Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Ollo da Providencia (ou o ollo de Deus que todo o ve) é un símbolo que representa un ollo arrodeado por raios de luz ou gloria polo xeral pechado nun triángulo. Representa o ollo de Deus observando a humanidade (ou divina providencia). Na era moderna, unha representación notable do ollo é o envés do Gran Selo dos Estados Unidos, que aparece no billete de 1 dólar.
Edgar Allan Poe, (/poʊ/) nado como Edgar Poe o 19 de xaneiro de 1809 en Boston e finado o 7 de outubro de 1849 en Baltimore, foi un novelista, ensaísta, editor e crítico literario estadounidense, coñecido pola súa poesía e as súas historias curtas, en particular os seus contos de misterio e terror. Está amplamente considerado unha das figuras principais do romanticismo escuro nos Estados Unidos e na literatura estadounidense no seu conxunto, e foi un dos primeiros escritores de historias curtas do seu país. Poe considérase xeralmente o inventor do xénero de ficción de detectives e acredítaselle unha contribución ó xénero emerxente da ciencia ficción.
Instagram é unha rede social e aplicación para partillar fotos e vídeos. Permite aos usuarios aplicar efectos fotográficos como filtros, marcos, cores retro e vintage, e posteriormente partillalas en diferentes redes sociais como Facebook, Tumblr, Flickr, Twitter ou Vkontakte. Unha característica distintiva da aplicación é que da unha forma cadrada ás fotrografías en honor á Kodak Instamatic e as cámaras Polaroid, contrastando coa relación de aspecto 16:9 que na actualidade usan a maioría das cámaras dos teléfonos móbiles.
The Legend of Zelda é a epígrafe baixo a que se agocha unha das sagas máis rendibles e famosas da historia dos videoxogos. Creada nos anos 80 por Shigeru Miyamoto e Taqueshi Tezuka para a compañía Nintendo, pronto alcanzaría unha gran fama entre os xogos de acción e aventura. A historia conta como un rapaz da fraga de Kokiri (chamado Link) ten a misión de salva-lo mundo (Hyrule) ou ben rescatar á princesa Zelda.
René Descartes, tamén coñecido como Cartesius, nado en La Haye en Touraine (localidade rebautizada como Descartes máis tarde) o 31 de marzo de 1596 e finado en Estocolmo o 11 de febreiro de 1650, foi un filósofo e matemático francés. Fíxose moi coñecido sobre todo polo seu traballo revolucionario en Filosofía, e mais por ser o inventor do sistema de coordenadas cartesiano, que influenciou o desenvolvemento do Cálculo moderno.Descartes, por veces chamado o fundador da filosofía moderna e o pai da matemática moderna, é considerado un dos pensadores máis importantes e influentes da historia humana. Inspirou aos seus contemporáneos e a xeracións de filósofos.
Disney+ (pronunciado Disney Plus) é un servizo de vídeo baixo demanda en streaming que é propiedade e é xestionado pola división Media and Entertainment Distribution de The Walt Disney Company. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión de The Walt Disney Studios e Walt Disney Television, achegando tamén contido das compañías Disney, Pixar, Marvel, Star Wars, National Geographic e Star. Os filmes e as series de televisión orixinais do servizo tamén son distribuídos en Disney+.
The Elder Scrolls V: Skyrim é un videoxogo de rol en mundo aberto desenvolvido por Bethesda Game Studios e publicado por Bethesda Softworks. É o quinto título da serie The Elder Scrolls, despois de The Elder Scrolls IV: Oblivion. Skyrim foi estreado internacionalmente o 11 de novembro de 2011, para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360.
Na mitoloxía grega, as Horas (en grego Ὧραι; en latín, Horae) eran fillas de Zeus e Temis e representaban ás estacións do ano. Os seus nomes eran Talo (retoño), Auxo (crecemento) e Carpo (froita), aínda que tamén foron coñecidas como Irene (paz), Eunomia (orde) e Dice (xustiza). Desenvolvían funcións secundarias dentro da xerarquía dos deuses.
Godzilla (ゴジラ, Gojira) é un kaiju xaponés que apareceu por vez primeira no filme de Ishirō Honda Godzilla (1954). Dende aquela, Godzilla converteuse nunha icona mundial da cultura pop protagonizando máis de 28 filmes producidos por Toho Co., Ltd.. O monstro apareceu en gran variedade de medios como videoxogos, novelas, banda deseñada e series de televisión.
