Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade
A Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade (CDPD) é un instrumento internacional de dereitos humanos das Nacións Unidas ou Dereito internacional dos dereitos humanos destinado a protexer os dereitos e a dignidade das persoas con discapacidade. Os países asinantes teñen a obriga de promover, protexer e garantir o pleno goce dos dereitos humanos das persoas con discapacidade e garantir a plena igualdade ante a lei. O texto foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 13 de decembro de 2006 na súa Sede en Nova York, e abriuse para a sinatura o 30 de marzo de 2007.
Évariste Galois, nado o 25 de outubro de 1811 e finado o 31 de maio de 1832, foi un matemático francés. Mentres aínda era un adolescente, foi capaz de determinar a condición necesaria e suficiente para que un polinomio sexa resolto por radicais, dando unha solución a un problema que permanecera sen resolver. O seu traballo ofreceu as bases fundamentais para a teoría que leva o seu nome, unha rama principal da álxebra abstracta.
Robyn Rihanna Fenty, máis coñecida como Rihanna, nada o 20 de febreiro de 1988, é unha cantante, actriz, modelo e deseñadora barbadense. Nada en Barbados, a súa carreira comezou despois de coñecer ó produtor musical Evan Rogers a finais de 2003. Canda el gravou cancións demo, e o seu traballo foi enviado a varios selos musicais.
Segunda tempada de The Simpsons
A segunda tempada da serie animada The Simpsons foi emitida orixinalmente dende o 11 de outubro de 1990 até o 9 de maio de 1991, e tivo vinte e dous episodios, comezando con «Bart Gets an "F"». Outro episodio, «Blood Feud», estreouse durante o verán, despois do final oficial da tempada. Os produtores executivos para a produción da segunda tempada foron Matt Groening, James L. Brooks, e Sam Simon, quen xa o foron durante a tempada anterior.
Dark Souls (ダークソウル, Dāku Souru) é un videoxogo de acción e rol ambientado nun mundo aberto. Foi desenvolvido e publicado para PlayStation 3 e Xbox 360 por From Software no Xapón e publicado por Namco Bandai Games internacionalmente. É un sucesor espiritual de Demon's Souls, e inicialmente comezou o proxecto baixo o título Project Dark.
Ringo Starr nado como Richard Starkey, (MBE) en Liverpool o 7 de xullo de 1940, é un músico, cantante, compositor e actor británico, recoñecido por ser o batería de The Beatles. Dos catro membros do grupo, foi o último en incorporarse á formación definitiva. Chámanlle así porque sempre usa aneis, aínda que nunha entrevista dixo: "Elixino porque é nome de can e os cans agrádanme".
Fitzcarraldo é un filme alemán de 1982 escrito e dirixido por Werner Herzog e protagonizado por Klaus Kinski. Conta a historia dun señor do caucho, un irlandés coñecido no Perú como Fitzcarraldo, que está determinado a transportar un barco de vapor sobre un outeiro para acceder a un rico territorio do caucho na conca do Amazonas. O filme baseáse nos feitos reais do peruano Carlos Fitzcarrald e a súa fazaña de transportar un barco de vapor desmontado sobre o istmo de Fitzcarrald.
The Washington Post é o maior e máis antigo xornal de Washington, D.C., a capital dos Estados Unidos. Gañou fama mundial a principios dos 70, pola súa investigación sobre o caso Watergate, conducida por Bob Woodward e Carl Bernstein, que desempeñou un papel importante na caída de Richard Nixon como presidente. É xeralmente considerado un dos mellores diarios estadounidenses, xunto co New York Times, coñecido pola súa reportaxe xeral e cobertura internacional, e o Wall Street Journal, famoso no eido financeiro.
O British Filme Institute (BFI) (galego: Instituto de Cinema Británico) é unha organización sen fins de lucro, estabelecida por Decreto Real para alentar o desenvolvemento das artes do cinema, a televisión e a imaxe en movemento en todo o Reino Unido. Está financiado polo Departamento para a Cultura, Medios de Comunicación e Deporte.
Python é unha linguaxe de programación creada por Guido van Rossum no ano 1990.É comparado habitualmente con TCL, Perl, Scheme, Java e Ruby. Na actualidade Python desenvólvese como un proxecto de código aberto, administrado pola Python Software Foundation. A última versión estable da linguaxe é a 3.6.5.
