Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O zoroastrismo é unha relixión e unha filosofía baseada nas ensinanzas do profeta Zoroastro (tamén coñecido coma Zaratustra, na lingua avéstica) e antigamente atopábase entre as maiores relixións do mundo. Foi fundada probablemente pouco antes do século VI a.C. en Persia (Irán). O termo Zoroastrismo úsase coma sinónimo de Mazdeísmo (a adoración de Ahura Mazda, exaltado por Zoroastro coma a suprema divindade).
Nikola Tesla (en cirílico serbio: Никола Тесла), nado en Smiljan Imperio austrohúngaro (hoxe en día Croacia) o 10 de xullo de 1856 e finado en Nova York o 17 de xaneiro de 1943, foi un físico, matemático, inventor, e enxeñeiro eléctrico serbio estadounidense e o promotor máis importante do nacemento da electricidade comercial. Coñécese, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo, desenvolvidas a finais do século XIX e principios do século XX. As patentes de Tesla e o seu traballo teórico formaron as bases dos sistemas modernos de potencia eléctrica por corrente alterna (CA), incluíndo o sistema polifásico de distribución eléctrica hoxe en día chamado sistema trifásico e o motor de corrente alterna, que tanto contribuíron ao nacemento da Segunda revolución industrial. Tesla era etnicamente serbio xa que naceu na vila de Smiljan (hoxe en día en Croacia), no entón Imperio austrohúngaro (aínda que algúns académicos romaneses afirman que era istroromanés).
As moedas de Kalākaua son unha serie de moedas de prata do Reino de Hawai e datadas en 1883, emitidas a nome do rei Kalākaua co fin impulsar o orgullo do pobo hawaiano ao dotar o reino da súa propia moeda. Foron cuñadas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos na súa Ceca de San Francisco, cos valores dun dólar, medio dólar, un cuarto de dólar e 10 centavos, e os seus deseños son obra de Charles E. Barber, gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos. A partir da Lei de 1880 que autorizaba a emisión de moeda, o rei Kalākaua amosou o seu interese e os responsables do Goberno viron un xeito de saír dun aperto financeiro conseguindo que se emitisen moedas a cambio de bonos gobernamentais.
O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un sistema estándar para legalizar a propiedade intelectual de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet. É un sistema parecido aos identificadores URI. Unha forma común de empregar o sistema DOI é dar ás publicacións científicas un número específico que calquera pode utilizar para localizar a través da Rede o citado artigo. A diferenza do sistema URL, usado nas páxinas web, o sistema DOI non cambia co paso do tempo, aínda que o artigo sexa recolocado nun enderezo distinto posto que leva a información incorporada en forma de metadatos.
Procariota e procarionte redirixen aquí. Para outras informacións taxonómicas ver Monera e Prokaryota.Chámase célula procariota (do grego πρό-, pro- = 'antes de' e κάρυον, káryon = 'noz, núcleo') a aquela célula sen núcleo celular diferenciado, é dicir, cuxo ADN se atopa disperso no citoplasma.As células que si teñen un núcleo, é dicir, co ADN pechado tras dunha cuberta membranosa, chámanse eucariotas e constitúen as formas de vida máis coñecidas e complexas, as que forman o imperio ou dominio Eukarya. As procariotas son células máis pequenas e moito menos complexas que as eucariotas e carecen de orgánulos como as mitocondrias, retículo endoplasmático, aparato de Golgi e outros.
Carmen Amaya Amaya, nada en Barcelona o 2 de novembro de 1918 e finada en Bagur (Xirona) o 19 de novembro de 1963, foi unha bailaora de flamenco. Criouse en Barcelona, nunha das barracas da praia de Somorrostro, un espazo entre as praias de Nova Icària e El Bogatell. Naceu probablemente en 1918, segundo o que se deduce do primeiro documento oficial que se ten da súa idade, o padrón xeral de habitantes da cidade de Barcelona de decembro de 1930.
Wayback Machine é un servizo e unha base de datos que contén copias dunha gran cantidade de páxinas ou sitios de Internet. Se por algunha razón algún sitio non está dispoñíbel momentaneamente ou foi borrado do servidor de orixe, é posíbel consultar unha réplica vía "Wayback machine". Como consecuencia deste proxecto, tamén se pode consultar a historia ou modificacións das páxinas ao longo do tempo.
