Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Évariste Galois, nado o 25 de outubro de 1811 e finado o 31 de maio de 1832, foi un matemático francés. Mentres aínda era un adolescente, foi capaz de determinar a condición necesaria e suficiente para que un polinomio sexa resolto por radicais, dando unha solución a un problema que permanecera sen resolver. O seu traballo ofreceu as bases fundamentais para a teoría que leva o seu nome, unha rama principal da álxebra abstracta.
Xente ao lonxe é unha novela de Eduardo Blanco Amor publicada en 1972 pola Editorial Galaxia. A segunda edición é de 1976. Galaxia publicou en 2014 unha edición que é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970.
The Wall Street Journal é un xornal estadounidense internacional en lingua inglesa, con énfase especial en noticias de negocios e economía. Publícase seis días á semana na cidade de Nova York por Dow Jones & Company, unha división de News Corp, xunto coas edicións asiáticas e europeas. Journal é o xornal en circulación máis grande dos Estados Unidos.
Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país maior da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe.
Columbia Records é un selo discográfico estadounidense, pertencente a Sony Music Entertainment, e operado como parte do Columbia/Epic Label Group. Fundouse en 1888, evolucionando dunha empresa anterior, a American Graphophone Company (sucesora da Volta Graphophone Company). Columbia é a marca máis antiga de son pre-gravado, sendo a primeira compañía discográfica en producir discos pre-gravados en oposición aos cilindros.
Pamela "Pam" Denise Anderson, nada en Ladysmith (Columbia Británica), en 1967, é unha actriz e modelo canadense-estadounidense. É coñecida por interpretar a salvavidas C. J. Parker na serie de televisión Baywatch, na que tivo un papel entre os anos 1992 e 1997. Así mesmo participou en películas, comerciais, comedias de situación e programas de telerrealidade.
Wellington (en maorí: Te Whanganui-a-Tara) é a capital da Nova Zelandia e a cidade principal da rexión de Wellington, ao sur da North Island (illa Norte). En 2013 tiña 397 900 habitantes sendo a terceira cidade máis poboada do país despois de Auckland e Christchurch. Wellington é o centro político de Nova Zelandia, sede do Parlamento e das oficinas de tódolos departamentos e ministerios gobernamentais.
A Wikipedia en catalán (en catalán: Viquipèdia en català) ou Viquipèdia, é a edición en catalán da Wikipedia, historicamente é a segunda despois da versión en inglés, xa que comezou o 16 de marzo do 2001, poucos minutos despois da alemá, agora ben durante dous meses foi a única con artigos en lingua non inglesa xa que a alemá permanecía latente. En marzo de 2014 contaba con máis de 424.000 artigos. Esta versión da enciclopedia contén 718.644 artigos e 438.394 usuarios, dos cales 1.204 son activos.
Julie Ann Smith, coñecida como Julianne Moore, nada en Fayetteville o 3 de decembro de 1960, é unha actriz e escritora estadounidense. Prolífica no cinema dende principios da década de 1990, é coñecida especialmente polos seus retratos de mulleres con problemas emocionais, tanto en filmes independentes como en blockbusters, e recibiu múltiples premios, incluído un Óscar á mellor actriz, un premio da BAFTA e dous Globos de Ouro. A revista Time nomeou a Moore unha das 100 persoas máis influentes do mundo en 2015.
Airbus Group SE é un grupo aerospacial e de defensa europeo. Entre as empresas participantes está Airbus dedicada á produción de avións comerciais e Airbus Military que manufactura avións militares. Eurocopter, o principal subministrador mundial de helicópteros; Astrium, líder europeo en programas espaciais desde o Ariane ata o Galileo; e Cassidian que produce sistemas de seguridade e defensa.
Os Elementos de Euclides (grego: Στοιχεῖα) é un tratado matemático e xeométrico constituído por trece libros escrito polo matemático grego Euclides en Alexandría contra o ano 300 a.C. Engloba unha colección de definicións, postulados (axiomas), proposicións (teoremas e construcións) e probas matemáticas das proposicións. Nestes trece volumes Euclides recompila gran parte do saber matemático da súa época, representado no sistema axiomático coñecido como Postulados de Euclides os cales, dunha forma sinxela e lóxica, deron lugar á xeometría euclidiana. Parece que Euclides pretendía reunir tres grandes descubrimentos do seu tempo: a teoría das proporcións de Eudoxo (Os Elementos.
