Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa. O feito de que no ano 298 d.
Exipto (en árabe: مصر, Miṣr; en árabe exipcio: مَصر Maṣr; en copto: Ⲭⲏⲙⲓ Khēmi), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co Mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur co Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sáhara, onde só está habitado en oasis.
O catión amonio é un ión poliatómico con carga positiva coa fórmula química NH+4. Está formado pola protonación do amoníaco (NH3). O amonio é tamén un nome xeral da aminas substituídas e catións de amonio cuaternario cargados positivamente ou protonados (NR+4), onde un ou máis átomos de hidróxeno son substituídos por grupos orgánicos (indicados por R).
Giovanni Battista Ramusio, tamén chamado Giovan Battista e Giambattista (e latinizado Jo[h]annes Baptista R[h]am[n]usius), nado o 20 de xullo de 1485 en Treviso e finado o 10 de xullo de 1557 en Padua, foi un diplomático, xeógrafo, tradutor e editor italiano do renacemento. Foi secretario do senado veneciano en 1515 e do Consello dos Dez en 1533. A súa obra principal é Delle Navigationi et Viaggi, na que compilou unha gran colección de documentos sobre viaxes, traduciunos e editounos xunto cun grupo de colaboradores a cuxa cabeza estivo.
Charles Blanc, nado en Castres (Tarn), o 4 de novembro de 1813 e finado en París o 17 de xaneiro de 1882, foi un crítico de arte Francés, irmán de Louis Blanc. Despois da Revolución de febreiro de 1848, foi o director do departamento de artes visuais no ministerio do interior. Publicou a Histoire des peintres de toutes les écoles (Par.
Maccabi Tel Aviv (en hebreo: מכבי תל אביב), a miúdo coñecido sinxelamente como Maccabi, é a asociación deportiva máis importante de Israel. Con sede na cidade de Tel Aviv, dispón de seccións en diferentes deportes, entre as que destacan as de baloncesto, fútbol, balonmán e voleibol. O club tamén conta con equipos de judo, natación e outras disciplinas.
Australian Broadcasting Corporation
Australian Broadcasting Corporation (en galego, Corporación de Radiodifusión australiana) é un grupo audiovisual público de radio e televisión de Australia. Os servizos de radio comezaron en 1923 e a televisión iniciouse en 1956. O propietario da cadea é o Goberno de Australia.
O Club Balonmano Calpisa creouse en Alacant nos anos 70 partindo do histórico Obras del Puerto, e converteuse nun dos equipos máis importantes da Liga ASOBAL, competición que gañou en catro ocasións. Actualmente o seu herdeiro é o BM Alicante. Posteriormente pasou a denominarse Hércules-Calpisa, CB Tecnisa Alicante, CB Tecnisán Alicante e Helados Alacant, antes de trasladarse a Benidorm na súa última etapa.
Douglas Noël Adams, tamén coñecido como Bop Ad ou Bob pola súa firma ilexíbel ou polas súas iniciais DNA, nado en Cambridge o 11 de marzo de 1952 e finado en Santa Barbara, California, o 11 de maio do 2001, foi escritor e guionista para radio. Traballou na Radio BBC, sendo o seu libro Guía do autostopista galáctico, un bestseller no Reino Unido en 1984. Faleceu inesperadamente dun ataque cardíaco .
Nintendo (任天堂, にんてんどう) é unha compañía de videoxogos, fundada no século XIX en Kyoto no Xapón. Comezou facendo xogos de cartas, de entre elas as chamadas Hanafuda (carta de flor) que tiveron grande éxito. Máis tarde entraría no mercado dos xoguetes electrónicos, para ser unha das pioneiras do videoxogo a finais dos anos setenta.
Táboas de Vipasca (Época romana; ano 117-138 d.C.), tamén coñecidas como Lex metalli Vipascensis son dúas placas de bronce atopadas no sitio arqueolóxico de Vipasca, antigo centro mineiro romano atopado preto de Aljustrel, distrito de Beja, Portugal. As táboas foron descubertas por primeira (Vipasca I) en 1876 nun vertedoiro de entullos, o segundo (Vipasca II) en 1906. A primeira, denominada Vipasca I, ten nove capítulos gravados en letra latina que recompilan a organización e os dereitos dos inquilinos dos distintos servizos, refiriéndose a unha lei xeral, lex metallis dicta, a partir da cal descende.
Manuel de Godoy y Álvarez de Faria Ríos Zarosa, nado en Badaxoz o 12 de maio de 1767 e finado en París o 4 de outubro de 1851, foi un fidalgo e político español, ennobrecido e favorito real. Primeiro Ministro ou Ministro Universal durante o reinado de Carlos IV e recoñecido como Príncipe da Paz polos seus supostos grandes dotes para negociar. Foi Duque de Alcudia e de Sueca.
