Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do día 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2.041.603 o número de galegos emigrados a América entre o 1836 e 1960, o 38,5 % do total de migrantes españois (5.311.906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
Procariota e procarionte redirixen aquí. Para outras informacións taxonómicas ver Monera e Prokaryota.Chámase célula procariota (do grego πρό-, pro- = 'antes de' e κάρυον, káryon = 'noz, núcleo') a aquela célula sen núcleo celular diferenciado, é dicir, cuxo ADN se atopa disperso no citoplasma.As células que si teñen un núcleo, é dicir, co ADN pechado tras dunha cuberta membranosa, chámanse eucariotas e constitúen as formas de vida máis coñecidas e complexas, as que forman o imperio ou dominio Eukarya. As procariotas son células máis pequenas e moito menos complexas que as eucariotas e carecen de orgánulos como as mitocondrias, retículo endoplasmático, aparato de Golgi e outros.
Kasuga (春日市, かすがし, Kasuga-shi) é un concello da prefectura de Fukuoka no Xapón. Está situada ó norte da rexión de Kyūshū e ó noroeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Chikuzen, na illa de Kyūshū. A súa superficie é de 14,15 km² e a poboación de 107.631 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 7.610 h/km².
Un poni, (pony en inglés ou poney en francés, probablemente todas elas procedentes da palabra francesa obsoleta poulenet, diminutivo de poulain, "poldro"), é un cabalo pequeno duns 150 cm de altura máxima ata a cruz, e un peso medio de 100 kg. É moi rústico e resistente, con formas máis ou menos masivas, perfil recto e orellas triangulares en lugar de dirixidas cara a dentro como os cabalos de maior alzada. As razas máis puras e primitivas conservan caracteres dos equinos primitivos, como raias ó longo do lombo, ou mesmo nas patas e crinas tupidas.
A realidade aumentada (RA) é unha forma de visión directa ou indirecta dun contorno físico do mundo real, cuxos elementos están aumentados (ou substituídos) por contidos xerados por computador, como son, vídeo, gráficos ou datos de GPS. É un tipo de Contorno Sintético (CS) e está estreitamente relacionado cun concepto máis xeral chamado realidade mediada, na cal a visión da realidade é modificada (posibelmente máis diminuída que aumentada) por un computador. Como resultado, as funcións da tecnoloxía reforzan a percepción actual da realidade. Pola contra, a realidade virtual subtitúe o mundo real por un simulado.
Parque Nacional de Yellowstone
O Parque nacional de Yellowstone é un Parque Nacional dos E.U.A. situado nas Montañas Rochosas nos estados de Idaho, Montana e Wyoming. Yellowstone é o primeiro e máis antigo dos parques nacionais do mundo. Foi establecido polo Congreso de E.U.A. e asinado en lei polo presidente Ulysses S. Grant o 1 de marzo de 1872.
Partitura é un documento manuscrito ou impreso que indica como debe interpretarse unha composición musical, mediante unha linguaxe propia formado por signos musicais e chamado sistema de notación. Como os seus análogos os libros, os folletos, etc., o medio da partitura xeralmente é o papel ou, en épocas anteriores, o pergamiño. Aínda que o acceso á notación musical nos últimos anos inclúe tamén a presentación en pantallas de ordenador.
A música pop (apócope de popular) é un xénero de música popular que tivo a súa orixe a finais dos anos 1950 coma un derivado do rock and roll, en combinación con outros xéneros musicais que estaban de moda nese momento. A música pop, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal "verso - retrouso - verso", executada dun modo sinxelo, melódico, apegadizo, e normalmente asimilable para o gran público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e claras en primeiro plano e percusións lineais e repetidas.
Alex Kapranos (grego: Άλεξ Καπράνος, nado Alexander Paul Kapranos Huntley, 20 de marzo de 1972, Almondsbury, Gloucestershire, Inglaterra) é un músico británico, máis coñecido polo traballo como vocalista e guitarrista da banda Franz Ferdinand. Alex Kapranos, fillo de pai grego e nai inglesa , pasou a infancia en Sunderland e South Shields, Reino Unido, cidade natal de súa nai e pasaba as vacacións de verán en Grecia, terra do seu pai. Huntley é o nome de solteira da súa nai.