Joseph Robinette "Joe" Biden, Jr, nado en Scranton, Pensilvania o 20 de novembro de 1942, é un avogado e político estadounidense, 46º presidente dos Estados Unidos de América. Membro do Partido Demócrata, Biden foi senador por Delaware durante seis mandatos dende 1973 a 2009 e foi o 47º vicepresidente dos Estados Unidos de América, no goberno de Barack Obama, dende 2009 a 2017. Criado en Scranton, Pensilvania e no condado de New Castle, Delaware, Biden estudou na Universidade de Delaware antes de obter a carreira de Dereito na Universidade de Siracusa en 1968.
O albanés (shqip) é unha lingua que falan entre 6 e 8 millóns de persoas en Albania, Kosovo, Montenegro, Macedonia do Norte, Serbia, Grecia, Italia, Turquía e grupos de emigrantes en Escandinavia, Alemaña, Reino Unido, Estados Unidos, Ucraína, Exipto. O lingüista Franz Bopp probou en 1854 que o albanés era unha lingua indoeuropea. Non hai consenso sobre a súa orixe, para uns deriva do ilirio e para outros do tracio ou do dacio.
Luis Buñuel Portolés, nado en Calanda (provincia de Teruel) o 22 de febreiro de 1900 e finado en Cidade de México o 29 de xullo de 1983, foi un director de cinema aragonés, nacionalizado mexicano e considerado un dos máis importantes e orixinais na historia do cinema mundial. A meirande parte da súa obra foi realizada en México e Francia.
O cabalo de vapor, de símbolo CV, é unha unidade de potencia, que equivale a 75 quilográmetros/s. Un quilográmetro corresponde ó traballo necesario para erguer un quilo a un metro de altura. É pouco utilizada no medio científico debido á existencia dunha unidade específica para iso no Sistema Internacional de Unidades, o Watt, pero a súa utilización persiste na industria automobilística para clasificar a potencia dos motores de combustión interna.
Jacob e Wilhelm Grimm foron dous irmáns alemáns, coñecidos polas súas coleccións de contos populares e contos infantís e polos seus traballos de lingüística, en particular os relacionados cos cambios fonéticos na historia das linguas xermánicas. Súa é a denominada Lei de Grimm e seu é o primeiro gran dicionario do alemán estándar: o Deutsches Wörterbuch. Entre os contos máis famosos publicados por eles están os clásicos do xénero como Hansel e Gretel, Cincenta, Carapuchiña vermella, O príncipe ra, Polgariño e Brancaneve e os sete ananiños.
Este artigo trata sobre o cómic, para obter información sobre a película vaia a Watchmen (filme); e sobre a banda canadense vaia a The Watchmen. Watchmen (Vixilantes) é un cómic de superheroes da editorial DC Comics, escrito por Alan Moore e debuxado por Dave Gibbons. Foi publicado inicialmente coma serie limitada de 12 números entre 1986 e 1987 e posteriormente recompilado como novela gráfica e está considerado como un dos cómics máis revolucionarios da historia.
Ghosts I–IV é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 2 de marzo do 2008 coma descarga dixital e posteriormente en CD. O álbum foi o primeiro despois de que a banda anunciase que cortaría os seus vínculos co selo Interscope Records e procuraría editar o seu futuro material independentemente. Inicialmente pensouse como un EP de cinco pistas, pero finalmente lanzouse como 4 EPs de nove pistas cada un. O álbum lanzouse baixo unha licenza Creative Commons e en varios formatos e prezos, indo da descarga dixital gratuíta dos 9 primeiros temas a unha "edición limitada de luxo" de 300 dólares.
Un grupo ou tipo sanguíneo é unha forma de agrupar certas características do sangue que dependen dos antíxenos presentes na superficie dos glóbulos vermellos e no soro do sangue. As dúas clasificacións máis importantes para describir grupos sanguíneos en humanos son os antíxenos e o factor Rh. As transfusións de sangue entre grupos incompatibles poden provocar unha reacción inmunolóxica que pode desembocar en hemólise, anemia, insuficiencia renal, shock, ou morte.
