Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939 e finada en Majadahonda o 2 de decembro de 2023, foi unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
As Canarias son un arquipélago do Atlántico, unha das dezasete comunidades autónomas de España e unha das rexións ultraperiféricas da Unión Europea. Está formada por oito illas: El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife, que forman a provincia de Santa Cruz de Tenerife; e Fuerteventura, Gran Canaria, Lanzarote e La Graciosa, que forman a provincia das Palmas. Tamén fan parte das Canarias os illotes deshabitados de Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste, que forman xunto coa illa de La Graciosa o Arquipélago Chinijo, e a Illa de Lobos, todos eles pertencentes á provincia das Palmas.
Colonia Copia Claudia Augusta Lugdunum (a moderna Lión, Francia) foi unha importante cidade romana na Galia, establecida no actual sitio de Lión. A cidade fundouse no 43 a.C. por Lucius Munatius Plancus. Serviu como capital da provincia romana de Gallia Lugdunensis e foi unha cidade importante na metade occidental do Imperio Romano durante séculos.
Por censura enténdese o control da comunicación verbal ou doutras formas de expresión por parte dunha autoridade, xeralmente asociada ao poder político. Na maior parte dos casos enténdese que tal control é aplicado no ámbito da comunicación pública, por exemplo a efectuada por medio da prensa ou dos mass media; mais pódese aínda referirse ao control da expresión individual.
O alemán (Deutsch, en alemán) é unha lingua indoeuropea pertencente ao grupo das linguas xermánicas occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na Unión Europea. É a lingua máis falada e a lingua (co-) oficial de Alemaña, Austria, Suíza, Tirol do Sur (Italia), a comunidade xermánica de Bélxica e Liechtenstein.
David Attenborough, nado o 8 de maio de 1926 en Londres, é un naturalista británico, un pioneiro dos documentais sobre a natureza. está considerado un dos maiores divulgadores científicos El considera o seu documental de 2020, David Attenborough: A Life On Our Planet, o seu testemuño persoal da súa vida e do futuro do planeta.
Os dereitos humanos son aquelas liberdades e dereitos básicos que, de acordo con diversas filosofías ou fundamentacións, toda persoa posúe polo mero feito da súa condición humana a garantía dunha vida digna; independentemente de cal sexa o Dereito positivo vixente e de factores particulares como o seu status, etnia ou nacionalidade. Dende un punto de vista máis relacional, definíronse como as condicións que permiten crear unha relación integrada entre a persoa e a sociedade, que permita aos individuos ser persoas, identificándose consigo mesmos e cos outros . Estes dereitos, habitualmente, defínense como inherentes á persoa, irrevogables e inalienables, o que implica que non poden transmitirse, transferirse ou renunciar a eles: ninguén, por exemplo, pode venderse como escravo.
Kathrin Romany "Kate" Beckinsale, nada o 26 de xullo de 1973 en Finsbury Park, Londres, é unha actriz inglesa. Despois dalgúns papeis menores en series de televisión, debutou no cine no filme Much Ado About Nothing (1993) mentres era estudante Universidade de Oxford. Logo apareceu en Prince of Jutland (1994), Cold Comfort Farm (1995), Emma (1996) e The Golden Bowl (2000), ademais de colaborar en producións de teatro e radio.
Finlandia está dividida en 19 rexións, denominadas en lingua finesa maakunta e en sueco andskap. As rexións están gobernadas por consellos rexionais, que serven como foros de cooperación para os concellos da rexión. As principais funcións das rexións son os plans rexionais e o desenvolvemento de empresas e da educación.
O oído ou ouvido (do verbo latino audire 'oír') é un conxunto de órganos cuxas funcións principais son dotar de equilibrio e audición ao corpo dos humanos ou animais. Dentro do estudo do medicina denomínase tamén órgano vestibulococlear. É un órgano que se atopa moi desenvolvido, principalmente en mamíferos terrestres e acuáticos, tal é o caso dos félidos e os grandes cetáceos onde, grazas á súa evolución fisioanatómica, hiperdesenvolvéronse mecanorreceptocitos especializados en destacar o sentido de equilibrio e audición en perfecta harmonía.