Rondae Jaquan Hollis-Jefferson, nado o 3 de xaneiro de 1995 en Chester, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Beşiktaş Icrypex turco. Foi elixido na vixésimo terceira posición do Draft da NBA do 2015 polos Portland Trail Blazers procedente da Universidade de Arizona.
American Recordings é un selo discográfico estadounidense baseado nos Ánxeles dirixido polo produtor musical Rick Rubin. Antigamente era coñecida como Def American Recordings (nirmalmente simplificado como Def American), e polo selo están ou pasaron artistas como Slayer, The Black Crowes, ZZ Top, Danzig, Trouble, Tom Petty, Johnny Cash e System of a Down.
Unha estrea é a primeira representación, proxección ou exposición públicas dunha peza teatral, un filme ou unha obra musical, antes do comezo da súa explotación comercial e á cal asisten normalmente unha parte substancial do equipo que traballou na obra, o público asiste por invitación e son xeralmente críticos, persoas relacionados co medio e os seus autores, políticos e xente da cultura. A estrea adoita ir acompañada dunha rolda de prensa ou intervencións do autor, director ou actores e dunha sesión de fotos.
O CD-Rom ou Compact Disc Read Only Memory é un disco compacto de só lectura. Trátase dun CD utilizado para almacenar datos de ordenador, unha vez gravado os seus datos non se poden modificar nin alterar. Diferencianse dos CDs de son só polo contido que teñen: os discos compactos de son almacenan son, e estes almacenan datos.
Lars von Trier, nado co nome de Lars Trier en Copenhague o 30 de abril de 1956, é un director de cine dinamarqués, un dos creadores do movemento Dogma 95. Salienta sobre todo pola súa forte personalidade creativa e é considerado un dos directores máis innovadores e multidisciplinares do cine actual, a pesar da controversia dalgunhas das súas obras.
Labastida (en éuscaro Bastida e oficialmente Labastida/Bastida) é un municipio na provincia de Áraba, no País Vasco. Forma parte da comarca da Rioxa Arabesa, situada no sur do territorio histórico de Áraba, e constitúe, despois de Laguardia e Oyón, o terceiro municipio da comarca por poboación, con 1.471 habitantes no ano 2010.
Unha serie de televisión é unha obra audiovisual que se difunde en emisións televisivas sucesivas, mantendo cada unha delas unha unidade argumental en si mesma e con continuidade, polo menos temática, entre os diferentes episodios que a integran. Aínda que o termo emprégase popularmente para designar á ficción seriada, outros xéneros son susceptibles de ofrecerse en serie, como o documental (por exemplo, Walking with Dinosaurs, Camiñando entre dinosauros).
A palabra forma pode referirse a: ArteForma musical, en música clásica, a forma, en sentido xenérico, designa unha estrutura ou unha tradición de escritura, que permite inscribir a obra na historia da evolución da creación musical. Forma, un dos elementos da arte.BioloxíaForma, categoría taxonómica que constitúe unha subdivisión xeralmente por debaixo da variedade ou da «raza».MatemáticasForma, figura espacial dos corpos. Forma canónica de Jordan, ou forma normal de Jordan, é un termo matemático empregado en álxebra lineal.
O Pallacanestro Virtus Roma, coñecido popularmente como Virtus Roma, é un club profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Roma, capital do país. Actualmente xoga na Serie A (LBA), a máxima categoría do baloncesto transalpino. O momento máis histórico do club foi a consecución da Copa de Europa (actual Euroliga) en 1984.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
«Cielo e terra» (en galego: «Ceo e terra») é unha canción composta por Mario Robbiani e interpretada en italiano por Anita Traversi. Lanzouse como sinxelo en 1960 mediante Jolly Hi-Fi Records. Foi elixida para representar a Suíza no Festival de Eurovisión de 1960 tras gaña-la final nacional suíza, Schweizer Vorentscheid 1960.
