Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Defínese a intelixencia artificial (IA) como aquela intelixencia exhibida por artefactos creados por humanos (é dicir, artificial). A miúdo aplícase hipoteticamente aos computadores. O nome tamén se usa para se referir ao campo da investigación científica que intenta acercarse á creación de tales sistemas.
Syfy é unha canle estadounidense de cable especializada na emisión de series e programas de ficción científica, fantasía, terror e sobrenatural, primeiro coñecida como Sci-Fi Channel comezou a emitir o 24 de setembro de 1992, desde entón deu orixe a unha rede de canles de pagamento en arredor de 50 países que comezou en 1995 co establecemento da canle británica. O 7 de xuño de 2009 adoptou o seu actual nome. Algunhas das series emitidas pola canle son Andromeda, Caprica, Earth 2, Sanctuary, Stagate Universe, Warehouse 13, Battlestar Galactica, Eureka ou Stargate Atlantis.
A música pop (apócope de popular) é un xénero de música popular que tivo a súa orixe a finais dos anos 1950 coma un derivado do rock and roll, en combinación con outros xéneros musicais que estaban de moda nese momento. A música pop, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal "verso - retrouso - verso", executada dun modo sinxelo, melódico, apegadizo, e normalmente asimilable para o gran público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e claras en primeiro plano e percusións lineais e repetidas.
O teatro musical é unha forma de representación teatral que combina cancións, diálogo falado, interpretación e danza. A historia e o contido emocional dun musical (humor, patetismo, amor, rabia) comunícanse a través de palabras, música, movemento e aspectos técnicos do entretemento como un todo integrado. Aínda que o teatro musical se solapa con outras formas teatrais como a ópera e a danza, pódese distinguir pola importancia similar que se lle dá á música en comparación co diálogo, o movemento ou outros elementos.
"Bohemian Rhapsody" é unha canción composta en 1975 por Freddie Mercury, integrante da banda británica Queen, e incluída no seu álbum A Night at the Opera. Esta canción non posúe refrán, e consta de tres partes principais: un segmento de balada que acaba cun solo de guitarra, unha pasaxe operística e unha sección de hard rock. Nela, Freddie Mercury, Roger Taylor e Brian May cantan respectivamente nas tesituras media, aguda e grave.
Star Citizen é un videoxogo en desenvolvemento de simulación espacial para Microsoft Windows e Linux. Star Citizen ten catro grandes piares: combate espacial en primeira persoa, minaría, exploración, e comercio con elementos de tirador en primeira persoa, e unha campaña dun xogador ou multixogador cooperativo chamada Squadron 42. O xogo construíuse cun motor CryEngine modificado que apoia as principais VR headsets.En 2019, Cloud Imperium Games recadou máis de 220 millóns de dólares en inversión e emprega arredor de 475 desenvolvedores, o cal o converteu nun dos videoxogos máis ambiciosos da historia.
Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica
Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica (en latín "Principios matemáticos da filosofía natural") é unha obra científica de Isaac Newton, na que describe os seus descubrimentos na mecánica e no cálculo matemático. Foi publicada en 1687 a petición do seu amigo Edmond Halley, e a obra marcou un punto de inflexión na historia da ciencia, pois está considerada como unha das obra científica máis importantes xamais publicadas. A súa publicación demorouse moito polo temor de Newton a que outros tentasen apropiarse dos seus descubrimentos.
Pulp Fiction é un filme estadounidense do ano 1994, gañador dun Oscar, escrito e dirixido por Quentin Tarantino, e protagonizado por John Travolta, Bruce Willis, Samuel L. Jackson e Uma Thurman, entre outros. Está considerado coma un dos representantes do cinema posmoderno. Ademais, a súa estrutura non lineal e o seu estilo pouco convencional fixeron que se convertese nun filme de culto, cuxa inflúencia é notable noutras obras.
