Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Syd Matters é un grupo musical francés formado polo músico Jonathan Morali, Jean-Yves Lozac'h, Olivier Marguerit, Remi Alexandre e Clement Carle. O nome Syd Matters provén da deturpación dos nomes dos membros de Pink Floyd, Syd Barrett e Roger Waters. As súas cancións "To All of You" e "Hello Sunshine", unha versión de Super Furry Animals, foron empregadas na serie de televisión The O.C. nas temporadas 3 e 4 respectivamente.
Orzamento ou presuposto é o cálculo por anticipado dos custos que implicaría unha determinada obra, servizo ou calquera outra actividade económica. A elaboración dun orzamento permita ás empresas, os gobernos, as organizacións privadas ou mesmo ás familias establecer prioridades e avaliar a consecución dos seus obxectivos. Para alcanzar estes fins, pode chegar a ser preciso incorrer en déficit, isto é, que os gastos superen aos ingresos, ou pola contra, ser posíbel aforrar, de xeito que o orzamento presentará un superávit (os ingresos son maiores que os gastos).
Exipto (en árabe: مصر, Miṣr; en árabe exipcio: مَصر Maṣr; en copto: Ⲭⲏⲙⲓ Khēmi), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co Mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur co Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sáhara, onde só está habitado en oasis.
William Bradley "Brad" Pitt, nado en Shawnee (Oklahoma) o 18 de decembro de 1963, é un actor e produtor estadounidense. Pitt recibiu catro nomeamentos ós Premios Óscar e cinco ós Globos de Ouro, e é gañador dun Globo de Ouro. Foi descrito como un dos homes máis atractivos do mundo, un feito polo cal recibiu moita atención por parte dos medios de comunicación.Pitt gañou recoñecemento por vez primeira interpretando a un cowboy autostopista en Thelma e Louise (1991).
Un podcast é un xeito de publicar ficheiros multimedia, habitualmente de son (en formato MP3 ou ogg), utilizando RSS para facilitar a subscrición. Os ficheiros quedan almacenados nun servidor de Internet, e os subscritores baixan os ficheiros automaticamente mediante un software de subscrición. Esta tecnoloxía asóciase á idea de radio baixo demanda, xa que permite aos ouvintes escoitar os programas de radio cando o desexen.
O imperio contraataca ou A guerra das galaxias, episodio V: O imperio contraataca (en inglés: Star Wars Episode IV: The Empire Strikes Back) é un filme estadounidense dirixido por Irvin Kershner e producido por George Lucas que foi estreado en 1980. É o segundo filme da saga de Star Wars, pero o quinto en orde cronolóxica interna da saga. Estreouse en galego na TVG o 28 de decembro de 1990.
Ana Mena Rojas, nada en Estepona (Málaga) o 25 de febreiro de 1997, é unha cantante e actriz española. Deuse a coñecer no ano 2006 após gañar a XII edición rexional dos Premios Veo Veo, aínda que a súa popularidade aumentou cando participou na miniserie Marisol, la película interpretando a Marisol.Mena debutou na industria musical en 2016 co seu sinxelo "No soy como tú crees". En 2018 acadou gran popularidade en Italia coa canción "D'estate non vale" xunto ao cantante italiano Fred de Palma.
Israel Isidore Baline, nado en Tyumen, Rusia (ou probablemente Mogilev, actualmente en Belarús) o11 de maio de 1888 e finado en Nova York o 22 de setembro de 1989 foi un compositor e letrista estadounidense, coñecido como Irving Berlin, un dos máis prolíficos e famosos da historia contemporánea de América. Berlin, xudeu, foi un dos poucos compositores de Tin Pan Alley/Broadway que escribiron tanto as letras como a música das súas cancións. Aínda que non chegou a aprender nunca a ler música máis aló dun nivel elemental, compuxo ao redor de 3000 cancións, moitas das cales se converteron en cancións populares e estándares, como "Cheek to Cheek", "Puttin' on the Ritz", "Alexander's Ragtime Band", "There's Non Business Like Show Business", as cancións festivas "White Christmas" (Branco Nadal) ou "Eastern Parade" (Desfile de Pascua) e himnos patrióticos como "God Bless America".
