Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
Universidade Pontificia da Santa Cruz
A Universidade Pontificia da Santa Cruz é unha institución universitaria situada en Roma, inaugurada o 15 de outubro de 1984. Está a cargo da Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei. O 9 de xaneiro de 1990, foi creado o Ateneo Romano da Santa Cruz, autorizado para impartir os estudos en teoloxía e filosofía.
A informática é a disciplina que estuda o tratamento automático da información empregando dispositivos electrónicos e sistemas computacionais. Informática é un termo proveniente do francés informatique, acuñado polo enxeñeiro Philippe Dreyfus en 1962. Na informática converxen os fundamentos das ciencias da computación, a programación e as metodoloxías para o desenvolvemento de software, así coma determinados temas de electrónica.
O Bologna Football Club 1909 é un club de fútbol italiano da cidade de Boloña (Emilia-Romagna), formado en 1909 e refundado en 1993. Recibe o alcume de rossoblu debido ás camisas con raias azuis e vermellas que empregan, que son tamén as cores oficiais da cidade. Bologna foi un dos clubs fundadores da Serie A en 1929.
Google Académico (en inglés: Google Scholar) é un motor de busca de Google enfocado e especializado na busca de contido e bibliografía científico-académica. O sitio indexa editoriais, bibliotecas, repositorios, bases de datos bibliográficas, entre outros; e entre os seus resultados pódense atopar citas, ligazóns a libros, artigos de revistas científicas, comunicacións e congresos, informes científico-técnicos, teses, tesiñas e arquivos depositados en repositorios. Foi lanzado ao público en versión Beta o 19 de novembro de 2005. O índice inclúe todos aqueles documentos accesibles na Web que cumpran cunha serie de requisitos técnicos.
Jamendo é unha comunidade creada en xaneiro do 2005 ao redor da música de libre distribución, onde os artistas poden subir a súa música de balde e o seu público escoitala e descargala do mesmo xeito. Dende a súa fundación, o número de artistas e álbums aloxados medrou de maneira exponencial. O nome provén da mestura de "jam" e "crescendo".
Un espectáculo é un acto público destinado a atraer a atención dos que o contemplan co fin de provocar neles emocións diversas (dor, alegría, abraio, tristura,...). A transcendencia social dos espectáculos fixo necesaria a construción de lugares expresamente destinados á contemplación en vivo deses actos, como son teatros, circos, cines, estadios... Cando o espectáculo non precisa de espectadores en vivo senón a distancia, o espectador pode contemplalo a través dun medio de comunicación: televisión, internet,...
Prince Rogers Nelson, nado en Minneapolis (Minnesota) o 7 de xuño de 1958 e finado en Chanhassen (Minnesota) o 21 de abril de 2016, foi un cantante, compositor e instrumentista de pop, rock e funk estadounidense. Ademais do seu nome, Prince, usaba outros alcumes, entre eles «The Symbol» ou «O artista anteriormente coñecido como Prince». Durante a década de 1980 foi un dos artistas máis importantes e innovadores, sempre próximo á psicodelia.
Dialnet é un portal de Internet de difusión da produción científica hispana, que botou a andar no ano 2001, especializado en ciencias humanas e sociais. A súa base de datos, de acceso libre, foi creada pola Universidade da Rioxa e constitúe unha hemeroteca virtual que conten os índices das revistas científicas e humanísticas de España, Portugal e Latinoamérica, incluíndo tamén libros (monografías), teses de doutoramento, homenaxes e outro tipo de documentos. O texto completo de moitos dos documentos está dispoñible en liña.
John Christopher Depp II, nado en Owensboro, Kentucky, o 9 de xuño de 1963, é un actor, produtor e músico estadounidense. Gañou un Globo de Ouro e un Premio do Sindicato de Actores ó mellor actor. Depp acadou a fama coa serie de televisión dos anos 1980 21 Jump Street, na que se converteu nun ídolo adolescente.
Halo: Combat Evolved (tamén coñecido como Halo: CE, Halo 1, ou sinxelamente Halo), é un videoxogo en primeira persoa creado por Bungie e publicado por Microsoft Game Studios. É o primeiro xogo da franquía, foi lanzado ó mercado o 15 de novembro de 2001 para a consola Xbox, e ten vendido máis de cinco millóns de copias en todo o mundo. Microsoft lanzou versións do xogo para Microsoft Windows (creada por Gearbox Software) e Mac OS X en 2003, e a historia foi adaptada e elaborada nunha serie de novelas e bandas deseñadas.
