Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A Academia Francesa (en francés: Académie française) é unha institución encargada de regular e perfeccionar a lingua francesa. Foi fundada en 1635 polo cardeal Richelieu, durante o reinado de Luís XIII de Francia, feito que a converte nunha das máis antigas institucións do país galo. Está composta por un total de corenta membros, que son elixidos polos seus iguais.
O termo audiencia pode tomar os significados seguintes: Telecomunicacións: A audiencia, o público que recibe mensaxes a través dun medio de comunicación, polo xeral a radio e a televisión. Horario de máxima audiencia. Dereito: A audiencia, o momento dun proceso en que se admiten razón ou en que se presentan as probas dun xuízo.
Biblioteca Nacional de Australia
A Biblioteca Nacional de Australia (en inglés: National Library of Australia) é a maior biblioteca de referencia de Australia e atópase na súa capital, en Camberra. Tamén fai a función de depósito legal de Australia. Segundo os datos de 2012 e 2013, a biblioteca conta cun fondo de 6 496 772 ítems, e cunha estimación doutros 2 325 900 ítems adicionais na colección de manuscritos.
A pandemia por coronavirus de 2019–2021 é unha pandemia global actual de doenza do coronavirus 2019 (COVID-19) causada polo coronavirus 2 da síndrome respiratoria aguda severa (SARS-CoV-2). O virus foi identificado por vez primeira en Wuhan, na provincia chinesa de Hubei, en decembro de 2019, estendéndose finalmente a cada provincia do país. O 11 de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde declarou o abrocho como unha pandemia.
O Premio Erasmus é un premio anual que outorga a Fundación Praemium Erasmianum a persoas ou institucións que fixeron contribucións excepcionais nos eidos da cultura, humanidades, ciencias sociais e arte en Europa e tamén no resto de mundo. Está considerado como un dos recoñecementos máis distinguidos de Europa e leva o nome do teólogo e humanista neerlandés, Desiderius Erasmus.
Chanel S.A. é unha compañía francesa propiedade de Alain e Gerard Wertheimer, netos de Pierre Wertheimer, compañeiro de negocios de Gabrielle Bonheur Chanel. Chanel S.A. é unha casa da moda especializada na roupa de alta costura e de prêt-à-porter, nos produtos luxosos e nos accesorios. Na súa mocidade, Gabrielle Chanel gañou o alcume de Coco no tempo que foi cantante.
A masonaría, masonería, francmasonaría ou francmasonería é unha organización que se autodefine como de carácter iniciático, filantrópico e filosófico. Os seus membros e simpatizantes sosteñen que ten como obxectivo a procura da verdade e fomentar o desenvolvemento intelectual e moral do ser humano. Os masóns, tanto homes como mulleres, organízanse en estruturas de base denominadas loxas que, á súa vez, poden estar agrupadas nunha organización de ámbito superior normalmente denominada "Gran Loxa", "Grande Oriente" ou "Gran Priorado".
John William Waterhouse, nado o 6 de abril de 1849 en Roma e finado o 10 de febreiro de 1917 en Londres, foi un pintor británico de estio Pre-Rafaelita. A súa obra é varias décadas posterior ao fin da Irmandade Pre-Rafaelita, que tivo o seu apoxeo a mediados do século XIX, polo que recibiu o sobrenome de "o Pre-Rafaelita moderno". Influenciado tamén por outros artistas impresionistas contemporáneos, a súa obra é coñecida pola súa representación de mulleres da mitoloxía grega e das lendas artúricas.
The Walt Disney Company, ou simplemente Disney, é unha das meirandes compañías de medios de comunicación e entretemento do mundo en ingresos. Fundada o 16 de outubro de 1923 por Walt Disney e Roy Disney, co paso do tempo converteuse nun dos maiores estudios de filmes de Hollywood. Ademais opera e licenza parques temáticos e diversas cadeas de televisión en aberto e por cable, como ABC, Disney Channel e ESPN. As oficinas coporativas atópanse concentradas principalmente en The Walt Disney Studios en Burbank, California.