O diñeiro, cartos ou capital é calquera ben - que cumpre as seguintes tres propiedades nunha sociedade determinada: É unha medida do valor das cousas; É unha reserva do valor das cousas; É aceptado xeralmente como medio de pagamento.Como medio de pagamento pode intercambiarse por calquera tipo de ben material ou servizo. Como medida do valor permite facer comparacións entre os diferentes bens e servizos. Como reserva de valor permite ser gardado indefinidamente sen que se deteriore nin perde ningunha das súas características co paso do tempo.
Sven Olof Joachim Palme, nado en Estocolmo o 30 de xaneiro de 1927 e asasinado na mesma cidade o 28 de febreiro de 1986, foi un político sueco, líder do Partido Socialdemócrata de Suecia dende 1969. Foi Primeiro ministro de Suecia entre 1969 e 1976, e reelixido en 1982. Foi asasinado o 28 de febreiro de 1986 mentres aínda exercía o cargo de Primeiro ministro: disparoulle supostamente Stig Engström cando paseaba en compaña da súa esposa tras saír do cine, de ver o filme Bröderna Mozart.
Wii U, coñecida oficialmente como Nintendo Wii U, é unha consola de videoxogos domésticos desenvolvida por Nintendo como sucesora da Wii. Lanzado a finais de 2012, é a primeira consola de videoxogos de oitava xeración e competiu coa Xbox One de Microsoft e a PlayStation 4 de Sony. A Wii U recibiu unha recepción xeralmente positiva, que incluíu eloxios polo seu innovador controlador, melloras na funcionalidade en liña da Wii, compatibilidade co software e accesorios de Wii e relativa accesibilidade.
A Igrexa católica siríaca (en siríaco: ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܩܬܘܠܝܩܝܬܐ, ʿīṯo suryaiṯo qaṯolīqaiṯo) é unha Igrexa particular oriental da Igrexa católica. Esta igrexa do Levante comparte ritos e prácticas coa Igrexa ortodoxa siríaca. O patriarca de Antioquía desta Igrexa ten o título de patriarca de Antioquía e todo o Oriente dos sirios e reside en Beirut.
Walmart (oficialmente, Wal-Mart, Inc.) é unha corporación multinacional de tendas de orixe estadounidense, que opera cadeas de grandes almacéns de desconto e clubs de almacéns. Foi fundada por Sam Walton en 1962, incorporada en 1969, e cotizou na Bolsa de Nova York dende 1972. A súa sede principal está situada en Bentonville, Arkansas.
O paxto, noutras fontes tamén chamado pashtu ou pashto, é un idioma que pertence ás linguas iranias, dentro do seu grupo oriental e á súa vez do sub-grupo meridional e falado pola etnia paxta. Está emparentado coas linguas do Pamir e un pouco máis afastado do iagnobí e das linguas osetas: o digorés e o iriano. É a lingua máis numerosa en número de falantes do grupo de linguas iranias orientais.
Museo Americano de Historia Natural
O Museo Americano de Historia Natural, en inglés: American Museum of Natural History (AMNH), situado no Upper West Side de Manhattan no 200 Central Park West de Nova York, Estados Unidos, é un dos maiores e máis famosos museos de historia natural do mundo. Situado nuns terreos axardinados fronte ao Central Park, componse de 27 edificios interconectados que albergan 46 salas de exposición permanentes, laboratorios de investigación e a súa famosa biblioteca. As súas coleccións están formadas por máis de 34 millóns de espécimes, dos cales só unha pequena parte pode ser exposta á vez.Conta con 225 investigadores a tempo completo, patrocina máis de 120 expedicións científicas cada ano, e recibe unha media anual de cinco millóns de visitantes.O AMNH é unha organización privada.A súa declaración de obxectivos é: Descubrir, interpretar e difundir, a través da investigación científica e a educación, o coñecemento sobre as culturas humanas, o mundo natural e o universo.
