Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Evan Taylor Ellingson, nado en La Verne (California) o 1 de xullo de 1988, é un actor estadounidense de cine e televisión. Co-protagonizou MAD TV, e despois tivo un papel regular na serie de televisión Titus. No 2004, Evan foi escollido para interpretar a Kyle Savage na sitcom producida por Mel Gibson Complete Savages, que foi cancelada despois da primeira tempada.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O río Okavango é un longo río africano, que nace na meseta de Bié, en Angola, nunha zona bastante chuviosa, e que tras un percorrido duns 1.600 km penetra nunha conca endorreica, xa en Botswana, onde formou unha extensa rexión aluvial impropiamente denominada e coñecida en todo o mundo como o delta do Okavango. Como desemboca nunha zona cun clima moi árido, trátase dun río alóctono, como é o caso do río Nilo, en Exipto, ou o río Níxer en Malí. A súa conca drena unha superficie de 721.277 km².
O finés é, xunto co estoniano e o húngaro, unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama indoeuropeo do vello continente. Emparentada fortemente co estoniano e distribuída fundamentalmente en Finlandia, a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas meridionais, pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, Turku. Con fortes contactos e influencias do sueco, o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do Kalevala.
Fox Broadcasting Company , máis coñecida como FOX, é unha canle de televisión dos Estados Unidos, propiedade de Fox Entertainment Group, que comezou as súas emisións o 9 de outubro de 1986 cando como primeira emisión o episodio piloto da serie Married with Children. Un dos seus programas máis populares é American Idol que emite desde 2002.
BDFutbol, (abreviación de Base de Datos del Fútbol) é un sitio web dedicado á recompilación de datos históricos do fútbol español. Fundado en 2008 por Víctor Muñoz (creador tamén de BDBasket), hoxe é posible consultar nel os datos de todas as tempadas de Primeira División desde 1928, Segunda División desde 1944 e Segunda División B desde 1981, ademais da Copa do Rei, entre outros campionatos, e algunhas competicións estranxeiras: Bundesliga (Alemaña, desde 1963); Premier League (Inglaterra, dende 1992); Serie A (Italia, dende 1988) e Ligue 1 ( Francia, dende 1996).A web pódese consultar en español, catalán e inglés.
Un invento ou invención é un obxecto, técnica ou proceso que posúe características novedosas. Pode estar baseado nalgunha idea, colaboración ou innovación previa e o proceso da mesma require polo menos o coñecemento dun concepto ou un método existente que se poida modificar ou transformar nunha nova invención. Con todo, algunhas invencións tamén representan unha creación innovadora sen antecedentes previos na ciencia ou a tecnoloxía que amplían os límites do coñecemento humano.
David Hockney, nado o 9 de xullo de 1937, é un pintor, debuxante, gravador, escenógrafo e fotógrafo inglés. É un dos maiores representantes da Arte pop da década dos 60, e un dos artistas británicos máis influentes do século XX. O seu estilo pictórico atópase estreitamente relacionado co sur de California, onde viviu e desenvolveu a súa obra entre 1963 e 2005. Dende esta última data, Hockney posúe unha vivenda e estudo en Bridlington, Londres.
O Metro de Nova York (en inglés: New York City Subway) é o sistema de transporte ferroviario urbano máis grande dos Estados Unidos e un dos máis grandes do mundo, con entre 420 e 475 estacións (dependendo de como se contabilicen os puntos de transbordo: a MTA usa 469 como número oficial de estacións) e 1.062 quilómetros de vías primarias en servizo. Se se contan as vías secundarias en talleres e cocheiras o total ascende a 1.361 km. É operado pola Autoridade de Tránsito da Cidade de Nova York (New York City Transit Authority en inglés), denominándose coloquialmente MTA New York City Transit por parte da Autoridade Metropolitana de Transporte (Metropolitan Transportation Authority en inglés, MTA polas súas siglas) da que é unha axencia afiliada.