A calor específica é unha magnitude física que se define como a cantidade de calor que hai que subministrar á unidade de masa dunha substancia ou sistema termodinámico para elevar a súa temperatura nunha unidade (kelvin ou grao Celsius). En xeral, o valor da calor específica depende da temperatura inicial. Represéntase coa letra c {\displaystyle c\,\!} .
Onda gravitacional é a onda que transmite enerxía por medio de deformacións no espazo-tempo, ou sexa, por medio do campo gravitacional. A teoría xeral da relatividade predí que as masas aceleradas poden causar este fenómeno, que se propaga coa velocidade da luz. En febreiro de 2016 voceiros do experimento LIGO anunciaron a detección de ondas gravitacionais xeradas pola colisión de dous buratos negros.
Amazon Prime Video, ou sinxelamente Prime Video, é un servizo estadounidense de streaming e alugamento de vídeo de subscrición baixo demanda ofrecido por Amazon como servizo autónomo ou como parte da subscrición a Prime de Amazon. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión producidas por Amazon Studios e MGM Holdings ou con licenza de Amazon, como Amazon Originals. Este servizo tamén conta con contido doutros provedores, complementos de contido, eventos deportivos en directo e servizos de compra e alugamento de vídeos.
Os Elementos de Euclides (grego: Στοιχεῖα) é un tratado matemático e xeométrico constituído por trece libros escrito polo matemático grego Euclides en Alexandría contra o ano 300 a.C. Engloba unha colección de definicións, postulados (axiomas), proposicións (teoremas e construcións) e probas matemáticas das proposicións. Nestes trece volumes Euclides recompila gran parte do saber matemático da súa época, representado no sistema axiomático coñecido como Postulados de Euclides os cales, dunha forma sinxela e lóxica, deron lugar á xeometría euclidiana. Parece que Euclides pretendía reunir tres grandes descubrimentos do seu tempo: a teoría das proporcións de Eudoxo (Os Elementos.
Two Cars in Every Garage and Three Eyes on Every Fish
"Two Cars in Every Garage and Three Eyes on Every Fish" é o cuarto episodio da segunda tempada de The Simpsons. Emitiuse orixinalmente na cadea Fox dos Estados Unidos o 1 de novembro de 1990. No episodio, Bart atrapa un peixe de tres ollos río abaixo da central nuclear de Springfield.
WeChat ou Wēixìn (en lingua chinesa: 微信, literalmente mensaxe de micro) é un servizo de mensaxería de texto e mensaxes de voz chinés, creado por Tencent Guangzhou Research e o Centro de Investigación e Proxectos en outubro do 2010, e foi publicado por primeira vez en xaneiro do 2011. A aplicación está dispoñíbel en sistemas Android, BlackBerry OS, iOS, Nokia Asha e Windows Phone. Entre as linguas soportadas inclúe chinés simplificado, chinés tradicional, español, indonesio, malaio, xaponés, coreano, polaco, italiano, tailandés, vietnamita, hindi, ruso e inglés.
Philip Anthony Hopkins, nado en Port Talbot (Glamorgan) o 31 de decembro de 1937, é un actor, produtor, compositor e director de cinema británico. É coñecido polo gran público pola súa interpretación do asasino en serie Hannibal Lecter nos filmes O silencio dos cordeiros, a súa secuela Hannibal e a súa precuela Red Dragon. Gañou premios como o Óscar, o Emmy, o Globo de Ouro ou o BAFTA, entre outros.
En epistemoloxía un axioma é unha "verdade evidente" que non admite demostración, mediante a intuición racional; sobre a cal descansa o resto do coñecemento ou sobre a cal constrúense outros coñecementos. Non todos os epistemólogos están de acordo en que os axiomas existan dese xeito. En matemáticas un axioma non é necesariamente unha verdade evidente, senón unha expresión lóxica utilizada nunha dedución para chegar a unha conclusión.
Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic
O Masacre de Múnic ocorreu durante os Xogos Olímpicos de 1972 en Múnic, Alemaña, cando membros do equipo olímpico israelí foron tomados como reféns pola organización terrorista Palestina Setembro Negro, un grupo relacionado coa organización de Yasser Arafat, Fatah. Os terroristas asasinaron a 11 atletas israelís e a un oficial de policía alemán. Cinco dos oito secuestradores foron mortos pola policía durante unha tentativa de rescate.
Alison Marion Lohman, nada en Palm Springs (California) o 18 de setembro de 1979, é unha actriz estadounidense. Interpretou a Astrid en White Oleander (2002), e apareceu en Matchstick Men (2003), Where the Truth Lies (2005), The Big White (2005), Flicka (2006) e Drag Me to Hell (2009), alén de papeis menores en Big Fish (2003), Beowulf (2007) e Gamer (2009).
