Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
O termo Enciclopedia pode referirse a: Enciclopedia, a Encyclopédie ou dictionnaire raisonné des sciences, des arts et des métiers comunmente abreviada como Enciclopedia, a enciclopedia "propiamente dita", que se publicou en Francia no século XVIII en 35 volumes, dirixida por Diderot e D'Alembert. Aos ilustrados seguidores das súas ideas denomináronse os enciclopedistas. Enciclopedia, calquera das obras nas que se fai un compendio do coñecemento humano (ou dunha parte deeste), xeralmente en varios volumes, así chamadas a imitación da Enciclopedia francesa, como a Enciclopedia Británica, a Enciclopedia Larouse, a Enciclopedia Espasa, a Gran Enciclopedia Galega e moitas outras.
O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano".
Gottfried Wilhelm von Leibniz, nado en Leipzig o 1 de xullo de 1646 e finado en Hannover o 14 de novembro de 1716, foi un polímata filósofo, científico, matemático, diplomático e bibliotecario alemán, un dos grandes pensadores dos séculos XVII e XVIII, e recoñéceselle como o «último xenio universal», isto é, a última persoa que puido formarse suficientemente en todos os campos do coñecemento; despois xa só houbo especialistas. Realizou profundas e importantes contribucións nas áreas da metafísica, epistemoloxía, lóxica, filosofía da relixión, así como na matemática, física, xeoloxía, xurisprudencia e historia. Incluso Denis Diderot, o filósofo deísta francés do século século XVIII, cuxas opinións non poderían estar en maior oposición ás de Leibniz, non podía evitar sentirse sobrecollido ante os seus logros, e escribiu na Encyclopédie: «Quizais nunca haxa un home que lese tanto, estudado tanto, meditado máis e escrito máis que Leibniz… O que elaborou sobre o mundo, sobre Deus, a natureza e a alma é da máis sublime elocuencia.
Alexandre de Mindo, nado en Caria, foi un escritor grego que viviu probabelmente durante o século I d.C. Escribiu sobre temas diversos, incluíndo zooloxía e adiviñación. As súas obras, que agora se atopan perdidas, deberon ser consideradas de gran valor polos antigos, unha vez que se refiren a elas con moita frecuencia. Algúns fragmentos das súas obras foron preservadas por diversos autores posteriores.
En hidroloxía un afluente é un curso de auga que desemboca noutro río, considerándose como afluente aquel dos dous ríos que se une que teña menos importancia, polo seu caudal ou lonxitude ou superficie da conca, aínda que hai excepcións como o río Mississippi. Orograficamente ordénanse desde o máis próximo ó nacemento do río ata o máis próximo á alfoz do río.
A ría de Bilbao (tamén coñecida como ría do Nervión ou do Ibaizabal) é a desembocadura que forma o sistema dos ríos Nervión e Ibaizabal, así como os seus últimos afluentes, na súa chegada ao mar Cantábrico, no golfo de Biscaia. Atravesa Bilbao, dividindo a cidade en dúas: á dereita, a Zona vella (ou Sete Rúas) e, á esquerda, o Ensanche. Pasando a xurisdición de Bilbao, prolóngase 14 km ata a súa desembocadura no mar, no municipio de Santurtzi.
Yandere Simulator é un videoxogo en desenvolvemento que será publicado por YandereDev. O xogo céntrase nunha colexiala namorada chamada 'Ayano Aishi', máis coñecida como 'Yandere-chan', que debe acabar con calquera rapaza que ela cre que está atraer a atención do seu amor. Ó longo de 10 semanas, a principal protagonista do xogo, debe asasinar 10 rivais.
Unha aeroliña, compañía aérea ou liña aérea é unha compañía de transporte aéreo de viaxeiros ou mercadorías. As compañías que transportan os clientes dunha forma acordada entre eles denomínanse chárter. As aeroliñas de bandeira son aquelas que teñen unha participación accionarial do Goberno e xeralmente posúen o monopolio dos voos internos.