A viaxe do emperador (en francés: La Marche de l'empereur), é un filme documental dirixido por Luc Jacquet. A película mostra as viaxes anuais dos pingüíns emperador da Antártida. No outono, todos os pingüíns en idade reprodutiva (de máis de cinco anos) deixan o océano, o seu hábitat habitual, para iniciaren unha viaxe ao interior da Antártida cara aos seus lugares de anidamento e reprodución ancestrais.
Vista dende a ventá en Le Gras
Vista dende a ventá en Le Gras (en francés: Point de vue du Gras) é a fotografía permanente máis antiga que se conserva. Foi tomada polo inventor francés Nicéphore Niépce en xuño de 1826, dende unha ventá do terceiro piso da súa casa de campo en Le Gras, Saint-Loup-de-Varennes, Francia.
James Cameron's Avatar: The Game
James Cameron's Avatar: The Game é un videoxogo de acción en terceira persoa do 2009, desenvolvido a partir do filme de James Cameron Avatar. O xogo foi creado por Ubisoft Montreal para as plataformas PlayStation 3, Xbox 360, PC, Wii e Nintendo DS o 1 de decembro de 2009, cunha versión para a PSP realizada o 8 de decembro de 2009. Ubisoft anunciou que empregarían a mesma tecnoloxía do filme para poder xogar en 3D. Nunha entrevista en Nintendo Power, fíxose público que a versión para Wii emprega o sistema Jade engine de Ubisoft.
PubMed Central (PMC) é un repositorio dixital de uso libre no que se arquivan artigos eruditos completos de acceso público que foron publicados en revistas científicas das ciencias da vida e biomédicas. É unha das maiores bases de datos de investigación dentro do conxunto de recursos que foron desenvolvidos polo National Center for Biotechnology Information (NCBI) dos Estados Unidos, pero é moito máis que un simple repositorio de documentos. Os documentos incluídos en PMC sofren un procedemento de indexación e formateo que ten como resultado o melloramento de metadatos, ontoloxía médica, e identificadores únicos que enriquecen os datos estruturados XML para cada artigo ou depósito.
Unha capital é unha cidade que desempeña un papel relevante na condución da política dun país. Na maioría dos casos a capital é a cidade onde está a sede do goberno, habendo no entanto excepcións. Algúns dos factores que determinan que unha cidade sexa considerada capital inclúen: A cidade é sede do goberno ou da residencia do xefe de Estado.
O coulomb ou culombio, con símbolo C, é unha unidade derivada do SI para a medida da magnitude física carga eléctrica. Defínese como a cantidade de electricidade transportada nun segundo por unha corrente dun amperio de intensidade: 1 C = 1 A ⋅ s {\displaystyle 1\ \mathrm {C} =1\ \mathrm {A} \cdot \mathrm {s} } É arredor de 6.24×1018 veces a carga dun electrón. Nomeada en honor de Charles-Augustin de Coulomb (1736 - 1806).
Partes por millón (ppm) é unha unidade de medida coa que se avalía a concentración. Refírese á cantidade de unidades da substancia (axente, medicamento etc) que hai por cada millón de unidades do conxunto do que forma parte. Por exemplo, nun millón de grans de arroz, se se pintase un de negro, este gran representaría unha (1) parte por millón.
Orixe pode referirse a: A orixe de coordenadas; en matemáticas, o punto onde se cortan os eixos dun sistema de coordenadas. A orixe do Universo; segundo a cosmoloxía moderna, intre no que apareceu toda a materia e a enerxía que existe no universo como consecuencia dunha grande explosión. A abioxénese, estudo da orixe da vida a partir de materia inorgánica.
