Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Hamás (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamás fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
Gwenddoleu ap Ceidio, finado contra o ano 573, foi un rei britano que reinou en Arfderydd (hoxe Arthuret). Isto está no que hoxe é o suroeste da Escocia e noroeste da Inglaterra na zona do muro de Hadrián e Carlisle durante o período posromano de Britania. Pénsase que Carwinley preto de Longtown ao norte de Carlisle representa Caer Wenddolau ou Forte de Gwenddolau.
Akyns, aqyns ou aqins (en kasaco: акын, pronunciado [ɑˈqən]; en kirguiz: akyn, pronunciado [ɑˈqɯn]; en ambos os casos transcritos como aqın ou اقون ) foron poetas e cantantes da cultura kasaca e kirguiz. A diferenza dos zhirau ou manaschi, estes non interpretaban cancións nin contaban historias épicas. No aytysh, os aqins improvisaban un tipo de canción recitada, normalmente acompañada do uso da dombra (no caso dos kasacos) ou dun kopuz (no caso dos kirguisos).
O bádminton é un deporte de raqueta no que se enfrontan dous xogadores (individual) ou dúas parellas (dobres) situadas nas metades opostas dunha pista rectangular dividida por unha rede. A diferenza doutros deportes de raqueta, no bádminton non se xoga con pelota, senón cun volante. Os xogadores deben golpear coas súas raquetas o volante para que este cruce a pista por encima da rede e caia no campo do opoñente.
O home ( pronunciación ), ou varón, é un ser humano macho, de sexo oposto á muller. Este tipo de oposición non é antinómica: existen casos intermedios tanto bioloxica (hermafroditismo) coma psicoloxicamente (transexualidade). O termo home pódese utilizar tamén para se referir ao ser humano de maneira xeral, sexa el home ou muller e mais tamén se pode restrinxir para referirse ao ser humano masculino que chegou á idade viril.
No xiísmo un aiatolá é un dos títulos máis elevado que pode recibir o clero xiíta, recíbeo aquel estudante superior hausa que chega ao grao de muxtahid e que é experto destacado nun aspecto do islam e que obtén a estima, respecto e admiración dos seus superiores, está entón, ao dominar o ixtihad, capacitado para emitir os seus propios edictos sobre a súa especialidade fundamentados nas fontes das leis islámicas, normalmente tamén ensina nas escolas de ciencias islámicas. Uns poucos dos aiatolás chegan ao grao de Marja' ou Grande Aiatolá.
Björk Guðmundsdóttir, nada en Reiquiavik o 21 de novembro de 1965, é unha cantante, compositora e actriz islandesa máis coñecida como Björk. Foi a antiga líder da banda islandesa de rock alternativo The Sugarcubes. O seu gusto musical abrangue moitos tipos de música, entre eles; pop, rock alternativo, jazz, ambient, electrónica, folk, trip hop e clásica.
Universidade de Roma La Sapienza
A Universidade de Roma La Sapienza (en italiano: Università degli Studi di Roma La Sapienza) é unha institución de ensino superior localizada en Roma. É unha das máis antigas e maiores universidades do mundo en número de estudantes, tendo máis de 110 000. Tamén é coñecida como Universidade de Roma I. Coñecida antigamente como Università degli Studi di Roma "La Sapienza", é unha das maiores universidades europeas e unha das máis antigas do mundo, fundada en 1303.
O cancro de estómago ou cancro gástrico é un tipo de crecemento celular maligno producido con capacidade de invasión e destrución doutros tecidos e órganos , en particular o esófago e o intestino delgado, causando cerca dun millón de mortes no mundo anualmente. Nas formas metastásicas, as células tumorais poden infiltrar os vasos linfáticos dos tecidos, diseminarse aos ganglios linfáticos e, superando esta barreira, penetrar na circulación sanguínea, despois do cal queda aberto virtualmente o camiño a calquera órgano do corpo.
League of Ireland Premier Division
A League of Ireland Premier Division (en irlandés Príomhroinn Sraith na hÉireann) é a máxima competición nacional de fútbol de Irlanda. Esta división foi creada en 1985 como resultado da división da League of Ireland en dúas divisións, creándose tamén a League of Ireland First Division. No 2009, a FAI rexeitou as propostas dos clubs de reagrupar as dúas divisións e restaurar a estrutura orixinal da League of Ireland.
Universidade para Estranxeiros de Perugia
A Universidade para Estranxeiros de Perugia (en italiano : Università per Stranieri di Perugia ) é unha universidade pública de Perugia e, xunto coa Universidade de Estranxeiros de Siena, unha das dúas institucións de educación superior en Italia deseñadas para estudantes estranxeiros.
