Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Astro (plataforma de televisión)
Astro é unha plataforma de pago de televisión por satélite dixital e radio en Malaisia e Brunei a través dos satélites MEASAT, a súa sede está en Kuala Lumpur e é propiedade de Astro All Asia Networks a través da súa filial MEASAT Broadcast Network Systems.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Febreiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.
O mandarín (北方話, 北方话, běifāng huà , "fala do norte") como termo xeral refírese ao conxunto de dialectos chineses mutuamente intelixíbeis que se fala no norte, centro e suroeste da China continental. Non hai que confundilo coa outra acepción de mandarín, non obxecto deste artigo, a do mandarín estándar ou padrón (普通話 / 普通话, pǔtōnghuà, "lingua común", tamén chamada 漢語 / 汉语, hànyǔ, "lingua dos Hàn" , o cal se refire á lingua oficial da República Popular da China desde 1956, a lingua oficial de Taiwán (Formosa), e unha das catro linguas oficiais de Singapur. O mandarín escríbese por medio de sinogramas, que son susceptíbeis de ser transcritos en caracteres románicos, na actualidade o máis frecuentemente en pinyin (como na maioría dos artigos da Wikipedia), mais tamén en bopomofo.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
O conde Lev Nikolaevich Tolstoi (en ruso: Лев Николаевич Толстой, [lʲɛv nɪkʌlajɪv'ɪtɕ tʌlˈstoj] AFI), coñecido en occidente tamén como León ou Leo Tolstoi, nado en Iasnaia Poliana o 9 de setembro de 1828 e finado en Astapovo o 20 de novembro de 1910, foi un escritor, filósofo, anarquista cristián, pacifista, reformador educativo e pensador moral ruso moi influente na literatura e política do seu país. Xunto a Fiódor Dostoievski, Tolstoi foi un dos grandes da literatura rusa do século XIX. É considerado un dos novelistas máis importantes da historia da literatura, particularmente polas súas obras mestras Voina i mir (en galego, Guerra e Paz) e Anna Karenina, libros que son dous dos representantes senlleiros da ficción realista. Como filósofo moral destaca pola súa idea de resistencia non violenta expresada no seu traballo Tsárstvo Bózhiye vnutrí vas (no ruso pre-reformista: Царство Божіе внутри васъ; no ruso post-reforma: Царство Божие внутри вас; en galego, O reino de Deus está dentro de ti) mesmo que influíu en Mohandas K. Gandhi, Martin Luther King e James Bevel.
Sir Charles Spencer "Charlie" Chaplin, nado en Walworth (Londres, Inglaterra) o 16 de abril de 1889 e finado en Corsier-sur-Vevey (Suíza) o 25 de decembro de 1977, foi un actor, director de cine e compositor inglés que acadou a fama na era do cine mudo. Converteuse nunha icona mundial a través da súa personaxe "Charlot" (The Tramp en inglés, "O vagabundo"), e é considerado unha das figuras máis importantes da historia da industria do cine. A súa carreira abrangue máis de 75 anos, dende a súa nenez na época vitoriana ata un ano antes da súa morte ós 88 anos.
Rincewind é un personaxe de ficción das novelas de Discworld do autor inglés Terry Pratchett. É un mago (fracasado) de nivel 0 que non dá aprobado os cursos da Universidade Invisible (Unseen University) en Ankh-Morpork. Rincewind pasa case todo o seu tempo escapando de varios grupos de persoas que intentan matalo por diferentes razóns.
O xosa é unha das 11 linguas oficiais de Suráfrica. É falada por aproximadamente 7,9 millóns de persoas (preto do 18% de sur-africanos), principalmente nas provincias do Cabo e sur do KwaZulu-Natal, mais tamén nos países veciños, Botswana e Lesoto. As consoantes clicantes son unha característica proeminente dos sons desta lingua e mesmo o nome "Xosa" iníciase cun "clique".
Fibrose pulmonar é unha entidade que pode ser producida por moitas enfermidades, e que se caracteriza pola progresiva substitución do tecido pulmonar normal por tecido conectivo. En análises radiolóxicas pódese observar a presenza de cicatrices nos pulmóns. De forma progresiva, os alvéolos son substituídos por tecido fibrótico.
