Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A Enxeñaría de montes ou forestal é a titulación académica dunha disciplina que tivo os seus inicios en Alemaña, pretendendo cubrir a necesidade de mellorar a produtividade dos montes. Co transcurso do tempo, a profesión foise perfilando cara ao desenvolvemento e optimización do ámbito forestal: silvicultura, aproveitamento, elaboración e transformación de produtos forestais, infraestruturas específicas etc.
Un estudio de gravación é un lugar adaptado para o rexistro de voces e música, polo que debe reunir unhas condicións de acústica e electrónica. Unha das condicións máis importantes no seu deseño é a insonorización, de forma que o son interior non se propague cara ao exterior nin que o son exterior penetre e interfira nas gravacións. Isto conséguese mediante a aplicación de diversos materiais especiais (absorbentes e illantes) e o uso de cámaras de aire.
O ouro é un elemento químico de número atómico 79 (isto convérteo nun dos elementos de maior número atómico que se producen na natureza) situado no grupo 11 da táboa periódica. O seu símbolo é Au (do latín aurum ‘brillante amencer’). O ouro é un metal de transición brando, brillante, amarelo, pesado, maleable, dúctil (trivalente e univalente) que non reacciona coa maioría de produtos químicos, pero é sensible ao cloro e á auga rexia.
O Pagador de Promessas é un filme brasileiro de 1962 dirixido por Anselmo Duarte. Duarte adaptou el mesmo o guión a partir da obra de teatro de Dias Gomes. Rodado en Salvador, Baía, está protagonizado por Leonardo Villar.O filme gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1962, converténdose no primeiro e único filme brasileiro en conseguilo.
O uniforme militar ten unha significación máis ampla da que xeralmente se lle atribúe. Despois de todo, un uniforme militar indica no campo de batalla as prioridades prácticas, de corpo e ata ideolóxicas do soldado, que é a persoa que realmente mata, loita e morre. Ao ver o vestiario militar, vese a exhibición de orgullo, ademais de ser un barómetro dos cambios na forma de facer guerra, as variacións na tecnoloxía e as tácticas de combate.
A música alternativa é un termo que engloba a todos os tipos de música que se afastan da tendencia dominante ou dos modelos oficiais comunmente aceptados. Este tipo de música non conta con trazos diferenciadores que a convertan nun estilo musical único e recoñeocíbel, senón que agrupa un amplo número de xéneros musicais que se afastan da música comercial ou industrial e que teñen cada un as súas características propias.Este termo abrangue un gran número de subxéneros, entre os que destacan o rock alternativo, o grunge, o indie, a world music, a New Wave ou a música folk, Rap alternativo, entre outros. No entanto, os artistas representativos da música alternativa non sempre se encadran dentro do mesmo subxénero, senón que cada unha das súas composicións pode corresponder a un tipo distinto de música alternativa.
LBA (sigla de logical block addressing, algo así como 'enderezamento para bloques lóxicos') é un método de acceso ao disco ríxido. O acceso ao disco realízase por medio de unidades chamadas sectores. Para poder ler ou escribir algo no disco, é necesario especificar a posición no disco, por exemplo por medio de cadanseu número de sector.
O metal industrial é un xénero do heavy metal que procede da música industrial e de distintas formas do heavy metal, usando repetitivos riffs de guitarra, audios sampleados, sintetizadores ou liñas secuenciadas e voces distorsionadas. Importantes bandas do metal industrial son Rammstein, Ministry, Godflesh e KMFDM. A "banda dun só home" Nine Inch Nails axudou a que o xénero chegase a un público máis masivo, ao igual que Marilyn Manson.
Polydor Records é un selo discográfico cuxa sede se atopa nestes momentos no Reino Unido, filial de Universal Music Group. O seu estilo é Pop, Rock e R&B no que se atopan os mellores artistas do panorama Pop Británico, como é o caso de Bryn Christopher, Duffy, Sophie Ellis-Bextor, Ronan Keating,Girls Aloud, Scissor Sisters, Björk, The Jam ou Take That, artistas de Estados Unidos, como Black Eyed Peas, Nelly Furtado ou Eminem. En Francia a Mylène Farmer quen logrou vender 30 millóns de discos.