O Dolby Theatre (antigamente coñecido como Kodak Theatre) é un auditorio para espectáculos e un complexo de entretemento localizado no Hollywood Boulevard da Avenida North Highland, no distrito de Hollywood da cidade dos Ánxeles, Estados Unidos. Dende a súa inauguración o 9 de novembro de 2001, o teatro acolleu as cerimonias dos Premios Óscar, sendo a sede por vez primeira en marzo de 2002. É a primeira casa permanente da cerimonia de premios anuais.
Un pneumático (do grego: πνευματικός, "relativo ó pulmón"), tamén denominado cuberta, é unha peza toroidal de caucho que se coloca nas rodas de diversos vehículos e máquinas. A súa función principal é permitir un contacto axeitado por adherencia e fricción co firme, posibilitando o arranque, o freado e a guía. Os pneumáticos xeralmente teñen fíos que os reforzan.
A conxelación dos alimentos é o sistema máis utilizado de conservación de alimentos mediante o uso de baixas temperaturas. Consiste en reduci-la temperatura do produto por debaixo da temperatura de conxelación da auga de constitución para dete-lo crecemento microbiano e a acción dos enzimas que poidan altera-los alimentos. Para ser realmente eficaz e garanti-la salubridade do alimento así conservado, a lexislación esixe que a temperatura no centro do produto sexa de -18 °C ou inferior e que se manteña sen flutuacións durante toda a súa vida útil.
Aretha Louise Franklin, nada o 25 de marzo de 1942 en Memphis, e finada en Detroit o 16 de agosto de 2018, foi unha cantante de soul, R&B e gospel. Recibiu o alcume de «Lady Soul» (a dama do soul) ou «Queen of soul» (a raíña do soul), e foi unha das artistas máis influentes na música contemporánea, ostentando o posto número un da lista dos 100 cantantes máis grandes de todos os tempos da revista Rolling Stone. A mediados da década de 1960 consolidouse como estrela feminina do soul, algo que favoreceu os dereitos raciais e das mulleres nos Estados Unidos.
Nicole Mary Kidman, nada en Honolulú (Hawai) o 20 de xuño de 1967, é unha actriz e produtora con dobre nacionalidade australiana e estadounidense. Gañou un Óscar, catro Globo de Oro, un Bafta e un Oso de Prata á mellor actriz, entre outros. Ten unha irmá máis nova, Antonia Kidman, que tamén é actriz.
Jacob e Wilhelm Grimm foron dous irmáns alemáns, coñecidos polas súas coleccións de contos populares e contos infantís e polos seus traballos de lingüística, en particular os relacionados cos cambios fonéticos na historia das linguas xermánicas. Súa é a denominada Lei de Grimm e seu é o primeiro gran dicionario do alemán estándar: o Deutsches Wörterbuch. Entre os contos máis famosos publicados por eles están os clásicos do xénero como Hansel e Gretel, Cincenta, Carapuchiña vermella, O príncipe ra, Polgariño e Brancaneve e os sete ananiños.
Casablanca (en amazigh: ⴰⵏⴼⴰ "Anfa" ou "Taddart Tamellalt", e en árabe: الدار البيضاء, ad-Dar al-Baïdaa, en darija: Casa, كازا) é a maior cidade do Marrocos, o seu principal porto e centro económico e comercial do país. A súa poboación segundo o censo do 2004 é de 3 111 977 de habitantes. Sitúase na beira do Océano Atlántico, a 80 quilómetros ao suroeste de Rabat.
Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (en inglés: Academy of Motion Picture Arts and Sciences, abreviada como AMPAS) é unha organización profesional norteamericana dedicada ó progreso das artes e das ciencias da cinematografía. Foi fundada o 11 de maio de 1927 en California. A Academia está composta por 6.000 profesionais do mundo do cinema.
Cardcaptor Sakura (カードキャプターさくら kādo kyaputā sakura), tamén coñecido como Card Captor Sakura ou A cazadora de cartas e frecuentemente abreviado en CCS é un serie manga do grupo artístico feminino CLAMP. É tamén un serie de animación (1998-2000) baseado no manga, de 70 episodios de media hora e dous filmes.