O rock industrial é un xénero musical que fusiona música industrial e determinados subxéneros do rock. O rock industrial xerou o metal industrial, co que adoita confundirse. As primeiras fusións da música industrial e o rock leváronas a cabo un feixe de bandas de post-punk, incluídas Chrome, Killing Joke, Swans, Foetus e Big Black.
A polgada (en inglés inch) é unha unidade de lonxitude que foi, con distintos valores, case universal, e que agora se utiliza aínda e principalmente en países anglosaxóns (Estados Unidos, Gran Bretaña etc.). En case todos os demais países utilízase o metro como medida de lonxitude (os países mencionados están en proceso de transición). Orixinalmente a polgada foi unha unidade de lonxitude antropométrica que equivalía ao ancho da primeira falanxe do polgar, e máis especificamente á súa falanxe distal.
Winston Leonard Spencer-Churchill, nado no pazo de Blenheim, na comarca de Oxford, o 30 de novembro de 1874 e finado en Londres o 24 de xaneiro de 1965, foi un político e escritor británico, coñecido polo seu liderado no Reino Unido durante a segunda guerra mundial. Así mesmo desempeñou labores de periodista, soldado e pintor, este último no seu lecer. Foi gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1953.
O rhythm and blues (R&B ou RnB) é un termo musical introducido en Estados Unidos en 1949 por Jerry Wexler da revista Billboard, e foi designado como unha mestura de jazz, gospel e blues. Substituíu ao termo coñecido como "música negra", considerado ofensivo, así como á categoría de Billboard "Harlem Hit Parade" en xuño de 1949, e principalmente era usado para identificar o estilo musical que máis tarde evoluiría no rock and roll.
Un nó é un método de asegurar que se fai cun ou varios obxectos lineares flexíbeis (fío, corda...) e que se aperta tirando dos dous cabos, de maneira que sexa difícil de soltar por si só. Pode consistir nun anaco dun ou máis segmentos de corda, fibra, nailon, fitas e até mesmo correntes entrelazadas de xeito que permiten que a liña se prenda a si mesma ou a algún outro obxecto, a carga. Os nós téñense estudado dende a antigüidade, incluso na matemática: teoría dos nós.
A Cinémathèque Française (en galego: "Cinemateca Francesa") é unha institución francesa con sede en París, fundada en 1936, que se dedica a coleccionar, conservar, restaurar e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico mundial. Malia ser unha asociación privada, está financiada principalmente polo Estado Francés.
Sir George Henry Martin, CBE, nado o 3 de xaneiro de 1926 en Highbury (Londres) e finado o 8 de marzo de 2016 en Londres, foi un produtor discográfico, arranxador, compositor, director de orquestra, enxeñeiro de son e músico inglés, coñecido principalmente por producir case a totalidade dos álbums dos Beatles, entre outros proxectos musicais. É considerado como un dos maiores produtores de discos de todos os tempos, con trinta sinxelos que chegaron a ser número un nas listas do Reino Unido e 23 nas listas do Billboard nos Estados Unidos. Ademais de ser coñecido como o Quinto Beatle, é pai do tamén produtor Giles Martin, e do actor Gregory Paul Martin.
Box Office Mojo é unha páxina web que achega información sobre filmes. A web comezou a funcionar en agosto de 1998 e conta cunha media de máis dun millón de visitantes ao mes. A información que proporciona actualízase constantemente; entre estes datos atópanse os referentes ás recadacións dos filmes.
O árabe (العربية al-'arabiyyah, ou menos formalmente 'arabi), tamén chamado arábigo ou arábico, é a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas afroasiáticas, e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo. Fálase ó longo do mundo árabe e é moi coñecida e estudada dentro do mundo islámico. O árabe leva sendo unha lingua literaria dende, polo menos, o sexto século, e é a lingua litúrxica do islam.
En epistemoloxía un axioma é unha "verdade evidente" que non admite demostración, mediante a intuición racional; sobre a cal descansa o resto do coñecemento ou sobre a cal constrúense outros coñecementos. Non todos os epistemólogos están de acordo en que os axiomas existan dese xeito. En matemáticas un axioma non é necesariamente unha verdade evidente, senón unha expresión lóxica utilizada nunha dedución para chegar a unha conclusión.
