Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Diana, princesa de Gales (de solteira Diana Frances Spencer), nada en Sandringham, Norfolk, o 1 de xullo de 1961 e finada en París o 31 de agosto de 1997, foi a primeira esposa do príncipe Carlos de Gales. É coñecida internacionalmente como Lady Di. Durante o seu matrimonio co príncipe Carlos de Gales, herdeiro da Coroa Británica, tivo dous fillos, os príncipes Guillerme e Henrique.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, e finada o 8 de setembro de 2022 en Balmoral, Escocia, foi unha monarca inglesa. Foi raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu. Tamén foi a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
A minería é unha actividade económica do sector primario cando nos referimos á extracción de minerais, e do sector enerxético se facemos referencia á extracción de combustibles fósiles. É representada pola explotación ou extracción dos minerais que se acumularon no chan e subsolo en forma de xacementos. Dependendo do tipo de mineral a extraer a actividade divídese en minería metalúrxica (cobre, ouro, prata, aluminio, chumbo, ferro, mercurio, etc) que son empregados como materias primas básicas para a fabricación dunha variedade de produtos industriais.
Unha cordilleira ou cordal, é un gran sistema de montañas que resulta xeralmente do encontro de dúas placas tectónicas e do que moitas veces parten outras cadeas montañosas secundarias chamadas contrafortes. As cordilleiras máis famosas do mundo son a do Himalaia en Asia, a dos Andes en América do Sur, as Montañas Rochosas en América do Norte e a dos Alpes en Europa.
Manuel Antonio Pérez Sánchez, máis coñecido como Manoel Antonio ou Manuel Antonio, nado en Rianxo o 12 de xullo de 1900 e finado en Asados, Rianxo o 28 de xaneiro de 1930, foi un poeta galego en lingua galega, o máximo representante do movemento vangardista na literatura galega. Asistiu á II Asemblea Nacionalista en Compostela (1919), á III en Vigo (1921) e á IV en Monforte (1922). Mantivo fortes conviccións independentistas e chamou á defensa radical do monolingüismo en galego.
Carlos III (Carlos Sebastián de Borbón y Farnesio), nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1716 e finado o 14 de decembro de 1788, foi rei de Nápoles e Sicilia entre 1734 e 1759 e de España entre 1759 e 1788, pertencente á Casa de Borbón. Era o terceiro fillo home de Felipe V, o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel de Farnesio, polo que foi o seu irmán paterno Fernando VI quen sucedeu ao seu pai no trono español. Carlos serviu á política familiar como unha peza na loita por recuperar a influencia española en Italia: herdou inicialmente da súa nai os ducados de Parma, Piacenza e Toscana (1731); pero máis tarde, ao conquistar Filipe V o Reino de Nápoles e Sicilia no curso da Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735), pasou a ser rei daqueles territorios co nome de Carlos VII. Contraeu matrimonio en 1729 con María Amalia de Saxonia, filla do Rei de Polonia.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de filmes coas maiores recadacións
Deseguido enuméranse os filmes coas maiores recadacións de todos os tempos.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Isildur (en quenya namorado da Lúa ou servente da Lúa) é un personaxe da Terra Media creado polo escritor J. R. R. Tolkien. Era un home de Númenor, irmán maior de Anárion e fillo de Elendil o Alto, pertencente á nobreza numenoriana. Cóntase na Akallabêth que Isildur escapuliuse entre os gardas do rei Ar-Phârazon e chegou á Árbore Branca de Númenor, Nimloth, para tomar un froito del, prevendo talvez a súa futura destrución por orde de Sauron.
Carlos III do Reino Unido, nado Charles Philip Arthur George Windsor e máis coñecido anteriormente como Carlos de Inglaterra, nado en Londres o 14 de novembro de 1948, é o rei do Reino Unido e doutros 14 Estados soberanos, ademais de cabeza da Commonwealth dende o 8 de setembro de 2022.Era o fillo máis vello da raíña Isabel II e do príncipe Filipe de Edimburgo. Recibiu o título oficial de Príncipe de Gales, ademais dos títulos históricos de duque de Cornualles, duque de Rothesay (Escocia), conde de Carrick, barón de Rebfrew e Señor das Illas, así coma conde de Chester. Tras ser o herdeiro máis lonxevo da historia británica, converteuse en Carlos III (Charles III), aínda que podía escoller calquera dos seus catro nomes malia ter afirmado, en varias ocasións, que para reinar elixiría o nome do seu avó e, neste caso, sería Xurxo VII (George VII).