A Wikipedia en serbio (en serbio: Википедија на српском језику; Vikipedija na srpskom jeziku) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua serbia. Creada o 16 de febreiro de 2003, alcanzou os 100 000 artigos o 20 de novembro de 2009, os 200 000 artigos o 6 de xullo de 2013 e os 500 000 o 13 de xaneiro de 2018. Esta versión da enciclopedia contén 676.997 artigos e 345.528 usuarios, dos cales 728 son activos.
Doraemon, o gato cósmico (ドラえもん, Doraemon) é un manga e anime creado entre os anos 1969 e 1970 polo debuxante xaponés Himiko Fujisaki, baixo o pseudónimo de Fujio Fujiko. Fujio Fujiko era pseudónimo común de dous debuxantes, Hiroshi Fujimoto e Motoo Abiko. Doraemon é a obra creada de Hiroshi Fujimoto, entón agora se utiliza Fujio F. Fujiko como o seu pseudónimo.
O Eurocopter EC725 Caracal (no presente Airbus Helicopters H225M) é un helicóptero de transporte táctico de longo alcance desenvolvido a partir do Eurocopter AS532 Cougar para uso militar. É un aparello de dous motores que pode levar ata 29 soldados xunto con dous tripulantes, dependendo da configuración. O helicóptero está comercializado para transporte de tropas, evacuación de vítimas e tarefas de busca e rescate, e é semellante ao EC225 civil.
Disney+ (pronunciado Disney Plus) é un servizo de vídeo baixo demanda en streaming que é propiedade e é xestionado pola división Media and Entertainment Distribution de The Walt Disney Company. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión de The Walt Disney Studios e Walt Disney Television, achegando tamén contido das compañías Disney, Pixar, Marvel, Star Wars, National Geographic e Star. Os filmes e as series de televisión orixinais do servizo tamén son distribuídos en Disney+.
Os eucariontes son os organismos con células que conteñen un núcleo e outros orgánulos rodeados de membranas. Os eucariontes pertencen ao dominio Eukarya ou Eukaryota. A característica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas) é a posibilidade de que teñan orgánulos rodeados de membrana, especialmente un núcleo celular e que contén o material xenético rodeado dunha membrana nuclear.
Un falso amigo (ou falso cognado) é unha palabra doutros idiomas que se parece (na escritura ou na pronunciación) a unha palabra na lingua materna do falante, pero que ten un significado diferente. Moitos dos falsos amigos débense a unha etimoloxía común que derivou en significados distintos en cada lingua.
Jacinda Kate Laurell Ardern, nada en Hamilton o 26 de xullo de 1980, é unha política de Nova Zelandia e a Primeira Ministra do país entre 2017 e 2023. Foi a líder do Partido Laborista de Nova Zelandia dende o 1 de agosto de 2017 ata febreiro de 2023. Elixida por primeira vez como parlamentaria nas eleccións xerais de 2008 e deputada por Mount Albert dende o 8 de marzo de 2017, exerceu de Primeira Ministra entre o 26 de outubro de 2017 e o 7 de febreiro de 2023 sendo, con 37 anos, a muller máis nova en asumir tal cargo.Ideoloxicamente, Ardern descríbese a si mesma como unha socialdemócrata e unha progresista.
A adenosina monofosfato (AMP), tamén chamada adenosín monofosfato ou ácido 5'-adenílico, é un nucleótido que se encontra no ARN (no ADN encóntrase a desoxiAMP). É un éster do ácido fosfórico e o nucleósido adenosina. Consta de tres moléculas unidas: un grupo fosfato, o azucre ribosa, e a base nitroxenada adenina.
Matthew Abram Groening, nado o 15 de febreiro de 1954 en Portland, (Oregón), é un debuxante, produtor de televisión e escritor estadounidense, coñecido por ser o creador de The Simpsons. Ademais, tamén é o creador de Futurama e o autor da tira cómica semanal Life in Hell. Groening publicaba Life in Hell no semanario de Licorice Pizza, unha tenda na cal traballaba.
