Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939 e finada en Majadahonda o 2 de decembro de 2023, foi unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Aksaray é unha provincia (en turco il) do centro de Turquía, situada na rexión (bölge) da Anatolia Central (en turco: İç Anadolu Bölgesi) con 7.626 km² de superficie e 376.907 habitantes no ano 2009. A capital da provincia é a cidade de Aksaray. Limita coas provincias de Konya polo sur e o oeste, Niğde polo sueste, Nevşehir polo leste e Kırşehir polo norte.
Lionel Andrés Messi Cuccittini, nado en Rosario (Santa Fe) o 24 de xuño de 1987, é un futbolista arxentino de orixe italiana. Xoga de dianteiro ou mediapunta no Paris Saint-Germain da Ligue 1 de Francia. É internacional coa selección absoluta da Arxentina, equipo do que é capitán, xogador con máis partidos e máximo goleador histórico.
Un milímetro de mercurio (símbolo mmHg) ou torricelli (símbolo Torr, así denominada na honra de Evangelista Torricelli), é unha unidade de presión. O milímetro de mercurio defínese como a presión exercida na base dunha columna dun milímetro de mercurio, que ten unha densidade de 13,5951 g/cm3, baixo a acción da gravidade estándar (9,80665 m/s2), é dicir, 133,322 387 415 Pa, mentres que o torr equivale a 1/760 da presión atmosférica estándar, é dicir, 133,322 368 421... Pa (os decimais son periódicos).
O Gran Teatro La Fenice ou simplemente La Fenice (o fénix) é un dos teatros de ópera máis famosos do mundo. Atópase na cidade de Venecia (Italia) e nel foron estreadas algunhas das óperas italianas máis famosas. O teatro foi destruído várias veces e reedificado, actualmente é a sede dunha importante tempada operística e do festival internacional de música contemporánea.
Despacito é unha canción do cantante e compositor puertorriqueño Luis Fonsi en colaboración con Daddy Yankee, foi publicada o 12 de xaneiro de 2017 na discográfica Universal Music Latino. Foi escrita por Fonsi, Erika Ender, Gabriel García e Daddy Yankee, con produción de Andrés Torres e Mauricio Rengifo (Dandee).
Antonio Lucio Vivaldi, nado en Venecia o 4 de marzo de 1678 e finado en Viena o 28 de xullo de 1741, foi un sacerdote e compositor véneto, coñecido como Il Prete Rosso (O Padre Roibo) por causa da súa cor de cabelo. Entre as súas obras destaca pola súa popularidade a Sinfonía nº 8, o que se coñece como as Catro estacións: Primavera, Verán, Outono e Inverno. Escribiu máis de 500 concertos (210 para violín ou violoncello só), 46 óperas, 73 sonatas.
As especies invasoras son animais, plantas ou outros organismos transportados e introducidos polo ser humano en lugares fóra da súa área de distribución natural e que conseguiron establecerse e dispersarse na nova rexión, onde afecta dalgún xeito aos ecosistemas locais. Que unha especie invasora resulta daniña, significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, pondo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas). Debido aos seus impactos nos ecosistemas onde foron introducidas tales especies son consideradas enxeñeiros de ecosistemas.
O Museo Stedelijk (en galego Museo municipal) de Ámsterdam, Países Baixos. É un museo de arte moderna e está situado na Praza dos Museos ("Museumplein") preto do Rijksmuseum e do Museo van Gogh. A súa colección inclúe unha habitación pintada por Karel Appel e unha gran colección de pinturas de Kasimir Malevich.
Un peiteado refírese a un estilo de levar o cabelo. A súa elaboración pode considerarse un aspecto de hixiene, moda e cosmética, malia que tamén inflúen moito aspectos prácticos, culturais e populares. Os diferentes estilos de peiteados empréganse frecuentemente como sinal de identidade cultural, social ou étnica, e poden reflectir o status social e a individualidade.