O Ducado de Piacenza foi un dos ducados instituídos polos longobardos en Italia. A ocupación de Piacenza ten lugar durante a campaña expansionista levada por Axilulfo nos últimos anos do século VI; a institución do ducado (cuxa existencia puido ser comprobada polos historiadores piacentinos sobre a base da documentación antiga conservada no arquivo da catedral de Piacenza) data probabelmente deses mesmos anos.
O sundanés (Basa Sunda /basa sʊnda/, en alfabeto sundanés ᮘᮞ ᮞᮥᮔ᮪ᮓ, literalmente "lingua dos Sunda") é unha lingua falada por 39 millóns de persoas do terzo oeste da illa de Xava, un 15% da poboación de Indonesia. Existe produción literaria en sundanés, aínda que reducida, 68 títulos en 2012 e 25 en 2015.
Xoán Cínamo (grego: Ἰωάννης Κίνναμος, Ioannes Kinnamos; 1143 - ?), nado en 1143 e finado en ano descoñecido, foi un historiador bizantino, secretario (grammatikós) do emperador Manuel I Comneno (1143-1180), ao cal acompañou nas súas campañas militares en Europa e Asia Menor. Aparentemente Cínamo sobreviviu a Andrónico I Comneno, falecido en 1185.
Un numismático é un especialista en numismática, a disciplina relacionada co mundo da moeda, ben desde a perspectiva do coleccionismo ou ben desde os puntos de vista comercial ou académico e de investigación. Aínda que o termo se fixou durante a primeira metade do século XIX, o comercio, o estudo e a colección de moedas víñase producindo xa desde épocas moi anteriores.En España instituíuse santo Eloi como patrón dos numismáticos.
A segunda viaxe do Beagle, foi a segunda viaxe de expedición, realizada entre o 27 de decembro de 1831 e o 2 de outubro de 1836, polo barco HMS Beagle, na que participou Charles Darwin, baixo o mando do capitán Robert FitzRoy, que tomara o mando do barco na súa primeira viaxe ao suicidarse o anterior capitán. A expedición tiña a misión principal de facer medicións topográficas, e traballos cartográficos, xeolóxicos e faunísticos. FitzRoy pensara nas vantaxes que tería levar un experto en xeoloxía a bordo, e buscou un cabaleiro naturalista para que os acompañase como supernumerario.
Bert Sakmann, nado o 12 de xuño de 1942 en Stuttgart, é un fisiólogo alemán. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1991 con Erwin Neher polo seu traballo sobre "a función das canles iónicas individuais nas células" e a invención da técnica de patch clamp (pinza de parche). Bert Sakmann foi profesor na Universidade de Heidelberg e é membro científico emérito do Instituto Max Planck de Investigación Médica de Heidelberg, Alemaña.
As ciencias sociais son aquelas ciencias ou disciplinas científicas que se ocupan de aspectos do comportamento e actividades dos seres humanos, non estudados nas ciencias naturais. En ciencias sociais examínanse tanto as manifestacións materiais e inmateriais das sociedades. As ciencias sociais foron recoñecidas como tal no século XVIII. O seu principal obxecto de estudo é o ser humano.
A arquitectura relixiosa ocúpase do deseño e construción de lugares de culto sagrados ou de espazos de oración, como igrexas, mesquitas, stupas, sinagogas e templos. Moitas culturas teñen dedicado recursos considerables para a súa arquitectura relixiosa, e os seus lugares de culto e espazos sagrados están entre os edificios máis impresionantes e duradeiros que a humanidade creou. Por esta razón, a disciplina occidental de Historia da Arquitectura mantense en boa medida da historia da arquitectura relixiosa desde os tempos máis remotos ata, polo menos, o período barroco.
O URL (siglas de Uniform Resource Locator; en galego, localizador uniforme de recursos) é un texto curto que identifica calquera recurso (servizo, páxina, documento, enderezo de correo eletrónico, enciclopedia...) accesible nunha rede. Un concepto similar é o de URI (o L cambia por un I, de identificador).
Jean-Marie Gustave Le Clézio, ás veces abreviado como J.M.G. Le Clézio, nado o 13 de abril de 1940 en Niza, é un escritor franco-mauricio. Coñece moi pronto o éxito coa súa primeira novela Le Procès-verbal, publicada en 1963. Influído polas súas orixes familiares, polas súas viaxes, e o gusto polas culturas amerindias, J.M.G. Clézio é principalmente coñecido polas súas novelas Désert e Le Chercheur d'or, pero é tamén autor dunha corentena doutras obras de ficción (novelas, contos, noticias) e ensaios.
Gregg Charles Popovich, nado o 28 de xaneiro de 1949 en East Chicago, Indiana, é un adestrador profesional estadounidense de baloncesto que actualmente dirixe aos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA), cos que gañou cinco títulos de campión: 1999, 2003, 2005, 2007 e 2014. É, pois, un dos únicos cinco adestradores da historia da competición con cinco ou máis aneis de campión, honra que comparte con Phil Jackson, Red Auerbach, Pat Riley e John Kundla. Coñecido habitualmente como "Coach Pop" (do inglés: Adestrador Pop) ou simplemente "Pop", é posuidor do récord de máis temporadas consecutivas conseguindo máis vitorias que derrotas da histoira da NBA, e o terceiro en golbal, só por detrás de Pat Riley con 19 e Phil Jackson con 20.