Emmanuel Pierrat, nado o 23 de agosto de 1968 en Nogent-sur-Marne, é un escritor e avogado francés especializado en dereitos de autor. Así mesmo, é membro do Conseil national des barreaux (onde en 2015 foi designado vicepresidente da comisión de asuntos europeos e internacionais), membro do Conseil de l'Ordre, e curador do Musée du Barreau de Paris. Tamén fixo labores de tradución e edición e foi elixido concelleiro municipal do sexto arrondissement de París entre 2008 e 2014.
Michael Fred Phelps II, nado o 30 de xuño de 1985 en Baltimore (Maryland), é un nadador estadounidense, considerado un dos máis importantes de tódolos tempos. As súas participacións olímpicas en Atenas 2004, Pequín 2008 e Londres 2012 saldáronse cunha colleita de 28 medallas (23 de ouro, 3 de prata e 2 de bronce), o cal converte a Phelps no deportista máis laureado da historia dos Xogos Olímpicos. A súa especialidade era o estilo bolboreta, malia que tamén salientou no estilo crol.
Un ácido aldónico é un azucre ácido orixinado pola oxidación do grupo aldehido dunha aldosa, que se transforma nun grupo carboxilo (COOH) . A súa fórmula química xeral é HOOC-(CHOH)n-CH2OH. Os ácidos aldónicos adoitan prepararse por oxidación do azucre con bromo. Xeralmente encóntranse en forma de lactona, manténdose o anel esencialmente coa mesma estrutura cíclica do grupo hemiacetal que presentaba no azucre orixinal.
Theresa Mary May, de solteira Brasier, nada en Eastbourne o 1 de outubro de 1956 é unha política británica do Partido Conservador que exerceu como primeira ministra do Reino Unido dende o 13 de xullo de 2016 até o 24 de xullo de 2019. Ela é, despois de Margaret Thatcher, a segunda primeira ministra do Reino Unido. Anteriormente, ocupou o cargo de ministra do Interior no gabinete do ex-primeiro ministro David Cameron.
Doraemon, o gato cósmico (ドラえもん, Doraemon) é un manga e anime creado entre os anos 1969 e 1970 polo debuxante xaponés Himiko Fujisaki, baixo o pseudónimo de Fujio Fujiko. Fujio Fujiko era pseudónimo común de dous debuxantes, Hiroshi Fujimoto e Motoo Abiko. Doraemon é a obra creada de Hiroshi Fujimoto, entón agora se utiliza Fujio F. Fujiko como o seu pseudónimo.
A palabra forma pode referirse a: ArteForma musical, en música clásica, a forma, en sentido xenérico, designa unha estrutura ou unha tradición de escritura, que permite inscribir a obra na historia da evolución da creación musical. Forma, un dos elementos da arte.BioloxíaForma, categoría taxonómica que constitúe unha subdivisión xeralmente por debaixo da variedade ou da «raza».MatemáticasForma, figura espacial dos corpos. Forma canónica de Jordan, ou forma normal de Jordan, é un termo matemático empregado en álxebra lineal.
Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar
O Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar é unha obra magna composta por 16 volumes publicada polo xeógrafo e estadista Pascual Madoz entre 1845 e 1850, que indica moitas das poboacións de España.
Un prosector é unha persoa coa tarefa de preparar unha disección para a demostración ou estudo, normalmente en facultades de medicina ou hospitais. Moitos dos principais anatomistas comezaron a súa carreira traballando para profesores e demostradores de anatomía e patoloxía. O acto difire do de soamente disecar ou diseccionar.
Radelchis I (m. 851) foi tesoureiro e despois príncipe de Benevento desde 839, ano no que asumiu o trono tras o asasinato (ocorrido probabelmente baixo a súa propia instigación) do príncipe Sicardo, ata a súa morte. Durante o seu reinado, o principado beneventano perdeu boa parte dos seus territorios, que pasaron a constituír o Principado de Salerno.
Unha montaña é un accidente xeográfico, unha elevación sobre o terreo lindeiro formada normalmente a partir de sinclinais e erosión. A unha secuencia de montañas chámase cordilleira. Unha montaña ten unha altitude bastante superior a un outeiro, aínda que non exista unha altitude específica para esa diferenciación.
