Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A iTunes Store é unha tenda en líña de contido dixital da empresa Apple Inc., accesible unicamente a través do programa iTunes. A tenda iTunes Music Store abrió o 28 de abril de 2003 e os seus produtos poseían un sistema de xestión dixital de dereitos que impide a reprodución dos arquivos comprados en ordenadores que non teñan autorización (DRM).
Thriller 25 é unha edición especial polo 25 aniversario do sexto álbum do artista Michael Jackson, Thriller. O álbum orixinal vendeu entre 51 e 65 millóns de copias en todo o mundo, sendo o álbum máis vendido de toda a historia. O proxecto dun "segundo capítulo" de Thriller foi publicado por vez primeira en Access Hollywood a finais de 2006.
Vincent Leonard Price, Jr., nado en St. Louis, Missouri, o 27 de maio de 1911 e finado en Los Angeles, California, o 25 de outubro de 1993, foi un actor de cine estadounidense, coñecido principalmente polos filmes de terror de baixo orzamento nos que traballou durante a última etapa da súa carreira.
Legacy Recordings é unha división de Sony Music Entertainment. Foi fundada en 1990 de CBS Records (renomeado Sony Music en 1991) baixo o liderado de Jerry Shulman, Richard Bauer, Gary Pacheco e Amy Herot para xestionara as reedicións dos grandes catálogos de Columbia Records, Epic Records e outras discográficas asociadas. Controla arquivos de Sony Music, RCA, J Records, Windham Hill, Arista, LaFace, Jive, Buddah Records, Philadelphia International Records, así como Sony BMG Nashville.
Ghosts I–IV é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 2 de marzo do 2008 coma descarga dixital e posteriormente en CD. O álbum foi o primeiro despois de que a banda anunciase que cortaría os seus vínculos co selo Interscope Records e procuraría editar o seu futuro material independentemente. Inicialmente pensouse como un EP de cinco pistas, pero finalmente lanzouse como 4 EPs de nove pistas cada un. O álbum lanzouse baixo unha licenza Creative Commons e en varios formatos e prezos, indo da descarga dixital gratuíta dos 9 primeiros temas a unha "edición limitada de luxo" de 300 dólares.
Certificación de vendas discográficas
A certificación de vendas discográficas é un sistema de recoñecemento aos artistas cuxas producións discográficas alcanzan as máis altas cifras de vendas. Nos países do noso controno, os recoñecementos máis comúns son o Disco de Ouro e o Disco de Platino, pero tamén se entregan o Disco de Prata, o Disco de Diamante e o Disco de Uranio (este último só se entregou en contadas ocasións). Nos países de influencia inglesa é moi coñecido o "Golden Record".
Republic Records é un selo discográfico estadounidense. Foi fundado por Avery Lipman e Monte Lipman como unha etiqueta independente no ano 1995 e no presente é unha división de Universal Music Group (UMG). Foi mercado por UMG en 2000 e operou inicialmente como un selo de Universal/Motown Records Group.
Neil Richard MacKinnon Gaiman, nado en Portchester (Inglaterra) o 10 de novembro de 1960 é un escritor inglés célebre tanto polas súas obras en prosa e en banda deseñada como pola súa faceta de crítico literario. Ten colaborado con diversas revisas adicadas ó cómic e foi guionista da compañía DC Comics onde lle foi editada a serie The Sandman no 1989 e durante a década de 1990. A súa carreira como novelista comezou en colaboración con Terry Pratchett, na obra do 1990 Good Omens.
FTP significa File Transfer Protocol (Protocolo de Transferencia de Ficheiros), e é unha forma bastante rápida e versátil de transferir ficheiros, sendo unha das máis usadas en Internet dende o 16 de abril do 1971. Pode referirse tanto ao protocolo, encadrado na capa de aplicaión do modelo OSI, como ao programa que fai uso deste protocolo (neste caso, tradicionalmente aparece en letras minúsculas, por influencia do programa de transferencia de arquivos do Unix). A transferencia de datos en redes de computadores inclúe normalmente a transferencia de ficheiros e acceso a sistemas de ficheiros remotos (coa mesma interface usada nos ficheiros locais).