Stanley Martin Lieber, máis coñecido como Stan Lee, nado en Nova York o 28 de decembro de 1922 e finado o 12 de novembro de 2018, foi un escritor e editor estadounidense. Xunto con outros artistas co-creadores, especialmente Jack Kirby e Steve Ditko, introduciu complexos e naturais caracteres nos superheroes de cómic. O seu éxito posibilitou o cambio de Marvel Comics dunha pequena editorial a unha multinacional.
Fanny Mendelssohn, nada en Hamburgo o 14 de novembro de 1805 e finada en Berlín o 14 de maio de 1847, posteriormente Fanny [Cäcilie] Mendelssohn Bartholdy e, tralo seu matrimonio, Fanny Hensel, foi unha compositora e pianista alemá. En Hamburgo, o Museo Fanny e Felix Mendelssohn está dedicado ás vidas e ás obras de Fanny e do seu irmán Felix.
Neil Alden Armstrong, nado en Wapakoneta, Ohio o 5 de agosto de 1930 e finado o 25 de agosto de 2012 foi un astronauta estadounidense e o primeiro home en pisar a Lúa, o 20 de xullo de 1969. Foi tamén enxeñeiro aeroespacial, aviador naval, piloto de probas e profesor universitario. Antes de converterse en astronauta, Armstrong foi oficial na U.S. Navy e serviu na Guerra de Corea.
O termo pé, en anatomía e zooloxía pode referirse a: En anatomía (humana e animal), o pé é a parte final da perna, que serve de plataforma de sustentación do corpo, e para camiñar. Por analoxía, en bioloxía o termo pé aplícase a diferentes tipos de estruturas soporte de varios seres vivos, especialmente ao: pé dos moluscos; pé dos cogomelos. Así mesmo, por extensión, os termos pé ou pata aplícanse ás estruturas que soportan outras en diversos mobles e outros obxectos (mesas, camas, armarios, hórreos etc.).
O Ducado de Sussex é un título nobiliario usado na Casa Real Británica. Foi conferido por primeira vez o 24 de novembro de 1801 ao príncipe Augusto Federico, sexto fillo do rei Xurxo III do Reino Unido e da súa esposa, a raíña Carlota. Tamén foi nomeado conde de Inverness e barón Arklow no mesmo acto, títulos así mesmo pertencentes á nobreza británica.
A US Patriot Act ("Lei Patriota" en inglés), é un texto legal estadounidense promulgado o 26 de outubro do 2001. Foi aprobada por maioría tanto pola Cámara de Representantes como polo Senado estadounidense despois dos atentados do 11 de setembro de 2001. O obxectivo desta lei é ampliar a capacidade de control do Estado sobre a cidadanía co gallo de combater o terrorismo, mellorando a capacidade das distintas axencias federais de seguridade estadounidenses ó coordinalas e dotalas de maiores poderes de vixilancia contra os delitos de terrorismo.
Unión Internacional de Telecomunicacións
A Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) en inglés: International Telecommunication Union (ITU) é o organismo especializado das Nacións Unidas encargado de regular as telecomunicacións, a nivel internacional, entre as distintas administracións e empresas operadoras. Está organizada en tres sectores principais: UIT-T: Sector de Normalización das Telecomunicacións (antes CCITT). UIT-R: Sector de Normalización das Radiocomunicacións (antes CCIR).
Para outros títulos homónimos véxase esclusa de ar e Esclusa (Países Baixos). As esclusas son obras hidráulicas que permiten vencer desniveis concentrados en canles navegables, elevando ou descendendo os navíos que se atopan nelas. Poden formar parte das estruturas complementarias dunha presa, cando esta se constrúe sobre ríos navegables.
Warcraft II: Tides of Darkness
Warcraft II: Tides of Darkness é un videoxogo de estratexia creado por Blizzard Entertainment, secuela de Warcraft: Orcs & Humans Warcraft II mantén a mesma esencia de Warcraft: Orcs & Humans, nesta entrega os xogadores escollen entre algúndos dous bandos enemistados: os humanos ou os orcos. Esta vez, con todo, o número de criaturas involucradas é maior, os humanos posúen a axuda de elfos, ananos e gnomos; mentres que os orcos reúnen aos trols, ogros e goblins. O xogo mellora notablemente o control e as gráficas do xogo, así como a intelixencia artificial.