Unha colexiata ou igrexa colexial é un templo católico, que sen ser catedral, posúe un cabido. A dignidade reitora recibe o nome de deán, aínda que ocasionalmente tamén sexa chamado abade ou prior. A elección dunha colexiata obedece a diferentes razóns, como poden ser a existencia anterior dunha catedral na mesma cidade, querer dar importancia a unha poboación sen poñer sede episcopal, para maior esplendor do culto, etc.
Staphylococcus aureus é unha especie de bacterias pertencente ao filo Firmicutes, que se encontra frecuentemente no tracto respiratorio humano e na pel como flora normal, pero que tamén pode ser patóxeno e é causa común de infeccións da pel (por exemplo, furúnculos), enfermidades respiratorias (por exemplo, sinusite), e intoxicacións alimentarias. As cepas asociadas con enfermidades a miúdo promoven as infeccións producindo potentes toxinas proteicas, e expresando proteínas da superficie celular que se unen a anticorpos e os inactivan. A emerxencia de cepas resistentes a antibióticos de S. aureus patoxénicos (como o SARM ou MRSA) é un problema médico en todo o mundo.
The Legend of Zelda: The Wind Waker
The Legend of Zelda: The Wind Waker (ゼルダの伝説 風のタクト - Zeruda no Densetsu Kaze no Takuto, literalmente "A Lenda de Zelda: a batuta do vento"), é un xogo de acción-aventura, décima entrega da serie The Legend of Zelda. Foi editado para a Nintendo GameCube no Xapón o 13 de decembro de 2002, en Norteamérica o 24 de marzo de 2003, en Europa o 3 de maio de 2003 e en Australia o 7 de maio de 2003. The Legend of Zelda: Phantom Hourglass para a Nintendo DS é a secuela directa de The Wind Waker.
Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos
A Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos (inglés: United States Atomic Energy Commission), tamén coñecida polas siglas AEC, foi unha axencia do goberno dos Estados Unidos establecida trala segunda guerra mundial polo Congreso dos Estados Unidos para fomentar e controlar o desenvolvemento da ciencia e tecnoloxía atómica. O presidente Harry S. Truman asinou a Acta de Enerxía Atómica/McMahon o 1 de agosto de 1946, transferindo o control da enerxía atómica dende o exército a mans civís, facéndose efectiva o 1 de xaneiro de 1947. Este cambio deulle ós membros da AEC o control completo das plantas, laboratorios, equipamento e persoal involucrado na produción da bomba atómica durante o Proxecto Manhattan.A AEC tivo un papel importante no desenvolvemento institucional da ecoloxía de ecosistemas, fornecendo recursos financeiros para a investigación ecolóxica.
Canon en re maior de Pachelbel
O Canon e Giga en re maior para tres violíns e baixo continuo (en alemán: Kanon und Gigue in D-Dur für drei Violinen und Basso Continuo), tamén coñecido sinxelamente como o Canon, é a obra máis coñecida do compositor alemán de música barroca Johann Pachelbel. Pachelbel compuxo esta obra arredor do ano 1680, sendo orixinalmente unha obra de música de cámara para tres violíns e baixo continuo; posteriormente realizáronse arranxos para unha gran variedade de instrumentos e conxuntos. Orixinalmente, unha giga na mesma tonalidade (re maior) segue ó canon, pero esta última danza execútase ou grava con moita menos frecuencia.
Songkick é unha compañía tecnolóxica estadounidense que proporciona servizos de descubrimento de concertos e de vendas de entradas para eventos musicais ao vivo. A web e a app móbil de Songkick permite aos usuarios rastrexar a artistas en xira, recibir alertas de concertos na súa área e mercar entradas para os espectáculos, usando tecnoloxía e servizos que dirixen e xestionan as vendas de entradas en nome de artistas.
Rocket League é un videoxogo baseado nas físicas de vehículos-fútbol desenvolvido e publicado por Psyonix, lanzado para Playstation 4 e Microsoft Windows o 7 de xullo de 2015, con versións para OS X, Linux, e Xbox One en desenvolvemento. É unha secuela do videoxogo do 2008 Supersonic Acrobatic Rocket-Powered Battle-Cars, con modo dun xogador e multixogador, local e online, incluíndo unha plataforma de cruzamento entre as versións de Playstation 4 e Microsoft Windows.
