Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo. Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais).
A metamorfose (Die Verwandlung, no seu título orixinal en alemán) é un relato de Franz Kafka, publicado en 1915 e que narra a historia de Gregor Samsa, un tratante de teas que vive coa súa familia á que el mantén co seu soldo, que un bo día amence convertido nunha criatura non identificada claramente en ningún momento, pero que tende a ser recoñecida como unha especie de cascuda xigante. Breve e intensa, é cualificada ás veces como "relato existencialista". A primeira tradución ao galego, de Xosé María García Álvarez, foi publicada en 1991 por Sotelo Blanco xunto con A sentencia.
Squid Game (en coreano: 오징어게임; Ojingeo Geim) é unha serie de televisión surcoreana de 2021 escrita e dirixida por Hwang Dong-hyuk. A serie, composta de nove episodios, está protagonizada por Lee Jung-jae, Park Hae-soo e Wi Ha-joon, e conta a historia dun grupo de persoas que arriscan as súas vidas nun misterioso xogo de supervivencia cun premio de 45,6 billóns de wons. Estreouse internacionalmente o 17 de setembro de 2021 a través de Netflix.
O zen (en chinés: 禪, pinyin: Chán, en chinés medio: dʑjen) é unha escola do budismo mahāyāna que xurdiu na China durante a dinastía Tang como Chán. Foi fortemente influenciado polo taoísmo, e desenvolveuse como un estilo chinés do budismo. Dende China, o Chán espallouse polo sur cara a Vietnam, ó nordeste a Corea e ó leste a Xapón, onde pasou a coñecerse como zen xaponés.O zen céntrase na práctica rigorosa da meditación, o coñecemento da natureza de Buda, e a expresión deste coñecemento na vida diaria, especialmente para o beneficio doutros.
Mass Effect é un videxogo de 2007 de ciencia ficción, rol e acción desenvolvido por BioWare para a Xbox 360 e adaptado para Microsoft Windows por Demiurge Studios. A versión para Xbox 360 foi publicada en todo o mundo en novembro do 2007 por Microsoft Studios, e a versión para Windows publicouna Electronic Arts o 28 de maio de 2008. Unha versión para PlayStation 3 foi adaptada por Edge of Reality e publicada na PlayStation Network en decembro de 2012.O xogo ten lugar no ano 2183, co xogador tomando o papel dun soldado de elite humano chamado Comandante Shepard, no que o xogador debe explorar a Vía Láctea a bordo da nave espacial SSV Normandy.
Fundación, Fundación e Imperio e Segunda Fundación son os tres títulos da saga de Isaac Asimov nos que percorre a historia da caída dun imperio galáctico e o nacemento dun novo baseado nunha interconexión dos humanos co seu contorno. A saga tivo despois ampliación para dar cabida á existencia dun planeta consciente, na idea da Hipótese Gaia de James Lovelock.
Metal Gear (メタルギア, Metaru Gia) é unha saga de videoxogos creado por Hideo Kojima, desenvolvido e publicado pola compañía Konami. O xogador toma o control dun soldado de elite, dependendo de que Metal Gear se trate, poderás controlar a Solid Snake (protagonista do MGS1 e MGS4; ao soldado Raiden adestrado por Realidade Virtual quen controlas en MGS2 e a Naked Snake (que máis tarde é coñecido como Big Boss) o pai de Solid Snake, a quen controlas durante todo o MGS3, que é cronoloxicamente, o primeiro de todos. Os Metal Gear son uns tanques bípedes coa capacidade de lanzaren armas nucleares desde calquera punto do planeta.
Xbox é un sistema de videoxogos de 128 bits baseado na arquitectura x86, deseñado e desenvolvido pola empresa multinacional Microsoft. Foi anunciada por primeira vez a principios de 2000, e lanzada ao mercado o 15 de novembro de 2001. Emprega unha versión recortada do sistema operativo Windows 2000, tamén desenvolvido por Microsoft.
Cravos vermellos (titulado orixinalmente en inglés Red Nails) é un relato escrito polo autor estadounidense Robert E. Howard para o seu personaxe de espada e bruxaría Conan o bárbaro. Foi o primeiro relato de Conan en ser publicado postumamente (a revista pulp Weird Tales publicouno en outubro de 1936 despois de que Howard se suicidara en xuño) e tamén foi o primeiro, e o único, no que aparece a personaxe feminina de Valeria, que máis tarde, en 1982, sería utilizada no filme Conan o bárbaro, con Arnold Schwarzenegger no papel de Conan e Sandahl Bergman no papel de Valeria, aínda que a historia narrada no filme non coincidise coa historia narrada en Cravos vermellos. Foi traducido ó galego por Tomás González Ahola e foi publicado dentro da colección "Conan IV" de Urco Editora no ano 2016.