Setlist ou Set list é un documento que fai relación das cancións que unha banda musical vai interpretar nun concerto en particular. Adoita a estar impreso ou escrito nun papel, nun cartón ou nunha lámina, aínda que xa hai conxuntos que empregan as novas tecnoloxías, coma a dun IPad. O termo pode facer tamén relación á lista das cancións, pero non nun sentido físico.
Year Zero (tamén coñecido coma Halo 24) é o sexto álbum de estudio da banda de rock industrial estadounidense Nine Inch Nails. Foi editado o día 16 de abril do 2007 baixo o selo Interscope Records. O álbum foi producido polo líder da banda, Trent Reznor, e Atticus Ross, mesturado polo vello colaborador do grupo Alan Moulder e masterizado por Brian Gardner.
The Slip (tamén coñecido como Halo 27) é o oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails. O álbum foi editado gratuitamente o 5 de maio do 2008 como descarga dixital, e baixo unha licenza Creative Commons, na páxina oficial da banda. Dous meses máis tarde lanzouse unha versión física.
O Billboard Hot 100 é un gran conteo dos 100 sinxelos máis populares e vendidos nos Estados Unidos, axuda a promover a industria musical nacional e internacional, e defínese como a máis importante das listas de Billboard xunto co Billboard 200. A publicación desta lista é semanal a través da revista Billboard, e tamén a través de Internet na súa páxina oficial. A primeira canción en chegar ao número un da Billboard Hot 100 foi "Poor Little Fool" de Ricky Nelson en 1958.[Cómpre referencia]No ano 2008 a revista Billboard realizou a lista Billboard Hot 100 All-Time Artists, cos artistas máis exitosos, e situou a The Beatles e Madonna nos 2 primeiros postos.
Quioto ou Kyoto (xaponés: 京都市, きょうとし, Kyōto-shi) é unha cidade xaponesa da prefectura de Quioto. Esta cidade foi a capital do Imperio do Xapón e actualmente é a capital da provincia homónima e a maior cidade da área metropolitana de Osaca-Kobe-Quioto. Quioto foi en tempos coñecida en Occidente por Meaco (xaponés: 都; miyako "capital").
A música industrial é un xénero musical que se basea en sons e temas ásperos, transgresivos ou provocativos. AllMusic define á música industrial como a "fusión de rock e música electrónica máis abrasiva e agresiva" que foi "inicialmente unha mestura de experimentos de electrónica de vangarda (música de cinta, musique concrète, ruído branco, sintetizadores, secuenciadores etc.) e provocación punk". O termo foi cuñado a mediados dos 70 coa fundación de Industrial Records por membros de Throbbing Gristle e Monte Cazazza.
Deutsche Grammophon Records é un selo discográfico alemán especializado en música clásica, pertencente (2022) á empresa Universal Music Group, unha división do grupo francés Vivendi Universal. Foi fundada co nome de Deutsche Grammophon Gesellschaft o 6 de decembro de 1898 polo cidadán estadounidense de orixe alemán Emile Berliner como a filial alemá local da súa Berliner Gramophone Company, converténdoa na compañía discográfica máis antiga do mundo que aínda está en funcionamento.Deutsche Grammophon sempre foi moi coñecido polos seus altos estándares de alta fidelidade. Entre os intérpretes que gravaron coa compañía están Herbert von Karajan, Daniel Barenboim, Leonard Bernstein ou Maria João Pires.
The Null Corporation é un selo discográfico independente estadounidense que edita o traballo de Nine Inch Nails e How to Destroy Angels. Os álbums de Nine Inch Nails Ghosts I–IV e The Slip foron lanzados en formato físico baixo a etiqueta de The Null Corporation. O seu nome tamén está asociado ás descargas dixitais da banda, á súa canle oficial en YouTube, e aos seus perfís de MySpace e Facebook.
Wozzeck é unha ópera en tres actos con música de Alban Berg e libreto en alemán do propio compositor, baseado na obra teatral inconclusa de Georg Büchner, Woyzeck. Trátase da primeira e máis famosa das óperas de Alban Berg. Foi estreada o 14 de decembro de 1925 na Staatsoper Unter den Linden de Berlín baixo a dirección de Erich Kleiber.
