Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Hamás (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina. Hamás fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na franxa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios.
A catenaria é a liña aérea de alimentación que transmite enerxía eléctrica ás locomotoras ou outro material motor ferroviario. O seu nome procede do da curva que forma unha estrutura linear sostida polos extremos e sometida libremente só ó seu peso e orixínase no latín catena, "cadea". Chámase tamén liña aérea de contacto.
Gauvain ou Galván, sobriño do Rei Artur e cabaleiro da Mesa Redonda, é un personaxe das obras literarias da Materia de Bretaña ou Ciclo Artúrico. O personaxe é moitas veces designado como Gawain, variante máis común nos países anglo-saxóns, aí normalmente precedida polo título Sir. Nas versións medievais galego-portuguesas das historias artúricas, era común traducir o nome da personaxe como Galvão ou Gualvam e precedelo polo título Don.
Carla Antonelli, nome artístico de Carla Delgado Gómez, nada en Güímar (Tenerife) o 13 de xullo de 1959, é unha actriz, política e recoñecida activista dos dereitos LGBT. Desde 2011 é deputada da Asemblea de Madrid polo Partido Socialista Obrero Español, converténdose na primeira muller transexual de España en acceder a este cargo. En 2019 era a Vicepresidenta da Comisión de Cultura e Turismo e Deportes e responsable de familias, menores e temas LGTBI na Comisión de Políticas Sociais e Familia na Asemblea de Madrid.
Denomínase disolvente, ou solvente, á substancia que permite a dispersión doutra, o soluto, no seu seo. Normalmente o disolvente establece o estado físico da disolución, polo que se di que o disolvente é o compoñente da disolución que está no mesmo estado físico que a disolución. A auga cualifícase moitas veces como o disolvente universal, porque disolve a máis do 50 % dos compostos coñecidos.
Henri Matisse ou Henri-Émile-Benoît Matisse (en francés ɑ̃ʁi emil bənwɑ matis) nado en Le Cateau-Cambrésis o 31 de decembro de 1869 e finado en Niza o 3 de novembro de 1954, foi un pintor, escultor e deseñador francés que destacou por un uso característico da cor e por un debuxo fluído, brillante e orixinal. Como debuxante, gravador e escultor, pero principalmente como pintor, Matisse é comunmente considerado, xunto con Picasso e Marcel Duchamp, como un dos tres artistas que axudaron a definir os acontecementos revolucionarios nas artes plásticas nas primeiras décadas do século XX, responsables de importantes avances na pintura e na escultura. Aínda que é considerado como o máximo representante do fauvismo, estilo que cultivou nos seus primeiros anos, tamén foi aclamado como un dos representantes da tradición clásica na pintura francesa.Primeiro traballou nun estilo académico e posteriormente cultivou o impresionismo, o puntillismo, e o fauvismo, do que foi mestre de escola; continuou sempre, dentro dunha heterodoxia, fiel ao fauvismo.
O río Potomac flúe ata a Baía de Chesapeake, e atópase na costa Atlántica dos Estados Unidos. O río mide aproximadamente 665 km., cunha zona de influencia de preto duns 38.000 km². O Potomac é o 4º río da costa Atlántica estadounidense en termos de área irrigada, e ocupa o posto 21 na clasificación do país.
O URL (siglas de Uniform Resource Locator; en galego, localizador uniforme de recursos) é un texto curto que identifica calquera recurso (servizo, páxina, documento, enderezo de correo eletrónico, enciclopedia...) accesible nunha rede. Un concepto similar é o de URI (o L cambia por un I, de identificador).
Cando foi poboada orixinalmente, Nova Zelandia foi dividida en provincias. Estas foron abolidas en 1876 para que o goberno puidese ser centralizado, por motivos financeiros. En resultado, a Nova Zelandia non posúe ningunha entidade subnacional como provincia, estado ou territorio, máis aló do goberno local.