Marjorie Jacqueline "Marge" Bouvier-Simpson é un personaxe de ficción da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons. É a esposa de Homer e os seus fillos son Bart, Lisa e Maggie. Ten un notable protagonismo e complexidade na serie, aínda que é un dos personaxes principais con menos popularidade.
O Metro de Praga (en checo: Metro v Praze) é unha rede de transporte pública soterrada situada na cidade de Praga, República Checa. É o medio de transporte máis rápido para moverse pola urbe, servindo ao redor de millón e medio de pasaxeiros ao día, o que o converte no sétimo sistema de metro con maior actividade de Europa. Esta rede foi inaugurada o 9 de maio de 1974.
O cine de animación é aquel no que se usan maioritariamente técnicas de animación. O cine de imaxe real rexistra imaxes reais en movemento continuo, descompoñéndoas nun número discreto de imaxes por segundo. No cine de animación non existe movemento real que rexistrar, senón que se producen as imaxes individualmente e unha por unha (mediante debuxos, modelos, obxectos e outras múltiples técnicas), de xeito que ao proxectarse consecutivamente se produza a ilusión de movemento.
Daniel Louis "Dan" Castellaneta, nado o 29 de outubro de 1957, é un actor estadounidense, dobrador, comediante e guionista. Famoso por darlle voz a Homer Simpson na versión orixinal da serie de televisión animada Os Simpsons, ademais de moitos outros personaxes da serie, incluíndo Abraham Simpson, Barney Gumble, Krusty o pallaso, o xardineiro Willie, o alcalde Quimby e Hans Moleman. Nacido en Oak Park, Illinois, un suburbio de Chicago, Castellaneta comezou a asistir a clases de teatro a curta idade.
O London Eye (ollo de Londres), tamén coñecido como Millennium Wheel (nora do milenio), rematado en 1999 e aberto ao público en marzo do ano 2000, foi a maior nora-miradoiro do mundo ata a apertura da Estrela de Nanchang en maio de 2006, e a posterior Singapore Flyer no 2008. O London Eye alcanza os 135 metros de altura sobre o extremo occidental dos Jubilee Gardens, no South Park do Támese entre as pontes de Westminster e Hungerford. A nora está ó lado de County Hall e fronte ás oficinas do Ministerio de Defensa.
Sonny John Moore, nado no barrio de Highland Park, na cidade dos Ánxeles, o 15 de xaneiro de 1988, é un DJ, cantante e produtor musical estadounidense coñecido polo seu nome artístico Skrillex. Sonny Moore uniuse á banda post-hardcore From First to Last como o seu cantante en 2004, e gravou dous álbums con eles Dear Diary, My Teen Angst Has a Body Count (2004) e Heroine, (2006). Deixou a banda para comezar a súa carreira en solitario en 2007.
O termo traballo pode referirse: En FísicaTraballo, unha magnitude.En Antropoloxía e SocioloxíaTraballo, actividade humana e social.En EconomíaTraballo, un dos factores da produción.En DereitoTraballo, obxecto de estudo do dereito laboral.Non debe confundirse co dereito ao traballo.En EducaciónTraballo, tarefa de aprendizaxe ou monografía que forma parte do proceso formativo.
Kyrre Gørvell-Dahll, nado en Bergen o 11 de setembro de 1991, é un DJ e produtor musical noruegués máis coñecido polo seu nome artístico Kygo. É famoso por facer remesturas do tema "I See Fire" de Ed Sheeran, que foi reproducido 27,7 milllóns de veces en Soundcloud e máis de 40 millóns de veces en YouTube. Despois dun tempo de descanso no 2014, colaborou co vocalista de Coldplay Chris Martin para crear un remix da canción "Midnight".
Wozzeck é unha ópera en tres actos con música de Alban Berg e libreto en alemán do propio compositor, baseado na obra teatral inconclusa de Georg Büchner, Woyzeck. Trátase da primeira e máis famosa das óperas de Alban Berg. Foi estreada o 14 de decembro de 1925 na Staatsoper Unter den Linden de Berlín baixo a dirección de Erich Kleiber.
