Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Sonic the Hedgehog ou "Sonic o ourizo" é unha serie de videoxogos de SEGA ademais de ser o nome do personaxe principal da saga, sendo a mascota da compañía. Tamén está presente en cómics, debuxos animados e libros. O primeiro videoxogo desta saga foi creado en 1991 na consola Sega Mega Drive (ou Genesis, como é coñecida nos EUA).
BARTOC, siglas para Basel Register of Thesauri, Ontologies & Classifications (en galego: Rexistro de Tesauros, Ontoloxías e Clasificacións de Basel) é unha base de datos de Sistemas de Organización do Coñecemento creada na Universidade de Basel, Suíza. O seu obxectivo principal é documentar nun único punto de acceso os sistemas de organización do coñecemento (KOS) como son as clasificacións, os tesauros e os rexistros de autoridades de xeito que teñan maior visibilidade, se destaquen as súas características e poidan buscarse e compararse, fomentando que se comparta o coñecemento. A diferenza doutros rexistros de terminoloxías, BARTOC inclúe calquera tipo de KOS de calquera área do coñecemento, en calquera lingua, sexa cal sexa o seu formato ou forma de acceso.
Europeana é un repositorio cultural a nivel europeo.Iniciativa da Unión Europea, é financiada pola European Union’s Connecting Europe Facility e os Estados membros da Unión Europea. Os servizos prestados son operados por un consorcio liderado pola Fundación Europeana baixo un contrato de servizo coa Comisión Europea.A 27 de marzo de 2019 daba acceso a 58 207 042 arquivos dixitalizados —libros, música, material gráfico etc.— de coleccións culturais europeas, dispoñendo de ferramentas de procura propias. As diversas coleccións que compoñen o conxunto tamén teñen de xeito interno galerías multimedia, blogs e exposicións ad hoc.
Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, Novo México. Ten a súa sede actual en Redmond, Washington. É a maior compañía de software do mundo (conta con máis de 50.000 empregados en total en varíos países) e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como MS-Word, MS-Excel, MS-Access ou MS-FrontPage.
CSI: Crime Scene Investigation
CSI (Crime Scene Investigation, "Investigación da Escena dun Crime"), serie de televisión estadounidense de ficción televisiva e policial, céntrase en torno a un grupo de científicos forenses que traballa na cidade norteamericana de Las Vegas, Nevada investigando crimes. Foi creada por Anthony E. Zuiker e comezou a emitirse no ano 2000. A orixinal fórmula da serie, a súa calidade e o seu éxito e aceptación suscitaron dúas secuelas, CSI Miami e CSI New York, en torno ós equipos de científicos forenses desas respectivas cidades.
Un concurso de televisión (en inglés: Game show) é un xénero de programa de televisión onde persoas comúns ou celebridades, en equipos ou non, participan nunha proba que pode incluír probas de intelixencias ou probas físicas co obxectivo de gañar puntos ou premios. En caso de competicións premiadas, entre os premios comúns adoitan estar contías de diñeiro, casas, coches, viaxes ou vales de compras, xeralmente por empresas patrocinadoras. Moitos dos concursos de televisión son adaptacións de programas transmitidos pola radio.Non se consideran concursos os programas que teñen como obxectivo revelar cantantes, pois traen na súa esencia unha disputa de talentos avaliados polo público ou por xurados, e non un xogo con regras exactas como propón o concurso.
Pokémon Omega Ruby e Alpha Sapphire
Pokémon Omega Ruby (en xaponés: ポケットモンスター オメガルビー; Poketto Monsutā Omega Rubī) e Pokémon Alpha Sapphire (en xaponés: ポケットモンスター アルファサファイア; Poketto Monsutā Arufa Safaia) son dous videoxogos de rol de 2014, senllos remakes dos videoxogos de 2002 Pokémon Ruby e Sapphire, que tamén incúen caractertísticas de Pokémon Emerald. Os xogos forman parte da sexta xeración da serie de videoxogos de Pokémon e foron desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Foron anunciados en maio de 2014, e foron lanzados no Xapón, América do Norte e Australia o 21 de novembro de 2014, exactamente doce anos despois do lanzamento dos videoxogos orixinais Ruby e Sapphire, mentres que en Europa a data de lanzamento foi a semana seguinte.Omega Ruby e Alpha Sapphire recibiron polo xeral valoracións positivas por parte da crítica. Ata o 30 de setembro de 2020, os xogos venderon 14,34 millóns de copias en todo o mundo.
