Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Os Países Cataláns (Països Catalans en catalán) son os territorios nos que a lingua autóctona é o catalán, ou ben os territorios que forman parte dunha unidade xeohistórica, cultural e lingüística de predominio catalán. Son tamén os territorios onde viviron ou viven os falantes de catalán.En termos xerais, os Países Cataláns abranguen a zona oriental da península Ibérica, entre os Pireneos, até a Lagoa de Leucate e a serra das Corbières, polo norte, e o río Segura polo sur, o arquipélago das Baleares (que inclúe o das Pitiusas) e illas adxacentes (como as Columbretes e a illa de Tabarca), a Franxa Oriental (no leste de Aragón), a comarca do Carxe (na Rexión de Murcia) e a cidade de L'Alguer (na illa de Sardeña), onde un 30% da poboación fala catalán.Os Países Cataláns teñen unha superficie conxunta de 70 520 quilómetros cadrados e unha poboación de 14,4 millóns de habitantes.
Brandeburgo ou Brandemburgo (en alemán Brandenburg, en sorabo Braniborska e en baixo saxón Brannenborg) é un dos 16 Estados federados (Bundesländer) de Alemaña. O estado atópase no leste do país e foi un dos 6 novos bundesländer creados en 1990 coa absorción da República Democrática Alemá por parte da Alemaña Federal. Brandeburgo, arrodea a capital do país Berlín, mais non a inclúe.
Para outras moedas coa denominación de "pataca", véxase a páxina de homónimos Pataca (moeda). A pataca (en chinés: 澳門圓; pinyin: Àoményuán) é a moeda de curso legal da rexión administrativa especial de Macau. Divídese en 100 avos; o seu código ISO 4217 é MOP e as abreviaturas utilizadas son $, 元 e 圓.Macau ten un sistema monetario consonte o cal a súa unidade monetaria, a pataca, se apoia ao 10 % nunha divisa estranxeira, neste caso o dólar de Hong Kong.
O Metro de Barcelona é a rede de ferrocarril metropolitano da cidade de Barcelona, a máis extensa de Cataluña e a segunda máis extensa de España, e desde 2009, a primeira rede de ferrocarril metropolitano española que conta con liñas totalmente automatizadas, as liñas L9, L10 e L11.Desde 2019 ten 166 km. e 198 estacións. Da servizo á cidade de Barcelona e algunhas cidades da súa área metropolitana como l'Hospitalet de Llobregat, Cornellà de Llobregat, Santa Coloma de Gramenet, Badalona, Sant Boi de Llobregat, Montcada i Reixac e El Prat de Llobregat.
Snapchat é unha aplicación móbil gratuíta desenvolvida por Evan Spiegel e Robert Murphy que permite enviar fotografías, vídeos e mensaxes de texto que se autodestrúen aos dez segundos, como máximo. Estes contidos son coñecidos como Snaps. A aplicación pódese descargar dende a App Store para dispositivos Apple e dende a Play Store para dispositivos Android.
Conforme a Unión Astronómica Internacional (IAU) un planeta ( pronunciación , do grego planḗtai, 'errantes') é un corpo celeste que orbita ao redor do Sol, que ademais ten masa abonda como para que a súa gravidade supere as forzas do corpo ríxido e asuma unha forma en equilibrio hidrostático (practicamente esférica) e que ademais limpara a órbita de corpos veciños. Un planeta é un corpo celeste de grandes dimensións, sen luz propia, senón que a recibe dunha estrela, e que xira arredor dunha estrela cunha órbita elíptica. Da estrela recibe unha importante radiación electromagnética.
A Wikipedia en bengalí (en bengalí: বাংলা উইকিপিডিয়া) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua bengalí. Foi creada o 27 de xaneiro de 2004, superando os 10 000 artigos en outubro de 2006, converténdose na segunda lingua do sur de Asia en conseguilo.Esta versión da enciclopedia contén 143.855 artigos e 438.600 usuarios, dos cales 976 son activos.