O sexto sentido (en inglés: The Sixth Sense) é un filme estadounidense de terror escrito e dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou en 1999. O filme conta a historia de Cole Sear (Haley Joel Osment), un neno que é quen de ver e falar cos mortos, e o seu psicólogo (Bruce Willis), que trata de axudalo. O filme afirmou a Shyamalan como guionista e director, e introduciu ó público ó seu particular cine, que se caracteriza polos seus finais sorprendentes.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O estadio municipal de Baraña é un campo de fútbol da capital municipal de Boiro, situado preto do paseo marítimo da vila, o seu propietario é o Concello de Boiro e nel xoga os seus partido como local o Club Deportivo Boiro. Ten un terreo de xogo de céspede natural e conta cunha bancada cuberta con capacidade para 1.400 espectadores. Posúe, ademais, unha cabina para xornalistas na que poden chegar a estar ata seis profesionais, a cuxa disposición teñen conexión a internet, alumeado e electricidade .
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Campións dos Xogos Olímpicos da Antigüidade
Esta lista contén os campións dos Xogos Olímpicos da Antigüidade que se celebraron sen interrupción en Olimpia, na antiga Grecia, unha tradición que continuou durante máis de 1000 anos, desde o -776 ata o 393, cando todos os cultos pagáns foron prohibidos polo emperador cristián de Roma. Teodosio I o Grande. Trátase dunha lista incompleta que se basea en fragmentos de Pausanias (século II), Eusebio de Cesarea (século III), así como en inscricións compiladas por fontes modernas .
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América entre o 1836 e 1960, o 38,5 % do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
Libia (en árabe: ليبيا Lībiyā, en bérber: Libya), é un país situado na rexión do Magreb no Norte de África. Ás beiras do mar Mediterráneo ao norte, Libia limita con Exipto ao leste, Sudán ao sueste, Chad e Níxer ao sur, e Alxeria e Tunisia ao oeste. Na Grecia antiga, o termo Libia era utilizado nun senso máis amplo, comprendendo toda África do Norte ao oeste de Exipto.Cunha área de ao redor de 1 800 000 quilómetros cadrados, Libia é o cuarto país máis grande de África por área e o décimo sétimo do mundo.
O Día de Tódolos Santos é unha solemnidade cristiá instituída en honra dos santos todos, coñecidos e descoñecidos, segundo o papa Urbano IV, para compensar calquera falta ás festas dos santos durante o ano por parte dos fieis. Nos países de tradición católica, celébrase o 1 de novembro, data na que se venera a todos os santos que non teñen unha festa propia no calendario litúrxico. Por tradición é un día festivo non laborable.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Online Computer Library Center
O Online Computer Library Center (OCLC) é un servizo de biblioteca por computador en liña e unha entidade de investigación sen ánimo de lucro. Máis de 57.000 bibliotecas en 112 países e territorios ao redor do mundo usan os servizos de OCLC para localizar, adquirir, prestar e preservar material bibliográfico. Foi fundado por Fred Kilgour en 1967.
Este artigo trata sobre a cantante, para a representación artística da Virxe María, véxase Madonna (arte).Madonna Louise Ciccone, nada en Bay City (Míchigan) o 16 de agosto de 1958, é unha cantante, compositora e produtora estadounidense, máis coñecida como Madonna. De ascendencia italiana e francocanadiense, o seu estilo musical abrangue a música disco, pop, dance e electrónica. Traballou de maneira máis intermitente como actriz, deseñadora de moda, escritora e directora de cinema.