Ezra Weston Loomis Pound, nado o 30 de outubro de 1885 e finado o 1 de novembro de 1972, foi un poeta, músico e crítico estadounidense expatriado, membro da chamada xeración perdida (Lost generation), que foi unha das figuras senlleiras do movemento poético moderno de comenzos e mediados do século XX. Foi fundador ou cofundador de movementos como o imaxinismo e o vorticismo. Seguidor de Benito Mussolini, eran coñecidas as súas simpatías fascistas.
Os melanosomas son orgánulos celulares que conteñen o pigmento melanina, o pigmento que absorbe luz máis común no reino animal. A melanina sintetízase nunhas células chamadas melanocitos e nas células do epitelio pigmentario da retina. Se a célula simplemente fagocita e incorpora a melanina (pero non a sintetiza) non é propiamente un melanocito e recibe o nome de melanófago.
Pokémon Ultra Sun e Ultra Moon
Pokémon Ultra Sun (en xaponés: ポケットモンスター ウルトラサン; Poketto Monsutā Urutora San) e Pokémon Ultra Moon (en xaponés: ポケットモンスター ウルトラムーン; Poketto Monsutā Urutora Mūn) son dous videoxogos de rol de 2017 desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Forman parte da sétima xeración da serie de videoxogos de Pokémon, sendo versión melloradas de Pokémon Sun e Pokémon Moon, os cales foron lanzados o ano anterior. Son os derradeiros xogos da serie central de Pokémon para a consola Nintendo 3DS. Foron anunciados en xuño de 2017 e distribuíronse internacionalmente o 17 de novembro de 2017. Ó igual que os títulos anteriores, a historia dos xogos xira arredor dun adestrador Pokémon, neste caso na rexión de Alola (baseada en Hawai).
O Lang Park, chamado Suncorp Stadium por razóns de patrocinio, é un moderno estadio situado no suburbio de Milton, na cidade de Brisbane, en Queensland, Australia. Construído nun parque urbano que até 1875 fora o cemiterio da cidade, o estadio foi inaugurado en 1914, e en 1957 converteuse na sede principal do rugby league do estado de Queensland. Nos últimos anos acolle os encontros de rugby union dos Queensland Reds, os encontros de rugby league dos Brisbane Broncos e os encontros de fútbol dos Brisbane Roar.
O dólar (en chinés: 港元, e inglés: dollar) é a unidade monetaria da Rexión Administrativa especial chinesa de Hong Kong. Divídese en 100 centavos e o seu código ISO 4217 é HKD. Normalmente abréviase co símbolo do dólar ($), pero para diferenciala doutras moedas coa mesma denominación utilízase HKD. O dólar de Hong Kong é unha das moedas máis intercambiadas do mundo.
Os videoxogos de plataformas son un xénero de videoxogos que se caracterizan por ter que camiñar, correr, saltar ou escalar sobre unha serie de plataformas e cantís, con inimigos, mentres se recollen obxectos para poder completar o xogo. Este tipo de videoxogos adoitan usar vistas de desprazamento horizontal cara á esquerda ou cara á dereita. É un xénero moi popular de videoxogos, xurdido a comezo da década de 1980 e que segue mantendo bastante popularidade na actualidade.
Os estudios de gravación Abbey Road Studios (chamados EMI Studios ata 1970) están situados na rúa londiniense de Abbey Road. O grupo The Beatles gravou case a totalidade da súa discografía neles e para a portada do álbum Abbey Road decidiron tomar unha fotografía da agrupación mentres cruzaba o paso de peóns situado diante dos estudios. Esta imaxe foi e segue a ser unha das imaxes máis emblemáticas de portadas de álbums.
