Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Hamás (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamás fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
Boloña (Bulåggna en emiliano-romañolo, Bologna en italiano) é unha cidade de Italia de 374.561 habitantes (2008), capital da provincia homónima, así como da rexión de Emilia-Romaña. Situada entre o río Reno e o río Sávena, cerca dos Apeninos, é unha das cidades históricas mellor conservadas e que posúe a segunda zona vella medieval máis grande de Europa, despois da de Venecia. Antiquísima cidade universitaria (oficialmente dende 1088), acolle numerosos estudantes que enriquecen e animan a súa vida cultural e social.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Unha muller (do latín mulĭer, -ēris) ( pronunciación ), é un ser humano de xénero feminino. O termo muller adoita estar reservado para unha persoa adulta, sendo o termo rapaza o termo habitual para unha nena ou adolescente. Muller tamén remite a distincións de xénero de carácter cultural e social que se lle atribúen así como ás diferenzas sexuais e biolóxicas da femia na especie humana fronte ao macho.
O Consello Nórdico (Nordiska rådet) é unha organización interparlamentaria de cooperación entre o cinco países nórdicos: Islandia, Dinamarca, Suecia, Finlandia e Noruega, coas rexións autónomas das Illas Feroe, Groenlandia e Åland. Constitúeno 87 deputados dos parlamentos nacionais destes países. Dinamarca, Noruega, Finlandia e Suecia contan con vinte membros cada un e Islandia con sete.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
O PalaLottomatica, antes coñecido como Palazzo dello Sport ou PalaEUR, é un pavillón polideportivo situado na cidade de Roma, Italia. Con capacidade para 11.200 espectadores, foi inaugurado en 1960 con motivo dos Xogos Olímpicos de Roma. Albergou os encontros como local da Virtus Roma mentres competía na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto italiano, e na Euroliga.
Status social en socioloxía ou antropoloxía describe a posición social que un individuo ocupa dentro dunha sociedade (Posición social de alguen). O status permite, nas relacións interpersoais, saber o marco ou conxunto de comportamentos que se espera de ambos os actores sociais. O status varía segundo o tempo e o grupo ao que se pertence.
Esta páxina trata sobre a serie, para o artigo sobre o protagonista véxase Naruto Uzumaki.Naruto (ナルト) é unha serie manga creada por Masashi Kishimoto, máis tarde levada ao anime, sobre un ninja adolescente chamado Naruto. O manga apareceu publicado por vez primeira por Shūeisha en 1999 no número 43 da revista Shōnen Jump no Xapón. A serie finalizou o 10 de novembro de 2014, acadando un total de 700 capítulos compilados en 72 volumes.
Atentados do 11 de setembro de 2001
Os atentados do 11-S ou ataques do 11S foron unha serie de ataques suicidas coordinados, realizados nos Estados Unidos o 11 de setembro de 2001. Segundo o Informe oficial, 19 terroristas pertencentes á organización Al Qaida, dirixida por Osama bin Laden, secuestraron catro avións comerciais, e fixeron chocar dous avións coas Torres xemelgas do World Trade Center en Manhattan, Nova York; pouco despois as dúas torres viñéronse abaixo. O terceiro avión chocou contra o Pentágono, cuartel xeral de defensa dos Estados Unidos, en Arlington, Virxinia.
Sic é unha palabra latina que se coloca ao lado dunha palabra ou frase incorrecta ou incomprensible para indicar que non se trata dun erro de transcrición, senón que é así como figura no texto orixinal. Provén da frase en latín sic erat scriptum, "así fora escrito", onde sic é un adverbio que significa "así, deste xeito".
The Waterboys é un grupo musical formado en 1983 por Mike Scott. Os membros da banda, pasados e presentes, compóñense principalmente de músicos de Escocia, Irlanda e Inglaterra. Ó longo da súa carreira exploraron multitude de estilos, mais a súa música é unha mestura de música folk celta e rock and roll.
