Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O oso de Salcedo é unha máscara característica da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. Celebra o comezo da primavera, remedando o momento no que o oso sae da súa oseira trala hibernación. Simboliza deste xeito o comezo do ciclo agrícola anual, propiciatorio da abundancia nas colleitas e a fecundidade das mulleres.
Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade
A Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade (CDPD) é un instrumento internacional de dereitos humanos das Nacións Unidas ou Dereito internacional dos dereitos humanos destinado a protexer os dereitos e a dignidade das persoas con discapacidade. Os países asinantes teñen a obriga de promover, protexer e garantir o pleno goce dos dereitos humanos das persoas con discapacidade e garantir a plena igualdade ante a lei. O texto foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 13 de decembro de 2006 na súa Sede en Nova York, e abriuse para a sinatura o 30 de marzo de 2007.
A tanatose, morte aparente, morte finxida, inmobilidade tónica ou catatonia de inmobilización é o comportamento no cal os animais aparentan estar mortos. É un estado inmóbil xeralmente desencadeado por un ataque de predadores e pode darse nunha ampla variedade de animais, desde insectos e crustáceos a mamíferos, aves, réptiles, anfibios e peixes. O termo inmobilidade tónica é o que máis se usa na literatura científica sobre o asunto.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
O cine de animación é aquel no que se usan maioritariamente técnicas de animación. O cine de imaxe real rexistra imaxes reais en movemento continuo, descompoñéndoas nun número discreto de imaxes por segundo. No cine de animación non existe movemento real que rexistrar, senón que se producen as imaxes individualmente e unha por unha (mediante debuxos, modelos, obxectos e outras múltiples técnicas), de xeito que ao proxectarse consecutivamente se produza a ilusión de movemento.
Juan José Cardenal, máis coñecido como Juanjo Cardenal, nado en Madrid en 1950, é un expresentador catalán de televisión. É coñecido por ter sido durante 24 anos a voz en off (o narrador) do popular concurso de La 2 Saber y ganar, entre 1997 e 2021, e por ter sido tamén a voz en off do concurso xa fóra de antena Si lo sé no vengo, presentados ambos os dous por Jordi Hurtado.
A música (do grego: μουσική [τέχνη] - mousikē [téchnē], "a arte das musas") é, segundo a definición tradicional do termo, a forma de arte consistente en combinar lóxica e sensibelmente os sons e silencios coa finalidade de crear unha determinada sensación ou emoción no oínte. De todos xeitos, desde hai varias décadas a definición do concepto de "música" volveuse máis complexa, debido a que destacados compositores realizaron experiencias que, se ben son musicais, traspasan os límites da definición desta arte. A creación, a execución, a importancia e incluso a definición da música varían de acordo coa cultura e o contexto social.
Coalición Democrática (CD) foi unha coalición electoral española formada en 1979 para concorrer ás eleccións xerais, trala aprobación da Constitución en decembro do ano anterior. Nun primeiro momento adoptou o nome de Confederación Democrática Española. A coalición agrupaba a diversos partidos de centro dereita: Alianza Popular, de Manuel Fraga, Acción Ciudadana Liberal, de José María de Areilza e Alfonso Osorio, Partido Demócrata Progresista, Renovación Española e Partido Popular de Cataluña, de Luis Montal.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 194.478 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A chave ou xogo da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia. Existen moitas modalidades de chave na Galiza con numerosos equipos e varias ligas asociadas a cada modalidade. Entre elas: A liga da Coruña, organizada na Federación Galega de Chave dependente da Xunta de Galicia.
The Ballad of Buster Scruggs é un filme estadounidense de 2018 dirixido, escrito e producido polos irmáns Coen. Está protagonizado por Tim Blake Nelson, Liam Neeson, James Franco, Brendan Gleeson, Zoe Kazan, Tyne Daly, Harry Melling e Tom Waits, e contén seis historias curtas que están ambientadas no Vello Oeste. O filme estreouse no Fertival Internacional de Cinema de Venecia o 31 de agosto de 2018, onde gañou a Osella de Ouro ó mellor guión.