Os Xogos Olímpicos de 1972 foron realizados en Múnic entre o 26 de agosto e o 10 de setembro de 1972 e até o comezo de setembro estaban a ser considerados os mellores, máis pacíficos e tecnicamente perfectos de todos os tempos, cando foron transformados no maior pesadelo ocorrido na historia das Olimpíadas. Coa participación récord de 121 estados e 7.134 atletas, foron organizados polos alemáns para celebrar a paz e nos seus primeiros dez días a competición deportiva de alto nivel alí realizada marabillaba ó mundo. Mais na madrugada do día 5 de setembro, cinco palestinos do grupo terrorista Setembro Negro invadiron a Vila Olímpica, mataron a dous membros do equipo de Israel e tomaron a nove reféns.
O Museo de Arte de Filadelfia (en inglés, Philadelphia Museum of Art), situado ao oeste do Benjamin Franklin Parkway no Fairmount Park de Filadelfia, creouse en 1876 ligado á Exposición do Centenario dese mesmo ano e hoxe en día atópase entre os máis grandes e importantes museos de arte dos Estados Unidos. Orixinalmente chamouse Pennsylvania Museum and School of Industrial Art (Museo de Pensilvania e Escola de Artes Industriais). A súa fundación foi inspirada polo Museo de South Kensington (hoxe o Museo Vitoria e Alberto) en Londres, que naceu da Grande Exposición de 1851.
As aventuras de Huckleberry Finn
As aventuras de Huckleberry Finn (en inglés: Adventures of Huckleberry Finn) é un libro de Mark Twain, publicado en 1885 e considerado a primeira gran novela norteamericana. En 2022 foi traducido ao galego por Moisés Barcia e Xaime Riobó Soage e publicada por Sushi Books, selo editorial de Rinoceronte.
Para outras moedas coa denominación de "coroa", véxase a páxina de homónimos Coroa (moeda). A coroa austrohúngara (alemán: Krone; húngaro: korona) foi a moeda oficial do Imperio Austrohúngaro desde 1892 (cando substituíu o florín ao se adoptar o padrón ouro) ata a disolución do imperio en 1918. A moeda divisionaria era o heller na parte austríaca e fillér na parte húngara do imperio (ademais de halier en Eslovaquia e haléř en Chequia), todas elas equivalentes á centésima parte da coroa.
O dólar internacional é unha unidade monetaria hipotética que ten o mesmo poder adquisitivo que o dólar estadounidense ten nos Estados Unidos nun momento dado . Esta unidade mostra canto vale unha unidade dunha moeda local dentro das fronteiras do país. As conversións a dólares internacionais calcúlanse utilizando a "paridade de poder adquisitivo" (PPA).
O Cantar de mio Cid é un cantar de xesta anónimo que relata fazañas heroicas inspiradas nos últimos anos da vida do cabaleiro castelán Rodrigo Díaz de Vivar (1043-1099). É a primeira obra narrativa extensa da literatura española nunha lingua romance e presenta un alto valor literario. Está escrito en castelán medieval e composto ao redor do ano 1200 (datas post quem e ante quem: 1195–1207).
Cravos vermellos (titulado orixinalmente en inglés Red Nails) é un relato escrito polo autor estadounidense Robert E. Howard para o seu personaxe de espada e bruxaría Conan o bárbaro. Foi o primeiro relato de Conan en ser publicado postumamente (a revista pulp Weird Tales publicouno en outubro de 1936 despois de que Howard se suicidara en xuño) e tamén foi o primeiro, e o único, no que aparece a personaxe feminina de Valeria, que máis tarde, en 1982, sería utilizada no filme Conan o bárbaro, con Arnold Schwarzenegger no papel de Conan e Sandahl Bergman no papel de Valeria, aínda que a historia narrada no filme non coincidise coa historia narrada en Cravos vermellos. Foi traducido ó galego por Tomás González Ahola e foi publicado dentro da colección "Conan IV" de Urco Editora no ano 2016.