Un río é un accidente xeográfico consistente nun curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago, noutro río, neste caso denomínase afluente. Algunhas veces terminan en zonas desérticas onde as súas augas pérdense por infiltración e evaporación. Cando o río é de pouco caudal recibe o nome de regato.
Xente ao lonxe é unha novela de Eduardo Blanco Amor publicada en 1972 pola Editorial Galaxia. A segunda edición é de 1976. Galaxia publicou en 2014 unha edición que é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970.
Este artigo trata do que aprende aos deportistas os fundamentos dunha disciplina deportiva, para o encargado de domesticar animais véxase Adestrador de animais. Un adestrador ou preparador é o técnico que prepara fisicamente a deportistas e asume a dirección do xogo. No caso de deportes de equipo, é o encargado de designar os xogadores que participan e asignarlles a súa función, podendo estar asistido por un ou máis axudantes.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Dos arquivos do trasno: Contos do monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Chariots of Fire é un filme británico dirixido por Hugh Hudson que foi estreado en 1981. Conta a historia real de dous atletas nos Xogos Olímpicos de 1924: Eric Liddell, un escocés devoto cristián que corre pola gloria de Deus, e Harold Abrahams, un inglés xudeu que corre para superar os prexuízos. O filme foi concevido e producido por David Puttnam, escrito por Colin Welland e dirixido por Hugh Hudson.
Tribolium castaneum é unha especie de escaravello tenebriónido, un dos denominados escaravellos da fariña (xunto con Tenebrio molitor e outros Tribolium). É unha praga en todo o mundo de produtos alimenticios almacenados, especialmente grans de cereais e un organismo modelo para estudos etolóxicos e de seguridade alimentaria.
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
O Ferrado é un colectivo galeguista e revista cultural de publicacións periódicas centrado na sociopolítica, historia e economía de Galiza fundado no ano 2022. Os seus traballos abranguen un amplo número de temas tales como a sociolingüística, a antropoloxía, a psicoloxía social, a ciencia política, as relacións internacionais, a demografía, os estudos do territorio, o nacionalismo, o irredentismo e a historia en relación con Galiza e a lingua galega.
Museo de Belas Artes da Coruña
O Museo de Belas Artes da Coruña, de titularidade estatal e xestión transferida á Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, é unha edificación moderna que se asenta no antigo convento das Capuchinas.
A dos eurostopodinos (Eurostopodinae) é unha das tres subfamilias de aves da orde dos caprimulxiformes nas que, segundo algúns autores, se subdivide a familia dos caprimúlxidos.Son pequenas aves de ás longas cunha plumaxe críptica combinando as cores gris e marrón para camuflarse cando descansan no chan. Aliméntanse de insectos capturados en voo. Un único ovo branco é colocado directamente no chan e incubado por ambos os pais.
Keenan Anderson foi un home afroamericano que padeceu un ataque cardíaco e morreu o 3 de xaneiro de 2023 despois de que fose detido e impactado cun táser cinco veces polo Departamento de Policía dos Ánxeles (LAPD). Anderson foi detido debido á sospeita dun atropelo con fuga, logo dunha colisión de tráfico e debido á declaración dunha testemuña sobre un individuo que intentaba subir ao seu coche sen o seu permiso. A policía ordenou a Anderson que sentase, o cal fixo inicialmente, mais despois Anderson fuxiu por unha estrada, o que provocou que a policía o detivese e lle aplicase un táser en repetidas ocasións.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Un ordenador, tamén chamado computadora ou computador, é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/saída (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles.
Sigmund Freud nado como Sigismund Shlomo Freud en Freiberg (actual Příbor, na República Checa) o 6 de maio de 1856 e finado en Londres o 23 de setembro de 1939, foi un médico neurólogo austríaco de orixe xudeu, pai do psicanálise e unha das maiores figuras intelectuais do século XX.Foi o fundador da escola psicanalítica de psicoloxía, baseada na súa teoría de que o inconsciente determina o comportamento, de que certos tipos de pensamentos e recordos inconscientes, especialmente os sexuais e agresivos, son a fonte da neurose, e de que a neurose pode ser tratada traéndoos á consciencia a través dun tratamento psicanalítico. Tras recorrer inicialmente á hipnose para tratar fenómenos de histeria, abandonaríaa en favor da «asociación libre» e da «cura lingüística», que se converteron nos elementos clave da psicanálise. É xeralmente designado como "o pai da psicanálise".
O léxico técnico e científico utiliza adoito prefixos e sufixos na creación de palabras que denominen novos conceptos tomándoos habitualmente do latín ou do grego. Como é natural, este feito non se dá só no eido científico. Prefixo é todo elemento que se coloca diante dunha palabra ou raíz para modifica-lo significado da palabra ou formar unha nova palabra cun significado diferente.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.