Suecia (en sueco: Sverige, [ˈsværjɛ] (AFI), escoitar), oficialmente Reino de Suecia, é un país nórdico situado na península escandinava. Limitado ao norte e oeste con Noruega e ao leste con Finlandia, está conectado con Dinamarca pola ponte-túnel de Oresund, cruzando o estreito de Öreseund. Ademais está bañada polas costas do Mar Báltico, formando o Golfo de Botnia xunto con Finlandia.
Leonor de Borbón Ortiz, nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é a actual princesa de Asturias e a primeira na liña de sucesión ao trono español, como primoxénita dos reis Filipe VI de España e Letizia. Ademais do de princesa de Asturias, ostenta os demais títulos vinculados tradicionalmente ao herdeiro da Coroa española. É ademais presidenta honorífica da Fundación Princesa de Asturias e da Fundación Princesa de Girona.
"Playing with Numbers" é unha canción da cantante irlandesa Molly Sterling. A canción representará a Irlanda no Festival de Eurovisión 2015.A canción actuará na segunda posición da segunda semi-final do certame, o día 21 de maio de 2015 no Wiener Stadthalle de Viena, Austria optando a chegar á final do día 23 de maio.
A maiúscula é a versión máis grande dunha letra en alfabetos como o latino, o grego, o glagolítico, o cirílico ou o armenio, en contraste coa letra normal, chamada minúscula. O uso correcto das maiúsculas varía en cada lingua. En galego, as palabras escríbense con maiúscula inicial nos seguintes casos: A primeira palabra de cada escrito e a que vai tras un punto.
O Melrose Sevens é unha competición anual de rugby 7 organizado polo Melrose Rugby Club, en Melrose, Escocia. É a competición de rugby seven, e data do ano 1883, cando o torneo foi suxerido polo antigo xogador do Melrose Ned Haig. Disputado no mes de abril, este torneo forma parte da competición Kings of the Sevens, e atrae a equipos doutras nacións coma Xapón, Uruguai e Suráfrica.
Yamanashi (山梨市, やまなしし, Yamanashi-shi) é un concello da prefectura de Yamanashi no Xapón. Está situado ó sueste da rexión de Chūbu e ó nordés da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 289.87 km², a poboación é de 37.676 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 130 h/km².
Pi ou π é unha constante matemática cuxo valor é a razón aritmética de calquera circunferencia dun círculo co seu diámetro; este é o mesmo valor có da razón da área dun círculo co cadrado do seu raio. É aproximadamente igual a 3,14159 na notación decimal habitual. π é unha das constantes matemáticas e físicas máis importantes: moitas fórmulas das matemáticas, ciencias e enxeñaría están moi relacionadas con π.
Pequín, (/piːˈkɪŋ/ nome romanizado de Beijing 北京 (/beɪˈdʒɪŋ/; ou Beixín, é a capital da República Popular da China. É o centro político, cultural, de comunicación internacional, de innovación científica e tecnolóxico do país. Pequín é a capital nacional máis poboada do mundo, con máis de 21 millóns de habitantes dentro dunha área administrativa de 16,410.5 km2.
Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1946
A 1ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes celebrouse do 20 de setembro ao 5 de outubro do ano 1946. Vinte e dous países presentaron os seus filmes na "Primeira Edición do Festival", que se celebrou no antigo Casino de Cannes. Só un ano despois do remate da segunda guerra mundial, a maioría dos filmes versaron sobre a guerra.
Unha disciplina académica ou campo de estudo é o desenvolvemento do coñecemento sobre un tema específico, pensado ou investigado nunha escola superior, un centro de estudos ou investigacións, unha universidade ou un laboratorio. As disciplinas están en parte definidas e recoñecidas por publicacións científicas ou académicas, onde se expoñen resultados de procesos investigativos, e polos círculos académicos ou científicos aos que pertencen os investigadores. Os campos de estudo teñen polo xeral numerosas ramas ou subdisciplinas e as liñas que as distinguen adoitan ser difusas, ambiguas e mesmo por veces arbitrarias.