Logan é unha cidade do condado de Cache, en Utah, EUA. Segundo o censo do 2000, ten unha poboación de 42.670 habitantes, cun incremento importante sobre a poboación de 1990, cando tiña 32.771 habitantes. Estímase que a poboación no 2005 incrementárase até os 47.357 habitantes. A área metropolitana de Logan ten 109.666 residentes.
A pansexualidade é unha orientación sexual humana, caracterizada pola atracción estética, romántica ou sexual por calquera outra persoa, independentemente da súa identidade sexual e xénero. Polo tanto, os pansexuais poden sentirse atraídos por homes, mulleres e tamén por aquelas persoas que non se senten identificadas coa dicotomía home/muller que implica a bisexualidade, nin coa de masculino/feminino, incluíndo así, por exemplo, a transxéneros e intersexuais. Xaora, a pansexualidade é a capacidade de amar a outra persoa con independencia do seu xénero.
A libra chipriota (en grego: κυπριακή λίρα/kipriakí lira, en turco: Kıbrıs lirası) foi a moeda oficial de Chipre até o 31 de decembro de 2007. O código ISO 4217 es CYP e a súa abreviatura é £C. Estaba dividida en 100 céntimos. Tamén é coñecida como lira chipriota polo nome que recibe nas dúas linguas oficiais da illa.
La Sortie de l'usine Lumière à Lyon
La Sortie de l'usine Lumière à Lyon é un filme francés mudo en branco e negro dirixido e producido por Louis Lumière que foi estreado o 22 de marzo de 1895. A miúdo é referido como o primeiro filme da historia, a pesar de que Roundhay Garden Scene de Louis Le Prince é sete anos anterior, é dicir de 1888.
Lucasfilm Games, compañía de videoxogos que tivo a súa orixe en maio de 1982 como a división de xogos de Lucasfilm Ltd., a produtora cinematográfica de George Lucas. Lucas quería que a súa compañía traballara noutras áreas de entretemento, polo que cooperou con Atari para producir videoxogos. Os primeiros resultados desta colaboración foron xogos de acción coma Ballblazer e Rescue on Fractalus.[Cómpre referencia]En 1990 recibiu un cambio de nome, para pasar a chamarse LucasArts Entertainment Company.
The Witcher 3: Wild Hunt (en polaco: Wiedźmin 3: Dziki Gon) é un videoxogo de rol e acción en mundo aberto, desenvolvido polo estudio polaco CD Projekt RED. Foi lanzado para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One o 19 de maio de 2015. É o terceiro título da serie, precedido por The Witcher e The Witcher 2: Assassins of Kings, que están baseados na serie de novelas homónima do autor polaco Andrzej Sapkowski. Xogado na perspectiva de terceira persoa, o xogador controla o protagonista Geralt de Rivia, un cazador de monstros coñecido como witcher, que comeza unha longa viaxe a través do Reinos do Norte.
Wii U, coñecida oficialmente como Nintendo Wii U, é unha consola de videoxogos domésticos desenvolvida por Nintendo como sucesora da Wii. Lanzado a finais de 2012, é a primeira consola de videoxogos de oitava xeración e competiu coa Xbox One de Microsoft e a PlayStation 4 de Sony. A Wii U recibiu unha recepción xeralmente positiva, que incluíu eloxios polo seu innovador controlador, melloras na funcionalidade en liña da Wii, compatibilidade co software e accesorios de Wii e relativa accesibilidade.
Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América
A Declaración de Independencia dos Estados Unidos é un texto aprobado polo Congreso Continental dos Estados Unidos de América o 4 de xullo de 1776 no que se anuncia que as trece colonias que se atopaban naquel momento en guerra con Gran Bretaña pasaban a constituírse en estados independentes e deixaban, polo tanto, de formar parte do imperio británico.