Système universitaire de documentation
O système universitaire de documentation (sistema universitario de documentación) ou SUDOC é un sistema empregado por bibliotecas universitarias de Francia para identificar e manexar os documentos na súa posesión. Este catálogo contén máis de 10 millóns de referencias. A axencia responsable do seu mantemento é a Agence bibliographique de l'enseignement supérieur.
Un verso (do latín versus, que significa "volto", por oposición a prorsus, de onde vén prosa, que significa "todo seguido") é un conxunto de palabras suxeitas a medida, ritmo e cadencia, ou só a cadencia, en contraposición á prosa, que non está sometida habitualmente a estes procedementos. Adoita ser a canle formal habitual de expresión da poesía lírica. Convén distinguir claramente entre verso, que é unha forma literaria, e poesía lírica, que é un xénero literario.
A saída do Reino Unido da Unión Europea, comunmente abreviada como Brexit (pronunciado [ˈbreksit], acrónimo das palabras inglesas Britain e exit, ‘Gran Bretaña’ e ‘saída’), é un proceso político en curso que persegue o abandono do Reino Unido da Unión Europea. Esta era unha meta política de determinados partidos políticos, grupos civís e persoas do Reino Unido desde 1973. Saír da Unión Europea é un dereito dos Estados membros recoñecido no artigo 50 do Tratado da Unión Europea.
A ciencia dos materiais é a rama da ciencia relativa ao estudo dos materiais e á relación entre as súas propiedades, estrutura, prestacións, formas de caracterización e procesamento. Cada procesamento modifica a estrutura do material, alterando as súas propiedades, que á súa vez delimitan o seu emprego.
Seis personaxes á procura de autor
Seis personaxes á procura de autor (en italiano Sei personaggi in cerca d'autore) é uunha obra de teatro en lingua italiana do escritor Luigi Pirandello. Foi representada por primeira vez o 9 de maio de 1921 no Teatro Valle de Roma, e publicada despois en 1925. En 2005 foi adaptada polo Centro Dramático Galego, con dirección de Xúlio Lago.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Alex Kidd in Miracle World é un videoxogo de plataformas para a consola de 8-bit Sega Master System. Foi publicado no Xapón o día 1 de novembro de 1986, e con posterioridade nos EEUU en decembro dese mesmo ano, en Europa en setembro de 1987, en Corea do Sur en outubro de 1988, e no Brasil en 1989. Un remake feito por Merge Games e Jankenteam, titulado Alex Kidd in Miracle World DX, foi publicado o 22 de xuño do 2021.
A odontoloxía é unha rama da medicina que se encarga do diagnóstico, tratamento e prevención das enfermidades do aparello estomatognático, o cal inclúe os dentes, as enxivas, a lingua, o padal, a mucosa oral, as glándulas salivares e outras estruturas anatómicas implicadas, coma os beizos, as amígdalas, a orofarinxe e a articulación temporomandibular.
Polis (do grego πόλις, romanizado como pólis —plural póleis—) é a denominación dada ás cidades-estado independentes da antiga Grecia, xurdidas na Idade Escura mediante un proceso de agregación de núcleos e grupos de poboación (anteriormente vinculados polo οἶκος oikos casa) denominado sinecismo (συνοικισμóς synoikismós «xuntar as casas» ou «habitar xuntos»). A unificación entre o núcleo urbano e a súa contorna rural, característica esencial da polis arcaica e clásica, completouse xa cara á segunda metade do século -VII. A polis foi o marco esencial onde se desenvolveu e expandiu a civilización grega até a época helenística e a dominación romana. A estrutura da polis leva un establecemento urbano (ἄστυ, ásty), xeralmente instalado ao pé dunha cidadela elevada (ἀκρόπολις, acrópole), xunto cunha parte rústica (χώρα, khōra), composta polas terras propiedade dos cidadáns particulares, os campos sen cultivar, e os bosques.