A trufa é un alimento consistente no corpo frutífero dalgúns fungos subterráneos ascomicetos, predominantemente algunhas especies do xénero Tuber. Ademais do Tuber hai aproximadamente un cento doutros xéneros que ás veces se clasifican pola súa forma tamén como trufas, como Geopora, Peziza, Choiromyces e Leucangium, pero que non teñen a calidade dos Tuber, e algúns fungos arredondeados nin sequera son comestibles. Estes xéneros pertencen á clase Pezizomycetes e á orde Pezizales.
Un filme ou película é unha arte visual baseada nunha serie de imaxes fixas que, cando se proxectan nunha pantalla de forma consecutiva en rápida sucesión, crean a ilusión óptica de imaxes en movemento. O termo úsase normalmente como sinónimo de obra cinematográfica, é dicir, unha historia (ficticia ou documental), rexistrada nun soporte (filme flexible ou contedor dixital) que se grava e le mediante un mecanismo continuo ou intermitente de sucesión de imaxes. Un filme pódese crear fotografando escenas reais cunha cámara de imaxes en movemento, fotografando debuxos ou modelos en miniatura empregando técnicas de animación tradicional, por medio de imaxes xeradas por computador ou animación por ordenador, ou por unha combinación dalgunhas ou todas estas técnicas e outros efectos visuais.
Isabella Bird, nada en Boroughbridge o 15 de outubro de 1831 e finada en Edimburgo o 8 de outubro de 1904, -o seu nome de casada era Bishop- foi unha exploradora, escritora, fotógrafa e naturalista inglesa do século XIX. Foi a primeira muller en formar parte da Royal Geographical Society. Xunto con Fanny Jane Butler fundou o hospital John Bishop Memorial en Srinagar.
A Copa do Mundo da FIFA 1994 (en inglés: World Cup USA '94) foi a edición número quince do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo, organizado polos Estados Unidos, sendo esta a primeira vez que se celebraba fóra de Europa e Suramérica. Celebrouse entre o 17 de xuño e o 17 de xullo en nove sedes distintas.
Antonio Lucio Vivaldi, nado en Venecia o 4 de marzo de 1678 e finado en Viena o 28 de xullo de 1741, foi un sacerdote e compositor véneto, coñecido como Il Prete Rosso (O Padre Roibo) por causa da súa cor de cabelo. Entre as súas obras destaca pola súa popularidade a Sinfonía nº 8, o que se coñece como as Catro estacións: Primavera, Verán, Outono e Inverno. Escribiu máis de 500 concertos (210 para violín ou violoncello só), 46 óperas, 73 sonatas.
Serguei Pávlovich Koroliov (en ruso: Серге́й Па́влович Королёв, ás veces transcrito como Koroliev; en ucraíno: Сергі́й Па́влович Корольо́в, Serhí Pávlovich Koroliov), nado en Zhitómir o 30 de decembro de 1906 (calendario xuliano) e finado en Moscova o 14 de xaneiro de 1966, foi un enxeñeiro soviético de orixe ucraína, considerado o pai da cosmonáutica soviética.Comezou a traballar co equipo de Andréi Túpolev deseñando avións de combate a partir de 1940. Durante a segunda guerra mundial tamén traballou no desenvolvemento do lanzafoguetes "Katiuixa". Os aspectos relacionados co programa espacial soviético durante a Guerra fría eran considerados secreto de estado.
Nicotiana L. é un xénero de plantas herbáceas e arbustos pertencentes á familia ( Solanaceae ), orixinaria das Américas, Australia, o suroeste de África e o Pacífico Sur. Varias especies do xénero Nicotiana, coñecidas popularmente como tabaco, cultívanse para facer cigarros, puros ou tabaco para pipas, cachimbas e mascar. Entre as especies cultivadas do xénero destaca Nicotiana tabacum, o cultivo máis estendido e dominante na produción comercial de tabaco.
Ciniod, fillo de Uuredech (en irlandés antigo: Cináed mac Feradaig; en inglés: Kenneth, fillo de Feradach) foi rei dos pictos dende 763 até 775. Crese que o pai de Ciniod foi o fillo de Selbach mac Ferchair, rei de Dál Riata, que foi capturado e encadeado por Óengus mac Fergusa en 736. O seu reinado é omitido nalgunhas versión das listas de reis da crónica picta, pero está rexistrada a súa morte, así como o seu nome de rei dos pictos polos Anais de Ulster, os Anais Cambriae e a Crónica de Melrose.