O indie pop é un xénero do rock alternativo orixinado no Reino Unido a mediados dos anos 80. Ten as súas raíces nas bandas de post-punk escocesas do selo Postcard Records de principios dos 80 (Josef K e Orange Juice) e na banda británica The Smiths. O indie pop inspirouse na ética DIY do punk e en ideoloxías relacionadas.
"Discipline" é un sinxelo da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails. É o primeiro sinxelo da banda dende que abandonou o selo Interscope Records e publica a súa música independentemente. Ao contrario que os anteriores sinxelos de NIN, "Discipline" non tivo unha edición física, aparecendo soamente en formato MP3.
Debian GNU/Linux, organizada a través do Proxecto Debian, é unha distribución Linux de software libre moi usada e desenvolvida a través da colaboración de voluntarios de todo o mundo. Dende os seus comezos, o sistema Debian GNU/Linux, baséase no Kernel de Linux, con moitas tarefas básicas do sistema operativo realizadas co software do Proxecto GNU. Debian é coñecida polo seu seguimento da filosofía de Unix e do software libre e pola abundancia de opcións —a versión actual inclúe sobre quince mil paquetes de software para once arquitecturas de computador. Debian GNU/Linux é a base de moitas outras distribucións como Knoppix, Ubuntu Linux, a galega Trisquel, ou a desenvolvida pola Asociación Galega de Usuarios de Linux (AGNIX) GNIX. Debian tamén é moi coñecida polo seu sistema de empaquetamento APT, polas súas estritas políticas de mantemento da calidade dos seus paquetes e versión e polo seu sistema aberto de desenvolvemento e probas.
International Music Score Library Project
A International Music Score Library Project (en galego Proxecto de Biblioteca Internacional de Partituras Musicais) ou IMSLP, tamén coñecido coma Petrucci Music Library (Biblioteca Musical Petrucci) en honor ao editor italiano Ottaviano Petrucci, é un proxecto para a creación dunha biblioteca virtual de partituras de dominio público empregando a tecnoloxía wiki, así como incluír traballos de novos compositores que desexen compartir as súas creacións musicais de xeito libre e gratuíto, é dicir, a partir de licenzas de Creative Commons ou cedendo os seus dereitos de autoría. Dende a súa creación, o 16 de febreiro de 2006, foron subidos en torno a 220.000 partituras e 21.000 gravacións de arredor de 61.000 composicións de arredor de 7.800 compositores. O proxecto emprega software MediaWiki para prover aos usuarios dunha interface familiar.
A produción musical, na industria discográfica, encárgase de distintos papeis, como controlar as sesións de gravación, instruír e guiar intérpretes musicais no proceso de gravación, reunir as ideas do proxecto, dirixir a creatividade, supervisar a gravación e a mestura, e realizar o proceso de masterización. Estas foron algunhas das principais funcións dos produtores desde a creación da gravación de son, pero na segunda metade do século XX os produtores tomaron un maior papel empresarial.Na industria da música hai dúas clases de produtores: o produtor executivo e o produtor musical, con papeis distintos: o produtor executivo é o responsable financeiro do proxecto e o produtor musical é o responsable da música.
O French Touch é un xeito de facer música dos últimos anos da década dos noventa e dos primeiros anos do século XXI. Este estilo tamén é coñecido como "Neu-disco" (new disco) "French house", "filter house" ou "tekfunk". É complicado definir dun xeito preciso o concepto de French Touch, dada a natureza mesma deste movemento. Fundado sobre un ritmo house clásico, este estilo ten a súa orixinalidade na utilización de samples filtrados que proveñen maioritariamente do funk e do disco.
2001: Unha odisea do espazo (en inglés: 2001: A Space Odyssey) é un filme británico-estadounidense de ciencia ficción producido e dirixido por Stanley Kubrick que foi estreado en 1968. O guión, escrito por Kubrick e Arthur C. Clarke, está parcialmente baseado na historia curta de Clarke "The Sentinel". Posteriormente, Clarke escribiu a novela 2001: A Space Odyssey, que foi publicada pouco despois da estrea.