O cabo Cod (Cape Cod en inglés), coñecido popularmente en inglés como the Cape (o cabo), e denominado cabo de Keel polos antigos exploradores nórdicos, é unha península no extremo oriental do estado de Massachusetts, no nordeste dos Estados Unidos. O seu territorio coincide co condado de Barnstable. Moitas pequenas illas achegadas, incluíndo Monomoy, Monmoscoy, Popponesset e Seconsett, pertecen tamén ao condado, como parte dos municipios do cabo.
Unha definición é unha proposición (ou conxunto de proposicións) mediante a cal trata de expor de maneira unívoca e con precisión a comprensión dun concepto ou termo ou dicción ou –se consta de dous ou máis palabras– dunha expresión ou locución. Unha definición é unha descrición dun complexo de estado de cousas ou obxectos, circunstancias ou abstraccións que permanecen unidas por medio dun establecemento da zona de validez. Desde un punto de vista lóxico, unha "definición" ben construída debería ser unha "determinación ou delimitación conceptual do que é esencial nun ente, que non supón necesariamente comprobación empírica.
Fitzcarraldo é un filme alemán de 1982 escrito e dirixido por Werner Herzog e protagonizado por Klaus Kinski. Conta a historia dun señor do caucho, un irlandés coñecido no Perú como Fitzcarraldo, que está determinado a transportar un barco de vapor sobre un outeiro para acceder a un rico territorio do caucho na conca do Amazonas. O filme baseáse nos feitos reais do peruano Carlos Fitzcarrald e a súa fazaña de transportar un barco de vapor desmontado sobre o istmo de Fitzcarrald.
Britania (Britannia en latín) é o nome dado polos romanos á provincia que ocupaba o sur da actual illa de Gran Bretaña. Como provincia romana, existiu entre os séculos I e V. O xentilicio é britano/aBritania romana (latín: Britannia ou, posteriormente, Britanniae, "os Británicos") era a área da illa de Gran Bretaña que estivo gobernada polo Imperio romano, do 43 ao 410 d.C. Comprendía case a totalidade de Inglaterra e Gales e, por un curto período, o sur de Escocia. Xulio César invadiu Gran Bretaña nos anos 55 e 54 a.C. como parte da súa Guerra das Galias.
Para ver información sobre o control de autoridades na Wikipedia, véxase Axuda:Control de autoridades.En biblioteconomía e en ciencia da información, chámase control de autoridades á práctica de instaurar e manter o control dos materiais bibliográficos do catálogo dunha biblioteca. O control de autoridades ten dúas funcións importantes: primeiro, que os catalogadores poidan distinguir entre nomes semellantes ou idénticos; segundo, que poidan dispor de materiais que loxicamente están reunidos, aínda que se presentan de forma diferente.
En teoría de conxuntos, o axioma da escolla é un axioma que postula que para cada familia de conxuntos non baleiros, existe outro conxunto que contén un elemento de cada un daqueles. De maneira informal, afirma que dada unha colección de «caixas» con obxectos dentro delas, é posible escoller un obxecto de cada caixa. Que este procedemento se pode levar a cabo é trivialmente certo sempre que dita familia sexa finita, ou cando existe unha regra ben determinada que permite «escoller» un único elemento de cada conxunto dela.
Finlandia está dividida en 19 rexións, denominadas en lingua finesa maakunta e en sueco andskap. As rexións están gobernadas por consellos rexionais, que serven como foros de cooperación para os concellos da rexión. As principais funcións das rexións son os plans rexionais e o desenvolvemento de empresas e da educación.