Unha disciplina académica ou campo de estudo é o desenvolvemento do coñecemento sobre un tema específico, pensado ou investigado nunha escola superior, un centro de estudos ou investigacións, unha universidade ou un laboratorio. As disciplinas están en parte definidas e recoñecidas por publicacións científicas ou académicas, onde se expoñen resultados de procesos investigativos, e polos círculos académicos ou científicos aos que pertencen os investigadores. Os campos de estudo teñen polo xeral numerosas ramas ou subdisciplinas e as liñas que as distinguen adoitan ser difusas, ambiguas e mesmo por veces arbitrarias.
A República da China (en chinés tradicional: 中華民國; pinyin: ZhongHuá MínGuó; Wade-Giles: Chung Hua Min Kuo), coñecida polo xeral como Taiwán (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 14 países.
A ISO 3166-2 é a segunda parte do estándar da ISO 3166. É un sistema geocode creado para cifrar os nomes de subdivisións dos países (entidades territoriais), así coma tamén as Áreas dependentes. O obxectivo do estándar é estableces unha serie mundial de abreviaturas curtas para os lugares, para o seu uso en etiquetas de paquetes, envases e outros obxectos semellantes.
O esquema Ponzi é un unha operación fraudulenta de investimento na que se prometen anormalmente altos réditos a custa do capital procedente de novos investidores máis que dos beneficios reais da operación. Constitúe unha forma sofisticada do venda piramidal que forma unha burbulla económica destinada ó colapso. O esquema débelle o nome a Charles Ponzi, un inmigrante italiano nos Estados Unidos, quen utilizou esta técnica na década de 1920, aínda que non foi el quen a inventou, pois xa Charles Dickens a describiu nunha das súas novelas.
A microfluídica estuda o comportamento de líquidos e gases nas escalas máis pequenas. Este comportamento diferénciase de maneira fundamental do observado en fluídos macroscópicos porque a esta escala algúns efectos normalmente considerados insignificantes en mecánica de fluídos clásica poden ser dominantes. Se por exemplo as forzas de fricción son predominantes con respecto ás forzas inercias, o que se corresponde cun fluxo a baixo número de Reynolds, o fluxo resultante é laminar sen turbulencias apreciables.
Un organismo ou ser vivo é un conxunto de átomos e moléculas que forman unha estrutura material moi organizada e complexa, na que interveñen sistemas de comunicación molecular, que se interactúan co ambiente intercambiando materia e enerxía dunha forma ordenada e que desempeña as funcións básicas da vida, que son a nutrición, a relación e a reprodución, de tal xeito que os seres vivos atúan e funcionan por si mesmos sen perder o seu nivel estrutural. A materia que compón os seres vivos está formada nun 95% por catro átomos: que son o carbono, o hidróxeno, o osíxeno e mais o nitróxeno, a partir dos cales xorden as moléculas, tanto orgánicas ou biomoléculas como inorgánicas. Moléculas orgánicas ou biomoléculas: os ácidos nucleicos, as proteínas, os glícidos e os lípidos.
Os anfibios (Amphibia, do grego ἀμφί, amphí ('ambos') e βίος, bíos ('vida'), que significa «ambas as vidas» ou «en ambos os medios») son unha clase de vertebrados anamniotas (sen amnio, como os peixes), tetrápodos, ectotérmicos, con respiración branquial durante a fase larvaria e pulmonar ao alcanzar o estado adulto. A diferenza do resto dos vertebrados, distínguense por sufrir unha transformación durante o seu desenvolvemento. Os anfibios foron os primeiros vertebrados en adaptarse a unha vida semiterrestre, presentando na actualidade unha distribución cosmopolita ao atoparse exemplares en practicamente todo o mundo, estando ausentes só nas rexións árticas e antárticas, nos desertos máis áridos e na maioría das illas oceánicas.
Privatdozent é, desde o século XIX, un título universitario de tradición alemá en Europa. Designa aos ensinantes que recibiron unha habilitación, pero que non obtiveron (aínda) unha cátedra de ensinanza ou de investigación. Por iso, o Privatdozent non recibía remuneración ningunha por parte do goberno; porén, era un paso obrigado para obter unha cátedra.
