con 1.650 bautizados. O seu arcebispo actual é Emmanuel Dabbaghian.
WorldCat é o catálogo en liña da OCLC (Online Computer Library Center), considerado o meirande catálogo OPAC do mundo. O seu nome provén da contracción da expresión inglesa World Catalog ('Catálogo Mundial'). Creado no ano 1971, aloxa datos de máis de 10.000 bibliotecas públicas e privadas de todo o mundo.
O cánabo é o nome de varias plantas da familia Cannabaceae que se corresponde coas especies Cannabis rudelaris, Cannabis indica e Cannabis sativa. Este artigo trata da Cannabis rudelaris. Non confundir coa marihuana, na que o contido de Tetrahidrocannabinol (THC) é superior ao do cánabo, a pesar da similitude da especie.
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Muse é unha banda británica de rock alternativo inglesa formada en Teignmouth, Devon, en 1994 por Matthew Bellamy (voz, guitarra, piano), Christopher Wolstenholme (baixo) e Dominic Howard (batería). Muse é coñecida polas súas enerxéticas e extravagantes actuacións, e pola súa fusión de varios xéneros musicais, como rock progresivo, rock alternativo, space rock, pop, heavy metal, música clásica e música electrónica. Muse leva editados sete álbums de estudio: Showbiz (1999), Origin of Symmetry (2001), Absolution (2003), Black Holes and Revelations (2006), The Resistance (2009), The 2nd Law (2012) e Drones (2015).
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
A síndrome do aceite tóxico, tamén chamada síndrome tóxica ou intoxicación por aceite de colza desnaturalizado, foi unha intoxicación alimentaria masiva que se produciu en España en maio de 1981 por consumo de aceite de colza de uso industrial, adulterado fraudulentamente para desvialo ó consumo humano. A día de hoxe (2011) aínda non se sabe a causa exacta da intoxicación, a substancia tóxica responsable da enfermidade, aínda que os datos epidemiolóxicos poñen en evidencia que foi vehiculada co aceite. Afectou máis de 20.000 persoas, das que moitos aínda sofren secuelas, e causou a morte de entre 1.000 e 5.000 enfermos, segundo as fontes.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Fernando de Magalhães (Fernão de Magalhães en portugués, Fernando de Magallanes en castelán) nado a finais do século XV (1480?) como Fernão de Magalhães probabelmente na vila do norte de Portugal da Ponte da Barca, e finado na illa filipina de Mactan o 27 de abril de 1521, foi un navegante e explorador portugués da época dos grandes descubrimentos coñecido porque, ao servizo de Carlos I de España e baixo o nome de Fernando de Magallanes, foi autor da primeira circunnavegación da historia ao redor da Terra, iniciada en 1519 baixo as súas ordes, ata a súa morte, e finalizada, despois de tres anos de viaxe, en setembro de 1522 baixo as ordes de Juan Sebastián Elcano. Así mesmo foi o primeiro en cruzar o Estreito de Magalhães así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do océano Pacífico, coñecido en aqueles tempos como mar do Sur. No século XV, ao contrario da crenza popular, a redondez da Terra xa era coñecida desde tempos remotos.
Jalāl ad-Dīn Muhammad Rūmī (en persa: جلالالدین محمد رومی), tamén coñecido como Jalāl ad-Dīn Muhammad Balkhī (en persa: جلالالدین محمد بلخى), Mawlānā/Mevlânâ (en persa: مولانا, "o noso mestre"), Mevlevî/Mawlawī (en persa: مولوی, "o meu mestre"), e máis popularmente coñecido como Rumi, nado en 1207 e finado o 17 de decembro de 1273, foi un poeta, xurista, mestre islámico, teólogo e místico sufí persa do século XIII. A influencia de Rumi transcendeu as fronteiras e as diferenzas étnicas: persas, taxicos, turcos, gregos capadocios, pashtuns, outros musulmáns de Asia central e os musulmáns de Asia Meridional apreciaron durante séculos o seu legado espiritual. Os seus poemas foron traducidos a moitas linguas do mundo e traspostos en varios formatos. Rumi ten sido descrito como o "máis popular poeta" e o "poeta que mellor vende" nos Estados Unidos.
Juan Sebastián Elcano, tamén escrito Juan Sebastián de Elcano, nado en Getaria, Guipúscoa, entre 1486 e 1487 e finado no océano Pacífico o 4 de agosto de 1526, foi un explorador español que participou na primeira expedición que deu a volta ao planeta Terra, e capitaneou os derradeiros compases desta.
Christopher Whitelaw "Chris" Pine nado nos Ánxeles (California) o 26 de agosto de 1980, é un actor estadounidense. É principalmente coñecido por interpretar o papel de James T. Kirk no filme do 2009 Star Trek e mais a súa secuela, Star Trek Into Darkness (2013), e por participar noutros filmes como The Princess Diaries 2: Royal Engagement (2004), Just My Luck (2006), Smokin' Aces (2007), Unstoppable (2010), This Means War (2012) ou Rise of the Guardians (2012).