Campións dos Xogos Olímpicos da Antigüidade
Esta lista contén os campións dos Xogos Olímpicos da Antigüidade que se celebraron sen interrupción en Olimpia, na antiga Grecia, unha tradición que continuou durante máis de 1000 anos, desde o -776 ata o 393, cando todos os cultos pagáns foron prohibidos polo emperador cristián de Roma. Teodosio I o Grande. Trátase dunha lista incompleta que se basea en fragmentos de Pausanias (século II), Eusebio de Cesarea (século III), así como en inscricións compiladas por fontes modernas .
O nome de Fernando I pode referirse a: Fernando I de Aragón, o Xusto, Fernando I de Antequera;Fernando I de Austria, Fernando V de Hungría;Fernando I de Borbón, Fernando III de Sicilia; Fernando IV de Nápoles; Fernando I das Dúas Sicilias; Fernando I de Bulgaria; Fernando I de León e de Galicia, o Grande ou o Magno; Fernando I do Sacro Imperio Romano Xermánico, Fernando I de Hungría; Fernando I de Nápoles, Ferrante. Fernando I de Parma; Fernando I de Portugal; Fernando I de Romanía; Fernando I de Toscana.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Carlos III (Carlos Sebastián de Borbón y Farnesio), nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1716 e finado o 14 de decembro de 1788, foi rei de Nápoles e Sicilia entre 1734 e 1759 e de España entre 1759 e 1788, pertencente á Casa de Borbón. Era o terceiro fillo home de Filipe V, o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel de Farnesio, polo que foi o seu irmán paterno Fernando VI quen sucedeu ao seu pai no trono español. Carlos serviu á política familiar como unha peza na loita por recuperar a influencia española en Italia: herdou inicialmente da súa nai os ducados de Parma, Piacenza e Toscana (1731); pero máis tarde, ao conquistar Filipe V o Reino de Nápoles e Sicilia no curso da Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735), pasou a ser rei daqueles territorios co nome de Carlos VII. Contraeu matrimonio en 1729 con María Amalia de Saxonia, filla do Rei de Polonia.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 200.260.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
En xeoloxía, félsico é un adxectivo usado para describir aquelas rochas ígneas que son relativamente ricas en elementos que forman minerais como o feldespato e o cuarzo. Contrastan coas rochas máficas, que son relativamente máis ricas en magnesio e ferro. A denominación félsico pode utilizarse para minerais silicatados, magmas e rochas que están enriquecidas nos elementos máis lixeiros como silicio, oxíxeno, aluminio, sodio e potasio.
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Paris Saint-Germain da Ligue 1 de Francia. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Jordi Évole Requena, nado o 21 de xullo de 1974 en Cornellà de Llobregat, Barcelona, é un presentador, humorista e guionista catalán, anteriormente coñecido tamén como El Follonero. Dende 2008 a 2019 presentou o programa Salvados, na cadea de televisión laSexta, e tamén escribe artigos de opinión no diario La Vanguardia e anteriormente en Mundo Deportivo e El Periódico de Catalunya.
Un cratón, do grego κράτος, kratos, 'forza', é unha parte vella e estable da litosfera continental, que consta das dúas capas máis externas da Terra, a codia e o manto máis superior (manto litosférico). Os cratóns adoitan pasar por ciclos de fusión e rifting de continentes, e atópanse xeralmente no interior das placas tectónicas; prodúcense as excepcións onde eventos de rifting xeoloxicamente recentes separaron os cratóns e crearon marxes pasivas nos seus bordos. Os cratóns están compostos caracteristicamente de antigas rochas de basamento cristalinas, que poden esta cubertas por rochas sedimentarias máis recentes.
Francesca Lluc Armengol Socías, coñecida como Francina Armengol, nada na cidade de Inca, Illas Baleares, o 11 de agosto de 1971, é unha farmacéutica e política mallorquina. Desde 1999 é deputada no Parlamento das Illas Baleares por Mallorca. Desde xullo de 2015 é presidenta do Goberno das Illas Baleares, sendo a primeira muller que o preside na historia das Baleares.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A coca ou tarasca é un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. É un animal monstruoso con corpo de serpe ou de dragón con cola de serpe, do lombo nácenlle dúas enormes ás, semellantes ás dos morcegos. Ten catro patas armadas de fortes gadoupas, e na súa faciana aluman uns ollos de lume, sobre unha enorme boca con agudos dentes.