A nefropatía lúpica é unha glomerulopatía producida polo lupus eritematoso sistémico, unha doenza crónica que afecta a múltiples órganos, e que adoita afectar a mulleres de entre 25 e 30 anos. A nefropatía lúpica constitúe unha forma da doenza que afecta a case o 50% dos afectos por lupus, aínda que é máis frecuente en persoas novas, sendo raro en persoas maiores. A afectación renal dun paciente con lupus constitúe un factor de mal prognóstico para a enfermidade.
Un tótem é un obxecto, ser ou animal sobrenatural, que nas mitoloxías dalgunhas culturas se toma coma emblema da tribo ou do individuo; este pode incluír unha diversidade de atributos e significados. No totemismo, enténdese tamén coma o principio ou orixe dun determinado grupo humano, que se cre descendente dese tótem, animal, vexetal ou obxecto inanimado. Neste senso, aínda que o termo provén da cultura ojibwa, orixinaria de América do Norte, o totemismo pódese observar ao longo da evolución das sociedades humanas noutros continentes e eras.
AmigaOS é o sistema operativo que vén por defecto nos ordenadores Amiga. Foi desenvolvido primeiro por Commodore International, e inicialmente presentado en 1985 xunto coa Amiga 2000. Comezou a funcionar nun microprocesador da serie Motorola da familia 68k (68000, 68010, 68020, 68030, 68040 e 68060) de 32 bits, exceptuando o AmigaOS 4 que funciona só nos microprocesadores PowerPC. As primeiras versións (1.0, 1.1, 1.2 e 1.3) do sistema operativo que levaban os ordenadores da familia Amiga chamábanse Amiga Disk Operating System ou AmigaDOS. Máis tarde cambióuselles o nome por AmigaOS, manténdose este actualmente.
Unha lista de éxitos musicais é unha maneira de darlle á música un grao, que vén da súa popularidade. estadounidense Billboard Hot 100 é unha das listas máis populares. A información sobre listas vén dalgunhas fontes diferentes, como o número de vendas, ás veces que se programou na radio, ou que se descargau, e outros criterios.
Damien Hirst, nado en Bristol (Reino Unido) o 7 de xuño de 1965, é un artista británico pertencente ao grupo chamado Young British Artists («novos artistas británicos», ou YBAs polas súas siglas en inglés). É unha figura protagonista na escena da arte en Inglaterra dende comezos da década de 1990 e é internacionalmente coñecido como o artista vivo coa obra mellor pagada.
Robert Anthony Rodríguez, nado en San Antonio (Texas) o 20 de xuño de 1968, é un director de cine estadounidense, ademais de guionista, produtor e músico. É coñecido por realizar diversos filmes, tanto independentes como de estudio, con poucos orzamentos. Principalmente roda e produce as súas películas nos estudios Troublemaker, dos que é dono, sitos en Austin, Texas.
A Universidade Leland Stanford Júnior (oficialmente en inglés Leland Stanford Junior University coloquialmente the Farm), coñecida como Universidade Stanford, é unha universidade de investigación privada situada en Palo Alto, California (Estados Unidos). Está localizada a un 56 km ao sueste de San Francisco, en terreos do condado de Santa Clara contiguos a Palo Alto. A universidade áchase por tanto no corazón xeográfico e histórico de Silicon Valley.
Final Fantasy XV é un videoxogo de rol de acción desenvolvido e publicado por Square Enix como parte da serie de Final Fantasy. Foi estreado para a PlayStation 4 e a Xbox One no 2016, e para Microsoft Windows no 2018. O xogo desenvólvese nun mundo aberto cun sistema de batalla orientado cara á acción en tempo real, incorporando un sistema de cambio de armas rápido, así como maxias elementais e outras características como a utilización de vehículos para o transporte e acampada.