Museo Americano de Historia Natural
O Museo Americano de Historia Natural, en inglés: American Museum of Natural History (AMNH), situado no Upper West Side de Manhattan no 200 Central Park West de Nova York, Estados Unidos, é un dos maiores e máis famosos museos de historia natural do mundo. Situado nuns terreos axardinados fronte ao Central Park, componse de 27 edificios interconectados que albergan 46 salas de exposición permanentes, laboratorios de investigación e a súa famosa biblioteca. As súas coleccións están formadas por máis de 34 millóns de espécimes, dos cales só unha pequena parte pode ser exposta á vez.Conta con 225 investigadores a tempo completo, patrocina máis de 120 expedicións científicas cada ano, e recibe unha media anual de cinco millóns de visitantes.O AMNH é unha organización privada.A súa declaración de obxectivos é: Descubrir, interpretar e difundir, a través da investigación científica e a educación, o coñecemento sobre as culturas humanas, o mundo natural e o universo.
A burocracia, en socioloxía, é unha estrutura organizativa caracterizada por procedementos regularizados, división de responsabilidades, xerarquía e relacións impersoais; aplícase a toda forma de organización, aínda que se asocia sobre todo ao público. O termo vulgarizouno Max Weber, e moitos aspectos da administración pública débense a el.
En informática teórica e matemáticas, a teoría da computación é a rama que estuda como de eficientemente poden resolverse os problemas nun modelo de computación, empregando un algoritmo. O campo divídese en tres áreas principais: a teoría e linguaxe de autómatas, a teoría da computabilidade e a teoría da complexidade computacional, que están ligadas pola pregunta: "cales son as capacidades fundamentais e as limitacións das computadoras?".Para establecer un estudo rigoroso sobre a computación, os científicos computacionais traballan cunha abstracción matemática de computadoras denominada modelo de computación. Existen varios modelos en uso, mais o máis comunmente examinado é a máquina de Turing.
O benceno, C6H6, é un líquido incoloro e inflamable, cun olor doce e agradable, base dos hidrocarburos aromáticos e constituínte natural do petróleo, aínda que usualmente sintetizado a partir doutros compostos que están presentes en maior cantidade relativa. Forma parte da mestura das gasolinas, do napalm etc, e é un disolvente moi usado e base para a produción de medicamentos, plásticos, gasolina, caucho sintético etc. É un coñecido carcinóxeno.
Lausberg, no seu Manual de Retórica Literaria, define a retórica como a arte ou a técnica que consiste na sistematización e explicitación do conxunto de instrucións ou regras que permiten a construción dunha clase de discursos que son codificados para influír persuasivamente no receptor. Debemos ademais de entender por retórica a ciencia que se ocupa do estudo de ditos recursos nos seus diferentes aspectos. A retórica como ciencia atende tanto á organización textual como ás relacións que dita organización posúe co relator, o público, o referente e o contexto comunicativo.
O Art & Architecture Thesaurus (AAT) é un vocabulario controlado empregado na descrición de elementos de arte, arquitectura e cultura material. O AAT contén termos xenéricos, como "catedral," mais non nomes propios, como "Catedral de Notre Dame". O AAT é empregado por, entre outros, museos, bibliotecas de arte, arquivos, catalogadores, e investigadores da arte e historia da arte.
O prefixo, no ámbito da linguaxe, é un morfema derivativo que se antepón ao lexema ou raíz dando lugar a unha palabra derivada a partir doutra xa existente. Os prefixos en galego adoitan vir do grego ou do latín, así, respectivamente, dous exemplo de palabras con prefixo+raíz son hipopótamo ou postelectoral.
Matemáticas ou matemática (do grego μαθηματικός, mathematikós, 'o que aprende', que á súa vez deriva de μάθημα, máthēma, 'coñecemento', 'estudo', 'aprendizaxe') é o estudo abstracto de cuestións que abranguen os conceptos de cantidade, estrutura, espazo, cambio, e outras propiedades; se ben non hai unha definición xeralmente aceptada. Os matemáticos buscan patróns e formulan novas conxecturas das que tratan de establecer a súa verdade ou falsidade mediante unha demostración matemática. Cando as estruturas matemáticas son bos modelos de fenómenos reais, o razoamento matemático pode axudar a comprender e facer predicións sobre a natureza.
