Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Hamás (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamás fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947, é un xornalista galego.Ao longo da súa carreira traballou en gabinetes oficiais, prensa escrita, radio e televisión pública (TVE) e privada (Telecinco e Antena 3). Foi xefe de prensa da Guardia de Franco (1975) e subdirector do diario Arriba, órgano oficial da Falanxe. Foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez, etapa na que escribiu a maioría dos discursos deste.
Unha misión diplomática ou misión no estranxeiro é un grupo de persoas dun estado ou dunha organización presente noutro estado para representar oficialmente o estado ou organización de envío no estado receptor. Na práctica, a expresión misión diplomática normalmente denota a misión residente, é dicir, a embaixada, que é a oficina principal dos representantes diplomáticos dun país noutro país. Aínda que non é necesario, adoitan estar na capital do estado receptor.
Unha nave é unha embarcación ou barco, especialmente os de gran tamaño. Outras embarcacións de gran tamaño son os navíos, usados para a guerra ou o transporte de mercancías, e os buques, barcos de gran tamaño e solidez de certa importancia pola misión a que son destinados e polas longas travesías que se poden realizar con eles.
A química é a ciencia natural que estuda a composición, estrutura e propiedades da materia xa sexa en forma de elementos, especies, compostos, mesturas ou outras substancias, así como os cambios que estas experimentan durante as reaccións e a súa relación coa enerxía química. Linus Pauling definiuna como a ciencia que estuda as substancias, a súa estrutura (tipos e formas de acomodo dos átomos), as súas propiedades e as reaccións que as transforman noutras substancias en referencia co tempo. A química, a través dunha das súas ramas coñecida como química supramolecular, ocúpase principalmente das agrupacións supratómicas, como son os gases, as moléculas, os cristais e os metais, estudando a súa composición, propiedades estatísticas, transformacións e reaccións, aínda que a química xeral tamén inclúe a comprensión das propiedades e interaccións da materia a escala atómica.
Durante degli Alighieri ou simplemente coñecido Dante, nado en maio ou xuño de 1265 e finado o 13 ou 14 de setembro de 1321, é considerado por gran parte dos italianos como o seu poeta maior na Idade Media. Naceu e viviu gran parte da súa vida en Florencia. O seu poema, de cariz épico e teolóxico, A divina comedia, origxinalmente chamado Comedìa (en italiano moderno: Commedia) e máis tarde cristianizado como Divina por Boccaccio, é considerada a obra mestra da literatura italiana e unha dos cumes da literatura universal.
Heroes pode referirse a: Heroes (homes) a serie de televisión estadounidense Heroes; a serie de televisión chilena Heroes; O videoxogo Heroes of Might and Magic; O álbum Heroes do cantante Johnny Cash e Waylon Jennings; O grupo zaragozano de rock Héroes del Silencio; o equipo de béisbol de Seúl Heroes.
A PlayStation 3 ou PS3 é a terceira videoconsola de Sony Computer Entertainment e sucesora da PlayStation 2 como parte da serie PlayStation. As datas de lanzamento foron o 11 de novembro de 2006 no Xapón, o 17 de novembro de 2006 en América do Norte e América do Sur e o 23 de marzo de 2007 en Europa e Oceanía.
Unha cooperativa é unha asociación voluntaria de traballo cooperativo, por medio da cal un grupo de persoas pode obter bens de consumo en condicións máis vantaxosas que pola comercialización común. Xa en 1887 existía o precedente galego das cooperativas nas sociedades de mariñeiros, e en 1907 creáronse as sociedades agrarias como organizacións portadoras dos valores solidarios e de axuda mutua. En 1915 os pósitos de pescadores funcionaban como auténticas cooperativas en múltiples aspectos: produción, comercialización, seguridade social e mesmo actividades formativas.
Na Igrexa Católica, un beato é un fiel defunto cuxas virtudes foron previamente certificadas polo papa e pode ser honrado con culto. O termo beato significa literalmente feliz (do latín beatus), ou benaventurado en sentido máis amplo, aludindo á crenza de que esa persoa está xa gozando do paraíso. A consideración de beato constitúe o terceiro paso no camiño da canonización.
Minecraft é un videoxogo de mundo aberto tipo sandbox creado orixinalmente polo deseñador sueco Markus "Notch" Persson e desenvolvido e publicado posteriormente por Mojang. Os aspectos creativos e de construción de Minecraft permítenlles ós xogadores construír elementos a partir de cubos con diversas texturas nun mundo en 3D xerado por procedementos. Outras actividades do xogo inclúen a exploración, a recolección de recursos, a confección de obxectos e o combate.