As células bipolares da retina son un tipo de neuronas cuxo corpo celular se encontra na capa nuclear interna da retina do ollo, situadas entre os fotorreceptores (conos e bastóns) e as células ganglionares. Actúan, directa ou indirectamente, transmitindo sinais desde os receptores ás células ganglionares.
O Fondo Mundial para a Natureza (en inglés: World Wide Fund for Nature, WWF) é un organización non gobernamental de ámbito internacional fundada o 29 de abril de 1961. Os seus obxectivos son a conservación, investigación e restauración dos ecosistemas. Anteriormente chamouse World Wildlife Fund, nome que aínda é o oficial no Canadá e nos Estados Unidos.
Imprimatur ("Que se imprima", en latín) é unha aprobación por parte da xerarquía da Igrexa católica segundo a cal unha obra literaria ou semellante está libre de erros en materia de doutrina e moral e é polo tanto aceptábel para ser impresa e lida polos católicos. O imprimatur é de maior importancia nas obras que tratan da teoloxía e doutrina católicas e introduciuse como medida para reducir a exposición, especialmente dos leigos, á herexía. A presenza do imprimatur foi en tempos un asunto da maior preocupación para moitos católicos.
Organización Internacional para a Estandarización
A Organización Internacional para a Estandarización (coñecida como ISO) é unha organización non gobernamental composta por diferentes representantes de organismos de normalización de 162 países. Fundouse o 23 de febreiro de 1947 en Xenebra, onde está a súa sede central, a súa función é a elaboración de estándares e normas internacionais para todos os campos da industria e o comercio. A organización publica moitos tipos de normas, como agora as técnicas (por exemplo sobre MP3 ou tarxetas telefónicas), de clasificación (por exemplo os códigos dos países) ou estándares de procedementos (por exemplo a ISO 9000 sobre xestión da calidade).
A investigación ou investigación científica é unha actividade orientada á obtención de novos coñecementos e, por esta vía, ocasionalmente dar solución a problemas ou interrogantes de carácter científico. Tamén existe a investigación tecnolóxica, que emprega o coñecemento científico para o desenvolvemento de "tecnoloxías brandas ou duras".
Robin Hood foi un arquetípico heroe e foraxido do folclore inglés medieval. Segundo a lenda, Robin Hood era un home chamado Robin Longstride ou Robin de Locksley, quen era de gran corazón e vivía fora da lei, agochado no Bosque de Sherwood e de Barnsdale, preto da cidade de Nottingham. Hábil arqueiro, defensor dos pobres e oprimidos, loitaba contra o shériff de Nottingham e o príncipe Juan sen Terra, que utilizaban a forza pública para acaparar ilexitimamente as riquezas dos nobres que se lles opuñan.
Videoxogo de estratexia en tempo real
Os videoxogos de estratexia en tempo real ou RTS (siglas en inglés de real-time strategy) son videoxogos de estratexia nos que non hai quendas senón que o tempo transcorre de forma continua para os xogadores. Os videoxogos en tempo real son un dos subxéneros dos xogos de estratexia máis dinámicos que hai. Ademais, por regra xeral están máis traballados no apartado gráfico, xa que ó ter terreos de xogo máis pequenos que outros subxéneros, pódense representar máis texturas sen alterar tanto o rendemento.
A preposición é a clase de palabra invariable que introduce o chamado sintagma preposicional. Constitúe un nexo en tanto que liga palabras, sintagmas e ata oracións, pero subordina unha destas unidades (o elemento rexido) á anterior (elemento rexente), da cal depende a través da preposición. Preceden necesariamente a un sintagma nominal.
Monumento á riqueza dos Descubrimentos, o Mosteiro dos Xerónimos sitúase en Belém, Lisboa, á entrada do Río Texo. Constitúe o punto máis alto da arquitectura manuelina e o máis notábel conxunto monástico do século XVI en Portugal e unha das principais igrexas-salón da Europa. Destaca o seu claustro, completo en 1544, e a porta sur, de complexo deseño xeométrico, de fronte para o río Texo.
Pan European Game Information (en galego: Información Paneuropea sobre Videoxogos) ou PEGI é un sistema europeo para clasificar o contido dos videoxogos e outro tipo de software de entretemento. Foi desenvolvido pola ISFE e entrou en práctica en 9 de abril do 2003. O sistema PEGI aplícase en 25 países sen ter relación algunha coa Unión Europea.