Henry Louis "Lou" Gehrig, nado en Nova York o 19 de xuño de 1903 e finado na mesma cidade o 2 de xuño de 1941, foi un xogador de béisbol estadounidense. É coñecido principalmente pola marca de 2130 xogos consecutivos xogados, que se mantivo por 56 anos, e o seu tráxico final debido á esclerose lateral amiotrófica, coñecida en Norteamérica como "enfermidade de Lou Gehrig". Con todo, á parte destes datos a figura de Gehrig carrexa unha impecable carreira como bateador de poder, ser considerado o mellor primeira base da historia, ser o xogador máis votado na elección do mellor xogador do século XX, o sexto mellor segundo a revista Sporting News e pola súa personalidade simple de home de familia que se gañou a estima dos fans dos New York Yankees.
A palabra concepto provén da voz latina conceptum que significa concibido. A formación do concepto está estreitamente ligada ó contexto. Isto significa que todos os elementos, incluíndo linguaxe e cultura, e a información percibida polos sentidos que sexa accessible ó momento en que unha persoa constrúe o concepto de algo ou alguén, inflúen na conceptualización.
OpenGL é unha especificación estándar que define unha API multilinguaxe e multiplataforma para escribir aplicacións que produzan gráficos 2D e 3D. Foi desenvolvida por Silicon Graphics Inc. (SGI) en 1992. O seu nome vén do inglés Open Graphics Library, cuxa tradución é biblioteca de gráficos aberta (ou mellor, libre, tendo en conta a súa política de licenzas ).
En informática, o SSH ou Secure Shell (en galego: intérprete de ordes seguro) é, simultaneamente, un protocolo de rede e mais un programa de computador, que permite a conexión con outro computador na rede, de forma que execute comandos nunha unidade remota. Posúe as mesmas funcionalidades do Telnet, coa vantaxe da conexión entre o cliente e o servidor ser criptografada. Unha das súas máis utilizadas aplicacións é o chamado Tunnelling, que ofrece a capacidade de redireccionar paquetes de datos.
A Sega Mega Drive, coñecida en diversos territorios de América como Sega Genesis, é unha videoconsola de 16 bits producida por Sega. Forma parte da cuarta xeración de videoconsolas e competiu no mercado contra a SNES de Nintendo. Foi comercializada en 1988 no Xapón como Mega Drive e en 1989 en Norteamérica como Genesis.
Overwatch é un videoxogo de tipo shooter en primeira persoa (ou FPS) desenvolto por Blizzard Entertainment lanzado ao público en maio do 2016 para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One. No 2017 foi premiado como Xogo do Ano en The Game Awards 2016. Overwatch pon aos xogadores en equipos de seis persoas, con cada persoa escollendo un dos varios heroes dispoñibles, cada un cos seus movementos e habilidades únicas.
Un sitio web é unha colección de páxinas web, imaxes, vídeos ou outros elementos dixitais albergados nun ou máis servidores ligados entre si e, normalmente accesible vía Internet, teléfonos móbiles ou LAN. Ao conxunto de todos eses sitios web accesibles coñécese como World Wide Web (www). No ano 2006 a Web pasou dos 100 000 000 de sitios web. Ás páxinas dun sitio web accédese dende unha URL raíz común, a páxina principal.
Variety é unha revista estadounidense de entretemento e tendencias propiedade de Penske Media Corporation. Foi fundada por Sime Silverman en Nova York en 1905 como un semanario; en 1933 engadiu Daily Variety, baseado nos Ánxeles, para cubrir a industria do cine; e en 1998 lanzou Daily Variety Gotham, baseado en Nova York. Variety.com é unha páxina de novas de pago, con críticas, arquivos, resultados de recadación, base de datos de acreditacións, e calendario de producións e estreas.
Final Fantasy VII (abreviado FF7 ou FFVII) é un dos máis importantes videoxogos de rol clásicos aparecidos para consola. Desenvolvido polo equipo de Hironobu Sakaguchi de Squaresoft (agora a Square Enix) maioritariamente entre 1996 e 1997, e publicado en 1997. Pese a que os europeos xa tiveran acceso aos videoxogos de rol xaponeses cos aparecidos en 16-bit, Final Fantasy VII foi o que deu a coñecer o xénero a un público máis amplo neste continente.