Un soldado, no seu sentido máis xeral, é un individuo que se alistou, voluntariamente ou en cumprimiento dun servizo militar obrigatorio, nas forzas armadas dun país soberano, recibindo adestramento e equipo para defender a devandito país e os seus intereses. Na súa condición de membro de devanditas forzas armadas, convértese nun militar organizado no exército. Dentro do exército divídense os grupos de soldados xeralmente en corpos ou armas de distintas denominacións, tales como infantería, mariñeiría, artillería, cabalaría etc).
Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, Novo México. Ten a súa sede actual en Redmond, Washington. É a maior compañía de software do mundo (conta con máis de 50.000 empregados en total en varíos países) e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como MS-Word, MS-Excel, MS-Access ou MS-FrontPage.
Virtual International Authority File
O Ficheiro de Autoridades Virtual Internacional, en inglés Virtual International Authority File (VIAF) é un proxecto de bibliotecas nacionais e operado polo Online Computer Library Center (OCLC) para unir os ficheiros de autoridade virtual de diversas bibliotecas.
A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo. Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais).
Os videoxogos de rol son uns dos máis antigos representantes dos videoxogos. Sempre estiveron fortemente influídos por xogos de rol de mesa, exemplos claros diso son xogos baseados nas regras de Dungeons&Dragons, coma o clásico Eye of beholder ou os máis modernos Neverwinter nights e a súa continuación, Neverwinter nights II, ambos de Bioware; ou tamén, por exemplo, Vampire: the Masquerade Bloodlines, da desaparecida Troika games, baseado no universo homónimo.
Giant Bomb é un sitio web de videoxogos e unha wiki estadounidense que inclúe noticias sobre a industria, recensións, comentarios e vídeos. Foi creado polos ex-editores de GameSpot Jeff Gerstmann e Ryan Davis, en colaboración con Whiskey Media. O sitio web foi votado pola revista Time como uno dos 50 mellores sitios web do ano 2011.
En xeometría, o diámetro é calquera segmento recto interior dunha circunferencia que pasa polo seu centro, con punto de inicio e de fin na circunferencia. Os diámetros coas cordas máis longas do círculo e o seu valor equivale ao de dous raios. A circunferencia é, ademais, o seu arco capaz para un ángulo recto.
The Elder Scrolls V: Skyrim é un videoxogo de rol en mundo aberto desenvolvido por Bethesda Game Studios e publicado por Bethesda Softworks. É o quinto título da serie The Elder Scrolls, despois de The Elder Scrolls IV: Oblivion. Skyrim foi estreado internacionalmente o 11 de novembro de 2011, para Microsoft Windows, PlayStation 3 e Xbox 360.
Medida por medida (en inglés: Measure for Measure) é unha obra de teatro de William Shakespeare, que se cre foi escrita en 1603 ou 1604. Orixinalmente publicada en First Folio de 1623, onde foi clasificada como unha comedia, a primeira representación da obra produciuse en 1604. Os principais temas da obra son a xustiza, a "mortalidad e a misericordia en Viena", e a dicotomía entre a corrupción e a pureza: "algúns álzanse polo pecado, e outros caen pola virtude".
O serbocroata ou bosníaco-croata-serbio, é unha lingua eslava a falada principalmente en Serbia, Montenegro, Croacia e Bosnia e Hercegovina. É unha lingua pluricéntrica con catro variedades estándar mutuamente intelixibles. Historicamente, os dialectos eslavos meridionais formaron un continuo dialectal.
A Igrexa católica latina, ou Igrexa católica de rito latino, é a maior igrexa particular autónoma da Igrexa católica. Trátase dunha igrexa particular das 23 que existen, englobándose as 22 restantes baixo a denominación de Igrexas católicas orientais. A Igrexa Latina xurdiu inicialmente na provincia romana de África, para despois estenderse a Roma e ás partes de lingua latina do Imperio Romano (Europa occidental e o norte de África).