A cidade de Buxtehude (en baixo saxón: Buxthu) é un Selbständige Gemeinde no distrito (Landkreis) de Stade, na Baixa Saxonia. Está situada na área metropolitana de Hamburgo, entre Neugraben-Fischbek e Stade, na estrada federal B73. Cuns 40.000 habitantes na cidade e arredor de 48.000 no municipio, é o segundo maior concello do Landkreis.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Ana Torroja Fungairiño, nada en Madrid o 28 de decembro de 1959, é unha cantante española, unha das voces máis coñecidas da música pop do país. Foi a vocalista do grupo Mecano, xunto aos irmáns José María e Nacho Cano, cos que conseguiu un éxito espectacular en España e outros países. Con Mecano vendeu máis de 25 000 000 de discos.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O dugongo, Dugong dugon (Müller, 1776) é unha especie de mamífero mariño da orde dos sirenios, a única actualmente viva da familia dos dugónxidos, e do xénero Dugong. Ten un corpo grande e groso, de até os 3 m de lonxitude e 200 kg de peso, pero hidrodinámico, rematado nunha aleta caudal falciforme (o que o diferencia, entre outras cousas, dos seus próximos parentes os triquéquidos ou manatís, cos que comparte a orde). A especie habitou en tempos pasados todas as rexións tropicais costeiras dos océanos Índico e Pacífico, e nos estuarios e grandes ríos que desembocan nelas, pero hoxe en día a súa distribución é máis limitada.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia. A súa dinastía instaura primeiramente un Reino Suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d.C o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un Reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, que é o primeiro erudito que o denomina Galliciense Regnum, a finais do século VI, e os seus reis como reis de Galicia.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 189.231 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Requiario (tamén Rechiar ou Reckiarioe en latín: Rechiarius) foi o terceiro monarca suevo que gobernou o Reino Suevo de Galicia, dende o ano 448, sucendendo ao seu pai Requila, ata a súa morte en decembro de 456. Foi o primeiro rei xermánico de toda Europa que adoptou o catolicismo e tamén o primeiro en cuñar moeda propia. A pesar disto, Hidacio descríbeo como bárbaro e con poucas nocións da lei romana, así foi que o seu belicismo e ambición remataron por causarlle a morte nunha guerra que sería o comezo dunha era escura para o reino suevo.
Julen Lopetegui Agote, nado o 28 de agosto de 1966 en Asteasu (Guipúscoa), é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español, que dende o ano 2019 adestra ó Sevilla FC da Liga Santander. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española. Foi adestrador da selección española do 21 de xullo de 2016 ó 13 de xuño de 2018 e do Real Madrid, do 14 de xuño ó 29 de outubro de 2018.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A lingua coreana (chamada en Corea do Sur: 한국어, hangug-eo; en Corea do Norte: 조선말, joseommal) é a lingua nativa duns 80 millóns de persoas, na súa maioría de orixe coreana. É a lingua oficial e nacional tanto de Corea do Norte como de Corea do Sur (xeograficamente Corea), pero durante os últimos 74 anos de división política (e illamento de Corea do Norte), as dúas Coreas desenvolveron algunhas diferenzas de vocabulario notables. Ademais de nas dúas Corea, o coreano é unha lingua minoritaria recoñecida en partes da China, a saber, na Provincia de Jilin, e concretamente na Prefectura de Yanbian (연변/延邊) situada ao sur da provincia de Heilongjiang e no Condado de Changbai.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX. Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa.
A San Lesmes era unha das carabelas da expedición de García Jofre de Loaísa capitaneada por Francisco de Hoces e posteriormente por Diego Alonso de Solís que se perdeu no Océano Pacífico, en 1526. No século XX atopáronse indicios dos seus restos en Amanu, unha das illas Tuamotu. Algunhas especulacións indican que a tripulación sobreviviu e que ou ben seguiron ata Australia, ou ben quedaron nas illas veciñas de Amanu deixando rastros culturais que chegarían ata Nova Zelandia.
