Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Un galicismo é unha estrutura propia da lingua francesa aplicada noutra lingua. O francés foi lingua de cultura en toda Europa durante moitos séculos ata o século XIX, e a súa influencia foi moi importante nas linguas do leste europeo (romanés, ruso) e mesmo tamén nas occidentais (no portugués, e é abundantísmo no caso do inglés). No galego, a influencia do francés veu ademais na época medieval coa afluencia de peregrinos franceses no Camiño de Santiago.
O oso de Salcedo é unha máscara característica da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. Celebra o comezo da primavera, remedando o momento no que o oso sae da súa oseira trala hibernación. Simboliza deste xeito o comezo do ciclo agrícola anual, propiciatorio da abundancia nas colleitas e a fecundidade das mulleres.
Amancio Amaro Varela, coñecido simplemente como Amancio e alcumado o Bruxo, nado na Coruña o 16 de outubro de 1939 e finado en Madrid o 21 de febreiro de 2023, foi un exfutbolista e exadestrador de fútbol galego. Centrocampista histórico do Deportivo da Coruña e do Real Madrid, xogou 579 partidos entre os dous conxuntos e marcou 223 goles, 21 deles na Copa de Europa. Ocupa na actualidade o 10º posto na táboa de máximos goleadores da historia do Deportivo, e o 11º do Real Madrid.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Unha versión do mito dos gansos percebe ou da árbore dos gansos, sobre o ganso de face branca (Branta leucopsis ) e os gansos de cabeza negra (Branta bernicla) é que estes gansos nacen totalmente formados a partir de percebes (Cirripedia). Hai outros mitos sobre como se reproducen os gansos; a base de todos eles é que a ave emerxe e crece a partir de materia distinta de ovos de ave.
Unha marisma salina, marisma salgada ou marisma de marea é un ecosistema marino na zona intermareal superior costeira entre a terra e as augas salgadas abertas ou augas salobres, que queda regularmente asolagada pola subida da marea. Está dominada por densos conxuntos de plantas tolerantes ao sal como moitas plantas herbáceas, herbas ou arbustos baixos. Estas plantas son de orixe terrestre e son esenciais para a estabilidade das marismas salinas para atrapar e pegar os sedimentos.
Cúpula de Santa María del Fiore
A cúpula de Santa María do Fiore ou cúpula de Santa María da Flor, tamén coñecida como cúpula de Brunelleschi ou cúpula do Duomo de Florencia, constitúe a cuberta do cruceiro da catedral de Santa María del Fiore de Florencia. Foi a cúpula máis grande do mundo trala caída do Imperio romano e considérase aínda a maior xamais realizada en albanelaría. Foi ideada, proxectada e construída por Filippo Brunelleschi, quen iniciou con esta obra o Renacemento italiano e florentino en arquitectura. Está considerada como a construción máis importante edificada en Europa desde a época romana, debido á relevancia fundamental que desempeñou para o desenvolvemento posterior da arquitectura e da concepción moderna da construción. A cúpula ten unha forma apuntada e está formada por oito caras ou panos apuntados, cubertos con tella de barro vermello e bordeados por oito nervios de pedra branca.
A Pedra do Destino, tamén coñecida como Pedra de Scone ou Pedra da Coroación (en gaélico escocés clach-na-cinneamhain, clach Sgàin ou tamén Lia(th) Fàil), é un bloque de pedra arenisca, gardado historicamente na Abadía de Scone (hoxe derrubado e substituído polo Scone Palace), que foi usado nas cerimonias de coroación dos reis escoceses durante a Idade Media. No século XIII, a Pedra foi capturada polo rei Eduardo I de Inglaterra e levada á abadía de Westminster en Londres, para ser utilizada na coroación dos reis ingleses. En 1996, o Goberno británico decidiu devolver a Pedra a Escocia, coa condición de que fose devolta a Londres para o seu uso en futuras coroacións, polo que agora pode verse no Castelo de Edimburgo, xunto coas xoias da coroa escocesa.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha planta rubideira ou planta gateadora é aquela que medra suxeitándose nun soporte, ben enrolándose, ben a través de órganos fixadores especiais. As rubideiras non se manteñen erguidas por si mesmas, necesitando doutra planta, un muro, un penedo, unha parra, un espaller, unha pérgola, unha rede etc. Para iso poden utilizar órganos como gabiáns, raíces adventicias etc.