Asta Sofie Amalie Nielsen, nada o 11 de setembro de 1881 en Vesterbro (Copenhague) e finada o 24 de maio de 1972 en Frederiksberg, foi unha actriz de cine mudo dinamarquesa principalmente coñecida por protagonizar numerosos filmes na década de 1910 e por ser unha das primeiras estrelas de cinema de fama internacional.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Takasaki (高崎市, たかさきし, Takasaki-shi) é un concello xaponés da prefectura de Gunma. Está situado ó noroeste da rexión de Kantō e ó suroeste da prefectura, na parte leste da illa de Honshu. A súa superficie é de 487,35 km² e a poboación de 368.431 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 756 hab./km².
O coello (ou coello europeo, para distiguilo doutras especies da familia), cientificamente Oryctolagus cuniculus, é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos, a única do xénero Oryctolagus.Orixinario do suroeste de Europa (España, Portugal e o suroeste de Francia) e do noroeste de África (norte de Marrocos e de Alxeria), onde aínda existe (cada vez menos) en estado salvaxe, existen tamén moitas subespecies domesticadas en case todo o planeta. Útil ás persoas pola súa carne, usada como alimento, e pola súa pel, usada para confeccionar vestiario. Crese popularmente que a pata de coello é un amuleto de boa sorte.
Un bosque (da palabra xermánica busch: arbusto e por extensión monte de árbores), ou foresta (do latín foresta) se é de grande extensión, é unha superficie con gran densidade de árbores pero con presenza de estratos arbustivos, herbáceos e musgos máis ou menos importantes. Estas comunidades de plantas cobren grandes áreas do globo terráqueo e funcionan como hábitats dos animais, moduladores de fluxos hidrolóxicos e conservadores do solo, constituíndo un dos aspectos máis importantes da biosfera da Terra. Aínda que a miúdo consideráronse como consumidores de dióxido de carbono, os bosques maduros son practicamente neutros en canto ao carbono, e son soamente os alterados e os novos os que actúan como devanditos consumidores.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
Enténdese por razoamento o acto de sacar conclusións e de aprender de maneira razoable uns feitos, establecendo conexións causais e lóxicas necesarias entre eles. Podemos diferenciar dous tipos de razoamento: • O razoamento argumentativo en tanto actividade mental correspóndese coa actividade lingüística de argumentar. Noutras palabras, un argumento é a expresión lingüística dun razoamento.
Unified Medical Language System
O Sistema de Linguaxe Médica Unificada (en inglés, Unified Medical Language System, UMLS) é un compendio de moitos vocabularios controlados das ciencias biomédicas, creado en 1986.O UMLS consiste en fontes de coñecemento (bases de datos) e un conxunto de ferramentas de software; o sistema está destinado a ser empregado principalmente por desenvolvedores de sistemas de informática biomédica. Tamén achega a base para o Procesamento de linguaxe natural; achega unha estrutura de mapeado entre estes vocabularios e, polo tanto, permite traducir verbas entre os diferentes sistemas de terminoloxía. Tamén se pode considerar un tesaurus e un dicionario de ontoloxía integral de conceptos biomédicos.
Un lago (do latín lacus) é un accidente xeográfico constituído por unha grande extensión de auga (ou nalgún caso doutro líquido), en xeral auga doce, rodeada de terra e sen movemento fluído (isto é, sen corrente). Esa auga pode provir: da choiva; dunha nacente local; ou de cursos de auga, como ríos que desauguen nesa depresión.Normalmente, a auga dos lagos é auga doce, mais existen no mundo algúns importantes lagos salgados, como o Gran Lago Salgado da América do Norte ou o Mar Morto no Oriente Medio (Israel e Palestina). Nalgúns casos, o termo lago úsase para describir unha bacía que, aínda estando baldeira a maior parte do tempo, pode chegar a encherse de auga en condicións estacionais de chuvias fortes.