Os Elementos de Euclides (grego: Στοιχεῖα) é un tratado matemático e xeométrico constituído por trece libros escrito polo matemático grego Euclides en Alexandría contra o ano 300 a.C. Engloba unha colección de definicións, postulados (axiomas), proposicións (teoremas e construcións) e probas matemáticas das proposicións. Nestes trece volumes Euclides recompila gran parte do saber matemático da súa época, representado no sistema axiomático coñecido como Postulados de Euclides os cales, dunha forma sinxela e lóxica, deron lugar á xeometría euclidiana. Parece que Euclides pretendía reunir tres grandes descubrimentos do seu tempo: a teoría das proporcións de Eudoxo (Os Elementos.
Getty Thesaurus of Geographic Names
O Tesauro de Nomes Geográficos Getty (en inglés Thesaurus of Geographic Names, abreviado ou TGN ou GTGN) é un produto da fundación J. Paul Getty Trust incluído no Programa de Vocabulario Getty. O TGN inclúe nomes e informacións asociadas sobre lugares. Os lugares do TGN inclúen entidades políticas administrativas (por exemplo, cidades ou nacións) e as súas características físicas (por exemplo montañas, ríos etc).
Libro Vermello das Linguas Ameazadas
O Libro Vermello das Linguas en Perigo de extinción foi recollido por Tapani Salminen, publicado pola UNESCO, e recolle unha ampla lista de linguas de todo o mundo en perigo de extinción. Pódese consultar en liña e aparecen a maioría das linguas faladas por pobos indíxenas de todo o mundo. Aínda que foi actualizada por última vez no ano 2003, a UNESCO tamén publicou un atlas das linguas do mundo en perigo.
Terminoloxía, en sentido amplo, refírese simplemente ao uso e estudo de termos, ou sexa, especificar as palabras simples e compostas dunha lingua que se usan xeralmente en contextos específicos. Terminoloxía tamén se refire a unha disciplina máis formal que estuda sistematicamente a rotulación e a designación de conceptos particulares a un ou varios asuntos ou campos de actividade humana, por medio de investigación e análise dos termos en contexto, coa finalidade de documentar e promover o seu uso correcto. Este estudo pode ser limitado a unha lingua ou pode cubrir máis dunha lingua ao mesmo tempo (terminoloxía multilingüe, bilingüe, trilingüe etc).
2001: Unha odisea do espazo (en inglés: 2001: A Space Odyssey) é un filme británico-estadounidense de ciencia ficción producido e dirixido por Stanley Kubrick que foi estreado en 1968. O guión, escrito por Kubrick e Arthur C. Clarke, está parcialmente baseado na historia curta de Clarke "The Sentinel". Posteriormente, Clarke escribiu a novela 2001: A Space Odyssey, que foi publicada pouco despois da estrea.
Sveriges Television (abreviado, SVT; en galego, "Televisión de Suecia") é a empresa de televisión pública de Suecia. A empresa, separada desde 1979 de Sveriges Radio (compañía pública de radio), non é estatal, senón que está dirixida por unha fundación independente, a Förvaltningsstiftelsen för Sveriges Radio AB, na que os membros do seu Consello de Administración son elixidos polo Parlamento Sueco. A SVT mantivo o monopolio da televisión en Suecia ata a chegada das emisoras privadas vía satélite en 1987 e a posterior entrada analóxica da cadea privada TV4 en 1992.
A provincia romana (latín: provincia; plural, provinciae) baixo a Roma antiga foron subdivisións territoriais fóra da península Itálica que tiñan unha organización regular e estaba baixo a administración romana.As provincias romanas variaron amplamente en número no transcurso dos case oito séculos da súa existencia. Aparecen durante as guerras púnicas, no momento en que a República romana se estende fóra da península italiana, e o número de provincias romanas non deixan entón de aumentar. Ao final da República como baixo o Imperio ata o século III, as provincias son as maiores divisións administrativas do territorio.
Hatake Kakashi (はたけカカシ, Hatake Kakashi) é unha das personaxes principais do manga e anime Naruto. É un jōnin da Aldea Oculta de Konoha e antes pertenceu ao ANBU. Sempre chega tarde aos sitios (aducindo desculpas pouco críbeis) e gústalle ler novelas eróticas en todo momento libre inda que é un gran ninja moi respectado e cunha intelixencia e habilidade privilexiadas.