O bretón (brezhoneg) é unha lingua celta insular de tipo britónico, estreitamente emparentada co córnico. Fálase sobre todo nos territorios occidentais da Bretaña, aínda que se está a recuperar noutras partes do territorio da rexión, mesmo naquelas zonas onde tradicionalmente non se falou ou non se ten falado dende hai varios séculos. A lingua bretoa tamén tivo unha certa repercusión en Galicia, influíndo sobre a lingua galega e propiciando a aparición dun dialecto mindoniense nos seus asentamentos, que perduraron ata o século XV no norte da actual provincia de Lugo (na comarca de Mondoñedo) e mais nalgunhas outras zonas costeiras de Galicia.
A Wikipedia en malaio (en malaio: Wikipedia Bahasa Melayu; en jawi: ويکيڤيديا بهاس ملايو) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua malaia. Esta edición só usa o alfabeto latino e non o alfabeto jawi. Esta edición foi creada o 26 de outubro de 2002 e en xaneiro de 2019 contaba con 323 162 artigos.
Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.
A Wikipedia en serbio (en serbio: Википедија на српском језику; Vikipedija na srpskom jeziku) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua serbia. Creada o 16 de febreiro de 2003, alcanzou os 100 000 artigos o 20 de novembro de 2009, os 200 000 artigos o 6 de xullo de 2013 e os 500 000 o 13 de xaneiro de 2018. Esta versión da enciclopedia contén 678.228 artigos e 347.958 usuarios, dos cales 830 son activos.
O Escudo portugués, simbolizado polo cifrão (como o símbolo do dólar [$], pero con dúas barras verticais), foi a moeda oficial de Portugal antes do euro. O escudo deu orixe a outras variacións de Escudo nas colonias portuguesas africanas e asiáticas. O seu código segundo a norma ISO 4217 é PTE. A seu nome provén da imaxe que aparecía representada nas primeiras moedas dese valor: un escudo.
LinkedIn é unha rede social para profesionais (coñecida tamén como “Facebook dos profesionais")[Cómpre referencia] fundada en decembro de 2002 e aberta ao público en maio de 2003; sendo creada por Reid Hoffman, Allen Blue, Konstantin Guericke, Eric Ly e Jean-Luc Vaillant. Nesta rede é posible crear o teu perfil e colgar o teu CV (resumo da tua experiencia e logros profesionais), ofrecéndoche a opción de contactar con persoas especializadas no teu mesmo sector, establecendo deste xeito unha rede de contactos. En outubro de 2008, tiña arredor de 20 millóns de usuarios rexistrados.
A Wikipedia en catalán (en catalán: Viquipèdia en català) ou Viquipèdia, é a edición en catalán da Wikipedia, historicamente é a segunda despois da versión en inglés, xa que comezou o 16 de marzo do 2001, poucos minutos despois da alemá, agora ben durante dous meses foi a única con artigos en lingua non inglesa xa que a alemá permanecía latente. En marzo de 2014 contaba con máis de 424.000 artigos. Esta versión da enciclopedia contén 739.004 artigos e 466.459 usuarios, dos cales 1.700 son activos.
Wikispecies é un proxecto wiki da Fundación Wikimedia que pretende crear un directorio libre de especies (incluíndo animalia, plantae, fungi, bacteria, archaea e protista). Está dirixido a científicos e non tanto a un público máis xeral. Comezou en agosto de 2004 e en maio de 2007 pasaba dos 100.000 artigos.
A Unión de Asociacións de Fútbol Europeas (en inglés: Union of European Football Associations), máis coñecida como UEFA, é a organización administrativa e de control do fútbol europeo. Representa as asociacións nacionais de Europa, organizando nove competicións entre nacións e entre clubs en Europa, controlando os premios, regulamentos e dereitos desas competicións. É unha das seis confederacións continentais da FIFA. Das confederacións, de longo é a máis forte en termos financeiros e de influencia no escenario internacional.
