Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Denomínase talibán a un movemento político fundamentalista islámico afgán de carácter sunnita que gobernou a maioría do país a partir de 1996 e ata 2001, malia ter recoñecemento diplomático de soamente tres países: os Emiratos Árabes Unidos, Paquistán, e Arabia Saudita, así como do goberno -non recoñecido internacionalmente- da República chechena de Ichkeria.
Corea do Sur, oficialmente República de Corea (coreano: Daehan Minguk listen (Hangul: 대한 민국; Hanja: 大韓民國), é un país asiático que ocupa a metade sur da Península de Corea. O nome Corea deriva do Reino de Goryeo, tamén pronunciado Koryŏ. Comparte fronteira terrestre con Corea do Norte, e a través de mar, co Xapón polo leste e coa China polo oeste.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
Universidade do Sur de Florida
A Universidade do Sur de Florida, tamén coñecida como USF, é unha universidade pública localizada en Tampa, Florida. Fundada en 1956, forma parte do Sistema Universitario Estatal de Florida, sendo a cuarta universidade pública dese estado, con 47.646 estudantes matriculados no ano académico 2012–2013. A USF conta con tres institucións independentes: USF Tampa, USF San Petersburgo e USF Sarasota-Manatee.
Ronald James Padavona, nado en Portsmouth (Nova Hampshire) o 10 de xullo do 1942 e finado en Houston o 16 de maio do 2010, foi un cantante de heavy metal estadounidense, máis coñecido co nome artístico de Ronnie James Dio. Formou parte das bandas Elf, Rainbow, Black Sabbath, Dio e Heaven and Hell. Foi quen popularizou o xesto dos cornos como parte da simboloxía do heavy metal.
A halterofilia ou levantamento olímpico de pesos é un deporte consistente no levantamento da maior cantidade de peso posible nunha barra á que se lle fixan nos seus extremos varios discos, os cales determinan o peso final a levantar. O devandito conxunto denomínase haltera. Existen dúas modalidades de competición: arrancada e dous tempos.
O inferno é, desde o punto de vista de varias relixións, mitoloxías e filosofías, un lugar onde van as almas dos pecadores que morreron en pecado mortal. A orixe do termo é latina infernum 'as profundidades' ou 'mundo inferior'. Dende moi cedo o inferno acadou un significado negativo, xa que era o lugar onde ían parar as almas condenadas despois da vida, a diferenza do ceo, lugar de eterna salvación.
O saraiki (سرائیکی sarā'īkī, ou tamén escrito como siraiki ou seraiki) é unha lingua indoaria do grupo lahnda, falada na metade suroccidental da provincia de Punjab, en Paquistán. Anteriormente era coñecida como multani. O saraiki é altamente intelixible co punjabi estándar co cal comparte unha gran parte do seu vocabulario e morfoloxía.
O sacarrollas é un instrumento consistente nunha hélice metálica cun mango ou panca que se inventou para poder quitar as rollas ós frascos e botellas de viño e xaropes embotellados. Os sacarrollas fabrícanse en materiais tan diversos como plástico, metal ou madeira pero a espiral sempre é de aceiro. Existen os nomes dialectais tirarrollas e tirabuxón.
A Night at the Opera (en galego: "Unha noite na ópera") é o cuarto álbum de estudio da banda británica de rock Queen, lanzado o 21 de novembro de 1975 en Europa e o 2 de decembro en América. Con este álbum, Queen adoptou unha sonoridade diferente comparada cos seus discos anteriores, facendo moito uso dun piano e de moitos outros instrumentos nunca utilizados polo grupo ata entón. Cancións como You're My Best Friend" e Bohemian Rhapsody conseguiron un éxito moi salientable e foron executadas en todos os concertos do grupo desde ese momento.
O canto difónico (ou canto dos harmónicos) é o canto de dous ou máis sons ó tempo por unha única persoa, que ó manipular os espazos da cavidade bucal resalta os harmónicos da propia voz. Esa experiencia conduce a novos planos de escoita e de emisión vocal. En certas culturas, é usado para a meditación.
Marie Magdalene "Marlene" Dietrich, nada en Schöneberg, Berlín, o 27 de decembro de 1901 e finada en París o 6 de maio de 1992, foi unha actriz e cantante alemá. Dietrich mantívose na popularidade ó longo da súa carreira mediante a reinvención constante, tanto profesionalmente como persoalmente. No Berlín da década de 1920, actuou no teatro e en filmes mudos.
Frances Crofts Cornford (de solteira Frances Croft Darwin), nada o 30 de marzo de 1886 e finada o 19 de agosto de 1960, foi unha poeta inglesa; debido á semellanza do seu nome de pila, o do seu pai e o do seu marido, na súa familia era coñecida antes do seu matrimonio como "FCD" e despois do seu matrimonio como "FCC" e o seu marido Francis Cornford era coñecido como "FMC". O seu pai Sir Francis Darwin, fillo de Charles Darwin, outro "Francis", era coñecido pola súa familia como "Frank" ou como "tío Frank".