Biblioteca Nacional Central de Florencia
A Biblioteca Nacional Central de Florencia (en italiano Biblioteca Nazionale Centrale dei Firenze) é unha biblioteca pública nacional e unha das dúas bibliotecas centrais de Italia, xunto coa Biblioteca Nacional Central de Roma. Atópase en Florencia.
Pelle Erobreren (en sueco: Pelle erövraren) é un filme dinamarqués-sueco de 1987 co-escrito e dirixido por Bille August. Está baseado na novela homónima de 1910 escrita polo dinamarqués Martin Andersen Nexø. Conta a historia de dous inmigrantes suecos en Dinamarca, un pai e un fillo, que tentan construír unha nova vida por si mesmos.
A lingua kabardina (en kabardino: Адыгэбзэ, tamén chamada Къэбэрдей Адыгэбзэ ou Къэбэрдейбзэ) é unha das dúas linguas literarias do circasiano, sendo a outra o adigueo, co cal está estreitamente relacionado. É falada polo pobo kabardino, principalmente en partes de Kabardino-Balkaria e Karachay-Cherkessia así como pola diáspora kabardina que habita nos Estados Unidos, Ucraína, Turquía, Siria, Xordania e Alemaña. Ten 47 ou 48 fonemas consoánticos, dos cales 22 ou 23 son fricativos.
Un grupo abeliano é unha estrutura alxébrica determinada sobre un conxunto G que ten estrutura de grupo e no que a operación interna é conmutativa. Os grupos abelianos reciben o seu nome en honra ao matemático noruegués Niels Henrik Abel, que os empregou no seu estudo das ecuacións alxébricas resolubles con radicais. Os grupos que non son conmutativos denomínanse “non abelianos” ou “non conmutativos”.
Cartel é un soporte, normalmente en papel, fixado de forma que sexa visible en locais públicos. A súa función principal é a de divulgar información visualmente, pero tamén é apreciada como unha peza de valor estético. Alén da súa importancia como medio de publicidade e de información visual, o cartel posúe un valor histórico como medio de divulgación en importantes movementos de carácter político ou artístico.
Sasuke Uchiha (うちはサスケ, Uchiha Sasuke) é un personaxe do manga e anime Naruto. O seu nome provén dun lendario ninja chamado Sarutobi Sasuke e o seu apelido é outra forma de pronunciar "uchiwa", ou abano de papel, que é, de feito, o símbolo do clan Uchiha. Sasuke procede do famoso clan Uchiha, o cal é un dos máis antigos e poderosos da aldea de Konoha.
iCarly é unha serie de televisión de comedia adolescente creada polo produtor de televisión, Dan Schneider e transmitida orixinalmente pola canle Nickelodeon. A serie trata da historia de Carly Shay, unha moza que xunto aos seus dous mellores amigos, Sam Puckett e Freddie Benson, crean un webshow chamado iCarly. A serie foi producida por Schneider's Bakery en asociación con Nickelodeon Productions.
Stanley Kubrick, nado o 26 de xullo de 1928 no barrio do Bronx en Nova York (Estados Unidos) e finado o 7 de marzo de 1999 en Hertfordshire (Inglaterra), foi un director de cine, guionista, produtor, director de fotografía e editor de cine estadounidense que desenvolveu a meirande parte dos seus traballos no Reino Unido. É considerado como un dos mellores directores de cine de tódolos tempos. Moitos dos seus filmes son adaptacións cinematográficas de novelas e relatos curtos, que destacan polo seu perfeccionismo técnico, a atención os detalles para achegarse ó realismo e o seu intenso simbolismo intelectual.
Adriano Celentano, nado en Milán o 6 de xaneiro de 1938, é un cantante, actor e cineasta italiano. Grazas á súa traxectoria de cincuenta anos e os seus grandes éxitos está considerado un dos piares da música italiana. O Seu carácter fixo que Celentano se convertese nun personaxe símbolo e icona da sociedade do seu país despois da Segunda Guerra Mundial.
Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain
Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain é un filme francés do xénero comedia romántica estreada en 2001. O lema da película era "Ela vai cambiarche a vida..." (En francés: "Elle va te changer la vie..."). Co-escrita xunto a Guillaume Laurant polo seu director, Jean-Pierre Jeunet, foi distribuída en Estados Unidos por Miramax e en España por Manga Films.