My Little Pony: Friendship Is Magic
My Little Pony: Friendship Is Magic (literalmente, en galego: O Meu Pequeno Poni: A Amizade é Máxica) é un debuxo animado americano-canadense producido por Hasbro Studios e Studio B Productions (posteriormente DHX Media). A serie foi emitido en 10 de outubro de 2010, no canle The Hub (posteriormente Hub Network e actual Discovery Family) nos Estados Unidos. En España foi emitido por Boomerang, Boing e actual Disney Channel.
Para a páxina sobre o uso específico que os bots teñen na Wikipedia véxase Wikipedia:Bots. Para outros significados véxase Bot (homónimos).Un bot (acurtamento de robot) é un programa informático que realiza diferentes funcións imitando ós humanos. En sitios wiki, como Wikipedia, un bot pode realizar funcións rutineiras de edición.
O termo bar pódese referir a: Bar, local onde se serven bebidas; Bar, unidade de presión.Amais, como topónimo pode referirse a: Bar, lugar da parroquia de Branzá, no concello de Arzúa; Bar, comuna francesa do departamento de Corrèze; Bar-le-Duc, comuna francesa do departamento de Meuse; Bar-lès-Buzancy, comuna francesa do departamento de Ardennes; Bar-sur-Seine, comuna francesa do departamento de Aube; Bar, cidade de Montenegro; Bar, cidade de Ucraína; Río Bar, río de Francia.
Mubi, anteriormente coñecida como The Auteurs, é unha páxina web filmográfica en liña que integra elementos das redes sociais con video streaming. Foi descrita como unha "cinemateca online". O sitio permite que os seus usuarios vexan filmes, polo xeral tras o pagamento dunha tarifa, e conéctaos con outros usuarios de similares intereses.
Wikivoyage é unha guía turística libre en Internet baseada na tecnoloxía wiki. Foi fundada en setembro do ano 2006 por autores alemáns de Wikitravel desconformes coas políticas dos donos do devandito sitio. Converteuse no wiki co tema viaxes máis popular en Alemaña, con máis de 8000 artigos, e en decembro do 2007 lanzouse a versión en italiano, que actualmente rolda os 1600 artigos.
O iPad é un dispositivo computacional do tipo Tablet PC deseñado pola empresa estadounidense Apple Inc. Foi presentado ó público o 27 de xaneiro do 2010, nunha conferencia de prensa no Yerba Buena Center for the Arts na cidade de San Francisco. Antes da súa presentación, xurdiron diversos rumores acerca do seu nome, dentro dos que se incluían iSlate e iTablet.
Year Zero (tamén coñecido coma Halo 24) é o sexto álbum de estudio da banda de rock industrial estadounidense Nine Inch Nails. Foi editado o día 16 de abril do 2007 baixo o selo Interscope Records. O álbum foi producido polo líder da banda, Trent Reznor, e Atticus Ross, mesturado polo vello colaborador do grupo Alan Moulder e masterizado por Brian Gardner.
Madredeus é un grupo musical portugués. A súa música combina influencias das músicas populares portuguesas coa música moderna. Tematicamente, as letras das cancións falan sobre temas tamén abordados polo fado, como a saudade e temas derivados, como a solitude, a esperanza, a ausencia, a distancia ó o amor adiado, así como temas mais xeneralistas, como a a guerra, paz ou a culpa e o remorso.
Neil Richard MacKinnon Gaiman, nado en Portchester (Inglaterra) o 10 de novembro de 1960 é un escritor inglés célebre tanto polas súas obras en prosa e en banda deseñada como pola súa faceta de crítico literario. Ten colaborado con diversas revisas adicadas ó cómic e foi guionista da compañía DC Comics onde lle foi editada a serie The Sandman no 1989 e durante a década de 1990. A súa carreira como novelista comezou en colaboración con Terry Pratchett, na obra do 1990 Good Omens.
Unha definición é unha proposición (ou conxunto de proposicións) mediante a cal trata de expor de maneira unívoca e con precisión a comprensión dun concepto ou termo ou dicción ou –se consta de dous ou máis palabras– dunha expresión ou locución. Unha definición é unha descrición dun complexo de estado de cousas ou obxectos, circunstancias ou abstraccións que permanecen unidas por medio dun establecemento da zona de validez. Desde un punto de vista lóxico, unha "definición" ben construída debería ser unha "determinación ou delimitación conceptual do que é esencial nun ente, que non supón necesariamente comprobación empírica.