Setembro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de setembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. O mes tamén se coñece co nome de San Miguel.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
O canal de Suez (قناة السويس, Qanāt al-Suways en árabe) é un canal artificial de 193,3 km que liga o mar Mediterráneo desde o porto exipcio de Port-Saïd ao mar Vermello polo porto de Suez atravesando o desértico istmo de Suez. Permite ás embarcacións iren da Europa á Asia sen teren que contornar a África polo cabo da Boa Esperanza. Antes da súa construción, as mercadorías tiñan que ser transportadas por terra entre o mar Mediterráneo e o mar Vermello.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Pícaros roubados polo franquismo
Os nenos do franquismo ou pícaros roubados polo Franquismo é o nome polo que se coñece a mocidade vítima dunha pasaxe dramática da historia recente de España que abrangue de 1937 a 1950, na primeira etapa da ditadura franquista, tempo no que máis de 30.000 menores foron secuestrados e apartados das súas familias a fin de seren entregados a persoas afectas ao réxime así coma a centros do Auxilio Social, hospicios, conventos ou seminarios, onde eran reeducados conforme aos ideais do denominado Movemento Nacional, amais de nalgún casos seren empregados a modo de escravos para a labranza de terras.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O reino de Galicia na historiografía tradicional española
A primeira referencia historiográfica explícita sobre a existencia do reino de Galicia data do século VI, cando o bispo Gregorio de Tours denomina Galliciensim regnum o estado creado polo pobo xermánico dos suevos na provincia romana da Gallaecia. Este reino galego altomedieval perdurou, con dimensións e significados cambiantes, desde a época sueva até o século XIX, momento no que, a través dunha reforma administrativa, a tradicional organización en reinos da monarquía hispana foi substituída por unha estrutura provincial centralizada. Malia este dilatado lapso temporal e a existencia de abondosas alusións documentais, os historiadores españois da idade contemporánea substituíron as referencias ao reino galego da alta e plena Idade media polas denominacións de reino de Asturias e reino de León, sendo o territorio da Galicia actual presentado como un espazo subsidiario de escasa importancia.
Comcast Corporation é unha compañía de telecomunicacións estadounidense fundada en 1963, é o primeiro operador de televisión por cable, o segundo provedor de internet, e a terceira compañía telefónica dos Estados Unidos, ofrece os seus servizos en 39 dos seus estados e no Distrito de Columbia. Tamén opera as súas propias canles de televisión: Comcast Network, Comcast SportsNet, SportsNet New York, MLB Network, Comcast Sports Southeast/Charter Sports Southeast, E! Entertainment, Style Network, G4, Versus, The Golf Channel, AZN Television e FEARnet.
Brendan James Fraser nado o 3 de decembro de 1968 en Indianapolis, Indiana, é un actor estadounidense coñecido por interpretar a Fraser portrayed Rick O'Connell nos filmes The Mummy, The Mummy Returns e The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor (1999, 2001, e 2008). Tamén é coñecido polos seus papeis en comedias e filmes fantásticos como Encino Man (1992), George of the Jungle (1997), Dudley Do-Right (1999), Monkeybone (2001), Looney Tunes: Back in Action (2003), Journey to the Center of the Earth (2008), e Inkheart (2009).
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Bernard Jean Étienne Arnault (pronunciado en Francés: [bɛʁnaːʁ aʁno]); nado o 5 de marzo de 1949, é un empresario, investidor e coleccionista de arte francés. Arnault é o presidente e director executivo (CEO) de LVMH, a maior empresa de artigos de luxo do mundo. En abril de 2018, converteuse na persoa máis rica do mundo da moda, superando a Amancio Ortega de Inditex.É a persoa máis rica do mundo segundo a revista Forbes, cun patrimonio neto de 192.100 millóns de dólares, en maio de 2021.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Sardeña (en sardo: Sardigna, en italiano: Sardegna, en catalán: Sardenya, en corso: Sardegna) é a segunda illa máis grande do mar Mediterráneo despois de Sicilia. Cunha superficie de 24.090 km², é unha das vinte rexións de Italia, posuíndo un estatuto especial de autonomía rexional. Sardeña ademais é unha das dúas rexións cuxos habitantes foron denominados "popolo" (pobo diferenciado) polo parlamento italiano, xunto coa rexión do Véneto.
Agatha Mary Clarissa Miller Christie, OIB nada en Torquay, Devon, o 15 de setembro de 1890 e finada en Cholsey, Oxfordshire, o 12 de xaneiro de 1976,foi unha escritora inglesa de novelas de misterio, coñecida polas súas sesenta e seis novelas policíacas e catorce coleccións de relatos curtos, especialmente as que xiran ao redor de detectives ficticios Hércules Poirot e Miss Marple. Tamén escribiu seis novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott. Así como a obra de teatro máis lonxeva do mundo, A rateira que se representou no West End de 1952 a 2020.
Turquía (turco: Türkiye, ˈtyɾcije) —de forma oficial República de Turquía (turco: Türkiye Cumhuriyeti, (Türkiye Cumhuriyeti)— é un país soberano intercontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Occidental (95 % do seu territorio) e unha menor na Europa meridional (5 % do seu territorio), que se estende por toda a península de Anatolia (a península de Anatolia atópase entre o mar Negro e o mar Mediterráneo e forma o «corazón» do país) e Tracia Oriental na zona dos Balcáns. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.O seu territorio foi o fogar de varias grandes civilizacións: hititas, urartu, cimerios, asirios, persas, grecos, romanos, bizantinos, selxúcidas, otománs e lugar de moitas batallas entre esas civilizacións ao longo da historia.