Daniel Robert Elfman, coñecido como Danny Elfman, nado nos Ánxeles (Estados Unidos) o 29 de maio de 1953, é un compositor estadounidense coñecido principalmente polas bandas sonoras dos filmes do director Tim Burton, con quen debutou en 1985. Tamén é coñecido por ser o líder do antigo grupo de música estadounidense Oingo Boingo ou por ser o autor do famoso tema da serie televisiva Os Simpson, ou do filme Batman. Foi nomeado catro veces aos Premios Oscar da Academia.
Nyugat ("Occidente") foi a revista fundamental da literatura húngara do século XX. Publicouse en Budapest entre o 1 de xaneiro de 1908 e o 1 de agosto de 1941. O seu primeiro número non se publicou como di a súa portada o 1 de xaneiro de 1907 senón no Nadal de 1907. A revista xogou un papel moi importante na renovación da literatura húngara e nela colaboraron autores relevantes da época como Dezső Kosztolányi.
Raí Souza Vieira de Oliveira, coñecido simplemente como Raí, nado en Ribeirão Preto o o 15 de maio de 1965, é un exfutbolista brasileiro que xogaba como centrocampista ofensivo. Pasou a maior parte dos seus 15 anos de carreira no São Paulo e no Paris Saint-Germain, gañando 10 títulos ente os dous equipos e marcando preto de 200 goles. É considerado por afeccionados, xornalistas e xogadores como a maior lenda do Paris Saint-Germain a pesar do seu período relativamente curto no club.
Mundial de Fútbol de 2014 - Final
A Final do Mundial de Fútbol de 2014 foi o partido final da 20ª edición da Copa do Mundo da FIFA. Disputuse o 13 de xullo de 2014 no estadio do Maracanã do Río de Xaneiro entre as seleccións de Alemaña e a Arxentina, resultando vencedor por 1-0 o equipo europeo, que conquistou así o seu cuarto título mundial. O autor do único gol do partido foi Mario Götze.
"Lisa the Iconoclast" (en galego, "Lisa a iconoclasta") é o décimo sexto episodio da sétima tempada da serie animada The Simpsons. A súa primeira emisión foi o 18 de febreiro de 1996. Neste episodio, conmemórase o bicentenario de Springfield, e Lisa escribe un ensaio sobre o fundador da cidade Jebediah Springfield.
O pinyin (拼音, pīnyīn) ou hanyu pinyin (caracteres simplificados: 汉语拼音; pinyin: hànyǔ pīnyīn) significa literalmente notación fonética da lingua chinesa é un sistema de transcrición mediante o alfabeto latino (romanización) dos caracteres chineses segundo a pronuncia estándar do putonghua ou chinés unificado estándar, oficial na República Popular Chinesa. Posiblemente resulte máis difícil para os occidentais que a máis común Wade-Giles, pero dada a súa oficialidade na China, é cada vez máis utilizada. O Hanyu Pinyin aprobouse en 1958 e adoptouse en 1979 polo goberno da República Popular da China.
A velocidade do son é a dinámica de propagación das ondas sonoras. Na atmosfera terrestre é de 343.2 m/s, 1 235.52 km/h (a 20 °C de temperatura). A velocidade ou dinámica de propagación da onda sonora depende das características do medio no que se realiza dita propagación e non das características da onda ou da forza que a xera.
Deadpool é unha personaxe de banda deseñada, co verdadeiro nome de Wade Winston Wilson, caracterizado coma un mercenario ou antiheroe que aparece en historietas publicadas por Marvel Comics, orixinalmente na serie X-Men pero tamén nos últimos anos noutras series Marvel. Creado polo debuxante Rob Liefeld e o guionista Fabian Nicieza, Deadpool apareceu por primeira vez en The New Mutants nº 98, en febreiro de 1991. Deadpool é un mercenario que usa alta tecnoloxía e que como Wolverine, é un produto de Weapon X, un programa paramilitar clandestino que realizou o goberno canadense.