Fernando VII de España, alcumado o "desexado" e tamén "o felón", nado en San Lorenzo de El Escorial o 14 de outubro de 1784 e finado en Madrid o 29 de setembro de 1833, foi príncipe de Asturias (1788-1808) e, posteriormente, rei de España entre marzo e maio de 1808 e de novo, trala expulsión do «rei intruso» Xosé I Bonaparte e o seu retorno a España, dende maio de 1814 até a súa morte en 1833, agás nun breve intervalo de tempo en 1823, en que foi destituído polo consello de Rexencia. Fillo e herdeiro de Carlos IV e de María Luísa de Parma, que foran depostos tralo motín de Aranjuez, tivo unha enorme popularidade nos primeiros momentos entre o pobo español, que o alcumara como "o desexado" cando fora obrigado a abdicar en Baiona, polo que pasou toda a Guerra da Independencia en Valençay na calidade de preso de Napoleón I, a quen chegou a solicitar ser o seu fillo adoptivo: O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre o absolutismo herdado e defendido por el e as novas ideas liberais. De feito herdou un país dividido pola guerra da independencia e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas guerras carlistas.
Muse é unha banda británica de rock alternativo inglesa formada en Teignmouth, Devon, en 1994 por Matthew Bellamy (voz, guitarra, piano), Christopher Wolstenholme (baixo) e Dominic Howard (batería). Muse é coñecida polas súas enerxéticas e extravagantes actuacións, e pola súa fusión de varios xéneros musicais, como rock progresivo, rock alternativo, space rock, pop, heavy metal, música clásica e música electrónica. Muse leva editados sete álbums de estudio: Showbiz (1999), Origin of Symmetry (2001), Absolution (2003), Black Holes and Revelations (2006), The Resistance (2009), The 2nd Law (2012) e Drones (2015).
A praia das Combouzas é unha praia situada na parroquia de Barrañán do concello de Arteixo. É unha das poucas praias nudistas da provincia da Coruña.Está situada entre a punta do Compás e a punta do Trei, que a separa da praia de Barrañán, á que está unida durante a baixamar. É unha praia rectilínea de forte ondada, apta para a práctica do surf.
Orfeo é un personaxe da mitoloxía grega, o poeta e músico máis famoso de todos os tempos e fillo do rei tracio Eagro e da musa Calíope. O mito de Orfeo é un dos máis escuros e máis cargados de simbolismo de cantos rexistra a mitoloxía helénica. Coñecido desde época moi remota evolucionou ata converterse nunha verdadeira teoloxía, en torno á cal existía unha literatura moi abundante e, en gran medida esotérica.
O Gran Premio de Francia (1906-1967: Grand Prix de l ACF, 1968-2018: Gran Premio de Francia) é unha carreira anual que forma parte do Campionato Mundial de Fórmula 1 celebrado pola Federación Internacional do Automóbil. A última carreira celebrouse en 2008, pero a carreira volveu en 2018 no circuíto Paul Ricard. O Grand Prix motor racing orixinouse en Francia e o Gran Premio de Francia, aberto á competencia internacional, é o Gran Premio máis antigo, o primeiro disputouse o 26 de xuño de 1906, baixo os auspicios da Automobile Club de France en Sarthe, cunha participación de 32 automóbiles.
