Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e finada en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas, e foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela, un, o seu marido Pierre Curie, un, a súa filla Iréne Joliot-Curie, e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie). Ela tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e en 1995 converteuse na primeira muller en ser sepultada por méritos propios no Panteón de París.
Juliette Binoche, nada o 9 de marzo de 1964 en París, é unha actriz, artista e bailarina francesa. Ó longo da súa carreira como actriz, actuou en máis de 40 filmes, recibindo numerosos premios internacionais. Procendente dunha familia de artistas, comezou a recibir clases de interpretación durante a adolescencia.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos, Ourol, o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoporano.
A estridulación é o acto de producir son fretando certas partes do corpo. Este comportamento está principalmente asociado cos insectos, pero coñécese noutros animais tamén, como en varias especies de peixes, serpes e arañas. O mecanismo consiste en que unha estrutura que ten un labio, crista ou nódulos ben definidos (o "rascador" ou plectro) móvese sobre unha superficie con rugosidades ou cristas finas (a "lima" ou estridulitro -estridulitrum-, ás veces chamado pars stridens) ou viceversa, e isto causa unhas vibracións, como cando se arrastra transversalmente a agulla dun tocadiscos a través dos sucos dun disco de vinilo.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
A App Store é un servizo para o iPhone, iPod Touch, e o iPad, creado por Apple Inc, que permite aos usuarios buscar e descargar aplicacións, desenvolvidas co iOS SDK e publicadas por Apple. Estas aplicaciones están dispoñibles para ser compradas o gratuítas, dependendo de cada unha. As aplicaciones poden ser descargadas directamente ao iPhone o ao iPod Touch por medio dunha aplicación do mesmo nome.
Santoalla do Monte é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Petín. Segundo o IGE, en 2016 tiña 7 habitantes (3 mulleres e 4 homes), distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón o mantemento con relación ao ano 1999 cando tiña tamén 7 habitantes. É unha das localizacións de Sempre Xonxa e é a localización case única do documental Santoalla, no que se inspirou o filme As bestas.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
Edson Arantes do Nascimento, coñecido mundialmente como "Pelé", nado en Tres Corações (Minas Xerais) o 23 de outubro de 1940 e finado en São Paulo o 29 de decembro de 2022, foi un xogador de fútbol brasileiro, considerado "O Rei" dese deporte. Entre el, Diego Armando Maradona e Lionel Messi está o debate sobre quen é o mellor futbolista de tódolos tempos. O seu equipo do Santos marcou unha época e foi coñecido naquela como Os Santásticos.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Liga Democrática de Kosovo (Lidhja Demokratike e Kosovës: LDK ) é un partido político de Kosovo de carácter conservador e liberal-conservador que está no centrodereita no espectro político. O primeiro líder do partido foi Ibrahim Rugova e dende o 14 de marzo de 2021 o presidente do partido é Lumir Abdixhiku.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Nantes (Naoned en bretón e Naunnt ou Nàntt en galó), é unha cidade francesa, capital do departamento do Loira Atlántico dentro da rexión do País do Loira. É a sexta maior cidade de Francia, e está situada no sueste da Bretaña. É a capital da rexión administrativa de Pays-de-Loire, pero historicamente pertence á Bretaña, da que foi capital e residencia dos duques da Bretaña.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Turquía (turco: Türkiye, ˈtyɾcije) —de forma oficial República de Turquía (turco: Türkiye Cumhuriyeti, (Türkiye Cumhuriyeti)— é un país soberano intercontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Occidental (95 % do seu territorio) e unha menor na Europa meridional (5 % do seu territorio), que se estende por toda a península de Anatolia (a península de Anatolia atópase entre o mar Negro e o mar Mediterráneo e forma o «corazón» do país) e Tracia Oriental na zona dos Balcáns. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.O seu territorio foi o fogar de varias grandes civilizacións: hititas, urartu, cimerios, asirios, persas, grecos, romanos, bizantinos, selxúcidas, otománs e lugar de moitas batallas entre esas civilizacións ao longo da historia.