Kathrin Romany "Kate" Beckinsale, nada o 26 de xullo de 1973 en Finsbury Park, Londres, é unha actriz inglesa. Despois dalgúns papeis menores en series de televisión, debutou no cine no filme Much Ado About Nothing (1993) mentres era estudante Universidade de Oxford. Logo apareceu en Prince of Jutland (1994), Cold Comfort Farm (1995), Emma (1996) e The Golden Bowl (2000), ademais de colaborar en producións de teatro e radio.
En teoría de conxuntos, o axioma da escolla é un axioma que postula que para cada familia de conxuntos non baleiros, existe outro conxunto que contén un elemento de cada un daqueles. De maneira informal, afirma que dada unha colección de «caixas» con obxectos dentro delas, é posible escoller un obxecto de cada caixa. Que este procedemento se pode levar a cabo é trivialmente certo sempre que dita familia sexa finita, ou cando existe unha regra ben determinada que permite «escoller» un único elemento de cada conxunto dela.
Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km2, sendo a segunda nación maior de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo.
Eleanor Marie Robertson, nada en Silver Spring (Maryland) o 10 de outubro de 1950, é unha escritora de best-sellers estadounidense, dentro do xénero da novela romántica e de suspense co nome de Nora Roberts e de literatura fantástica co nome de J. D. Robb. Foi a primeira escritora incluída no Salón da Fama dos Escritores Románticos dos Estados Unidos. A partir de 2011, as súas novelas totalizaron 861 semanas na Lista de Best-Sellers do New York Times, incluíndo 176 semanas na posición número un.Publicou tamén unha historia nunha revista co pseudónimo de Jill March.
En informática teórica e matemáticas, a teoría da computación é a rama que estuda como de eficientemente poden resolverse os problemas nun modelo de computación, empregando un algoritmo. O campo divídese en tres áreas principais: a teoría e linguaxe de autómatas, a teoría da computabilidade e a teoría da complexidade computacional, que están ligadas pola pregunta: "cales son as capacidades fundamentais e as limitacións das computadoras?".Para establecer un estudo rigoroso sobre a computación, os científicos computacionais traballan cunha abstracción matemática de computadoras denominada modelo de computación. Existen varios modelos en uso, mais o máis comunmente examinado é a máquina de Turing.
Indiana Jones e a última cruzada
Indiana Jones e a última cruzada (en inglés: Indiana Jones and the Last Crusade) é un filme estadounidense dirixido por Steven Spielberg que foi estreado en 1989.
Agostino "Dino" De Laurentiis, nado o 8 de agosto de 1919, e finado o 10 de novembro de 2010, foi un produtor de cinema italiano. Xunto con Carlo Ponti, foi un dos produtores que levaron o cine italiano á escena internacional ó final da segunda guerra mundial. Produciu ou co-producido máis que 500 filmes, dos cales 38 foron nomeado ós Premios Oscar.
Ingvar Eggert Sigurðsson nado o 22 de novembro de 1963 é un actor islandés que traballou fundamentalmente no cine islandés. Entre os seus papeis máis coñecidos están o de Friðrik Þór Friðriksson no filme Englar alheimsins e o de Baltasar Kormákur Mýrin. Ademais dos seus traballos no cine, Ingvar tamén actuou na televisión.
O oso de Salcedo é unha máscara característica da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. Celebra o comezo da primavera, remedando o momento no que o oso sae da súa oseira trala hibernación. Simboliza deste xeito o comezo do ciclo agrícola anual, propiciatorio da abundancia nas colleitas e a fecundidade das mulleres.
Óscar ó mellor filme internacional
O Óscar ó mellor filme internacional ("Academy Award for Best International Feature Film"), chamado ata 2020 Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa ("Best Foreign Language Film"), é un dos Premios da Academia, popularmente coñecidos como Oscars, entregados anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). Este galardón entrégaselle ós filmes producidos fóra dos Estados Unidos co diálogo predominante non inglés.Cando se celebrou a primeira cerimonia dos Óscar o 16 de maio de 1929, non existía unha categoría separada para filmes estranxeiros. Entre 1947 e 1955, a Academia presentou o Oscar especial/honorífico ós mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Gérard Xavier Marcel Depardieu nado en Châteauroux (Indre) o 27 de decembro de 1948, é un actor francés con nacionalidade rusa. Ademais é produtor de cinema, home de negocios e ocasionalmente realizador. Acadou numerosos recoñecementos ó longo da súa traxectoria como actor, entre os que destacan un nomeamento ó Oscar e un Premio César como mellor actor no filme Cyrano de Bergerac en 1990, un Premio César polo filme Le Dernier Métro en 1981 e un Globo de Ouro como mellor actor en Green Card no ano 1990.