MobyGames é un sitio web dedicado a catalogar videoxogos, tanto do pasado como do presente. O sitio contén unha extensa base de datos de información de videoxogos. O obxectivo do sitio web defínese así na propia páxina: "Catalogar polo miúdo toda a información relevante acerca de xogos electrónicos (computadora, consola, e arcade) nunha maneira de xogo-por-xogo, e logo ofrecer esa información a través de preguntas flexibles e minaría de datos.
Invasión rusa de Ucraína de 2022
O 24 de febreiro de 2022, Rusia comezou unha invasión militar en Ucraína, un dos seus países veciños do suroeste. Os primeiros informes declararon esta invasión como a maior operación militar de guerra convencional en Europa dende a segunda guerra mundial. Este suceso marcou un aumento na escalada da violencia na actual guerra ruso-ucraína, a cal comezou en febreiro de 2014.
O mongol (en escritura mongol: , Mongɣol kele; en mongol cirílico: Монгол хэл, Mongol khel) é a lingua propia do pobo mongol, a lingua oficial de Mongolia e a máis coñecida da familia lingüística mongol. O número de falantes de tódolos dialectos chega ós 5,2 millóns, incluíndo os habitantes de Mongolia e ós residentes da Mongolia Interior, unha rexión autónoma de China. En Mongolia, o dialecto khalkha, escrito en cirílico (e outrora en alfabeto latino), é o predominante, mentres que en Mongolia Interior, a lingua é máis diversa dialectalmente e escríbese na escritura mongol.
Sesame Street é un programa infantil de televisión estadounidense dirixido a nenos en idade preescolar, coñecido pola combinación de educación e entretemento, empregando uns monicreques coñecidos como the Muppets creados por Jim Henson, a animación, as curtas, o humor, e a utilización de referencias culturais. En Galicia emitiuse desde 1979 e durante os anos oitenta do século XX en castelán e en Televisión Española cunha versión española chamada Barrio Sésamo. Na versión española, ademais dos monicreques internacionais: Big Bird (Caponata), Ernie and Bert (Epi e Blas), Elmo, Grover (Coco), Cookie Monster (Triqui ou Monstro das Galletas), Kermit the Frog (a Ra Gustavo), e Count von Count (o Conde) apareceron personaxes nacionais que acadaron gran sona, uns humanos e dous monicreques: O ourizo Espinete e o papagaio Don Pimpón.
A Wikipedia en tailandés (en tailandés: วิกิพีเดียภาษาไทย) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua tailandesa. Foi creada o 25 de decembro de 2003. En xaneiro de 2021, a Wikipedia en tailandés é a edición de Wikipedia máis visitada en Tailandia e Laos.Esta versión da enciclopedia contén 152.344 artigos e 438.965 usuarios, dos cales 974 son activos.
Unha aplicación móbil (app) é unha aplicación informática deseñada para ser empregada en tabletas táctiles, teléfonos intelixentes e outros dispositivos móbiles. Pódense adquirir a través de plataformas de distribución de aplicacións. Algunhas aplicacións son de balde, mentres que outras deben ser mercadas.
Civilization IV (tamén coñecido como Civilization 4 ou Civ4) é un videoxogo de estratexia para computador que é o cuarto título da serie Civilization. Foi deseñado por Soren Johnson baixo a dirección de Sid Meier e o estudio de desenvolvemento Firaxis Games. Estreouse en América do Norte, Europa e Australia entre o 25 de outubro e o 4 de novembro de 2005.
Comunidade de Estados Independentes
A Comunidade de Estados Independentes (CEI) é unha organización supranacional composta por 9 das 15 ex-repúblicas soviéticas, coa excepción dos 3 estados bálticos (Estonia, Letonia e Lituania, que na actualidade son membros da Unión Europea); Turkmenistán (que abandonou a organización o 26 de agosto do 2005 para converterse en membro asociado); Xeorxia, que se retirou o 18 de agosto de 2009 e Ucraína que de iure non é membro da CEI, ao non ratificar o estatuto da organización, malia que é un estado fundador e membro da Comunidade. Mongolia participa nalgunhas estruturas da CEI como observador.. A súa creación asinou a disolución da Unión Soviética e, segundo Vladimir Putin, o seu propósito foi o permitir un "divorcio civilizado" entre as repúblicas que conformaban a Unión.
