Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, e finada o 8 de setembro de 2022 en Balmoral, Escocia, foi unha monarca inglesa. Foi raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén foi a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Diana, princesa de Gales (de solteira Diana Frances Spencer), nada en Sandringham, Norfolk, o 1 de xullo de 1961 e finada en París o 31 de agosto de 1997, foi a primeira esposa do príncipe Carlos de Gales. É coñecida internacionalmente como Lady Di. Durante o seu matrimonio co príncipe Carlos de Gales, herdeiro da Coroa Británica, tivo dous fillos, os príncipes Guillerme e Henrique.
Luc Montagnier, nado en Chabris o 18 de agosto de 1932 e finado en Neuilly o 8 de febreiro de 2022, foi un virólogo francés. Realizou o seu doutoramento en medicina pola Universidade de Poitiers, e en 1967 iniciou as súas investigacións en viroloxía. En 1972 foi nomeado xefe da Unidade Oncolóxica Viral do Instituto Pasteur, e en 1974 foi designado tamén director do Centro Nacional para a Investigación Científica (CNRS).
Muse é unha banda británica de rock alternativo inglesa formada en Teignmouth, Devon, en 1994 por Matthew Bellamy (voz, guitarra, piano), Christopher Wolstenholme (baixo) e Dominic Howard (batería). Muse é coñecida polas súas enerxéticas e extravagantes actuacións, e pola súa fusión de varios xéneros musicais, como rock progresivo, rock alternativo, space rock, pop, heavy metal, música clásica e música electrónica. Muse leva editados sete álbums de estudio: Showbiz (1999), Origin of Symmetry (2001), Absolution (2003), Black Holes and Revelations (2006), The Resistance (2009), The 2nd Law (2012) e Drones (2015).
macOS, anteriormente denominado OS X e inicialmente Mac OS X, é un contorno operativo baseado en Unix, desenvolvido, comercializado e vendido por Apple Inc. É o actual sistema operativo da familia de computadores Macintosh e o sucesor da familia Mac OS. No ano 1997 nomeouse a Steve Jobs CEO de Apple, e este decidiu terminar co sistema operativo Mac OS clásico (as primeiras versións do sistema ata o Mac OS 9), que carecía de características modernas presentes dende había moito tempo nos sistemas coetáneos, e crear un novo sistema operativo tomando como punto de partida o NEXTSTEP, o sistema operativo que Steve Jobs estivera desenvolvendo coa súa empresa NeXT, adquirida por Apple. OS X é un sistema operativo baseado en UNIX, máis no cal o sistema de fiestras X11, característico da meirande parte destes sistemas, foi substituído por outro denominado Aqua, desenvolvido integramente por Apple.
Carlos II, nado o 29 de maio de 1629 e finado o 6 de febreiro de 1685, foi rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda desde o 30 de xaneiro de 1649 (nominalmente) e desde o 29 de maio de 1660 (de feito) ata a súa morte. O seu pai, Carlos I, foi executado en 1649 tras a Guerra Civil Inglesa; a monarquía foi entón abolida e o país converteuse nunha república baixo o mando de Oliver Cromwell, o "Lord Protector". En 1660, pouco logo da morte de Cromwell, restaurouse a monarquía baixo Carlos II. A diferenza do seu pai, Carlos II foi hábil na súa relación co Parlamento.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Isabel I (en inglés Elizabeth I), nada no Palacio de Placentia o 7 de setembro de 1533 e finada no Palacio de Richmond o 24 de marzo de 1603, foi raíña de Inglaterra e de Irlanda desde 1558 ata a súa morte. Tamén foi coñecida polos nomes de A Raíña Virxe, Gloriana e Boa Raíña Bess. Isabel foi filla de Henrique VIII e a súa segunda muller, Ana Bolena, quen foi executada cando Isabel tiña dous anos e medio.
Empire é unha revista británica de cinema publicada mensualmente por Bauer Consumer Media de Hamburgo con base en Bauer Media Group. Dende o primeiro exemplar publicado en xullo de 1989, a revista foi editada por Barry McIlheney e publicada por Emap. Bauer mercou Emap Consumer Media a comezos de 2008.