O termo lama pode referirse a: Lama, masa branda que se forma ao mesturarse terra, area, follas etc., con auga; Lama, relixioso dunha seita do budismo do Tíbet; Lama, xénero de camélidos suramericanos.Amais, como topónimo pode referirse a: En Galicia A Lama, concello da provincia de Pontevedra; A Lama, parroquia de dito concello; A Lama, lugar de dita parroquia; Lama, parroquia do concello de Láncara; Lama, lugar de dita parroquia; Lama, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Carballedo; Lama, lugar da parroquia de Lagos, no concello de Láncara; Lama, lugar da parroquia de Santiago de Gaioso, no concello de Outeiro de Rei; Lama, lugar da parroquia de Insua, no concello de Vilalba; A Lama, lugar da parroquia de Presedo, no concello de Abegondo; A Lama, lugar da parroquia de Basadre, no concello de Agolada; A Lama, lugar da parroquia de Eidián, no concello de Agolada; A Lama, lugar da parroquia de Adelán, no concello de Alfoz; A Lama, lugar da parroquia de Arbo, no concello de Arbo; A Lama, lugar da parroquia de Xuvencos, no concello de Boborás; A Lama, lugar da parroquia de Martín, no concello de Bóveda; A Lama, lugar da parroquia da Piteira, no concello do Carballiño; A Lama, lugar da parroquia de Landoi, no concello de Cariño; A Lama, lugar da parroquia de Sismundi, no concello de Cariño; A Lama, lugar da parroquia de Alais, no concello de Castro Caldelas; A Lama, lugar da parroquia de Bendia, no concello de Castro de Rei; A Lama, lugar da parroquia de Ansemil, no concello de Celanova; A Lama, lugar da parroquia de Vilar de Rei, no concello de Cenlle; A Lama, lugar da parroquia de Noceda, no concello de Cervantes; A Lama, lugar da parroquia de Rúa, no concello de Cervo; A Lama, lugar da parroquia de Pedrafita, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Requeixo, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Vilaúxe, no concello de Chantada; A Lama, lugar da parroquia de Albeos, no concello de Crecente; A Lama, lugar da parroquia de Saa, no concello de Dozón; A Lama, lugar da parroquia de Santa Olaia de Esgos, no concello de Esgos; A Lama, lugar da parroquia de Santa Mariña do Incio, no concello do Incio; A Lama, lugar da parroquia de Campo, no concello do Irixo; A Lama, lugar da parroquia de Doade, no concello de Lalín; A Lama, lugar da parroquia de Souto de Ferradal, no concello de Láncara; A Lama, lugar da parroquia de Torno, no concello de Lobios; A Lama, lugar da parroquia de Baamorto, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Distriz, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Guntín, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de Reigada, no concello de Monforte de Lemos; A Lama, lugar da parroquia de San Cosme de Montederramo, no concello de Montederramo; A Lama, lugar da parroquia de Camos, no concello de Nigrán; A Lama, lugar da parroquia de Palmés, no concello de Ourense; A Lama, lugar da parroquia de Espasantes, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de San Fiz de Cangas, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de Serode, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia de Siós, no concello de Pantón; A Lama, lugar da parroquia da Hedrada, no concello de Parada de Sil; A Lama, lugar da parroquia da Encomenda, no concello da Pobra de Trives; A Lama, lugar da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Eixón, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Pinel, no concello da Pobra do Brollón; A Lama, lugar da parroquia de Fisteus, no concello de Quiroga; A Lama, lugar da parroquia de Cea, no concello de San Cristovo de Cea; A Lama, lugar da parroquia de Corvelle, no concello de Sarria; A Lama, lugar da parroquia de Goián, no concello de Sarria; A Lama, lugar da parroquia de Abuíme, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia da Cova, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño, no concello do Saviñao; A Lama, lugar da parroquia de Rellas, no concello de Silleda; A Lama, lugar da parroquia de Amandi, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Gundivós, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Santiorxo, no concello de Sober; A Lama, lugar da parroquia de Pedrafita, no concello da Teixeira; A Lama, lugar da parroquia de Castromarigo, no concello da Veiga; A Lama, lugar da parroquia de San Román de Vale, no concello do Vicedo; A Lama, lugar da parroquia de Sabrexo, no concello de Vila de Cruces; A Lama, lugar da parroquia de Árbol, no concello de Vilalba; A Lama, lugar da parroquia de Tamallancos, no concello de Vilamarín; A Lama, lugar da parroquia de Vilamateo, no concello de Vilarmaior; A Lama, lugar da parroquia de Santo André de Boimente, no concello de Viveiro; Lama Boa, lugar da parroquia de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei; A Lama da Vila, lugar da parroquia de Santo André, no concello das Nogais; A Lama de Fente, lugar da parroquia de Santa Mariña do Castro, no concello de Carballedo; Lama de Mena, lugar da parroquia de Negrelos, no concello de Rodeiro; A Lama de Outeiro, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos; Lama de Paio, lugar da parroquia de Lampaza, no concello de Rairiz de Veiga; Lama de Paio, lugar da parroquia de Torbeo, no concello de Ribas de Sil; Lama de Rei, lugar da parroquia do Mosteiro, no concello de Cervantes; A Lama do Franco, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos; A Lama do Outeiro, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; Lama do Prado, lugar da parroquia de Brosmos, no concello de Sober; A Lama do Río, lugar da parroquia de Espasantes, no concello de Pantón; A Lama do Sobrado, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; A Lama dos Campos, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober; Lama Forcada, lugar da parroquia de Nogueira de Ramuín, no concello de Nogueira de Ramuín; Lama Grande, lugar da parroquia de Romariz, no concello de Abadín; A Lama Grande, lugar da parroquia de Espiñoso, no concello de Cartelle; Lama Má, parroquia do concello de Baños de Molgas; Lama Má, lugar da parroquia de Loureda, no concello de Arteixo; Lama Redonda, lugar da parroquia de Guntín, no concello de Bóveda; Lama Redonda, lugar da parroquia de Foilebar, no concello do Incio; Lama Redonda, lugar da parroquia de Sindrán, no concello de Monforte de Lemos; Lama Redonda, lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro; Lama Retorta, lugar da parroquia de Novelúa, no concello de Monterroso; Campo de Lama, lugar da parroquia de Ordes, no concello de Rairiz de Veiga; Torre de Lama, lugar da parroquia das Ribeiras do Sor, no concello de Mañón.En Francia Lama, poboación de Córsega.En Portugal Lama, freguesía do concello de Barcelos. Lama, freguesía do concello de Santo Tirso.
Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista.
A activina é unha hormona proteica dímera segregada polas gónadas, hipófise e placenta. A activina fai aumentar a síntese e secreción de hormona estimulante dos folículos (FSH) e participa na regulación do ciclo menstrual. Describíronse ademais moitas outras funcións da activina, como influír na proliferación celular, diferenciación celular, apoptose, metabolismo, homeostase, respostas inmunitarias, curación de feridas, e funcións endócrinas.
HindIII ("Hin de tres") é un encima de restrición de tipo II específico de sitio que foi illado da bacteria Haemophilus influenzae, que corta a secuencia de ADN palindrómica AAGCTT en presenza do cofactor Mg2+ por hidrólise.A clivaxe (corte) desta secuencia entre as AA orixina extremos 5' monocatenarios que sobresaen ou colgan a cada lado no ADN bicatenario chamados extremos cohesivos, pegañentos ou adherentes, que teñen secuencias complementarias: 5'-A |A G C T T-3' 3'-T T C G A| A-5' As endonucleases de restrición utilízanse como mecanismos de defensa dos organismos procarióticos no seu sistema de restrición-modificación. A súa función principal é protexer o hóspede contra a invasión do ADN alleo, fundamentalmente o ADN dos bacteriófagos.
Garbage é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Madison, Wisconsin en 1994. Os seus membros son Duke Erikson (guitarra, teclados), Shirley Manson (voz), Steve Marker (guitarra, baixo) e Butch Vig (batería). Dende a súa fundación a banda leva vendidos uns 17 millóns de discos en todo o mundo.
Lista de prefixos telefónicos de España
Esta é unha lista dos prefixos telefónicos de España ordenados por comunidades autónomas e provincias.
Sean Lawlor, nado en Dublín o 25 de xaneiro de 1954 e finado na mesma cidade o 10 de outubro de 2009, foi un actor irlandés. É coñecido por interpretar a Malcolm Wallace no filme de Mel Gibson Braveheart. Ademais, apareceu no filme de James Cameron Titanic e no de Jim Sheridan In the Name of the Father.
Talavera de la Reina é unha cidade do interior de España, a segunda de Castela-A Mancha en poboación, por detrás de Albacete. Está situada no noroeste da provincia de Toledo, provincia da que é a cidade máis poboada. É a capital, económica e de servizos, dunha ampla comarca que abarca o occidente de Toledo, o sur de Ávila e o nordeste de Estremadura.
O príncipe Guillerme, duque de Cambridge, nado como William Arthur Philip Louis en Londres o 21 de xuño de 1982, é o fillo máis vello de Carlos, príncipe de Gales, e Diana, princesa de Gales. É neto da raíña Isabel II e do príncipe Filipe, duque de Edimburgo. Xa que logo, é o segundo na liña de sucesión, logo do seu pai, aos tronos dos 16 estados independentes, aínda que reside principalmente e está directamente involucrado co Reino Unido, o máis antigo destes dominios.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galería de imaxes de Nogueira de Ramuín
Galería de imaxes do concello de Nogueira de Ramuín na provincia de Ourense.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.