Leoš Janáček, nado na localidade de Hukvaldy (Moravia, daquela pertencente ao Imperio Austríaco e na actualidade na República Checa) o 3 de xullo de 1854 e finado o 12 de agosto en Ostrava (Checoslovaquia), foi un compositor, organista, teórico musical, folklorista, publicista e profesor checo. Inspirouse nas músicas tradicionais da súa Moravia natal, así como a de tódolos pobos eslavos, para crear un estilo musical orixinal e moderno.
League of Legends (abreviado como LoL) é un videoxogo multixogador desenvolvido e publicado por Riot Games para Microsoft Windows e OS X. O xogo é un modelo freemium que se sostén con micro-transaccións. Inspirado polo modo de xogos como Warcraft III: The Frozen Throne e Defense of the Ancients os fundadores de Riot buscaron desenvolver un xogo independente do mesmo xénero. Dende o seu lanzamento en outubro de 2009, o xogo é de balde e monetízase mediante a personalización de personaxes que se poden comprar.
Denomínase disolvente, ou solvente, á substancia que permite a dispersión doutra, o soluto, no seu seo. Normalmente o disolvente establece o estado físico da disolución, polo que se di que o disolvente é o compoñente da disolución que está no mesmo estado físico que a disolución. A auga cualifícase moitas veces como o disolvente universal, porque disolve a máis do 50 % dos compostos coñecidos.
Teoloxía é literalmente estudo de Deus (do grego θεος, theos, «Deus»; + λογος, logos, «estudo»). Este termo foi usado por primeira vez por Platón en «A República» para referirse á comprensión da natureza divina por medio da razón, en oposición á comprensión literaria propia dos seus poetas coetáneos. Máis tarde, Aristóteles empregou o termo en numerosas ocasións con dous significados: Teoloxía como a rama fundamental da ciencia filosófica, tamén chamada filosofía primeira ou ciencia dos primeiros principios, máis tarde chamada Metafísica polos seus seguidores.
Un sindicato é unha agrupación de traballadores organizados para loitar pola defensa e promoción dos seus intereses sociais, económicos e laborais, con respecto ao centro de produción (empresa, fábrica) ou ao empregador. Xeralmente o termo é aplicado ao sindicato obreiro, formado polo proletariado industrial, pero tamén pode referirse a outros grupos, como o sindicato campesiño, que agrupa os traballadores do campo, o sindicato agrícola, que agrupa sobre todo os grandes propietarios rurais, o sindicato patronal, ou agrupación de empresarios para defender os seus intereses, e o sindicato de estudantes, que agrupa fundamentalmente estudantes universitarios.
O lied (plural lieder) é en alemán canción pero na tradición musical europea pasou a denominar un tipo de canto de orixe alemá desenvolvido no romanticismo alemán para un cantante só e piano, dunha fonda e íntima sensibilidade, sen pretensión ningunha, de virtuosismo vocal baseado no clima poético dun texto polo xeral de gran calidade, Goethe, Schiller ou Heine, etc. Preténdese que a música vaia máis alá do poema explorando a zona sentimental de misterio, querenza do romanticismo alemán. O piano, máis que acompañando á voz, dialoga con ela en forma de comentario sonoro paralelo que acentúa o carácter irreal e máxico da composición.
Un CD (das siglas inglesas de Compact Disc) ou disco compacto é un soporte dixital óptico para todo tipo de datos (son, vídeo, documentos etc). Foi creado en 1980 por Sony e Philips e comercializado a partir de 1982 deica hoxe. Nos días de hoxe, tecnoloxías sucesoras como o DVD poden desprazar ou minimizar esta forma de almacenamento; o DVD tamén é un almacenamento óptico.
O asasinato (tamén denominado homicidio cualificado) é un delito contra a vida humana independente, de carácter moi específico, que consiste en matar a unha persoa concorrendo certas circunstancias, tales como: aleivosía; prezo, recompensa ou promesa remuneratoria; asañamento. Co novo Código Penal de 1995 desapareceu a circunstacia de "premeditación", recollida no anterior CP de 1944/1973.
Dark Souls (ダークソウル, Dāku Souru) é un videoxogo de acción e rol ambientado nun mundo aberto. Foi desenvolvido e publicado para PlayStation 3 e Xbox 360 por From Software no Xapón e publicado por Namco Bandai Games internacionalmente. É un sucesor espiritual de Demon's Souls, e inicialmente comezou o proxecto baixo o título Project Dark.