Carlos III do Reino Unido, nado Charles Philip Arthur George Windsor e máis coñecido anteriormente como Carlos de Inglaterra, nado en Londres o 14 de novembro de 1948, é o rei do Reino Unido e doutros 14 Estados soberanos, ademais de cabeza da Commonwealth dende o 8 de setembro de 2022.Era o fillo máis vello da raíña Isabel II e do príncipe Filipe de Edimburgo. Recibiu o título oficial de Príncipe de Gales, ademais dos títulos históricos de duque de Cornualles, duque de Rothesay (Escocia), conde de Carrick, barón de Rebfrew e Señor das Illas, así coma conde de Chester. Tras ser o herdeiro máis lonxevo da historia británica, converteuse en Carlos III (Charles III), aínda que podía escoller calquera dos seus catro nomes malia ter afirmado, en varias ocasións, que para reinar elixiría o nome do seu avó e, neste caso, sería Xurxo VII (George VII).
O príncipe Filipe, duque de Edimburgo, nado co nome de Filipe de Grecia e Dinamarca en Mon Repos (Corfú, Grecia) o 10 de xuño de 1921 e finado o 9 de abril de 2021 en Windsor, foi un nobre británico de orixe grega, esposo da raíña Isabel II do Reino Unido. Ostenta ademais os títulos de conde de Merioneth, barón Greenwich, cabaleiro da Orde da Xarreteira, cabaleiro da Orde do Cardo, chanceler da Orde do Imperio Británico e membro da Gran Loxa Unida de Inglaterra.
Santa María de Ucelle é unha parroquia do concello de Coles na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 97 habitantes (44 homes e 53 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento de 9 habitantes en relación ao ano 2000. No Pazo de Fontefiz de Ucelle, está o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Gran Premio de Francia (1906-1967: Grand Prix de l ACF, 1968-2018: Gran Premio de Francia) é unha carreira anual que forma parte do Campionato Mundial de Fórmula 1 celebrado pola Federación Internacional do Automóbil. A última carreira celebrouse en 2008, pero a carreira volveu en 2018 no circuíto Paul Ricard. O Grand Prix motor racing orixinouse en Francia e o Gran Premio de Francia, aberto á competencia internacional, é o Gran Premio máis antigo, o primeiro disputouse o 26 de xuño de 1906, baixo os auspicios da Automobile Club de France en Sarthe, cunha participación de 32 automóbiles.
A praia das Combouzas é unha praia situada na parroquia de Barrañán do concello de Arteixo. É unha das poucas praias nudistas da provincia da Coruña.Está situada entre a punta do Compás e a punta do Trei, que a separa da praia de Barrañán, á que está unida durante a baixamar. É unha praia rectilínea de forte ondada, apta para a práctica do surf.
O cánabo é o nome de varias plantas da familia Cannabaceae que se corresponde coas especies Cannabis rudelaris, Cannabis indica e Cannabis sativa. Este artigo trata da Cannabis rudelaris. Non confundir coa marihuana, na que o contido de Tetrahidrocannabinol (THC) é superior ao do cánabo, a pesar da similitude da especie.