Pokémon Diamond Version (en xaponés: ポケットモンスター ダイヤモンド; Poketto Monsutā Daiyamondoe) e Pokémon Pearl Version (en xaponés: ポケットモンスター パール; Poketto Monsutā Pāru) son dous videoxogos de rol de 2006 desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo DS. Lanzouse orixinalmente no Xapón o 28 de setembro de 2006, e posteriormente foi lanzado en América do Norte, Australia e Europa ó longo do ano seguinte. Pokémon Platinum, unha versión mellorada, lanzouse ó mercado dous anos despois en cada rexión. Ó igual que os xogos anteriores de Pokémon, Diamond e Pearl xiran arredor das aventuras dun adestrador Pokémon que captura e loita cos Pokémon ó mesmo tempo que frustra os plans dunha organización criminal chamada "Team Galactic".
O proceso (título orixinal en alemán: Der Prozess) é unha novela inacabada de Franz Kafka, publicada postumamente en 1925 por Max Brod, baseándose no manuscrito inconcluso de Kafka. Narra a historia de Josef K., un oficinista bancario cunha puxante carreira nun importante banco da cidade, que é arrestado unha mañá por unha razón que descoñece. A partir deste momento, o protagonista adéntrase nun pesadelo para defenderse de algo que nunca sabe o que é e con argumentos aínda menos concretos, só para descubrir, unha e outra vez, que as instancias máis altas ás que pretende apelar son só as máis humildes e limitadas, creando así un clima de inaccesibilidade á 'xustiza' e á 'lei'.
Overwatch é un videoxogo de tipo shooter en primeira persoa (ou FPS) desenvolto por Blizzard Entertainment lanzado ao público en maio do 2016 para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One. No 2017 foi premiado como Xogo do Ano en The Game Awards 2016. Overwatch pon aos xogadores en equipos de seis persoas, con cada persoa escollendo un dos varios heroes dispoñibles, cada un cos seus movementos e habilidades únicas.
Un circuíto integrado (CI), tamén coñecido como chip ou microchip, é unha pastilla pequena de material semicondutor, dalgúns milímetros cadrados de área, sobre a que se fabrican circuítos electrónicos xeralmente mediante fotolitografía e que está protexida dentro dun encapsulado de plástico ou cerámica. O encapsulado posúe condutores metálicos apropiados para facer conexión entre a pastilla e un circuíto impreso.
Mount Vernon é unha herdade privada na que viviu durante un tempo George Washington ata a súa morte en 1799, e alí é onde se atopa a súa tumba. Hoxe en día o lugar pertence ao Rexistro Nacional de Lugares Históricos dos Estados Unidos. Está situada preto de Alexandria, no condado de Fairfax (Virxinia).
iCarly é unha serie de televisión de comedia adolescente creada polo produtor de televisión, Dan Schneider e transmitida orixinalmente pola canle Nickelodeon. A serie trata da historia de Carly Shay, unha moza que xunto aos seus dous mellores amigos, Sam Puckett e Freddie Benson, crean un webshow chamado iCarly. A serie foi producida por Schneider's Bakery en asociación con Nickelodeon Productions.
Walter Elias "Walt" Disney, nado en Chicago o 5 de decembro de 1901 e finado en Burbank (California) o 15 de decembro de 1966, foi un debuxante, produtor, director e guionista de filmes estadounidense. Un dos produtores cinematográficos máis coñecidos do mundo, Disney foi tamén un debuxante de banda deseñada e caricaturista en xornais, creador do parque de atraccións coñecido como Disneyland, e é o fundador, xunto co seu irmán Roy O. Disney da compañía Walt Disney Productions, que anos despois se converteu na máis soada produtora do campo da animación e na actualidade é a maior compañía de medios de comunicación e entretemento do mundo. Esta corporación, que se coñece hoxe co nome de The Walt Disney Company, é unha empresa multimillonaria con ingresos anuais de decenas de miles de millóns de dólares.El e o seu equipo crearon unha manchea de personaxes animados coñecidos en todo o mundo, incluíndo o que se considera o seu alter ego, Mickey Mouse.