Obsidian Entertainment é unha empresa estadounidense desenvolvedora de videoxogos fundada en 2003 con sede en Irvine, California. Foi fundada por Chris Jones, Chris Avellone, Darren Monahan e Feargus Urquhart, ex-empregados de Black Isle Studios. Esta empresa é recoñecida polo desenvolvemento de xogos para PC, como Star Wars: Knights of the Old Republic II: The Sith Lords, Neverwinter Nights 2, Pillars of Eternity, Fallout New Veigas e The Outer Worlds.
El secreto de sus ojos é un filme hispano-arxentino dirixido, coescrito, producido e editado por Juan José Campanella, baseado na novela La pregunta de sus ojos de Eduardo Sacheri, que tamén participou na creación do guión. O filme é unha produción conxunta de compañías da Arxentina e de España.Empregando unha narrativa non linear, o filme conta a historia dun empregado xudicial interpretado por Ricardo Darín e dunha xuíza interpretada por Soledad Villamil, que investigan un caso de violación e asasinato que se converte nunha obsesión de todos os que están involucrados. Ó mesmo tempo conta a historia do personaxe de Darín 25 anos despois dos feitos e recupera o romance enterrado por ambos.Gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 82ª edición dos premios, facendo que Arxentina fose o primeiro país de Latinoamérica en gañar dúas veces, xunto con La historia oficial (1985).
Un videoxogo multixogador é un videoxogo no cal máis dunha persoa pode xogar no mesmo ambiente de xogo á vez, ben sexa de forma local (como no xogo New Super Mario Bros. Wii) ou en liña a través de internet (como en World of Warcraft, Call of Duty). Os videoxogos multixogador polo xeral requiren que os xogadores compartan os recursos dun só sistema de xogo ou o uso de tecnoloxía de redes para xogar xuntos unha distancia maior; os xogadores poden competir contra un ou máis participantes humanos, traballar cooperativamente cun compañeiro humano para lograr un obxectivo común ou supervisar a actividade doutros xogadores.
O presidio perpetuo ou cadea perpetua é unha pena privativa de liberdade de carácter indefinido, que normalmente se impón como condena perante un delito grave, e que pode implicar a privación de liberdade para sempre. Na maioría de xurisdicións nas que non se contempla a pena capital, a cadea perpetua (en especial sen posibilidade de liberdade condicional) constitúe o castigo máis severo que pode recibir un criminal. Nalgúns países, a cadea perpetua considérase unha alternativa á pena capital por crimes maiores.
GTA: Vice City ou Grand Theft Auto: Vice City é a cuarta entrega da serie de aventura e acción Grand Theft Auto creada por Rockstar Games. É o segundo xogo da saga baseado no motor de Grand Theft Auto 3. O xogo desarrollase no 1986 na ficticia cidade de Vice City, a cal está baseada en Miami, Florida.
A Night at the Opera (en galego: "Unha noite na ópera") é o cuarto álbum de estudio da banda británica de rock Queen, lanzado o 21 de novembro de 1975 en Europa e o 2 de decembro en América. Con este álbum, Queen adoptou unha sonoridade diferente comparada cos seus discos anteriores, facendo moito uso dun piano e de moitos outros instrumentos nunca utilizados polo grupo ata entón. Cancións como You're My Best Friend" e Bohemian Rhapsody conseguiron un éxito moi salientable e foron executadas en todos os concertos do grupo desde ese momento.
A astrometría ou astronomía de posición é a parte da astronomía que se encarga de medir e estudar a posición, paralaxes e o movemento propio dos astros. É unha disciplina moi antiga, tanto coma a astronomía.A pesar de que case son sinónimos, normalmente considérase a astrometría como a parte experimental ou técnica que permite medir a posición dos astros e os instrumentos que a fan posible, mentres que a astronomía de posición usa a posición dos astros para elaborar un modelo do seu movemento ou definir os conceptos que se usan. Sería pois a parte teórica.