Lista de países por Índice de Desenvolvemento Humano
O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) é un indicador creado no ano 1990 polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) co obxectivo de medir o nivel de desenvolvemento dos diferentes estados do mundo. Historicamente, o nivel de desenvolvemento avaliábase tendo en conta unicamente un só criterio, que podía ser de tipo económico (como por exemplo o nivel de renda, o PIB etc.), de tipo educativo (como a alfabetización etc.) ou ben variables de saúde (como a esperanza de vida, taxas de natalidade e de mortalidade, entre outros).
Pi ou π é unha constante matemática cuxo valor é a razón aritmética de calquera circunferencia dun círculo co seu diámetro; este é o mesmo valor có da razón da área dun círculo co cadrado do seu raio. É aproximadamente igual a 3,14159 na notación decimal habitual. π é unha das constantes matemáticas e físicas máis importantes: moitas fórmulas das matemáticas, ciencias e enxeñaría están moi relacionadas con π.
Unha páxina web é un conxunto de ficheiros cun formato HTML, xunto con outros arquivos que conteñen imaxes, vídeos etcétera, todos eles aloxados nun servidor web público que permite acceder os mesmos en calquera momento. Estes arquivos son presentandos e interpretados no ordenador do usuario que os solicite a través dun navegador web. Xeralmente, están todos organizados dentro dun sitio web, ligados entre eles a través de hiperligazóns.
The Ballad of Buster Scruggs é un filme estadounidense de 2018 dirixido, escrito e producido polos irmáns Coen. Está protagonizado por Tim Blake Nelson, Liam Neeson, James Franco, Brendan Gleeson, Zoe Kazan, Tyne Daly, Harry Melling e Tom Waits, e contén seis historias curtas que están ambientadas no Vello Oeste. O filme estreouse no Fertival Internacional de Cinema de Venecia o 31 de agosto de 2018, onde gañou a Osella de Ouro ó mellor guión.
Marc Márquez Alentà, nado na localidade de Cervera (provincia de Lleida) o 17 de febreiro de 1993, é un piloto catalán de motociclismo. Gañou 8 títulos do Campionato do Mundo de Motociclismo en tres categorías diferentes: 125cc (2010), Moto2 (2012) e MotoGP (2013, 2014, 2016, 2017, 2018 e 2019). É piloto do equipo Repsol Honda.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A impresión 3D de alimentos consiste nun proceso robótico e controlado dixitalmente co que é posible construír produtos alimenticios capa por capa. Para levalo a cabo utilízase unha impresora 3D da que escollemos unha receita que estea dispoñible dentro do seu mecanismo informático ou creamos unha propia.Esta tecnoloxía abriu unha nova etapa na industria alimentaria que posibilita novas posibilidades como o deseño de alimentos complexos para satisfacer as necesidades individuais de saúde e actividade física, comidas personalizadas e produción en masa. O seu crecemento foi posible grazas á demanda no deseño de alimentos e nutrición personalizada, á ampliación do material alimentario dispoñible e á simplificación da cadea de subministración e procesado á hora de sintetizar un prato.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 194.811 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Estrella Galicia é unha marca de cervexa fabricada pola empresa galega Hijos de Rivera S.A. con sede no Polígono da Grela na Coruña. É unha cervexa loura que posúe unha gradación alcohólica de 6,5 graos e un característico sabor amargo lembranza do lúpulo empregado na súa orixe e que se cultivaba en Betanzos.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O futuro de subxuntivo tiña plena vixencia funcional no galego-portugués medieval, pervive no portugués actual, mais viuse desprazado no caso da lingua galega polas outras formas do subxuntivo e mais polo presente de indicativo. O futuro de subxuntivo, que se acha fosilizado en refráns e no cancioneiro popular, pervive feblemente na fala e na literatura do século XIX e na lingua culta actual, fórmase co tema de perfecto e engádense a este os mesmos sufixos que ten o infinitivo conxugado. Por este motivo, nos verbos regulares hai sincretismo ao seren idénticas as formas do infinitivo conxugado e do futuro de subxuntivo (aínda que os usos son distintos).
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Para a linguaxe de programación, véxase Logo Un logotipo, ou abreviada e popularmente logo, é un debuxo que lle serve a unha entidade ou a un grupo de persoas para representarse. Historicamente, os artesáns do barro, do vidro, os fabricantes de espadas e artefactos de ferro fino, e os impresores utilizaban marcas para sinalar a súa autoría. Os reis que sabían asinar ademais cruzaban os documentos legais cun logotipo da súa creación, á man ou cun selo.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Mércores de Cinsa ou Cinza é o primeiro día da Coresma no calendario católico, protestante, e anglicano. Sucede 46 días antes da Pascua cristiá, aínda que se considera que a Coresma ten 40 días de duración, xa que non se contan os domingos. Este día cae en diferentes datas ano a ano, de acordo á data móbil de Pascua.