O xénero fantástico, comunmente chamado fantasía, é un xénero artístico de ficción no cal os elementos principais do argumento son imaxinarios, irreais e sobrenaturais. No seu sentido máis amplo, o xénero fantástico áchase presente na literatura, cine, banda deseñada, videoxogos, xogos de rol, pintura, escultura, drama e, sobre todo, na mitoloxía e relatos antigos, onde tivo a súa orixe. Caracterízase por non dar prioridade a unha representación realista que respecte as leis de funcionamento do mundo real.
O cometa Halley, tamén chamado 1P/Halley, é un cometa brillante de período intermediario que retorna ás rexións interiores do sistema solar cada 75,3 anos, aproximadamente. Aínda que o nome fai referencia ao astrómono inglés Edmund Halley por ter determinado a súa órbita e a súa reaparición periodica, o descubrimento atribúese ao astrónomo Johan Georg Palitzsch que o descubriu o 25 de decembro de 1758, aproximadamente na data prevista por Halley para a súa reaparición (de ónde ven a tradición de consideralo como o cometa do nadal), chegou cun retardo de 618 días polo seu perihelio (ao ser perturbada a súa órbita por Xúpiter e Saturno). Halley, pola súa parte, usou datos de Kepler e Petrus Apianus para facer os seus cálculos.
Yale University Press é unha editorial universitaria asociada á Universidade Yale. Foi fundada en 1908 por George Parmly Day, e converteuse no órgano oficial de publicacións da Universidade Yale en 1961, pero segue tendo autonomía financeira e operativa.Dende 2009, Yale University Press publica cada ano 300 títulos novos en tapa dura e outras 150 edicións de peto e conta con máis de 6.000 libros en formato impreso. Os seus libros gañaron cinco Premios Nacionais do Libro, dous Critics Circle National Book Awards e oito Premios Pulitzer.
Google Play (anteriormente Android Market) é unha plataforma de distribución dixital de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android, así como unha tenda en liña desenvolvida e operada por Google. Esta plataforma permítelles aos usuarios navegar e descargar aplicacións (desenvolvidas mediante Android SDK), xogos, música, libros, revistas e películas. Tamén se poden adquirir dispositivos móbiles como ordenadores Chromebook, teléfonos intelixentes Nexus, Google Chromecast, entre outros.
Adobe Photoshop é un Programa informático editor de imaxes bidimensionais do tipo bitmap (posuíndo aínda algunhas capacidades de edición típicas dos editores vectoriais) desenvolvido pola empresa Adobe. É considerado o líder no mercado dos editores de imaxe profesionais, así como o programa de facto para edición profesional de imaxes dixitais e traballos de preimpresión. A súa máis recente versión é identifidada como Adobe Photoshop CS6 (sigla cuxo significado é Creative Suite 6, correspondente á décimo terceira edición desde o seu lanzamento), dispoñible para os sistemas operativos Microsoft Windows e Mac OS X. As versións anteriores ata a 7.0 poden ser usadas noutros sistemas operativos, como o Linux, por medio de programas como o Crossover Office.
Sherlock Holmes Baffled (literalmente, Sherlock Holmes perplexo) é unha curtametraxe estadounidense de cine mudo en branco e negro dirixido por Arthur Marvin en 1900 e estreada oficialmente en 1903. É a primeira adaptación cinematográfica coñecida do detective Sherlock Holmes, creado polo escritor británico Arthur Conan Doyle. A inclusión da personaxe de Holmes fai que a obra sexa tamén o primeio filme de misterio coñecido.
Broken Sword: The Sleeping Dragon
Broken Sword: The Sleeping Dragon é un videoxogo lanzado para Windows, Xbox e PlayStation 2 no 2003, mentres que para o Xapón, a versión de PlayStation 2 (lanzado só en Europa e no Xapón) foi estreado en setembro de 2004. Foi proposta unha versión para Nintendo GameCube, pero acabou sendo cancelada. É a terceira entrega da serie de videoxogos Broken Sword, lanzado seis anos despois do anterior título, The Smoking Mirror.
O Sinclair ZX Spectrum ou ZX Spectrum foi un microordenador de 8 bits baseado no microprocesador Z80 de Zilog, fabricado pola compañía británica Sinclair Research e lanzado ao mercado o 23 de abril de 1982. En Europa, o Sinclair ZX Spectrum foi o microordenador doméstico máis popular da década dos 80. O seu deseño optimizado e compacto fixo as delicias de miles de afeccionados á informática e os videoxogos.
A Terceira República Francesa (en francés: La Troisième Republique) foi un estado que estivo vixente en Francia entre 1870 e 1940. Refírese aos gobernos que rexeron Francia desde o fin do Segundo Imperio Francés ata o establecemento da Francia de Vichy. Foi unha democracia parlamentaria, que empezou o 3 de setembro de 1870 ao ser apresado Napoleón III trala batalla de Sedán.