O disco de vinilo, tamén coñecido como disco microsurco ou simplemente como microsurco ou vinilo, é un medio de almacenamento analóxico de sinais sonoras, caracterizado por utilizar como material de soporte un plástico denominado policloruro de vinilo, do que recibe o nome. Foi introducido oficialmente en 1948 pola compañía Columbia Records nos Estados Unidos, como unha evolución moi mellorada dos anteriores discos de 78 rpm (fabricados cun material moito máis fráxil como a goma laca). Actualmente o termo vinilo adoita utilizarse para indicar en particular o formato LP (discos de 30 cm xirando a 33⅓ revolucións por minuto), aínsa que este uso sexa inadecuado, xa que tamén discos fabricados con outros materiais explotan o mesmo formato como soporte.
Mubi, anteriormente coñecida como The Auteurs, é unha páxina web filmográfica en liña que integra elementos das redes sociais con video streaming. Foi descrita como unha "cinemateca online". O sitio permite que os seus usuarios vexan filmes, polo xeral tras o pagamento dunha tarifa, e conéctaos con outros usuarios de similares intereses.
Midsommar é un filme sueco-estadounidense de 2019 escrito e dirixido por Ari Aster e protagonizado por Florence Pugh, Jack Reynor, William Jackson Harper, Vilhelm Blomgren e Will Poulter. É unha coprodución entre os Estados Unidos e Suecia, e foi rodada en localizacións de Budapest no verán e no outono de 2018. Midsommar estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 3 de xullo de 2019 a través de A24, e en Suecia o 10 de xullo de 2019 a través de Nordisk Film.
Universidade de California en San Francisco
A Universidade de California, San Francisco (UCSF) é unha das universidades do sistema da Universidade de California, localizada na cidade de San Francisco.
O termo alfabetización, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, provén do verbo alfabetizar; trátase da acción de “ensinar a ler e escribir”, así mesmo enténdese tradicionalmente como a habilidade de ler e escribir, co propósito de comprender ou expresar pensamentos ou ideas en forma escrita nalgún contexto específico de uso. Noutras palabras, os humanos das sociedades alfabetizadas teñen formas prácticas para producir e consumir escritos, e tamén teñen crenzas sobre estas prácticas. Ler, desde este punto de vista, é sempre ler algo con algún propósito; escribir sempre é escribir algo para alguén para uns fins particulares.
Racine carrée (do francés: raíz cadrada, estilizado como √) é o segundo álbum de estudio do músico belga Stromae. Lanzouse dixitalmente o 16 de agosto de 2013 e tres días máis tarde en formato físico en Francia e Bélxica. Stromae expresou o seu desexo de incorporar influencias musicais caribeñas e africanas xunto cos seus ritmos inspirados nos anos 90.
Países constituíntes ou nacións constitutivas é unha frase as veces empregada, normalmente por institucións oficiais, en contextos nos cales un número de países compón unha grande entidade ou agrupación; así o OECD usou a frase en referencia á antiga Iugoslavia e as institucións europeas coma o Consello de Europa frecuentemente a empregan en referencia á Unión Europea. Non é terminoloxía técnica e non ten un sentido legal definido; 'constituínte' é simplemente un adxectivo, e a frase non ten un sentido claro fóra dun contexto da entidade ou agrupación de países en cuestión son constituíntes ou os seus compoñentes poden ser entendidos.
A cor é a impresión producida por un ton de luz nos órganos visuais, ou máis exactamente, é unha percepción visual que se xera no cerebro dos humanos e outros animais ao interpretar as sinais nerviosos que lle envían os fotorreceptores na retina do ollo, que á súa vez interpretan e distinguen as distintas lonxitudes de onda que captan da parte visible do espectro electromagnético. Todo corpo iluminado absorbe unha parte das ondas electromagnéticas e reflicte as restantes. As ondas reflectidas son captadas polo ollo e interpretadas no cerebro como distintas cores segundo as lonxitudes de ondas correspondentes.