O Aeroporto Internacional de Tokyo (東京国際空港 Tōkyō Kokusai Kūkō), comunmente coñecido como Aeroporto de Haneda (羽田空港 Haneda Kūkō) ou Aeroporto de Tokyo Haneda (IATA: HND, ICAO: RJTT), é un dos dous aeroportos principais que operan na Área do Gran Tokyo, e é a principal base das dous maiores aeroliñas domésticas xaponesas, Japan Airlines (Terminal 1) e All Nippon Airways (Terminal 2), ademais das low-cost Air Do, Skymark Airlines, Skynet Asia Airways e StarFlyer. Está situado en Ōta, Tokyo, a 14 quilómetros ao sur da Estación de Tokyo. Haneda foi o principal aeroporto internacional de Tokyo ata 1978; dende ese ano ata 2010, Haneda operaba case todos os voos domésticos con saída e destino á cidade, mentres que o Aeroporto Internacional de Narita operaba a meirande parte dos voos internacionais.
Giant Bomb é un sitio web de videoxogos e unha wiki estadounidense que inclúe noticias sobre a industria, recensións, comentarios e vídeos. Foi creado polos ex-editores de GameSpot Jeff Gerstmann e Ryan Davis, en colaboración con Whiskey Media. O sitio web foi votado pola revista Time como uno dos 50 mellores sitios web do ano 2011.
Fullmetal Alchemist: Brotherhood
Fullmetal Alchemist: Brotherhood (en xaponés: 鋼の錬金術師 FULLMETAL ALCHEMIST, Hepburn: Hagane no Renkinjutsushi: Furumetaru Arukemisuto) é unha serie anime adaptada do manga Fullmetal Alchemist de Hiromu Arakawa. Producida por Bones, a serie está dirixida por Yasuhiro Irie e foi escrita por Hiroshi Ōnogi. Fullmetal Alchemist: Brotherhood é a segunda adaptación televisiva baseada en Fullmetal Alchemist, sendo a primeira a versión de 2003.
A lei de Ohm, que recibe o nome do físico alemán Georg Simon Ohm, establece a proporcionalidade, a temperatura constante, entre a caída de potencial (V) entre os extremos dun condutor e a corrente eléctrica (I) que circula ao seu través, isto é V I = R {\displaystyle {\frac {V}{I}}=R} R é unha constante de proporcionalidade que vai depender da temperatura, e das características do condutor (material e dimensións). Recibe o nome de resistencia, e para comprender o seu significado pódese dicir que dá conta da dificultade que opón un condutor determinado ao paso das cargas (a corrente) para unha diferenza de potencial dada.
A Universidade de Alacant (UA, en valenciano: Universitat d'Alacant, en castelán: Universidad de Alicante) é unha universidade pública española con sede en Sant Vicent del Raspeig, na provincia de Alacant. Creouse en 1979 sobre a estrutura do Centro de Estudios Universitarios (CEU) fundado en 1968, e como herdeira da Universidade de Orihuela de 1569. Ten máis de cincuenta titulacións, máis de setenta departamentos universitarios e unidades e grupos de investigación en áreas de ciencias sociais e xurídicas, experimentais, tecnolóxicas, humanidades, educación e ciencias da saúde, ademais de cinco institutos universitarios de investigación.
Non se debe confundir con Mariano Tito Vázquez (1870-1952), pintor.Modesto "Tito" Vázquez, nado o 1 de xaneiro de 1949 en Rabal, en Ourense, é un ex xogador de tenis arxentino que foi profesional na década de 1970 e que posteriormente exerceu como adestrador de tenis e capitán do Equipo arxentino de Copa Davis en dúas ocasións. Despois de proclamarse campión arxentino xuvenil en diversas ocasiónns seguiu coa súa formación na Universidade de California (UCLA), conseguindo tres títulos consecutivos da NCAA, e compartiu equipo con Jimmy Connors, entre outros. Formou parte do equipo arxentino de Copa Davis nos anos 1966, 1968 e 1970, e na súa carreira profesional destaca a súa actuación en dobres, modalidade na que conseguiu dous títulos en catro finais disputadas.