Os territorios dependentes son territorios que por diversas razóns non gozan dos privilexios de total independencia ou soberanía e, polo tanto, son gobernados por outros estados, chamados tamén metrópoles. Moitos deles poden ser considerados como colonias. Os territorios dependentes contan cun sistema administrativo diferente ao da metrópole ou as unidades que conforman a metrópole (por exemplo, provincias e departamentos).
Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie
Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie (RKD; literalmente, Instituto Neerlandés para a Historia da Arte) é o centro de historia da arte máis grande do mundo e está situado na Haia. O centro está especializado en documentación, arquivos e libros sobre a historia da arte en Occidente a partir da Idade Media até o presente. Todo o seu contido está aberto ó público e a maioría están dixitalizados e dispoñible na súa páxina web.
A expresión médico de cabeceira ou médico de familia fai referencia ao exercicio da medicina na atención primaria. É un profesional sanitario que exerce nun centro de saúde ou nun consultorio; sendo o médico máis próximo a unha determinada poboación e, en moitas ocasións, o único facultativo dispoñíbel para os seus habitantes. Segundo a WONCA, o médico xeral/de familia é o "médico que ofrece ós individuos e familias atención sanitaria persoal, primaria, continua e integral".
O acetileno ou etino (C2H2) é un hidrocarburo moi inflamable, incoloro e tóxico. Mesturado co aire é explosivo, disolto en acetona e gardado en cilindros a presión pódese utilizar para fins comerciais, en especial para soldadura de metais e fabricación de explosivos, disolventes, resinas e fibras sintéticas. Obtense pola acción da auga sobre o carburo de calcio.
Os péptidos son un tipo de moléculas formadas pola unión de varios aminoácidos mediante ligazóns peptídicas. Os péptidos, do mesmo xeito que as proteínas, están presentes na natureza e son responsables dun gran número de funcións, moitas das cales aínda non se coñecen. A unión dun baixo número de aminoácidos dá lugar a un péptido.
O pavo (Meleagris gallopavo) é unha especie de ave galiforme da familia Phasianidae. É orixinario de América do Norte, mais introduciuse como ave doméstica en case todo o mundo. A súa poboación no momento da chegada dos europeos calcúlase en 40 millóns de exemplares, sendo fortemente cazada ou domesticada.
A expresión variedade lingüística é unha forma neutral de referirse ás diferenzas lingüísticas entre os falantes dun mesmo idioma. Co uso do termo variedade preténdese evitar a ambigüidade e falta de univocidade de termos como lingua ou dialecto, xa que non existen criterios unívocos para decidir cando dúas variedades deben ser consideradas como a mesma lingua ou dialecto, ou como linguas ou dialectos diferentes.
Super Nintendo Entertainment System
A Super Nintendo Entertainment System, tamén coñecida como Super NES ou SNES, é unha videoconsola de 16 bits lanzada por Nintendo en norteamérica, Europa e Australia. No Xapón é coñecida como Super Famicom (スーパーファミコン), e en Corea do Sur como Super Comboy (현대슈퍼컴보이), licenciada e distribuída por Hyundai Electronics. A Super Nintendo Entertainment System foi a segunda consola de sobremesa de Nintendo e a sucesora da exitosa Nintendo Entertainment System (NES, tamén coñecida como Famicom no Xapón).
O Territorio das Illas do Mar do Coral (en inglés: Coral Sea Islands Territory) está composto por un grupo de pequenas illas e arrecifes coralinos deshabitados e tropicais do Mar do Coral, ao noroeste de Queensland Australia, (coordenadas 18°N, 152°E). As illas están diseminadas nunha área de ao redor dun millón de km², pero cunha área emerxida de só 8 km² sendo o illote de Willis os máis importantes, no principal dos illotes de Willis existe unha estación meteorolóxica cuxa poboación é temporal. O territorio abarca 780.000 km², que se estenden ao leste e ao sur desde o bordo exterior da Gran Barreira de Coral, e inclúe a illa Heralds Beacon, Arrecife Osprey, o Grupo Willis, e outros quince grupos de arrecifes/illas.