Broforce é un videoxogo de plataformas de desprazamento horizontal desenvolvido por Free Lives e publicado por Devolver Digital. O desenvolvemento comezou en abril de 2012 como parte dunha entrada para unha sesión improvisada de creación de videoxogos que continuou posteriormente polo apoio que recibiu, publicado como un xogo en Early Access. Publicouse o 15 de outubro de 2015 para Microsoft Windows e OS X, cunha adaptación para Linux dous días despois.
A Igrexa católica armenia (en armenio: Հայ Կաթողիկէ Եկեղեցի, Hay Kat’oġikē Ekeġec’i) é unha Igrexa particular da Igrexa católica, que ten orixe nos diversos movementos de unión por partes da Igrexa apostólica armenia coa Igrexa católica. A principal das unións tivo lugar en 1742, dando lugar ao patriarcado de Cilicia. Ten presenza principalmente no Líbano, Irán, Iraq, Exipto, Siria, Turquía, Israel e Palestina, e noutros países onde hai diáspora armenia.
Propiedade física intrínseca dalgunhas partículas que as caracteriza e pola cal sofren a interacción electromagnética. No Sistema Internacional de Unidades mídese en culombios e nas fórmulas físicas acostuman representarse coas letras q ou Q. Clasifícase en carga positiva e negativa. As cargas do mesmo signo repélense mentres que as de signo contrario atráense.
Expedición de Magalhães-Elcano
A expedición de Magalhães e Elcano foi unha expedición marítima do século XVI financiada pola Coroa española e capitaneada por Fernando de Magalhães. Esta expedición, ao mando de Juan Sebastián Elcano no seu retorno, completou a primeira circunnavegación da Terra na historia. A expedición tiña o propósito de abrir unha ruta comercial coas illas das especias por occidente, buscando un paso entre o océano Atlántico e o océano Pacífico.
Front Nacional de Catalunya (FNC) foi unha organización política catalá fundada en Perpiñán como fronte patriótica de organizacións políticas nacionalistas catalás no exilio tras a guerra civil española. En 1942 Nosaltres Sols, Estat Català e a Federació Nacional d’Estudiants Nacionalistes participaron na creación da FNC e a organización traballou durante a segunda guerra mundial como aliada da resistencia francesa e dos servizos de intelixencia polacos e británicos e organizando o paso polos Pireneos ata España de máis de 800 aviadores aliados, xudeus e outros fuxitivos. A FNC reivindicaba o dereito á autodeterminación, organizou unha sección militar no interior que foi desartellada pola policia en 1946.
A Rexión Administrativa Especial de Hong Kong da República Popular da China, en chinés 中華人民共和國香港特別行政區 é unha rexión chinesa formada por unha península e varias illas, entre elas a illa de Hong Kong, no Mar da China Meridional, no delta do Río das Perlas, xunto á provincia de Guangdong. Ata 1997 foi colonia do Reino Unido. O nome da illa de Hong Kong (chinés: 香港), significa literalmente "porto fragrante" ou "porto do recendo".
Die Walküre (en galego A Valquiria) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner. É a segunda das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo), sendo a ópera do ciclo máis representada, mesmo separada do ciclo completo. O fragmento máis coñecido da ópera é o «Walkürenritt o Ritt der Walküren» («Cabalgada das valquirias»), introdución ao terceiro e último acto describindo ás guerreiras semideusas.
Justin Drew Bieber, nado en London (Ontario) o 1 de marzo de 1994, é un cantante de pop canadense. Bieber lanzou o seu primeiro EP, My World a finais de 2009 e conseguiu disco de platino nos Estados Unidos. Converteuse no primeiro artista en ter sete cancións do seu primeiro traballo nas listas musicais de Billboard Hot 100.