O Metro de Praga (en checo: Metro v Praze) é unha rede de transporte pública soterrada situada na cidade de Praga, República Checa. É o medio de transporte máis rápido para moverse pola urbe, servindo ao redor de millón e medio de pasaxeiros ao día, o que o converte no sétimo sistema de metro con maior actividade de Europa. Esta rede foi inaugurada o 9 de maio de 1974.
Un continente é unha grande extensión de terra que presenta algunha diferenza salientable respecto das veciñas. En xeografía pódese considerar un tipo de MUG (macro unidade xeográfica), que está establecida por criterios físico-históricos. Por isto, atopamos continentes como Europa e Asia que forman unha única extensión de terra (Eurasia) pero habitualmente son considerados de xeito separado.
Carlos III (Charles Philip Arthur George Windsor; nado en Londres o 14 de novembro de 1948) é o rei do Reino Unido e de catorce estados independentes máis chamados Reinos da Commonwealth desde 2022, tras a morte da súa nai a raíña Isabel II. Tamén é o xefe da Commonwealth, unha grande organización intergobernamental formada por 53 países independentes. Era o herdeiro, así como o duque de Cornualla e duque de Rothesay de 1952 a 2022, sendo a persoa máis longa na liña de sucesión ao trono británico da historia. Tamén foi o príncipe de Gales máis lonxevo, xa que ostenta o título desde xullo de 1958.
As caprifoliáceas (Caprifoliaceae) son unha familia de plantas dicotiledóneas arbustivas, de follas opostas, flores hermafroditas e froito en drupa ou baga, pertencente á orde Dipsacales. A esta familia pertencen rubideiras como o cadrifollo e todas as demais madreselvas, por isto tamén se coñece como a familia das madreselvas. Este clado agrupa unhas 380 especies, en 10 xéneros, cunha extensa área de distribución; centros de diversidade atópanse no Leste de América do Norte e Leste de Asia, mentres que se atopan ausentes no África tropical e no Sur deste continente.
A Atrazina é un herbicida de tipo triazina, usado no maínzo e no sorgo para o control de malas herbas e de herbas foliares. Herbicida antigo aínda empregado na actualidade polo seu baixo custo e porque traballa en sinerxía cando é empregado con outros herbicidas. É un inhibidor do fotosistema II. Provoca que os machos de rás e outros anfibios, muden en femias ou perdan a capacidade de procrear.
O futvólei é un deporte que combina aspectos do voleibol e o fútbol. Practícase entre dous equipos, cun número de xogadores variable, que intentan pasar o balón ao campo contrario sen empregar as mans nin os brazos. Orixinouse no Brasil en 1965, na praia de Copacabana de Río de Xaneiro, coma unha forma de evitar a prohibición de xogar ao fútbol na praia que existía nese momento.
Un choque (shock) é unha síndrome clínica complexa e de múltiples causas, estado crítico no seo dunha enfermidade grave producida por unha redución da achega de osíxeno aos tecidos, que determina lesión celular, inicialmente reversible, e se se prolonga, dano irreversible. O factor común: a insuficiencia do sistema circulatorio para manter a perfusión e función celular. O mantemento da perfusión de órganos vitais é fundamental para sobrevivir, polo que a hipoperfusión tisular provoca fallo multiorgánico, caracterizado inicialmente por : taquicardia, diminución da tensión arterial e da diurese, xunto con confusión.
Ferroplasma é un xénero de arqueas do que se coñecen polo momento tres especies e cuxa especie tipo é Ferroplasma acidiphilum, un microorganismo acidófilo oxidante do ferro. A diferenza doutros membros da clase Thermoplasmata, F.acidiphilum é un mesófilo que crece optimamente a unha temperatura de aproximadamente 35 °C e a un pH de 1,7. Encóntrase xeralmente en minas ácidas, principalmente as de pirita (FeS2).
O hidróxeno (en grego, 'creador de auga') é un elemento químico de número atómico 1, representado polo símbolo H. Cunha masa atómica do 1,00794 (7) u, é o máis lixeiro dos elementos da táboa periódica. Polo xeral, preséntase na súa forma molecular, formando o gas diatómico (H2) en condicións normais. Este gas é inflamable, incoloro, inodoro, non metálico e insoluble en auga.O elemento hidróxeno, por posuír distintas propiedades, non se encadra claramente en ningún grupo da táboa periódica, sendo moitas veces colocado no grupo 1 (ou familia 1A) por posuír só un electrón na capa de valencia (ou capa superior).
