Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Lois XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
O termo clúster aplícase aos conxuntos ou agrupacións de computadoras construídas por medio da utilización de compoñentes hardware comúns e compórtanse como se fosen unha única computadora. Hoxe en día xogan un papel moi importante coa finalidade de solucionar problemas científicos, de enxeñaría, biomédico etc.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
O Líbano (árabe: لُبْنَان), oficialmente a República do Líbano (árabe: الجمهورية اللبنانية) ou a República Libanesa, é un país de Asia Occidental. Está situado entre Siria ata o norte e o leste e Israel ata o sur, mentres que Chipre se atopa ao oeste, atravesando o Mar Mediterráneo. A súa localización na encrucillada da Conca do Mediterráneo e do interior árabe contribuíu á súa rica historia e deu forma á unha identidade cultural de diversidade relixiosa.
A bossa nova é un xénero musical de orixe brasileira que xurdiu a mediados do século XX, impulsado por un grupo de estudantes e músicos de clase media procedentes de Copacabana e Ipanema, nos barrios do Río de Xaneiro situados a rentes do litoral. En portugués vén dicir "o ritmo novo" ou "o vieiro novo". Trátase dun xénero moi popular no Brasil grazas á gravación dos temas Saudade de Bahia e Rosa Morena interpretadas por Dorival Caymmi, de Chega de Saudade interpretada por João Gilberto e composta por Antonio Carlos Jobim e Vinícius de Moraes, tres dos principais expoñentes deste xénero no Brasil.
O iPad é un dispositivo computacional do tipo Tablet PC deseñado pola empresa estadounidense Apple Inc. Foi presentado ó público o 27 de xaneiro do 2010, nunha conferencia de prensa no Yerba Buena Center for the Arts na cidade de San Francisco. Antes da súa presentación, xurdiron diversos rumores acerca do seu nome, dentro dos que se incluían iSlate e iTablet.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
A inspiración na composición artística asóciase a un gromo de creatividade irracional e inconsciente. Literalmente, a palabra significa "recibir o alento," e ten as súas orixes no helenismo e a cultura hebrea. Homero e Hesíodo, nas primeiras discusións sobre a natureza da inspiración destacan como importante tanto os aspectos rituais como as orixes divinas do alento dun deus.
O Joensuun Kiekko-Pojat ou JoKP (Mehtimäki Oy) é un equipo de hóckey sobre xeo semiprofesional da cidade de Joensuu (Finlandia). Xogou tres veces na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a primeira delas na extinta SM-sarja durante a tempada 1971-72, finalizando na última posición da táboa; as outras dúas veces foron na SM-liiga, antes de que se pechara a liga, nas tempadas 1989-90 e 1991-92.
Warcraft II: Tides of Darkness
Warcraft II: Tides of Darkness é un videoxogo de estratexia creado por Blizzard Entertainment, secuela de Warcraft: Orcs & Humans Warcraft II mantén a mesma esencia de Warcraft: Orcs & Humans, nesta entrega os xogadores escollen entre algúndos dous bandos enemistados: os humanos ou os orcos. Esta vez, con todo, o número de criaturas involucradas é maior, os humanos posúen a axuda de elfos, ananos e gnomos; mentres que os orcos reúnen aos trols, ogros e goblins. O xogo mellora notablemente o control e as gráficas do xogo, así como a intelixencia artificial.
iOS é un sistema operativo móbil da multinacional Apple Inc. Orixinalmente desenvolvido para o iPhone (iPhone OS), despois foi usado en dispositivos como o iPod touch e o iPad. Máis tarde en iPad, crearíase o sistema operativo iPad OS para substituír a iOS. Apple non permite a instalación de iOS en hardware de terceiros.
A República de Panamá é un país de América central, localizado entre Costa Rica e Colombia, o mar Caribe e o Océano Pacífico. A súa principal fonte de ingresos é o portádego da Canle de Panamá dende 1999, en que deixou de ser estadounidense e pasou a ser propiedade do Goberno de Panamá a través da empresa pública Autoridade da Canle de Panamá (ACP). A capital do país é Cidade de Panamá, oficialmente Panamá.