O termo lama pode referirse a: Lama, masa branda que se forma ao mesturarse terra, area, follas etc., con auga; Lama, relixioso dunha seita do budismo do Tíbet; Lama, xénero de camélidos suramericanos.Amais, como topónimo pode referirse a: En Galicia A Lama, concello da provincia de Pontevedra; A Lama, parroquia de dito concello; A Lama, lugar de dita parroquia; Lama, parroquia do concello de Láncara; Lama, lugar de dita parroquia; Lama, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Carballedo; Lama, lugar da parroquia de Lagos, no concello de Láncara; Lama, lugar da parroquia de Santiago de Gaioso, no concello de Outeiro de Rei; Lama, lugar da parroquia de Insua, no concello de Vilalba; A Lama, lugar da parroquia de Presedo, no concello de Abegondo; A Lama, lugar da parroquia de Basadre, no concello de Agolada; A Lama, lugar da parroquia de Eidián, no concello de Agolada; A Lama, lugar da parroquia de Adelán, no concello de Alfoz; A Lama, lugar da parroquia de Arbo, no concello de Arbo; A Lama, lugar da parroquia de Xuvencos, no concello de Boborás; A Lama, lugar da parroquia de Martín, no concello de Bóveda; A Lama, lugar da parroquia da Piteira, no concello do Carballiño; A Lama, lugar da parroquia de Landoi, no concello de Cariño; A Lama, lugar da parroquia de Sismundi, no concello de Cariño; A Lama, lugar da parroquia de Alais, no concello de Castro Caldelas; A Lama, lugar da parroquia de Bendia, no concello de Castro de Rei; A Lama, lugar da parroquia de Ansemil, no concello de Celanova; A Lama, lugar da parroquia de Vilar de Rei, no concello de Cenlle; A Lama, lugar da parroquia de Noceda, no concello de Cervantes; A Lama, lugar da parroquia de Rúa, no concello de Cervo; A Lama, lugar da parroquia de Pedrafita, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Requeixo, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Vilaúxe, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Albeos, no concello de Crecente; A Lama, lugar da parroquia de Saa, no concello de Dozón; A Lama, lugar da parroquia de Santa Olaia de Esgos, no concello de Esgos; A Lama, lugar da parroquia de Santa Mariña do Incio, no concello do Incio; A Lama, lugar da parroquia de Campo, no concello do Irixo; A Lama, lugar da parroquia de Doade, no concello de Lalín; A Lama, lugar da parroquia de Souto de Ferradal, no concello de Láncara; A Lama, lugar da parroquia de Torno, no concello de Lobios; A Lama, lugar da parroquia de Baamorto, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Distriz, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Guntín, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Reigada, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de San Cosme de Montederramo, no concello de Montederramo; A Lama, lugar da parroquia de Camos, no concello de Nigrán; A Lama, lugar da parroquia de Palmés, no concello de Ourense; A Lama, lugar da parroquia de Espasantes, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de San Fiz de Cangas, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de Serode, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de Siós, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia da Hedrada, no concello de Parada de Sil; A Lama, lugar da parroquia da Encomenda, no concello da Pobra de Trives; A Lama, lugar da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Eixón, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Pinel, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Fisteus, no concello de Quiroga; A Lama, lugar da parroquia de Cea, no concello de San Cristovo de Cea; A Lama, lugar da parroquia de Corvelle, no concello de Sarria; A Lama, lugar da parroquia de Goián, no concello de Sarria; A Lama, lugar da parroquia de Abuíme, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia da Cova, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia de Rellas, no concello de Silleda; A Lama, lugar da parroquia de Amandi, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Gundivós, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Santiorxo, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Pedrafita, no concello da Teixeira; A Lama, lugar da parroquia de Castromarigo, no concello da Veiga; A Lama, lugar da parroquia de San Román de Vale, no concello do Vicedo; A Lama, lugar da parroquia de Sabrexo, no concello de Vila de Cruces; A Lama, lugar da parroquia de Árbol, no concello de Vilalba; A Lama, lugar da parroquia de Tamallancos, no concello de Vilamarín; A Lama, lugar da parroquia de Vilamateo, no concello de Vilarmaior; A Lama, lugar da parroquia de Santo André de Boimente, no concello de Viveiro; Lama Boa, lugar da parroquia de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei; A Lama da Vila, lugar da parroquia de Santo André, no concello das Nogais; A Lama de Fente, lugar da parroquia de Santa Mariña do Castro, no concello