Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Lois XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Lockheed Martin Corporation é unha corporación estadounidense aeroespacial, de armas, defensa, seguridade da información e tecnoloxía con intereses en todo o mundo. Formouse pola fusión de Lockheed Corporation con Martin Marietta en marzo de 1995. A súa sede atópase en North Bethesda, Maryland, na área de Washington, D.C. Lockheed Martin tiña ao redor de 115 000 empregados en todo o mundo, incluídos uns 60 000 enxeñeiros e científicos en xaneiro de 2022.Lockheed Martin é unha das compañías máis grandes na industria aeroespacial, de apoio militar, seguridade, e tecnoloxía.
O nome de San Donato pode referirse a varios santos cristiáns: Donato de Muenstereifel, soldado e mártir do século II; patrón contra o raio; Donato de Thmuis, mártir, bispo de Thmuis, cidade do Baixo Exipto na provincia romana de Augustamnica Prima; Donato de Cartago, bispo en Numidia (270-355); Donato de Arezzo, bispo de Arezzo (m. 362); Donato servitano, monxe norteafricano do século VI, establecido en Hispania fuxindo da invasión dos vándalos; Donato de Besançon, bispo de Besançon do século VII; Donato de Fiesole, monxe irlandés, bispo de Fiesole en 824; Donato de Zadar, bispo dálmata de Zadar a comezos do século IX (festividade, 25 de febreiro); Donato de Sicilia, mártir xunto a San Plácido; Donato, africano (festividade, 3 de xuño); Donato, Rómulo, Segundo e os seus 86 compañeros; Donato de Libia;Amais, como topónimo pode referirse a: Serra de San Donato en Navarra; San Donato Milanese, municipio italiano.
A Poké Ball, coñecida no Xapón como Monster Ball (Monsutābōru) no mundo ficticio de anime e videoxogos RPG de Pokémon, é un aparello especial para capturar e transportar Pokémon.Estes son mantidos no seu interior "descansando" (pero non recuperándose) mentres non están en batalla. Hai diferentes clases de Poké Balls, sendo a Master Ball, a máis poderosa de todas as balls, capturando un Pokémon salvaxe o 100% das veces.Da serie de anime, pódese describir a Poké Ball como un aparello pequeno (cabe no puño dun neno de dez anos, o cal fai estimar o seu tamaño nuns 4 ou 5 centímetros de diámetro). A pesar diso, pode conter no seu interior un Pokémon de gran tamaño (como Snorlax ou Wailord).
A constitución é a norma fundamental, básica, dun Estado, escrita ou non, que regula o réxime de dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns, e os poderes (a forma de partición dos poderes, en xeral en tres: Executivo, Lexislativo e Xudicial) e institucións da organización política. Considérase a Constitución a lei básica, ou "lei de leis" pois ningunha das disposicións normativas que rexen no Estado poden contradicir os principios expresados na Constitución. É o que se denomina principio de xerarquía normativa.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
O músculo (do latín, musculus, diminutivo de mus, "rato") é o tecido contráctil do corpo; deriva da capa mesodérmica de células xerminais embrionarias. En conxunto, son cada un dos órganos carnosos que, con súa contractilidade, son os instrumentos inmediatos para producir ou contrarrestar os movementos. O elemento anatómico constitutivo é a fibra muscular, que pode ser lisa ou estriada.
Para o caso de España, véxase Milicia Nacional (España)A Milicia Nacional é unha organización de cidadáns armados, distinta do Exército ou dos corpos de policía, e similar ás que cos nomes de Garda Nacional, Milicia Urbana ou Garda Cívica, tiveron protagonismo nas grandes revolucións liberais europeas e americanas.
O CD11 (cluster de diferenciación 11) é un tipo de polipéptido da superfice celular dos leucocitos, que forma a subunidade α (alfa), que é un compoñente de varias integrinas. As integrinas son proteínas heterodímeras que constan dunha unidade alfa e outra beta. O CD11 é a subunidade alfa e únese a unha subunidade β2 (beta 2), que é o CD18, para formar unha integrina que media na adhesión leucocitaria.