O termo secretario xeral ou primeiro secretario é designación utilizada para identificar ao principal xefe ou líder de certas organizacións sindicais, partidos, asociacións nacionais e internacionais ou empresas. Utilízase normalmente para designar o cargo máis importante dentro dunha organización internacional multilateral. Tamén, pode ser utilizado para denominar ao cargo inmediatamente inferior ao presidente dunha organización.
Unified Medical Language System
O Sistema de Linguaxe Médica Unificada (en inglés, Unified Medical Language System, UMLS) é un compendio de moitos vocabularios controlados das ciencias biomédicas, creado en 1986.O UMLS consiste en fontes de coñecemento (bases de datos) e un conxunto de ferramentas de software; o sistema está destinado a ser empregado principalmente por desenvolvedores de sistemas de informática biomédica. Tamén achega a base para o Procesamento de linguaxe natural; achega unha estrutura de mapeado entre estes vocabularios e, polo tanto, permite traducir verbas entre os diferentes sistemas de terminoloxía. Tamén se pode considerar un tesaurus e un dicionario de ontoloxía integral de conceptos biomédicos.
A Encyclopædia Britannica, tamén chamada pola súa tradución a galego Enciclopedia Británica, é unha enciclopedia de contidos xerais redactados en lingua inglesa e publicada pola editorial privada Encyclopædia Britannica, Inc.. Os verbetes na Britannica teñen como público un perfil de lector adulto e cultivado; está escrita por 19 editores que traballan a xornada completa e conta coa colaboración de máis de catro mil expertos. É amplamente considerada como a máis académica das enciclopedias do mundo.
O título deste artigo amósase incorrectamente debido a limitacións técnicas. O título correcto é C#.C# (pronunciado "si xarp" en inglés, ou C díese) é unha linguaxe de programación orientada a obxectos desenvolvido e estandarizado por Microsoft como parte da súa plataforma .NET, que despois foi aprobado como un estándar pola ECMA e ISO. A súa sintaxe básica deriva de C/C++ e utiliza o modelo de obxectos da plataforma .NET o cal é similar ao de Java aínda que inclúe melloras derivadas doutras linguaxes (máis notablemente de Delphi e Java). C# foi deseñado para combinar o control de linguaxes de baixo nivel como C e a velocidade de programación de linguaxes de alto nivel como Visual Basic.
Billboard é unha revista semanal estadounidense adicada á industria musical, sendo unha das revistas comerciais máis antigas no mundo. Mantén varias listas musicais recoñecidas internacionalmente, que seguen as cancións e álbums máis populares en varias categorías de forma semanal. As dúas máis destacables son a Billboard Hot 100, que clasifica cancións con máis vendas físicas sen ter en conta o seu xénero; e a Billboard 200, que corresponde ás vendas de álbums.
Adele Laurie Blue Adkins, nada o 5 de maio de 1988, en Tottenham, Londres, Inglaterra, coñecida simplemente como Adele, é unha cantante e compositora británica de soul, blues, pop e jazz, gañadora de oito Premios Grammy e tres Brit Awards. Dende moi nova amosou un grande interese pola música e, en 2006, egresou da BRIT School de Artes Escénicas e Tecnoloxía. Ese mesmo ano, firmou un contrato con XL Recordings, tras ser descubierta por unhas demos que un amigo publicou en MySpace. Nos Premios Brit de 2007 recibiu o galardón de elección dos críticos e tamén gañou a enquisa Sound of 2008 realizada pola BBC. En 2008, Adele debutou co seu primeiro álbum de estudio, 19, que se situou no número 1 da lista de álbums británica e foi certificado, tamén, como disco dobre platino nos Estados Unidos No territorio norteamericano, a súa carreira, viuse moi lanzada trala actuación no programa Saturday Night Live, a mediados de outubro de 2008; ese programa contou coa maior cantidade de espectadores en catorce anos. Un ano despois, na 51ª entrega dos Premios Grammy, gañou os galardóns á mellor artista novo, e mellor interpretación vocal por feminina por "Chasing Pavements".