de Carballedo; Lama de Mena, lugar da parroquia de Negrelos, no concello de Rodeiro; A Lama de Outeiro, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos; Lama de Paio, lugar da parroquia de Lampaza, no concello de Rairiz de Veiga; Lama de Paio, lugar da parroquia de Torbeo, no concello de Ribas de Sil; Lama de Rei, lugar da parroquia do Mosteiro, no concello de Cervantes; A Lama do Franco, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos; A Lama do Outeiro, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; Lama do Prado, lugar da parroquia de Brosmos, no concello de Sober; A Lama do Río, lugar da parroquia de Espasantes, no concello de Pantón; A Lama do Sobrado, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; A Lama dos Campos, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; Lama Forcada, lugar da parroquia de Nogueira de Ramuín, no concello de Nogueira de Ramuín; Lama Grande, lugar da parroquia de Romariz, no concello de Abadín; A Lama Grande, lugar da parroquia de Espiñoso, no concello de Cartelle; Lama Má, parroquia do concello de Baños de Molgas; Lama Má, lugar da parroquia de Loureda, no concello de Arteixo; Lama Redonda, lugar da parroquia de Guntín, no concello de Bóveda; Lama Redonda, lugar da parroquia de Foilebar, no concello do Incio; Lama Redonda, lugar da parroquia de Sindrán, no concello de Monforte de Lemos; Lama Redonda, lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro; Lama Retorta, lugar da parroquia de Novelúa, no concello de Monterroso; Campo de Lama, lugar da parroquia de Ordes, no concello de Rairiz de Veiga; Torre de Lama, lugar da parroquia das Ribeiras do Sor, no concello de Mañón.En Francia Lama, poboación de Córsega.En Portugal Lama, freguesía do concello de Barcelos. Lama, freguesía do concello de Santo Tirso.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista.
A activina é unha hormona proteica dímera segregada polas gónadas, hipófise e placenta. A activina fai aumentar a síntese e secreción de hormona estimulante dos folículos (FSH) e participa na regulación do ciclo menstrual. Describíronse ademais moitas outras funcións da activina, como influír na proliferación celular, diferenciación celular, apoptose, metabolismo, homeostase, respostas inmunitarias, curación de feridas, e funcións endócrinas.
O príncipe Guillerme, duque de Cambridge, nado como William Arthur Philip Louis en Londres o 21 de xuño de 1982, é o fillo máis vello de Carlos, príncipe de Gales, e Diana, princesa de Gales. É neto da raíña Isabel II e do príncipe Filipe, duque de Edimburgo. Xa que logo, é o segundo na liña de sucesión, logo do seu pai, aos tronos dos 16 estados independentes, aínda que reside principalmente e está directamente involucrado co Reino Unido, o máis antigo destes dominios.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Carlos III (Carlos Sebastián de Borbón y Farnesio), nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1716 e finado o 14 de decembro de 1788, foi rei de Nápoles e Sicilia entre 1734 e 1759 e de España entre 1759 e 1788, pertencente á Casa de Borbón. Era o terceiro fillo home de Felipe V, o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel de Farnesio, polo que foi o seu irmán paterno Fernando VI quen sucedeu ao seu pai no trono español. Carlos serviu á política familiar como unha peza na loita por recuperar a influencia española en Italia: herdou inicialmente da súa nai os ducados de Parma, Piacenza e Toscana (1731); pero máis tarde, ao conquistar Filipe V o Reino de Nápoles e Sicilia no curso da Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735), pasou a ser rei daqueles territorios co nome de Carlos VII. Contraeu matrimonio en 1729 con María Amalia de Saxonia, filla do Rei de Polonia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Garbage é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Madison, Wisconsin en 1994. Os seus membros son Duke Erikson (guitarra, teclados), Shirley Manson (voz), Steve Marker (guitarra, baixo) e Butch Vig (batería). Dende a súa fundación a banda leva vendidos uns 17 millóns de discos en todo o mundo.
HindIII ("Hin de tres") é un encima de restrición de tipo II específico de sitio que foi illado da bacteria Haemophilus influenzae, que corta a secuencia de ADN palindrómica AAGCTT en presenza do cofactor Mg2+ por hidrólise.A clivaxe (corte) desta secuencia entre as AA orixina extremos 5' monocatenarios que sobresaen ou colgan a cada lado no ADN bicatenario chamados extremos cohesivos, pegañentos ou adherentes, que teñen secuencias complementarias: 5'-A |A G C T T-3' 3'-T T C G A| A-5' As endonucleases de restrición utilízanse como mecanismos de defensa dos organismos procarióticos no seu sistema de restrición-modificación. A súa función principal é protexer o hóspede contra a invasión do ADN alleo, fundamentalmente o ADN dos bacteriófagos.