Borrelia burgdorferi é unha especie de bacterias do filo das espiroquetas, que ten unha envoltura diderma (de dobre membrana). B. burgdorferi (sensu stricto) é predominante en Norteamérica, pero existe tamén en Europa, e é o axente causante (xunto con outras Borrelia) da enfermidade de Lyme. A enfermidade de Lyme é unha zoonose, transmitida por un vector, que é a carracha Ixodes.
XVIII edición dos Premios Goya
A 18ª Cerimonia de entrega dos Premios Goya tivo lugar no Palacio Municipal de Congresos do Campo das Nacións en Madrid o día 31 de xaneiro de 2004. Nesta edición, a AVT convocou unha manifestación fronte á gala debido a que entre as nomeadas estaba a longametraxe documental de Julio Medem La pelota vasca, la piel contra la piedra, debido a que segundo eles equiparaba ás vítimas cos asasinos. Por iso pedían o apoio dos asistentes, ós que solicitaban portar un adhesivo co slogan "Non a ETA".
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
The Last of Us (serie de televisión)
The Last of Us é unha serie de televisión dramática estadounidense creada por Craig Mazin e Neil Druckmann para HBO. Está baseada no videoxogo homónimo de 2013 desenvolvido por Naughty Dog. A serie está ambientada no ano 2023, vinte anos despois dunha pandemia global causada por unha infección fúnxica masiva que converte os hóspedes en criaturas semellantes a zombis e fai colapsar a sociedade moderna. A serie conta as aventuras de Joel (Pedro Pascal), un contrabandista a quen se lle asigna o traballo de escoltar a adolescente Ellie (Bella Ramsey) a través dos Estados Unidos.
The Ballad of Buster Scruggs é un filme estadounidense de 2018 dirixido, escrito e producido polos irmáns Coen. Está protagonizado por Tim Blake Nelson, Liam Neeson, James Franco, Brendan Gleeson, Zoe Kazan, Tyne Daly, Harry Melling e Tom Waits, e contén seis historias curtas que están ambientadas no Vello Oeste. O filme estreouse no Fertival Internacional de Cinema de Venecia o 31 de agosto de 2018, onde gañou a Osella de Ouro ó mellor guión.
As trampas para a polinización ou flores trampa son estruturas das flores das plantas que axudan a atrapar insectos, principalmente moscas, para mellorar así a súa eficacia á hora de realizar a polinización. As estruturas das trampas para a polinización poden ser corolas tubulares profundas con pelos que apuntan cara atrás, superficies escorregantes, líquidos adhesivos, atractores (a miúdo enganando os insectos polo uso de atractores sexuais en vez de cunha recompensa de néctar e, por tanto, denomínase polinización enganosa), peche da flor ou outros mecanismos. En moitas especies de orquídeas as flores producen compostos químicos que enganan os insectos machos producindo atractores que imitan os das súas femias.
Dragon Ball Z (ドラゴンボールZ, Doragon Bōru Zetto), tamén coñecido en Galiza como Dragón Z ou Bóla de Dragón Z, é unha serie de televisión de animación xaponesa de 291 capítulos de 25 minutos adaptada do manga de Akira Toriyama e producida polo estudio Tōei. É a continuación do anime Dragon Ball. En Galiza emitiuse na década de 1990, dentro do programa infantil Xabarín Club da Televisión de Galicia.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Dumbo é un clásico filme de animación en Technicolor, baseado no libro homónimo de infantil por Helena Aberson e ilustrado por Harold Pearl, estreado o 23 de outubro de 1941, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. É o cuarto filme de animación producido por Walt Disney.
The Dragon Prince, tamén coñecida como The Dragon Prince: Mystery of Aaravos após o lanzamento da cuarta tempada, é unha serie de televisión fantástica de animación por ordenador creada para Netflix por Aaron Ehasz e Justin Richmond, producida por Wonderstorm e animada por Bardel Entertainment. A serie relata as aventuras dos príncipes irmáns Callum e Ezran e a elfa Rayla, que deben coidar do príncipe dragón Azymondias e rematar o conflito entre os reinos humanos e as criaturas máxicas do reino de Xadia, do que proveñen as sete fontes primarias da maxia. A serie foi aclamada pola crítica polo seu guión, a súa temática, a actuación de voz, a súa animación e o seu humor.