Calidris pygmaea é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris. É unha pequena limícola que cría nas costas do mar de Bering e inverna no Sueste asiático. Esta especie está moi ameazada, e dise que dende os anos 1970 a poboación reprodutora diminuíu significativamente.
Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia]O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia]O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
Unha ideoloxía é o conxunto de ideas, tendentes á conservación ou transformación do sistema existente (económico, social, político...), que caracterizan a un grupo, institución, movemento cultural, social, político ou relixioso. O termo ideoloxía foi formulado por Destutt de Tracy (Mémoire sur la faculté de penser, 1796), e orixinalmente denominaba á ciencia que estuda as ideas, o seu carácter, a orixe e as leis que as rexen, así como as relacións cos signos que as expresan. Medio século máis tarde, o concepto dótase dun contido combativo por Carlos Marx, para quen a ideoloxía é o conxunto de ideas (erróneas na súa maior parte) cuxa relación coa realidade é menos importante que o seu obxectivo, que é evitar que os oprimidos perciban o seu estado de opresión.
O dong (en vietnamita: đồng) é a unidade monetaria da República Socialista de Vietnam desde o 3 de maio de 1987. O seu código ISO 4217 é VND e o seu símbolo monetario é ₫ ou đ. O seu órgano emisor é o Banco Estatal de Vietnam.O actual dong conserva a denominación da moeda dos extintos Vietnam do Norte e Vietnam do Sur, herdeira, pola súa vez, da piastra da Indochina Francesa.Anteriormente, o dong contaba con dúas moedas divisionarias: o hào, que era unha décima parte, e o xu, a centésima parte.
O adxectivo é unha clase de palabra que funciona ordinariamente como adxacente do nome, é dicir, como complemento nominal adxunto que se sitúa diante ou despois do substantivo ó cal se refire. Por significado, sinala unha calidade atribuída a un substantivo, ben abstracta (percibible pola mente, como en "libro difícil"), ben concreta (percibible polos sentidos, como en "libro azul"). En canto á súa morfoloxía, o adxectivo non posúe accidente de xénero ou número, senón que o adquire do substantivo ao que determina ou ben do artigo que o acompaña, cando se produciu unha metábase.
ORCID (Open Researcher Contributor Identification ( pronuncia en inglés ), en galego "Identificador Aberto de Investigador e Colaborador") é un código alfanúmerico non propietario que identifica as autoras e autores do eido científico ou académico. Aborda os problemas asociados á localización da autoría nas publicacións científicas ou nas publicacións da área das Humanidades. Á hora de recuperar as contribucións dunha persoa nestes ámbitos hai moitas prácticas que dificultan este labor: o uso de nomes persoais que non son únicos; as diferentes prácticas culturais no que á orde dos nomes se refire; a inconsistencia entre o uso das abreviaturas de nomes e o emprego de distintos alfabetos.
The Plant List é unha lista de nomes botánicos de especies de plantas creada polos Royal Botanic Gardens, Kew e o Missouri Botanical Garden lanzada en 2010. Pretende ser completa, é dicir, conter todos os nomes das especies coñecidas. Existe tamén un proxecto complementario chamado International Plant Names Index (IPNI, Índice de Nomes de Plantas Internacional), no cal os xardíns de Kew están tamén implicados.
Vietnam (en vietnamita: Việt Nam viət˨ næm˧), oficialmente República Socialista de Vietnam (en vietnamita Cộng hòa Xã hội chủ nghĩa Việt Nam ( listen)) é o país máis oriental da Península de Indochina, no sueste asiático. Cunha poboación estimada de 90 millóns de habitantes, é o décimo terceiro país máis poboado do mundo, e o oitavo de Asia. O nome Vietnam, que se traduce por "Viet do sur" (sinónimo do termo antigo Nam Viet), foi oficialmente adoptado en 1802 polo Emperador Gia Long, e foi recuperado de novo en 1945 coa fundación da República Democrática de Vietnam baixo Ho Chi Minh.