Wesley "Wes" Studi (en cherokee: ᏪᏌ ᏍᏚᏗ) nado en Nofire Hollow (Oklahoma) o 17 de decembro de 1947, é un actor e produtor cherokee que gañou fama internacional polos seus papeis en filmes de nativos americanos. Apareceu en filmes premiados co Óscar como Dances with Wolves (1990) ou O derradeiro dos mohicanos (1992), e en filmes nomeados neses premios como Xerónimo (1993) e The New World (2005). Tamén é coñecido por interpretar a Sagat en Street Fighter (1994).
O 333 (CCCXXXIII) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario xuliano, en vigor naquela data. No Imperio Romano, o ano foi nomeado como o do consulado de Dalmacio e Zenofilo, ou menos comunmente, como o 1086 Ab urbe condita, adquirindo a súa denominación como 333 a principios da Idade Media, ao estabelecerse o anno Domini.
Vitoria ou Gasteiz (en castelán: Vitoria; en éuscaro: Gasteiz; oficialmente Vitoria-Gasteiz) é unha cidade e concello do norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Áraba, en Euskadi. É ademais a sede do Parlamento e do Goberno autonómicos. Enclavada nun cruzamento de camiños, foi un importante punto estratéxico tanto no plano militar como no comercial e cultural ó longo da historia.
Sonny John Moore, nado no barrio de Highland Park, na cidade dos Ánxeles, o 15 de xaneiro de 1988, é un DJ, cantante e produtor musical estadounidense coñecido polo seu nome artístico Skrillex. Sonny Moore uniuse á banda post-hardcore From First to Last como o seu cantante en 2004, e gravou dous álbums con eles Dear Diary, My Teen Angst Has a Body Count (2004) e Heroine, (2006). Deixou a banda para comezar a súa carreira en solitario en 2007.
Satoru Iwata (岩田 聡, Iwata Satoru), nado en Sapporo o 6 de decembro de 1959 e finado en Quioto o 11 de xullo de 2015, foi un programador de videoxogos e o cuarto presidente e director executivo de Nintendo, así como director executivo de Nintendo en América. Iwata amosou interese nos videoxogos xa de mozo e creou o seu primeiro videoxogo sinxelo mentres estaba no instituto, e posteriormente graduouse en ciencias da computación no Instituto Tecnolóxico de Toquio. En 1980 comezou a traballar na desenvolvedora HAL Laboratory estando aínda na universidade.
Kyrre Gørvell-Dahll, nado en Bergen o 11 de setembro de 1991, é un DJ e produtor musical noruegués máis coñecido polo seu nome artístico Kygo. É famoso por facer remesturas do tema "I See Fire" de Ed Sheeran, que foi reproducido 27,7 milllóns de veces en Soundcloud e máis de 40 millóns de veces en YouTube. Despois dun tempo de descanso no 2014, colaborou co vocalista de Coldplay Chris Martin para crear un remix da canción "Midnight".
Nick Cave and The Bad Seeds é unha banda de Rock/post-punk cunha aliñación internacional e flutuante. Foi formada en 1983 por dous membros da desaparecida banda australiana The Birthday Party: Nick Cave (cantante, compositor) e o músico Mick Harvey. Uníuselles o guitarrista Blixa Bargeld, membro da banda alemá Einstürzende Neubauten, o ex-guitarrista da banda Magazine Hugo Race e o tamén membro desta última banda Barry Adamson, baixista e pianista.
O kanarés (ಕನ್ನಡ) é unha das linguas dravídicas de maior difusión, documentada desde época temperá. Xeograficamente presenta diferentes variedades xeográficas, que en conxunto falan aproximadamente 44 millóns de persoas. É a lingua oficial no estado de Karnataka, un dos catro estados meridionais da India.
Camillo Benso, conde de Cavour, nado en Turín o 10 de agosto de 1810 e finado o 6 de xuño de 1861, foi un político e estadista da Italia anterior á unificación. Foi ministro do Reino de Sardeña de 1850 a 1852, presidente do Consello de Ministros do Reino de Sardeña de 1852 a 1859 e do 1860 a 1861. No mesmo 1861, coa proclamación do Reino de Italia, converteuse no primeiro presidente do Consello de ministros do novo Estado, cargo que ocupou ata a súa morte ese mesmo ano.
Unha estrea é a primeira representación, proxección ou exposición públicas dunha peza teatral, un filme ou unha obra musical, antes do comezo da súa explotación comercial e á cal asisten normalmente unha parte substancial do equipo que traballou na obra, o público asiste por invitación e son xeralmente críticos, persoas relacionados co medio e os seus autores, políticos e xente da cultura. A estrea adoita ir acompañada dunha rolda de prensa ou intervencións do autor, director ou actores e dunha sesión de fotos.