Museo Americano de Historia Natural
O Museo Americano de Historia Natural, en inglés: American Museum of Natural History (AMNH), situado no Upper West Side de Manhattan no 200 Central Park West de Nova York, Estados Unidos, é un dos maiores e máis famosos museos de historia natural do mundo. Situado nuns terreos axardinados fronte ao Central Park, componse de 27 edificios interconectados que albergan 46 salas de exposición permanentes, laboratorios de investigación e a súa famosa biblioteca. As súas coleccións están formadas por máis de 34 millóns de espécimes, dos cales só unha pequena parte pode ser exposta á vez.Conta con 225 investigadores a tempo completo, patrocina máis de 120 expedicións científicas cada ano, e recibe unha media anual de cinco millóns de visitantes.O AMNH é unha organización privada.A súa declaración de obxectivos é: Descubrir, interpretar e difundir, a través da investigación científica e a educación, o coñecemento sobre as culturas humanas, o mundo natural e o universo.
Faceted Application of Subject Terminology
FAST (Faceted Application of Subject Terminology) é unha sintaxe simplificada para o tesauro Library of Congress Subject Headings (LCSH). Foi desenvolvido por Online Computer Library Center, Inc. (OCLC) como parte do WorldCat, co obxectivo de facer catalogación menos custosa e máis doada de aplicar en contextos conectados.
Canon en re maior de Pachelbel
O Canon e Giga en re maior para tres violíns e baixo continuo (en alemán: Kanon und Gigue in D-Dur für drei Violinen und Basso Continuo), tamén coñecido sinxelamente como o Canon, é a obra máis coñecida do compositor alemán de música barroca Johann Pachelbel. Pachelbel compuxo esta obra arredor do ano 1680, sendo orixinalmente unha obra de música de cámara para tres violíns e baixo continuo; posteriormente realizáronse arranxos para unha gran variedade de instrumentos e conxuntos. Orixinalmente, unha giga na mesma tonalidade (re maior) segue ó canon, pero esta última danza execútase ou grava con moita menos frecuencia.
Referendo estatutario de Cataluña de 2006
O referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Cataluña celebrouse o 18 de xuño de 2006 nesa comunidade autónoma con carácter vinculante. O seu obxectivo era decidir a entrada ou non en vigor do novo Estatut aprobado polas Cortes Xerais de España, en sesión do Senado, o 10 de maio de 2006. O referendo de ratificación foi convocado polo presidente da Generalitat de Cataluña, Pasqual Maragall, o 18 de maio de 2006.
O prólogo (etim. do grego "prol": antes e "logos": discurso), é o escrito breve, situado ao principio dunha obra extensa, entre os documentos chamados preliminares, e serve a un escritor para xustificar o habela composto e ao lector para orientarse na lectura. Posúe, ademais, outros labores: Facer crítica literaria sobre o autor.
Aeroporto Internacional de Auckland
O Aeroporto Internacional de Auckland é o aeroporto internacional máis grande e importante de Nova Zelandia, servindo a máis de 12 millóns de pasaxeiros por ano, e espérase que esta cantidade se duplique nos próximos 15 anos. Atópase en Mangere, un suburbio ao oeste de Manukau City, e está a 21 km cara ao sur do centro de Auckland. É a base de operacións principal da compañía neozelandesa Air New Zealand.
"Beat It" é un sinxelo escrito e interpretado polo artista estadounidense Michael Jackson e producido por Quincy Jones (con coprodución de Jackson). É o terceiro sinxelo do seu sexto álbum en solitario, Thriller (1982). Eddie Van Halen executa o solo de guitarra, mais o seu selo discográfico impediulle aparecer no vídeo musical.
A metamorfose (Die Verwandlung, no seu título orixinal en alemán) é un relato de Franz Kafka, publicado en 1915 e que narra a historia de Gregor Samsa, un tratante de teas que vive coa súa familia á que el mantén co seu soldo, que un bo día amence convertido nunha criatura non identificada claramente en ningún momento, pero que tende a ser recoñecida como unha especie de cascuda xigante. Breve e intensa, é cualificada ás veces como "relato existencialista". A primeira tradución ao galego, de Xosé María García Álvarez, foi publicada en 1991 por Sotelo Blanco xunto con A sentencia.