Mauricio (/məˈrɪʃ(i)əs, mɔː-/, francés: Maurice [mɔʁis, moʁis] ( ); Modelo:Lang-mfe), oficialmente a República de Mauricio, é unha nación insular no océano Índico, a uns 2.000 quilómetros da costa sueste do continente africano, ao leste de Madagascar. Constituído polas illas Mascareñas orientais (Mauricio e Rodrigues) e por dous arquipélagos de illotes máis ao norte: as illas Cargados Carallos e as illas Agalega (Saint Brandon).. Os seus veciños máis próximos son a posesión francesa de Reunión, ao oeste, e as Seychelles, ao norte.
Ernest Rutherford, Barón Rutherford de Nelson e de Cambridge, nado en Brightwater (Nova Zelandia) o 30 de agosto de 1871 e finado en Cambridge o 19 de outubro de 1937 foi un físico británico. Está considerado o pai da física nuclear. Dedicouse ao estudo das partículas radioactivas, clasificándoas en alfa (α), beta (β) e gamma (γ) e achou que a radioactividade ía acompañada por unha desintegración dos elementos.
BDFutbol, (abreviación de Base de Datos del Fútbol) é un sitio web dedicado á recompilación de datos históricos do fútbol español. Fundado en 2008 por Víctor Muñoz (creador tamén de BDBasket), hoxe é posible consultar nel os datos de todas as tempadas de Primeira División desde 1928, Segunda División desde 1944 e Segunda División B desde 1981, ademais da Copa do Rei, entre outros campionatos, e algunhas competicións estranxeiras: Bundesliga (Alemaña, desde 1963); Premier League (Inglaterra, dende 1992); Serie A (Italia, dende 1988) e Ligue 1 ( Francia, dende 1996).A web pódese consultar en español, catalán e inglés.
Gabrielle Monique Union, nada o 29 de outubro de 1972 en Omaha, Nebrasca, é unha actriz e modelo estadounidense. Entre os seus papeis máis notábeis destaca como a líder das animadores rival a Kirsten Dunst no filme Bring It On. Tamén protagonizou xunto a Will Smith e Martin Lawrence o filme Bad Boys II e interpretou unha doutora na serie de televisión da CBS City of Angels.
O termo traballo pode referirse: En FísicaTraballo, unha magnitude.En Antropoloxía e SocioloxíaTraballo, actividade humana e social.En EconomíaTraballo, un dos factores da produción.En DereitoTraballo, obxecto de estudo do dereito laboral.Non debe confundirse co dereito ao traballo.En EducaciónTraballo, tarefa de aprendizaxe ou monografía que forma parte do proceso formativo.
Valerii Vasylovych Lobanovskyi (en ucraíno: Вале́рій Васи́льович Лобано́вський; en ruso: Вале́рий Васи́льевич Лобано́вский), nado en Kíiv o 6 de xaneiro de 1939 e finado en Zaporozhia o 13 de maio de 2002, foi un futbolista e adestrador soviético. Considerado un dos mellores adestradores de fútbol da historia, é coñecido principalmente polo seu traballo á fronte do Dynamo de Kíiv e da selección soviética, conxuntos aos que adestrou en varias etapas. Converteu o Dynamo no club máis dominante no fútbol soviético das décadas de 1970 e 1980, conquistando oito ligas soviéticas e seis Copas da Unión Soviética en 16 anos.
Luis Jaime Salom Horrach, nado en Palma de Mallorca o 7 de agosto de 1991 e finado en Sant Cugat del Vallès o 3 de xuño de 2016, foi un piloto español de motociclismo de velocidade que corría en Moto2 no equipo SAG Racing Team desde o ano 2014 ata o seu falecemento. Era primo do piloto de Superbikes David Salom.
A terceira revolta servil foi a última a última dunha serie de rebelións sen conexión fracasadas contra Roma, coñecidas colectivamente como revoltas ser exército de escravos escapados, en torno a 120.000, baixo as ordes de Espartaco, famoso gladiador da época, atacou o rural do sur de Italia e derrotou a varios exércitos romanos enviados para capturalos ou destruílos. O obxectivo era a obtención da liberdade, e cruzaron toda a península para superar os Alpes, pero chegando á Galia Cisalpina por razóns non de todo aclaradas deron volta cara ao sur de Italia e acabaron sendo derrotados por Craso e Pompeio.