A ópera bufa (do italiano opera buffa, tamén denominada commedia per musica ou dramma giocoso per musica) é un subxénero de ópera cun tema cómico. Desanvolveuse en Nápoles na primeira metad do século XVIII, de onde se difundiu cara a Roma e o norte de Italia. A súa contraparte estilística é a Ópera seria.Exemplos de ópera buffa son Il barbiere di Siviglia (1816), de Rossini, As vodas de Fígaro (1786), de Mozart e Don Pasquale (1843) de Donizetti.
Centro, en ciencia política, é o conxunto de partidos, políticas e ideoloxías que se caracteriza por considerarse a si mesma intermedias, no espectro político, a posicións tanto de dereita como de esquerda política.É conveniente non confundir o centrismo co reformismo. Mentres o centrismo valora as posicións consensuais como un fin en si mesmas -as políticas do "xusto medio" -, o reformismo mantén obxectivos a longo prazo para os cales tales posicións serían só un momento nun proceso progresista de avance moderado ou paulatino. Na práctica política contemporánea, o centrismo propón e defende políticas de economía mixta e de afondamento da democracia.«O goberno representativo falla cando políticos corruptos en xeral serven intereses empresariais ou especiais.
Os hebreos (do latín Hebraei e do grego antigo Hebraioi [Ἑϐραῖοι], e ambos á súa vez do hebreo ‘Ivrīm [עברים]) son un antigo pobo semita do Levante mediterráneo (Próximo Oriente) establecidos no ano 616 a. C, tamén son devanceiros dos israelitas e do pobo xudeu.A tradicional fonte de referencia para os hebreos é a Biblia, cuxo contido tamén se atopa nas escrituras hebreas da Tora. Segundo estas fontes os hebreos constitúen o grupo monoteísta inicial, que é descendente dos patriarcas posdiluvianos Abraham, Isaac e Xacob.
"Xan o das fabas máxicas" ou Os feixóns máxicos (na súa versión orixinal inglesa: "Jack and the Beanstalk") é un conto de fadas inglés probabelmente de tradición oral. A primeira edición impresa coñecida é a versión con ensinanza de Benjamin Tabart en 1807(The History of Jack and the Bean-Stalk - A historia de Xacobe e o pé de feixón) "Felix Summerly" (Henry Cole) popularizouno na súa obra The Home Treasury (1842), e Joseph Jacobs reescribiuno en English Fairy Tales (1890). A versión de Jacobs é a máis común hoxe en día, e seica é máis achegada ás versións orais do conto ca a de Tabart, que non ten ensinanza.
A crucifixión é un método de execución, onde o condenado é atado ou cravado nunha cruz de madeira ou entre dúas árbores ou incluso nunha parede, deixándoo alí até a súa morte. Este xeito de execución foi moi empregado na Antiga Roma e en culturas veciñas do Mediterráneo. Tamén métodos semellantes foran inventados no Imperio Persa.
A US Patriot Act ("Lei Patriota" en inglés), é un texto legal estadounidense promulgado o 26 de outubro do 2001. Foi aprobada por maioría tanto pola Cámara de Representantes como polo Senado estadounidense despois dos atentados do 11 de setembro de 2001. O obxectivo desta lei é ampliar a capacidade de control do Estado sobre a cidadanía co gallo de combater o terrorismo, mellorando a capacidade das distintas axencias federais de seguridade estadounidenses ó coordinalas e dotalas de maiores poderes de vixilancia contra os delitos de terrorismo.
Steven Allan Spielberg, nado en Cincinnati (Ohio) o 18 de decembro de 1946, é un director de cine estadounidense. Foi sete veces candidato ao Óscar ó mellor director, obténdoo en dúas ocasións, cos filmes A lista de Schindler (1993) e Saving Private Ryan (1998). Tres das súas películas lograron converterse no filme de maior recadación no seu momento: Tiburón (1975), E.T. the Extra-Terrestrial (1982) e Parque Xurásico (1993).
Santiago o Xusto, tamén chamado irmán do Señor, a miúdo identificado con Santiago o Menor ou ben Santiago Alfeo, martirizado en 62, foi consonte a tradición, o primeiro bispo ou patriarca de Xerusalén, e o autor da Epístola de Santiago incluída no Novo Testamento. Hai tres personaxes neotestamentarias chamadas Santiago: Santiago o Maior fillo de Zebedeo e Salomé, irmán de Xoán evanxelista, un dos Apóstolos. Santiago o Xusto, irmán do Señor.