Tyra Lynne Banks, nada en Inglewood (California) o 4 de decembro de 1973, tamén coñecida como BanX, é unha personalidade televisiva, produtora, empresaria, actriz, escritora, modelo e cantante ocasional estadounidense. Comezou a súa carreira aos quince anos e foi a primeira muller de orixe afroamericana que apareceu nas portadas de GQ e do número de bañadores de Sports Illustrated, en que apareceu dúas veces. Foi un anxo de Victoria's Secret entre 1997 e 2005.
A dimetilhidracina asimétrica, tamén coñecida como UDMH e 1,1-dimetilhidracina, é un composto químico líquido incoloro a temperatura e presión ambiente, irritante, corrosivo, inflamable e con olor a amoníaco. Ten como fórmula H2NN(CH3)2 e úsase como propelente para foguetes espaciais. As mostras de UDMH vólvense amarelas ao ser expostas ao aire, absorbendo osíxeno e dióxido de carbono.
Edimburgo (en inglés: Edinburgh; en gaélico escocés: Dùn Éideann) é a capital e segunda maior cidade de Escocia. A cidade atópase na costa leste de Escocia á beira do estuario do Forth e na autoridade local da Cidade de Edimburgo. Edimburgo é capital de Escocia dende 1437 e é a sede do goberno escocés.
O Aaleniano é unha subdivisión do Xurásico medio que na escala temporal xeolóxica esténdese desde os 176.5 ata os 171.6 millóns de anos. Vai precedido do Toarciano e seguido do Baxociano. O nome procede da cidade alemá de Aalen dado polo xeólogo suízo Karl Mayer-Eymar en 1864, caracterízase polo predominio de margas ou calcarias fosilizadas e frecuentemente ferríferas.
O artista é a persoa que realiza ou produce obras de arte. O que se entende por artista depende polo tanto do significado da palabra arte, e, dado o cambiante significado deste concepto, o termo artista só pode definirse ou estudarse dende un punto de vista histórico, en función, por exemplo, dos cánones estéticos de cada época. Con todo, existen certas constantes que se repiten ao longo da historia e que serven para definir a noción asemade de arte e de artista.
O branco e negro é un termo amplamente usado para referirse a un abano de acabamentos e procesos das artes visuais de carácter monocromo, e onde só existen brancos, negros e distintas tonalidades de grises. Existe a fotografía en branco e negro e a banda deseñada en branco e negro. Tamén tiveron a súa época, se ben agora só se usan xa con carácter experimental, o cine en branco e negro e a televisión en branco e negro.
A tradución (do latín traducere: facer pasar dun lugar a outro) é unha actividade que comprende a interpretación do significado dun texto nun idioma, o texto orixe, a un texto equivalente noutro idioma, o texto meta. Tamén o produto desta actividade, o texto meta, denomínase tradución. Tradicionalmente, a tradución foi unha actividade desenvolvida por humanos.
A Medalla de Honra (en inglés: Medal of Honor) é a máxima condecoración entregada nas Forzas Armadas dos Estados Unidos. É coloquialmente coñecida, aínda que de xeito errado, como a Medalla de Honra do Congreso (Congressional Medal of Honor) xa que é entregada polo Presidente quen a presenta "en nome do Congreso dos Estados Unidos"." O criterio para a súa entrega é "valentía e intrepidez con risco da propia vida, alén da chamada do deber, estando en combate contra un inimigo dos Estados Unidos". Todos os membros das Forzas Armadas poden ser condecorados coa Medalla, e cada unha das súas pólas conta cun deseño propio, agás o Corpo de Marines e os Gardacostas, que reciben a mesma versión que a Armada.