O French Touch é un xeito de facer música dos últimos anos da década dos noventa e dos primeiros anos do século XXI. Este estilo tamén é coñecido como "Neu-disco" (new disco) "French house", "filter house" ou "tekfunk". É complicado definir dun xeito preciso o concepto de French Touch, dada a natureza mesma deste movemento. Fundado sobre un ritmo house clásico, este estilo ten a súa orixinalidade na utilización de samples filtrados que proveñen maioritariamente do funk e do disco.
A frecuencia cardíaca é o número de latexos do corazón ou pulsacións por unidade de tempo. A súa medición realízase baixo determinadas condicións (en repouso ou en actividade) e está expresa en batimentos por minuto (bpm). A medición do pulso pode facerse en diferentes puntos do corpo, sendo o máis común o pulso, o pescozo (sobre a carótide) ou o peito.
Educación obrigatoria, escolarización obrigatoria, escolarización compulsiva, estudos obrigatorios ou ensino obrigatorio son os nomes que reciben os distintos ciclos de educación, ensino ou estudos que de forma obrigatoria debe cursar un neno ou xove e cuxo currículo, duración, obxectivos, contidos, procedementos e metodoloxía varían en función do sistema educativo de cada país e época.
O tálero ou táler (alemán: thaler -ata 1901- e taler -actualmente-; neerlandés: daalder; linguas nórdicas: daler) era unha antiga moeda de prata de gran módulo orixinaria de Alemaña e usada en diversos países de Europa central en diferentes países, desde o século XVI ata o século XIX.O seu nome vén da forma abreviada do nome Joachimstaler Guldengroschen ("florín de ouro do val de San Xoaquín"), dado a unhas moedas cuñadas en 1484 polo duque Sexismundo de Austria con prata de minas de Sankt Joachimsthal en Bohemia, hox e Jáchymov, na República Checa.
A Nintendo Entertainment System, ou NES, é unha videoconsola de 8-bit de Nintendo que saíu á venda en Norte América, Brasil, Europa, Asia, e Australia. O equivalente no Xapón é coñecido como Nintendo Family Computer (任天堂ファミリーコンピュータ), ou Famicom (ファミコン). A NES foi a videoconsola de máis éxito do seu tempo, tanto en Asia coma en Norte América, e axudou a revitalizar a industria dos videoxogos seguindo o vídeo game crash of 1983, e estableceu os estándards para as seguintes consolas tanto no deseño de videoxogos (tivo o primeiro xogo de plataformas xogo de plataformas, Super Mario Bros.
A Universidade de Chicago é unha das universidades de investigación máis recoñecidas no mundo, fundada en 1890 polo magnate do petróleo John D. Rockefeller. Abriu o seu primeiro curso o 1 de outubro de 1892. Ten un total de setenta e cinco premios Nobel (a segunda institución logo da Universidade de Cambridge).
O test de Bechdel, tamén coñecido como test de Bechdel/Wallace é un método para avaliar se un guión de película, serie, cómic ou outra representación artística cumpre cos estándares mínimos para evitar a fenda de xénero. Orixinouse no cómic Dykes to Watch Out For, obra de Alison Bechdel de 1985. A invención do test atribúese a Liz Wallace, unha amiga da autora do cómic.
O arcanxo Miguel (en hebreo: מיכאל Migha-El, "Quen coma Deus?" en árabe: ميخائيل Mījā'īl; en grego: Μιχαήλ Mikhaíl; en latín: Michael); é o Xefe dos Exércitos de Deus nas relixións xudía, islámica e cristiá (Igrexas católica, ortodoxa, copta e Anglicana). Para os hebreos é o protector de Israel e patrón da sinagoga. A Igrexa Católica considérao como patrón e protector da Igrexa Universal; e o primeiro dos sete arcanxos, xunto con Gabriel e Rafael.