A maiúscula é a versión máis grande dunha letra en alfabetos como o latino, o grego, o glagolítico, o cirílico ou o armenio, en contraste coa letra normal, chamada minúscula. O uso correcto das maiúsculas varía en cada lingua. En galego, as palabras escríbense con maiúscula inicial nos seguintes casos: A primeira palabra de cada escrito e a que vai tras un punto.
Myspace é un servizo de rede social virtual fundado nos Estados Unidos, que pon gratuitamente á disposición dos seus membros rexistrados un espazo web personalizado, que permite crear un blog, mostrar as súas composicións musicais e difundir información de tipo persoal, sobre gustos, afeccións etc. O site posúe tamén un sistema de mensaxería que facilita a comunicación entre os seus membros. Unha das maiores achegas deste espazo é a posibilidade que dá de albergar numerosos sites de grupos musicais e dj's dos estilos musicais máis variados, procedentes de múltiples países.
Carolina do Norte (North Carolina en inglés) é un dos estados que conforman os Estados Unidos de América. Carolina do Sur foi unha das Trece Colonias que se rebelou contra o goberno británico na Guerra de Independencia dos Estados Unidos, e o fogar da primeira colonia británica en América. Está situado na rexión Sur e limita ao oeste con Tennessee, ao sur con Carolina do Sur, ao suroeste con Xeorxia, ao norte con Virxinia e ao leste co océano Atlántico.
A pandemia por coronavirus de 2019–2023 é unha pandemia global actual de doenza do coronavirus 2019 (COVID-19) causada polo coronavirus 2 da síndrome respiratoria aguda severa (SARS-CoV-2). O virus foi identificado por vez primeira en Wuhan, na provincia chinesa de Hubei, en decembro de 2019, estendéndose finalmente a cada provincia do país. O 11 de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde declarou o abrocho como unha pandemia.
Walmart (oficialmente, Wal-Mart, Inc.) é unha corporación multinacional de tendas de orixe estadounidense, que opera cadeas de grandes almacéns de desconto e clubs de almacéns. Foi fundada por Sam Walton en 1962, incorporada en 1969, e cotizou na Bolsa de Nova York dende 1972. A súa sede principal está situada en Bentonville, Arkansas.
Nova Jersey (en inglés: New Jersey) é un dos 50 estados dos Estados Unidos, situado nas rexións Mid-Atlantic e Nordeste do país. Limita ao norte co estado de Nova York, ao leste co océano Atlántico, ao suroeste con Delaware e ao oeste con Pensilvania. Encóntrase principalmente dentro das extensas áreas metropolitanas de Nova York e Filadelfia.
O hóckey a patíns é un deporte de equipo que se xoga en patíns de catro rodas paralelas, no que se enfrontan dous equipos de cinco xogadores cada un (un porteiro e catro xogadores de campo), que empregan un pau de madeira de forma curva ou stick para conducir e golpear unha pequena pelota de caucho. Este deporte xógase nunha pista pechada por un valo de esquinas redondeadas e dúas porterías. O hóckey a patíns é practicado principalmente en Europa e América do Sur, e os países que historicamente dominaron nesta modalidade a nivel mundial foron Portugal, España, Arxentina e Italia.
A rupia (en hindi e urdu: रुपया, transl. rupayā, do sánscrito rúpya, rūpyakam, "moeda de prata") é o nome común das moedas oficiais da India, Paquistán, Sri Lanka, Nepal, Mauricio, Seychelles, Indonesia e as Maldivas. Divídese en cen unidades, denominadas centavos nas illas Seychelles, Mauricio e Sri Lanka; paise (singular: paisa) na India, Paquistán e Nepal; sen en Indonesia; laaris nas Maldivas.