Fullmetal Alchemist: Brotherhood
Fullmetal Alchemist: Brotherhood (en xaponés: 鋼の錬金術師 FULLMETAL ALCHEMIST, Hepburn: Hagane no Renkinjutsushi: Furumetaru Arukemisuto) é unha serie anime adaptada do manga Fullmetal Alchemist de Hiromu Arakawa. Producida por Bones, a serie está dirixida por Yasuhiro Irie e foi escrita por Hiroshi Ōnogi. Fullmetal Alchemist: Brotherhood é a segunda adaptación televisiva baseada en Fullmetal Alchemist, sendo a primeira a versión de 2003.
LGBT ou LGTB é a sigla composta polas iniciáis das palabras Lesbianas, Gais, Bisexuais e Trans (transxénero, transexuais e travestís). Agrupa ás persoas coas orientacións sexuais e identidades de xénero relativas a esas catro palabras, así como ás comunidades formadas por elas. A expresión tivo a súa orixe na lingua inglesa nos anos noventa, mais estas iniciais coinciden en varias falas, entre elas a galega.
O cianuro é un anión monovalente de representación CN-. O mesmo contén o grupo cianuro (:C≡N:), que consiste dun átomo de carbono cun enlace triplo cun átomo de nitróxeno. Os compostos orgánicos que posúen grupo funcional -C≡N encostado a un residuo alquilo son denominados nitrilos segundo a nomenclatura IUPAC. Pódese atopar como cianuro de hidróxeno (ou ácido cianhídrico) xa sexa en fase acuosa (HCN(ac)) ou como parte de moléculas de gas (HCN(g)), formando compostos como o cloruro de cianóxeno (CNCl) e o bromuro de cianóxeno (CNBr), ou atoparse en complexos cristalinos tetraédricos como o cianuro de sodio (NaCN) e o cianuro de potasio (KCN).
Cheerleading é unha palabra de orixe inglesa que denota unha actividade na que os participantes (chamados en inglés cheerleaders) aclaman ao seu equipo como forma de ánimo. Pode ir desde cantar consignas ata exercicio físico intenso. Pódese realizar para motivar equipos deportivos, para entreter ao público ou para competir.
A computación paralela é unha forma de cálculo na que moitas instrucións se levan a cabo simultaneamente (denominadas "en paralelo"), dependendo da teoría de que os problemas grandes poden dividirse a miúdo noutros máis pequenos, e despois resolverse simultaneamente (en concorrencia ou "en paralelo"). Existen varias formas diferentes de computación paralela: Bit-level parallelism. (Paralelismo a nivel de bits) Instruction-level parallelism.
Para as moléculas indutoras da expresión xénica bacteriana ver indutor (bioloxía).Un indutor, habitualmente chamado bobina, é un compoñente eléctrico pasivo que almacena enerxía debido á súa interacción nun campo magnético. Por comparación, un condensador almacena enerxía debido á súa interacción cun campo eléctrico, e un resistor non almacena enerxía, senón que a disipa por medio de calor. Calquera condutor ten indutancia.
Emma Thompson, nada en Londres o 15 de abril de 1959, é unha actriz, guionista, produtora, activista, autora e humorista británica. Está considerada unha das actrices máis aclamadas do país, recibindo numerosos premios ao longo de toda a súa traxectoria, entre os que se inclúen dous Premios Óscar, dous Globos de Ouro, dous Premios BAFTA, un Premio BAFTA de televisión e un Primetime Emmy.
Jan Svatopluk Presl, nado o 4 de setembro de 1791 preto de Praga, e finado o 6 de abril de 1849 en Praga foi un botánico, químico, mineralólogp, paleontólogo, xeólogo, zoólogo e político do Reino de Bohemia. Ademais foi un lexicógrafo, impulsor da lingua checa para a linguaxe científica, cando unicamente se escribía en alemán. Foi o autor da terminoloxía científica checa de varias ramas da ciencia, incluída a nomenclatura química.
Enténdese por metro cadrado a superficie que ocupa un cadrado que mide un metro de cada lado. Representado co símbolo m² é a unidade básica do Sistema Internacional de Unidades para a superficie, sendo derivada da unidade básica metro.En agrimensura, utilízanse algunhas unidades derivadas do metro cadrado, como a área (equivalente a 100 metros cadrados, 1 decámetro cadrado) e a hectárea (equivalente a 10.000 metros cadrados, 1 hectómetro cadrado). De aquí sae a sinonimia entre centiárea e metro cadrado, que son o mesmo.