Os eusuquios (Eusuchia), que significa 'verdadeiros crocodilos', son un clado de réptiles crocodilomorfos que apareceron no Cretáceo temperán co xénero Hylaeochampsa. Xunto cos Dyrosauridae e Sebecosuchia, son os únicos crocodiliformes que sobreviviron á extinción do Cretáceo-Paleoxeno. Dado que os outros dous clados se extinguiron hai entre 35 e 11 millóns de anos, todas as especies de crocodilianos son eusuquios, como tamén moitas formas extintas.
Países constituíntes ou nacións constitutivas é unha frase ás veces empregada, normalmente por institucións oficiais, en contextos nos cales un número de países compón unha grande entidade ou agrupación; así o OECD usou a frase en referencia á antiga Iugoslavia e as institucións europeas coma o Consello de Europa frecuentemente a empregan en referencia á Unión Europea. Non é terminoloxía técnica e non ten un sentido legal definido; 'constituínte' é simplemente un adxectivo, e a frase non ten un sentido claro fóra dun contexto da entidade ou agrupación de países en cuestión son constituíntes ou os seus compoñentes poden ser entendidos.
O dólar neozelandés (en inglés New Zealand dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial de Nova Zelandia e os seus territorios dependentes (as Illas Cook, Niue e Tokelau), así como da colonia británica das Illas Pitcairn. Decotío abreviase $, ou NZ$ para diferencialo do dólar estadounidense e doutros tipos de dólares. O código ISO 4217 é NZD. Subdivídese en 100 cents.
Nadia María Calviño Santamaría, nada na Coruña o 3 de outubro de 1968, é unha economista galega que desempeñou varios cargos na administración pública de España e da Unión Europea e, desde o 7 de xuño de 2018, foi a Ministra de Economía e Empresa de España. En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. É filla do ex-director de TVE José María Calviño.
Nun proceso de comunicación, receptor é o que recibe e decodifica unha mensaxe, utilizando para iso as regras dun código específico. O emisor é a persoa ou aparello que codifica determinada información e que orixina así a mensaxe, que se envía a continuación ao receptor por medio dun canal. O receptor é, ao mesmo tempo, un descodificador.
A Nación Navajo (en navajo: Naabeehó Bináhásdzo) é un territorio nativo americano semiautónomo habitado polo pobo navajo. Abrangue 71.000 km2, ocupando anacos do nordeste de Arizona, sueste de Utah e noroeste Novo México. É a meirande área asignada principalmente baixo a xurisdición nativa americana dos Estados Unidos.
Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos
O Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos (coñecido no mundo anglosaxón simplemente como National Museum of Natural History) é un museo administrado polo Instituto Smithsoniano, localizado na National Mall da capital estadounidense, Washington D.C. As coleccións do museo totalizan máis de 125 millón de espécimes de plantas, animais, fósiles, minerais, rochas, meteoritos e obxectos culturais humanos. O museo é o segundo máis visitado dos museos smithsonianos. Ademais, no museo traballan máis de 185 profesionais da historia natural, o grupo máis grande dedicado ao estudo cultural e natural do mundo.
A iniciativa popular, tamén coñecida como iniciativa cidadá refírese á posibilidade amparada na constitución de que as persoas presenten peticións, cargo de xustiza, avalada polas súas firmas, para que se tome a consideración política un determinado asunto público, como pode ser unha reforma dun estatuto ou dunha lei, ou mesmo unha emenda constitucional. A iniciativa pode ser directa ou indirecta. Se é directa, a presentación da iniciativa desemboca nun referendo para aprobala ou rexeitala.
Armenia (en armenio: Հայաստան, Hayastan), oficialmente República de Armenia (en armenio: Հայաստանի Հանրապետություն, Hayastani Hanrapetut’yun), é un estado montañoso sen litoral localizado na rexión eurasiática de Transcaucasia. Localizado no cruzamento de camiños entre Europa oriental e Asia occidental, está rodeado por Turquía ao leste, Xeorxia ao norte, Acerbaixán e a república independente de facto de Nagorno-Karabakh ao leste, e Irán e o enclave acerbaixaní de Nakhichevan ao sur. A súa capital e cidade máis poboada é Iereván.
Maze Runner: The Death Cure é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Wes Ball e con guión de T.S. Nowlin. Baséase na novela de 2011 The Death Cure escrita por James Dashner. É a secuela do filme de 2015 Maze Runner: The Scorch Trials e é o terceiro título da franquía cinematográfica Maze Runner.
Winnie-the-Pooh, é un personaxe de ficción (un osiño amarelo) creado por A.A. Milne. A primeira colección de contos apareceu no 1926 titulada simplemente Winnie-the-Pooh e seguiu con The House at Pooh Corner (1928). Milne tamén fixo algúns poemas sobre este personaxe incluídos na obra When We Were Very Young (Cando eramos moi novos) (1924) e en Now We Are Six (Agora somos seis) (1927).
Imprimatur ("Que se imprima", en latín) é unha aprobación por parte da xerarquía da Igrexa católica segundo a cal unha obra literaria ou semellante está libre de erros en materia de doutrina e moral e é polo tanto aceptábel para ser impresa e lida polos católicos. O imprimatur é de maior importancia nas obras que tratan da teoloxía e doutrina católicas e introduciuse como medida para reducir a exposición, especialmente dos leigos, á herexía. A presenza do imprimatur foi en tempos un asunto da maior preocupación para moitos católicos.
Humanidades (do latín humanitas) son o conxunto de disciplinas relacionadas co coñecemento humano e a cultura. Distínguense das ciencias sociais no carácter ideográfico - estudo de particularidades sen crear leis ou postulados xerais – dos seus métodos de investigación. As Humanidades están conformadas polas seguintes disciplinas de estudos: Arte e Historia da arte Literatura e Literatura comparada Historia Teoloxía e Relixión Filosofía Filoloxía Lingüística Semiótica e SemioloxíaEstas tres últimas son ás veces clasificadas coas ciencias sociais.
As redes neurais artificiais (RNAs), xeralmente chamadas simplemente redes neurais, son modelos informáticos utilizados dentro das disciplinas de intelixencia artificial e aprendizaxe automática inicialmente inspirados nas redes neurais biolóxicas dos cerebros animais.Unha RNA baséase nunha colección de nodos conectados chamados neuronas artificiais, que modelan de forma vaga as neuronas do cerebro biolóxico. Cada conexión, como a sinapse dun cerebro biolóxico, pode transmitir sinais as demais neuronas. Unha neurona artificial recibe sinais e logo procésaos podendo despois sinalar as neuronas que teña conectadas.
Volotea é unha aeroliña de baixo custo española con sede en Asturias e Barcelona A compañía ten bases en España, Italia e Francia. Foi fundada no ano 2011 por Alaeo S.L., unha compañía de Barcelona creada polos fundadores de Vueling Carlos Muñoz e Lázaro Ros. Comezou as súas operacións o día 5 de abril de 2012 dende o aeroporto de Venecia-Marco Polo.
O microfilme é un sistema analóxico e fotográfico para a conservación, xestión e difusión de documentos. Foi inventado en 1859 en París por René Dagron. A súa produción está sometida a un alto grao de normalización, tanto na súa metodoloxía como nos materiais empregados e un estrito control dos produtos resultantes.O seu obxectivo é obter unha reprodución exacta do documento orixinal, representado nun grao de redución determinado e coñecido, sobre un soporte fotográfico normalizado e cuxa posición dentro dunha serie documental poida establecerse.
Unha obra derivada é, en termos lexislativos de dereitos de autor, unha obra intelectual creada a partir dunha ou outras xa existentes incluíndo aspectos que poden estar suxeitos a dereitos de autor. A obra derivada debe garantir os dereitos de autor da obra orixinal. Exemplos de obras derivadas poden ser unha tradución, unha adaptación musical, unha adaptación a outro medio de comunicación ou un resumo.
Palmyra é un atol deshabitado, de 12 km² de área, na parte central do Océano Pacífico. É unha das Espóradas Ecuatoriais (ao sueste do Arrecife Kingman e ao norte de Kiribati), localizado case directamente ao sur das illas Hawaianas, aproximadamente na metade do percorrido entre Hawai e Samoa. Os seus 14,5 km de costa teñen un fondeadoiro coñecido como West Lagoon (Lagoa Occidental).
Un banco é unha empresa financeira que encargase de captar recursos en forma de depósitos, prestar diñeiro, así como a prestación de servizos financeiros. A banca, ou o sistema bancario, é o conxunto de entidades ou institucións que, dentro dunha economía determinada, prestan o servizo dun banco. A internacionalización e a globalización promoven a creación dunha banca universal.
O termo Fontes do Dereito expresa dunha forma gráfica as figuras que serven para constituír as normas de convivencia dunha determinada sociedade. Son fundamentos e ideas que axudan ao Dereito a realizar o seu fin. O Dereito Occidental (no Sistema Romano Xermánico ou Sistema de Dereito continental) tende a entender como fontes as seguintes: A Constitución, como norma suprema, que, á súa vez, contén e recolle ideas, crenzas, e principios nos que se basea a sociedade á que vai destinada A Lei, entendida de xeito amplo, como norma xurídica, o que incluiría toda disposición de carácter normativo, de rango inferior á constitución, á que se somete, e que provén de calquera órgano con competencia para ditala A Xurisprudencia, entendida como a doutrina dos Tirbunais que apican a lei O Costume, que consiste nun uso consciente e xerador de dereitos e obrigas por parte da sociedade ou do pobo Os Principios xerais do dereito, como ideas primixenias e fundamentais nas que se basea a convivencia pacífica dunha sociedade, pertencentes ao acervo cultural dun pobo, e que adoitan ser comúns ás diferentes culturas da humanidade ou polo menos do mesmo contorno.
No sistema circulatorio, unha vea (do latín vēna, -ae) é un vaso sanguíneo que leva sangue en dirección ao corazón. Os vasos que cargan sangue para fóra do corazón denomínase arterias. O estudo das veas e as doenzas das veas coñécese co nome de fleboloxía (dos elementos flebo-, do grego φλέψ, φλεβός phléps, phlebós, "vea", "vaso sanguíneo", e -loxía, do grego λόγοσ lógos, "palabra", "tratado") e é unha disciplina que ven sendo desenvolvida a través dunha variedade de científicos de diferentes áreas.
O Johnston Atoll, en galego: Atol Johnston, é un atol de 2´8 km² no Océano Pacífico Norte a un terzo de distancia entre Hawai e as Illas Marshall. A illa de Johnston e a illa Sand son illas naturais, que creceron pola sedimentación do coral. A illa de Akau (norte) e a de Hikina (leste) son illas artificiais formadas pola sedimentación do coral.
Jared Francis Harris, nado en Londres o 24 de agosto de 1961, é un actor inglés. É coñecido por interpretar a Lane Pryce na serie Mad Men e a David Robert Jones en Fringe. Tamén apareceu en filmes como Igby Goes Down, The Rachel Papers, Lost in Space, Resident Evil: Apocalypse, How to Kill Your Neighbor's Dog, Happiness, Mr.
O hermafroditismo dáse cando un mesmo ser vivo ten os aparellos sexuais masculino e feminino ou un aparello mixto, pero é capaz de producir gametos de ambos os tipos ao mesmo tempo. Isto permítelle ao organismo actuar unhas veces como macho e outras como femia. Non obstante, o máis común é a fecundación cruzada entre individuos hermafroditas; tamén existen algúns casos, como nos corais, nos que se producen gametos xa fecundados.
Fanny Mendelssohn, nada en Hamburgo o 14 de novembro de 1805 e finada en Berlín o 14 de maio de 1847, posteriormente Fanny [Cäcilie] Mendelssohn Bartholdy e, tralo seu matrimonio, Fanny Hensel, foi unha compositora e pianista alemá. En Hamburgo, o Museo Fanny e Felix Mendelssohn está dedicado ás vidas e ás obras de Fanny e do seu irmán Felix.
Super Mario Bros. (スーパーマリオブラザーズ) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto para a videoconsola NES en 1985. Universalmente considerado un clásico, foi un dos primeiros xogos de plataforma de desprazamento lateral, a súa popularidade non tivo precedentes e comezou unha nova era nos xogos para consola, convertendo a figura de Mario na mascota oficial de Nintendo e nunha icona internacional.
Fundación, Fundación e Imperio e Segunda Fundación son os tres títulos da saga de Isaac Asimov nos que percorre a historia da caída dun imperio galáctico e o nacemento dun novo baseado nunha interconexión dos humanos co seu contorno. A saga tivo despois ampliación para dar cabida á existencia dun planeta consciente, na idea da Hipótese Gaia de James Lovelock. A contorna das historias consiste nun Imperio Galáctico en descomposición.
The Legend of Zelda é a epígrafe baixo a que se agocha unha das sagas máis rendibles e famosas da historia dos videoxogos. Creada nos anos 80 por Shigeru Miyamoto e Taqueshi Tezuka para a compañía Nintendo, pronto alcanzaría unha gran fama entre os xogos de acción e aventura. A historia conta como un rapaz da fraga de Kokiri (chamado Link) ten a misión de salva-lo mundo (Hyrule) ou ben rescatar á princesa Zelda.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Tema artístico é o tema dunha obra de arte. Normalmente a expresión restrínxese ás artes visuais, polo que coincide cos temas iconográficos (os que poden expresarse cunha iconografía identificativa). Os temas literarios e os temas musicais (mesmo na música descritiva ou música programática) non adoitan incluírse nesta expresión.
O Club Basket Bilbao Berri S.A.D., actualmente coñecido como Surne Bilbao Basket por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto español con sede na cidade de Bilbao, Biscaia. Foi fundado o 7 de marzo de 2000 co obxectivo de que a cidade volvese a contar cun equipo na elite após a desaparición do Caja Bilbao en 1994. O Bilbao Basket xoga actualmente na Liga ACB, competición da que foi subcampión na temporada 2010−11.
O Franco suízo (Código ISO 4217: CHF) é a moeda de curso legal na Suíza e Liechtenstein. Aínda que o seu peso na economía mundial non pode ser comparado ao do euro ou ao do dólar, a estabilidade do país ao que pertence faina ser tida en conta como unha "moeda refuxio", sobre todo despois da apreciación respecto da moeda europea desde abril até setembro de 2000. O seu valor rolda os dous terzos de euro.
Protocolo pode ter varios significados: Un protocolo de actuación é un conxunto de regras escritas que indican que pasos dar nun proceso determinado. Un protocolo, que regula as normas de cortesía nas relacións interpersoais e nos actos sociais. O Protocolo criptográfico, que regula os procedementos de encriptación da información.
Civilization IV (tamén coñecido como Civilization 4 ou Civ4) é un videoxogo de estratexia para computador que é o cuarto título da serie Civilization. Foi deseñado por Soren Johnson baixo a dirección de Sid Meier e o estudio de desenvolvemento Firaxis Games. Estreouse en América do Norte, Europa e Australia entre o 25 de outubro e o 4 de novembro de 2005.
O universo ficticio de Harry Potter creado por J. K. Rowling na saga de novelas de fantasía comprende dúas sociedades distintas e separadas: o mundo máxico e mais o mundo dos muggles. Ambos os mundos coexisten na mesma realidade; o primeiro deles, agochado para os habitantes do outro, é onde se sitúa a trama principal da serie, nunha Gran Bretaña contemporánea na que a maxia é real e aqueles que poden empregala viven á parte dos muggles, que a descoñecen; o segundo é o nome outorgado ao mundo habitado pola poboación muggle ou non-máxica.
O estranxeiro (en francés, L'Étranger) é unha novela publicada en 1942, a primeira do escritor Albert Camus. O estranxeiro adoita asociarse á filosofía do absurdo e ao existencialismo, aínda que Camus sempre se distanciou desta última etiqueta. O protagonista, Meursault, é un francés alxeriano indiferente á realidade por resultarlle absurda e inabordable.
O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británico).
A pobreza é unha situación de vida que xorde pola escaseza ou carencia dos recursos para satisfacer as necesidades físicas e psíquicas básicas humanas. Inciden na deterioración do nivel e calidade de vida das persoas a comida, a vivenda, a educación, a asistencia sanitaria ou o acceso á auga potable. Tamén se adoita considerar a falta de medios para poder acceder a tales recursos, como o desemprego, a falta de ingresos ou un nivel baixo dos mesmos.
O León de Ouro (en italiano, Leone d'Oro) é o nome do premio máis importante que se concede a unha película no Festival Internacional de Cine de Venecia. O premio foi creado en 1954 polo comité organizador do Festival. Anteriormente, entre 1949 e 1953, o premio era coñecido como o Leone di San Marco (León de San Marcos), e entre 1947 e 1948 como o Gran Premio Internazionale di Venezia.
Referendo estatutario de Cataluña de 2006
O referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Cataluña celebrouse o 18 de xuño de 2006 nesa comunidade autónoma con carácter vinculante. O seu obxectivo era decidir a entrada ou non en vigor do novo Estatut aprobado polas Cortes Xerais de España, en sesión do Senado, o 10 de maio de 2006. O referendo de ratificación foi convocado polo presidente da Generalitat de Cataluña, Pasqual Maragall, o 18 de maio de 2006.
Phillip Harvey "Phil" Spector, nado como Harvey Phillip Spector o 26 de decembro de 1939 no Bronx en Nova York e finado o 16 de xaneiro de 2021, foi un produtor e compositor estadounidense. Creador da técnica de produción "Wall of Sound" (en galego, "muro de son") Spector foi o pioneiro no son dos grupos de rapazas dos anos 60 e produciu ao redor de 25 éxitos top 40 entre 1960 e 1965. Algúns dos seus grupos femininos máis famosos son The Ronettes e The Crystals.
O capitán Nemo (do latín nemo, "ninguén"), comandante do submarino Nautilus, é o principal antagonista da novela de Jules Verne Vinte mil leguas baixo o mar e un dos personaxes de A illa misteriosa.En Vinte mil leguas baixo o mar, Nemo, home culto e gran enxeñeiro, é un personaxe sombrío e misterioso que esconde a súa verdadeira identidade (xa que "nemo" significa ninguén en latín) Obsesionado por un misterio, que é desvelado até o final da novela, renunciou a vivir en sociedade e percorre os mares con afán de investigación científica (as exploracións do submarino Nautilus), de xustiza (axuda aos revolucionarios gregos na súa loita pola emancipación de Turquía), e de vinganza (dedicado ao afundimento de barcos que levan a bandeira de Inglaterra). O personaxe foi traído de volta na serie de banda deseñada de Alan Moore The League of Extraordinary Gentlemen, e na súa adaptación cinematográfica.
Un correspondente é un xornalista que informa para un medio de comunicación dende o lugar dos feitos.A finais do século XVIII os correspondentes de The Times, eran axentes a ambos os dous lados da Canle da Mancha que entregaban escritos sobre o que estaba a suceder en París e Bruxelas. Dominar idiomas era un dos requisitos básicos. O custo e a dificultade nas transmisións foron os principais problemas dos correspondentes nos medios nos que traballaban no XVIII, e as mesmas que arrastraron até principios do século XIX. Os correspondentes de guerra son os xornalistas máis perseguidos.
O termo clúster aplícase aos conxuntos ou agrupacións de computadoras construídas por medio da utilización de compoñentes hardware comúns e compórtanse como se fosen unha única computadora. Hoxe en día xogan un papel moi importante coa finalidade de solucionar problemas científicos, de enxeñaría, biomédico etc.
O río Neva ou río Nevá (en ruso: Река Нева́ ) é un río situado ó noroeste de Rusia. Ten 74 km de lonxitude e nace no Lago Ladoga (Ладожское Озеро - Ládozhskoye Ózero) e tras pasar polo istmo de Carelia (Карельский Перешеек - Karelskii Pereshéyek) a través da parte occidental do óblast de Leningrado (región histórica de Ingria) e a cidade de San Petersburgo desemboca no golfo de Finlandia. A pesar da súa pequena lonxitude, é o terceiro río máis caudaloso de Europa, só detrás do Volga e do Danubio.
O termo orde podem referirse a: FilosofíaOrde, concepto filosófico oposto ao caos.RelixiónOrde sacerdotal, no cristianismo, o sacramento de incorporación a tarefas de pastor; Orde relixiosa, tipos particular de asociación relixiosa que respecta unhas regras comúns: orde franciscana, orde dominica, orde do Císter, orde de Cluny, etc.ExércitoOrde militar, en relación co significado anterior, grupo relixioso de combatentes que respecta unhas regras internas particulares, normalmente no marco duns principios e dunha misión específica. Por exmplo: orde de Santiago, orde Teutónica , orde de Malta, orde dos templarios etc. Orde de cabalaría, grupo cortesán que continúa cos antigos valores das ordes militares e baixo o código de cabalaría.Coñécese co nome de ordes tamén os distintos galardóns, de carácter cívico-militar, que os estados e algunhas asociacións lles conceden aos mellores dos seus cidadáns e membros, como a Orde do Imperio Británico, a orde da Lexión de Honra francesa etc.Arquitecturaorde arquitectónica, conxunto de trazos e estilos propios dunha época, que se aplican fundamentalmente aos cinco estilos clásicos: orde dórica, orde xónica, orde corintia, orde toscana e orde composta.Lingüística e informáticaImperativo, a expresión lingüística de mandato; Orde, en informática, instrución dada a unha máquina para que execute unha tarefa; Orde alfabética, secuencia pola que se distribúen os termos conforme a súa primeira letra inicial.BioloxíaOrde, determinado nivel de clasificación taxonómica;DereitoOrde ministerial, resolución administrativa de carácter xeral ditada por un Ministro; Tribunal de Orde Pública, institución xudicial española xa desaparecida.ToponimiaOrde, lugar da parroquia de San Miguel de Vilapedre, no concello de Sarria;A Orde, lugar da parroquia de Vilarrubín, no concello da Peroxa.
Un espello é unha superficie puída na que ao incidir a luz, esta reflíctese seguindo as leis da reflexión. O exemplo máis simple é o espello plano. Nel, un fai de raios de luz paralelos pode cambiar de dirección completamente como conxunto e continuar sendo un fai de raios paralelos, podendo producir así unha imaxe virtual dun obxecto co mesmo tamaño e forma que o real.
Un telefilme é un filme producido e orixinalmente emitido por unha canle de televisión. O formato apareceu nos Estados Unidos a principios da década de 1960 para incentivar aos epectadores para que veran na casa unha película equivalente ás longametraxes exhibidas en salas de cinema. Os telefilmes adoitan teren orzamentos menores que o das películas realizadas para o cinema, pero contan cun número de xéneros e temas tan amplos como as obras cinematográficas.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente non milita en ningún equipo, xa que en novembro deixou de mutuo acordo o club no que se encontraba, o Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Angry Birds é unha serie de videoxogos creada no 2009 pola empresa finesa Rovio Entertainment. Inspirada por Crush the Castle, os xogos foron aclamados pola súa exitosa mestura de modo de xogo, estilo cómico e baixo prezo. A súa popularidade supuxo a creación de numerosos spin-offs, versións de Angry Birds creadas para PCs e consolas, un mercado para comercializar as súas personaxes, unha serie de animación e un filme.
Unicode é un estándar de codificación e exhibición de caracteres que foi proxectado para facilitar o tratamento informático, transmisión e visualización de textos en variadas linguaxes e sistema de escrita, cuxo contido posúe conxuntos de gráficos de código para referencia visual, un método de codificación e unha táboa para caracteres estándar, un conxunto de arquivos de datos da referencia e un número de elementos atinentes ós código, como propiedades, regras para normalización, descomposición, colación, exposición, e orde de exhibición bidireccional (para amosar de forma correcta o texto, tanto os escritos da esquerda para dereita coma os de dereita para esquerda).O desenvolvemento foi polo Unicode Consortium e o Universal Coded Character Set (UCS). Represéntase con tres tipos de codificación, UTF-8, UTF-16 e UTF-32, segundo o número de bits necesarios para identificar cada carácter. Unicode asigna un número (e un nome) a cada carácter de xeito independente ao programa, plataforma ou lingua.
Para o sistema operativo libre composto principalmente polo kernel Linux e GNU, véxase GNU/Linux.Linux é un kernel, ou núcleo, monolítico libre, inspirado en Unix, e que empregan os sistemas operativos GNU/Linux. Linux é un exemplo paradigmático de software libre no que contribúen centos de desenvolvedores e que ten soporte a longo prazo, de ata seis anos. Desenvólvese con git en github e debatendo en listas de correos, fundamentalmente na lista Linux kernel mailing list (LKML: "lista de desenvolvemento do kernel de Linux").
Unha alfombra é unha peza rectangular téxtil urdida ou tecida. Polo xeral, as alfombras utilízanse en decoración de interiores, para facer máis fermosos os espazos e para facer máis tranquilo camiñar polo chan. As alfombras son máis quentes e suaves que os pisos duros como madeira, baldosa ou formigón.
O alcohol cetílico, tamén chamado hexadecan-1-ol e alcohol palmitílico, é un alcohol graxo de 16 carbonos coa fórmula CH3(CH2)15OH. Á temperatura dunha habitación o alcohol cetílico ten a forma dun sólido branco ceroso en cristais ou escamas. O nome cetílico procede de que se illou inicialmente do aceite de cachalote, é dicir, de aceite de cetáceo, a través do latín cetus, 'balea', e este procedente do grego κῆτος, kētos, 'peixe enorme'.
Unha filla é unha criatura humana de sexo feminino descendente dun proxenitor. A contraparte masculina é o fillo. O termo filla vén ás veces especificado, no sentido que a palabra fillos tende a ser xeneralizado, en canto pode englobar o significado feminino de filla e así pois, sobre todo na linguaxe familiar, pódense atopar locucións do tipo "teño dúas fillas e un home" en lugar de "teño dúas fillas e un fillo".
Liga de Campións da UEFA 2012-13
A Liga de Campións da UEFA 2012-13 foi a 58ª edición da Liga de Campións da UEFA, a máxima competición europea de fútbol a nivel de clubs organizada pola UEFA. O Bayern de Múnic proclamouse campión por quinta vez na súa historia. Venceu na final por 2-1 ao Borussia Dortmund, grazas a un gol de Arjen Robben no minuto 89 de partido. A final disputouse o 25 de maio de 2013 no Estadio de Wembley de Londres.