Les Guilleries é un macizo situado no nordés de Cataluña, no vértice entre a Cordilleira Prelitoral e a Cordilleira Transversal, formando parte das dúas. Está no límite entre as comarcas da Selva e Osona, pertencentes ás provincias de Xirona e Barcelona respectivamente, preto da localidade de Sant Hilari Sacalm. Trátase dun macizo poboado de aciñeiras e algunhas sobreiras, de carácter mediterráneo, e carballos e faias, de carácter eurosiberiano, aínda que moitos deles foron substituídos por áreas forestais, principalmente piñeiros e abetos.
Valerian and the City of a Thousand Planets
Valerian and the City of a Thousand Planets (en francés: Valérian et la Cité des mille planètes) é un filme francés en lingua inglesa de 2017, escrito e dirixido por Luc Besson e coproducido por Besson e a súa muller, Virginie Besson-Silla. Baséase na serie de banda deseñada francesa Valérian et Laureline, escrita por Pierre Christin e ilustrada por Jean-Claude Mézières. Está protagonizado por Dane DeHaan no papel de Valerian e Cara Delevingne como Laureline, xunto con Clive Owen, Rihanna, Ethan Hawke, Herbie Hancock, Kris Wu e Rutger Hauer nos papeis secundarios.
Sócrates nado e morto en Atenas entre os anos 469 e 399 a.C. foi un célebre e controvertido filósofo clásico grego considerado como un dos máis grandes, tanto da filosofía occidental como da universal. Foi mestre de Platón, quen á súa vez foi mestre de Aristóteles, sendo estes tres os representantes fundamentais da filosofía da Antiga Grecia. Outros discípulos seus foron Antístenes, Aristipo, Fedón e Esquines.
Lista de atentados terroristas en 2020
Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no 2020
Fidelio oder die eheliche Liebe (en galego Fidelio ou o amor conxugal) é unha ópera en 2 actos con música de Ludwig van Beethoven e libreto en alemán de Joseph Ferdinand Sonnleithner baseado no libreto anterior en francés de Jean-Nicolas Bouilly que fora empregado en 1798 para a ópera Léonore, ou L’amour conjugal de Pierre Gaveaux e en 1804 para a ópera Leonora de Ferdinando Paer (Beethoven tiña a partitura desta). A súa estrea tivo lugar no Theater an der Wien de Viena o 20 de novembro de 1805.
Mary Stevenson Cassatt nada o 22 de maio de 1844 en Allegheny, (Pensilvania) e finada o 14 de xuño de 1926 en Le Mesnil-Théribus, (Francia), foi unha pintora e gravadora americana. Viviu gran parte da súa vida en Francia, onde estableceu unha profunda amizade con Edgar Degas e máis tarde expuxo cos Impresionistas. Cassatt pintou sobre a vida social e privada das mulleres, cunha particular énfase na unión entre nais e fillos.
Lista das canles de YouTube máis subscritas
Esta lista das canles de YouTube máis subscritas enumera as 50 canles con máis subscritores no portal de vídeos estadounidense YouTube. Desde outubro de 2005 é posíbel subscribirse a canles de YouTube. T-Series ten 246 millóns de subscritores sendo, a data de 28 de xullo de 2023, a canle de YouTube máis subscrita.
Poher, en bretón Poc'hêr, é un país tradicional da Bretaña coñecido na Alta Idade Media e situado na Bretaña centroccidental, entre as montañas Arrée e as montañas Negras. Tamén foi chamado "Alto Cornualles" e designado, durante varias décadas, polos nomes de País Centro Oeste da Bretaña e Kreiz Breizh en bretón. O pagus Castri ou Paou-Kaer, ou Poher era un pagus, subdivisión da antiga Dumonia (en latín Dumnonia) que designaba no século VI un reino bretón situado no suroeste de Inglaterra.