A Wikipedia en italiano (en italiano: Wikipedia in italiano) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua italiana. Esta versión foi creada o 11 de maio de 2001 e a primeira edición foi realizada o 11 de xuño de 2001. É a novena meirande Wikipedia en número de artigos (despois da inglesa, da cebuana, da sueca, da alemá, da francesa, da neerlandesa, da rusa e da castelá).Esta versión da enciclopedia contén 1.837.837 artigos e 2.456.591 usuarios, dos cales 7.447 son activos.
A Sociedade de Nacións foi concibida ideoloxicamente no decurso da primeira guerra mundial, cando líderes coma Woodrow Wilson comezaron a defende-la necesidade dunha organización supraestatal responsábel de resolución de potenciais conflitos entre as distintas nacións. Durante as negociacións de paz de outubro de 1918, Woodrow Wilson propuxo os seus catorce puntos entre os que figuraba a creación dunha Liga das Nacións. A liga foi fundada axiña, na conferencia de Paz de París que tivo lugar en 1919, establecéndose a sede xeral en Xenebra (Suíza).
Charles Babbage, nado en Teignmouth, Devon, Gran Bretaña, o 26 de decembro de 1791 e finado o 18 de outubro de 1871, foi un matemático inglés e científico protoinformático. Foi a primeira persoa en concibir a idea do que hoxe chamariamos un ordenador. No Museo de Ciencias de Londres exhíbense partes dos seus mecanismos inconclusos.
Interscope Records é unha casa discográfica estadounidense que naceu en 1990, fundada por Jimmy Iovine e Ted Field co apoio económico de Atlantic Records (que se fixo co 50% do selo). En 1992 Jimmy Iovine axudou a Death Row Records financiando e alcanzando un acordo de distribución con eles por medio de Interscope.
A Universidade de Glasgow (en inglés: University of Glasgow, en gaélico escocés: Oilthigh Ghlaschu, en latín: Universitas Glasguensis) é a maior universidade das tres que teñen sede na cidade de Glasgow, en Escocia. É unha universidade de renome pola calidade dos seus estudos e pola investigación. É unha das universidades máis antigas de Escocia, fundada en 1451.
A prevalencia (P) é un termo empregado en epidemioloxía para definir a proporción de individuos dunha poboación que presentan un determinado evento con respecto do total de individuos de dita poboación. Adóitase expresar, polo xeral, en porcentaxe, fracción ou número de casos por cada mil, dez mil ou cen mil habitantes. En medicina emprégase para expresar o número de pacientes que presenta unha doenza con respecto do total da poboación ou dun subgrupo poboacional.
Arctic Monkeys é unha banda británica de indie rock e post-punk formada en 2002 nos suburbios de Sheffield, Inglaterra. A banda é xeralmente considerada parte da escena indie rock así como as bandas contemporáneas The Libertines, The Futureheads e Franz Ferdinand. Chegaron ao éxito a través do intercambio de arquivos.
O Mikoyan-Gurevich MiG-21 (designación OTAN: Fishbed) é un avión de combate, tipo caza multipropósito supersónico, construído na Unión Soviética. Fixéronse 25 modificacións principais en serie e 30 experimentais. Producíronse máis de 11.000 aparatos na Union Soviética, Checoslovaquia, a India e a China, que foron exportados a 40 países.
Déixame saír (en inglés: Get Out) é un filme estadounidense de terror escrito, coproducido e dirixido por Jordan Peele, no seu debut como director. Está protagonizado por Daniel Kaluuya, Allison Williams, Lil Rel Howery, Bradley Whitford, Caleb Landry Jones, Stephen Root e Catherine Keener, e conta a historia dunha parella interracial que visita a misteriosa casa dos pais dela. Déixame saír estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 24 de xaneiro de 2017, e nos cines dos Estados Unidos de América o 24 de febreiro, con Universal Pictures.
Güeldres (en baixo saxón Gelderlaand e en neerlandés Gelderland, antigamente Gelre) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é Arnhem.