O oso de Salcedo é unha máscara característica da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. Celebra o comezo da primavera, remedando o momento no que o oso sae da súa oseira trala hibernación. Simboliza deste xeito o comezo do ciclo agrícola anual, propiciatorio da abundancia nas colleitas e a fecundidade das mulleres.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Santoalla é un filme documental estadounidense de 2016 sobre o deterioramento das relacións veciñais na aldea de Santoalla. Foi dirixido polos cineastas neoiorquinos Andrew Becker e Daniel Mehrer no seu debut como directores. O filme xira arredor da desaparición e asasinato do neerlandés Martin Verfondern na aldea de Santoalla (Petín) en xaneiro de 2010 e conta parte da súa vida a carón da súa muller Margo Pool durante as décadas de 1990, 2000 e 2010.
Polseres vermelles é unha serie de televisión catalá emitida por TV3 (Televisió de Catalunya) en 2011, creada e escrita por Albert Espinosa, dirixida por Pau Freixas e coproducida por ambos.A serie conta a historia dun grupo de mozos e mozas que coinciden nun hospital por mor das súas enfermidades, e fala da amizade, as ganas de vivir e o afán de superación. O guión orixinal estaba pensado para durar catro tempadas, pero TV3 só gravou dúas.
As áreas sanitarias de Galicia son as demarcacións territoriais coas que se organiza o sistema público de saúde galego. Cada área sanitaria está integrada polos centros de saúde e hospitais do SERGAS presentes nos concellos do seu ámbito territorial, e xestiona de xeito unitario os seus recursos e as súas prestacións sanitarias.As áreas sanitarias de Galicia son sete: Área sanitaria da Coruña e Cee, Área sanitaria de Ferrol, Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza, Área sanitaria de Vigo.Á súa vez, cada área sanitaria divídese en distritos sanitarios, os cales teñen unha función coordinadora da atención primaria, hospitalaria e socio-sanitaria ofrecida nos centros asistenciais da súa demarcación. En Galicia hai catorce distritos sanitarios, tendo cada un deles como referencia o hospital existente no seu territorio: Distrito sanitario da Barbanza, Distrito sanitario do Barco de Valdeorras, Distrito sanitario de Cee, Distrito sanitario da Coruña, Distrito sanitario de Ferrol, Distrito sanitario de Lugo, Distrito sanitario da Mariña, Distrito sanitario de Monforte de Lemos, Distrito sanitario de Ourense, Distrito sanitario de Pontevedra, Distrito sanitario do Salnés, Distrito sanitario de Santiago de Compostela, Distrito sanitario de Verín, Distrito sanitario de Vigo.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei".A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible. Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas, entre outros.
Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2023. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona e causa da morte.
Ataraxia (en grego antigo: Ἀταραξία ataraxia) tradúcese como "ausencia de inquietude/preocupación", "tranquilidade da mente".Demócrito usou este termo cando afirmou "A felicidade é pracer, benestar, harmonía, simetría e ataraxia", pero foron os epicúreos, os escépticos e os estoicos os que situaron a ataraxia no centro do seu pensamento.Os estoicos tamén buscaban a tranquilidade mental, e aínda que eles tamén consideraban a ataraxia como desexable e usaban a miúdo o termo, a ataraxia como "ausencia de preocupación" sempre foi o obxectivo dos epicúreos na vida, sendo análogo ao estado de vida que buscaban os sabios estoicos, a saber: apatheia (apatía), "ausencia de paixóns", que non debe confundirse co diagnóstico de apatía no sentido psicolóxico, caracterizado por unha perda de sensibilidade do individuo en relación aos estímulos cotiáns.
Mosteiro de San Xulián de Samos
O mosteiro de San Xulián de Samos, tamén mosteiro de San Xiao de Samos, é un mosteiro medieval fundado no século VI, segundo a tradición por Martiño de Dumio, que chegou a ser un dos de maior importancia de Galicia, e que na actualidade se atopa en bo estado de conservación. Pertence á orde dos beneditinos e está no concello de Samos (provincia de Lugo).
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.