A Song of Ice and Fire (en galego Unha canción de xeo e lume) é unha serie de novelas de George R. R. Martin (algunhas aínda non publicadas) do xénero de fantasía épica e acadou un grande éxito de crítica e público. Martin comezou a escribir a serie en 1991 e o primeiro volume publicouse en 1996. Orixinalmente ía ser unha triloxía, mais a serie consiste en cinco volumes publicados e dous máis proxectados.
International Standard Musical Work Code
O ISWC (acrónimo inglés de International Standard Musical Work Code) é o número de referencia internacional para a identificación e comercialización de obras musicais, equivalente ao ISBN para os libros. Está descrito pola norma internacional ISO 15707.
International Music Score Library Project
A International Music Score Library Project (en galego Proxecto de Biblioteca Internacional de Partituras Musicais) ou IMSLP, tamén coñecido coma Petrucci Music Library (Biblioteca Musical Petrucci) en honor ao editor italiano Ottaviano Petrucci, é un proxecto para a creación dunha biblioteca virtual de partituras de dominio público empregando a tecnoloxía wiki, así como incluír traballos de novos compositores que desexen compartir as súas creacións musicais de xeito libre e gratuíto, é dicir, a partir de licenzas de Creative Commons ou cedendo os seus dereitos de autoría. Dende a súa creación, o 16 de febreiro de 2006, foron subidos en torno a 220.000 partituras e 21.000 gravacións de arredor de 61.000 composicións de arredor de 7.800 compositores. O proxecto emprega software MediaWiki para prover aos usuarios dunha interface familiar.
O ganso do Canadá (Branta canadensis), é unha especie de ave anseriforme da familia Anatidae. É o membro do xénero Branta máis amplamente distribuído por América do Norte. Aínda se poden atopar bravas as sete subespecies, cinco das cales eran antes asignadas ao ganso de Hutchins (Branta hutchinsii).
Georg Friedrich Händel, nado en Halle o 23 de febreiro de 1685 e finado en Londres o 14 de abril de 1759, foi un compositor musical de orixe alemá nacionalizado inglés, considerado un dos cumes do Barroco e un dos mellores compositores da música occidental. É, na historia da música, o primeiro compositor moderno en adaptar e enfocar a súa música para satisfacer os gustos e necesidades do público, en vez dos da nobreza e dos mecenas. Está considerado o sucesor e continuador de Henry Purcell, e marcou toda unha era na música inglesa, sendo o compositor máis importante entre Purcell e Elgar en Inglaterra.
IGN (abreviatura do nome Imagine Games Network) é unha páxina web estadounidense de videoxogos e entretemento operada por IGN Entertainment Inc., unha subsidiaria de Ziff Davis, á súa vez propiedade de j2 Global. A sede da compañía atópase en San Francisco e está dirixida polo seu antigo editor en xefe, Peer Schneider. A páxina web de IGN foi obra do emprendedor Chris Anderson e foi lanzada o 29 de setembro de 1996.
Metal Gear Solid é a terceira entrega da serie de videoxogos Metal Gear creada por Hideo Kojima. As primeiras entregas foron lanzadas primeiro para NES e MSX, e a seguinte para PSX e PC. Tamén dispoñible para PS3 (na Store Xaponesa). No Metal Gear Solid 4 apareceu un mapa orixinal do Metal Gear Solid.
O Institute for Advanced Study ou IAS é unha institución privada estadounidense de Princeton (Nova Jersey). Foi deseñada para acoller investigacións avanzadas básicas levadas a cabo por científicos de varios campos, sen a molestia de ter que dar clase, conseguir fondos, ou buscar patrocinadores. Aínda que está preto, non é parte da Universidade de Princeton.
Vampire: The Masquerade – Bloodlines
Vampire: The Masquerade – Bloodlines é un videoxogo de rol de acción de 2004 desenvolvido por Troika Games e publicado por Activision para Microsoft Windows. Ambientado no World of Darkness de White Wolf Publishing, o xogo baséase no xogo de rol Vampire: The Masquerade. O xogador encarna o papel protagonista dun humano personaxe que morre e revive como un vampiro, nunha historia que se desenvolve na cidade de Los Angeles no século XXI tentando descubrir a verdade sobre unha reliquia recentemente atopada que presaxia o fin de tódolos vampiros.