Pokémon Sun (en xaponés: ポケットモンスター サン; Poketto Monsutā San) e Pokémon Moon (en xaponés: ポケットモンスター ムーン; Poketto Monsutā Mūn) son dous videoxogos de rol de 2016 desenvolvidos por Game Freak e distribuídos por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Son os primeiros títulos da sétima xeración da serie de videoxogos de Pokémon. Os xogos foron anunciados por vez primeira en febreiro de 2016, e Sun e Moon foron lanzados internacionalmente o 18 de novembro de 2016, co gallo do vinte aniversario da franquía. Un par de versións melloradas, Pokémon Ultra Sun e Pokémon Ultra Moon, foron lanzadas para a mesma consola o 17 de novembro de 2017.
Cities: Skylines é un videoxogo de construción de cidades creado pola compañía desenvolvedora de videoxogos finlandesa Colossal Order e publicado por Paradox Interactive o 10 de marzo de 2015 para Windows, OS X e Linux. Considerase popularmente como o competidor dos máis famosos xogos dentro deste xénero, principalmente o SimCity (2013) e en menor medida do Cities XXL. Cities Skylines está dispoñible polo sistema de distribución dixital Steam.
Amiga é unha familia de ordenadores persoais introducida por Commodore en 1985. O modelo orixinal é un dos moitos ordenadores con procesadores de 16 ou 32 bits, 256 KB ou máis de RAM, GUI baseadas en ratos, gráficos e son significativamente mellorados en comparación cos sistemas anteriores de 8 bits. Isto inclúe o Atari ST, lanzado a principios do mesmo ano, así como o Macintosh e Acorn Archimedes.
Os Chicago Bulls son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede en Chicago, Illinois. Os Bulls xogan na División Central da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Fundados o 16 de xaneiro de 1966, o equipo ten a súa sede no United Center, pavillón que comparte cos Chicago Blackhawks da National Hockey League (NHL).
O Amstrad CPC foi unha serie de ordenadores persoais de 8 bits producidos por Amstrad durante os anos 80 e a principios dos anos 90. As siglas CPC anunciaban un ordenador persoal a cor (Color Personal Computer), aínda que era posible comprar un CPC tanto con pantalla de fósforo (GT65/66) como con pantalla estándar a cor (CTM640). Comercializado en 1984 e descatalogado en 1990, contaba con procesador Zilog Z80A @ 4 MHz e memoria de 64 a 576 KB. O sistema operativo era o CP/M e contaba ademais con Locomotive BASIC 1.0 e 1.1.
A COVID-19 (do inglés coronavirus disease 2019 ou enfermidade por coronavirus 2019) é unha enfermidade infecciosa respiratoria causada polo virus SARS-CoV-2. Esta doenza foi identificada primeiramente en 2019 en Wuhan, capital da provincia chinesa de Hubei, e desde entón espallouse por todo o mundo, orixinando a pandemia por coronavirus de 2019–2021. Os seus síntomas comúns son febre, tose e dificultade para respirar.
The Economist é unha publicación semanal en lingua inglesa con sede en Londres, que aborda a actualidade das relacións internacionais e da economía desde un marco global. O seu primeiro número foi publicado o 2 de setembro de 1843 baixo a dirección de James Wilson. Aínda que por razóns históricas se define a si mesma como un xornal, o seu formato actual aseméllao ao dunha revista.
A dos laros (Lari) é unha suborde de aves acuáticas da orde dos caradriformes que comprende as gaivotas, os papamerdas, os carráns, os rincópidos, as alcas e os glareólidos. En xeral os membros desta suborde son aves de tamaño de madiano a grande, máis adaptadas ao voo que as limícolas, coas que comparten orde. A maioría son aves acuáticas que viven no mar ou en zonas húmidas, aínda que en inverno algunhas poden afastarse da costa dirixíndose ao interior continental.
Nyugat ("Occidente") foi a revista fundamental da literatura húngara do século XX. Publicouse en Budapest entre o 1 de xaneiro de 1908 e o 1 de agosto de 1941. O seu primeiro número non se publicou como di a súa portada o 1 de xaneiro de 1907 senón no Nadal de 1907. A revista xogou un papel moi importante na renovación da literatura húngara e nela colaboraron autores relevantes da época como Dezső Kosztolányi.