Sofía de Todos los Santos de Borbón y Ortiz, nada en Madrid o 29 de abril de 2007, é unha Infanta de España. É a segunda filla dos Reis de España, Filipe VI e dona Letizia e a irmá máis nova da Princesa de Asturias, Leonor, nacida o 31 de outubro de 2005. Por ser filla do herdeiro da Coroa recibe a dignidade de infanta de España e tratamento de alteza real.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 244.700 habitantes (INE 2022), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Día de Tódolos Santos é unha solemnidade cristiá instituída en honra dos santos todos, coñecidos e descoñecidos, segundo o papa Urbano IV, para compensar calquera falta ás festas dos santos durante o ano por parte dos fieis. Nos países de tradición católica, celébrase o 1 de novembro, data na que se venera a todos os santos que non teñen unha festa propia no calendario litúrxico. Por tradición é un día festivo non laborable.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Dos arquivos do trasno: Contos do monte e do mar é un libro de contos do escritor Rafael Dieste, publicado en 1926.Foi a súa primeira obra publicada. Apareceu publicado en 1926 con oito relatos que apareceran xa nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. En 1962 fíxose unha segunda edición de Editorial Galaxia con vinte relatos e ilustracións de Xohán Ledo.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Barón Rojo é un grupo de heavy metal e hard rock español, chamado así en homenaxe ao aviador alemán Manfred von Richthofen, coñecido como "Barón Vermello". Barón Rojo naceu da unión de catro músicos: os irmáns Armando e Carlos de Castro, José Luís Campuzano, tamén coñecido como "Sherpa", e Hermes Calabria. Os irmáns Carlos e Armando de Castro permaneceron no grupo Coz ata 1980, momento en que as relacións do grupo deterioráronse e o grupo dividiuse en dous.
O Día dos Fieis Defuntos ou Día de defuntos é o día escollido pola Igrexa Católica para orar polos finados, celébrase o día 2 de novembro. A data escollida relaciónase con festividades pagás europeas coma o Samaín ou o magosto. Dende o século II, algúns cristiáns pregaban polos falecidos, visitando os túmulos dos mártires para rezar polos que morreran.
Co nome de danza do abellón denomínase un antigo rito funerario no que tódolos familiares e asistentes ó velorio dun cadáver, formando roda collidos da man, daban voltas ó redor do corpo imitando o zunido dun abellón. Este ritual foi recollido por Alfredo Brañas a raíz dun velorio no que el mesmo participou en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e constitúe un dos casos máis particulares das prácticas tradicionais galegas relacionados coa morte. Críase que se algún dos participantes falaba ou interrompía o baile por calquera causa, sería o primeiro dos presentes en morrer.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
As náiades (en grego antigo Ναϊάδες, naiádes, de ναϊς, naís, nadar) son personaxes da mitoloxía grega, ninfas da auga doce (sexan fontes, ríos, lagos ou regos), encarnando a divindade do manancial ou río que habitan. Podía darse o caso de que nunha fonte houbese unha única náiade, ou ben que houbese varias, consideradas irmás entre si, pero en todo caso toda fonte de certa relevancia tiña a súa náiade, con nome propio e lendas específicas , e podían ser obxecto de culto local. Segundo Homero, na Ilíada, o seu pai sería o deus Zeus.
Letizia Ortiz Rocasolano, nada en Oviedo o 15 de setembro de 1972, é a raíña consorte de España polo seu casamento co entón príncipe Filipe de Borbón. Teñen dúas fillas, a Princesa Leonor e a infanta Sofía, primeira e segunda na liña sucesoria, respectivamente. Antes do seu matrimonio co Príncipe, traballou como xornalista para varios xornais e cadeas de televisión.