Super Mario Bros. (スーパーマリオブラザーズ) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto para a videoconsola NES en 1985. Universalmente considerado un clásico, foi un dos primeiros xogos de plataforma de desprazamento lateral, a súa popularidade non tivo precedentes e comezou unha nova era nos xogos para consola, convertendo á figura de Mario na mascota oficial de Nintendo e nunha icona internacional.
Un traumatismo é unha situación con dano físico ó corpo causado por unha forza externa. O traumatismo pode deberse a accidentes, caídas, golpes, armas e outras causas. En medicina, porén, identifícase polo xeral como paciente traumatizado a alguén que sufriu feridas serias que pon en risco a súa vida e que poden resultar en complicacións secundarias tales como shock, paro respiratorio e morte.En 2013, 4,8 millóns de persoas en todo o mundo morreron por mor dun traumatismos, en comparanza dos 4,3 millóns do ano 1990.
Broforce é un videoxogo de plataformas de desprazamento horizontal desenvolvido por Free Lives e publicado por Devolver Digital. O desenvolvemento comezou en abril de 2012 como parte dunha entrada para unha sesión improvisada de creación de videoxogos que continuou posteriormente polo apoio que recibiu, publicado como un xogo en Early Access. Publicouse o 15 de outubro de 2015 para Microsoft Windows e OS X, cunha adaptación para Linux dous días despois.
A sexta tempada da serie animada The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 4 de setembro de 1994 até o 21 de maio de 1995 e consiste en 25 episodios. O showrunner da produción da sexta tempada foi David Mirkin, que foi produtor executivo de 23 episodios. Os ex-showrunners Al Jean e Mike Reiss produciron os dous restantes; produciron os dous episodios co persoal de The Critic, unha serie que crearon Jean e Reiss despois da súa saída de The Simpsons.
A Head Full of Dreams é o sétimo álbum de estudio do grupo de música inglés Coldplay. Foi lanzado o 4 de decembro de 2015 polos selos discográficos Parlophone e Atlantic Records. É o segundo álbum da banda con Atlantic, despois de que Coldplay fosen transferidos dende Capitol Records America no 2013.
Unha sociedade erudita (tamén coñecida como academia erudita ou asociación académica) é unha organización que existe para promover unha disciplina académica, unha profesión ou un grupo de disciplinas relacionadas como as artes. A afiliación pode ser aberta a todos, pode requirir posesión dalgunha cualificación ou pode ser unha honra conferida por elección.Moitas das sociedades eruditas son organizacións sen ánimo de lucro, e moitos son asociacións profesionais. As súas actividades tipicamente inclúen conferencias regulares para a presentación e discusión de novos resultados de investigación e publicación de revistas académicas patrocinadoras na súa disciplina.
Resident Evil (coñecido no Xapón como Biohazard (バイオハザード, Baiohazādo) é unha serie de videoxogos de supervivencia de terror e unha serie de cómics, novelas, catro filmes e unha manchea de coleccionables como figuras de acción, guías de estratexia e publicacións. Desenvolvida pola compañía Capcom e creada por Shinji Mikami, a serie vendeu máis de 35 millóns de xogos ata marzo de 2009.
Die Walküre (en galego A Valquiria) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner. É a segunda das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo), sendo a ópera do ciclo máis representada, mesmo separada do ciclo completo. O fragmento máis coñecido da ópera é o «Walkürenritt o Ritt der Walküren» («Cabalgada das valquirias»), introdución ao terceiro e último acto describindo ás guerreiras semideusas.
Alan Moulder (nacido o 11 de xuño de 1959) é un produtor británico de rock alternativo. Como un dos maiores arquitectos do moderno son británico, Moulder traballou con artistas como Depeche Mode, Gary Numan, The Jesus and Mary Chain, Ride e My Bloody Valentine, así como moitos artistas estadounidenses, incluíndo Nine Inch Nails, A Perfect Circle, The Smashing Pumpkins e Blonde Redhead.
En ciencias da computación e campos relacionados, as redes neuronais artificiais (RNAs) son modelos computacionais inspirados do sistema nervioso central dun animal (en particular o cerebro) que son capaces de realizar a aprendizaxe automática e o recoñecemento de padróns. As redes neurais artificiais xeralmente son presentadas como sistemas de "neuronas interconectadas, que poden computar valores de entradas", simulando o comportamento de redes neuronais biolóxicas.