O dragón de Komodo (Varanus komodoensis) é unha especie de lagarto que vive nas illas de Komodo, Rinca, Flores, Gili Motang e Gili Dasami, en Indonesia central. É un membro da familia dos varanos (Varanidae), e é a especie máis grande vivente de lagartos; que acada unha medida de dous a tres metros e pesa aproximadamente setenta quilogramos. A súa medida infrecuente atribúese ó xigantismo insular, xa que non hai outros animais carnívoros que poidan cubrir o nicho das illas onde viven, e tamén ó ritmo metabólico baixo do dragón de Komodo.
Un proxecto é unha tarefa planificada que consiste nun conxunto de actividades que se atopan interrelacionadas e coordinadas; a razón dun proxecto é acadar obxectivos específicos dentro dos límites que impoñen un orzamento e un lapso de tempo previamente definidos. A xestión de proxectos é a aplicación de coñecementos, habilidades, ferramentas e técnicas ás actividades dun proxecto para satisfacer os requisitos do proxecto.
La traviata é unha ópera en tres actos de Giuseppe Verdi con libreto de Francesco Maria Piave. Está baseada na novela de Alexandre Dumas A dama das camelias (1852), aínda que non directamente senón a través dunha adaptación teatral. Foi estreada o 6 de marzo de 1853 no Gran Teatro La Fenice de Venecia.
Plan 9 é un sistema operativo multiusuario de código aberto desenvolvido por Bell Labs (a filial de I+D de Lucent Technologies). O equipo de desenvolvemento de Plan 9 conta con algúns dos creadores orixinais de Unix, como Rob Pike e Dennis Richie. O seu nome ven do filme Plan 9 from Outer Space de Ed Wood.
Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.
O albanés (shqip) é unha lingua que falan entre 6 e 8 millóns de persoas en Albania, Kosovo, Montenegro, Macedonia do Norte, Serbia, Grecia, Italia, Turquía e grupos de emigrantes en Escandinavia, Alemaña, Reino Unido, Estados Unidos, Ucraína, Exipto. O lingüista Franz Bopp probou en 1854 que o albanés era unha lingua indoeuropea. Non hai consenso sobre a súa orixe, para uns deriva do ilirio e para outros do tracio ou do dacio.
Oxford University Press (OUP; en galego: "Imprenta da Universidade de Oxford") é unha coñecida empresa editoral universitaria do Reino Unido. É a editora universitaria máis importante do mundo; figura entre os vinte e cinco primeiros grupos editoriais internacionais e é a segunda editora independente máis antiga en activo, despois de Cambridge University Press. Trátase dun departamento da Universidade de Oxford, dirixido por un grupo de quince investigadores graduados de Oxford nomeados polo reitor da universidade, que constitúen o consello de administración, coordinados por un director executivo, que é o máximo representante da entidade.As súas publicacións están dispoñibles baixo dúas denominacións: "Oxford University Press", para a maior parte do catálogo, e "Clarendon", para determinadas obras de prestixio.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
Le Sacre du printemps (en francés) ou Весна священная (en ruso, transliterado Vesna sviashchennaia) é un ballet e concerto orquestral do compositor ruso Igor Stravinskii. Foi escrito para a tempada dos Ballets Russes de Sergei Diagilev de 1913; a coreografía orixinal foi obra de Vatslav Nizhinskii, con deseños de escena de Nikolai Rerikh. Cando foi estreada, no Théâtre des Champs-Élysées o 29 de maio de 1913, a natureza vangardista da música e a coreografía causaron sensación e case orixinaron disturbios na audiencia.
O British Council (en galego Consello Británico) é unha institución pública do Reino Unido, un instituto cultural cuxa misión é difundir o coñecemento da lingua inglesa e a Cultura do Reino Unido mediante a formación e outras actividades educativas. Ademais diso, esta institución pública cumpre unha función relevante para mellorar as relacións exteriores do Reino Unido. As súas sedes principais están localizadas en Manchester e Londres.