Irlanda do Norte (oficialmente en inglés: Northern Ireland, en irlandés: Tuaisceart Éireann) é o nome oficial dun dos países constituíntes do Reino Unido, que se atopa ao nordeste da illa de Irlanda conformado por 6 condados. A súa capital é Belfast. Limita ao norte co océano Atlántico, ao leste coa canle do Norte, ao sueste co mar de Irlanda, e ao sur, suroeste e oeste (360 km de fronteira) coa República de Irlanda.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Libia (en árabe: ليبيا Lībiyā, en bérber: Libya), é un país situado na rexión do Magreb no Norte de África. Ás beiras do mar Mediterráneo ao norte, Libia limita con Exipto ao leste, Sudán ao sueste, Chad e Níxer ao sur, e Alxeria e Tunisia ao oeste. Na Grecia antiga, o termo Libia era utilizado nun senso máis amplo, comprendendo toda África do Norte ao oeste de Exipto.Cunha área de ao redor de 1 800 000 quilómetros cadrados, Libia é o cuarto país máis grande de África por área e o décimo sétimo do mundo.
O concepto de conxunto na Matemática é intuitivo e poderiamos definilo como unha colección de varios obxectos ou elementos, sen importar a súa orde e feita con calquera criterio. Un conxunto está ben definido se é sabido se un determinado elemento pertence ou non ao conxunto. Os conxuntos represéntanse cunha letra maiúscula.
O xénero gramatical é un trazo gramatical que fai referencia a cada unha das categorías en que se poden clasificar certas clases lexicais dunha lingua. Nalgunhas linguas coma a galega o xénero adoita vincularse vagamente co sexo (cando esas clases refiren seres vivos sexuados, aínda que non sempre).
Gol (do inglés goal) ou tanto, é meter o balón dentro da portería, que é o obxectivo do xogo de varios deportes. O equipo que marca máis goles nun período determinado, é o gañador do partido. O regulamento esixe que o balón estea completamente dentro da portería sen ningunha das súas partes sobre a liña branca.
O Mouvement du 22 Mars (en galego: Movemento do 22 de Marzo), abreviado como M22M, é unha asociación de sindicatos e asociacións de estudantes da Universidade de Pau e dos países do Adur. O movemento naceu en 2016 durante as eleccións estudantís na Universidade de Pau e dos Países do Adur, reunindo a Solidaires Étudiant-e-s, Med'Òc e Euskal Ikasleak. En 2023, o M22M estaba formado por Solidaires Étudiant-es, a CGT FERC Sup UPPA e o Med'Òc de Pau.
Enténdese por lexislatura o período de tempo que transcorre entre eleccións políticas, e correspóndese co mandato no que os órganos lexisladores (Cámara alta ou Cámara dos senadores e/ou Cámara baixa ou Cámara dos deputados) exercen as súas funcións. No Parlamento de España e nos de todas as súas comunidades autónomas as lexislaturas teñen unha duración ordinaria máxima de catro anos. Cabe dicir o mesmo no que respecta ás eleccións das administracións locais.
O Nobel de Física (un dos Premios Nobel) é unha condecoración creada pola Fundación Nobel, de gran relevancia dende a súa creación, obedecendo a vontade do químico Alfred Nobel, expresa no seu testamento. É un premio atribuído anualmente, en outubro, polos membros da Real Academia das Ciencias de Suecia, a eminentes investigadores que salienten na produción de coñecementos innovadores no eido da física. A medalla e o diploma da fundación son oficialmente entregadas polo rei de Suecia, o 10 de decembro, día do aniversario do creador do premio.
O enforcamento ou aforcamento é a suspensión dunha persoa por unha ligadura para producir a morte por suspensión do corpo dende o pescozo. A suspensión pódese facer nunha forca ou culquera outro punto de suxeición a altura dabondo e resistencia ó peso. O enforcamento tamén foi empregado como un xeito de suicidio no cal a persoa aplica unha ligadura ó pescozo até que se presenta a inconsciencia e despois a morte por medio de suspensión parcial ou por mor do soporte do peso na ligadura.