Saul fia é un filme húngaro dramático dirixido por László Nemes e co-escrito por Nemes e Clara Royer que foi estreado no 2015. Está ambientado no campo de concentraciónde Auschwitz durante a segunda guerra mundial, e segue un día e medio da vida de Saul Ausländer (interpretado por Géza Röhrig), un húngaro membro do Sonderkommando.Foi estreado no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015, onde gañou o Grand Prix. Tamén foi estreado na sección de Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto.
O rock industrial é un xénero musical que fusiona música industrial e determinados subxéneros do rock. O rock industrial xerou o metal industrial, co que adoita confundirse. As primeiras fusións da música industrial e o rock leváronas a cabo un feixe de bandas de post-punk, incluídas Chrome, Killing Joke, Swans, Foetus e Big Black.
A Nintendo Switch (en xaponés: ニンテンドースイッチ; Nintendō Suitchi) é unha videoconsola desenvolvida por Nintendo e lanzada internacionalmente na maioría de rexións do mundo o 3 de marzo de 2017. A consola é unha tableta que pode acoplarse para funcionar como unha consola caseira ou un dispositivo portátil, o que a converte nunha videoconsola híbrida. Os seus controladores sen cable Joy-Con, con botóns estándar e joystick analóxico direccionais, detección de movemento e retroalimentación táctil, pódense conectar a ámbolos dous lados da consola para poder xogar en estilo portátil.
Wolfenstein 3D é un videoxogo shooter en primeira persoa desenvolvido por id Software e publicado por Apogee Software e FormGen. Publicado orixinalmente o 5 de maio de 1992 para MS-DOS, estivo inspirado polo videoxogo de 1981 Castle Wolfenstein de Muse Software. En Wolfenstein 3D o xogador toma o papel dun espía alidado William "B.J." Blazkowicz durante a segunda guerra mundial mentres escapa da prisión nazi do Castelo Wolfenstein e leva a cabo unha serie de misións contra os nazis.
En epidemioloxía, o estilo de vida, hábito de vida, forma de vida son un conxunto de comportamentos ou actitudes que desenvolven as persoas, que unhas veces son saudables e outras son nocivas para a saúde. Nos países desenvolvidos os estilos de vida pouco saudables son os que causan a maioría das enfermidades. Entre os estilos de vida máis importantes que afectan á saúde están: Consumo de substancias tóxicas: tabaco, alcohol e outras drogas Exercicio físico Sono nocturno Condución de vehículos Estrés Dieta Hixiene persoal Manipulación dos alimentos Actividades de lecer ou afeccións Relacións interpersoais Comportamento sexualNos países desenvolvidos existe o paradoxo de que a maioría das enfermidades son producidas polos estilos de vida da súa poboación, e porén os recursos sanitarios desvíanse cara ó propio sistema sanitario para intentar curar estas enfermidades, en lugar de destinar máis recursos económicos na promoción da saúde e prevención das enfermidades.
MobyGames é un sitio web dedicado a catalogar videoxogos, tanto do pasado como do presente. O sitio contén unha extensa base de datos de información de videoxogos. O obxectivo do sitio web defínese así na propia páxina: "Catalogar polo miúdo toda a información relevante acerca de xogos electrónicos (computadora, consola, e arcade) nunha maneira de xogo-por-xogo, e logo ofrecer esa información a través de preguntas flexibles e minaría de datos.
O LXIII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse na capital lusa, Lisboa, os días 8, 10 e 12 de maio de 2018. O certame foi albergado no Altice Arena, tras a vitoria de Portugal na edición anterior. Tanto as semifinais coma a final foron presentadas por Filomena Cautela, Sílvia Alberto, Daniela Ruah e Catarina Furtado.
Xogo de patriotas (en inglés: Patriot Games) é un filme estadounidense de suspense dirixido por Phillip Noyce que foi estreado en 1992. Está baseado na novela homónima de Tom Clancy. É unha secuela do filme de 1990 The Hunt for Red October, pero con diferentes actores nos papeis principais, Harrison Ford como Jack Ryan e Anne Archer como a súa muller.