Para o artigo da illa, vexa Día, Grecia. Un día (do latín: dies) é o lapso de tempo que transcorre na Terra desde que o Sol está no punto máis alto sobre o horizonte ata que volve estalo. A duración aproximada do día son 24 horas, divididas, tradicionalmente, en tempo de luz (tamén chamado "día") e período escuridade (chamado "noite").
Despacito é unha canción do cantante e compositor puertorriqueño Luis Fonsi en colaboración con Daddy Yankee, foi publicada o 12 de xaneiro de 2017 na discográfica Universal Music Latino. Foi escrita por Fonsi, Erika Ender, Gabriel García e Daddy Yankee, con produción de Andrés Torres e Mauricio Rengifo (Dandee).
A calor específica é unha magnitude física que se define como a cantidade de calor que hai que subministrar á unidade de masa dunha substancia ou sistema termodinámico para elevar a súa temperatura nunha unidade (kelvin ou grao Celsius). En xeral, o valor da calor específica depende da temperatura inicial. Represéntase coa letra c {\displaystyle c\,\!} .
Nine Inch Nails (abreviado como NIN e escrito como NIИ) é unha banda de rock industrial estadounidense formada en Cleveland, Ohio en 1988 por Trent Reznor, que é o único membro permanente do grupo, e que fai as funcións de produtor, vocalista, compositor e instrumentista. A música de NIN abarca unha ampla gama de xéneros, conservando ao mesmo tempo un característico son utilizando instrumentos e procesadores electrónicos. Despois de gravar cada novo álbum, Reznor monta unha banda de directo para actuar con ela.
Un organismo ou ser vivo é un conxunto de átomos e moléculas que forman unha estrutura material moi organizada e complexa, na que interveñen sistemas de comunicación molecular, que se interactúan co ambiente intercambiando materia e enerxía dunha forma ordenada e que desempeña as funcións básicas da vida, que son a nutrición, a relación e a reprodución, de tal xeito que os seres vivos atúan e funcionan por si mesmos sen perder o seu nivel estrutural. A materia que compón os seres vivos está formada nun 95% por catro átomos: que son o carbono, o hidróxeno, o osíxeno e mais o nitróxeno, a partir dos cales xorden as moléculas, tanto orgánicas ou biomoléculas como inorgánicas. Moléculas orgánicas ou biomoléculas: os ácidos nucleicos, as proteínas, os glícidos e os lípidos.
Spider-Man: Homecoming é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Jon Watts. É un filme de superheroes de Marvel Comics sobre a personaxe de Spider-Man, coproducido por Columbia Pictures e Marvel Studios, e distribuído por Sony Pictures Releasing. É o segundo "reboot" de Spider-Man e o décimo sexto filme do Universo Cinematográfico Marvel (MCU).
A música industrial é un xénero musical que se basea en sons e temas ásperos, transgresivos ou provocativos. AllMusic define á música industrial como a "fusión de rock e música electrónica máis abrasiva e agresiva" que foi "inicialmente unha mestura de experimentos de electrónica de vangarda (música de cinta, musique concrète, ruído branco, sintetizadores, secuenciadores etc.) e provocación punk". O termo foi cuñado a mediados dos 70 coa fundación de Industrial Records por membros de Throbbing Gristle e Monte Cazazza.
Wikispecies é un proxecto wiki da Fundación Wikimedia que pretende crear un directorio libre de especies (incluíndo animalia, plantae, fungi, bacteria, archaea e protista). Está dirixido a científicos e non tanto a un público máis xeral. Comezou en agosto de 2004 e en maio de 2007 pasaba dos 100.000 artigos.
Os Servizos Web, ou Web Services de acordo á nomenclatura orixinal en inglés, son unha serie de tecnoloxías, estándares e protocolos que permiten a comunicación e cooperación entre sistemas informáticos, independentemente das súas plataformas ou a linguaxe de programación na que estes sexan escritos.
O quilogramo (comunmente quilo cando se usa para quilogramo-forza) é a unidade básica de masa do SI e o seu padrón, que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O seu símbolo é kg. Un quilogramo equivale a 1000 gramos pero, dado que no SI é a unidade fundamental de masa, non debe ser considerado como derivado do gramo.