Os videoxogos de rol son uns dos máis antigos representantes dos videoxogos. Sempre estiveron fortemente influídos por xogos de rol de mesa, exemplos claros diso son xogos baseados nas regras de Dungeons&Dragons, coma o clásico Eye of beholder ou os máis modernos Neverwinter nights e a súa continuación, Neverwinter nights II, ambos de Bioware; ou tamén, por exemplo, Vampire: the Masquerade Bloodlines, da desaparecida Troika games, baseado no universo homónimo.
O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. O seu símbolo é m. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CXPM - 1983).
A racialización é un termo do campo da socioloxía que fai referencia ao proceso polo cal, no contexto dunha sociedade particular, os individuos son asignados a unha raza (entendido como un constructo social). Os criterios para adaptar os individuos a unha raza poden ser variados, xeralmente a aparencia, como a cor da pel, pero tamén o vestido, a lingua ou mesmo a relixión. Ao falar de persoas racializadas, adoitas facerse fincapé nos efectos negativos que sofren estas persoas no contexto da sociedade na que se desenvolve este proceso.
David Pajo, nado o 25 de xuño de 1968 en Texas, é un músico estadounidense de rock alternativo. Pajo tocou unha ampla variedade de música, principalmente de xéneros como hardcore punk, math rock, post-rock, electrónica, folk rock e indie pop. Aínda que é multiinstrumentista (toca a guitarra, o baixo, o banjo e a batería), é coñecido principalmente polo seu traballo como guitarrista.
Johann Wolfgang von Goethe ( [ˈjoːhan ˈvɔlfɡaŋ fɔn ˈɡøːtə] ), nado en Frankfurt o 28 de agosto de 1749 e finado o 22 de marzo de 1832, foi un novelista, dramaturgo, poeta, científico, filósofo humanista e, durante dez anos, funcionario do Estado de Weimar. A súa obra Fausto ten sido chamado o mellor poema longo da literatura moderna europea. O súa obra inclúe poesía épica e lírica, escrita en diversas métricas e estilos, prosa e dramas en verso, memorias, unha autobiografía, críticas literarias e estéticas, tratados de botánica, anatomía, e cor, e catro novelas.
Addenda et corrigenda son morfoloxicamente xerundios (en latín: gerundivum 'relativo ao que debe levarse a cabo') en neutro plural, que equivalen respectivamente a o que debe engadirse ou corrixirse (cf. axenda). No mundo editorial, tan empregados ata non hai moito, significan apéndice, o primeiro, e fe de erratas, o segundo.
Campionato europeo de baloncesto de 2017
O Campionato de Europa de Baloncesto de 2017 foi a 40ª edición do Campionato Europeo de Baloncesto da FIBA, torneo organizado por FIBA Europa. Tivo lugar en catro países diferentes (Finlandia, Israel, Romanía e Turquía). Dende esta edición, o EuroBasket dispútase cada catro anos, seguindo un sistema de clasificación semellante ó Mundial de Baloncesto.
O viño de Casaquistán é o viño feito en Casaquistán. As orixes da industria vinícola casaca remóntanse ao século VII, cando chegaron á rexión as primeiras cepas de vide procedentes dos países veciños China e Uzbekistán. Aínda que só un 4% da superficie de Casaquistán é ideal para a viticultura, a produción anual de viño alcanza os 236.000 hectolitros a partir dun terreo cultivado de 13.000 hectáreas.
Schistosoma é un xénero de platihelmintos trematodos parasitos, que son responsables de varios tipos de doenzas infecciosas importantes en humanos chamadas esquistosomíases (ou, antes, bilharzíases). A Organización Mundial da Saúde considera a esquistosomíase como a segunda infección parasítica socioeconomicamente máis desastrosa (despois da malaria), que infecta a centos de millóns de persoas en todo o mundo.Estes vermes planos en estado adulto parasitan os vasos sanguíneos mesentéricos. Son os únicos vermes planos que son dioecios con dous sexos con claro dimorfismo sexual entre o macho e a femia.
A Wikipedia en alemán (en alemán: Deutschsprachige Wikipedia) é a edición da Wikipedia en alemán, unha enciclopedia libre. Comezou o 16 de marzo de 2001, e o primeiro artigo foi creado o 17 de maio de 2001. Esta versión da enciclopedia contén a cifra de 2.842.555 artigos e 4.236.834 usuarios, dos cales 17.104 son activos.