The Legend of Zelda: Ocarina of Time
The Legend of Zelda: Ocarina of Time (A lenda de Zelda: A ocarina do tempo) é o primeiro videoxogo da saga The Legend of Zelda para Nintendo 64. Este videoxogo é unha combinación de xogo de acción, aventura en terceira persoa e xogo de rol (RPG). Foi sen dúbida un dos xogos con máis éxito do seu tempo.
Un embaixador é o funcionario diplomático de máis alto nivel acreditado diante dun Estado estranxeiro ou organización internacional. Na linguaxe común, o termo é aplicado ao representante situado na capital dun país estranxeiro. O país anfitrión onde se acredita unha embaixada concede ao embaixador, ás dependencias e algúns semoventes un status funcional especial.
Angola, oficialmente República de Angola (en portugués: República de Angola; en quicongo, kimbundu, umbundu e chócue: Repubilika ya Ngola), é un país da costa occidental de África, limitado ao norte e ao leste pola República Democrática do Congo, ao leste por Zambia, ao sur por Namibia e ao oeste polo Océano Atlántico. Angola inclúe tamén o turbulento enclave de Cabinda, ao norte, que está constituído como unha das súas 18 provincias. A súa capital é Luanda.
A Gran Sinagoga de París (en francés: Grande synagogue de Paris) xeralmente coñecida como "sinagoga da Vitoria" ou "Gran Sinagoga da Vitoria" está situada no 44, Rue de la Victoire, no distrito 9 da cidade de París, capital de Francia.O arquitecto que a deseñou foi Alfred-Philibert Aldrophe (1834-1895) quen tamén construíu a sinagoga de Versalles e a de Enghien-les-Bains. A súa construción comezou en 1867 e a sinagoga foi inaugurada en 1874. Abriuse ao público en 1874, construída no estilo clásico, pero adornada con motivos bizantinos.
Grand Theft Auto IV é un videoxogo de mundo aberto desenvolvido por Rockstar North e publicado por Rockstar Games. Foi lanzado o 29 de abril de 2008 para as consolas PlayStation 3 e Xbox 360, e o 2 de decembro de 2008 para Microsoft Windows. É o onceavo título da serie Grand Theft Auto, e a primeira gran estrea dende o videoxogo de 2004 Grand Theft Auto: San Andreas.
O analfabetismo é a incapacidade de ler e escribir, que se debe xeralmente á falta de aprendizaxe. Nos países que teñen unha escolarización obrigatoria, concretamente no Primeiro mundo, o analfabetismo é minoritario. Porén, nalgúns países a comprensión lectora pode ser deficiente a pesar de que a súa taxa de analfabetismo sexa pequena (iletrismo), xa que ler non é só decodificar as letras senón entender mensaxes por escrito.
Comité Nacional Olímpico e Deportivo Francés
O Comité Nacional Olímpico e Deportivo Francés (en francés: Comité national olympique et sportif français) é o Comité Olímpico Nacional de Francia. É o organismo responsables da participación de Francia nos Xogos Olímpicos, así de todos os territorios e departamentos ultramarinos de Francia, agás a Polinesia Francesa.
StarCraft é un videoxogo de estratexia en tempo real de ciencia ficción desenvolvido e publicado por Blizzard Entertainment, lanzado orixinalmente para Microsoft Windows o 31 de marzo de 1998. Foi o primeiro xogo dentro da serie homónima. Unha versión para Mac OS foi publicada no 1999, e unha adaptación para a Nintendo 64 desenvolvida en colaboración con Mass Media foi publicada o 13 de xuño do 2000.
Malta ( pronunciación ) (en maltés: Malta, [ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Malta, [ˈmɔːl.tə] (AFI), escoitar), oficialmente República de Malta ( pronunciación ) (en maltés: Repubblika ta' Malta, [rɛˈpʊbb.lɪ.kɐ ˈtɐ ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Republic of Malta) é un pequeno país europeo, que consta dun arquipélago de tres illas moi próximas unhas das outras. Atópase 80 km ao sur de Sicilia (Italia), 284 km ao leste de Tunisia, e 333 km ao norte de Libia. As linguas oficiais son o maltés e inglés, e o 66% da poboación actual de Malta polo menos conversa en lingua italiana.