Pokémon (ポケットモンスター, Poketto Monsutā, Pocket Monsters, literalmente "monstros de peto" en galego) é unha franquía multimillonaria, que orixinalmente comezou coma un videoxogo, mais debido á súa popularidade logrou expandirse a outros medios de entretemento coma series de televisión, xogos de cartas, roupa, entre outros, converténdose nunha marca que é recoñecida no mercado mundial. As vendas de videoxogos até o 1 de decembro de 2006, acadaran unha cantidade de 175 millóns de exemplares (incluíndo a venda da versión Pikachu da consola Nintendo 64), atinxindo ocupar o segundo lugar das sagas de videoxogos máis vendidos de Nintendo. A franquía celebrou o seu décimo aniversario o 27 de febreiro de 2006.
Logan é unha cidade do condado de Cache, en Utah, EUA. Segundo o censo do 2000, ten unha poboación de 42.670 habitantes, cun incremento importante sobre a poboación de 1990, cando tiña 32.771 habitantes. Estímase que a poboación no 2005 incrementárase até os 47.357 habitantes. A área metropolitana de Logan ten 109.666 residentes.
O Khanato de Bukhara (en Persa خانات بخارا; en uzbeko: Buxoro Xonlig) foi un estado uzbeko de Asia Central que existiu dende comezos do século XVI ata finais do século XVIII. A cidade de Bukhara converteuse na capital durante o reinado do khan Ubaydallah (1533–1540), e o seu máximo apoxeo foi durante o reinado do khan Abdullah II. Nas fontes da segunda metade do século XVII, emprégase a expresión "92 tribos uzbekas" en relación a parte da poboación do territorio do khanato de Bukhara.
O Nawrūz (en persa: نوروز, pero tamén, debido ás diferenzas de pronuncia entre as variedades lingüísticas, Novruz, Nowruz ou Norouz), é unha festa tradicional persa que celebra o Aninovo. É seguida en Irán, Kurdistán, Acerbaixán, Afganistán, Albania, Bosnia, países de Asia Central como Turkmenistán, Taxiquistán, Uzbekistán, Kirguizistán e Casaquistán, así como nas comunidades iranianas en Iraq, Paquistán, Turquía e noutros moitos países. Ocorre o 21 de marzo, aínda que nalgúns lugares celébrase o 20 ou 22, coincidindo co equinoccio de primavera.
Amazon Prime Video, ou sinxelamente Prime Video, é un servizo estadounidense de streaming e alugamento de vídeo de subscrición baixo demanda ofrecido por Amazon como servizo autónomo ou como parte da subscrición a Prime de Amazon. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión producidas por Amazon Studios e MGM Holdings ou con licenza de Amazon, como Amazon Originals. Este servizo tamén conta con contido doutros provedores, complementos de contido, eventos deportivos en directo e servizos de compra e alugamento de vídeos.
Taraškievica ou ortografía clásica belarusa (taraʂˈkʲɛvʲit͡sa|; belaruso: тарашкевіца, клясычны правапіс) é unha variante ortográfica da lingua belarusa, baseada na norma literaria da lingua belarusa moderna, a primeira normalización que foi realizada por Branisłaŭ Taraškievič en 1918, e tivo un uso oficial en Belarús até a reforma de 1933. Dende 1933, Taraškievica foi empregada de xeito informal en Belarús e polá diáspora. Nun sentido máis estrito, Taraškievica é considerada unha norma lingüística.O nome Taraškievica saliente a semellanza da ortografía co traballo de Branisłaŭ Taraškievič e puido ter aparecido antes da segunda guerra mundial.Arredor do ano 1994, un alias, ortografía clásica, foi introducido por Vincuk Viačorka, o promotor e autor da moderna codificación de Taraškievica.