Co nome de alnico coñécense unha serie de aliaxes de ferro, aluminio), níquel e cobalto, ademais doutros elementos. O nome destas ligas está formado pola xustaposición (acrónimo) dos símbolos químicos dos elementos Al, Ni e Co. As aliaxes alnico foron descubertas na década de 1920, e permitiron a produción industrial de imáns artificiais con indución magnética moi superior á dos naturais.
Nymphomaniac (estilizado como NYMPH()MANIAC) é un filme europeo de cine arte escrito e dirixido por Lars von Trier que foi estreado en 2013. Está protagonizado por Charlotte Gainsbourg, Stellan Skarsgård, Stacy Martin, Shia LaBeouf, Christian Slater, Jamie Bell, Uma Thurman, Willem Dafoe e Connie Nielsen. Orixinalmente, só sería un único filme, pero por mor da súa longa duración, von Trier tomou a decisión de dividilo en dúas partes separadas.
A Masa de Xúpiter (Mx or MXUP) é a unidade de masa que é equivalente á masa total do planeta Xúpiter (1,8986 x 1027 kg, 317,83 masas terrestres; unha masa da Terra equivale a 0,00315 masas de Xúpiter). A masa de Xúpiter usase para expresa-las masas dos xigantes gasosos, coma os planetas exteriores e os planetas extrasolares. Tamén é usado para expresa-la masa das ananas marróns.
A estación central de Zürich (en alemán Zürich Hauptbahnhof, abreviada frecuentemente como Zürich HB, e ata 1893 Bahnhof Zürich) é a principal estación de tren de Zürich e de Suíza. É un nó ferroviario para o tránsito dentro do país e con Alemaña, Italia, Austria e Francia polo que pasan 2915 trens e 437.000 pasaxeiros ao día, o que a converte nunha das principais de Europa. É tamén unha das estacións máis antigas de Suíza, o antigo remate da primeira liña suíza, a denominada Spanisch-Brötli-Bahn.
Perm (ruso: Пермь) é unha cidade de Rusia, situada nas beiras do río Kama, ao pé dos Montes Urais. Nela estivo cativo o gran duque Miguel Romanov, o cal foi asasinado nas súas proximidades o 10 de xuño de 1918, na compaña do seu secretario Nikolai Johnson, polas autoridades revolucionarias comunistas. Durante a época soviética a poboación levou o nome de Molotov.
Un obxecto astronómico é unha entidade física significativa, unha asociación ou estrutura da que a ciencia confirmou a súa existencia no Universo. Iso non significa necesariamente que a ciencia actual non refute a súa existencia no futuro (dependendo dos coñecementos astronómicos existentes nese momento). Algúns obxectos astronómicos, como Themis ou Neith, á luz dos estudos máis recentes, considérase que non existen.
O dólar da Liberdade sentada (en inglés: Seated Liberty dollar) foi unha moeda dun dólar de prata cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1840 e 1873, deseñada polo seu gravador xefe, Christian Gobrecht. Foi a derradeira moeda de prata deste valor cuñada antes da aprobación da Lei da Moeda de 1873, que supuxo unha interrupción temporal da emisión do dólar de prata. O anverso desta moeda baséase no do anterior "dólar Gobrecht", ao que substitúe, cuñado de xeito experimental entre 1836 e 1839.
San Vicente de Meá é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mugardos. Segundo o IGE en 2018 tiña 573 habitantes (297 mulleres e 276 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 767 habitantes. Ten unha extensión de 2,07 km² e unha densidade de poboación de 294,69 hab./km².
O Ferrado é un colectivo galeguista e revista cultural de publicacións periódicas centrado na sociopolítica, historia e economía de Galiza fundado no ano 2022. Os seus traballos abranguen un amplo número de temas tales como a sociolingüística, a antropoloxía, a psicoloxía social, a ciencia política, as relacións internacionais, a demografía, os estudos do territorio, o nacionalismo, o irredentismo e a historia en relación con Galiza e a lingua galega.
O termo vehículo deportivo utilitario (en inglés SUV, de sport utility vehicle) designa a aqueles vehículos semellantes aos vehículos familiares pero cun chasis máis lixeiro e normalmente equipado con tracción ás catro rodas coa pretensión de ser utilizado nalgunha medida como vehículo todo terreo, a súa orixe está nos vehículos militares tales como os jeeps e os Land Rover. Foi un vehículo popular na década de 1990 e 2000 nos Estados Unidos, Canadá e Australia e en menor medida en Europa. Desde aquela declinou polo aumento do prezo do combustible e a crise económica substituído polo crossover que conta ademais cunha mellor eficiencia no consumo de combustible.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista. A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.