O Citröen 2CV (do francés: deux chevaux vapeur, literalmente «dous cabalos de vapor»; chamado popularmente Dous Cabalos) foi un modelo de automóbil de baixo custo creado pola compañía francesa Citroën. Foi presentado á prensa no Salón do Automóbil de París en 1948 cun motor de 375 cc. Máis adiante tivo melloras, como un novo motor de 425 cc en 1955 e outro de 602 cc en 1966.
A Enciclopedia Italiana di Scienze, Lettere ed Arti (do italiano "Enciclopedia italiana de Ciencias, Letras e Artes"), máis coñecida como Treccani polo seu desenvolvedor Giovanni Treccani, ou Enciclopedia Italiana, é unha enciclopedia en lingua italiana. A publicación Encyclopaedias: Their History Throughout The Ages, considéraa unha das meirandes enciclopedias, xunto coa Encyclopædia Britannica Undécima Edición e a Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana.
Os polihidroxialcanoatos ou PHAs son poliésteres producidos na natureza por numerosos microorganismos, incluso por medio de fermentación bacteriana de azucres ou lípidos. Cando se producen por bacterias serven como unha fonte de enerxía e como almacén de carbono. Dentro desta familia de compostos poden combinarse máis de 150 monómeros diferentes dando lugar a materiais con propiedades extremadamente diferentes.
Os puntos cardinais son as catro direccións derivadas do movemento de rotación terrestre que conforman un sistema de referencia cartesiano para representar a orientación nun mapa ou na propia superficie terrestre. Estes puntos cardinais son o leste, que vén sinalado polo lugar aproximado onde sae o Sol cada día; o oeste, o punto indicado polo ocaso do sol no seu movemento aparente, e considerando a liña leste-oeste como o eixo das abscisas nun sistema de coordenadas xeográficas, o eixo das coordenadas estaría descrito por liña norte-sur. Esta composición xera catro ángulos de noventa graos que á súa vez se dividen polas bisectrices, xerando noroeste, suroeste, nordés e sueste.
Un Youtubeiro ou YouTuber, tamén coñecido como personalidade de YouTube, famoso de YouTube ou creador de contido de YouTube, é un tipo de famosos e videógrafos de Internet que gañou popularidade no sitio para compartir vídeos de YouTube. Ás veces, as redes apoian a estas celebridades. Algunhas personalidades de YouTube teñen patrocinadores corporativos que pagan por colocar produtos nos seus clips ou producir anuncios en liña.
Wisława Szymborska, Maria Wisława Anna Szymborska, nada en Kórnik o 2 de marzo de 1923 e finada o 1 de febreiro de 2012, foi unha poeta polaca. Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1996. Parte da súa obra poética foi traducida ao galego por Lucía Caeiro para Edicións Positivas baixo o título Versos escollidos nunha edición bilingüe, de 84 poemas.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Elena Huelva Palomo, nada en Sevilla o 21 de maio de 2002 e finada en Sevilla o 3 de xaneiro de 2023, foi unha activista española pola loita contra o cancro. Paciente con sarcoma de Ewing, foi coñecida por divulgar a súa experiencia coa enfermidade a través das redes sociais, e así axudar aos demais co mesma enfermidade. Tamén promoveu a investigación do cancro e acuñou a frase "Mis ganas ganan" para describir a súa actitude ante a enfermidade.
O zoroastrismo é unha relixión e unha filosofía baseada nas ensinanzas do profeta Zoroastro (tamén coñecido coma Zaratustra, na lingua avéstica) e antigamente atopábase entre as maiores relixións do mundo. Foi fundada probablemente pouco antes do século VI a.C. en Persia (Irán). O termo Zoroastrismo úsase coma sinónimo de Mazdeísmo (a adoración de Ahura Mazda, exaltado por Zoroastro coma a suprema divindade).
Stefan Bengt Edberg, nado en Västervik o 19 de xaneiro de 1966, é un extenista sueco. Un dos principais defensores do coñecido como servizo volea do tenis, gañou seis títulos do Grand Slam individuais e tres títulos de dobres masculinos entre 1985 e 1996. Foi número 1 do mundo tanto en individuais como en dobres, fito único con John McEnroe.