A música tradicional ou música folclórica é a denominación para a música popular que se transmite de xeración en xeración por vía oral (e hoxe en día tamén de maneira académica) como unha parte máis dos valores e da cultura dun pobo. Así pois, ten un marcado carácter étnico ou de raíz. Dentro das músicas tradicionais, hai algunhas que transcenderon máis aló da súa orixe, como o flamenco, a xota, o tango, a música country, a samba, a cumbia colombiana e, en xeral, moitos dos ritmos latinos que mantiveron certa entidade propia co tempo e volvéronse algo máis que un baile.
Spain é unha banda de rock estadounidense formada nos Ánxeles, California en 1993, e liderado polo cantante e baixista Josh Haden. A música que producen contén elementos de country, blues, folk, jazz e slowcore. Nunha carreira de dúas décadas, Spain publicou cinco álbums de estudio, un directo e unha compilación.
La Comédie humaine (literalmente, A comedia humana) é un conxunto de obras de Honoré de Balzac de 137 obras que comprenden 95 novelas, ensaios realistas, fantásticos, ou filosóficos, pero tamén contos, ensaios, e 25 bosquexos de obras, reagrupados baixo o título Ébauches rattachées à la Comédie humaine (Esbozos ligados á Comedia humana), e 8 novelas de xuventude escritas entre 1822 e 1825 baixo diversos pseudónimos, obras que renegou, pero reeditados nos volumes I e II das Œuvres diverses (Obras varias) nas cales atópanse os xermes e os temas das obras da Comédie Humaine, Falthurne sendo considerado como a base de Séraphîta. A clasificación dos textos vai polos ámbitos sociais, polos lugares xeográficos, ou por categorías psicolóxicas (Scènes de la vie privée (Escenas da vida privada), Scènes de la vie de province (Escenas da vida de provincia)) reunidos en conxuntos xenéricos (Études de mœurs (Estudos de costumes), Études philosophiques (Estudos filosóficos), Études analytiques (Estudos analíticos)). A escritura do conxunto gradúase de 1829, cos Les Chouans, a 1850, coas obras inacabadas á súa morte e completadas por Charles Rabou: o Le Député d'Arcis (1854), os Les Petits bourgeois de Paris, (1856), o Le Comte de Sallenauve, (1856), e tamén os Les Paysans publicado en 1854 pola súa viúva, Évelyne Hanska.
Prison Break é unha serie de televisión estadounidense creada por Paul Scheuring que comezou a emitir a Fox Broadcasting Company o 29 de agosto de 2005. A serie céntrase en dous irmáns, un que foi condenado á pena de morte por un crime que non cometeu e outro, Michael Scofield, que se fai deter expresamente para ingresar en prisión para fuxir co seu irmán. A serie produciuna Adelstein-Parouse Productions, en colaboración con Original Television e 20th Century Fox Television.
Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita
O Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita ou AITS (do inglés International Alphabet of Sanskrit Transliteration, IAST) é un popular sistema de transliteración que permite a romanización de escrituras índicas sen perda de información. O AITS é o sistema máis popular de romanización do sánscrito e o pali. Emprégase normalmente en publicacións impresas, especialmente en libros sobre temas en sánscrito e pali antigos relacionados coas relixións da India.
Daft Punk foi un dúo musical, composto polos parisienses Guy-Manuel de Homem-Christo (1974) e Thomas Bangalter (1975). O dúo fixo unha das contribucións máis significativas de sempre [Cómpre referencia] no ámbito da música electrónica, tanto polo volume de vendas como polo apoio da crítica. O seu sinxelo de debut foi "The New Wave", relanzado en edición limitada en 1994 por Soma Records.
Julie Ann Smith, coñecida como Julianne Moore, nada en Fayetteville o 3 de decembro de 1960, é unha actriz e escritora estadounidense. Prolífica no cinema dende principios da década de 1990, é coñecida especialmente polos seus retratos de mulleres con problemas emocionais, tanto en filmes independentes como en blockbusters, e recibiu múltiples premios, incluído un Óscar á mellor actriz, un premio da BAFTA e dous Globos de Ouro. A revista Time nomeou a Moore unha das 100 persoas máis influentes do mundo en 2015.