Azerbaijan Airlines (azarí: Azərbaycan Hava Yolları), tamén coñecida como AZAL, é a aeroliña nacional de Acerbaixán, ademais de ser a compañía aérea máis grande do país. Baseada en Baku, ao lado do aeroporto Heydar Aliyev, a avoos a destinos en Asia, a CEI, Europa e os Estados Unidos. Azerbaijan Airlines é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional.
Lobo viquingo (en noruegués: Vikingulven) é un filme noruegués de 2022 dirixido por Stig Svendsen, quen tamén escribiu o guión xunto con Espen Aukan. Está protagonizado por Liv Mjönes, Elli Rhiannon Müller Osborne, Arthur Hakalahti e Sjur Vatne Brean. O filme gravouse en Notodden, foi producido por Filmkamatene A/S e REinvent Studios e estreouse nos cinemas de Noruega o 18 de novembro de 2022.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Turquía (turco: Türkiye, ˈtyɾcije) —de forma oficial República de Turquía (turco: Türkiye Cumhuriyeti, (Türkiye Cumhuriyeti)— é un país soberano intercontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Occidental (95 % do seu territorio) e unha menor na Europa meridional (5 % do seu territorio), que se estende por toda a península de Anatolia (a península de Anatolia atópase entre o mar Negro e o mar Mediterráneo e forma o «corazón» do país) e Tracia Oriental na zona dos Balcáns. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.O seu territorio foi o fogar de varias grandes civilizacións: hititas, urartu, cimerios, asirios, persas, grecos, romanos, bizantinos, selxúcidas, otománs e lugar de moitas batallas entre esas civilizacións ao longo da historia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
XVIII edición dos Premios Goya
A 18ª Cerimonia de entrega dos Premios Goya tivo lugar no Palacio Municipal de Congresos do Campo das Nacións en Madrid o día 31 de xaneiro de 2004. Nesta edición, a AVT convocou unha manifestación fronte á gala debido a que entre as nomeadas estaba a longametraxe documental de Julio Medem La pelota vasca, la piel contra la piedra, debido a que segundo eles equiparaba ás vítimas cos asasinos. Por iso pedían o apoio dos asistentes, ós que solicitaban portar un adhesivo co slogan "Non a ETA".
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 245.711 habitantes (INE, 2019); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
The Swimmers é un filme de 2022 dirixido por Sally El-Hosaini a partir dun guión que escribiu xunto con Jack Thorne. O filme está protagonizado polas irmás Nathalie Issa e Manal Issa, Ahmed Malek, Matthias Schweighöfer, Ali Suliman, Kinda Alloush, James Krishna Floyd e Elmi Rashid Elmi. The Swimmers estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 8 de setembro de 2022, e en cinemas escollidos o 11 de novembro de 2022.
Eleccións municipais en Taboada
Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello de Taboada dende 1979.
O Estremadoiro, Ganade, Xinzo de Limia
O Estremadoiro é un lugar da parroquia de Ganade, no concello ourensán de Xinzo de Limia.
You People é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Kenya Barris, e co escrito por Barris e Jonah Hill. O filme está protagonizado por Hill, Lauren London, David Duchovny, Nia Long, Julia Louis-Dreyfus e Eddie Murphy. A súa trama céntrase nunha parella interracial e como as súas familias consideran o amor moderno entre enfrontamentos culturais, expectativas sociais e diferenzas xeracionais.
A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa. O feito de que no ano 298 d.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei".A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible. Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas, entre outros.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
O yugambeh (ou mibanah, que provén de mibanah gulgunmm, "lingua de homes" ou "son de aguias") é unha lingua aborixe australiana falada polo pobo yugambeh que habita en South-East Queensland, entre a conca do río Logan e o río Tweed River, limitando ao leste co océano Pacífico (incluíndo a illa South Stradbroke) e ao oeste coa cordilleira Teviot Range.O yugambeh é un continuo dialectal con catro variedades, e pertence á rama bandjalangic da familia lingüística pama-nyungana. Unha variedade pouco estudada chamada ngarahgwal pode pertencer ao continuo yugambeh ou a un dos outros grupos de bandjalang.