Isabel I (en inglés Elizabeth I), nada no Palacio de Placentia o 7 de setembro de 1533 e finada no Palacio de Richmond o 24 de marzo de 1603, foi raíña de Inglaterra e de Irlanda desde 1558 ata a súa morte. Tamén foi coñecida polos nomes de A Raíña Virxe, Gloriana e Boa Raíña Bess. Isabel foi filla de Henrique VIII e a súa segunda muller, Ana Bolena, quen foi executada cando Isabel tiña dous anos e medio.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Empire é unha revista británica de cinema publicada mensualmente por Bauer Consumer Media de Hamburgo con base en Bauer Media Group. Dende o primeiro exemplar publicado en xullo de 1989, a revista foi editada por Barry McIlheney e publicada por Emap. Bauer mercou Emap Consumer Media a comezos de 2008.
Francisco Javier González de Castejón y Elío
Francisco Javier González de Castejón y Elío (Pamplona, 25 de maio de 1848–Madrid, 25 de novembro de 1919) —tamén coñecido como o marqués de Vadillo—, foi un avogado e político español, ministro de Graza e Xustiza durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, carteira que ocuparía de novo, xunto ás de ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas e ministro da Gobernación durante o reinado de Alfonso XIII. Tamén foi director xeral do Contencioso do Estado, antecesor do actual Avogado Xeral.
Unha caricatura é un retrato que esaxera ou distorsiona a esencia, ben dos caracteres físicos, ben dos éticos, dunha personaxe mediante procedementos moi diversos (contrastes, técnicas de degradación, léxico,...), mais creando un parecido facilmente identificábel. Na maioría dos casos as caricaturas son cómicas ou satíricas e mesmo poden ser ruíns, crueis, hilarantes,... Cando a distorsión da realidade é aberrante chégase ó esperpento.
Xurxo VI (Albert Frederick Arthur George) (14 de decembro de 1895 - 6 de febreiro de 1952) foi o terceiro monarca británico do Palacio de Windsor, de 1936 ata a súa morte, en 1952. Foi aínda o derradeiro Emperador da India, ata 1947. Era fillo do rei Xurxo V do Reino Unido e da princesa María de Teck.
A das caradriformes (Charadriiformes) é unha orde de aves da superorde das neognatas, que comprende unhas 390 especies distribuídas por todo o mundo nunha ampla variedade de hábitats, aínda que todas están relacionadas dunha ou doutra forma coa agua, tanto doce como salgada. Son aves que poden ser de tamaño pequeno, mediano ou grande. A súa alimentación é variada, como corresponde a un grupo con tanta diversidade, desde as gaivotas, que son practicamente omnívoras, aínda que se alimenten principalmente de peixes, até as que consomen pequenos invertebrados, especialmente crustáceos e moluscos, como as limícolas, cuxa familia máis numerosa é a dos escolopácidos.
O príncipe Filipe, duque de Edimburgo, nado co nome de Filipe de Grecia e Dinamarca en Mon Repos (Corfú, Grecia) o 10 de xuño de 1921 e finado o 9 de abril de 2021 en Windsor, foi un nobre británico de orixe grega, esposo da raíña Isabel II do Reino Unido. Ostenta ademais os títulos de conde de Merioneth, barón Greenwich, cabaleiro da Orde da Xarreteira, cabaleiro da Orde do Cardo, chanceler da Orde do Imperio Británico e membro da Gran Loxa Unida de Inglaterra.
O sitio de Leningrado foi unha acción militar alemá durante a Segunda Guerra Mundial encabezada por von Lebb, que buscou inicialmente apoderarse da cidade de San Petersburgo (por entón Leningrado). Os soviéticos construíron unha intricada defensa ao redor da cidade, camuflaron edificacións históricas con redes que impedían determinar o seu perfil e chegaron a colocar explosivos por todo o subsolo para voar a cidade se era tomada, incluíndo a inimigos e poboación civil. Pero Hitler, ante a perspectiva de ter que manter a unha poboación inimiga de máis de 3 000 000 de habitantes.[Cómpre referencia] instruíu que fose sitiada e se deixase morrer a poboación por fame e frío.
Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 189.392 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Virtual International Authority File
O Ficheiro de Autoridades Virtual Internacional, en inglés Virtual International Authority File (VIAF) é un proxecto de bibliotecas nacionais e operado polo Online Computer Library Center (OCLC) para unir os ficheiros de autoridade virtual de diversas bibliotecas.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa. O feito de que no ano 298 d.