Haley Joel Osment (HJO), nado nos Ánxeles (California) o 10 de abril do 1988, é un actor estadounidense. Despois dunha serie de papeis de filmes e televisión durante os 90, incluíndo unha pequena interpretación en Forrest Gump onde facía do fillo do personaxe do título, Osment acadou sona internacional coa súa actuación como Cole Sear no suspense de 1999 do director M. Night Shyamalan, O sexto sentido. Entre outras honras, recibiu un nomeamento ós Premios Oscar como mellor actor secundario polo seu papel no filme.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
O Día dos Fieis Defuntos ou Día de defuntos é o día escollido pola Igrexa Católica para orar polos finados, celébrase o día 2 de novembro. A data escollida relaciónase con festividades pagás europeas coma o Samaín ou o magosto. Dende o século II, algúns cristiáns pregaban polos falecidos, visitando os túmulos dos mártires para rezar polos que morreran.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 200.260.
A Xunta de Galicia aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia como o órgano colexiado de goberno de Galicia. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais as conselleiras e os conselleiros. As vicepresidencias e as conselleiras e conselleiros noméanse dende a presidencia.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Un cratón, do grego κράτος, kratos, 'forza', é unha parte vella e estable da litosfera continental, que consta das dúas capas máis externas da Terra, a codia e o manto máis superior (manto litosférico). Os cratóns adoitan pasar por ciclos de fusión e rifting de continentes, e atópanse xeralmente no interior das placas tectónicas; prodúcense excepcións onde eventos de rifting xeoloxicamente recentes separaron os cratóns e crearon marxes pasivas nos seus bordos. Os cratóns están compostos caracteristicamente de antigas rochas de basamento cristalinas, que poden estar cubertas por rochas sedimentarias máis recentes.
Un navegador web ou web browser é unha aplicación software que permite ó usuario recuperar e visualizar documentos de hipertexto, comunmente descritos en HTML, desde servidores web de todo o mundo a través de Internet. Esta rede de documentos é denominada World Wide Web, WWW, Grande Arañeira Mundial ou, simplemente, Web. Os navegadores actuais permiten mostrar e/ou executar gráficos, secuencias de vídeo, son, animacións e programas diversos, ademais de texto e as ligazóns (hiperligazóns).
Java (linguaxe de programación)
Java é unha linguaxe de programación orientada a obxectos desenvolvida por Sun Microsystems a principios dos anos noventa. A linguaxe Java toma moita da súa sintaxe da C e C++, pero ten un modelo de obxectos máis simple e elimina ferramentas de baixo nivel como punteiros. As aplicacións Java están tipicamente compiladas nun bytecode, aínda que a compilación en código máquina nativo tamén é posible.
Fernando Ruiz Hierro, nado en Vélez-Málaga o 23 de marzo de 1968, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba principalmente como defensa central e centrocampista defensivo, aínda que tamén desempeñou a posición de mediapunta. Foi considerado no seu momento como un dos mellores defensores europeos.
Leonor de Borbón Ortiz, nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é a actual princesa de Asturias e a primeira na liña de sucesión ao trono español, como primoxénita dos reis Filipe VI de España e Letizia. Ademais do de princesa de Asturias, ostenta os demais títulos vinculados tradicionalmente ao herdeiro da Coroa española. É ademais presidenta honorífica da Fundación Princesa de Asturias e da Fundación Princesa de Girona.
Hypertext Transfer Protocol Secure
Hypertext Transfer Protocol Secure, que en galego sería Protocolo seguro de transferencia de hipertexto, máis coñecido polas súas siglas HTTPS, é un protocolo de aplicación baseado no protocolo HTTP, destinado á transferencia segura de datos de hipertexto, é dicir, é a versión segura de HTTP. É utilizado principalmente por entidades bancarias, tendas en liña, e calquera tipo de servizo que requira o envío de datos persoais ou contrasinais.
O Protocolo de Transferencia de Hipertexto (HTTP) é un protocolo de aplicación para sistemas de información de hipermedia distribuídos, colaborativos. HTTP é a base da comunicación de datos para a World Wide Web, onde os documentos de hipertexto inclúen hiperligazóns a outros recursos aos que o usuario pode acceder facilmente, por exemplo, facendo clic co rato ou tocando a pantalla nun navegador web. HTTP foi desenvolto para facilitar o hipertexto e a World Wide Web.
Por dominio público enténdese o conxunto de bens e dereitos de titularidade pública non posuídos de xeito privativo. Un exemplo é o consistente no espazo radioeléctrico, as augas terrestres, as continentais etc. Outros ordenamentos xurídicos consideran que o dominio público está formado polos bens de titularidade comunitaria.