Call of Duty é unha serie de videoxogos pertencente ao xénero FPS polas súas iniciais en inglés (First Person Shooter). Orixinalmente foi unha serie propia do PC, pero despois apareceu en diversas videoconsolas de quinta e sexta xeración. Ademais destas entregas principais, desde 2003, foron postas á venda diversas entregas para consolas portátiles e móbiles.
Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é unha eurorrexión localizada no noroeste da península Ibérica, e formada por Galicia e o Norte de Portugal. O territorio constituído polas dúas rexións ocupa unha superficie total duns 51.000 km², dos que 29.575 corresponden a Galicia, e 21.284 ao Norte de Portugal, e concentra unha poboación duns 6,4 millóns de habitantes, dos que 2 796 089 corresponde a Galicia, e 3 745 439 ao Norte de Portugal, o que se traduce nunha densidade de poboación de 125,8 hab./km². No que respecta á dinámica de actividade e emprego na eurorrexión, esta concéntrase principalmente no sector servizos (57,1 %), na industria e construción (32,7 %) e no sector primario (10,2 %) (datos do IGE 2009).
O Leopard 2 é un carro de combate alemán fabricado pola empresa Krauss-Maffei-Wegmann, desenvolvido a comezos dos anos 70. Entrou en servizo por primeira vez en 1979, substituíndo ao Leopard 1 na súa función de tanque principal de combate na Bundeswehr. As súas diferentes versións están en servizo en Alemaña e outros quince países, entre eles España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Merlo, melro ou merliño (do latín merulu) son as designacións comúns da especie Turdus merula de aves paseriformes pertencentes á familia Turdidae. Os merlos presentan un forte dimorfismo sexual, sendo o macho negro, con peteiro brillante amarelo-alaranxado e un círculo arredor dos ollos. A femia e os poliños teñen dorso negro, ventre pardo-escuro con manchas pardo-claras, e a garganta e a parte superior do peito pardas con manchas abrancazadas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A lingua gondi (Gōṇḍī) é unha lingua dravídica falada por preto de tres millóns de persoas do pobo gondi, principalmente nos estados indios de Madhya Pradesh, Maharashtra, Chhattisgarh, Telangana, Andhra Pradesh e por minorías pequenas en estados veciños. Aínda que é a lingua propia do pobo gondi, está moi ameazada, xa que só unha quinta parte dos gondi fala a lingua. A lingua gondi ten unha rica literatura popular, exemplos da cal son as cancións de matrimonio e as narracións.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A xeración das Festas Minervais está composta por unha serie de autores de poesía da Literatura galega do século XX. Son persoas que non viviron directamente a Guerra civil española, asistiron á universidade e participaron nas Festas Minervais (concurso literario organizado pola USC que premiaba obras poéticas e narrativas en galego) e senten grande interese pola cultura europea do momento e toman conciencia crítica coa realidade española da época. Boa parte deles fundaron o grupo Brais Pinto durante a súa estancia en Madrid, e crearon unha colección literaria co mesmo nome.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
The Two Popes é un filme de 2019 dirixido por Fernando Meirelles e escrito por Anthony McCarten, adaptado a partir da obra de McCarten The Pope. Está protagonizado por Anthony Hopkins no papel do papa Bieito XVI e Jonathan Pryce como o cardeal Jorge Mario Bergoglio (máis tarde o papa Francisco).Estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 31 de agosto de 2019. Tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 27 de novembro de 2019 e no Reino Unido o 29 de novembro de 2019.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 193.788 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
O rocho é un cuarto da casa, polo xeral pequeno e pouco vistoso, que se destina a gardar os utensilios de menor uso. Non sempre os cuartos destinados a facer de rocho están dentro da casa; é habitual que moitos apartamentos teñan o rocho nun andar distinto do edificio, polo xeral no baixo ou no faiado, aínda que tampouco non é raro que as casas de campo teñan o rocho nun caseto adxacente ou mesmo afastado da vivenda. As linguas doutras culturas onde é habitual ubicalos no soto utilizan unha mesma palabra para os dous significados: sous-sol en francés ou basement en inglés (aínda que tamén existe pantry ou larder con significados similares de almacenamento doutras cousas).
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
Grey's Anatomy é unha serie de televisión estadounidense que se estreou orixinalmente o 27 de marzo de 2005 a través de American Broadcasting Company (ABC). A serie con historia ficticia sobre as vidas de cirurxiáns internos, médicos residentes e asistentes dun hospital que tentan facer carreira como doutores ó tempo que deben manter en equilibrio as súas relacións profesionais e personais. O título é unha alusión a Gray's Anatomy, un libro clásico de anatomía humana que foi publicado orixinalmente en Londres en 1858 e foi escrito por Henry Gray.