Categoría gramatical ou clase gramatical é o termo empregado para a clasificación das palabras segundo o seu tipo. Modernamente o termo categoría gramatical refírese a unha variable lingüística que pode tomar diferentes valores que condicionan a forma morfolóxica concreta dunha palabra moito máis xeral có uso tradicional do termo.
A música soul é unha fusión de gospel e rhythm and blues aparecida nos anos cincuenta. Polo que parece todo comezou un día de 1954 en que Ray Charles e a súa banda ían nun autobús e comezaron a cantar unha letra profana sobre unha canción gospel que soaba na radio, gustoulles como quedaba e naceu "I Got a Woman" a primeira canción soul. O estilo axiña se converteu no máis popular entre a xuventude negra.
Pan European Game Information (en galego: Información Paneuropea sobre Videoxogos) ou PEGI é un sistema europeo para clasificar o contido dos videoxogos e outro tipo de software de entretemento. Foi desenvolvido pola ISFE e entrou en práctica en 9 de abril do 2003. O sistema PEGI aplícase en 25 países sen ter relación algunha coa Unión Europea.
«Liberty Enlightening the World» (A liberdade iluminando o mundo), coñecida como a Estatua da Liberdade (en inglés: The Statue of Liberty; en francés: Statue de la Liberté), é un dos monumentos máis celebres dos Estados Unidos de América localizado na entrada do porto de Nova York desde o 28 de outubro de 1886 (atópase na illa da Liberdade ao sur da illa de Manhattan, xunto á desembocadura do río Hudson e preto da illa Ellis). Conmemora o centenario da sinatura da Declaración de Independencia dos Estados Unidos e é un regalo en xesto de amizade de Francia para cos Estados Unidos de América. Foi proxectada e construída polo escultor alsaciano Frédéric Auguste Bartholdi (1834-1904), que supostamente usou a súa nai como modelo.
O salario, paga, haberes, soldada ou soldo é a suma de diñeiro que recibe de forma periódica un traballador do seu empregador por un tempo de traballo determinado ou pola realización dunha tarefa específica ou fabricación dun produto determinado. O pago pode ser mensual, semanal ou diario e, neste último caso, recibe o nome de xornal, do termo xornada. Legalmente, considérase salario a totalidade das percepcións económicas dos traballadores —en diñeiro ou en especie— pola prestación profesional dos servizos laborais por conta allea, xa retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración, ou os períodos de descanso computábeis como de traballo.Polo tanto, exclúse ao traballador por conta propia (o autónomo).
Baidu, Inc. (百度公司) é unha empresa chinesa establecida o 18 de xaneiro de 2000 como unha compañía de servizos web con sede en Pequín. Ofrece múltiples servizos, o máis recoñecible é o motor de busca en lingua chinesa para sitios web, ficheiros de son e imaxes, pero en total son 57 os servizos que ofrece, entre eles Baidu Baike, unha enciclopedia colaborativa en liña e en chinés.
Comunidade de Estados Independentes
A Comunidade de Estados Independentes (CEI) é unha organización supranacional composta por 9 das 15 ex-repúblicas soviéticas, coa excepción dos 3 estados bálticos (Estonia, Letonia e Lituania, que na actualidade son membros da Unión Europea); Turkmenistán (que abandonou a organización o 26 de agosto do 2005 para converterse en membro asociado); Xeorxia, que se retirou o 18 de agosto de 2009 e Ucraína que de iure non é membro da CEI, ao non ratificar o estatuto da organización, malia que é un estado fundador e membro da Comunidade. Mongolia participa nalgunhas estruturas da CEI como observador.. A súa creación asinou a disolución da Unión Soviética e, segundo Vladimir Putin, o seu propósito foi o permitir un "divorcio civilizado" entre as repúblicas que conformaban a Unión.
O dólar (en chinés: 港元, e inglés: dollar) é a unidade monetaria da Rexión Administrativa especial chinesa de Hong Kong. Divídese en 100 centavos e o seu código ISO 4217 é HKD. Normalmente abréviase co símbolo do dólar ($), pero para diferenciala doutras moedas coa mesma denominación utilízase HKD. O dólar de Hong Kong é unha das moedas máis intercambiadas do mundo.