Adobe Flash (antes: Macromedia Flash), ou simplemente Flash, é un programa principalmente de gráfico vectorial - a pesar de soportar imaxes bitmap e vídeos - utilizado xeralmente para a creación de animacións interactivas que funcionan embutidas nun navegador web e tamén a través de escritorios, móbiles, teléfono, tabletas e televisores. O produto era desenvolvido e comercializado por Adobe Inc., empresa especializada en desenvolver programas que auxilian o proceso de creación de páxinas web. Adóitase chamar só de flash os arquivos xerados polo Adobe Flash, é dicir, a animación en si.
O Institute of Design (ID, Instituto de Deseño) do Illinois Institute of Technology (IIT), fundado orixinalmente como New Bauhaus, é unha escola de deseño estadounidense fundada en 1937 por László Moholy-Nagy - deseñador, profesor pioneiro deseñador e coñecido especialmente por ter ensinado na escola Bauhaus. O instituto está situado en Chicago. O termo New Bauhaus foi empregado xa desde ese momento e até o día de hoxe con diversos matices.
As tarxetas de felicitación utilizanse para transmitir felicitacións para unha ocasión dada. Na súa forma máis antiga, as tarxetas de felicitación existen baixo a forma de papel imprimido sobre o cal se anota unha mensaxe á intención dun amigo, dun membro da familia ou aínda dun colega de traballo. Hoxe en día, máis persoas vólvense cara á utilización de tarxetas de felicitación virtuais coñecidas tamén baixo o nome de tarxetas de felicitación electrónicas.
Anne Lister, nada en Halifax o 3 de abril de 1791 e finada en Kutaisi o 22 de setembro de 1840, foi unha propietaria de terras, alpinista e viaxeira británica, coñecida polo seu diario codificado que orixinou o filme The Secret Diaries of Miss Anne Lister. Ao longo de súa vida, mantivo un diario onde narrou os detalles de súa vida cotiá, incluíndo as súas relacións lésbicas, as súas preocupacións financeiras, as súas actividades industriais e o seu traballo dedicado ao Salón Shibden. Os diarios conteñen máis de catro millóns de palabras e preto dun sexto delas (aquelas que tratan sobre os detalles íntimos das súas relacións amorosas e sexuais) foron escritas en código.
O acoso sexual inclúe unha serie de ataques que van dende molestias até o abuso grave que pode chegar a involucrar actividade sexual. Considérase que o acoso sexual é unha forma de discriminación ilegal e é unha forma de abuso sexual e psicolóxico. Para que exista o delito contra a liberdade sexual é preciso que o comportamento do acosador faga que a vítima dunha situación moi intimidatoria, hostil ou humillante.
The A.V. Club é un sitio de entretemento con recencións de filmes, música, televisión, libros e xogos, así como entrevistas e outras ofertas regulares que examinan novos medios, medios clásicos e outros elementos da cultura popular. The A.V. Club foi creado en 1993 como unha parte suplementaria de The Onion e tivo unha presenza mínima na páxina web de The Onion nos seus primeiros anos. Porén, un redeseño da páxina web en 2005 puxo a The A.V. Club nunha posición máis prominente, permitindo que a súa identidade en liña creza.
O censo é un conxunto de operacións pola que se reúnen, elaboran e publican datos sobre cada membro dunha poboación, non necesariamente humana. Os censos de poboacións dun país ou territorio é a principal fonte de datos demográficos pola gran cantidade de información que procesa: dá unha fotografía da poboación, describe estatisticamente as poboacións consideradas desde un punto de vista cuantitativo . É a fonte primaria das estatísticas básicas de poboación que son necesarias para fins gobernamentais e aspectos de planificación económica e social.
Matrix (en inglés: The Matrix) é un filme de ciencia ficción escrito e dirixido por Lana e Lilly Wachowski e protagonizado por Keanu Reeves, Laurence Fishburne, Carrie-Anne Moss e Hugo Weaving. Foi estreado nos Estados Unidos o 31 de marzo de 1999 e foi o primeiro da triloxía de Matrix e dunha serie de videoxogos, curtas animadas e bandas deseñadas. O filme gañou 4 Premios Oscar incluíndo a mellor montaxe, mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais.