O metro por segundo ao cadrado ou m/s2 é unha unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades (SI) para medir a aceleración dun corpo. Mide o incremento da velocidade (en metros por segundos) conseguido en cada segundo. O símbolo desta unidade tamén pode verse escrito como m·s−2, ou simplemente m s−2.
Max Planck, nado en Kiel o 23 de abril de 1858 e finado en Gotinga o 4 de outubro de 1947, foi un físico alemán, considerado como o pai da teoría cuántica. Despois de estudar en Múnic e Berlín, Planck obtivo o seu grao de doutor en 1879. Despois de ocupar o cargo na Universidade de Kiel, Planck foi nomeado profesor de física teórica da Universidade de Berlín no 1899 substituíndo a Kirchhoff, permaneceu aquí ata 1926.
Le Dernier Métro é un filme francés de 1980 escrito e dirixido por François Truffaut, e protagonizado por Catherine Deneuve e Gérard Depardieu. Ambientado en 1942 durante a ocupación alemá de Francia, segue a fortuna dun pequeno teatro da zona de Montmartre, en París, que emprega a resistencia pasiva mantendo a súa integridade cultural, a pesar da censura, o antisemitismo e a escaseza de materiais, para saír triunfante ao final da guerra. O título evoca dous feitos salientables da vida da cidade baixo os alemáns: a escaseza de combustible levou á xente a pasar as noites en teatros e outros lugares de entretemento, mais o toque de queda fixo que tivesen que coller o último tren do metro para casa.
O Parque Natural de Montesinho é un espazo natural portugués catalogado como parque natural que acolle ao macizo montañoso de Montesinho e da Coroa no norte do distrito de Bragança, en Trás-os-Montes e Alto Douro. Esta área de conservación ocupa 74.229 ha. do norte dos municipios de Vinhais e Bragança e limita coa Galiza e Zamora..
O quilogramo (comunmente quilo cando se usa para quilogramo-forza) é a unidade básica de masa do SI e o seu padrón, que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O seu símbolo é kg. Un quilogramo equivale a 1000 gramos pero, dado que no SI é a unidade fundamental de masa, non debe ser considerado como derivado do gramo.
Xoán o Ancián (tamén Xoán o Presbítero; do helenismo presbyteros, precisamente "ancián") foi un escuro personaxe da Igrexa antiga que unhas veces se identifica co Apóstolo Xoán e outras con Xoán de Patmos. Aparece en fragmentos do padre da Igrexa Papías de Hierápolis como unha das fontes do autor, e sen ningunha dúbida é distinguido do Apóstolo por Eusebio de Cesarea. A miúdo se suxire que pode ser un autor alternativo dalgúns dos libros que no Novo Testamento se atribúen a Xoán .
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
Rubus subg. Rubus ou amora (non deben confundirse coas amoras do xénero Morus) é un froito comestible producido por moitas especies do xénero Rubus da familia Rosaceae, por híbridos entre estas especies dentro do subxénero Rubus, e por híbridos entre os subxéneros Rubus e Idaeobatus. A taxonomía das amoras foi historicamente confusa debido á hibridación e á apomixe, polo que adoitaron agruparse as especies nun agregado de especies.
O salterio dos Apalaches (en inglés: Appalachian dulcimer), tamén coñecido como o Salterio das Montañas Apalaches (en inglés: Mountain Dulcimer ), é un instrumento de corda con trastes da familia das cítolas e salterios usado na música popular estadounidense. Procede da rexión dos Montes Apalaches, da que deriva o seu nome. Fíxose moi coñecido na década de 2000 debido ao uso constante que a cantante e actriz Cyndi Lauper fixo deste instrumento.
O nacionalismo iraniano (en persa: ملیگرایی ایرانی; Melli Garayi-e Irâni, e en kurdo: نەتەوە پەروەریی ئێرانی, Netewe Perwerî-ye îranî) é un movemento político nacionalista que defende os intereses dos pobos de Irán. O nacionalismo iraniano componse de movementos sociais e políticos motivados pola defensa da cultura iraniana, das linguas iranianas e da historia do país, así como por un sentido de orgullo de Irán. Aínda que a conciencia nacional en Irán pode remontarse séculos, o nacionalismo foi un determinante predominante das actitudes iranianas principalmente dende o século XX. O nacionalismo iraniano moderno medrou durante a revolución constitucional.
Bashar al-Assad (بشار الاسد), nado o 11 de setembro de 1965 é o presidente de Siria dende 2000, á morte do seu pai o presidente Hafez al-Assad. Estudou oftalmoloxía en Londres, inicialmente tiña poucas aspiracións políticas, o seu pai educara ao seu irmán máis vello, Basil al-Assad como futuro presidente, pero a morte deste en accidente de automóbil mudou a situación, e Bashar converteuse no herdeiro político de seu pai.
