Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Exipto (en árabe: مصر, Miṣr; en árabe exipcio: مَصر Maṣr; en copto: Ⲭⲏⲙⲓ Khēmi), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co Mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur co Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sáhara, onde só está habitado en oasis.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente non milita en ningún equipo, xa que en novembro deixóu de mutuo acordo o club no que se encontraba, o Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Unha misión diplomática ou misión no estranxeiro é un grupo de persoas dun estado ou dunha organización presente noutro estado para representar oficialmente o estado ou organización de envío no estado receptor. Na práctica, a expresión misión diplomática normalmente denota a misión residente, é dicir, a embaixada, que é a oficina principal dos representantes diplomáticos dun país noutro país. Aínda que non é necesario, adoitan estar na capital do estado receptor.
O Athletic Club, coñecido popularmente como Athletic de Bilbao, é un club de fútbol vasco con sede en Bilbao, Biscaia. Fundado no ano 1898 e un dos clubs decanos do Estado español e, xunto co Fútbol Club Barcelona e o Real Madrid, o único equipo que participou en tódalas edicións da liga de Primeira división. O club comezou xogando os seus primeiros partidos en Getxo, aínda que durante cen anos, entre 1913 e 2013 xogou os seus partidos como local no antigo estadio de San Mamés, lugar alcumado como "A Catedral".
O fútbol sala ou futsal é un deporte derivado da unión doutros deportes: o fútbol, que é a base do xogo; o wáter-polo; o voleibol, o balonmán e o baloncesto. Tomando destes non só parte das regras, senón tamén algunhas técnicas de xogo. Os xogadores deste deporte precisan dunha gran habilidade técnica e dominio sobre o balón, así como velocidade e precisión na execución tanto ao recibir, pasar ou realizar xestos técnicos.
O grao militar ou rango militar, tamén chamado simplemente grao, ou rango é un sistema xerárquico para estabelecer a escala de mando que se usa en forzas armadas, forzas policiais e outras organizacións armadas ou uniformadas. Os rangos represéntanse de forma visual mediante divisas/insignias e galóns no uniforme, normalmente mediante pezas de tea cosidas aos ombreiros, as mangas ou o peito. O uso de rangos nas forzas armadas é practicamente universal.
BDFutbol, (abreviación de Base de Datos del Fútbol) é un sitio web dedicado á recompilación de datos históricos do fútbol español. Fundado en 2008 por Víctor Muñoz (creador tamén de BDBasket), hoxe é posible consultar nel os datos de todas as tempadas de Primeira División desde 1928, Segunda División desde 1944 e Segunda División B desde 1981, ademais da Copa do Rei, entre outros campionatos, e algunhas competicións estranxeiras: Bundesliga (Alemaña, desde 1963); Premier League (Inglaterra, dende 1992); Serie A (Italia, dende 1988) e Ligue 1 ( Francia, dende 1996).A web pódese consultar en español, catalán e inglés.
Para outros títulos homónimos véxase esclusa de ar e Esclusa (Países Baixos). As esclusas son obras hidráulicas que permiten vencer desniveis concentrados en canles navegables, elevando ou descendendo os navíos que se atopan nelas. Poden formar parte das estruturas complementarias dunha presa, cando esta se constrúe sobre ríos navegables.
A declaración de guerra é unha declaración formal mediante un documento, que provén dun estado cara a outro, onde o primeiro declara o inicio de hostilidades. Na actualidade, este feito concrétase mediante un documento formal, pero na historia moitas veces se iniciaron guerras sen previo aviso. Formalmente este documento de "declaración de estado de guerra" pode estar refrendado pola sinatura do gobernante ou soberano, polo representante dos poderes do estado, o Senado ou a chancelería do país involucrado.
Unha arma é unha ferramenta de agresión útil para a caza e a autodefensa, cando se usa contra animais, e pode ser utilizada contra seres humanos en tarefas de ataque, defensa e destrución de forzas ou instalacións inimigas, ou simplemente como unha efectiva ameaza. Unha arma é xa que logo un dispositivo que amplía a dirección e a magnitude dunha forza. Segundo outra interpretación, poderían definirse como os dispositivos máis sinxelos que utilizan vantaxes mecánicas para multiplicar unha forza.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
Snapchat é unha aplicación móbil gratuíta desenvolvida por Evan Spiegel e Robert Murphy que permite enviar fotografías, vídeos e mensaxes de texto que se autodestrúen aos dez segundos, como máximo. Estes contidos son coñecidos como Snaps. A aplicación pódese descargar dende a App Store para dispositivos Apple e dende a Play Store para dispositivos Android.