A nefropatía lúpica é unha glomerulopatía producida polo lupus eritematoso sistémico, unha doenza crónica que afecta a múltiples órganos, e que adoita afectar a mulleres de entre 25 e 30 anos. A nefropatía lúpica constitúe unha forma da doenza que afecta a case o 50% dos afectos por lupus, aínda que é máis frecuente en persoas novas, sendo raro en persoas maiores. A afectación renal dun paciente con lupus constitúe un factor de mal prognóstico para a enfermidade.
O aeroporto de Manchester (IATA: MAN, ICAO: EGCC) é un aeroporto internacional inglés en Ringway, situado a 13,9 km ao sueste do centro da cidade de Manchester. No ano 2016 foi o terceiro aeroporto máis concorrido do Reino Unido en número de pasaxeiros. As súas instalacións están formadas por tres terminais de pasaxeiros e unha de carga e é o único aeroporto británico xunto con Heathrow con dúas pistas de máis de 3 000 metros.
Internet Broadway Database (IBDB) (en galego: A base de datos de Broadway en Internet) é unha base de datos en liña de producións de Broadway e do seu persoal. Opera a través do Departamento de investigación de The Broadway League, unha asociación comercial norteamericana de teatro comercial.A IBDB achega rexistros de producións dende o inicio do teatro en Nova York no século XVIII até o presente. Nel, detállanse as persoas implicadas, feitos interesantes e estatísticas.Foi concibida por Karen Hauser, xefa do Departamento de Investigación da Liga de Teatros americanos e Produtores (agora chamado "The Broadway League").
They Might Be Giants (ás veces abreviado como TMBG) é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en 1982 na cidade de Nova York por John Flansburgh e John Linnell. Durante os primeiros anos do grupo Flansburgh e Linnell estaban acompañados frecuentemente por unha caixa de ritmos. A comezos dos anos 90 They Might Be Giants converteuse nunha banda completa.
The Times of India (TOI) é un xornal diario de gran formato en inglés moi popular na India. Ten a maior circulación entre todos os diarios en inglés no mundo, en todos os formatos (gran formato, compacto, berliner e en liña). É propiedade de The Times Group, que á súa vez é propiedade da familia Sahu Jain.
Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita
O Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita ou AITS (do inglés International Alphabet of Sanskrit Transliteration, IAST) é un popular sistema de transliteración que permite a romanización de escrituras índicas sen perda de información. O AITS é o sistema máis popular de romanización do sánscrito e o pali. Emprégase normalmente en publicacións impresas, especialmente en libros sobre temas en sánscrito e pali antigos relacionados coas relixións da India.
Anton Pavlovich Chekhov (en ruso: Антон Павлович Чехов), nado en Taganrog (Rusia) o 29 de xaneiro de 1860 e finado en Badenweiler (Alemaña) o 14 ou 15 de xullo de 1904, foi un famoso escritor ruso, un dramaturgo e un mestre do conto moderno considerado un dos máis grandes escritores de todos os tempos. A súa carreira como dramaturgo produciu catro clásicos, e os seus mellores relatos son moi apreciados por escritores e críticos. Xunto con Henrik Ibsen e August Strindberg, Chekhov é frecuentemente referido como unha das tres figuras fundamentais do nacemento do primeiro modernismo no teatro.
IGN (abreviatura do nome Imagine Games Network) é unha páxina web estadounidense de videoxogos e entretemento operada por IGN Entertainment Inc., unha subsidiaria de Ziff Davis, á súa vez propiedade de j2 Global. A sede da compañía atópase en San Francisco e está dirixida polo seu antigo editor en xefe, Peer Schneider. A páxina web de IGN foi obra do emprendedor Chris Anderson e foi lanzada o 29 de setembro de 1996.
Civilization IV (tamén coñecido como Civilization 4 ou Civ4) é un videoxogo de estratexia para computador que é o cuarto título da serie Civilization. Foi deseñado por Soren Johnson baixo a dirección de Sid Meier e o estudio de desenvolvemento Firaxis Games. Estreouse en América do Norte, Europa e Australia entre o 25 de outubro e o 4 de novembro de 2005.