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
Game of Thrones é unha serie de televisión estadounidense de fantasía medieval creada para a canle HBO por David Benioff e D. B. Weiss. Está baseada na obra do autor George R. R. Martin A Song of Ice and Fire, unha serie de novelas de fantasía, a primeira das cales se chama A Game of Thrones. A serie ródase en Paint Hall Studios de Belfast, e en diversas localizacións en Irlanda do Norte, Malta, Croacia, Islandia, España, os Estados Unidos e Marrocos.
Peter Sagan, nado en Žilina o 26 de xaneiro de 1990, é un ciclista eslovaco. Fíxose profesional en 2009, e en pouco tempo gañou sona como especialista en clásicas e finais en sprint, tamén ten boas calidades como corredor de contra o reloxo, sendo quen de bater a Fabian Cancellara no prólogo da Volta a Suíza 2011. Caracterízase por ser un corredor atrevido e con moito equilibrio enriba da bicicleta, ademais de rodar de maneira moi espectacular.
O Xenocidio de Ruanda foi un asasinato en masa da etnia tutsi por membros hutus que tivo lugar en 1994 no estado africano de Ruanda. Ó longo de aproximadamente 100 días (dende o asasinato de Juvénal Habyarimana e Cyprien Ntaryamira o 6 de abril, ata mediados de xullo) máis de 500.000 persoas foron asasinadas segundo estimacións de Human Rights Watch. O número total puido estar entre 500.000–1.000.000, ou o que é o mesmo, o 20% da poboación total do país.
A lingua casaca ou casaco é unha lingua turca da familia altaica, con grafía ben árabe na China, Irán ou Afganistán; ben cirílica. Durante a década de 1930 experimentouse coa latina en Turquía. É idioma oficial xunto coa lingua rusa de Casaquistán; fálase nos territorios do que foi o amplo imperio mongol: a provincia china de Xinjiang, Mongolia, Quirguistán, Uzbekistán, Turkmenistán, Ucraína e Rusia.
A norma xurídica é unha regra ou ordenación do comportamento humano ditado por autoridade competente de acordo a un criterio de valor e cuxo incumprimento trae aparellado unha sanción. Xeralmente, impón deber e confire dereitos. Diferénciase doutras normas de conduta no seu carácter heterónomo (imposto por outro), bilateral (fronte ao suxeito obrigado a cumprir a norma, existe outro facultado para esixir o seu cumprimento), coercible (exixible por medio de sancións tanxibles) e externo (importa o cumprimento da norma; non o estar convencido da mesma).
A LNB Pro A (nome completo: Ligue Nationale de Basket Pro A; do francés: Liga Nacional de Baloncesto Pro A), coñecida por motivos de patrocinio como Betclic Élite, é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino en Francia. Organizada pola Ligue Nationale de Basket (LNB) desde 1987, a competición existe desde o ano 1921. Os dous últimos equipos da competición ao final da temporada descenden á LNB Pro B, mentres que os oito primeiros compiten nunha eliminatoria de playoffs polo título.
O jèrriais é unha forma da lingua normanda que se fala na Illa de Jersey, unha das Illas da Canle a carón da costa de Francia. Esmoreceu durante o século XX pola substitución do inglés como lingua da educación, do comercio e da administración. Hai moi poucas persoas que falen o jèrriais como lingua nai e, tendo en conta a idade dos falantes, este número mingua ano tras ano.
Vampire: The Masquerade – Bloodlines
Vampire: The Masquerade – Bloodlines é un videoxogo de rol de acción de 2004 desenvolvido por Troika Games e publicado por Activision para Microsoft Windows. Ambientado no World of Darkness de White Wolf Publishing, o xogo baséase no xogo de rol Vampire: The Masquerade. O xogador encarna o papel protagonista dun humano personaxe que morre e revive como un vampiro, nunha historia que se desenvolve na cidade de Los Angeles no século XXI tentando descubrir a verdade sobre unha reliquia recentemente atopada que presaxia o fin de tódolos vampiros.
O kanarés (ಕನ್ನಡ) é unha das linguas dravídicas de maior difusión, documentada desde época temperá. Xeograficamente presenta diferentes variedades xeográficas, que en conxunto falan aproximadamente 44 millóns de persoas. É a lingua oficial no estado de Karnataka, un dos catro estados meridionais da India.