En música, a oitava é o intervalo entre dúas notas separadas entre si 6 tons na escala diatónica ou, desde o punto de vista físico, entre dúas notas que teñan o dobre ou a metade de frecuencia. Xa Pitágoras se decatara de que cando unha corda vibra na metade da súa lonxitude a nota que emite é a oitava da fundamental; hoxe dicimos que a frecuencia da oitava é o dobre da fundamental. Por exemplo, a nota La que se usa para afinar ten unha frecuencia de 440 hertzs, a súa oitava superior ten 880 Hz e a inferior 220 Hz.
Google Play (anteriormente Android Market) é unha plataforma de distribución dixital de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android, así como unha tenda en liña desenvolvida e operada por Google. Esta plataforma permítelles aos usuarios navegar e descargar aplicacións (desenvolvidas mediante Android SDK), xogos, música, libros, revistas e películas. Tamén se poden adquirir dispositivos móbiles como ordenadores Chromebook, teléfonos intelixentes Nexus, Google Chromecast, entre outros.
Nicole Mary Kidman, nada en Honolulú (Hawai) o 20 de xuño de 1967, é unha actriz e produtora con dobre nacionalidade australiana e estadounidense. Gañou un Óscar, catro Globo de Oro, un Bafta e un Oso de Prata á mellor actriz, entre outros. Ten unha irmá máis nova, Antonia Kidman, que tamén é actriz.
O éuscaro ou vasco (euskara en éuscaro) é a lingua tradicional do pobo vasco. Na actualidade fálase no territorio coñecido como Euskal Herria. Comprende Euskadi e o norte de Navarra (que conforman Hegoalde) e as rexións de Baixa Navarra/Nafarroa Beherea, Lapurdi e Zuberoa, no departamento francés de Pireneos Atlánticos (o que é coñecido como Iparralde.
A química é a ciencia natural que estuda a composición, estrutura e propiedades da materia xa sexa en forma de elementos, especies, compostos, mesturas ou outras substancias, así como os cambios que estas experimentan durante as reaccións e a súa relación coa enerxía química. Linus Pauling definiuna como a ciencia que estuda as substancias, a súa estrutura (tipos e formas de acomodo dos átomos), as súas propiedades e as reaccións que as transforman noutras substancias en referencia co tempo. A química, a través dunha das súas ramas coñecida como química supramolecular, ocúpase principalmente das agrupacións supratómicas, como son os gases, as moléculas, os cristais e os metais, estudando a súa composición, propiedades estatísticas, transformacións e reaccións, aínda que a química xeral tamén inclúe a comprensión das propiedades e interaccións da materia a escala atómica.
Terremoto e tsunami de Sendai de 2011
O terremoto e tsunami de Sendai en 2011(東北地方太平洋沖地震, Terremoto da rexión de Tōhoku e da zona costeira do Océano Pacífico) foi un sismo ocorrido ás 14:46:23 (05:46:23 UTC) do venres 11 de marzo de 2011, que alcanzou unha magnitude provisional de 8,9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW). O domingo 13 de marzo recalificouse pola axencia sismolóxica xaponesa nun 9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW), o que o fai o cuarto maior terremoto do que se ten constancia na historia. O epicentro do terremoto situouse no mar, fronte á costa de Honshu, 130 km ao leste de Sendai, na prefectura de Miyagi, Xapón.
Unha empresa é unha organización ou institución dedicada a actividades ou persecución de fins económicos ou comerciais. A Comisión da Unión Europea suxire a seguinte definición: De acordo ao dereito internacional, a empresa é o conxunto de capital, administración e traballo dedicados a satisfacer unha necesidade no mercado.
Precuela é o nome dado a unha obra narrativa que contén elementos ambientados no mesmo universo ficcional, cuxa historia antecede ao traballo anterior, presentando eventos que ocorreran antes da obra orixinal. As precuelas poden debruzarse ou non sobre a mesma trama da cal son derivadas. Moitas veces, explican o pasado que levou ao acontecemento dos eventos na narrativa orixinal, mais, ás veces, as conexións entre as obras non son explícitas.