Mercury-Redstone 3 ou MR-3, e tamén coñecida como Freedom 7 polo nome da cápsula, foi a primeira misión espacial tripulada dos Estados Unidos de América, levada a cabo dentro do proxecto Mercury, co astronauta Alan Shepard a bordo. Foi unha misión suborbital que tivo lugar 23 días despois do histórico voo de Iuri Gagarin.
Un tratado internacional é un acordo escrito entre certos suxeitos de Dereito internacional e que se atopa rexido por este, que pode constar dun ou varios instrumentos xurídicos conexos, e sendo indiferente a súa denominación. Como acordo implica sempre que sexan, como mínimo, dúas persoas xurídicas internacionais quen conclúan un tratado internacional. O máis común adoita ser que tales acordos realícense entre Estados, aínda que poden celebrarse entre Estados e organizacións internacionais ou entre organizacións internacionais.
Os homógrafos son palabras que se escriben igual pero teñen significados diferentes, como por exemplo mango (froita) e mango ("rabo"), que teñen sentidos diferentes, etimoloxías diferentes e a mesma representación gráfica e a mesma pronuncia. Fálase tamén de homógrafos para os casos de polisemia, ou sexa, cando unha mesma forma representa dous sentidos claramente diferenciados, como orde, "disciplina" ou "secuencia". Dous homógrafos poden ter tamén pronuncias diferentes, como bóla ("esfera") e bola ("peza de pan").
Faceted Application of Subject Terminology
FAST (Faceted Application of Subject Terminology) é unha sintaxe simplificada para o tesauro Library of Congress Subject Headings (LCSH). Foi desenvolvido por Online Computer Library Center, Inc. (OCLC) como parte do WorldCat, co obxectivo de facer catalogación menos custosa e máis doada de aplicar en contextos conectados.
A psicanálise é unha disciplina fundada por Sigmund Freud que agrupa tres tipos de reflexións e de estudos: un conxunto de teorías nacidos da experiencia analítica, a metapsicoloxía; unha serie de métodos de investigación das significations inconscientes da lingua, do comportamento ou das producións da imaxinación; unha psicoterapia, a cura psicanalítica.A psicanálise, como disciplina creada para tratar enfermidades mentais, baséase na revelación do inconsciente. O seu campo de acción é o da psicoterapia que procura elucidar a través dun proceso de asociacións as conexións entre os compoñentes inconscientes dos procesos mentais dos pacientes. Na psicanálise clásica, a materia fundamental da psicanálise son os patróns inconscientes da vida conforme son revelados a través das asociacións libres do analizando.
BARTOC, siglas para Basel Register of Thesauri, Ontologies & Classifications (en galego: Rexistro de Tesauros, Ontoloxías e Clasificacións de Basel) é unha base de datos de Sistemas de Organización do Coñecemento creada na Universidade de Basel, Suíza. O seu obxectivo principal é documentar nun único punto de acceso os sistemas de organización do coñecemento (KOS) como son as clasificacións, os tesauros e os rexistros de autoridades de xeito que teñan maior visibilidade, se destaquen as súas características e poidan buscarse e compararse, fomentando que se comparta o coñecemento. A diferenza doutros rexistros de terminoloxías, BARTOC inclúe calquera tipo de KOS de calquera área do coñecemento, en calquera lingua, sexa cal sexa o seu formato ou forma de acceso.
Unha patente é un conxunto de dereitos exclusivos garantidos por un goberno ou autoridade ó inventor dun novo produto (material ou inmaterial) susceptible de seren explotado industrialmente ou ben ó solicitante desa invención (como representante, por exemplo) por un espazo limitado de tempo (xeralmente 20 anos dende a data da aprobación). Este termo deriva do latín patens, -entis, que orixinalmente tiña o significado de estar aberto, ó descuberto (á inspección pública) e da expresión letras patentes, que eran decretos reais que garantían dereitos exclusivos a certos individuos ou negocios. Segundo a definición orixinal da palabra, unha das finalidades da lexislación sobre patentes é a de inducir ó inventor a revelar o coñecemento para o avance da sociedade a cambio da exclusividade durante un período limitado de tempo.