Reservoir Dogs é un filme estadounidense dirixido por Quentin Tarantino que foi estreado en 1992. Pertence ó xénero neo-noir e thriller e conta os eventos anteriores e posteriores dun roubo de diamantes errado. Foi o primeiro filme do director e guionista Quentin Tarantino, e está protagonizado por Harvey Keitel, Tim Roth, Steve Buscemi, Chris Penn, Lawrence Tierney e Michael Madsen.
O branco e negro é un termo amplamente usado para referirse a un abano de acabamentos e procesos das artes visuais de carácter monocromo, e onde só existen brancos, negros e distintas tonalidades de grises. Existe a fotografía en branco e negro e a banda deseñada en branco e negro. Tamén tiveron a súa época, se ben agora só se usan xa con carácter experimental, o cine en branco e negro e a televisión en branco e negro.
Venecia (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da península itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullo de 2010), é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
A nefropatía lúpica é unha glomerulopatía producida polo lupus eritematoso sistémico, unha doenza crónica que afecta a múltiples órganos, e que adoita afectar a mulleres de entre 25 e 30 anos. A nefropatía lúpica constitúe unha forma da doenza que afecta a case o 50% dos afectos por lupus, aínda que é máis frecuente en persoas novas, sendo raro en persoas maiores. A afectación renal dun paciente con lupus constitúe un factor de mal prognóstico para a enfermidade.
International Standard Musical Work Code
O ISWC (acrónimo inglés de International Standard Musical Work Code) é o número de referencia internacional para a identificación e comercialización de obras musicais, equivalente ao ISBN para os libros. Está descrito pola norma internacional ISO 15707.
Jamendo é unha comunidade creada en xaneiro do 2005 ao redor da música de libre distribución, onde os artistas poden subir a súa música de balde e o seu público escoitala e descargala do mesmo xeito. Dende a súa fundación, o número de artistas e álbums aloxados medrou de maneira exponencial. O nome provén da mestura de "jam" e "crescendo".
Precuela é o nome dado a unha obra narrativa que contén elementos ambientados no mesmo universo ficcional, cuxa historia antecede ao traballo anterior, presentando eventos que ocorreran antes da obra orixinal. As precuelas poden debruzarse ou non sobre a mesma trama da cal son derivadas. Moitas veces, explican o pasado que levou ao acontecemento dos eventos na narrativa orixinal, mais, ás veces, as conexións entre as obras non son explícitas.
Un correspondente é un xornalista que informa para un medio de comunicación dende o lugar dos feitos.A finais do século XVIII os correspondentes de The Times, eran axentes a ambos os dous lados da Canle da Mancha que entregaban escritos sobre o que estaba a suceder en París e Bruxelas. Dominar idiomas era un dos requisitos básicos. O custo e a dificultade nas transmisións foron os principais problemas dos correspondentes nos medios nos que traballaban no XVIII, e as mesmas que arrastraron até principios do século XIX. Os correspondentes de guerra son os xornalistas máis perseguidos.
A PlayStation 2 (PS2) é a segunda videoconsola producida por Sony, despois da PlayStation 1 e antes da PlayStation 3 (que foi lanzada en novembro 2006). Lanzouse primeiro no Xapón no 4 de marzo, 2000, segundo en América do NorteF no 26 de outubro, 2000, e en Europa o 24 de novembro, 2000. A PS2 é parte da sexta xeración de videoxogos.
Die Walküre (en galego A Valquiria) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner. É a segunda das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo), sendo a ópera do ciclo máis representada, mesmo separada do ciclo completo. O fragmento máis coñecido da ópera é o «Walkürenritt o Ritt der Walküren» («Cabalgada das valquirias»), introdución ao terceiro e último acto describindo ás guerreiras semideusas.
Circuíto de Barcelona-Cataluña
O Circuíto de Barcelona-Cataluña (en catalán: Circuit de Barcelona-Catalunya), coñecido tamén como Circuíto de Cataluña ou Circuíto de Montmeló, é un autódromo situado na poboación de Montmeló, na provincia de Barcelona, España. Inaugurado no ano 1991, ten un aforamento de 131.000 espectadores, e acolle diversas competicións entre as que destacan o Gran Premio de España de Fórmula 1 e o Gran Premio de Cataluña do MotoGP. Debido a que é un dos circuítos máis utilizados para os ensaios dos diferentes equipos de Fórmula 1, a gran maioría dos pilotos está moi familiarizados co mesmo. O Circuíto de Barcelona-Cataluña é unha instalación pública, cuxa titularidade pertence á Generalitat de Cataluña.