Cromosoma artificial derivado de P1
Un cromosoma artificial derivado de P1, xeralmente abreviado como PAC (do inglés P1-derived artificial chromosome), é un construto de ADN derivado do ADN do virus bacteriófago P1 e un cromosoma artificial bacteriano. Pode transportar unha gran cantidade doutras secuencias (uns 100–300 quilobases) para realizar diversas operacións de bioenxeñaría en bacterias. É un tipo eficiente de vector usado para clonar fragmentos de ADN (de 100 a 300 kb de tamaño de inserción; como media 150 kb) en células da bacteria Escherichia coli.
Carlos II, nado o 29 de maio de 1629 e finado o 6 de febreiro de 1685, foi rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda desde o 30 de xaneiro de 1649 (nominalmente) e desde o 29 de maio de 1660 (de feito) ata a súa morte. O seu pai, Carlos I, foi executado en 1649 tras a Guerra Civil Inglesa; a monarquía foi entón abolida e o país converteuse nunha república baixo o mando de Oliver Cromwell, o "Lord Protector". En 1660, pouco logo da morte de Cromwell, restaurouse a monarquía baixo Carlos II. A diferenza do seu pai, Carlos II foi hábil na súa relación co Parlamento.
A guerra das Malvinas ou guerra do Atlántico Sur foi un conflito armado entre a Arxentina e o Reino Unido ocorrido nas illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur entre o 2 de abril e o 14 de xuño de 1982 pola soberanía sobre estes arquipélagos austrais ocupados en 1833 e dominados desde entón por Reino Unido. Aínda así, a Arxentina ségueos a reclamar como propios e inclúeos nominalmente dentro da súa provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur. O saldo final da guerra foi a reocupación das Malvinas polo Reino Unido e a morte de 649 arxentinos e 258 británicos .
A ciencia ficción (do inglés science fiction) ou ficción científica é un xénero literario e cinematográfico baseado nos efectos de hipotéticos avances científicos e tecnolóxicos, presentes ou futuros, sobre a sociedade ou os individuos. A expresión science fiction utilizouna por primeira vez en 1851 un escritor inglés chamado William Wilson no seu libro A Little Earnest Book upon a Great Old Subject, pero o termo non se xeneralizou coa súa acepción actual ata que Hugo Gernsback o incorporou en 1926 á portada da revista estadounidense de narrativa especulativa Amazing Stories (logo de facer un intento previo co termo scientifiction, que non chegou a callar). Ata esa data as narracións que hoxe día non dubidamos en cualificar de ficción científica recibían diversos nomes: viaxes fantásticas, relatos de mundos perdidos, utopías, novelas científicas.
A Encyclopædia Britannica, tamén chamada pola súa tradución a galego Enciclopedia Británica, é unha enciclopedia de contidos xerais redactados en lingua inglesa e publicada pola editorial privada Encyclopædia Britannica, Inc.. Os verbetes na Britannica teñen como público un perfil de lector adulto e cultivado; está escrita por 19 editores que traballan a xornada completa e conta coa colaboración de máis de catro mil expertos. É amplamente considerada como a máis académica das enciclopédias do mundo.
KulturNav é un servizo dixital de almacenamento en nube orixinario de Noruega. O seu principal fin é que os seus usuarios poidan utilizar dita plataforma para crear e administrar un sistema de control de autoridades focalizado nas necesidades de museos e centros culturais. O proxecto foi creado e é dirixido polo Consello das Artes de Noruega.
Isabel Bowes-Lyon, nada en Londres o 4 de agosto de 1900 e finada o 30 de marzo de 2002, foi unha nobre inglesa, esposa do rei Xurxo VI do Reino Unido e polo tanto raíña consorte do Reino Unido e os dominios británicos, desde 1936 ata a morte do seu marido en 1952. Tamén foi a última raíña consorte de Irlanda e a última emperatriz da India. Logo da morte de Xurxo VI e o ascenso ao trono da súa filla Isabel II comezou a ser coñecida como a Raíña nai, para evitar confundila coa súa filla.
A dos caradriinos (Charadriinae) é unha subfamilia de aves da orde dos caradriformes, suborde dos caradrios e familia dos carádridos. Son un grupo extensamente distribuído que inclúe aproximadamente corenta especies.Está estreitamente relacionada coa subfamilia dos vanelinos, que inclúe as avefrías.