Con saias e a rachar (en inglés: Some Like It Hot) é unha comedia de 1959 de Billy Wilder protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis, Jack Lemmon, George Raft, Pat O'Brien, Joe E. Brown e Nehemiah Persoff. A película foi adaptada por Billy Wilder e I.A.L. Diamond partindo dunha historia de Robert Thoeren e Michael Logan. Logan escribira a historia (sen gánsteres) para unha película alemá, Fanfaren der Liebe (dirixida por Kurt Hoffmann en 1951), así que a película de Wilder é considerada por algúns como un remake.
A explosión de Halifax foi un desastre marítimo en Halifax, Nova Escocia, Canadá, sucedido na mañá do 6 de decembro de 1917. O navío noruegués SS Imo colidiu co SS Mont-Blanc, un buque de carga francés cargado de explosivos, no estreito de Narrows que conecta a baía de Halifax coa enseada de Bedford. O lume provocado na borda do navío francés prendeu os explosivos da súa carga, provocando unha grande explosión que devastou o distrito de Richmond de Halifax.
Un santuario (do latín sanctuarium) é un lugar sagrado dedicado a unha deidade, devanceiro, heroe, mártir, santo, demo, ou a unha figura de respecto similar, onde é venerada ou adorada. Os santuarios con frecuencia conteñen ídolos, reliquias ou outros obxectos asociados coa figura que se venera. Un santuario en que se fan ofrendas votivas chámase altar.
O Douglas SBD Dauntless foi un avión estadounidense usado na segunda guerra mundial. Foi o principal bombardeiro embarcado da US Navy na guerra contra o Xapón, e trátase esencialmente dunha mellora do Northrop BT-1 de 1935. O seu prototipo foi o SBT-2 de Northrop, pero entón a compañía foi mercada por Douglas e a súa primeira versión de serie foi denominada SBD-1, da que se entregaron 57 exemplares ao US Marine Corps en 1940.
Sophie's Choice é un filme británico-estadounidense de 1982 dirixido e escrito por Alan J. Pakula. É unha adaptación da novela de 1979 Sophie's Choice escrita por William Styron. Está protagonizado por Meryl Streep como Zofia "Sophie" Zawistowski, unha inmigrante polaca nos Estados Unidos cun escuro segredo do pasado que comparte casa en Brooklyn co seu treboento amante Nathan (Kevin Kline no seu primeiro papel), e co escritor Stingo (Peter MacNicol).
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
As chinches das camas ou simplemente chinches ou tamén chinchas ou percebellas son insectos parasitos da familia dos cimícidos (Cimicidae), que se alimentan exclusivamente de sangue. Cimex lectularius é a chinche das camas común e a especie máis coñecida que prefire alimentarse de sangue humano. Outras especies de Cimex especializáronse en alimentarse doutros animais, por exemplo, as chinches dos morcegos, como Cimex pipistrelli (de Europa), Cimex pilosellus (de Norteamérica) e Cimex adjunctus (de Norteamérica), ou as chinches das aves.
Para as linguas que se falan neste pobo véxase Linguas inuitEsquimó é un nome común para os individuos de distintos pobos indíxenas que habitan as rexións árticas de Groenlandia, América e parte de Siberia. Denomínase así dous grupos étnicos relacionados: Os inuit, habitantes da tundra ártica do norte de Alasca, Canadá e Groenlandia. Os iupik, habitantes do sur de Alasca, que é de clima subártico, e da península siberiana de Chukchi.A palabra esquimó (en inglés eskimo; en francés eskimo (ou, máis raramente, en plural, eskimau ou esquimaux) caeu en desuso no Canadá, pois se considera despectiva e, oficialmente, só se utiliza inuit que significa "o pobo" (en inuktitut, ᐃᓄᐃᑦ inuit).
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Palestina (Árabe: فلسطين, Filasṭīn, Falasṭīn ou Filisṭīn), oficialmente declarado como o Estado de Palestina (Árabe: دولة فلسطين, Dawlat Filasṭin), é un Estado con recoñecemento limitado situado no Oriente Medio, máis concretamente no Levante mediterráneo, e que limita con Israel, Xordania, Exipto e a ribeira sudoriental do mar Mediterráneo. Tamén é considerado un protoestado. Foi proclamado no exilio en Alxer o 15 de novembro de 1988, cando o Consello Nacional da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) adoptou a declaración de independencia de Palestina de forma unilateral.
As mouras son espíritos, seres fantásticos con poderes sobrenaturais dos folclores portugués e galego. Son "seres obrigados por oculta forza sobrenatural a vivir en certo estado de sitio como limitados ou adormecidos, en canto determinada circunstancia non lles rompa o encantamento". Segundo antigos relatos populares, son as almas de doncelas que foron deixadas gardando os tesouros que os mouros esconderan antes de partir para a súa terra.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.