A bioloxía celular ou citoloxía é a póla da bioloxía que estuda as células no que se refire á súa estrutura, ás súas funcións e á súa importancia na complexidade dos seres vivos. Atendendo á súa organización celular, os seres vivos clasificaranse en acelulares (virus, viroides) e celulares, sendo estes á súa vez clasificados en eucariontes e procariontes. Para alcanzar os seus obxectivos, os biólogos celulares vense obrigados a estudar os compoñentes da célula a nivel molecular; así que coa invención do microscopio óptico foi posible observar estruturas nunca antes vistas polo ser humano, as células.
Costa do Marfil (en francés: Côte d'Ivoire, [kot divwaʁ] (AFI), escoitar), oficialmente República de Costa do Marfil (en francés: République de Côte d'Ivoire), é un país africano. Limita ao norte con Malí e Burkina Faso, ao leste con Ghana, ao sur co océano Atlántico e ao oeste con Liberia e Guinea. A súa capital é Yamousoukro.
Suecia (en sueco: Sverige, [ˈsværjɛ] (AFI), escoitar), oficialmente Reino de Suecia, é un país nórdico situado na península escandinava. Limitado ao norte e oeste con Noruega e ao leste con Finlandia, está conectado con Dinamarca pola ponte-túnel de Oresund, cruzando o estreito de Öreseund. Ademais está bañada polas costas do Mar Báltico, formando o Golfo de Botnia xunto con Finlandia.
O Venres Santo é unha das principais celebracións litúrxicas do cristianismo. Este día conmemórase a morte de Xesús de Nazaret, crucificado no século I. A Semana Santa chega a un dos seus días máis transcendentais, no que son numerosas as manifestacións tradicionais de devoción popular ao longo de todo o mundo.
O envellecemento humano ou senescencia humana é o conxunto de modificacións morfolóxicas e fisiolóxicas que aparecen como consecuencia da acción do tempo sobre os seres humanos (e tamén noutros seres vivos), que supón unha diminución da capacidade de adaptación en cada un dos órganos, aparatos e sistemas, e da capacidade de resposta aos axentes lesivos (noxas) que inciden no individuo. O envellecemento dos organismos e particularmente o da especie humana foi motivo de preocupación desde hai moito tempo por diversas razóns de saúde e demográficas.A esperanza de vida humana aumentou significativamente nos últimos anos. O envellecemento da poboación pode considerarse un éxito das políticas de saúde pública e do desenvolvemento socioeconómico, aínda que tamén é un reto para toda a sociedade, xa que debe adaptarse a esta nova realidade.
O banyumasan, coloquialmente coñecido como Basa Ngapak, é un dialecto da lingua xavanesa falada en tres áreas da illa de Xava, na parte máis occidental da provincia de Xava Central e arredor do monte Slamet e do río Serayu; na área veciña da provincia de Xava Occidental, e na rexión norte de Banten. Esta área inclúe as rexecia de Majenang, Cilacap, Gombong, Kebumen, Banjarnegara, Purbalingga, Purwokerto, Bumiayu, Slawi, Pemalang, Tegal e Brebes.
O Equipo Crónica ou Crónicas de la realidad foi un grupo de pintores españois que estivo activo entre 1963 e 1981, data esta última na que finou Rafael Solbes. Foi fundado por Manolo Valdés, Rafael Solbes e Juan Antonio Toledo, se ben este último desligouse pronto do grupo. O Equipo Crónica afastouse da arte informal para cultivar unha pintura figurativa dentro da tendencia Pop art.
Uberon é unha ontoloxía de anatomía comparada que representa unha gran variedade de estruturas atopadas en animais, como pulmóns, músculos, ósos, plumas e aletas. Estas estruturas están conectadas a outras estruturas vía relacións como meronimia e "desenvolvido dende". Un dos usos desta ontoloxía é o de integrar datos dende bases de datos biolóxicas diferentes, e dende outras ontoloxías específicas de especies como o Foundational Model of Anatomy.