Venecia (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da península itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullo de 2010), é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.
Unha batalla é un combate entre dous ou máis contendentes onde cada un deles tratará de derrotar os demais. Normalmente teñen lugar nun contexto de guerra ou campaña militar, e normalmente poden ser ben definidas polo espazo, o tempo e acción levada a cabo. As guerras e as campañas son guiadas pola estratexia mentres que as batallas son as fases nas que se emprega a táctica.
O benceno, C6H6, é un líquido incoloro e inflamable, cun olor doce e agradable, base dos hidrocarburos aromáticos e constituínte natural do petróleo, aínda que usualmente sintetizado a partir doutros compostos que están presentes en maior cantidade relativa. Forma parte da mestura das gasolinas, do napalm etc, e é un disolvente moi usado e base para a produción de medicamentos, plásticos, gasolina, caucho sintético etc. É un coñecido carcinóxeno.
O río Mississippi (en inglés Mississippi River) é despois do Missouri (afluente deste) o segundo río máis longo dos Estados Unidos de América. Considerados xuntos, forman a maior conca hidrográfica da América do Norte. Discorre entre o norte de Minnesota e o golfo de México e o seu curso ten unha orientación meridiana.
O río Prípiat, tamén transcrito ás veces como Prypiat ou Pripyat (en belaruso: Прыпяць, IPA [ˈprɨpʲatsʲ]; en ucraíno: Прип’ять, IPA [ˈprɪpjɑtʲ] é un dos principais afluentes dp río Dniéper, o máis importante por conca, que nace en Ucraína e pouco despois entra en Belarús, onde discorre en dirección leste, volvendo a entrar en Ucraína pouco antes de desembocar no Dniéper. Ten unha lonxitude de 710 km e unha conca hidrográfica de 121.000 km². As principais cidades que atravesa son Pinsk e Mazir.
Robyn Rihanna Fenty, máis coñecida como Rihanna, nada o 20 de febreiro de 1988, é unha cantante, actriz, modelo e deseñadora barbadense. Nada en Barbados, a súa carreira comezou despois de coñecer ó produtor musical Evan Rogers a finais de 2003. Canda el gravou cancións demo, e o seu traballo foi enviado a varios selos musicais.
O tríatlon é un deporte individual e de resistencia, que reúne tres disciplinas deportivas: a natación, o ciclismo e a carreira a pé, por esta orde e ininterrompidamente, de xeito que se realizan unhas transicións altamente regulamentadas entre unha especialidade e outra, sen deixar a proba. A natación pode practicarse tanto en mar como en lago, máis ou menos artificial. É seguramente un dos deportes máis duros que existen no panorama competitivo internacional actual.
O Celtic Football Club é un club de fútbol escocés da zona de Parkhead, en Glasgow, que actualmente compite na Scottish Premier League. Fundouse en 1887 e disputou o seu primeiro partido en 1888. Desde a súa fundación, o Celtic conseguiu 50 títulos de liga –só superado polo Rangers FC– e 39 copas escocesas –máis que ningún outro club escocés.
Gol (do inglés goal) ou tanto, é meter o balón dentro da portería, que é o obxectivo do xogo de varios deportes. O equipo que marca máis goles nun período determinado, é o gañador do partido. O regulamento esixe que o balón estea completamente dentro da portería sen ningunha das súas partes sobre a liña branca.
Disney+ (pronunciado Disney Plus) é un servizo de vídeo baixo demanda en streaming que é propiedade e é xestionado pola división Media and Entertainment Distribution de The Walt Disney Company. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión de The Walt Disney Studios e Walt Disney Television, achegando tamén contido das compañías Disney, Pixar, Marvel, Star Wars, National Geographic e Star. Os filmes e as series de televisión orixinais do servizo tamén son distribuídos en Disney+.