As orquídeas ou orquidáceas (nome científico Orchidaceae) son unha familia de plantas monocotiledóneas que se distinguen pola complexidade das súas flores e polas súas interaccións ecolóxicas cos axentes polinizadores e cos fungos cos que forman micorrizas. A familia comprende aproximadamente 25.000 (algunhas fontes informan de 30.000) especies, e quizais outros 60.000 híbridos e variedades producidas polos horticultores, polo que resulta ser unha das familias con maior riqueza de especies entre as anxiospermas. Poden ser recoñecidas polas súas flores de simetría fortemente bilateral, nas que a peza media do verticilo interno de tépalos -chamada labelo- está profundamente modificada, e o ou os estames están fusionados ó estilo, polo menos na base.As orquídeas constitúen un grupo extremadamente diverso de plantas, que poden ter desde uns poucos milímetros de lonxitude (certas especies dos xéneros Bulbophyllum e Platystele) até constituír xigantescas agregacións de varios centos de quilogramos de peso (algunhas especies de Grammatophyllum) ou presentar lonxitudes de até 13,4 m, como é o caso de Sobralia altissima, unha orquídea recentemente descrita en 1999 no Perú.
Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral
A Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral (CCSFS, polas súas siglas en inglés Cape Canaveral Space Force Station) é unha instalación da 45.ª Ála Espacial (45 SW, do inglés Space Wing) da Forza Espacial dos Estados Unidos, con sede na próxima Base da Forza Espacial Patrick. Localizada en cabo Cañaveral no estado de Florida, a CCSFS é o principal lugar de lanzamentos de mísiles do rango leste. A base Patrick proporciona os cuarteis xerais e as funcións de apoio para o 45 SW, así como un aeródromo, liderado loxístico no aire e as funcións de apoio completo propias dunha base da forza aérea.
San Petersburgo (en ruso: Санкт-Петербург, tr. "Sankt-Peterburg", [sankt pʲɪtʲɪrˈburk] (AFI)), antes coñecida como Petrogrado (1914-1924) e máis tarde como Leningrado (1924-1991), é a segunda cidade máis poboada, cunha poboación de aproximadamente 5,4 millóns de habitantes, e importante de Rusia, só superada pola capital, Moscova. Está situada as beiras do río Nevá, na cabeceira do golfo de Finlandia no mar Báltico.
Unha tribo é un conxunto de persoas que proceden xeralmente dunha familia ou da asociación de varias familias, que habitan un poboado ou aldea nun territorio xeográfico definido, que están dirixidas polas persoas maiores (xefes ou patriarcas). Os humanos que compoñen unha tribo adoitan ser da mesma raza, crenzas e costumes. As tribos xorden no neolítico e tras a asociación das primeiras tribos nas cidades xorden as civilizacións.
Os Humanos arcaicos ou Homo sapiens arcaico son un termo vagamente definido que se emprega para referirse a un rango de especies do xénero Homo que datan de menos de 500,000 anos de antigüidade, e parar resaltar contrastes cos humanos modernos. Esta categoría habitualmente inclúe a Homo heidelbergensis, Homo rhodesiensis, Homo neanderthalensis e mesmo ás veces a Homo antecessor. Os humanos modernos en teoría evolucionaron a partir de humanos arcaicos, cando estes evolucionaron a partir de Homo erectus.
O Tour de Francia 2015 foi a 102ª eddición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. Esta edición disputouse entre os días 4 e 26 de xullo de 2015. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, como é habitual, das cales 7 etapas eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual e outra por equipos), 1 de pavé, 2 totalmente chás e 9 con final en alto.
O pirrol é un composto químico orgánico aromático e heterocíclico, formado por un anel de cinco membros coa fórmula C4H5N. Os seus derivados substituídos tamén se chaman pirrois (por exemplo, o N-metilpirrol). Os pirrois únense formando aneis compostos máis grandes, como as porfirinas do grupo hemo, as clorinas e bacterioclorinas, clorofilas e o anel de corrina. Por exemplo, o grupo hemo fórmase a partir do porfobilinóxeno, un pirrol trisubstituído.