Elizabeth Woolridge Grant, máis coñecida como Lana Del Rey, nada o 21 de xuño de 1985 en Nova York, é unha cantante e compositora estadounidense. Criada ao norte do Estado de Nova York, Del Rey trasladouse á cidade de Nova York aos dezaoito anos, onde foi á universidade e comezou a escribir música e a actuar en pequenos clubs. En 2008, Del Rey asinou un contrato cunha marca independente e gravou o seu álbum de estrea homónimo, dispoñible en iTunes en 2010; Del Rey comprou de novo os dereitos do seu álbum e foi retirado pouco despois.
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo B
O Grupo B da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros: a campioa de Europa dous anos antes Portugal, xunto con España, Marrocos e Irán. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
The Beach Boys son un quinteto vocal e instrumental orixinal de Hawthorne (Os Ánxeles) que popularizou un estilo de pop coñecido por "Surfing" ou "Hot-Rod". As súas cancións responden a un movemento xuvenil de California da década de 1960, un despreocupado xeito de vivir que tiña nas praias, os coches, as mozas e o surf os seus principais sinais de identidade. O grupo estivo formado por tres irmáns: Brian (compositor, vocais, baixo, piano), Carl (guitarra, vocais) e Dennis Wilson (batería, vocais), xunto cun curmán da familia, Mike Love (vocal) e un veciño, Ao Jardine (guitarra, vocais).
FilmAffinity é un sitio web dedicado ao cinema, creado en 2002 polo crítico Pablo Kurt e o programador informático Daniel Nicolás. Tamén conta cunha versión en inglés. A edición americana de PC Magazine (abril de 2004) incluíu FilmAffinity entre as cen mellores webs por descubrir do mundo; cualificouno como a mellor web na categoría de entretemento.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. O historiador Antonio Eiras Roel estima en 2 041 603 o número de galegos emigrados a América entre o 1836 e 1960, o 38,5 % do total de migrantes españois (5 311 906), o que supuxo que Galicia tivese unha taxa de saída por cada mil habitantes superior a Irlanda nos momentos álxidos das correntes migratorias.
Eritrea (tigriña: ኤርትራ, Ertrā; árabe: إريتريا, Irītriyā), oficialmente Estado de Eritrea (tigriña: ሃገረ ኤርትራ, Hagere Ertra; árabe: دولة إرتريا, Dawlat Iritriyá), é un país africano, limitado ó norte e leste polo Mar Vermello, ó sur con Djibuti e con Etiopía e ó oeste con Sudán. Corresponde ó antigo litoral de Etiopía, da cal tornouse independente en 1993 despois dunha longa guerra.
O Liverpool Football Club, é un club de fútbol da Premier League inglesa da cidade homónima. É un dos clubs máis laureados do mundo gañando, entre outros, dezaoito títulos nacionais, os mesmos que os seus rivais do Manchester United, sete copas e cinco títulos da UEFA Champions League, máximo galardón a nivel europeo. O eterno rival do Liverpool é o Manchester United, rivalidade que se remonta até 1897, cando os "Reds" golearon por 7-1 ao United para ascender á First Division.
Twice (hangul: 트와이스, estilizado como TWICE), é un grupo musical feminino multinacional formado por JYP Entertainment en Corea do Sur a través do programa de supervivencia SIXTEEN en 2015. O grupo ten nove integrantes: Nayeon, Jeongyeon, Momo, Sana, Jihyo, Mina, Dahyun, Chaeyoung e Tzuyu. O grupo debutou o 20 de outubro de 2015, co mini-álbum The Story Begins.O grupo popularizouse co lanzamento do sinxelo «Cheer Up» lanzado en 2016.