O composto químico metanol, tamén coñecido como alcohol metílico, é o alcohol máis sinxelo. A temperatura ambiente preséntase como un líquido lixeiro (de baixa densidade), incoloro, inflamable e tóxico que se emprega como anticonxelante, disolvente e combustible. A súa fórmula química é CH3OH (CH4O).
SoundCloud é un servizo de streaming de música alemán que permite aos seus usuarios cargar, promocionar e compartir cancións. Fundado en 2007 por Alexander Ljung e Eric Wahlforss, SoundCloud é un dos maiores servizos de retransmisión de música do mundo e está dispoñible en 190 países e territorios. O servizo ten máis de 76 millóns de usuarios activos mensuais e tiña máis de 200 millóns de cancións a partir de novembro de 2021.
A policía é unha forza de seguridade encargada de velar polo mantemento da orde pública e a seguridade dos cidadáns e sometida ás ordes das autoridades políticas. Chámase tamén policía a cada axente pertencente a dita organización. A palabra "policía" provén da lingua francesa e o seu uso data do século XVIII. A súa orixe está no latín politīa que procede do grego πολιτεία, de πολις, "cidade", que se refire ao goberno ou á administración do Estado.
O devanágari (palabra de orixe sánscrita, देवनागरी / devanāgarī, que significa «(escritura) cidadá divina») é o alfasilabario utilizado para escribir, entre outras, o sánscrito, o hindi, o nepalés, o marathi e moitas outras linguas da India. É unha das escrituras da India máis empregada. Provén da escritura brahmi.
Osamu Tezuka (手塚 治虫, 手塚 治, Tezuka Osamu), nado en Toyonaka o 3 de novembro de 1928 e finado o 9 de febreiro de 1989, foi un debuxante de manga, animador, produtor, activista e doutor xaponés. É coñecido por ser o creador de Astro Boy, Kimba the White Lion e Black Jack. É a miúdo considerado o "Padriño do Anime" e o equivalente xaponés de Walt Disney, o cal foi a súa maior inspiración durante os seus anos de formación.
Cardo é o nome común dun grupo de plantas herbáceas silvestres con follas e inflorescencias espiñentas da cal existen varias especies. A maioría pertencen á familia Asteraceae (asteráceas). Os espiños aparecen por toda a planta –nos talos e nas partes planas das follas; son unha adaptación que protexe as plantas de ser comidas polos animais herbívoros.
Adriano Celentano, nado en Milán o 6 de xaneiro de 1938, é un cantante, actor e cineasta italiano. Grazas á súa traxectoria de cincuenta anos e os seus grandes éxitos está considerado un dos piares da música italiana. O Seu carácter fixo que Celentano se convertese nun personaxe símbolo e icona da sociedade do seu país despois da segunda guerra mundial.
Racine carrée (do francés: raíz cadrada, estilizado como √) é o segundo álbum de estudio do músico belga Stromae. Lanzouse dixitalmente o 16 de agosto de 2013 e tres días máis tarde en formato físico en Francia e Bélxica. Stromae expresou o seu desexo de incorporar influencias musicais caribeñas e africanas xunto cos seus ritmos inspirados nos anos 90.
Un periódico é unha publicación cuxa principal función consiste en presentar noticias. Ten unha aparición periódica, que pode ser diaria -denominado xornal ou diario, e que é o periódico por antonomasia-, ou semanal —denominado semanario— e mesmo quincenal ou mensual. Amais de proporcionar información, as publicacións periódicas adoitan defender diferentes posturas públicas, xa sexa con editoriais, artigos de opinión ou mesmo a través dun perfil ideolóxico determinado.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Daniel Louis "Dan" Castellaneta, nado o 29 de outubro de 1957, é un actor estadounidense, dobrador, comediante e guionista. Famoso por darlle voz a Homer Simpson na versión orixinal da serie de televisión animada Os Simpsons, ademais de moitos outros personaxes da serie, incluíndo Abraham Simpson, Barney Gumble, Krusty o pallaso, o xardineiro Willie, o alcalde Quimby e Hans Moleman. Nacido en Oak Park, Illinois, un suburbio de Chicago, Castellaneta comezou a asistir a clases de teatro a curta idade.
The A.V. Club é un sitio de entretemento con recencións de filmes, música, televisión, libros e xogos, así como entrevistas e outras ofertas regulares que examinan novos medios, medios clásicos e outros elementos da cultura popular. The A.V. Club foi creado en 1993 como unha parte suplementaria de The Onion e tivo unha presenza mínima na páxina web de The Onion nos seus primeiros anos. Porén, un redeseño da páxina web en 2005 puxo a The A.V. Club nunha posición máis prominente, permitindo que a súa identidade en liña creza.
CSI: Crime Scene Investigation
CSI (Crime Scene Investigation, "Investigación da Escena dun Crime"), serie de televisión estadounidense de ficción televisiva e policial, céntrase en torno a un grupo de científicos forenses que traballa na cidade norteamericana de Las Vegas, Nevada investigando crimes. Foi creada por Anthony E. Zuiker e comezou a emitirse no ano 2000. A orixinal fórmula da serie, a súa calidade e o seu éxito e aceptación suscitaron dúas secuelas, CSI Miami e CSI New York, en torno ós equipos de científicos forenses desas respectivas cidades.
World of Warcraft, tamén abreviado WOW, é un videoxogo de rol online multixogador masivo desenvolvido por Blizzard Entertainment dispoñible para os sistemas operativos Windows e Mac OS X. Baséase no mundo de ficción e a historia de Warcraft onde se adopta o papel dun personaxe virtual que interactúa con outros personaxes e desenvolve situacións nun ambiente fantástico como nun xogo de rol. Consta de tres expansións oficiais unha chamada World of Warcraft: The Burning Crusade, e a outra chamada World of Warcraft: Wrath of the Lich King e World of Warcraft: Cataclysm. As revisións de parches tamén engaden novos contidos e son bastante frecuentes.
Songkick é unha compañía tecnolóxica estadounidense que proporciona servizos de descubrimento de concertos e de vendas de entradas para eventos musicais ao vivo. A web e a app móbil de Songkick permite aos usuarios rastrexar a artistas en xira, recibir alertas de concertos na súa área e mercar entradas para os espectáculos, usando tecnoloxía e servizos que dirixen e xestionan as vendas de entradas en nome de artistas.
A expresión variedade lingüística é unha forma neutral de referirse ás diferenzas lingüísticas entre os falantes dun mesmo idioma. Co uso do termo variedade preténdese evitar a ambigüidade e falta de univocidade de termos como lingua ou dialecto, xa que non existen criterios unívocos para decidir cando dúas variedades deben ser consideradas como a mesma lingua ou dialecto, ou como linguas ou dialectos diferentes.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores, tras ascender en 2021 desde a Liga LEB. Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño.
O algodón ou cotón é unha fibra branca ou esbrancuxada que se obtén dos froitos dos algodoeiros (algunhas especies do xénero Gossypium, familia Malvaceae). Hai moitas especies nativas das áreas tropicais de África, Asia e América, e desde o final da última Era glacial xa se confeccionaban tecidos con algodón. Actualmente, soamente se aproveitan 4 especies a grande escala para a confección de tecidos e instrumentos médicos.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
A decidua é o recubrimento mucoso modificado do interior do útero, é dicir, o endometrio modificado por influencia hormonal, que se forma cada mes, en preparación para un posible embarazo. Despréndese cada mes cando non hai ningún óvulo fecundado que soportar. A decidua está baixo a influencia da proxesterona.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo Nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar, está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla desemboca na ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 27 km e de Ribeira atópase a uns 37 km, ten unha superficie de 36,1 km2 e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2023 tiña 2 675 habitantes (1 276 eran homes e 1 399 mulleres), cunha densidade de poboación de 73,29 hab./km2.
A oblea é un biscoito con orixes na Antigüidade clásica, na súa forma máis simple é unha folla moi fina de masa de fariña e auga, moi común nas respostarías europea e latina modernas. Durante a misa católica o sacerdote consagra a oblea para crear a hostia, xunto co viño, para conmemorar a morte de Xesucristo.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O Estadio Municipal de Riazor é un estadio público destinado principalmente á práctica de fútbol profesional masculino, situado na cidade da Coruña, inaugurado o 28 de outubro de 1944. Nel, xoga como os seus partidos como local o primeiro equipo masculino do Real Club Deportivo da Coruña. Ten capacidade para 34.899 espectadores sentados (logo das reformas de 1982, 1998 e 2018) e un terreo de xogo de 105×68 metros.