The Elder Scrolls V: Skyrim é un videoxogo de rol en mundo aberto desenvolvido por Bethesda Game Studios e publicado por Bethesda Softworks. É o quinto título da serie The Elder Scrolls, despois de The Elder Scrolls IV: Oblivion. Skyrim foi estreado internacionalmente o 11 de novembro de 2011, para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360.
Heroes pode referirse a: Heroes (homes) a serie de televisión estadounidense Heroes; a serie de televisión chilena Heroes; O videoxogo Heroes of Might and Magic; O álbum Heroes do cantante Johnny Cash e Waylon Jennings; O grupo zaragozano de rock Héroes del Silencio; o equipo de béisbol de Seúl Heroes.
LibraryThing é unha aplicación web de catalogación social para almacenar e compartir listaxes de libros coa fin de establecer un catálogo ordenado e etiquetado que permite as valoracións e os comentarios e que posibilita conectarse con xente con gustos semellantes , destínase tanto a particulares como a autores, bibliotecas e editoriais. Desenvolvida polo estadounidense Tim Spalding, subiuna por vez primeira a internet de forma pública o 29 de agosto de 2005. En maio de 2006 AbeBooks mercou o 40% da compañía, que dous anos despois adquiriu Amazon.
Pokémon Sun (en xaponés: ポケットモンスター サン; Poketto Monsutā San) e Pokémon Moon (en xaponés: ポケットモンスター ムーン; Poketto Monsutā Mūn) son dous videoxogos de rol de 2016 desenvolvidos por Game Freak e distribuídos por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Son os primeiros títulos da sétima xeración da serie de videoxogos de Pokémon. Os xogos foron anunciados por vez primeira en febreiro de 2016, e Sun e Moon foron lanzados internacionalmente o 18 de novembro de 2016, co gallo do vinte aniversario da franquía. Un par de versións melloradas, Pokémon Ultra Sun e Pokémon Ultra Moon, foron lanzadas para a mesma consola o 17 de novembro de 2017.
Age of Empires III: The WarChiefs
Para a serie de videoxogos, vexa Age of Empires.Age of Empires III: The WarChiefs é o primeiro pack de expansión do videoxogo de estratexia en tempo real Age of Empires III. Foi estreado o 17 de outubro de 2006 nos Estados Unidos. Foi comercializado xunto co xogo completo de Age of Empires III nunha edición especial chamada Age of Empires III Gold Edition o 23 de outubro de 2007. A versión para Mac foi adaptada, desenvolvida e distribuída por Destineer, de MacSoft.
Para ver o artigo sobre o concello da provincia de Pontevedra, véxase A Estrada Unha estrada é unha vía de dominio e uso público, proxectada e construída fundamentalmente para a circulación de vehículos automóbiles. Existen diversos tipos de estradas, aínda que coloquialmente úsase o termo estrada para definir á estrada convencional que pode estar conectada, a través de accesos, ás propiedades lindeiras, diferenciándoas doutro tipo de estradas, as autovías e autoestradas, que non poden ter pasos e cruces ao mesmo nivel. Distínguese dun simple camiño porque está especialmente concibida para a circulación de vehículos de transporte.
a-ha foi unha banda norueguesa de synthpop formada polo vocalista Morten Harket, o guitarrista Paul Waaktaar-Savoy e o tecladista Magne Furuholmen. Tras formaren o grupo en 1982, saíron de Noruega rumbo a Londres co obxectivo de facer unha carreira no mundo da música. O grupo alcanzou pronto grande éxito co seu álbum de estrea: Hunting High and Low, lanzado en 1985.
British Board of Film Classification
O British Board of Film Classification («Consello Británico de Clasificación de Filmes», coñecido tamén polas súas siglas BBFC), é a organización responsable da clasificación e censura de filmes, vídeos e algúns videoxogos (por exemplo a saga GTA) dentro do Reino Unido.