Mubi, anteriormente coñecida como The Auteurs, é unha páxina web filmográfica en liña que integra elementos das redes sociais con video streaming. Foi descrita como unha "cinemateca online". O sitio permite que os seus usuarios vexan filmes, polo xeral tras o pagamento dunha tarifa, e conéctaos con outros usuarios de similares intereses.
En lóxica, unha premisa (do latín praemissa, 'proposición previa'; de prae, diante, e mittere, enviar), é cada unha das proposicións anteriores á conclusión dun argumento. Nun argumento válido, as premisas implican a conclusión, pero isto non é necesario para que unha proposición sexa unha premisa: o único relevante é o seu lugar no argumento, non o seu papel. Ao seren proposicións, as premisas sempre afirman ou negan algo e poden ser verdadeiras ou falsas.
O sueco (svenska escoitar ) é unha lingua xermánica falada no norte de Europa, en concreto en Suecia e na costa de Finlandia (falada por un 5% dos fineses), é moi similar ó danés e o noruegués, máis diferénciase delas na pronunciación e ortografía. É falada por nove millóns de persoas, sobre todo en Suecia e en partes da Finlandia, especialmente na costa e nas illas Åland.
Unha cámara fotográfica é un dispositivo utilizado para tomar fotografías, xa sexa individualmente ou en secuencia. O seu nome deriva do latín camera obscura, que significa "cámara escura" e refírese a un mecanismo antigo para proxectar imaxes no cal unha habitación (ou cámara) funcionaba de maneira similar a como funciona unha cámara fotográfica actualmente.
Enténdese por publicidade a comunicación establecida tras a emisión dunha mensaxe que ofrece unha información interesada e que se divulga co obxectivo de influír no público para producir un beneficio ó emisor ou promotor ou no caso da publicidade institucional ofrecer información de servizo público. Na publicidade tamén se utilizan unha gran variedade de medios: de viva voz, medios de comunicación, o correo, teléfono, folletos, redes informáticas, competicións deportivas, bolígrafos, paraugas, roupa e mesmo avionetas, automóbiles, trens, bicicletas ou navíos. Na publicidade empréganse con frecuencia estratexias de base lingüística: A implicación do receptor na mensaxe, usando imperativos ou con oracións interrogativas.
A revolución industrial foi un período de transición global da economía humana cara a procesos de fabricación máis eficientes e estables que sucedeu á revolución agrícola, e que se iniciou na segunda metade do século XVIII no Reino de Gran Bretaña, que se estendeu unhas décadas despois a gran parte da Europa occidental e a América anglosaxoa, e que concluíu entre 1820 e 1840. Esta transición incluíu o paso de métodos de produción manual a métodos mecanizados; novos procesos de produción de ferro e de fabricación de produtos químicos, e, o uso crecente de enerxía hidráulica e enerxía de vapor; o desenvolvemento de máquinas ferramenta; e o auxe do sistema de fábricas mecanizadas. A produción aumentou enormemente, e o resultado foi un aumento sen precedentes da poboación e da taxa de crecemento demográfico.
Ibídem (abreviado ib.) é unha locución latina que significa literalmente "alí mesmo, no mesmo lugar". Emprégase xeralmente nas notas que se poñen nos escritos para non ter que repetir todas as indicacións da fonte de onde están tomadas varias citas. Estas indicacións escríbense completas só a primeira vez, na primeira nota; as demais veces que se cita esa fonte utilízase o termo ibídem ou, en abreviatura, ib., e indica que o lugar de onde se tomou a segunda cita e as posteriores, pertencen ao mesmo escrito que o da primeira nota.
O Commodore 64, tamén coñecido como C64, C-64, C= 64, e ocasionalmente CBM 64 ou VIC-64, é un ordenador persoal de 8-bits introducido en xaneiro de 1982 por Commodore International. Atópase no Libro Guinness dos Récords como o modelo de computadora máis vendido de tódolos tempos, con estimacións independentes que indican un número de unidades vendidas de entre 10 e 17 millóns de unidades.A súa produción deu comezo no 1982, coas primeiras unidades postas no mercado en agosto dese ano a un prezo de 595 $ (equivalentes a 1481,25 $ no 2016). Precededido polo Commodore VIC-20 e o Commodore PET, o Commodore 64 toma o seu nome dos seus 64 kB de RAM, e ten unhas especificacións técnicas de son e gráficos superiores en comparación con outros sistemas previos como o Apple II e o Atari 800, con sprites de múltiples cores e un procesador de son máis avanzado.