José Torres Creo, nado en San Xulián de Requeixo (Pontecesures) o 5 de abril de 1874 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1939, foi un compositor e organista galego. Autor de numerosas cancións galegas para orfeón, e publicadas posteriormente en versión de voz e piano, entre as que destaca O sol da primavera, con texto do arcebispo e poeta Manuel Lago González.
Guns N' Roses é unha banda de hard rock formada nos Ánxeles (Estados Unidos), en marzo de 1985. O grupo está formado polo cantante Axl Rose, os guitarristas Slash e Izzy Stradlin, o baixista Duff McKagan, e o batería Steven Adler. O nome deriva da combinación de dúas bandas moi importantes en Hollywood, os L.A. Guns e os Hollywood Rose.
Cabalgar en solitario (en inglés: Ride Lonesome) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por Budd Boetticher e protagonizado por Randolph Scott, Karen Steele, Pernell Roberts, Lee Van Cleef e James Coburn, no seu debut cinematográfico. Este filme en Eastmancolor é un dos chamados do "ciclo Ranown" de Boetticher, feitos xunto a Randolph Scott, o produtor executivo Harry Joe Brown e o guionista Burt Kennedy, o cal comezou con Seven Men from Now.
Legend é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que foi estreado no ano 1985. Está protagonizado por Tom Cruise, Mia Sara, Tim Curry, David Bennent, Alice Playten, Billy Barty, Cork Hubbert e Annabelle Lanyon. É un conto de fantasía negra e ten sido descrito como un retorno ás fábulas orixinais, máis escuras, que se transmitían de xeito oral antes da expansión da lectura.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u. O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos.
XVIII edición dos Premios Goya
A 18ª Cerimonia de entrega dos Premios Goya tivo lugar no Palacio Municipal de Congresos do Campo das Nacións en Madrid o día 31 de xaneiro de 2004. Nesta edición, a AVT convocou unha manifestación fronte á gala debido a que entre as nomeadas estaba a longametraxe documental de Julio Medem La pelota vasca, la piel contra la piedra, debido a que segundo eles equiparaba ás vítimas cos asasinos. Por iso pedían o apoio dos asistentes, ós que solicitaban portar un adhesivo co slogan "Non a ETA".
W. Axl Rose, de nome real William Bruce Bailey, nado o 6 de febreiro de 1962, é un músico cantautor, compositor e pianista estadounidense. Alcanzou a popularidade por tratarse do cantante, líder e compositor do grupo Guns N' Roses, co que tivo un grande éxito arredor do mundo a finais das décadas de 1980 e principios da de 1990. No ano 2016, colaborou como vocalista principal da banda AC/DC na xira mundial, en substitución de Brian Johnson, que padecía problemas de saúde auditivos.Situado no posto número 64 da listaxe “Os 100 mellores cantantes de todos os tempos” segundo Rolling Stone; sexto da listaxe “Os 100 mellores vocalistas do metal de todos os tempos” segundo Hit Parader; na segunda posición da listaxe “Mellores roqueiros de todos os tempos” segundo Kerrang Magazine; no terceiro lugar da listaxe “Os 50 mellores cantantes do metal de todos os tempos” segundo Roadrunner Records; e no cuarto lugar segundo NME. Ademais dos numerosos recoñecementos polo seu traballo como compositor.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie a metade do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
Brunei (en malaio: Negara Brunei Darussalam, que significa literalmente "Nación de Brunei, a morada da paz", en jawi: نڬارا بروني دارالسلام) é un país ó noroeste da illa de Borneo no sueste de Asia. Comprende dous territorios, separados en gran parte pola cunca do río Limbang e arrodeados polo territorio de Sarawak. Á parte da súa costa no mar da China Meridional, está completamente arrodeado por Malaisia.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Nokia é na actualidade o primeiro fabricante de teléfonos móbiles a nivel mundial, ademais dunha das principais empresas do sector das telecomunicacións. Con sede en Espoo, (Finlandia), Nokia é unha das marcas máis coñecidas dentro e fóra da Unión Europea. Nokia tamén produce infraestrutura para redes de telefonía móbil e outros equipamentos de telecomunicacións para aplicacións como a telefonía tradicional por voz, RDSI, acceso a internet por banda larga, radio profesional móbil, Voz IP, e unha liña de receptores de satélite.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.