O mongol (en escritura mongol: , Mongɣol kele; en mongol cirílico: Монгол хэл, Mongol khel) é a lingua propia do pobo mongol, a lingua oficial de Mongolia e a máis coñecida da familia lingüística mongol. O número de falantes de tódolos dialectos chega ós 5,2 millóns, incluíndo os habitantes de Mongolia e ós residentes da Mongolia Interior, unha rexión autónoma de China. En Mongolia, o dialecto khalkha, escrito en cirílico (e outrora en alfabeto latino), é o predominante, mentres que en Mongolia Interior, a lingua é máis diversa dialectalmente e escríbese na escritura mongol.
O océano Pacífico é o corpo de auga maior e máis profundo das divisóns do océano global terrestre. Esténdese desde o océano Ártico no norte ata o océano Austral (ou, segundo a definición, ata a Antártida) no sur e está limitado polos continentes de Asia e Australia no oeste e América no leste. Esténdese uns 15.500 km desde o mar de Bering, o norte do Ártico, ata as marxes xeadas da Antártida (o mar de Ross ) no sur, alcanzado a súa máxima amplitude E-O aproximadamente a 5 graos de latitude norte, onde se estende por uns 19.800 km, desde Indonesia ata a costa de Colombia.
NTSC (National Television System Committee) é o sistema de televisión analóxica usado nos Estados Unidos e que se estendeu ao resto de Norteamérica, Centroamérica e as Antillas, a maioría dos países de Suramérica, Birmania, Corea do Sur, Taiwán, Xapón, Filipinas e algúns países de Oceanía. Do NTSC derivouse o sistema PAL que utilizan ou utilizaron a maioría dos países.
Videoxogo de estratexia en tempo real
Os videoxogos de estratexia en tempo real ou RTS (siglas en inglés de real-time strategy) son videoxogos de estratexia nos que non hai quendas senón que o tempo transcorre de forma continua para os xogadores. Os videoxogos en tempo real son un dos subxéneros dos xogos de estratexia máis dinámicos que hai. Ademais, por regra xeral están máis traballados no apartado gráfico, xa que ó ter terreos de xogo máis pequenos que outros subxéneros, pódense representar máis texturas sen alterar tanto o rendemento.
"While My Guitar Gently Weeps" (que en galego podemos traducir como: "Mentres a miña guitarra choromica aos pouquiños") é unha balada de rock escrita por George Harrison de The Beatles incluída no seu Álbum Albo. George Harrison orixinalmente interpretaba a canción cun só de guitarra acústica e un órgano; unha versión, máis curta que a oficial, pode escoitarse no álbum Anthology 3 e unha versión adaptada no álbum Love. Eric Clapton (amigo íntimo de George Harrison) interpreta a primeira guitarra.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie a metade do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
Angry Birds é unha serie de videoxogos creada no 2009 pola empresa finesa Rovio Entertainment. Inspirada por Crush the Castle, os xogos foron aclamados pola súa exitosa mestura de modo de xogo, estilo cómico e baixo prezo. A súa popularidade supuxo a creación de numerosos spin-offs, versións de Angry Birds creadas para PCs e consolas, un mercado para comercializar as súas personaxes, unha serie de animación e un filme.
John Winston Ono Lennon, nado John Winston Lennon en Liverpool o 9 de outubro de 1940 e finado en Nova York o 8 de decembro de 1980, máis coñecido por John Lennon, foi un músico e compositor británico que saltou á fama como un dos membros fundadores de The Beatles, unha banda de rock británico activa durante a década de 1960, e recoñecida como a de máis éxito comercial e aclamada pola crítica na historia da música popular. Xunto con Paul McCartney formou unha das parellas de compositores máis exitosas do século XX. Naceu e creceu en Liverpool, onde sendo adolescente se familiarizou co xénero musical skiffle, formando a banda The Quarrymen, que posteriormente, en 1960, se convertería en The Beatles. Cando o grupo comezou a desintegrarse ata a súa disolución a finais desa década, Lennon iniciou unha carreira coma solista, marcada por varios álbums aclamados pola crítica, incluíndo John Lennon/Plastic Ono Band e Imagine, e cancións icónicas coma «Give Peace a Chance» e «Imagine».