Nymphomaniac (estilizado como NYMPH()MANIAC) é un filme europeo de cine arte escrito e dirixido por Lars von Trier que se estreou en 2013. Está protagonizado por Charlotte Gainsbourg, Stellan Skarsgård, Stacy Martin, Shia LaBeouf, Christian Slater, Jamie Bell, Uma Thurman, Willem Dafoe e Connie Nielsen. Orixinalmente, só sería un único filme, pero por mor da súa longa duración, von Trier tomou a decisión de dividilo en dúas partes separadas.
Mission: Impossible é unha serie de televisión estadounidense creada e producida por Bruce Geller. Relata as historias dun equipo secreto do goberno coñecido como Impossible Missions Force (IMF). Na primeira tempada, o equipo é liderado por Dan Briggs, interpretado por Steven Hill; Jim Phelps, interpretado por Peter Graves, toma o relevo para o resto das tempadas.
O Índice de Masa Corporal (ou corpórea, IMC, siglas en inglés: BMI -body mass index-), tamén coñecido como índice de Quetelet, é un número que pretende determinar, a partir da estatura e o peso, o rango máis saudable do peso dunha persoa. Utilízase como indicador nutricional desde principios de 1980. O IMC resulta da división da masa en quilogramos entre o cadrado da estatura expresada en metros.
Nelson Rolihlahla Mandela, nado en Mvezo o 18 de xullo de 1918 e finado en Xohanesburgo o 5 de decembro de 2013, foi un activista, líder político e filántropo surafricano, presidente do país dende 1994 ata 1999. Foi o primeiro xefe de estado de raza negra do país e o primeiro elixido nunha elección democrática completamente representativa. O seu goberno centrouse na disolución do apartheid procurando combater o racismo institucionalizado e fomentar a reconciliación racial.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A edición de xenes por CRISPR (pronounciado crísper) é unha técnica de enxeñaría xenética en bioloxía molecular por medio da cal pode modificarse o xenoma dos organismos vivos. CRISPR é a breviatura en inglés de Clustered Regularly Interspaced Short Palindromic Repeats, repeticións palindrómicas curtas agrupadas e espazadas regularmente. Está baseada nunha versión simplificada do sistema de defensa antiviral bacteriano CRISPR-Cas9.
Soñan os androides con ovellas eléctricas?
Soñan os androides con ovellas eléctricas? (en inglés: Do Androids Dream of Electric Sheep?; retitulado como Blade Runner: Do Androids Dream of Electric Sheep? nalgunhas edicións) é unha novela de ciencia ficción do escritor estadounidense Philip K. Dick, publicada por vez primeira en 1968.
A Autoridade Nacional Palestina (ANP; árabe: السلطة الوطنية الفلسطينية As-Sulṭah Al-Waṭaniyyah Al-Filasṭīniyyah) é a organización administrativa establecida para gobernar Cisxordania e a Franxa de Gaza, a raíz dos acordos de Oslo de 1993. Tralas eleccións de 2006 e o conseguinte Conflito de Gaza entre Fatah e Hamás, o seu dominio reduciuse só ata a Franxa de Gaza. Fundada orixinalmente co nome de Autoridade Nacional Palestina, o goberno de Fatah renomeouno co nome de Estado de Palestina despois de que Nacións Unidas o recoñecera mediante votación como Estado observador non membro.A Autoridade Nacional Palestina formouse en 1994, conforme aos acordos de Oslo entre a Organización para a Liberación de Palestina (OLP) e o goberno de Israel, como un goberno provisional de 5 anos.
Procariota e procarionte redirixen aquí. Para outras informacións taxonómicas ver Monera e Prokaryota.Chámase célula procariota (do grego πρό-, pro- = 'antes de' e κάρυον, káryon = 'noz, núcleo') a aquela célula sen núcleo celular diferenciado, é dicir, cuxo ADN se atopa disperso no citoplasma.As células que si teñen un núcleo, é dicir, co ADN pechado tras dunha cuberta membranosa, chámanse eucariotas e constitúen as formas de vida máis coñecidas e complexas, as que forman o imperio ou dominio Eukarya. As procariotas son células máis pequenas e moito menos complexas que as eucariotas e carecen de orgánulos como as mitocondrias, retículo endoplasmático, aparato de Golgi e outros.