Terminator (en inglés: The Terminator) é un filme estadounidense de acción dirixido por James Cameron que foi estreado no 1984. Escrito conxuntamente entre Cameron e William Wisher Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Michael Biehn, e Linda Hamilton. Estreouse en galego na TVG o 20 de xaneiro de 1992.
Unha proba ou demostración matemática é un razoamento convincente dentro dos estándares vixentes conducente a que algunha proposición é necesariamente certa. Realízase cunha lóxica válida que progresa a partir de ideas que se dan por certas, chamadas hipóteses, ata a afirmación formulada, chamada tese, da que se quere obter a veracidade. Estes pasos deben estar fundamentados na aplicación de regras de dedución, fundadas xa sexa en enuciados xeralmente aceptados coñecidos como axiomas, ou en teoremas anteriormente demostrados, ou en regras básicas de dedución do sistema en cuestión.
Terminator 3: A rebelión das máquinas
Terminator 3: A rebelión das máquinas (en inglés: Terminator 3: Rise of the Machines) é un filme de acción estadounidense dirixido por Jonathan Mostow que foi estreado no 2003. Estreouse en galego na TVG o 20 de abril de 2011.
Turner Classic Movies (TCM) é unha rede de canles de televisión de pagamento especializada na emisión de filmes de cinema, especialmente de cinema clásico e cinema de Hollywood gravado dende os inicios do cinema ata a actualidade. Pertence a Turner Broadcasting System, que á súa vez forma parte da multinacional Time Warner.
Purificación Campos Sánchez, nada en Barcelona o 18 de agosto de 1937 e finada en Madrid o 19 de novembro de 2019, foi unha historietista, ilustradora e pintora española, que traballou fundamentalmente para o mercado exterior. Está entre os artistas españois de banda deseñada que máis venderon e con maior éxito.
Un campo petrolífero é unha zona con abundancia de pozos dos que se extrae petróleo do subsolo. Debido a que as formacións subterráneas que conteñen petróleo esténdense sobre grandes zonas, posiblemente ao longo de varios centos de quilómetros, unha explotación completa leva varios pozos espallados ao longo dunha área. Ademais, pode haber pozos exploratorios que investigan os límites, tubaxes para transportar o petróleo a calquera lugar e locais de apoio.
Deutsche Grammophon Records é un selo discográfico alemán especializado en música clásica, pertencente (2022) á empresa Universal Music Group, unha división do grupo francés Vivendi Universal. Foi fundada co nome de Deutsche Grammophon Gesellschaft o 6 de decembro de 1898 polo cidadán estadounidense de orixe alemán Emile Berliner como a filial alemá local da súa Berliner Gramophone Company, converténdoa na compañía discográfica máis antiga do mundo que aínda está en funcionamento.Deutsche Grammophon sempre foi moi coñecido polos seus altos estándares de alta fidelidade. Entre os intérpretes que gravaron coa compañía están Herbert von Karajan, Daniel Barenboim, Leonard Bernstein ou Maria João Pires.
Un dirixible ou dirixíbel é un aeróstato autopropulsado con capacidade de manobra para ser gobernado coma unha aeronave. A sustentación aerostática acádase mediante depósitos cheos dun gas de menor densidade cá da atmosfera circundante. Difire da sustentación aerodinámica obtida mediante o movemento rápido dun perfil alado, coma nas ás dun aeroplano ou a hélice dun helicóptero.
The Null Corporation é un selo discográfico independente estadounidense que edita o traballo de Nine Inch Nails e How to Destroy Angels. Os álbums de Nine Inch Nails Ghosts I–IV e The Slip foron lanzados en formato físico baixo a etiqueta de The Null Corporation. O seu nome tamén está asociado ás descargas dixitais da banda, á súa canle oficial en YouTube, e aos seus perfís de MySpace e Facebook.
The Slip (tamén coñecido como Halo 27) é o oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails. O álbum foi editado gratuitamente o 5 de maio do 2008 como descarga dixital, e baixo unha licenza Creative Commons, na páxina oficial da banda. Dous meses máis tarde lanzouse unha versión física.