Adele Laurie Blue Adkins, nada o 5 de maio de 1988, en Tottenham, Londres, Inglaterra, coñecida simplemente como Adele, é unha cantante e compositora británica de soul, blues, pop e jazz, gañadora de oito Premios Grammy e tres Brit Awards. Dende moi nova amosou un grande interese pola música e, en 2006, egresou da BRIT School de Artes Escénicas e Tecnoloxía. Ese mesmo ano, firmou un contrato con XL Recordings, tras ser descubierta por unhas demos que un amigo publicou en MySpace. Nos Premios Brit de 2007 recibiu o galardón de elección dos críticos e tamén gañou a enquisa Sound of 2008 realizada pola BBC. En 2008, Adele debutou co seu primeiro álbum de estudio, 19, que se situou no número 1 da lista de álbums británica e foi certificado, tamén, como disco dobre platino nos Estados Unidos No territorio norteamericano, a súa carreira, viuse moi lanzada trala actuación no programa Saturday Night Live, a mediados de outubro de 2008; ese programa contou coa maior cantidade de espectadores en catorce anos. Un ano despois, na 51ª entrega dos Premios Grammy, gañou os galardóns á mellor artista novo, e mellor interpretación vocal por feminina por "Chasing Pavements".
O gato ferruxento (Prionailurus rubiginosus) é un dos membros máis pequenos da familia dos gatos, que habita na India e Sri Lanka. En 2012, tamén foi rexistrado no oeste de Terai, no Nepal. Dende 2016, a súa poboación en estado salvaxe está categorizada como case ameazada segundo a Lista Vermella da IUCN, xa que está fragmentada e vese afectada pola perda e destrución do seu hábitat, a fraga caducifolia.
Singin' in the Rain é un filme estadounidense de 1952 dirixido e coreografado por Gene Kelly e Stanley Donen. Está protagonizado polo propio Kelly, Donald O'Connor e Debbie Reynolds. Feito seguindo os esquemas clásicos do Metro-Goldwyn-Mayer, ten a súa inspiración en toda a serie de The Broadway Melody que se realizaron en Hollywood nos 30 e 40, coincidindo coa aparición do cine sonoro.
GTA: Vice City ou Grand Theft Auto: Vice City é a cuarta entrega da serie de aventura e acción Grand Theft Auto creada por Rockstar Games. É o segundo xogo da saga baseado no motor de Grand Theft Auto 3. O xogo desarrollase no 1986 na ficticia cidade de Vice City, a cal está baseada en Miami, Florida.
A Game of Thrones ("Un xogo de Tronos") é o primeiro libro de A Song of Ice and Fire ("Unha canción de xeo e lume"), unha serie de novelas de fantasía escritas polo autor norteamericano George R. R. Martin. Foi publicado por primeira vez o 6 de agosto de 1996. Na novela, preséntanse varios puntos de vista e liñas argumentais, sendo as tres máis importantes: a loita das casas nobres polo control dos Sete Reinos principalmente a Casa Stark, a Casa Lannister e a Casa Baratheon, a actual dinastía gobernante; o tema do Muro e a loita co descoñecido alén dos reinos, e a historia de Daenerys Targaryen, derradeiro membro da Casa Targaryen, que gobernara os Sete Reinos ata quince anos antes do comezo do libro.
Tomorrowland é un festival de música electrónica celebrado anualmente en Boom (Bélxica). Está organizado por ID&T e calcúlase que cada ano acoden a el máis de 400.000 persoas.A primeira edición do festival celebrouse o 14 de agosto de 2005. Actualmente, Tomorrowland é un dos festivais de música máis importantes do mundo.
O ferrocarril Transiberiano, abreviadamente coñecido como o Transiberiano (en ruso Транссибирская магистраль, Transsibirskaya magistral, Транссиб, Transsibirs) é unha rede ferroviaria que conecta Moscova coa parte oriental da Federación Rusa.Cunha lonxitude de 9 289 km entre Moscova e Vladivostok, é a terceira liña ferroviaria máis longa do mundo.Os ministros do goberno do Imperio Ruso nomeados persoalmente polo emperador Alexandre III de Rusia e o seu fillo, o tsarevich Nicolao, supervisaron a construción do ferrocarril entre 1891 e 1916. Mesmo antes da súa finalización, a liña atraeu viaxeiros que escribiron sobre as súas aventuras.O Ferrocarril Transiberiano conectou Moscova e Vladivostok directamente dende 1916. A expansión do sistema ferroviario continúa, con vías que van cara a Mongolia, a República Popular da China, Corea do Norte e o Xapón.