James Hutton, nado en Edimburgo o 14 de xuño de 1726 e finado na mesma cidade o 26 de marzo de 1797, foi un xeólogo, médico, naturalista, químico e granxeiro experimental escocés, o primeiro formulador das ideas que conducirían á corrente científica chamada uniformista (ou teoría actualista) e do plutonismo, nas que incluíu as súas teorías da xeoloxía e do tempo xeolóxico, e a súa escala, tamén chamado tempo profundo. Está considerado o fundador da xeoloxía moderna. Compartiu espazo e época con grandes pensadores e científicos formando canda eles a que foi chamada a Ilustración escocesa.
Clasificación Aarne-Thompson-Uther
A clasificación Aarne-Thompson-Uther (ATU) é unha revisión en profundidade da Clasificación Aarne-Thompson (AT, ou AaTh), utilizada nos estudos do folclore e que permite a indexación de contos e outros relatos tradicionais por tipo de conto (conto-tipo). Foi publicada por vez primeira en 2004, da man do folclorista alemán Hans-Jörg Uther.
O funk é un estilo musical afroamericano. Naceu nos 60 con intérpretes coma James Brown, Sly and the Family Stone e The Meters, e emerxeu coma xénero a finais desa década. O funk caracterízase por ter ritmos bailables moi sincopados que enfatizan o primeiro tempo de cada compás, liñas de baixo prominentes, unha guitarra rítmica moi distintiva cun son afiado, voces ó estilo da música soul, seccións de vento poderosas e orientadas ó ritmo, unha grande énfase na percusión, incluíndo adoito diversos tambores ademais da batería, e influencias africanas e do jazz.
A aminopeptidase N (ANPEP) é un encima da membrana plasmática. Tamén se chama CD13 (cluster de diferenciación 13), alanil (membrana) aminopeptidase (nome oficial completo), aminopeptidase M, e alanina aminopeptidase. Este encima úsase como biomarcador para detectar danos nos riles e para axudar na diagnose de certos trastornos renais.
Casaquistán ou Kazhakhstán é un país fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa: a área entre o río Ural e a fronteira rusa, o punto máis oriental do continente europeo. Limita ao norte e oeste con Rusia (6.846 quilómetros de fronteira), ao leste coa China (1.533 km), a sur co Kirguizistán (1.051 km), o Uzbekistán (2.203 km) e Turkmenistán (379 km) e a oeste co Mar Caspio. É o noveno país máis grande do mundo por superficie, mais ten unha densidade de 6 hab./km².
Brigitte Anne-Marie Bardot, coñecida como Brigitte Bardot e nada en París en 1934, é unha modelo e actriz francesa, considerada unha icona sexual dos anos 1950s e 1960s. Filla dun industrial, modelo dende os 15 anos, e aparece pola primeira vez en pantalla en 1952 en Le Trou Normand. O filme Et Dieu créa la femme dirixido polo seu home Roger Vadim lanzouna ao estrelato, Bardot foi unha das poucas actrices europeas en recibir atención polos medios de comunicación norteamericanos.
Pulp Fiction é un filme estadounidense do ano 1994, gañador dun Oscar, escrito e dirixido por Quentin Tarantino, e protagonizado por John Travolta, Bruce Willis, Samuel L. Jackson e Uma Thurman, entre outros. Está considerado coma un dos representantes do cinema posmoderno. Ademais, a súa estrutura non lineal e o seu estilo pouco convencional fixeron que se convertese nun filme de culto, cuxa inflúencia é notable noutras obras.
O Club Baloncesto Ciudad de Huelva foi un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Huelva, Andalucía. Herdeiro do Huelva 76, o club foi fundado como Sociedade Anónima Deportiva en 1996, a primeira da provincia de Huelva. Desde a conversión en SAD, o club competiu principalmente na Liga LEB. O seu maior éxito foi o ascenso á Liga ACB despois de gañar a LEB en 1997.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. Na segunda outros 60 de xuño a setembro de 2023. A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares.