Sonic the Hedgehog ou "Sonic o ourizo" é unha serie de videoxogos de SEGA ademais de ser o nome do personaxe principal da saga, sendo a mascota da compañía. Tamén está presente en cómics, debuxos animados e libros. O primeiro videoxogo desta saga foi creado en 1991 na consola Sega Mega Drive (ou Genesis, como é coñecida nos EUA).
Final Fantasy VII (abreviado FF7 ou FFVII) é un dos máis importantes videoxogos de rol clásicos aparecidos para consola. Desenvolvido polo equipo de Hironobu Sakaguchi de Squaresoft (agora a Square Enix) maioritariamente entre 1996 e 1997, e publicado en 1997. Pese a que os europeos xa tiveran acceso aos videoxogos de rol xaponeses cos aparecidos en 16-bit, Final Fantasy VII foi o que deu a coñecer o xénero a un público máis amplo neste continente.
International Plant Names Index
O International Plant Names Index (IPNI, Índice de Nomes de Plantas Internacional) descríbese el mesmo como "unha base de datos dos nomes e detalles bibliográficos básicos asociados de plantas con sementes, fentos e licófitas." A cobertura que fai dos nomes de plantas é mellor no nivel de especie e xénero. Inclúe detalles bibliográficos básicos asociados cos nomes, e os seus obxectivos son eliminar a necesidade de facer repetidas referencias ás fontes primarias para dar información bibliográfica básica sobre nomes de plantas.O IPNI tamén mantén unha lista de abreviacións dos nomes de autores estandarizadas. Estas estaban inicialmente baseadas en Brummitt & Powell (1992), pero estanse a engadir decote novos nomes e abreviacións.
Titanfall é un videoxogo multixogador de tirador en primeira persoa desenvolvido por Respawn Entertainment e publicado por Electronic Arts. Foi lanzado para Microsoft Windows e Xbox One o 11 de marzo de 2014. Unha versión para Xbox 360 foi adaptada por Bluepoint Games e foi estreado o 8 de abril de 2014.
Shigeru Miyamoto (en xaponés 宮本茂), nado en Sonobe-cho (Quioto) o 16 de novembro de 1952, é un deseñador de videoxogos xaponés, creador de Mario, ademais doutras das principais franquías de Nintendo como Donkey Kong ou The Legend of Zelda. É ademais o buque insignia da compañía nipoa, un dos pais dos videoxogos complexos e está considerado como o mellor deseñador da súa rama da industria do entretemento electrónico de todos os tempos, tanto pola crítica como polos seus propios compañeiros de profesión e as súas fans.
Daft Punk foi un dúo musical, composto polos parisinos Guy-Manuel de Homem-Christo (1974) e Thomas Bangalter (1975). O dúo fixo unha das contribucións máis significativas de sempre [Cómpre referencia] no ámbito da música electrónica, tanto polo volume de vendas como polo apoio da crítica. O seu sinxelo de debut foi "The New Wave", relanzado en edición limitada en 1994 por Soma Records.
A Nintendo 64, comunmente chamada N64, é a terceira videoconsola de ámbito doméstico deseñada por Nintendo. A N64 viu a luz o 23 de xuño de 1996 no Xapón, en 29 de setembro de 1996 aparece en América do Norte, e o 1 de marzo de 1997 sae a venda en Europa e Australia. O seu lanzamento no Xapón e en América do Norte foi acompañado de só dous videoxogos, (Super Mario 64 e PilotWings 64) mentres que no seu lanzamento en Europa saíu tamén outro videoxogo máis, Star Wars: Shadows of the Empire (o cal fora xa lanzado a venda nos países nos que xa se vendía a N64).