O millo ou maínzo (Zea mays) é unha planta gramínea anual e na mesma planta (monoica) atópanse as súas inflorescencias masculinas (nos extremos terminais) e femininas (nas vaíñas axilares). Ten un crecemento rápido, chegando aos 2,5 metros de altura nun ano, que é a súa quenda de colleita. As follas teñen forma alongada saíndo do talo cun lixeiro ángulo e coa punta caída cara abaixo.
Luís XIV de Borbón (en francés Louis XIV), nado en Saint-Germain-en-Laye o 5 de setembro de 1638 e finado en Versalles o 1 de setembro de 1715, foi rei de Francia e de Navarra dende o 14 de maio de 1643 até a súa morte con case 77 anos de idade e 72 de reinado. Cando era menor de idade, unha revolta da nobreza francesa e do Parlamento de París puxo en perigo o seu trono. Aínda que a revolta foi sufocada polo 1º ministro o cardeal Mazarino, cando Luís XIV accedeu ao trono decidiu reforzar a autoridade monárquica.
Almudena Grandes Hernández, nada en Madrid o 7 de maio de 1960 e finada o 27 de novembro de 2021, foi unha escritora española de lingua castelá. Varias das súas obras foron levadas ao cinema. Nos derradeiros anos da súa vida estivo emparellada sentimentalmente co poeta granadino Luís García Montero.
O príncipe Henrique de Sussex, de nome completo Henry Charles Albert David Windsor e coñecido informalmente como Príncipe Harry, nado en Londres o 15 de setembro de 1984, é o fillo menor de Carlos, príncipe de Gales, e Diana, princesa de Gales. É neto da raíña Isabel II e do príncipe Filipe, duque de Edimburgo. Cando naceu ocupaba o terceiro lugar na liña de sucesión ao trono británico, pero despois do nacemento dos seus sobriños, os príncipes Xurxo, Carlota e Lois, fillos do seu irmán Guillerme, ocupa o posto número seis.
Númenor ou Númenórë, que significa «terra do oeste» na lingua quenya, é un reino ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien. Tratábase dunha illa que se erguía desde as profundidades do Gran Mar Belegaer, situada a medio camiño entre a Terra Media e as Terras Imperecedoiras. Os Valar concedéronllela aos Edain na Segunda Idade, como recompensa pola súa axuda durante as Guerras de Beleriand.
Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
A lista de títulos con versión en galego que foron estreados nas plataformas de streaming inclúe os filmes, series e miniseries das que hai versión en galego, ben sexa dobrada ou subtitulada.
O cánabo é o nome de varias plantas da familia Cannabaceae que se corresponde coas especies Cannabis rudelaris, Cannabis indica e Cannabis sativa. Este artigo trata da Cannabis rudelaris. Non confundir coa marihuana, na que o contido de Tetrahidrocannabinol (THC) é superior ao do cánabo, a pesar da similitude da especie.
"God Save the Queen" (Deus Salve a Raíña) é unha canción patriótica do Reino Unido cuxo autor é descoñecido (algunhas fontes din que é posible que sexa a adaptación dunha peza do compositor francés Jean-Baptiste Lully) tradicionalmente usada como himno nacional polo Reino Unido e as súas colonias. God Save the King (Deus Salve o Rei) naceu durante o reinado de Xurxo II. Pénsase que a primeira interpretación pública da canción ocorreu durante a rebelión dos "Corenta e Cinco". En referencia á rebelión xacobita, engadiuse un verso que inclúe Rebellious Scots to crush (Os rebeldes escoceses, até os esmagar), aínda que se canta raramente na actualidade.
No Calendario armenio, as datas están marcadas polas letras ԹՎ ou parecidas, habitualmente cunha liña sobre as letras, indicando "t'vin" ("no ano") seguido por unha ou até catro letras, cada unha significa un número baseado na orde do alfabeto. Na Idade Media, os armenios empregaban un calendario que comezaba no ano 552 a.C., como o comezo da era armenia. Para traducir en anos comúns, adicione 551 ao número.
María I, de nome María Estuardo (inglés: Mary Stuart, Mary Stewart ou Marie Steuart); nada o 8 de decembro de 1542 e finada o 8 de febreiro de 1587), foi raíña de Escocia do 14 de decembro de 1542 ao 24 de xullo de 1567. Única filla lexítima de Xacobe V, con seis días de idade sucedeu ao seu pai no trono escocés. Pasou a maior parte da súa infancia en Francia, mentres Escocia era gobernada por rexentes.
Escocia (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total.