A música country é un estilo popular no sur dos Estados Unidos orixinado na música dos apalaches e nas cancións vaqueiras. Os seus antecedentes son as danzas europeas e as tradicións celtas (sobre todo escocesas). Na orixe era moi simple e interpretada por poucos instrumentos: guitarra, banjo e violín principalmente, as súas letras falaban da dura vida no campo, tristeza e amores imposíbeis.
O blues é un estilo musical vocal e instrumental que evolucionou dos espirituais, cánticos e cancións de traballo afroamericanos e ten a súa raíz estilística na África Occidental. O blues foi a maior influencia da música popular occidental e americana, con expresión no ragtime, jazz, nas big bands, rhythm and blues, rock and roll e na música country, como tamén na música pop convencional e ata na música clásica moderna. Este xénero desenvolveuse a través das espirituais, cancións de oración, cancións de traballo, rimas inglesas, baladas escocesas e irlandesas narradas e berros de campo.
Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, e finada o 8 de setembro de 2022 en Balmoral, Escocia, foi unha monarca inglesa. Foi raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Belize, Canadá, Granada, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón, Tuvalu e Xamaica. Tamén foi a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.
Frodo Bulseiro (Frodo Baggins no orixinal), é un dos personaxes principais da novela O Señor dos Aneis de John Ronald Reuel Tolkien. Chamado "o portador do anel", este hobbit foi o encargado de levar o Anel Único ata o Orodruin (chamado en lingua común Monte do Destino) para destruílo. Posteriormente, deixou a Terra Media nun navío que o levou, xunto a Gandalf o branco, ás Terras Imperecedoiras.
A Relación de aspecto (tradución directa do inglés aspect ratio) dunha imaxe é a proporción entre a largura e a altura e calcúlase dividindo a primeira pola segunda, considerando esta última como a imaxe visíbel na pantalla. Polo xeral, exprésase como «X:Y». Así, por exemplo, a relación de aspecto dunha pantalla de televisión tradicional é de 4:3, que tamén se pode expresar como 1,33:1, ou ben o formato panorámico dos 16:9 (ou 1,77:1).
O Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa de 1990 , tamén escrito Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa (1990) e AO 1990 é un tratado internacional de 1990 acordado co obxectivo de crear unha ortografía unificada para o portugués, para ser utilizada por todos os países lusófonos. Foi asinado por representantes oficiais de Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique, Portugal e San Tomé e Príncipe en Lisboa o 16 de decembro de 1990. Tras recuperar a independencia, Timor-Leste aderiuse ao Acordo en 2004.
A guerra das galaxias (en inglés Star Wars, aínda que traducido literalmente significa «guerras estelares» ou «guerras das estrelas») é unha serie de oito filmes de ciencia ficción creada polo produtor, director e guionista norteamericano George Lucas, tralo éxito de American Graffiti. A serie comezou en 1977 con Star Wars Episodio IV: Unha Nova Esperanza, e dende entón converteuse nun fenómeno social e cultural, do que se crearon novelas, historias en banda deseñada, videoxogos... Isto permitiu a Lucas ampliar a historia con dous episodios máis: O Imperio Contraataca e O Retorno do Jedi, que continuarían o grande éxito da primeira.
Vampire: The Masquerade – Bloodlines
Vampire: The Masquerade – Bloodlines é un videoxogo de rol de acción de 2004 desenvolvido por Troika Games e publicado por Activision para Microsoft Windows. Ambientado no World of Darkness de White Wolf Publishing, o xogo baséase no xogo de rol Vampire: The Masquerade. O xogador encarna o papel protagonista dun humano personaxe que morre e revive como un vampiro, nunha historia que se desenvolve na cidade de Los Angeles no século XXI tentando descubrir a verdade sobre unha reliquia recentemente atopada que presaxia o fin de tódolos vampiros.