Unha raza de cabalo é unha poboación seleccionada de cabalo doméstico, a miúdo cun pedigree recollido nun rexistro oficial. Porén, o termo é empregado frecuentemente para definir razas naturais de animais, ou cabalos seleccionados naturalmente dun fenotipo común e localizados nunha rexión xeográfica concreta. Dependendo da definición, hoxe en día existen centos de "razas", desenvolvidas para usos moi diferente.
Nymphomaniac (estilizado como NYMPH()MANIAC) é un filme europeo de cine arte escrito e dirixido por Lars von Trier que se estreou en 2013. Está protagonizado por Charlotte Gainsbourg, Stellan Skarsgård, Stacy Martin, Shia LaBeouf, Christian Slater, Jamie Bell, Uma Thurman, Willem Dafoe e Connie Nielsen. Orixinalmente, só sería un único filme, pero por mor da súa longa duración, von Trier tomou a decisión de dividilo en dúas partes separadas.
Peanuts é unha historieta de banda deseñada diaria e dominical estadounidense escrita e ilustrada por Charles M. Schulz que se publicou dende o 2 de outubro de 1950 até o 13 de febreiro de 2000. Peanuts é unha das historietas de banda deseñada máis populares e influentes da historia, con 17 897 tiras publicadas en total, o que o converte na "historia máis longa xamais contada por un único ser humano". No momento da morte de Schulz no ano 2000, Peanuts imprimíase en 2 600 xornais, con arredor de 355 millóns de lectores en 75 países, e foi traducido a 21 linguas.
Os vulgarismos son desvíos da norma dunha lingua que se dan no plano oral. Están producidos por alteracións vocálicas; no galego estas son: a metátese, a metafonía, a harmonización, a labialización, a aférese e, en menor medida (que tamén se dan no plano escrito) a prótese, a paragoxe, a epéntese ("i" epentético) e a síncope.
Rogier van der Weyden (tamén chamado Rogier de la Pasture, tradución francesa exacta do seu nome) nado en Tournai, ca. 1399/1400 e finado en Bruxelas, o 18 de xuño 1464, foi un pintor flamengo que formou parte do movemento dos primitivos flamengos, discípulo de Robert Campin e contemporáneo de Jan van Eyck; el e van Eyck, dende diferentes perspectivas, foron os responsábeis do desenvolvemento da escola flamenga do século XV aínda quen o considera o pintor máis influínte so século XV.Foi pintor oficial da cidade de Bruxelas e da Casa de Este e a súa obra consistiu, por unha banda, principalmente en retratos de personaxes e mandatarios da corte de Borgoña, e por outra, en pintura relixiosa que en moitos casos foron trípticos e polípticos de grandes dimensións.
Box Office Mojo é unha páxina web que achega información sobre filmes. A web comezou a funcionar en agosto de 1998 e conta cunha media de máis dun millón de visitantes ao mes. A información que proporciona actualízase constantemente; entre estes datos atópanse os referentes ás recadacións dos filmes.
Parque Xurásico (en inglés: Jurassic Park) é un filme de 1993, dirixido por Steven Spielberg e con guión baseado no libro homónimo de Michael Crichton. É o primeiro filme da franquía Jurassic Park, e o guión foi escrito entre Crichton e David Koepp. O filme está ambientado na illa ficticia de Nublar, localizada na costa pacífica de América Central, preto de Costa Rica, onde un filántropo billonario e o seu equipo de científicos xenetistas crearon un parque temático de dinosauros clonados.