O butano (tamén chamado n-butano) é un hidrocarburo saturado, parafínico ou alifático, inflamable, gasoso que se licúa a presión atmosférica a -0,5 °C, formado por catro átomos de carbono e por dez de hidróxeno, cuxa fórmula química é C4H10. Tamén pode denominarse co mesmo nome a un isómero deste gas: o isobutano ou metilpropano.
Institución politicamente independente que representa e defende os intereses da Unión Europea no seu conxunto, propón a lexislación, políticas e programas de acción e é responsable de aplicar as decisións do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea. A Comisión actúa seguindo o método dun gabinete do goberno, con 28 comisarios. Hai un Comisario por cada Estado membro, con todo os comisarios están obrigados a representar os intereses da UE no seu conxunto en lugar do seu Estado de orixe.
O Arsenal Football Club é un club de fútbol inglés da cidade de Londres. Fundado en 1886, xoga na Premier League, sendo un dos equipos con máis trofeos obtidos dese país. O Arsenal gañou trece ligas inglesas, dez Copas de Inglaterra e na tempada 2005-2006, chegaron á final da Liga de Campións da UEFA, onde foron derrotados polo FC Barcelona.
O delta do Okavango é un gran delta fluvial interior de Botswana, formado onde o río Okavango atopa unha canle tectónica na parte central da conca endorreica do deserto do Kalahari. Toda a auga que vai parar ao delta evapórase ou consómese pola transpiración vexetal, polo que non desemboca en ningún mar ou océano. Cada ano uns 11 quilómetros cúbicos de auga anegan unha área de entre 6 000 e 15 000 km².
Anne Bancroft (nada como Anna Maria Louisa Italiano; Nova York, 1931 — 2005) foi unha actriz norteamericana Estudou arte dramática en Nova York e apareceu nalgúns dramas para televisión co nome de Anne Marno pero tras o seu primeiro filme, Don't Bother to Knock en 1952 cambiouno por Anne Bancroft por se sentir máis elegante, volta a Nova York ao considerar que os papeis que lle ofrecían non eran de calidade e en 1958 protagoniza con Henry Fonda a obra de Broadway, Two for the Seesaw coa que obtén un Tony, e outro en 1960 por The Miracle Worker, como protagonista da versión cinematográfica da obra, que dirixiu Arthur Penn, gañou un Óscar en 1962.
O termo vídeo fai referencia a un proceso electromágnetico de rexistro de imaxe e son. Pode referirse ao soporte de rexistro chamando así á videocasete ou ao equipo encargado da gravación, chamado no ámbito profesional magnetoscopio. Tamén é posible falar de vídeo ao referirse a un determinado programa ao dicir que "está feito en vídeo"; isto remite a un modo de produción do programa ou a un tipo de imaxes que se diferencian na súa "textura" ás producidas polo cine (orixe fotoquímica).
WeChat ou Wēixìn (en lingua chinesa: 微信, literalmente mensaxe de micro) é un servizo de mensaxería de texto e mensaxes de voz chinés, creado por Tencent Guangzhou Research e o Centro de Investigación e Proxectos en outubro do 2010, e foi publicado por primeira vez en xaneiro do 2011. A aplicación está dispoñíbel en sistemas Android, BlackBerry OS, iOS, Nokia Asha e Windows Phone. Entre as linguas soportadas inclúe chinés simplificado, chinés tradicional, español, indonesio, malaio, xaponés, coreano, polaco, italiano, tailandés, vietnamita, hindi, ruso e inglés.
Os árbitros asistentes, anteriormente chamados xuíces de liña son os axudantes do árbitro, encargados de asistilo desde fóra do terreo de xogo. A función principal deste tipo de árbitro é, entre outras, xulgar desde a súa posición na liña de banda as posibles accións antiregulamentarias dos equipos atacantes; comunmente o lance fóra de xogo, que é considerado como falta.
Precuela é o nome dado a unha obra narrativa que contén elementos ambientados no mesmo universo ficcional, cuxa historia antecede ao traballo anterior, presentando eventos que ocorreran antes da obra orixinal. As precuelas poden debruzarse ou non sobre a mesma trama da cal son derivadas. Moitas veces, explican o pasado que levou ao acontecemento dos eventos na narrativa orixinal, mais, ás veces, as conexións entre as obras non son explícitas.