Despacito é unha canción do cantante e compositor puertorriqueño Luis Fonsi en colaboración con Daddy Yankee, foi publicada o 12 de xaneiro de 2017 na discográfica Universal Music Latino. Foi escrita por Fonsi, Erika Ender, Gabriel García e Daddy Yankee, con produción de Andrés Torres e Mauricio Rengifo (Dandee).
Anne Igartiburu Verdes, nada en Elorrio, Biscaia, o 16 de febreiro de 1969, é unha presentadora de televisión e actriz vasca. Comezou a súa andaina profesional nunha televisión local da que saltou a Euskal Telebista (a televisión autonómica do País Vasco) e de alí a diferentes canles de cobertura nacional, onde adquiriu popularidade.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Alanis Morissette, nada en Otava o 1 de xuño de 1974, é unha cantautora, actriz e produtora canadense, nacionalizada estadounidense. Ten voz de mezzosoprano. É unha das artistas de maiores vendas na historia, debido en grande parte a Jagged Little Pill, o álbum debut máis vendido da historia, o primeiro máis vendido por parte dunha artista femenina, e o sétimo máis vendido de todos os tempos.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Atlácatl (do náhuatl Ātlācatl: ātl "auga", tlācatl "ser humano"), cuxa morte é ás veces situada en 1528, é o último gobernante dun estado indíxena baseado ao redor da cidade de Cuzcatlán, no suroeste de Mesoamérica (no actual O Salvador), no tempo da conquista española. Foi un cacique indíxena pipil que se enfrontou á invasión do conquistador español Pedro de Alvarado. A historia de Atlácatl inspirou o nome dun dos batallóns do exército de elite do Salvador: o Batallón Atlácatl.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Indicación Xeográfica Protexida
A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) é un nome empregado para designar un produto agrícola, alimenticio ou doutro tipo, que posúe unha orixe xeográfica determinada e cuxa calidade ou reputación débese ao devandito lugar de orixe. Habitualmente, consiste no nome da localidade, rexión ou país de orixe de tales produtos. Debido a que as calidades do produto proveñen do medio xeográfico no que se elaboran, a indicación xeográfica supón un viorto entre o produto e o lugar de orixe.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 193.662 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Buscadores de naufraxios é unha serie documental galega sobre barcos afundidos na costa galega. Foi producida por Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia e creada e dirixida por Edu Lavandeira. Gañadora do Premio Mestre Mateo ao Mellor Programa de Televisión no ano 2019, componse de 16 episodios que se estrearon entre o 23 de setembro de 2018 e o 6 de xaneiro de 2019.
O termo galos designa as poboacións protohistóricas de celtas que residían na Galia, (Gallia en latín), é dicir, aproximadamente nos territorios actuais da Francia, o sur de Bélxica, e máis a Italia do norte, probabelmente a partir da primeira Idade de Ferro (cara ao 800 a.c.). Os galos estaban divididos en múltiples tribos ou pobos, as veces federados, presentando cada un certa cultura orixinal. As civilizacións galas son clasificadas en arqueoloxía dentro da civilización céltica de La Tène (do nome dun lugar sito nas beiras do lago de Neuchâtel, en Suíza).
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
As aventuras de Tintín é unha das series europeas de banda deseñada máis influentes e traducidas do século XX. Foi creada polo autor belga Georges Remi, coñecido polo pseudónimo de Hergé. A serie caracterízase polo estilo gráfico e narrativo coñecido como "liña clara", está conformada por un total de 24 álbums (o primeiro destes publicouse en 1929 e o penúltimo en 1975; o último, Tintín e a Arte-Alfa, non chegou a terminarse, aínda que se publicaron posteriormente os bosquexos realizados polo autor). Os sete primeiros episodios das aventuras de Tintín publicáronse por entregas en Le Petit Vingtième, suplemento do diario belga de orientación católica Le Vingtième Siècle, entre 1929 e 1939 (a publicación da oitava, Tintín no país do ouro negro, quedou interrompida en 1940 ao producirse a invasión alemá de Bélxica, aínda que o autor a renovaría anos despois).
Xente ao lonxe é unha novela de Eduardo Blanco Amor publicada en 1972 pola Editorial Galaxia. A segunda edición é de 1976. Galaxia publicou en 2014 unha edición que é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970.