A licenza MIT (ou licenza X11 ou MIT X) é unha licenza de software libre permisiva Esta licenza creárona avogados no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) fundamentándose na licenza BSD e facéndoa máis sinxela.. Como o MIT liberou diversas licenzas a Free Software Foundation refírese a esta licenza chamándoa Licenza X11. Dálle ese nome porque é a licenza do xestor gráfico X Window System.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 e finado en Veitureira (Lampai, Teo) o 7 de marzo de 2023, foi un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultivou exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. Foi procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.
Eleccións municipais en Boborás
Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello de Boborás dende 1979.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Interface de programación de aplicación
A interface de programación de aplicación (do inglés application programming interface) fai referencia aos servizos (funcións e funcionalidades) dos que un determinado módulo software (peza, compoñente) prové outros módulos. A interface proporciona unha transparencia en canto á implementación interna desas funcionalidades nese módulo de software: a implementación pode trocar e soamente se ve afectada a implementación nese módulo (da que prové tal API), sen se veren afectados os módulos que usan a tal API. Son usadas xeralmente nas bibliotecas de programación.
Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, Novo México. Ten a súa sede actual en Redmond, Washington. É a maior compañía de software do mundo (conta con máis de 50.000 empregados en total en varíos países) e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como MS-Word, MS-Excel, MS-Access ou MS-FrontPage.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 244.700 habitantes (INE 2022), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
JavaScript (JS) é unha linguaxe de programación interpretada, é dicir, que non require compilación, utilizada principalmente en páxinas web, cunha sintaxe semellante á da Linguaxe Java e a linguaxe C. Ao contrario que Java, JavaScript non é unha linguaxe orientada a obxectos propiamente, xa que non dispón de herdanza, é máis ben unha linguaxe baseado en prototipos, xa que as novas clases xéranse clonando as clases base (prototipos) e estendendo a súa funcionalidade.Todos os navegadores interpretan o código JavaScript integrado dentro das páxinas web. Para interactuar cunha páxina web provese á linguaxe JavaScript dun desenvolvemento do DOM. O seu uso máis estendido atópase en páxinas web HTML para realizar tarefas e operacións no marco da aplicación unicamente cliente, sen acceso a funcións do servidor.
A GNU General Public License (abreviado como GNU GPL ou GPL; en galego "Licenza pública xeral de GNU" ) é unha licenza de software libre, que garante que os usuarios finais teñen a potestade de usar, estudar, modificar e compartir o software. A licenza escribiuna Richard Stallman, da Free Software Foundation (FSF), para o proxecto GNU e para outorgarlle aos usuarios das aplicacións os dereitos que establece a definición de software libre. Agora os dereitos de autoría da licenza son da Free Software Foundation.
O Senegal, oficialmente República do Senegal, é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente da península de Cabo Verde.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Selección de rugby de Suráfrica
A Selección de rugby de Suráfrica (popularmente coñecida coma os Springboks ou Bokke) é o equipo nacional que representa a Suráfrica nas competicións absolutas masculinas de rugby. Os Springboks visten camisola verde co colo dourado, pantalón branco e medias verdes. O seu emblema tradicional é o Springbok (un tipo de gacela) e mais recente é a Protea (planta floral típica do sur de África) que é un emblema nacional en xeral.
Perl é unha linguaxe de programación deseñada por Larry Wall e creada en 1987. Perl toma características da linguaxe C, da linguaxe interpretada shell (sh), AWK, sede, Lisp e, nun grao inferior, moitas outras linguaxes de programación. Estruturalmente, Perl baséase nun estilo de bloques como os do C ou AWK, e foi amplamente adoptado pola súa destreza no procesado de texto e por non ter ningunha das limitacións das outras linguaxes de script.
Un cogomelo ou cogumelo ( pronunciación ) (do latín cucumellum, diminutivo formado sobre cucuma -ae denominación dun recipiente de cociña) é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco solleiros. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Habitualmente, encádranse dentro do filo Basidiomicota (Basidiomicetos).