A Gran Muralla Chinesa (chinés tradicional: 長城, chinés simplificado: 长城, pinyin: Cháng Chéng, "Longa fortaleza") é unha serie de fortificacións, construídas desde o século V a.C., de pedra, ladrillo, terra apisoada, madeira, e outros materiais, en xeral, ao longo dunha liña de leste a oeste a través das fronteiras históricas do norte da China para protexer aos estados chineses e o imperio da China dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senón máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles. A Gran Muralla está formada por unha serie de murallas construídas e reconstruídas por diferentes dinastías durante máis de 1.000 anos.
O Rinoceronte de Dürer é un gravado en madeira de Albrecht Dürer realizado en 1515 que se converteu nunha icona cultural, e que segundo algúns críticos, é a «representación dun animal que máis influencia tivo na historia da arte». Está baseado en bosquexos e descricións duns dos primeiros rinocerontes que chegaron a Europa, concretamente na corte portuguesa.
O CD-Rom ou Compact Disc Read Only Memory é un disco compacto de só lectura. Trátase dun CD utilizado para almacenar datos de ordenador, unha vez gravado os seus datos non se poden modificar nin alterar. Diferencianse dos CDs de son só polo contido que teñen: os discos compactos de son almacenan son, e estes almacenan datos.
Spotify é un servizo, fundado por Daniel Ek e Martin Lorentzon, para a reprodución de música vía streaming dispoñible nos sistemas operativos Microsoft Windows, Mac OS X e Linux (para este último, só nas súas versións de pago) e nos sistemas operativos de dispositivos móbiles Symbian, iPhone e Android. Permite escoitar temas musicais buscando por artista, álbum ou listas de reprodución creadas polos propios usuarios. O programa foi lanzado o 7 de outubro de 2008 ao mercado europeo, mentres que a súa implantación noutros países realizouse ao longo de 2009.A empresa, que ten a súa sede en Estocolmo, Suecia, asinou acordos coas discográficas Universal Music, Sony BMG, EMI Music, Hollywood Records e Warner Music entre outras.
O topónimo francés Cher pode referirse a: Departamento de Cher, departamento francés pertencente á rexión Centre. Loir e Cher, departamento francés pertencente á rexión Centre. Río Cher, curso fluvial francés, afluente do Loira.Amais, como nome artístico pode referirse a: Cher, cantante, bailarina e actriz estadounidense (n.
O glaciar (do latín glacies) é unha grosa masa de xeo que se orixina na superficie terrestre por compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posíbel cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se atopa en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas montañosas, como por exemplo no territorio suízo. O proceso do crecemento e estabelecemento do glaciar chámase tamén glaciación.
Super Nintendo Entertainment System
A Super Nintendo Entertainment System, tamén coñecida como Super NES ou SNES, é unha videoconsola de 16 bits lanzada por Nintendo en norteamérica, Europa e Australia. No Xapón é coñecida como Super Famicom (スーパーファミコン), e en Corea do Sur como Super Comboy (현대슈퍼컴보이), licenciada e distribuída por Hyundai Electronics. A Super Nintendo Entertainment System foi a segunda consola de sobremesa de Nintendo e a sucesora da exitosa Nintendo Entertainment System (NES, tamén coñecida como Famicom no Xapón).
Fallout: New Vegas é un videoxogo de rol pertencente á saga Fallout, desenvolvido por Obsidian Entertainment, e distribuído por Bethesda Softworks. Fallout: New Vegas non é unha secuela do seu antecesor na saga, Fallout 3. Trátase dun xogo cunha trama illada do resto de episodios da saga, aínda que nel mantense o contexto histórico ucrónico e o tipo de personaxes.
Rhea Perlman, nada en Brooklyn (Nova York) o 31 de marzo de 1948, é unha actriz estadounidense coñecida mundialmente polo seu papel de Carla Tortelli na popular comedia de situación Cheers. Está casada co tamén actor Danny DeVito. Perlman foi nomeada 10 veces aos premios Emmy na categoría de mellor actriz secundaria en series de comedia pola súa participación en Cheers (que estivo 11 tempadas en antena, de 1982 a 1993), obtendo o devandito galardón en 4 ocasións (1984, 85, 86 e 89).