Un astronauta ( pronunciación ) é unha persoa instruída e adestrada para comandar, pilotar ou tripular unha astronave. Existen outras denominacións derivadas das diversas linguas: ós soviéticos ou rusos chámaselles cosmonautas e ós chineses, taiconautas: O termo cosmonauta vén do ruso kosmonavt (космонавт), derivado á súa vez do grego kosmos (κοσμος, universo) e nautes (ναύτης, navegante); taiconauta é un neoloxismo formado a partir do chinés 太空 (tàikōng, espazo) e o grego ναύτης (nautes, navegante), ambos de xeito semellante a astronauta (do latín e o grego). Como curiosidade, a verba oficial chinesa para nomear un astronauta é 宇航員 (yǔhángyuán) pero o termo taikonaut emprégase nos medios de comunicación para nomear ós astronautas chineses.
Un manuscrito (do latín «manu scriptum», que significa escrito á man) trátase dun documento que contén información escrita á man sobre un soporte flexíbel e manexábel (por exemplo: o papiro, o pergamiño ou o papel), con materias como a tinta dunha pluma, dun bolígrafo ou simplemente o grafito dun lapis. O manuscrito non ten que ser necesariamente antigo; unha carta é un exemplo de manuscrito moderno. Xeralmente, con ese nome faise referencia a escritos realizados pola man de escritores importantes en calquera campo do saber.
Asia Occidental ou do Oeste, tamén llamada Asia do Suroeste (o Suroccidental), é unha subrexión definida pola ONU que abrangue a zona occidental de Asia, incluíndo os países do Cáucaso. É practicamente equivalente ás expresións Oriente Medio ou Oriente Próximo, que describen a posición xeográfica en relación coa distancia dende Europa máis que a unha localización dentro de Asia. Debido a que isto é percibido como eurocentrismo, as organizacións internacionais como as Nacións Unidas, substituíron os termos Oriente Medio ou Oriente Próximo por Asia Occidental.
"Xan o das fabas máxicas" ou Os feixóns máxicos (na súa versión orixinal inglesa: "Jack and the Beanstalk") é un conto de fadas inglés probabelmente de tradición oral. A primeira edición impresa coñecida é a versión con ensinanza de Benjamin Tabart en 1807(The History of Jack and the Bean-Stalk - A historia de Xacobe e o pé de feixón) "Felix Summerly" (Henry Cole) popularizouno na súa obra The Home Treasury (1842), e Joseph Jacobs reescribiuno en English Fairy Tales (1890). A versión de Jacobs é a máis común hoxe en día, e seica é máis achegada ás versións orais do conto ca a de Tabart, que non ten ensinanza.
O minuto (min) é unha unidade de tempo que equivale á sesaxésima parte dunha hora. Tamén equivale a 60 segundos, que é a unidade de tempo do Sistema Internacional de Unidades. Isto é: 1/60 h = 1 min = 60 sO vocábulo minuto provén do latín pars minuta prima, que significa ‘parte diminuta primeira’, coa mesma etimoloxía que «menor».
Taipei (Caracteres simplificados: 台北市; Caracteres tradicionais: 臺北市; Transcrición pinyin: Táibĕi Shì; Romanización do nome taiwanés: Tâi-pak Chhī; é a cidade capital de Taiwán (República da China, non recoñecida pola ONU), e o seu centro comercial, industrial e cultural máis importante. (2 685 357 habitantes en 2001). Situada no extremo norte da illa de Taiwán (antiga Formosa), á beira do río Tanshui preto da súa desembocadura no mar da China Oriental, foi fundada por inmigrantes chineses en 1708.
MP3 é un dos formatos de compresión de son dixital con perda de calidade máis estendidos e comercializados actualmente. Permite obter unha alta calidade á vez que aforra moito espazo. Os ficheiros mp3, dependendo da relación (proporción) de compresión, ocupan arredor dunha décima parte do que ocupa o mesmo ficheiro pero en formato .wav ou .aiff.