As células bipolares da retina son un tipo de neuronas cuxo corpo celular se encontra na capa nuclear interna da retina do ollo, situadas entre os fotorreceptores (conos e bastóns) e as células ganglionares. Actúan, directa ou indirectamente, transmitindo sinais desde os receptores ás células ganglionares.
A lingua birmana (en birmano: မြန်မာဘာသာ) é a lingua oficial de Myanmar. O birmano é a lingua nativa dos bamar e outros subgrupos étnicos bamar, así como por minorías de Myanmar como os mon. O birmano é falado por 32 millóns de persoas como primeira lingua e como segunda por outros 10 millóns, particularmente as minorías étcnicas en Myanmar e nos países veciños.
Costa do Marfil (en francés: Côte d'Ivoire, [kot divwaʁ] (AFI), escoitar), oficialmente República de Costa do Marfil (en francés: République de Côte d'Ivoire), é un país africano. Limita ao norte con Malí e Burkina Faso, ao leste con Ghana, ao sur co océano Atlántico e ao oeste con Liberia e Guinea. A súa capital é Yamousoukro.
Un CD (das siglas inglesas de Compact Disc) ou disco compacto é un soporte dixital óptico para todo tipo de datos (son, vídeo, documentos etc). Foi creado en 1980 por Sony e Philips e comercializado a partir de 1982 deica hoxe. Nos días de hoxe, tecnoloxías sucesoras como o DVD poden desprazar ou minimizar esta forma de almacenamento; o DVD tamén é un almacenamento óptico.
Abraham Lincoln, nado preto de Hodgenville, Kentucky, o 12 de febreiro de 1809 e finado en Washington o 15 de abril de 1865, foi un avogado e estadista estadounidense que exerceu como 16º presidente dos Estados Unidos desde 1861 ata o seu asasinato en 1865. Lincoln liderou a nación durante a guerra civil americana, o conflito máis sanguento e quizais tamén a maior crise moral, constitucional e política que sufriu a nación estadounidense. O mesmo tempo logrou preservar a Unión, abolir a escravitude, reforzar o goberno federal e modernizar a economía estadounidense.Lincoln naceu na pobreza nunha cabana de troncos no estado de Kentucky e criouse na fronteira, principalmente en Indiana, no que entón era o Afastado Oeste.
Un ovo de Fabergé e unha das sesenta e nove xoias creadas por Peter Carl Fabergé e os seus artesáns da empresa Fabergé para os tsares de Rusia, así como para algúns membros da nobreza e da burguesía industrial e financeira, entre os anos 1885 e 1917. Estes ovos considéranse obras mestras da xoiería.
O Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa de 1990 , tamén escrito Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa (1990) e AO 1990 é un tratado internacional de 1990 acordado co obxectivo de crear unha ortografía unificada para o portugués, para ser utilizada por todos os países lusófonos. Foi asinado por representantes oficiais de Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique, Portugal e San Tomé e Príncipe en Lisboa o 16 de decembro de 1990. Tras recuperar a independencia, Timor-Leste aderiuse ao Acordo en 2004.
O meu veciño Totoro (となりのトトロ, Tonari no Totoro) é un filme xaponés de animación de 1988 dirixido e escrito por Hayao Miyazaki. Foi animado polo Studio Ghibli para Tokuma Shoten. O filme, que conta coas voces orixinais en xaponés de Noriko Hidaka, Chika Sakamoto e Hitoshi Takagi, conta a historia das fillas pequenas dun profesor (Satsuki e Mei) e as súas interaccións con amigables espíritos do bosque no Xapón rural da posguerra.
A Venus de Milo, tamén chamada pero menos coñecida como Afrodita de Melos, é unha célebre escultura grega da época helenística que representa a deusa Afrodita (Venus para os romanos), e actualmente conservada no Museo do Louvre, en París. Trátase dunha estatua de mármore, de preto de 2,02 m de alto, desprovista dos brazos e falta tamén do seu basamento orixinario. A partir dunha inscrición do perdido baseamento, a obra é atribuída a Alexandre de Antioquía.
Febreiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Neon Genesis Evangelion (en xaponés: 新世紀エヴァンゲリオン; Shin Seiki Evangerion; que quere dicir literalmente "O Evanxeo do Novo Século") tamén coñecida sinxelamente como Evangelion ou Eva, é unha serie de animación xaponesa, ou anime, producida por Gainax e Tatsunoko Production, dirixida por Hideaki Anno e emitida orixinalmente pola canle TV Tokyo dende outubro de 1995 até marzo de 1996. O anime conta con 26 episodios e o elenco de voces xaponesas orixinais inclúe a Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Yūko Miyamura como Asuka Langley Soryu. A música da serie foi composta por Shirō Sagisu.
Anne Lister, nada en Halifax o 3 de abril de 1791 e finada en Kutaisi o 22 de setembro de 1840, foi unha propietaria de terras, alpinista e viaxeira británica, coñecida polo seu diario codificado que orixinou o filme The Secret Diaries of Miss Anne Lister. Ao longo da súa vida, mantivo un diario onde narrou os detalles da súa vida cotiá, incluíndo as súas relacións lésbicas, as súas preocupacións financeiras, as súas actividades industriais e o seu traballo dedicado ao Salón Shibden. Os diarios conteñen máis de catro millóns de palabras e preto dun sexto delas (aquelas que tratan sobre os detalles íntimos das súas relacións amorosas e sexuais) foron escritas en código.
Dragon Ball Z (ドラゴンボールZ, Doragon Bōru Zetto), tamén coñecido en Galiza como Dragón Z ou Bóla de Dragón Z, é unha serie de televisión de animación xaponesa de 291 capítulos de 25 minutos adaptada do manga de Akira Toriyama e producida polo estudio Tōei. É a continuación do anime Dragon Ball. En Galiza emitiuse na década de 1990, dentro do programa infantil Xabarín Club da Televisión de Galicia.
O paspallás (Coturnix coturnix) é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das que integran hoxe en día o xénero Coturnix. É unha ave de pequeno tamaño, unha das poucas galiformes que son migratorias, que é moi apreciada gastronomicamente pola súa carne o os seus ovos.
Defínese a intelixencia artificial (IA) como aquela intelixencia exhibida por artefactos creados por humanos (é dicir, artificial). A miúdo aplícase hipoteticamente aos computadores. O nome tamén se usa para se referir ao campo da investigación científica que intenta acercarse á creación de tales sistemas.
Moeda dun dólar estadounidense
A moeda dun dólar estadounidense é a cuñada neste país norteamericano co valor facial dun dólar desde finais do século XVIII ata os nosos días, en diferentes metais, como ouro, prata, cuproníquel e outras aliaxes de metais comúns. Malia os esforzos do Goberno dos EEUU por fomentar o seu uso como medida de aforro, polo alto custo da impresión dos billetes do mesmo valor, as moedas dun dólar non gozaron dunha boa aceptación entre a poboación desde o momento da súa creación. Por este motivo, a partir do 11 de decembro de 2011, a Casa da Moeda dos Estados Unidos deixou de producir esta moeda para a súa circulación xeral e todas as moedas dun dólar cuñadas con posterioridade a esta data foron emitidas especificamente para o coleccionismo numismático, aínda que manteñen a súa consideración de moedas de curso legal.
Xoán Paulo II, nado co nome de Karol Józef Wojtyła (AFI: [ˈkarɔl ˈjuzɛf vɔjˈtɨwa]) en Wadowice o 18 de maio de 1920 e finado na Cidade do Vaticano o 2 de abril de 2005, foi o papa número 264 da Igrexa católica. De orixe polaca, foi o primeiro Pontífice non italiano dende Hadrián VI, finado en 1523. O seu pontificado de 26 anos foi o terceiro máis longo na historia da Igrexa católica, despois do de San Pedro (crese que entre 34 e 37 anos) e o de Pío IX (31 anos).
TV Tokyo Corporation (株式会社テレビ東京, Kabushiki Gaisha Terebi Tōkyō) é unha canle de televisión comercial de ámbito nacional xaponés que transmite dende Toquio. Foi fundada en 1964, e o seu principal accionista de referencia é o xornal Nihon Keizai Shimbun, sendo a canle principal da rede de emisoras TX Network (TXN). A canle, que tamén se coñece popularmente como Teleto (テレ東, Teretō), é a máis pequena das canles de televisión nacionais que emiten dende Toquio, e salienta pola alta presenza do anime na súa programación.