Dos arquivos do trasno: Contos do monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Anthonomus grandis é unha especie de gurgullo que se alimenta das flores e casulos de algodoeiro e pode ser unha praga para as plantacións de algodón, polo que se lle adoita chamar gurgullo do algodoeiro. Aínda que é nativo da parte central de México, migrou desde alí aos Estados Unidos de América a finais do século XIX e infestou as áreas de cultivo de algodón de todos os EUA na década de 1920, devastando a industria e as persoas que traballaban no sur do país. A finais do século XX converteuse nunha importante praga en Suramérica tamén.
O castelo de Mesía, ou Torre-Fortaleza de Mesía é unha fortificación de finais do século XIII ou comezo do século XIV construída á beira do río Samo na Pobra, en Bascoi no concello de Mesía. Dende o século XV, durante o Antigo Réxime, exerceuse desde este castelo a xurisdición de Mesía para o arcebispo de Santiago de Compostela.
A sarabia, saraiba, saragana, pedra ou pedrazo, é un tipo de precipitación que consiste en partículas irregulares de xeo. A sarabia xérase en treboadas intensas en que se producen pingas de auga sobrearrefriadas, líquidas pero a temperaturas por debaixo do seu punto normal de fusión (0°C), e ocorre tanto en verán coma en inverno. Pero dáse máis cando está presente a canícula.
O oso de Salcedo é unha máscara característica da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. Celebra o comezo da primavera, remedando o momento no que o oso sae da súa oseira trala hibernación. Simboliza deste xeito o comezo do ciclo agrícola anual, propiciatorio da abundancia nas colleitas e a fecundidade das mulleres.
Persischstunden é un filme belaruso de 2020 dirixido por Vadim Perelman. Foi escollido como candidato de Belarús para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios. Porén, o filme foi descualificado pola Academia xa que a maioría dos profesionais implicados no proxecto non eran orixinarios de Belarús.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
OK Go é unha banda de rock alternativo orixinaria de Chicago, pero residente no Ánxeles. A banda está formada por Damian Kulash (voz e guitarra), Tim Nordwind (baixo e coros), Dan Konopka (percusión) e Andy Ross (guitarra, teclado e coros), que se uniu no 2005, substituíndo a Andy Duncan. Son especialmente coñecidos polos seus elaborados vídeos musicais.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como mais o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Terra de Miranda é unha serie feita por Zopilote e Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia, cos exteriores gravados en Mondoñedo e Aranga. Comezou a emitirse en 2001 e constou de 7 tempadas e 138 episodios. Pechou o seu exitoso percorrido en 2007, cunha tempada de 26 capítulos nos que acadou unha media de 150.000 espectadores e un 14,7% de share.
Os endopterigotos ou Endopterygota (do grego antigo endon 'interno' + pterón 'á' + o neolatín -ota 'que ten'), tamén coñecidos como holometábolos (Holometabola), é unha superorde de insectos dentro da infraclase Neoptera que pasan por fases distintivas larvaria, pupal e adulta. Sofren unha metamorfose radical, coas fases de larva e adulto moi diferentes en estrutura e comportamento. Isto chámase holometabolismo ou matamorfismo completo.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 193.631 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Museo de Belas Artes da Coruña
O Museo de Belas Artes da Coruña, de titularidade estatal e xestión transferida á Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, é unha edificación moderna que se asenta no antigo convento das Capuchinas.
Cayetano Luis Martínez de Irujo y Fitz-James Stuart, nado en Madrid o 4 de abril de 1963, IV Duque de Arjona e XIV Conde de Salvaterra, Grande de España, é un xinete español de equitación, na especialidade de saltos. É o quinto fillo de Cayetana Fitz-James Stuart, XVIII duquesa de Alba (1926-2014) e Luis Martínez de Irujo y Artázcoz (1919-1972). Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 conseguindo un 4º posto en saltos por equipos.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Brontispa longissima é unha especie de escaravello crisomélido que se alimenta das follas novas e dana as plántulas e cocos maduros das Arecaceae (coqueiros), polo que se lle adoita chamar escaravello do coqueiro. Estase convertendo nun problema cada vez máis grave como praga dos coqueiros en varias rexións do Pacífico e Índico, especialmente nas últimas décadas.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
As ruínas de San Domingos constitúen un dos seis edificios que forman o complexo do Museo Provincial de Pontevedra. Corresponde cos restos que permanecen en pé da igrexa gótica do que no seu día foi o convento de San Domingos. Hoxe consérvase só a cabeceira porticada, con cinco capelas correspondentes ó brazo transversal do cruceiro, mentres que a entrada ó recinto faise polo extremo oposto do cruceiro.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.