América ( pronunciación ), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.
Jacques-Yves Cousteau, mundialmente coñecido como Jacques Cousteau ou Capitán Cousteau, nado en Saint André de Cubzac o 11 de xuño de 1910 e finado en París o 25 de xuño de 1997, foi un oficial naval francés, explorador, ecoloxista, cineasta e investigador que estudou o mar e todas as formas de vida acuáticas. Desenvolveu o equipo de mergullo aqua-lung, foi pioneiro na conservación mariña e era membro da Académie française.
Madredeus é un grupo musical portugués. A súa música combina influencias das músicas populares portuguesas coa música moderna. Tematicamente, as letras das cancións falan sobre temas tamén abordados polo fado, como a saudade e temas derivados, como a solitude, a esperanza, a ausencia, a distancia ó o amor adiado, así como temas mais xeneralistas, como a a guerra, paz ou a culpa e o remorso.
Unha proba ou demostración matemática é un razoamento convincente dentro dos estándares vixentes conducente a que algunha proposición é necesariamente certa. Realízase cunha lóxica válida que progresa a partir de ideas que se dan por certas, chamadas hipóteses, ata a afirmación formulada, chamada tese, da que se quere obter a veracidade. Estes pasos deben estar fundamentados na aplicación de regras de dedución, fundadas xa sexa en enuciados xeralmente aceptados coñecidos como axiomas, ou en teoremas anteriormente demostrados, ou en regras básicas de dedución do sistema en cuestión.
Chip e Chop (no orixinal en inglés Chip 'n Dale) son dúas tamias ficticias da Walt Disney, que aparecen en series de debuxos animados e historietas infantís. Chip e Chop non son verdadeiros esquíos, senón uns roedores do xénero Tamias, semellantes aos esquíos, tamén da familia Sciuridae. De acordo coa Disney, Chip é o lóxico e Chop o tolo.
Glottolog é un proxecto da base de datos bibliográfica das linguas do mundo, en particular, das menos coñecidas. Creado polo Instituto Max Planck de Leipzig, Alemaña, é un intento de acadar unha fonte bibliográfica completa para as linguas do mundo (95% da diversidade lingüística do mundo) e para achegar unha forte base empírica para as definicións de linguas e as clasificacións da linguaxe. Está composto dun catálogo de linguas e familias de linguas do mundo chamado "Languoid" e a súa bibliografía " Langdoc ".
O dominio de primeiro nivel (en inglés Top Level Domain TLD) é un dos compoñentes dun enderezo de internet, estes van separados por puntos, así por exemplo: gl.wikipedia.org, e precisamente o último é o que se denomina dominio de primeiro nivel, ou TLD. Por exemplo, no nome de dominio "gl.wikipedia.org", "org" é o TLD, ou dominio de primeiro nivel. O sistema de nomes de dominio en internet transforma os nomes de dominio en enderezos IP numéricos, permitindo así referirse a sitios web e outros recursos mediante nomes doados de lembrar en vez dos enderezos IP numéricos, como 207.142.131.245, que identifican cada ordenador. Este Sistema de Servidores de Nomes de Dominio (DNS, de Domain Name Server) constitúe unha xerarquía en forma de árbore: Cada TLD (p.ex.
Os sete magníficos (en inglés: The Magnificent Seven) é un filme estadounidense dirixido por John Sturges que foi estreado en 1960. É un remake de estilo western baseado no filme de 1954 Os sete samurais, dirixido por Akira Kurosawa. Está protagonizado por Yul Brynner, Steve McQueen, Charles Bronson, James Coburn, Robert Vaughn, Brad Dexter e Horst Buchholz que interpretan a un grupo de pistoleiros contratados para protexer unha pequena vila agrícola de México duns bandidos liderados Calvera (Eli Wallach).