TV Tokyo Corporation (株式会社テレビ東京, Kabushiki Gaisha Terebi Tōkyō) é unha canle de televisión comercial de ámbito nacional xaponés que transmite dende Toquio. Foi fundada en 1964, e o seu principal accionista de referencia é o xornal Nihon Keizai Shimbun, sendo a canle principal da rede de emisoras TX Network (TXN). A canle, que tamén se coñece popularmente como Teleto (テレ東, Teretō), é a máis pequena das canles de televisión nacionais que emiten dende Toquio, e salienta pola alta presenza do anime na súa programación.
O Muro de Berlin foi unha construción civil que supuxo un símbolo vivo da división física da Alemaña da posguerra en dúas entidades, a República Federal Alemá e a República Democrática Alemá. Este muro, alén de dividir a cidade de Berlín ao medio, simbolizaba a división do mundo en dous bloques ou partes: o Bloque Occidental, constituído polos países capitalistas encabezados polos Estados Unidos de América, e o Bloque de Leste, ou Soviético, constituído polos países comunistas, que tiñan á súa fronte a Unión Soviética.
Denomínase rede de sumidoiros ao sistema de estruturas e tubaxes usadas para o transporte de augas servidas (rede de sumidoiros sanitaria), ou augas de chuvia, (rede de sumidoiros pluvial) dende o lugar en que se xeran ata o sitio en que se dispoñen e/ou tratan. Existen, aínda en funcionamento, redes de sumidoiros mixtas, que xuntan as augas negras e grises coas augas de chuvia. Así a todo este tipo de rede de sumidoiros deixou de empregarse e, actualmente, constrúense case exclusivamente redes de sumidoiros separadas para augas servidas e augas pluviais.
Encontros na terceira fase (en inglés: Close Encounters of the Third Kind) é un filme estadounidense de 1977 escrito e dirixido por Steven Spielberg, e protagonizado por Richard Dreyfuss, Melinda Dillon, Teri Garr, Bob Balaban, Cary Guffey e François Truffaut. Conta a historia de Roy Neary, un traballador de Indiana, cuxa vida cambia após un encontro cun obxecto voador non identificado (ovni).
O bádminton é un deporte de raqueta no que se enfrontan dous xogadores (individuais ou sós) ou dúas parellas (dobres) situadas nas metades opostas dunha pista rectangular dividida por unha rede. A diferenza doutros deportes de raqueta, no bádminton non se xoga con pelota, senón cun volante. Os xogadores deben golpear coas súas raquetas o volante para que este cruce a pista por encima da rede e caia no campo do opoñente.
A sintaxe (do latín syntaxis, e este do grego σύνταξις, de συντάσσειν 'coordinar') é unha subdisciplina da lingüística. É a parte da gramática que se encarga de estudar as regras que gobernan a forma en que as palabras se organizan en sintagmas e, á súa vez, estes sintagmas en oracións, así como de estudar a función que cumpren os elementos dentro de cada unidade. A escola sistémico funcional inclúe nas súas análises sintácticas o modo en que as oracións se organizan en estruturas de texto.
Status social en socioloxía ou antropoloxía describe a posición social que un individuo ocupa dentro dunha sociedade (Posición social de alguen). O status permite, nas relacións interpersoais, saber o marco ou conxunto de comportamentos que se espera de ambos os actores sociais. O status varía segundo o tempo e o grupo ao que se pertence.
The Legend of Zelda é a epígrafe baixo a que se agocha unha das sagas máis rendibles e famosas da historia dos videoxogos. Creada nos anos 80 por Shigeru Miyamoto e Taqueshi Tezuka para a compañía Nintendo, pronto alcanzaría unha gran fama entre os xogos de acción e aventura. A historia conta como un rapaz da fraga de Kokiri (chamado Link) ten a misión de salva-lo mundo (Hyrule) ou ben rescatar á princesa Zelda.
A Oceanía insular é a parte de Oceanía que non está en Australasia (Australia, Nova Guinea e Nova Zelandia), é dicir, está formada polas illas comprendidas en Micronesia, Melanesia e Polinesia. Coñécese tamén coma Illas do Pacífico. Adoitase incluír a illa de Nova Guinea en Melanesia, e as illas de Nova Zelandia en Polinesia.
O baloncesto (basketball en inglés) é un deporte colectivo inventado en 1891 polo profesor de Educación Física James Naismith, na Asociación Cristiá de Mozos de Springfield, EUA. Cada un dos dous equipos está formado por cinco xogadores. Ten como obxectivo pasar a pelota por dentro dunha cesta colocada nas extremidades da pista. Actualmente pode xogarse tamén en pistas ao aire libre.