Gujarat (en gujarati: ગુજરાત, Gujarāt: ['gudʒəɾɑt̪] ) é un estado da República da India. A súa capital é Gandhinagar, unha cidade planificada preto de Ahmedabad, a antiga capital e centro comercial do estado. Situado ao suroeste da peníndula indostánica, limita ao noroeste con Paquistán, ao norte con Rājasthān, ao leste con Madhya Pradesh, ao sueste con Maharastra e ao oeste co mar Arábigo (Océano Índico).
International Standard Musical Work Code
O ISWC (acrónimo inglés de International Standard Musical Work Code) é o número de referencia internacional para a identificación e comercialización de obras musicais, equivalente ao ISBN para os libros. Está descrito pola norma internacional ISO 15707.
Giant Bomb é un sitio web de videoxogos e unha wiki estadounidense que inclúe noticias sobre a industria, recensións, comentarios e vídeos. Foi creado polos ex-editores de GameSpot Jeff Gerstmann e Ryan Davis, en colaboración con Whiskey Media. O sitio web foi votado pola revista Time como uno dos 50 mellores sitios web do ano 2011.
A Sega Mega Drive, coñecida en diversos territorios de América como Sega Genesis, é unha videoconsola de 16 bits producida por Sega. Forma parte da cuarta xeración de videoconsolas e competiu no mercado contra a SNES de Nintendo. Foi comercializada en 1988 no Xapón como Mega Drive e en 1989 en Norteamérica como Genesis.
A catedral de Canterbury é unha das máis antigas e famosas estruturas cristiás en Inglaterra. É a catedral do arcebispo anglicano de Canterbury, o primado de toda Inglaterra e o líder relixioso da Igrexa de Inglaterra. Esta igrexa nai da Diocese de Canterbury (ó leste de Kent) é o foco da Relixión Anglicana.
Dirham dos Emiratos Árabes Unidos
O dirham ( درهم ) é a moeda oficial dos Emiratos Árabes Unidos. O seu código ISO 4217 é AED. Está dividido en 100 fils.
Matrix (en inglés: The Matrix) é un filme de ciencia ficción escrito e dirixido por Lana e Lilly Wachowski e protagonizado por Keanu Reeves, Laurence Fishburne, Carrie-Anne Moss e Hugo Weaving. Foi estreado nos Estados Unidos o 31 de marzo de 1999 e foi o primeiro da triloxía de Matrix e dunha serie de videoxogos, curtas animadas e bandas deseñadas. O filme gañou 4 Premios Oscar incluíndo a mellor montaxe, mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais.
Phillip Harvey "Phil" Spector, nado como Harvey Phillip Spector o 26 de decembro de 1939 no Bronx en Nova York e finado o 16 de xaneiro de 2021, foi un produtor e compositor estadounidense. Creador da técnica de produción "Wall of Sound" (en galego, "muro de son") Spector foi o pioneiro no son dos grupos de rapazas dos anos 60 e produciu ao redor de 25 éxitos top 40 entre 1960 e 1965. Algúns dos seus grupos femininos máis famosos son The Ronettes e The Crystals.
A ciencia da información é un campo interdisciplinar que se encarga da análise, colección, clasificación, manipulación, almacenamento, consulta, movemento, diseminación, e protección da información. Practicantes dentro e fóra do campo estudan a aplicación e o uso do coñecemento en organizacións xunto coa interacción entre persoas, organizacións, e calquera sistemas de información existente coa finalidade de crear, substituír, mellorar ou entender os sistemas de información. A ciencia da información é a miúdo (erradamente) considerada unha póla de informática; porén, emprega a ciencia informática e é un amplo campo interdisciplinario que non só incorpora elementos da informática, senón tamén doutros campos como a ciencia da arquivación, a ciencia cognitiva, o comercio, as comunicacións, a lei, a bibliotecoloxía, a museoloxía, a administración, as matemáticas, a filosofía, a política pública, as ciencias sociais, así como todos os campos de estudo porque a información existe en todos os campos.