O mestrado ou máster (do inglés master), é un grao académico de posgraduado que está orientado á especialización académica ou profesional dos alumnos para completar os estudos de grao. Ten unha duración dun ou dos anos que, sumados á duración do grao, fan que o título de mestrado equivalla normalmente a ter uns estudos universitarios de cinco ou seis anos. O seguinte grao académico de posgraduado é o doutoramento.
Nuhad Haddad (en árabe: نهاد حداد), nada en Yabal al Arz, o 21 de novembro de 1935, é unha cantante e actriz libanesa coñecida como Fairuz (en árabe: فيروز), Fairouz ou Fayrouz. Os seus seguidores chámana "embaixadora das estrelas", "embaixadora dos árabes", "veciña da Lúa" e "a voz dos anxos". A súa carreira comezou a mediados de 1945.Fairuz é cronoloxicamente a segunda cantante árabe máis aclamada, xa que a primeira foi a cantante exipcia Umm Kulthum (1904-1975) ata a década de 1970.
Super Mario Bros. (スーパーマリオブラザーズ) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto para a videoconsola NES en 1985. Universalmente considerado un clásico, foi un dos primeiros xogos de plataforma de desprazamento lateral, a súa popularidade non tivo precedentes e comezou unha nova era nos xogos para consola, convertendo a figura de Mario na mascota oficial de Nintendo e nunha icona internacional.
O corregimiento é unha subdivisión administrativa de Colombia de nivel intermedio entre o municipio e a vereda. Administrativamente é o lugar que tén un casarío onde os municipios descentralizan os seus servizos. Neste tipo de estruturas sociais e administrativas, pódese atopar postos e inspeccións de policía, xunto con outros servizos que a municipalidade desexe descentralizar, sexa por esixencias da poboación local, sexa por que a distancia dende este casarío ó casco urbano é demasiado grande para ser percorrida en caso de emerxencia.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América, o que supón o 38,5% do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A milgranda, tamén chamada granada, é o froito en balaustia da árbore Punica granatum, chamada milgrandeira (ou tamén milgranda, nome que se lle pode dar ao froito e á árbore). O froito está normalmente maduro no hemisferio norte de setembro a febreiro e no sur de marzo a maio.Estes froitos, como sarcotestas completas ou como zume, utilízanse en bolaría, cociña, mesturas de zumes, gornicións de comidas, batidos de froitas e bebidas alcohólicas, como cócteles e viño. As milgrandas describíronse orixinalmente na zona de Irán e na mediterránea e plantáronse por todo o mundo.
A lingua ou dialecto cantonés ou yuè (chinés simplificado: 粵语, chinés tradicional: 粤語, Pinyin: yuèyǔ, Jyutping:Jyut6jyu5) é un dos principais dialectos do chinés. O nome yuè corresponde ao nome dun reino antigo situado na actual provincia de Guangdong. Por iso, o carácter 粵 utilízase hoxe en día como abreviatura do nome desta provincia.
Game of Thrones é unha serie de televisión estadounidense de fantasía medieval creada para a canle HBO por David Benioff e D. B. Weiss. Está baseada na obra do autor George R. R. Martin A Song of Ice and Fire, unha serie de novelas de fantasía, a primeira das cales se chama A Game of Thrones. A serie rodouse en Paint Hall Studios de Belfast, e en diversas localizacións en Irlanda do Norte, Malta, Croacia, Islandia, España, os Estados Unidos e Marrocos.
O cronut (neoloxismo que provén dos termos croissant e donut) é un bólo híbrido entre un croissant e un donut. Foi inventado polo chef francés Dominique Ansel en 2013 e patentado por el mesmo na súa panadería de Nova York. Este pastel é o resultado de fritir a masa laminada do croissant nunha tixola con aceite, ao xeito que se fai cos donuts.
Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial
O Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial é a máxima proba internacional deste deporte, e ten lugar todos os anos, organizada pola Unión Ciclista Internacional (UCI).
Un libro branco (do inglés, white paper) é un documento oficial publicado por un goberno ou unha organización internacional, a fin de servir de informe ou guía sobre algún problema e como afrontalo. Os libros brancos son utilizados para educar aos lectores e axudar ás persoas a tomar decisións. Son usados na política e nos negocios.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Dinís de Portugal, nado o 9 de outubro de 1261 en Lisboa e finado o 7 de xaneiro de 1325 en Santarém, foi rei de Portugal, fillo de Afonso III e da súa segunda esposa, Beatriz de Castela, sendo, por tanto, neto de Afonso X o Sabio. Sucedeu o seu pai no trono de Portugal en 1279. Intitulábase nos diplomas que outorgou durante o seu reinado como Dom Denis, pella graça de Deus, Rei de Purtugal e do Algarue, e así consta no foro (carta de poboamento) concedido a Rebordãos o 18 de maio de 1285, así como noutros documentos.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
As chinches das camas ou simplemente chinches ou tamén chinchas ou percebellas son insectos parasitos da familia dos cimícidos (Cimicidae), que se alimentan exclusivamente de sangue. Cimex lectularius é a chinche das camas común e a especie máis coñecida que prefire alimentarse de sangue humano. Outras especies de Cimex especializáronse en alimentarse doutros animais, por exemplo, as chinches dos morcegos, como Cimex pipistrelli (de Europa), Cimex pilosellus (de Norteamérica) e Cimex adjunctus (de Norteamérica), ou as chinches das aves.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.431.
España e Israel manteñen lazos diplomáticos dende 1986. Israel ten unha embaixada en Madrid e España ten a súa en Tel Aviv, así como un consulado honorífico en Haifa e un Consulado Xeral en Xerusalén, o cal se considera unha misión diplomática para a cidade de Xerusalén (incluíndo Xerusalén Occidental e Oriental), Gaza e os territorios de Cisxordania. Ademais de que ambos os dous países son estados membros das Nacións Unidas, ambos os dous países son membros da Unión para o Mediterráneo.
Felipe González Márquez, nado en Sevilla o 5 de marzo de 1942, é un avogado, profesor universitario e político andaluz, secretario xeral do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) dende 1974 até 1997 e terceiro presidente do Goberno de España dende a reinstauración da democracia, entre 1982 e 1996.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval, e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
Pedro o Grande (en ruso: Пётр Вели́кий, Pyotr Velikiy), Pedro I (en ruso: Пётр I, Pyotr I) ou Pedro Alekséyevich (en ruso: Пётр Алексе́евич, nado o 9 de xuño de 1672 e finado o 8 de febreiro de 1725, foi Tsar de todas as Rusias desde 1682, e o primeiro Emperador de todas as Rusias desde 1721 ata a súa morte en 1725. Reinou conxuntamente co seu medio irmán Iván V ata 1696. A partir deste ano, Pedro foi un monarca absoluto que seguiu sendo a máxima autoridade.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947, é un xornalista galego.Ao longo da súa carreira traballou en gabinetes oficiais, prensa escrita, radio e televisión pública (TVE) e privada (Telecinco e Antena 3). Foi xefe de prensa da Guardia de Franco (1975) e subdirector do diario Arriba, órgano oficial da Falanxe. Foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez, etapa na que escribiu a maioría dos discursos deste.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Benjamín «Bibi» Netanyahu (en hebreo, בִּנְיָמִין «בִּיבִּי» נְתָנְיַהוּ Binyamin Netanyahu ), nado en Tel Aviv o 21 de outubro de 1949, é un político israelí, primeiro ministro de Israel dende o 29 de decembro de 2022. É a persoa que máis tempo exerceu este posto pois, previamente, xa fora primeiro ministro en dúas xeiras (de 1996 a 1999 e de 2009 a 2021). Tamén é membro da Knesset e presidente do partido conservador Likud.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.