A relixión da Grecia antiga, tamén coñecida como Helenismo, (grego: Ἑλληνισμός) é un conxunto de crenzas e rituais practicados na Grecia antiga en forma de relixión popular e de diversos cultos. Os diversos grupos diferían dabondo como para falar de relixións gregas ou "cultos" en plural, malia que a maioría deles compartían moitas semellanzas. A maioría dos antigos gregos louvaba ós deuses olímpicos: Zeus, Poseidón, Hades, Apolo, Ártemis, Afrodita, Ares, Dioniso, Hefesto, Atenea, Hermes, Deméter, Hestia e Hera.
Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o máis afastado no noso sistema solar. No sistema solar, é o cuarto planeta máis grande por diámetro, o terceiro planeta máis masivo e o planeta xigante máis denso. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Oceanía
Un Patrimonio da Humanidade é un lugar catalogado pola UNESCO como un destacado valor cultural ou natural para o patrimonio común da humanidade. O Comité do Patrimonio Mundial designou 37 sitios Patrimonio da Humanidade en Oceanía. Estes están en 14 países, coa maioría dos sitios situados en Australia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
Alotropía (Química) é a propiedade que posúen determinados elementos químicos de presentarse baixo estruturas moleculares diferentes, coma o osíxeno, que pode presentarse como osíxeno atmosférico (O2) e como ozono (O3), ou con características físicas distintas, como o fósforo, que se presenta como fósforo vermello e fósforo branco (P4), ou o carbono, que o fai como grafito, diamante e fulereno. Para que a un elemento se lle poida denominar como alótropo, as súas diferentes estruturas moleculares deben presentarse no mesmo estado físico. A explicación das diferenzas que presentan nas súas propiedades atopáronse na disposición dos átomos de carbono no espazo.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Museo Municipal Quiñones de León
O museo municipal Quiñones de León é un conxunto museístico localizado no pazo de Castrelos, na parroquia de Castrelos de Vigo.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Edgar Allan Poe, (/poʊ/) nado como Edgar Poe o 19 de xaneiro de 1809 en Boston e finado o 7 de outubro de 1849 en Baltimore, foi un novelista, ensaísta, editor e crítico literario estadounidense, coñecido pola súa poesía e as súas historias curtas, en particular os seus contos de misterio e terror. Está amplamente considerado unha das figuras principais do romanticismo escuro nos Estados Unidos e na literatura estadounidense no seu conxunto, e foi un dos primeiros escritores de historias curtas do seu país. Poe considérase xeralmente o inventor do xénero de ficción de detectives e acredítaselle unha contribución ó xénero emerxente da ciencia ficción.
Xente ao lonxe é unha novela de Eduardo Blanco Amor publicada en 1972 pola Editorial Galaxia. A segunda edición é de 1976. Galaxia publicou en 2014 unha edición que é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970.
Marcus Aurelius Commodus Antoninus, máis vulgarmente chamado Cómodo (31 de agosto, 161, Lanuvio - 31 de decembro, 192, Roma) foi un Emperador Romano que gobernou de 180 a 192. Era fillo de Marco Aurelio e de Faustina a Nova e foi o primeiro emperador, nunha serie de cinco, en ascender ao poder por lazos de sangue e non por adopción. A Cómodo sorprendeuno a morte do seu pai mentres completaba a submisión dos cuados.
A Copa Galicia de fútbol foi unha competición deportiva oficial organizada pola Federación Galega de Fútbol que enfrontaba os clubs de fútbol galegos. Foi xogada por primeira vez en 1936 e disputouse irregularmente ao longo do século XX con diferentes composicións, aínda que na maioría das edicións non participaron os equipos galegos que militaban nas divisións estatais máis altas (1ª e 2ª). En certas tempadas tamén se organizou a Copa Federación Galega de Fútbol.
Gladiator é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que foi estreado no ano 2000. Pertence ó xénero cinematográfico peplum, ou filmes de romanos. Está protagonizado por Russell Crowe, Joaquin Phoenix, Connie Nielsen, Ralf Möller, Oliver Reed, Djimon Hounsou, Derek Jacobi, John Shrapnel e Richard Harris.