Indicación Xeográfica Protexida
A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) é un nome empregado para designar un produto agrícola, alimenticio ou doutro tipo, que posúe unha orixe xeográfica determinada e cuxa calidade ou reputación débese ao devandito lugar de orixe. Habitualmente, consiste no nome da localidade, rexión ou país de orixe de tales produtos. Debido a que as calidades do produto proveñen do medio xeográfico no que se elaboran, a indicación xeográfica supón un viorto entre o produto e o lugar de orixe.
Aretha Louise Franklin, nada o 25 de marzo de 1942 en Memphis, e finada en Detroit o 16 de agosto de 2018, foi unha cantante de soul, R&B e gospel. Recibiu o alcume de «Lady Soul» (a dama do soul) ou «Queen of soul» (a raíña do soul), e foi unha das artistas máis influentes na música contemporánea, ostentando o posto número un da lista dos 100 cantantes máis grandes de todos os tempos da revista Rolling Stone. A mediados da década de 1960 consolidouse como estrela feminina do soul, algo que favoreceu os dereitos raciais e das mulleres nos Estados Unidos.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Neko Richelle Case, nada o 8 de setembro de 1970 en Alexandria, Virxinia, é unha cantante e compositora estadounidense coñecida pola súa carreira en solitario e as súas contribucións como integrante do grupo de indie rock canadense The New Pornographers. Case gravou e xirou durante varios anos como Neko Case & Her Boyfriends, antes de actuar só co seu nome. Principalmente interpreta o seu propio material, pero tamén toca e grava versións de cancións de artistas como Harry Nilsson, Loretta Lynn, Tom Waits, Nick Lowe, Buffy Sainte-Marie, Scott Walker, Randy Newman, Queen, Bob Dylan, Neil Young e Hank Williams.
Michael Trent Reznor, nado o 17 de maio de 1965 en Mercer, Pensilvania, é un músico, compositor, multi-instrumentista e produtor estadounidense. É o fundador do proxecto de rock industrial Nine Inch Nails e estivo tamén relacionado coas bandas Option 30, Exotic Birds e Tapeworm entre outros. Reznor deixou Interscope Records no ano 2007, pasando a ser un artista independente.
Ariana Grande-Butera, coñecida profesionalmente como Ariana Grande, nada en Boca Raton o 26 de xuño de 1993, é unha cantante e actriz estadounidense. Comezou a súa carreira no musical de Broadway 13, antes de intepretar a Cat Valentine na serie de televisión de Nickelodeon Victorious en 2009. Despois do remate da serie, Grande converteuse nunha ídolo adolescente noutra serie, Sam & Cat, que rematou no 2014.
A Sociedade de Nacións foi concibida ideoloxicamente no decurso da primeira guerra mundial, cando líderes coma Woodrow Wilson comezaron a defende-la necesidade dunha organización supraestatal responsábel de resolución de potenciais conflitos entre as distintas nacións. Durante as negociacións de paz de outubro de 1918, Woodrow Wilson propuxo os seus catorce puntos entre os que figuraba a creación dunha Liga das Nacións. A liga foi fundada axiña, na conferencia de Paz de París que tivo lugar en 1919, establecéndose a sede xeral en Xenebra (Suíza).
Cabalgar en solitario (en inglés: Ride Lonesome) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por Budd Boetticher e protagonizado por Randolph Scott, Karen Steele, Pernell Roberts, Lee Van Cleef e James Coburn, no seu debut cinematográfico. Este filme en Eastmancolor é un dos chamados do "ciclo Ranown" de Boetticher, feitos xunto a Randolph Scott, o produtor executivo Harry Joe Brown e o guionista Burt Kennedy, o cal comezou con Seven Men from Now.
Lista dos discos máis vendidos
Esta é unha lista dos discos máis vendidos do mundo de música gravada. Para aparecer na lista, a cifra debe ser publicada por unha fonte fiable e o álbum debe vender polo menos 20 millóns de copias. Esta lista pode conter calquera tipo de álbum, incluíndo álbum de estudio, reprodución estendida, grandes éxitos, recompilacións, varios artistas, bandas sonoras e remixes.
O occitano é a lingua falada dende a Idade Media no sur da actual Francia, denominada Occitania por algúns sectores políticos e culturais, nas súas variedades dialectais. En Cataluña ademais de ser oficial no Val de Arán coa denominación de aranés, é oficial en toda a rexión dende o 9 de agosto de 2006, data de entrada en vigor do novo estatuto de autonomía.