A inspiración na composición artística asóciase a un gromo de creatividade irracional e inconsciente. Literalmente, a palabra significa "recibir o alento," e ten as súas orixes no helenismo e a cultura hebrea. Homero e Hesíodo, nas primeiras discusións sobre a natureza da inspiración destacan como importante tanto os aspectos rituais como as orixes divinas do alento dun deus.
Primeiro ministro do Reino Unido
O Primeiro Ministro do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (Prime Minister of the United Kingdom, en inglés; Prif Weinidogion e Deyrnas Unedig, en galés; Prìomhairean na Breatainne, en gaélico escocés) é o xefe de Goberno do Reino Unido. Encabeza o Goberno da súa Maxestade e do mesmo xeito que outros primeiros ministros da Commonwealth (que seguen a forma constitucional que se chama o sistema Westminster) exercita, xunto cos membros do seu gabinete, o poder executivo do Goberno Británico. O Primeiro Ministro exercita os poderes que pertencen teoricamente a A súa Maxestade a Raíña.
O CD-Rom ou Compact Disc Read Only Memory é un disco compacto de só lectura. Trátase dun CD utilizado para almacenar datos de ordenador, unha vez gravado os seus datos non se poden modificar nin alterar. Diferencianse dos CDs de son só polo contido que teñen: os discos compactos de son almacenan son, e estes almacenan datos.
Sonny John Moore, nado no barrio de Highland Park, na cidade dos Ánxeles, o 15 de xaneiro de 1988, é un DJ, cantante e produtor musical estadounidense coñecido polo seu nome artístico Skrillex. Sonny Moore uniuse á banda post-hardcore From First to Last como o seu cantante en 2004, e gravou dous álbums con eles Dear Diary, My Teen Angst Has a Body Count (2004) e Heroine, (2006). Deixou a banda para comezar a súa carreira en solitario en 2007.
Titanfall é un videoxogo multixogador de tirador en primeira persoa desenvolvido por Respawn Entertainment e publicado por Electronic Arts. Foi lanzado para Microsoft Windows e Xbox One o 11 de marzo de 2014. Unha versión para Xbox 360 foi adaptada por Bluepoint Games e foi estreado o 8 de abril de 2014.
O sueco (svenska escoitar ) é unha lingua xermánica falada no norte de Europa, en concreto en Suecia e na costa de Finlandia (falada por un 5% dos fineses), é moi similar ó danés e o noruegués, máis diferénciase delas na pronunciación e ortografía. É falada por nove millóns de persoas, sobre todo en Suecia e en partes da Finlandia, especialmente na costa e nas illas Åland.
O turismo é o principal compoñente da economía de Andorra. Atractivo para os compradores de España e Francia pola súa condición de zona franca, o país desenvolveu un importante complexo turístico moi activo na tempada de inverno (grazas ás estacións de esquí) e, en menor medida, no verán. No ano 2005, o país acolleu a 11 049 490 visitantes.
A iniciativa popular, tamén coñecida como iniciativa cidadá refírese á posibilidade amparada na constitución de que as persoas presenten peticións, cargo de xustiza, avalada polas súas firmas, para que se tome a consideración política un determinado asunto público, como pode ser unha reforma dun estatuto ou dunha lei, ou mesmo unha emenda constitucional. A iniciativa pode ser directa ou indirecta. Se é directa, a presentación da iniciativa desemboca nun referendo para aprobala ou rexeitala.
Tailandia (en tailandés: ประเทศไทย, Prathet Thai) oficialmente Reino de Tailandia (en tailandés: ราชอาณาจักรไทย, Ratcha Anachak Thai; [râːt.tɕʰā ʔāːnāːtɕàk tʰāj] ), antigamente coñecido como Siam (en tailandés: สยาม, Sayam), é un país situado no centro da península Indochina no Sueste asiático. Comparte fronteiras ao norte con Myanmar e Laos, ao leste con Laos e Camboxa, ao sur co Golfo de Tailandia e Malaisia, e ao oeste co Mar de Andaman e o extremo meridional birmano. As súas fronteiras marítimas inclúen Vietnam no Golfo de Tailandia ao sueste, e Indonesia e a India no Mar de Andaman ao suroeste.