Campionato de Galicia de fútbol 1928/29
O Campionato de Galicia da Serie A 1928/29 foi a décimo quinta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1928 e rematou en agosto de 1929. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Emden Foot-ball Club e o Unión Sporting Club.
Jacinda Kate Laurell Ardern, nada en Hamilton o 26 de xullo de 1980, é unha política de Nova Zelandia e a Primeira Ministra do país. É a dirixente do Partido Laboral dende o 1 de agosto de 2017. Foi elixida por primeira vez como parlamentaria nas eleccións xerais de 2008 e foi deputada por Mount Albert dende o 8 de marzo de 2017.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como mais o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
Campionato de Galicia de fútbol 1929/30
O Campionato de Galicia da Serie A 1929/30 foi a décimo sexta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en setembro de 1929 e rematou en decembro do mesmo ano. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Emden Foot-ball Club e o Unión Sporting Club.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
Un ordenador, tamén chamado computadora ou computador, é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/saída (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Campionato de Galicia de fútbol 1930/31
O Campionato de Galicia da Serie A 1930/31 foi a décimo sétima edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en setembro de 1930 e rematou en novembro do mesmo ano. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Club Coruña e o Burgas Foot-ball Club.
Edgar Allan Poe, (/poʊ/) nado como Edgar Poe o 19 de xaneiro de 1809 en Boston e finado o 7 de outubro de 1849 en Baltimore, foi un novelista, ensaísta, editor e crítico literario estadounidense, coñecido pola súa poesía e as súas historias curtas, en particular os seus contos de misterio e terror. Está amplamente considerado unha das figuras principais do romanticismo escuro nos Estados Unidos e na literatura estadounidense no seu conxunto, e foi un dos primeiros escritores de historias curtas do seu país. Poe considérase xeralmente o inventor do xénero de ficción de detectives e acredítaselle unha contribución ó xénero emerxente da ciencia ficción.
Copa Galicia de fútbol 1935/36
A Copa Galicia 1935/36 foi unha competición de fútbol organizada pola Federación Galega de Fútbol na que participaron o Unión Sporting Club, o Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, o Club Lemos, o Club Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Lugo Sporting Club e o Eiriña Club de Fútbol. O Vilagarcía Foot-ball Club retirouse antes de comeza-la competición. O torneo foi disputado entre abril e xuño de 1936.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
O burro ( pronunciación ) ou asno (Equus asinus) é un mamífero doméstico da familia dos équidos, de ata metro e medio aproximadamente de altura á cruz, caracterizado polas longas orellas e a cabeza proporcionalmente grande. O pelo das crinas é curto, polo que estas son erectas. Emprégase, ou mellor empregábase, como animal de carga.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Dionisio Fernández Álvarez (artisticamente autodenominouse Dionisio Fierros Álvarez), nado en Cudillero o 5 de maio de 1827 e finado en Madrid o 28 de xuño de 1894, foi un pintor do romanticismo, de orixe asturiana, moi vinculado a Galicia, autor de cadros de historia e escenas de costumes.. Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da de San Salvador de Oviedo.
Dos arquivos do trasno: Contos do monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Os galaicos (termo actual derivado do latino gallaeci ou callaeci e do grego Καλλαϊκοί) eran un conxunto de pobos de cultura e lingua celtas ou celtizadas -sen que exista consenso entre os investigadores- do noroeste da Península Ibérica antes e durante o Imperio Romano. O termo gallaecus/gallaeco tamén designou, desde finais do Imperio de Occidente ata entrada a Idade Media, os habitantes de Gallaecia e Galicia, evolucionando lingüisticamente ata o xentilicio actual galego. Aínda que poidamos falar dos galaicos durante a Idade Media, tradicionalmente o termo aplícase ao período previo á integración destes pobos no Imperio romano, servindo tamén como xentilicio culto para os habitantes da actual Galicia, do mesmo xeito que se empregan os cultismos galo, xermánico, anglosaxón ou luso, aos habitantes de Francia, Alemaña, Inglaterra e Portugal respectivamente.
Campionato de Galicia de fútbol 1927/28
O Campionato de Galicia da Serie A 1927/28 foi a décimo cuarta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1927 e rematou en decembro do mesmo ano. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Emden FC Foot-ball Club e o Unión Sporting Club.