Martha Annie Whiteley , nada o 11 de novembro de 1866 e finada o 24 de maio de 1956, foi unha farmacéutica e matemática inglesa e unha das inventoras do gas mostaza, que se lesionou o brazo mentres facía probas. O gas mostaza utilizouse moito durante a primeira guerra mundial. Por outra banda, foi unha das defensoras do papel da muller no sector químico.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Zoe Elizabeth Sugg, nada en Brighton o 28 de marzo de 1990, é unha blogueira de moda e beleza, YouTuber, e autora inglesa, máis coñecida polo nome da súa canle de YouTube, Zoella. A súa novela de debut, Girl Online, foi lanzada en novembro de 2014 e rompeu marca de vendas na primeira semana do seu lanzamento.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Os fungos son un vasto grupo de organismos heterotróficos clasificados como un reino pertencente ao Dominio Eukaryota. Están incluídos neste grupo organismos de dimensións considerables, como os cogomelos, mais tamén moitos microorganismos, como mofos e lévedos. A pesar de seren tamén sapótrofos, como as plantas, animais e bacterias, os fungos son clasificados nun reino, Fungi, separado destes.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior...
A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa. O feito de que no ano 298 d.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente non milita en ningún equipo, xa que en novembro deixou de mutuo acordo o club no que se encontraba, o Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.
O corno é un filme galego de 2023 dirixido e escrito por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernandes e Carla Rivas. Foi rodado en lingua galega. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2023 antes de presentarse á 71ª edición do Festival Internacional de Cine de Donostia, onde se converteu no primeiro filme en galego en competir na sección oficial.O 30 de setembro de 2023 converteuse tamén no primeiro filme en galego en gañar a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Donostia.
Phytolacca americana, coñecida comunmente como herba carmín ou herba tintureira, é unha especie da familia Phytolaccaceae. Alcanza de 1 a 3 metros de altura, ten follas simples en talos verdes a vermellos ou violáceos e unha gran raíz branca. As flores son de verde a branco, seguidas de bagas que maduran de vermello a roxo e case negro, que son unha fonte de alimento para diferntes paxaros.Algunhas partes desta planta son altamente tóxicas para o gando e os seres humanos, e considérase unha praga importante para os agricultores.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Adriana Ozores Múñoz, Adriana Ozores, é unha actriz española nacida en Madrid o 21 de maio de 1959. Pertence a unha das sagas cinematográficas máis coñecidas de España, sendo filla de José Luis Ozores, sobriña de Mariano Ozores e Antonio Ozores, curmá de Emma Ozores. Actriz de extensa carreira cinematográfica, os seus inicios están ligados ós traballos realizados ás ordes do seu tío Mariano Ozores, e traballou tamén con directores coma Gracia Querejeta, Imanol Uribe, Antonio Mercero ou Joaquín Oristrell entre outros, e recibiu multitude de premios e recoñecementos.
Antonio Carreño, nado en Parada de Sil o 1 de xullo de 1939, é un académico e investigador, ensaísta e crítico literario galego. Especialista na literatura do Século de Ouro, considerado un experto mundial en Lope de Vega e unha autoridade na poesía española e hispanoamericana contemporánea. Conta tamén con breves incursións na poesía galega (Rosalía de Castro, Eduardo Blanco Amor) e portuguesa (Camões e Fernando Pessoa).
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome)Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
As chinches das camas ou simplemente chinches ou tamén chinchas ou percebellas son insectos parasitos da familia dos cimícidos (Cimicidae), que se alimentan exclusivamente de sangue. Cimex lectularius é a chinche das camas común e a especie máis coñecida que prefire alimentarse de sangue humano. Outras especies de Cimex especializáronse en alimentarse doutros animais, por exemplo, as chinches dos morcegos, como Cimex pipistrelli (de Europa), Cimex pilosellus (de Norteamérica) e Cimex adjunctus (de Norteamérica), ou as chinches das aves.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.