Unidade central de procesamento
Unha unidade central de procesamento (UCP) ou CPU (inglés: central processing unit) é un circuíto electrónico dunha computadora que leva a cabo as instrucións dun programa informático realizando as tarefas básicas aritméticas, lóxicas, de control e de entrada/saída especificadas polas instrucións. O termo CPU comezouse a empregar na industria informática a comezos da década dos 60, e adoita empregarse tradicionalmente para referirse ao propio procesador e á unidade de control, facendo distinción entre estes elementos e outros coma a memoria ou os compoñentes de entrada/saída.O formato, deseño e posta en funcionamento das CPU foron evolucionando ó longo da súa historia, pero o seu funcionamento fundamental segue sendo o mesmo que nos seus comezos. Os dous compoñentes principais dunha CPU son a unidade aritmético-lóxica (ALU), que realiza operacións aritméticas e lóxicas, e a unidade de control (CU), que extrae, descodifica e executa as instrucións dende a memoria, empregando a ALU cando é necesario.
Sven Olof Joachim Palme, nado en Estocolmo o 30 de xaneiro de 1927 e asasinado na mesma cidade o 28 de febreiro de 1986, foi un político sueco, líder do Partido Socialdemócrata de Suecia dende 1969. Foi Primeiro ministro de Suecia entre 1969 e 1976, e reelixido en 1982. Foi asasinado o 28 de febreiro de 1986 mentres aínda exercía o cargo de Primeiro ministro: disparoulle supostamente Stig Engström cando paseaba en compaña da súa esposa tras saír do cine, de ver o filme Bröderna Mozart.
MobyGames é un sitio web dedicado a catalogar videoxogos, tanto do pasado como do presente. O sitio contén unha extensa base de datos de información de videoxogos. O obxectivo do sitio web defínese así na propia páxina: "Catalogar polo miúdo toda a información relevante acerca de xogos electrónicos (computadora, consola, e arcade) nunha maneira de xogo-por-xogo, e logo ofrecer esa información a través de preguntas flexibles e minaría de datos.
O bocadillo de salchicha (en inglés: hot dog, ‘can quente’) é un bocadillo quente feito cunha salchicha cociñada, que adoita servirse con mostaza ou ketchup. A salchicha adoita ser do tipo Frankfurt (frankfurter), ou vienesa (wiener) fervida, ou fritida; o pan é mol e con forma alongada. O bocadillo de salchicha foi importado de Alemaña e popularizado nos Estados Unidos, onde se converteu nun alimento de venda na rúa para a clase traballadora.
Central do Brasil é un filme franco-brasileiro de 1998 dirixido por Walter Salles, protagonizado por Fernanda Montenegro e Vinícius de Oliveira. O guión, adaptado por João Emanuel Carneiro e Marcos Bernstein a partir dunha historia do director Walter Salles, conta a amizade entre un rapaz e unha muller de mediana idade. A interpretación de Montenegro valeulle o recoñecemento internacional da crítica e un nomeamento ó Óscar á mellor actriz, ó tempo que o filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 71ª edición dos premios.
Marie Magdalene "Marlene" Dietrich, nada en Schöneberg, Berlín, o 27 de decembro de 1901 e finada en París o 6 de maio de 1992, foi unha actriz e cantante alemá. Dietrich mantívose na popularidade ó longo da súa carreira mediante a reinvención constante, tanto profesionalmente como persoalmente. No Berlín da década de 1920, actuou no teatro e en filmes mudos.
O sotho do norte (Sesotho sa Leboa, tamén coñecido polo nome do dialecto estandarizado sepedi ou pedi) é unha lingua bantú falada en Suráfrica, onde é unha das 11 linguas oficiais do estado. Segundo o censo de 2011, era a primeira lingua de 4 618 576 persoas, principalmente nas provincias de Limpopo, Gauteng e Mpumalanga.As variedades urbanas do sotho do norte, como o sotho de Pretoria (que en realidade deriva do tswana), adquiriron consoantes nun proceso de expansión das linguas nguni.
John Christopher Depp II, nado en Owensboro, Kentucky, o 9 de xuño de 1963, é un actor, produtor e músico estadounidense. Gañou un Globo de Ouro e un Premio do Sindicato de Actores ó mellor actor. Depp acadou a fama coa serie de televisión dos anos 1980 21 Jump Street, na que se converteu nun ídolo adolescente.