A Igrexa católica bizantina rutena é unha igrexa particular oriental da Igrexa católica. A estrutura da igrexa é complexa, xa que non ten unha organización unificada. A igrexa é unha das sucesoras da predicación dos santos Cirilo e Metodio entre os eslavos, e logo do Gran Cisma permaneceu na Igrexa ortodoxa de Constantinopla.
Xbox One é unha consola de videoxogos desenvolvida por Microsoft e anunciada en maio de 2013. É a sucesora da Xbox 360 e a terceira consola da familia Xbox, lanzada á venda en Norteamérica, algúns países de Europa, Australia e no Brasil en novembro de 2013, e no Xapón, China e outros países europeos en setembro de 2014. Compite coa consola de Sony PlayStation 4 e a Wii U de Nintendo como parte oitava xeración de videoconsolas.
The Flaming Lips é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en 1983 en Oklahoma City (Oklahoma). Actualmente está composta por Wayne Coyne (guitarra e voz), Michael Ivins (baixo), Steven Drozd (guitarra) e Kliph Scurlock (batería). O grupo gravou varios álbums e EPs co selo independente Restless Records nos 80 e principios dos 90.
Nomes da folla do piñeiro en Galicia
Existe en Galicia unha riqueza sinonímica enorme que fai referencia á folla do piñeiro, habendo gran número de palabras para denominar á folla desta árbore. Fermín Bouza Brey publicou no ano 1948 Nombres de la hoja del pino en Galicia, nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, traballo no que se recollen por orde alfabética un total de 92 termos diferentes para denominar á folla do piñeiro, e ó seu carón, os lugares onde son utilizados. Segundo os datos recompilados no Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa), non se produciron variacións significativas ó longo dos últimos anos canto á terminoloxía descrita por Bouza Brey, polo que segue estando vixente na actualidade.
A República de Suráfrica é unha república situada no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Cimbabue; ao leste con Mozambique e Eswatini; mentres que Lesoto é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano. Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o afrikaans, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano.
O aeroporto de Bergen, Flesland (IATA: BGO, ICAO: ENBR) é un aeroporto internacional situado en Flesland, en Bergen, unha cidade e municipio do condado noruegues de Hordaland. Trátase do segundo aeroporto máis concorrido de Noruega, con 6 021 020 pasaxeiros no ano 2015. Flesland está operado por Avinor, unha compañía estatal.
Mónica Naranjo Carrasco, coñecida artisticamente como Mónica Naranjo, nada en Figueres (Xirona) o 23 de maio de 1974, é unha cantante, compositora e produtora española de música pop xeralmente. Vendeu case nove millóns de discos, principalmente en España e América. Está recoñecida como unha das voces máis potentes da música popular a nivel mundial.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Os redúvidos (Reduviidae) é unha familia grande e cosmopolita de insectos hemípteros. Comprenden case todas as especies predadoras de emboscada terrestres de hemípteros, xunto cos Nabidae, xa que a maioría dos outros hemípteros predadores son acuáticos. Os principais exemplos de Reduviidae non predadores son algúns ectoparasitos chuchadores de sangue da subfamilia Triatominae.
Jackie Brown é un filme estadounidense de 1997, escrito e dirixido por Quentin Tarantino. Está protagonizado por Pam Grier, Robert Forster, Robert De Niro, Samuel L. Jackson, Bridget Fonda, e Michael Keaton. Foi o terceiro filme de Tarantino despois do seu éxito con Reservoir Dogs (1992) e Pulp Fiction (1994).
Febreiro na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 194.081 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Os míridos (Miridae) son unha familia grande e diversa de insectos hemípteros, antes chamada Capsidae. É a familia máis grande pertencente á suborde Heteroptera; comprende unhas 10.000 especies coñecidas, e están describíndose especies novas decote. Os míridos máis coñecidos son os que son pragas agrícolas que perforan os tecidos das plantas, aliméntanse dos seus zumes internos e ás veces transmiten enfermidades virais ás plantas.