O tizón de Nadal ou cepo de Nadal (tamén cachopo de Nadal) é un gran madeiro que na Noiteboa se prende na lareira coidadosamente limpa e varrida. É unha tradición ancestral galega e doutras partes do centro e oeste de Europa ligada a ritos pagáns indoeuropeos e celtas das celebracións do solsticio de inverno. Simboliza destruír o vello para dar paso ao novo.
A capsaicina (8-metil-N-vanilil-6-nonenamida) é un compoñente activo dos chiles e outros pementos, que son plantas pertencentes ao xénero Capsicum. É un composto químico irritante e unha neurotoxina para os mamíferos, incluíndo os humanos e produce unha sensación de queimura en calquera tecido co que se poña en contacto. A capsaicina e varias amidas relacionadas (capsaicinoides) prodúcense como metabolitos secundarios polos chiles, probablemente como disuasores contra certos mamíferos e fungos.
A Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica (MeteoGalicia) é un organismo dependente da Consellaría de Medio Ambiente creada no ano 2000 froito dun convenio entre coa Universidade de Santiago de Compostela e que ten como obxectivos principais a realización dunha predición meteorolóxica de Galicia e a explotación e mantemento da rede de observación meteorolóxica e climatolóxica da Xunta de Galicia.
Camela é unha banda de música española de pop electrónico formada en Madrid. Os seus compoñentes son Dionisio Martín Lobato (vocalista-compositor) e María de los Ángeles Muñoz Dueñas (vocalista-compositora). O terceiro integrante, Miguel Ángel Cabrera Jiménez (teclados-compositor), abandonou o grupo en febreiro de 2013 debido á falta de acordo cos seus compañeiros.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Papá Noel ou Santa Claus é o personaxe lendario que segundo a cultura occidental trae agasallos aos nenos por Nadal. É un personaxe inspirado nun bispo cristián de orixe grega chamado Nicolao, que viviu no século IV na Anatolia, nos vales de Licia (na actual Turquía). Era unha das persoas máis veneradas polos cristiáns da Idade Media, do que aínda hoxe se conservan as súas reliquias na basílica de San Nicolao, en Bari (Italia).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Marçal Moliné, nado en Barcelona en 1936 é un publicista catalán. Estudou xornalismo e foi un dos membros fundadores da axencia MMLB, xunto con Eddy Bosten, Joaquín Lorente e Miguel Montfort. Traballou nas axencias Clarín, Carvis, Támden DDB e Bassat Ogilvy, e foi xurado en tres edicións do Festival de Cannes.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Qatar Airways Company Q.C.S.C. (árabe: القطرية, Al Qatariyah), operando como Qatar Airways, é a aeroliña nacional de Qatar, propiedade do goberno do país. Ten a súa sede na Torre Qatar Airways Tower en Doha. Opera unha rura hub-and-spoke, unindo uns 150 destinos internacional en África, Asia central, Europa, Extremo Oriente, Sueste Asiático, Oriente Medio, América e Oceanía dende a súa base no aeroporto internacional Hamad usando unha frota duns 200 avións.
A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo Nadal. Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral.
Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar, está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla desemboca na ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 27 km e de Ribeira atópase a uns 37 km, ten unha superficie de 36,1 km2 e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2023 tiña 2 675 habitantes (1 276 eran homes e 1 399 mulleres), cunha densidade de poboación de 73,29 hab./km2.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Metropolis é un filme mudo de ciencia ficción de Fritz Lang, rodada en Alemaña en 1927. Está considerada como a máis sobranceira representante do expresionismo no eido cinematográfico. Producido nos Babelsberg Studios por UFA, trátase dunha longametraxe de ciencia ficción cuxa trama desenvólvese nunha distopía urbana futurista.
Leonard Bernstein, nado en Lawrence (Massachusetts) o 25 de agosto de 1918 e finado en Nova York o 14 de outubro de 1990, foi un compositor, pianista e director de orquestra estadounidense. Foi o primeiro director de orquestra nado nos Estados Unidos que obtivo fama mundial. É coñecido por dirixir a Orquestra Filharmónica de Nova York, os seus Concertos para mozos na televisión dos 60 e as súas múltiples composicións, entre elas West Side Story (1961), Candide e On the town (1949).
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 244.700 habitantes (INE 2022), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².