Escocia (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total.
"God Save the Queen" (Deus Salve a Raíña) é unha canción patriótica do Reino Unido cuxo autor é descoñecido (algunhas fontes din que é posible que sexa a adaptación dunha peza do compositor francés Jean-Baptiste Lully) tradicionalmente usada como himno nacional polo Reino Unido e as súas colonias. God Save the King (Deus Salve o Rei) naceu durante o reinado de Xurxo II. Pénsase que a primeira interpretación pública da canción ocorreu durante a rebelión dos "Corenta e Cinco". En referencia á rebelión xacobita, engadiuse un verso que inclúe Rebellious Scots to crush (Os rebeldes escoceses, até os esmagar), aínda que se canta raramente na actualidade.
Lista de prefixos telefónicos de España
Esta é unha lista dos prefixos telefónicos de España ordenados por comunidades autónomas e provincias.
Sean Lawlor, nado en Dublín o 25 de xaneiro de 1954 e finado na mesma cidade o 10 de outubro de 2009, foi un actor irlandés. É coñecido por interpretar a Malcolm Wallace no filme de Mel Gibson Braveheart. Ademais, apareceu no filme de James Cameron Titanic e no de Jim Sheridan In the Name of the Father.
Camila, duquesa de Cornualles, (nada Camilla Rosemary Shand, Camilla Parker Bowles tras o seu primeiro matrimonio e Camilla Windsor tras o seu segundo matrimonio), é a segunda esposa de Carlos de Gales e por matrimonio posúe, á parte do título ducal de Cornualles, os títulos de duquesa de Rothesay e de Chester. Aínda que legalmente é princesa de Gales, o día do anuncio do compromiso matrimonial, o Palacio de Buckingham anunciou que Camila levaría o título de duquesa de Cornualles, con tratamento de Alteza Real, evitando confusións e brindando respecto á falecida Diana de Gales. Usa este título en todas as partes, excepto en Escocia, onde utiliza o título de duquesa de Rothesay.
A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia. A súa dinastía instaura primeiramente un Reino Suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d.C o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un Reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, que é o primeiro erudito que o denomina Galliciense Regnum, a finais do século VI, e os seus reis como reis de Galicia.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O reino medieval de Galicia na historiografía
A primeira referencia historiográfica explícita sobre a existencia do reino de Galicia data do século VI, cando o bispo Gregorio de Tours denomina Galliciensim regnum o estado creado polo pobo xermánico dos suevos na provincia romana da Gallaecia. Este reino galego altomedieval perdurou, con dimensións e significados cambiantes, desde a época sueva até o século XIX, momento no que, a través dunha reforma administrativa, a tradicional organización en reinos da monarquía hispana foi substituída por unha estrutura provincial centralizada. Malia este dilatado lapso temporal e a existencia de abondosas alusións documentais, os historiadores españois da idade contemporánea substituíron as referencias ao reino galego da alta e plena Idade media polas denominacións de reino de Asturias e reino de León, sendo o territorio da Galicia actual presentado como un espazo subsidiario de escasa importancia.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Para o xénero de plantas chamadas normalmente toxos ver o artigo Toxo (xénero Ulex). O toxo arnal, tamén chamado simplemente toxo, é un arbusto espiñento da clase das dicotiledóneas (nome científico: Ulex europaeus) e da familia das leguminosas, de flores amarelas moi rechamantes que mide entre 0,5 ata 3 metros segundo a variedade. Os agromos son verdes e as follas son espiñas de entre 1 e 3 cm.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 189.235 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente milita no Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Luís XIV de Borbón (en francés Louis XIV), nado en Saint-Germain-en-Laye o 5 de setembro de 1638 e finado en Versalles o 1 de setembro de 1715, foi rei de Francia e de Navarra dende o 14 de maio de 1643 até a súa morte con case 77 anos de idade e 72 de reinado. Cando era menor de idade, unha revolta da nobreza francesa e do Parlamento de París puxo en perigo o seu trono. Aínda que a revolta foi sufocada polo 1º ministro o cardeal Mazarino, cando Luís XIV accedeu ao trono decidiu reforzar a autoridade monárquica.