Amazon Prime Video, ou sinxelamente Prime Video, é un servizo estadounidense de streaming e alugamento de vídeo de subscrición baixo demanda ofrecido por Amazon como servizo autónomo ou como parte da subscrición a Prime de Amazon. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión producidas por Amazon Studios e MGM Holdings ou con licenza de Amazon, como Amazon Originals. Este servizo tamén conta con contido doutros provedores, complementos de contido, eventos deportivos en directo e servizos de compra e alugamento de vídeos.
Un planetoide ou planeta menor é unha clasificación, no presente en desuso, que até 2006 abranguía os corpos do Sistema Solar que, non sendo satélites nin cometas, resultaban ser máis pequenos que os planetas «tradicionais» pero meirandes que os meteoroides, comunmente definidos cun tamaño máximo de 10 metros.
Na radio e na televisión, a sindicación é a venda de programas e series a múltiples canles para a súa difusión en directo ou gravada, é un sistema común en países onde a televisión está composta por cadeas con canles locais afiliadas, como é o caso dos Estados Unidos. Nos países con cadeas nacionais sen afiliados locais é pouco común.
Terminator 3: A rebelión das máquinas
Terminator 3: A rebelión das máquinas (en inglés: Terminator 3: Rise of the Machines) é un filme de acción estadounidense dirixido por Jonathan Mostow que foi estreado no 2003. Estreouse en galego na TVG o 20 de abril de 2011.
As linguas pama-nyunganas constitúen a familia lingüística máis espallada de entre as linguas aborixes de Australia con 281 linguas diferentes.O nome "pama-nyungana" deriva dos nomes de dous subgrupos de linguas moi separadas xeograficamente, as linguas paman do nordeste e as linguas nyunganas do suroeste. As palabras pama e nyunga significan "home" nas respectivas linguas. As outras familias de linguas indíxenas de Australia adóitanse clasificar, por exclusión, como linguas non pama-nyunganas, aínda que este non é un termo taxonómico.
En bioloxía, principalmente na anatomía, un órgano é un conxunto de tecidos que evoluíron para executar unha determinada función vital. Algúns órganos comúns aos vertebrados son o corazón, o cerebro, o estómago etc. Nas plantas "superiores", os órganos principais son a raíz, o caule, as follas, as flores e os froitos.
O shilha é unha lingua bérber falada polo pobo shilha, un grupo étnico de oito millóns de persoas que habitan no suroeste de Marrocos. O shilha é falado nunha área que abrangue arredor de 100 000 km2, e comprende as montañas do Alto Atlas e as rexións do sur ata o río Draa, incluíndo o Anti-Atlas e a conca aluvial do río Sous. As meirandes zonas urbanas da rexión son a cidade costeira de Agadir (cunha poboación de máis de 400 000 persoas) e as vilas de Guelmim, Taroudant, Oulad Teima, Tiznit e Ouarzazate.
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
Xestobium rufovillosum é unha especie de escaravello perforador da madeira da familia Ptinidae (antes Anobiidae) que ás veces infesta a madeira de edificios antigos. O adulto é de cor marrón e mide como media 7 mm de longo. Pon os ovos en gretas escuras de madeira vella do interior de edificios, árbores ou en túneles deixados por xeracións previas de larvas.
El secreto de sus ojos é un filme hispano-arxentino dirixido, coescrito, producido e editado por Juan José Campanella, baseado na novela La pregunta de sus ojos de Eduardo Sacheri, que tamén participou na creación do guión. O filme é unha produción conxunta de compañías da Arxentina e de España.Empregando unha narrativa non linear, o filme conta a historia dun empregado xudicial interpretado por Ricardo Darín e dunha xuíza interpretada por Soledad Villamil, que investigan un caso de violación e asasinato que se converte nunha obsesión de todos os que están involucrados. Ó mesmo tempo conta a historia do personaxe de Darín 25 anos despois dos feitos e recupera o romance enterrado por ambos.Gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 82ª edición dos premios, facendo que Arxentina fose o primeiro país de Latinoamérica en gañar dúas veces, xunto con La historia oficial (1985).