McDonald's é unha empresa multinacional de comida rápida, especializada en hamburguesas, patacas frixidas, menús para o almorzo, ensaladas, refrescos, batidos, xeados e sobremesas. Foi fundada en San Bernardino (Estados Unidos) o 15 de maio de 1940 por Richard e Maurice McDonald e Ray Kroc. En 2022 contaba con vinte e dous estabelecementos en Galiza: 5 en Vigo, 3 en Santiago de Compostela, 3 en Ourense, 2 en Lugo, 2 na Coruña, 1 en Oleiros, 1 en Pontevedra, 1 en Ferrol, 1 en Sanxenxo, 1 en Vilagarcía, 1 en Nigrán e 1 en Ribeira.
O acento é unha forma de articulación da voz ao falar mediante a cal se destaca unha sílaba dunha palabra respecto das demais. É importante non confundir o acento que aquí se describe co signo gráfico que se coloca sobre unha letra en moitos idiomas. En realidade estes signos denomínanse acentos gráficos, e colócanse para identificarmos a sílaba que se acentúa, son acentuacións.
En hidroloxía un afluente é un curso de auga que desemboca noutro río, considerándose como afluente aquel dos dous ríos que se une que teña menos importancia, polo seu caudal ou lonxitude ou superficie da conca, aínda que hai excepcións como o río Mississippi. Orograficamente ordénanse desde o máis próximo ó nacemento do río ata o máis próximo á alfoz do río.
O Apollo Theater (Apollo Theatre) da rúa West 125th, entre Adam Clayton Powell Jr. Boulevard e Frederick Douglass Boulevard no barrio de Harlem en Manhattan, Nova York é unha sala de música que é coñecida polos seus artista afroamericanos. Foi o fogar do Showtime at the Apollo, un programa de televisión, emitido entre 1987 e 2008, que amosaba novos talentos.
Un algoritmo é un conxunto ordenado e finito de operacións sinxelas que conducen á resolución dun problema, como por exemplo a formulación programática paso a paso para producir unha serie de resultados nun programa en informática. Máis especificamente, en matemáticas, constitúe o conxunto de procesos (e símbolos que os representan) para efectuar un cálculo. A palabra algoritmo ten orixe no alcume Al-Khwarizmi, do matemático persa do século IX, Abu Yafar Mohámmed Abenmusa, cuxas obras foron traducidas no occidente cristián no século XII, recibindo unha delas o nome "Algorithmi de numero indorum", sobre os algoritmos usando o sistema de numeración decimal (indiano).
L'Orfeo (SV 318), ás veces chamada La favola d'Orfeo, é unha favola in musica ou ópera de finais do Renacemento/principios do Barroco, con música de Claudio Monteverdi e libreto en italiano de Alessandro Striggio. Está baseada na lenda grega de Orfeo, conta a historia do seu descenso ao Hades e o seu infrutuoso intento de devolver á súa muller morta Eurídice ao mundo dos vivos. Foi escrita en 1607 para unha representación na corte durante o Carnaval anual de Mantua.
Sherlock é un nome inglés masculino de pouca frecuencia, que significa literalmente "loiro", do anglosaxón scir ("brillante") e locc ("mechón de pelo"). Popularizado a partir do personaxe literario Sherlock Holmes, pode referirse a: PatronímicoUn apelido irlandés anglificado desde o gaélico "Scurlog", do danés "feroz guerreiro".PersonalidadesThomas Sherlock, bispo de Londres no século XVIII. Lorcan George Sherlock, alcalde de Dublín até 1945. Sherlock Holmes, un detective ficticio de finais do século XIX e principios do século XX, creado por Arthur Conan Doyle.TelevisiónSherlock, unha serie de televisión de 2010.
O Football Club Shakhtar Donetsk (en ucraíno: Футбольний клуб «Шахтар» Донецьк) é un club profesional de fútbol da cidade de Donetsk en Ucraína. Fundado no ano 1936, compite na Liga Premier de Ucraína, torneo que gañou 13 veces, nos anos 2002, 2005, 2006, 2008, 2010, 2011 e 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020.