Juan Sebastián Elcano, tamén escrito Juan Sebastián de Elcano, nado en Getaria, Guipúscoa, entre 1486 e 1487 e finado no océano Pacífico o 4 de agosto de 1526, foi un explorador español que participou na primeira expedición que deu a volta ao planeta Terra, e capitaneou os derradeiros compases desta.
Requiario (tamén Rechiar ou Reckiarioe en latín: Rechiarius) foi o terceiro monarca suevo que gobernou o Reino Suevo de Galicia, dende o ano 448, sucendendo ao seu pai Requila, ata a súa morte en decembro de 456. Foi o primeiro rei xermánico de toda Europa que adoptou o catolicismo e tamén o primeiro en cuñar moeda propia. A pesar disto, Hidacio descríbeo como bárbaro e con poucas nocións da lei romana, así foi que o seu belicismo e ambición remataron por causarlle a morte nunha guerra que sería o comezo dunha era escura para o reino suevo.
Isabel Bowes-Lyon, nada en Londres o 4 de agosto de 1900 e finada o 30 de marzo de 2002, foi unha nobre inglesa, esposa do rei Xurxo VI do Reino Unido e polo tanto raíña consorte do Reino Unido e os dominios británicos, desde 1936 ata a morte do seu marido en 1952. Tamén foi a última raíña consorte de Irlanda e a última emperatriz da India. Logo da morte de Xurxo VI e o ascenso ao trono da súa filla Isabel II comezou a ser coñecida como a Raíña nai, para evitar confundila coa súa filla.
Xurxo VI (Albert Frederick Arthur George) (14 de decembro de 1895 - 6 de febreiro de 1952) foi o terceiro monarca británico do Palacio de Windsor, de 1936 ata a súa morte, en 1952. Foi aínda o derradeiro Emperador da India, ata 1947. Era fillo do rei Xurxo V do Reino Unido e da princesa María de Teck.
O hilozoísmo (termo procedente da filosofía, introducido por Ricardo Carballo Calero para referirse a esta corrente literaria na súa Historia da literatura galega contemporánea), tamén chamado imaxinismo , foi un movemento poético nacido en Galicia durante a época das vangardas históricas, aínda que inspirado na poesía popular e afastado, en realidade, do espírito destas. O primeiro cultivador foi Luís Amado Carballo. Así se refire a el o crítico ferrolán:"En fin, é o hilozoísmo, o animismo, o que nos parez caracterizar a imaxe do noso poeta, que nos presenta unha natureza viva, animal, humana."A innovación do hilozoísmo, corrente polo demais debedora das vellas tendencias panteístas e franciscanas de poesía galega, consistiu en vestir a tradición de novas imaxes e ritmos, é dicir, de incorporar (e renovar) elementos populares ás veces influídos polo tratamento da metáfora que estaban a espallar vangardas coma o ultraísmo.
Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co Mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co Océano Atlántico, Gales e o Mar de Irlanda.
O príncipe Henrique de Sussex, de nome completo Henry Charles Albert David Windsor e coñecido informalmente como Príncipe Harry, nado en Londres o 15 de setembro de 1984, é o fillo menor de Carlos, príncipe de Gales, e Diana, princesa de Gales. É neto da raíña Isabel II e do príncipe Filipe, duque de Edimburgo. Cando naceu ocupaba o terceiro lugar na liña de sucesión ao trono británico, pero despois do nacemento dos seus sobriños, os príncipes Xurxo, Carlota e Lois, fillos do seu irmán Guillerme, ocupa o posto número seis.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2020 tiña 65.560 habitantes (34.675 mulleres e 30.885 homes), sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval.