Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Camela é unha banda de música española de pop electrónico formada en Madrid. Os seus compoñentes son Dionisio Martín Lobato (vocalista-compositor) e María de los Ángeles Muñoz Dueñas (vocalista-compositora). O terceiro integrante, Miguel Ángel Cabrera Jiménez (teclados-compositor), abandonou o grupo en febreiro de 2013 debido á falta de acordo cos seus compañeiros.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
A República da China (en chinés tradicional: 中華民國; pinyin: ZhongHuá MínGuó; Wade-Giles: Chung Hua Min Kuo), coñecida polo xeral como Taiwán (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 14 países.
Unha colexiata ou igrexa colexial é un templo católico, que sen ser catedral, posúe un cabido e no que se celebran oficios como nas catedrais. A dignidade reitora recibe o nome de deán, aínda que ocasionalmente tamén sexa chamado abade ou prior. A elección dunha colexiata obedece a diferentes razóns, como poden ser a existencia anterior dunha catedral na mesma cidade, querer dar importancia a unha poboación sen poñer sede episcopal, para maior esplendor do culto, etc.
O grindcore é un subxénero musical. É unha variante do metal extremo con letras de temática diversa, dende letras misantrópicas, violentas, brutais ata "gore". Musicalmente o grindcore tócase con guitarras cunha distorsión saturada, baixo sen moita presenza, dobres bombos na batería e voces guturais.
O Gran ou Grande Lago do Escravo ou dos Escravos (inglés: 'Great Slave Lake'; francés: 'Grand Lac des Esclaves') é un dos grandes lagos do Canadá, o segundo maior nos Territorios do Noroeste (despois do Gran Lago do Oso), e forma parte da cunca do río Mackenzie. A súa profundidade máxima é de 614 m, o que o converte no lago máis profundo de Norteamérica. Atópase na desemboca do río do Escravo.
Organización Europea para a Investigación Nuclear
A Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) é a institución que xestiona o maior laboratorio de investigación en física de partículas a nivel mundial, entre Francia e Suíza. As siglas proceden do seu primeiro nome oficial provisional Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire que data de 1952 cando se acordou o seu establecemento.
O prólogo (etim. do grego "prol": antes e "logos": discurso), é o escrito breve, situado ao principio dunha obra extensa, entre os documentos chamados preliminares, e serve a un escritor para xustificar o habela composto e ao lector para orientarse na lectura. Posúe, ademais, outros labores: Facer crítica literaria sobre o autor.
Un programa informático ou aplicación é un conxunto de instrucións que se lle dan a un sistema informático para realizar un conxunto de tarefas determinado. Un programa de ordenador é unha lista de instrucións escritas nunha linguaxe de programación. Todas as linguaxes de programación consisten en palabras reservadas (parecidas a substantivos e verbos) en inglés, un conxunto de operadores (equivalentes a operadores matemáticos como “máis”, “menos” etc.) e un conxunto de funcións e procedementos que realizan tarefas específicas tales como imprimir, ler un ficheiro, calcular a raíz cadrada dun número etc.
Chrome OS é un sistema operativo deseñado pola compañía Google que se basea no kernel de linux e utiliza o navegador web Google Chrome como o seu principal interface de usuario, é un sistema operativo baseado na nube. Polo tanto, Chrome OS soportan principalmente aplicacións web.Chrome OS foi anunciado o 7 de xullo do 2009 a través do blog oficial da compañía. O sistema operativo foi orientado inicialmente para miniportátiles, estando dispoñible a partir de xuño do 2011.
O transporte público comprende os medios de transporte en que os pasaxeiros non son os seus propietarios, sendo servidos por terceiros. Os servizos de transporte público poden ser subministrados tanto por empresas públicas como privadas. Algúns medios de transporte público son o ferrocarril, metro, autocar, tranvía ou funicular.
Chen Qiufan (chinés simplificado: 陈楸帆; pinyin: Chén Qīufān), nado en Shantou no 1981, é un escritor e guionista chinés de ciencia ficción. É vicepresidente de Identidade e Marca de Comunicacións de Noitom, empresa emerxente de realidade virtual e captura de movemento. Tamén é coñecido polo alcume de Stanley Chan.
Parque Nacional da Reunión (francés: Parc national de La Reunion) é un Parque Nacional de Francia situado na illa de Reunión, un departamento de ultramar no oeste do Océano Índico. Establecido o 5 de marzo de 2007, o parque protexe os ecosistemas endémicos de Les Hauts, o interior montañoso da Reunión, e cobre ao redor do 42% da illa. As especies endémicas notables inclúen o Cuco da Reunión e o Gueco do día da Illa da Reunión.
Sacro Imperio Romano Xermánico
O Sacro Imperio Romano Xermánico ou sinxelamente Sacro Imperio (en alemán: Heiliges Römisches Reich Deutscher Nation "Sacro Imperio Romano da Nación Alemá", en latín: Sacrum Romanum Imperium Nationis Germaniae "Sacro Imperio Romano das Nacións Xermánicas") foi a unión política dun conglomerado de estados da Europa central, que se mantivo dende a Idade Media até inicios da Idade Contemporánea. Formado en 962 da parte oriental das tres en que se repartiu o reino franco de Carlomagno en 843 mediante o tratado de Verdún, o Sacro Imperio foi a entidade predominante de Europa central durante case un milenio, até a súa disolución en 1806 por Napoleón Bonaparte.Cando a elección como emperador de Carlos V (28 de xuño de 1519) ademais dos territorios alemáns e de Holstein e Prusia, que con Riga chegaba até o golfo de Finlandia, o Sacro Imperio comprendía Bohemia, Moravia e Silesia, alcanzando con Krajina as costas do mar Adriático; polo oeste, pertencían a el, o condado libre de Borgoña (ou Franco Condado) e Savoia, aos que se sumaban Xénova, Lombardía e Toscana en terras italianas. Tamén estaban integrados no Imperio a maior parte dos Países Baixos, coa excepción do Artois e Flandres, ao oeste do río Escalda.
Serra Nevada é un macizo montañoso pertencente ao conxunto da Cordilleiras Béticas, concretamente aos sistemas Penibéticos. Está situada en Andalucía, España, e esténdese desde o centro-sueste da provincia de Granada e parte do suroeste da provincia de Almería. No ano 1986 foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO e no 1999 foi declarada Parque Nacional polos seus valores botánicos, paisaxísticos e naturais.
Paul Cézanne, nado en Aix-en-Provence o 19 de xaneiro de 1839 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 1906, foi un pintor francés, considerado o pai da arte moderna. Tentou conseguir unha síntese ideal da representación naturalista, a expresión persoal e a orde pictórica abstracta. Entre todos os artistas do seu tempo, Cézanne talvez sexa o que exerceu unha influencia máis profunda na arte do século XX (Henri Matisse admiraba a súa utilización da cor e Pablo Picasso desenvolveu a estrutura da composición plana de Cézanne para crea-lo estilo cubista).
A sé episcopal (do latín sedem, cadeira) é o trono (cátedra) dun bispo. No sentido máis estrito, a sé episcopal (un epíscopo é un bispo) refírese á catedral dun bispo. Os termos sé diocesana e sé arquidiocesana teñen o mesmo significado, aínda que especifican o rango da xurisdición na xerarquía da igrexa á que pertenzan.
Sir Charles Spencer "Charlie" Chaplin, nado en Walworth (Londres, Inglaterra) o 16 de abril de 1889 e finado en Corsier-sur-Vevey (Suíza) o 25 de decembro de 1977, foi un actor, director de cine e compositor inglés que acadou a fama na era do cine mudo. Converteuse nunha icona mundial a través da súa personaxe "Charlot" (The Tramp en inglés, "O vagabundo"), e é considerado unha das figuras máis importantes da historia da industria do cine. A súa carreira abrangue máis de 75 anos, dende a súa nenez na época vitoriana ata un ano antes da súa morte ós 88 anos.
James Francis Cameron, nado o 16 de agosto de 1954 en Chippawa, Ontario é un director de cine, produtor e guionista canadense. O seu traballo como gionista e director inclúe filmes como Piraña II (1981), Terminator (1984), Aliens (1986), The Abyss (1989), Terminator 2: O xuízo final (1991), True Lies (1994), Titanic (1997) e Avatar (2009).
O Museo Stedelijk (en galego Museo municipal) de Ámsterdam, Países Baixos. É un museo de arte moderna e está situado na Praza dos Museos ("Museumplein") preto do Rijksmuseum e do Museo van Gogh. A súa colección inclúe unha habitación pintada por Karel Appel e unha gran colección de pinturas de Kasimir Malevich.
A densidade é unha magnitude física derivada que expresa a cantidade de substancia nun mesmo volume (é unha magnitude que expresa unha propiedade intensiva). A fórmula para o seu cálculo é: ρ = m V , {\displaystyle \rho ={\frac {m}{V}},} onde ρ representa a densidade, m a masa do obxecto en cuestión e V o volume que ocupa. A súa unidade no SI é o kg/m3.
O Magníficat (tamén coñecida coma canción de María ou canto de María) é un cántico entoado (ou recitado) adoito na liturxia dos servizos eclesiásticos cristiáns. O texto do cántico vén directamente do Evanxeo de Lucas, onde é recitado pola Virxe María en ocasión da Visitación da súa prima Sabela. Na narración, despois de que María saudase a Sabela, que está embarazada daquel que será coñecido coma Xoán o Bautista, o neno reméxese dentro do útero de Sabela.
O composto químico metanol, tamén coñecido como alcohol metílico, é o alcohol máis sinxelo. A temperatura ambiente preséntase como un líquido lixeiro (de baixa densidade), incoloro, inflamable e tóxico que se emprega como anticonxelante, disolvente e combustible. A súa fórmula química é CH3OH (CH4O).
O brutalismo é un estilo arquitectónico surxido do Movemento Moderno e que tivo o seu auxe entre as décadas de 1950 e 1970. Nun comezo estivo baseado no traballo do arquitecto suízo Le Corbusier e en Eero Saarinen. O nome ten a súa orixe no termo francés béton brut, en galego «formigón cru», termo usado por Le Corbusier para describir a elección dos seus materiais.
Eslovaquia ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia en 1993, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.
Georg Friedrich Händel, nado en Halle o 23 de febreiro de 1685 e finado en Londres o 14 de abril de 1759, foi un compositor musical de orixe alemá nacionalizado inglés, considerado un dos cumes do Barroco e un dos mellores compositores da música occidental. É, na historia da música, o primeiro compositor moderno en adaptar e enfocar a súa música para satisfacer os gustos e necesidades do público, en vez dos da nobreza e dos mecenas. Está considerado o sucesor e continuador de Henry Purcell, e marcou toda unha era na música inglesa, sendo o compositor máis importante entre Purcell e Elgar en Inglaterra.
Tema artístico é o tema dunha obra de arte. Normalmente a expresión restrínxese ás artes visuais, polo que coincide cos temas iconográficos (os que poden expresarse cunha iconografía identificativa). Os temas literarios e os temas musicais (mesmo na música descritiva ou música programática) non adoitan incluírse nesta expresión.
O monte Karisimbi é un volcán durmido que forma parte da cadea volcánica dos Montes Virunga, unha cordilleira que se estende entre a República Democrática do Congo e Ruanda. O Karisimbi, cunha altura de 4.519 m, sitúase xusto na fronteira entre ambos os dous estados e conforma, ao tempo, a maior altitude do último deles, Ruanda.
O new age é un xénero musical destinado a crear inspiración artística, relaxación e optimismo. Os oíntes utilízano para ioga, masaxes, meditación e lectura como un método de manexo do estrés para provocar un estado de éxtase en lugar de transo, ou para crear unha atmosfera tranquila en fogares e outros ambientes. Ás veces asociase co ecoloxismo e a espiritualidade new age; porén, moitos dos seus artistas non teñen nada que ver coa "espiritualidade new age", e algúns incluso rexeitan o termo.
Costa Rica, oficialmente República de Costa Rica, é un país de América Central, limitado ó norte por Nicaragua, ó leste polo Mar Caribe e por Panamá e ó sur e oeste polo Océano Pacífico. Tamén pertence ó país a illa do Coco, no Océano Pacífico. Ten unha poboación de arredor de 5 millóns de habitantes e unha área de 51 060 quilómetros cadrados.
Imprimatur ("Que se imprima", en latín) é unha aprobación por parte da xerarquía da Igrexa católica segundo a cal unha obra literaria ou semellante está libre de erros en materia de doutrina e moral e é polo tanto aceptábel para ser impresa e lida polos católicos. O imprimatur é de maior importancia nas obras que tratan da teoloxía e doutrina católicas e introduciuse como medida para reducir a exposición, especialmente dos leigos, á herexía. A presenza do imprimatur foi en tempos un asunto da maior preocupación para moitos católicos.
Taylor Alison Swift, nada o 13 de decembro de 1989 en West Reading, Pensilvania, é unha cantante e compositora country e pop estadounidense. Entre os seus antepasados hai algúns coñecidos, como Richard Warren (c. 1580-1628), un peregrino do Mayflower, fundador da Colonia de Plymouth, Massachusetts, signatario do Pacto do Mayflower.
Radiohead é unha banda de rock alternativo procedente de Abingdon, Oxfordshire, Reino Unido formada en 1985. A banda está constituída por Thom Yorke (voces, guitarra rítmica, piano), Jonny Greenwood (guitarra principal, teclados e outros), Ed O'Brien (guitarra, coros), Colin Greenwood (baixo, sintetizador) e Phil Selway (batería, percusión). Con influencias de diversos xéneros, o enfoque experimental ao rock de Radiohead foi recoñecido por promover o son do rock alternativo.
Xerardo Mercator, con frecuencia citado en latín como Gerardus Mercator, de nome real Gerhard de Cremere ou Gerhard Kremer, nado o 5 de marzo de 1512 en Rupelmonde (Flandres) e finado o 2 de decembro de 1594 en Duisburgo (Alemaña), foi un matemático e xeógrafo flamengo, inventor da proxección cartográfica que leva seu nome.
Nymphomaniac (estilizado como NYMPH()MANIAC) é un filme europeo de cine arte escrito e dirixido por Lars von Trier que se estreou en 2013. Está protagonizado por Charlotte Gainsbourg, Stellan Skarsgård, Stacy Martin, Shia LaBeouf, Christian Slater, Jamie Bell, Uma Thurman, Willem Dafoe e Connie Nielsen. Orixinalmente, só sería un único filme, pero por mor da súa longa duración, von Trier tomou a decisión de dividilo en dúas partes separadas.
Un estratovolcán é un tipo de volcán cónico e de grande altura, composto por múltiples capas de lava endurecida, piroclastos alternantes (xurdidos por unha alternancia de épocas de actividade explosiva e de correntes de lava fluída) e cinzas volcánicas. Estes volcáns están caracterizados por un perfil escarpado e erupcións periódicas e explosivas. A lava que flúe dende o seu interior é altamente viscosa e arrefría e endurece antes de que poida chegar lonxe.
A Universidade Johns Hopkins, comunmente chamada Johns Hopkins, JHU ou, sinxelamente, Hopkins, é unha universidade privada situada en Baltimore, Maryland (Estados Unidos). Foi fundada o 22 de febreiro de 1876, sendo a primeira universidade dedicada á investigación nos Estados Unidos. A Johns Hopkins ofrece programas de grao e posgrao no seu campus principal, o campus de Homewood, en Baltimore.
O estoniano (eesti keel, IPA: [ˈeːs.ti ˈkeːl]) é a lingua oficial da Estonia, falada por preto de 1,1 millón de persoas. É unha lingua fino-ugria e intimamente ligada ao finés, falado do outro lado do Golfo de Finlandia (ambas as dúas linguas son mutuamente intelixíbeis), a lingua võro, e o saami, falado no norte da Finlandia. Máis afastadamente está relacionado coa lingua húngara.
A illa de Creta (Grego Κρήτη / Kriti) é unha illa mediterránea, a maior e máis poboada das illas gregas, sendo a súa situación xeográfica o punto máis meridional de Europa. Reincorporada á Grecia no 1913, é unha das trece periferias (rexión administrativa). Forma unha parte importante da economía e o patrimonio cultural de Grecia, mentres que mantén os seus propios trazos culturais locais (como o seu dialecto, poesía e música).
Rede privada virtual, do inglés virtual private network (VPN), é unha rede de comunicacións privada construída sobre unha rede de comunicacións pública (como por exemplo, a Internet). O tráfico de datos é levado pola rede pública utilizando protocolos padróns, non necesariamente seguros. En resumo, crea unha conexión segura e criptografada, que pode ser considerada como un túnel, entre o seu computador e un servidor operado polo servizo VPN. Unha VPN é unha conexión estabelecida sobre unha infraestrutura pública ou compartida, usando tecnoloxías de tunelamento e criptografia para manter seguros os datos trasfegados.
A música soul é unha fusión de gospel e rhythm and blues aparecida nos anos cincuenta. Polo que parece todo comezou un día de 1954 en que Ray Charles e a súa banda ían nun autobús e comezaron a cantar unha letra profana sobre unha canción gospel que soaba na radio, gustoulles como quedaba e naceu "I Got a Woman" a primeira canción soul. O estilo axiña se converteu no máis popular entre a xuventude negra.
Un invento ou invención é un obxecto, técnica ou proceso que posúe características novedosas. Pode estar baseado nalgunha idea, colaboración ou innovación previa e o proceso da mesma require polo menos o coñecemento dun concepto ou un método existente que se poida modificar ou transformar nunha nova invención. Con todo, algunhas invencións tamén representan unha creación innovadora sen antecedentes previos na ciencia ou a tecnoloxía que amplían os límites do coñecemento humano.
O termo infarto agudo de miocardio (frecuentemente abreviado como IAM ou IMA e coñecido na linguaxe coloquial como ataque ao corazón, ataque cardíaco ou infarto) reflicte a morte de células cardíacas provocada pola isquemia resultante do desequilibrio entre a demanda e a achega de rega sanguínea pola circulación coronaria.A principal causa é a doenza das arterias coronarias con rega sanguínea insuficiente, que produce dano tisular nunha parte do corazón producido pola obstrución nunha das arterias coronarias, frecuentemente por ruptura dunha placa de ateroma vulnerable. A isquemia ou subministración deficiente de osíxeno que resulta de tal obstrución produce a anxina de peito, que se se recanaliza precozmente non produce morte do tecido cardíaco, mentres que se se mantén esta anoxia (falta de osíxeno nun tecido) prodúcese a lesión do miocardio e finalmente a necrose, é dicir, o infarto. O infarto de miocardio é a principal causa de morte de homes e mulleres en todo o mundo.
British Airways é a aeroliña máis grande do Reino Unido e de Europa. É, polo tanto, unha das maiores do mundo, co maior número de voos entre Europa e Norteamérica. Formouse no ano 1974 como resultado da fusión entre a aeroliña estatal British Overseas Airways Corporation (BOAC) e a British European Airways (BEA).
Tyra Lynne Banks, nada en Inglewood (California) o 4 de decembro de 1973, tamén coñecida como BanX, é unha personalidade televisiva, produtora, empresaria, actriz, escritora, modelo e cantante ocasional estadounidense. Comezou a súa carreira aos quince anos e foi a primeira muller de orixe afroamericana que apareceu nas portadas de GQ e do número de bañadores de Sports Illustrated, en que apareceu dúas veces. Foi un anxo de Victoria's Secret entre 1997 e 2005.
Plan 9 é un sistema operativo multiusuario de código aberto desenvolvido por Bell Labs (a filial de I+D de Lucent Technologies). O equipo de desenvolvemento de Plan 9 conta con algúns dos creadores orixinais de Unix, como Rob Pike e Dennis Richie. O seu nome ven do filme Plan 9 from Outer Space de Ed Wood.
Aquisgrán (en alemán: Aachen, [ˈʔaːxən] (AFI), escoitar, en fráncico ripuario: Oche, en francés: Aix-la-Chapelle, [ɛkslaʃapɛl] (AFI)) é unha cidade alemá do Land de Renania do Norte-Westfalia localizada xunto á fronteira con Bélxica e os Países Baixos, a 65 km de Colonia, constitúe a cidade máis ao oeste de Alemaña, e levántase a 191 metros sobre o nivel do mar, aínda que o seu punto máis alto é de 410.
O artista é a persoa que realiza ou produce obras de arte. O que se entende por artista depende polo tanto do significado da palabra arte, e, dado o cambiante significado deste concepto, o termo artista só pode definirse ou estudarse dende un punto de vista histórico, en función, por exemplo, dos cánones estéticos de cada época. Con todo, existen certas constantes que se repiten ao longo da historia e que serven para definir a noción asemade de arte e de artista.
O dólar estadounidense (en inglés United States dollar, U.S. dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial dos Estados Unidos dende o 6 de xullo de 1785. A Reserva Federal é o órgano encargado da súa emisión. O seu símbolo é $, aínda que o código ISO 4217 para o dólar norteamericano é USD e o Fondo Monetario Internacional utiliza US$ .
O Wikidata é unha base de datos editada de forma colaborativa, parte da Fundación Wikimedia, co obxectivo de proporcionar unha fonte común para certos tipos de datos, como datas de nacemento, que poden utilizar proxectos da Wikimedia como a Wikipedia. Isto é semellante á forma na que a Wikimedia Commons proporciona almacenamento para ficheiros multimedia e acceso a estes ficheiros en tódolos proxectos da Wikimedia.
Guillerme I de Inglaterra, nado en 1027 e finado o 9 de setembro de 1087, foi o primeiro rei normando de Inglaterra, tras a morte de Haroldo II de Inglaterra na batalla de Hastings. Tamén foi chamado Guillerme o Conquistador e Guillerme de Normandía, e mesmo Guillerme o Bastardo, por ser fillo ilexítimo do seu pai, Roberto o Magnífico, duque de Normandía.
O límite de velocidade das estradas é empregado en moitos países para fixar a velocidade máxima (ou mínima nalgúns casos) na que os vehículos poden circular legalmente en diferentes tramos da estrada. Os límites poden ser variables nalgúns lugares, e noutros non existen límites (como as Autobahn en Alemaña). Os límites están normalmente indicados en sinais de tráfico.
O patrimonio cultural é a herdanza de elementos tanxibles e intanxibles dun grupo ou sociedade que procede das xeracións pasadas. Non todos os patrimonios das xeracións pasadas son “patrimonio”; máis ben, o patrimonio é un produto da selección pola sociedade.O patrimonio cultural inclúe a cultura material (como edificios, monumentos, paisaxes, libros, obras de arte e artefactos), a cultura inmaterial (como o folclore, as tradicións, a lingua e o coñecemento) e o patrimonio natural (incluíndo paisaxes culturalmente significativas e a biodiversidade). O termo tamén se usa a miúdo en relación coa protección da propiedade intelectual indíxena.O acto deliberado de manter o patrimonio cultural do presente para o futuro coñécese como preservación, e é o que promoven os museos e os centros culturais, étnicos e históricos, aínda que estes termos poden ter significados máis específicos ou técnicos nos mesmos contextos.
Lawrence Edward "Larry" Page, nado en East Lansing (Míchigan) o 26 de marzo de 1973, é un científico informático e empresario estadounidense. Page é cofundador, xunto con Serguei Brin de Google, anteriormente chamada BackRub. Page é o director executivo (CEO) da compañía matriz de Google, Alphabet Inc.
Racine carrée (do francés: raíz cadrada, estilizado como √) é o segundo álbum de estudio do músico belga Stromae. Lanzouse dixitalmente o 16 de agosto de 2013 e tres días máis tarde en formato físico en Francia e Bélxica. Stromae expresou o seu desexo de incorporar influencias musicais caribeñas e africanas xunto cos seus ritmos inspirados nos anos 90.
Wò hǔ cáng lóng (título orixinal: 臥虎藏龍) que en galego significa "Tigre agazapado, Dragón agochado"; é un filme wuxia (de acción, aventuras e artes marciais) dirixido por Ang Lee en 2000. É unha coprodución entre China, Hong Kong, Taiwán e Estados Unidos e a lingua orixinal é o mandarín. Está protagonizado por estrelas do cine de etnia chinesa, incluíndo a Chow Yun-fat, Michelle Yeoh, Zhang Ziyi e Chang Chen.
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes é unha biblioteca española que reúne obras hispánicas en internet. Ten como obxectivo principal a difusión da cultura hispánica. Foi creada en 1999 por iniciativa da Universidade de Alacant e co patrocinio do Banco Santander e a Fundación Marcelino Botín.
Lifou ou Drehu no idioma local é a illa máis grande, máis populosa e máis importante das Illas da Lealdade (îles Loyauté) en Nova Caledonia un territorio de ultramar de Francia no Océano Pacífico. Ten unha superficie de 1207´1 Km², e unha altura máxima de 104 m., a súa poboación era de 9.275 habitantes, censo do 2014.