O quilogramo (comunmente quilo cando se usa para quilogramo-forza) é a unidade básica de masa do SI e o seu padrón, que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O seu símbolo é kg. Un quilogramo equivale a 1000 gramos pero, dado que no SI é a unidade fundamental de masa, non debe ser considerado como derivado do gramo.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marchan cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
O Aquarium Finisterrae ou Casa dos Peixes, é un centro interactivo situado na cidade da Coruña (Galicia, España) dedicado á divulgación científica sobre aspectos relacionados coa bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral. Ten como obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes positivas cara ao medio mariño, así como contribuír ao coñecemento científico da vida mariña. Atópase na costa coruñesa, no Paseo Marítimo, entre a Domus e a Torre de Hércules, que se pode ver dende o acuario.
José Luis Sanmartín Mato, coñecido como Joselu ou Joselu Mato, nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Real Madrid, da Primeira División, cedido polo Espanyol. Formado na canteira do Celta de Vigo, debutou co primeiro equipo celeste na Segunda División en 2009, e máis tarde militou en catro equipos da Primeira División, entre eles o Real Madrid e o máximo rival histórico do Celta: o Deportivo da Coruña.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
O corno é un filme galego de 2023 dirixido e escrito por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernandes e Carla Rivas. Foi rodado en lingua galega. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2023 antes de presentarse á 71ª edición do Festival Internacional de Cine de Donostia, onde se converteu no primeiro filme en galego en competir na sección oficial.O 30 de setembro de 2023 converteuse tamén no primeiro filme en galego en gañar a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Donostia.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval, e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Wilkinson Microwave Anisotropy Probe
Para outros usos de MAP véxase MAP (homónimos).WMAP (acrónimo de Wilkinson Microwave Anisotropy Probe, Sonda de Anisotropía de Microondas Wilkinson) foi un observatorio espacial estadounidense lanzado o 30 de xuño de 2001 mediante un foguete Delta 7425 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral cara a unha órbita de Lisajous arredor do punto de Lagrange L2 do sistema Terra-Sol.
O dianteiro ou dianteira é unha posición de liña no fútbol, os xogadores que realizan este labor colócanse en posicións de ataque, próximos á portería rival e son no decurso dun partido os principais responsables de marcar os goles do seu equipo. As formacións modernas empregan entre un e tres dianteiros, pero o máis común é que haxa dous. Os adestradores adoitan colocar a un no medio campo (dianteiro centro), enfrontado á portería rival, mentres o outro (ou os outros) se coloca atrás deste ou nos laterais do campo (extremo esquerdo ou dereito), na procura de dar pases de gol ao outro dianteiro.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
O rocho é un cuarto da casa, polo xeral pequeno e pouco vistoso, que se destina a gardar os utensilios de menor uso. Non sempre os cuartos destinados a facer de rocho están dentro da casa; é habitual que moitos apartamentos teñan o rocho nun andar distinto do edificio, polo xeral no baixo ou no faiado, aínda que tampouco non é raro que as casas de campo teñan o rocho nun caseto adxacente ou mesmo afastado da vivenda. As linguas doutras culturas onde é habitual ubicalos no soto utilizan unha mesma palabra para os dous significados: sous-sol en francés ou basement en inglés (aínda que tamén existe pantry ou larder con significados similares de almacenamento doutras cousas).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Jesús Navas González, nado en Los Palacios y Villafranca (Sevilla) o 21 de novembro de 1985, é un futbolista español. Actualmente xoga de extremo dereito e mediapunta no Sevilla FC. Foi internacional coa selección española, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
Estadio Olímpico de La Cartuja
O Estadio La Cartuja é un estadio multiúsos da cidade de Sevilla, capital da comunidade autónoma de Andalucía en España, e situado nun 57% en terreos do próximo municipio de Santiponce. Xunto co Estadio Benito Villamarín e o Estadio Ramón Sánchez Pizjuán conforman os grandes centros deportivos da cidade de Sevilla. Por capacidade sitúase como o terceiro máis grande de España despois do Camp Nou de Barcelona e o Santiago Bernabéu de Madrid.
A trufa é un alimento consistente no corpo frutífero dalgúns fungos subterráneos ascomicetos, predominantemente algunhas especies do xénero Tuber. Ademais do Tuber hai aproximadamente un cento doutros xéneros que ás veces se clasifican pola súa forma tamén como trufas, como Geopora, Peziza, Choiromyces e Leucangium, pero que non teñen a calidade dos Tuber, e algúns fungos arredondeados nin sequera son comestibles. Estes xéneros pertencen á clase Pezizomycetes e á orde Pezizales.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O cornizó (Claviceps purpurea) é un fungo do grupo dos ascomicetos que parasita diversos cereais, especialmente o centeo. Aparece adherido ás espigas coa forma dunha excrecencia alongada de 1 a 5 cm e de cor negra ou púrpura, unha ou dúas por espiga infectada. Tamén recibe os nomes de caruncho, cornecello, cornello, cornicelo, cornilló, cornizolo, dente de can, dentón, gornicelo ou gran de corvo .
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.