Twentieth Century Studios, tamén coñecida como 20th Century Studios (anteriormente coñecida por 20th Century Fox, 20th Century Fox Pictures ou simplemente FOX), é un dos seis maiores estudios de cinema estadounidenses. Localízase en Century City, na cidade dos Ánxeles, e, desde o 2019, o estudio é unha filial da compañía The Walt Disney Company. A compañía foi fundada o 31 de maio de 1935 como resultado da fusión entre a Fox Film Corporation, fundada por William Fox en 1915, e a Twentieth Century Pictures, fundada en 1933 por Darryl F. Zanuck, Joseph M. Schenck e William Goetz.
Organización Europea para a Investigación Nuclear
A Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) é a institución que xestiona o maior laboratorio de investigación en física de partículas a nivel mundial, entre Francia e Suíza. As siglas proceden do seu primeiro nome oficial provisional Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire que data de 1952 cando se acordou o seu establecemento.
Negocio (do latín nec (non) + otium (ocio)), e é a consecuencia da correcta administración dos recursos cun resultado economicamente positivo para as partes. É importante sinalar que o resultado non soamente se mide mediante o diñeiro resultante senón con base a relacións de poder. Pola extensión, a palabra fíxose sinónima "dunha empresa individual comercial" (século XVIII).
Rockstar Games (anteriormente coñecido como Rockstar Games NYC) é unha empresa promotora e editora de videoxogos adquirida pola editora de videoxogos Take-Two Interactive e creadora do motor de videoxogos RAGE. A compañía é coñecida internacionalmente por títulos como a serie Grand Theft Auto, Max Payne, Midnight Club ou Red Dead. Inclúe estudos adquiridos e renomeados, así como outros creados internamente. Aínda que a maioría dos estudos que Take-Two Interactive adquiriu fusionáronse coa marca Rockstar, os máis recentes mantiveron a súa propia identidade e forman parte da división 2K Games da compañía.
Darth Vader é un personaxe de ficción e o antagonista principal da triloxía orixinal d'A guerra das galaxias (Star Wars). Anteriormente, Vader foi Anakin Skywalker, un lendario Cabaleiro Jedi. A primeira triloxía segue a Anakin no seu xurdimento heroico e a súa tráxica caída ao lado escuro da Forza, converténdoo en Vader.
O proceso (título orixinal en alemán: Der Prozess) é unha novela inacabada de Franz Kafka, publicada postumamente en 1925 por Max Brod, baseándose no manuscrito inconcluso de Kafka. Narra a historia de Josef K., un oficinista bancario cunha puxante carreira nun importante banco da cidade, que é arrestado unha mañá por unha razón que descoñece. A partir deste momento, o protagonista adéntrase nun pesadelo para defenderse de algo que nunca sabe o que é e con argumentos aínda menos concretos, só para descubrir, unha e outra vez, que as instancias máis altas ás que pretende apelar son só as máis humildes e limitadas, creando así un clima de inaccesibilidade á 'xustiza' e á 'lei'.
En matemáticas, chámase porcentaxe á forma de expresar un número como unha fracción que ten o número 100 como denominador. Tamén se lle chama comunmente tanto por cento, onde por cento significa "de cada cen unidades". Úsase para definir relacións entre dúas cantidades, de forma que o tanto por cento dunha cantidade, onde tanto é un número, refírese á parte proporcional a ese número de unidades de cada cen desa cantidade.
Un ciclo de cancións na música clásica é un grupo de cancións pensadas para seren tocadas xuntas. Aínda que cada unha pode ser cantada por separado, o compositor realmente decide ou suxire que se interpreten xuntas como unha soa obra. Ás veces contan unha historia, pero ás veces só pertencen porque son máis ou menos a mesma idea (por exemplo, a tristeza que pode provocar o amor).
A Academia Sueca (Svenska Akademien en sueco) foi fundada o 20 de marzo de 1786 polo rei Gustavo III de Suecia, co obxecto de fomentar o uso do idioma sueco seguindo como modelo a Academia francesa (mesma academia sobre a que se modela a Real Academia Española). Consta de 18 membros, as súas funcións eran inicialmente similares á súa homóloga francesa.
International Business Machines Corporation, máis coñecida como IBM é unha compañía informática estadounidense, con sede en Armonk (Nova York). A compañía fabrica e vende ordenadores, software, e servizos. Está presente en 170 países e conta con 345.000 empregados e activos valorados en máis de cen mil millóns de dólares (2005).