Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Un muro é unha construción vertical. Como topónimo pode referirse a: En GaliciaMuro, parroquia do concello de Láncara; San Pedro de Muro, parroquia do concello de Porto do Son; Muro de Vasco, lugar da parroquia das Neves, no concello de Ortigueira; Muro Novo, lugar da parroquia de San Miguel de Negradas, no concello do Vicedo.Fóra de Galicia Muro, concello balear da illa de Mallorca.
Os santos (do latín sanctus, -i, de sanctus, -a, -um, 'sagrado', 'venerado'; en grego αγίος (hagíos); en hebreo qâdosh, 'elixido por Deus') son homes ou mulleres distinguidos nas diversas tradicións relixiosas polas súas atribuídas relacións especiais coas divindades. Estas relacións conducen a unha especial distinción dos suxeitos polas súas calidades en especial morais, e este sentido presérvase en tradicións espirituais no necesariamente teístas. A influencia dun santo supera o ámbito da súa relixión cando a aceptación da súa moralidade adquire compoñentes universais: por exemplo, é o caso de Tareixa de Calcuta e, en xeral, polo menos até certo punto, de todos os fundadores das grandes relixións.
Un programa informático ou aplicación é un conxunto de instrucións que se lle dan a un sistema informático para realizar un conxunto de tarefas determinado. Un programa de ordenador é unha lista de instrucións escritas nunha linguaxe de programación. Todas as linguaxes de programación consisten en palabras reservadas (parecidas a substantivos e verbos) en inglés, un conxunto de operadores (equivalentes a operadores matemáticos como “máis”, “menos” etc.) e un conxunto de funcións e procedementos que realizan tarefas específicas tales como imprimir, ler un ficheiro, calcular a raíz cadrada dun número etc.
O franco (representado polo símbolo ₣ ou máis común F) foi a antiga moeda da Francia. Entre 1369 e 1641, foi o nome que recibía unha livre tournois ou libra de Tours. Foi reintroducida (en formato decimal) en 1795 e foi a moeda nacional ata a introdución do euro en 1999, para propósitos estatísticos e en 2002, de maneira oficial.
Ōkami (大神, literalmente "gran deus", "gran espírito" ou "lobo" se se escribe 狼) é un videoxogo de acción e aventuras desenvolvido por Clover Studio e publicado por Capcom. Foi estreado para PlayStation 2 de Sony Computer Entertainment no 2006, no Xapón e en América do Norte, e no 2007 en Europa e Australia. Malia o peche da Clover Studio uns meses despois do lanzamento inicial do xogo, unha versión para a consola Wii de Nintendo foi desenvolvida e producida por Ready at Dawn, Tose e Capcom, que foi estreado en América do Norte en abril de 2008, en Europe en xuño de 2008, e no Xapón en outubro de 2009.
Violencia sexual é calquera acto sexual ou tentativa de obter un acto sexual por violencia ou coerción, actos de tráfico de persoas ou actos dirixidos contra a sexualidade dunha persoa, calquera que sexa a relación coa vítima. Ocorre en tempos de paz e en contextos bélicos, é xeneralizada e é considerada como unha das violacións dos dereitos humanos máis común, omnipresente e traumática.A violencia sexual é un problema de saúde pública grave e ten un impacto profundo na saúde física e mental a curto ou a longo prazo, cun maior risco de problemas na saúde sexual e reprodutiva, cun risco maior de suicidios ou infección de HIV. Tamén se cualifican como violencia sexual os asasinatos que ocorren durante unha agresión sexual ou a consecuencia delas como é no caso dos crimes de honra. Aínda que as mulleres e as mozas a sofren en maior proporción, a violencia sexual pode ocorrerlle a calquera en calquera idade e é un acto de violencia que pode ser perpetrado por persoas proxenitoras, coidadoras, por persoas coñecidas e descoñecidas, así como polas parellas.
Deutsche Grammophon Records é un selo discográfico alemán especializado en música clásica, pertencente (2022) á empresa Universal Music Group, unha división do grupo francés Vivendi Universal. Foi fundada co nome de Deutsche Grammophon Gesellschaft o 6 de decembro de 1898 polo cidadán estadounidense de orixe alemán Emile Berliner como a filial alemá local da súa Berliner Gramophone Company, converténdoa na compañía discográfica máis antiga do mundo que aínda está en funcionamento.Deutsche Grammophon sempre foi moi coñecido polos seus altos estándares de alta fidelidade. Entre os intérpretes que gravaron coa compañía están Herbert von Karajan, Daniel Barenboim, Leonard Bernstein ou Maria João Pires.
O coulomb ou culombio, con símbolo C, é unha unidade derivada do SI para a medida da magnitude física carga eléctrica. Defínese como a cantidade de electricidade transportada nun segundo por unha corrente dun amperio de intensidade: 1 C = 1 A ⋅ s {\displaystyle 1\ \mathrm {C} =1\ \mathrm {A} \cdot \mathrm {s} } É arredor de 6.24×1018 veces a carga dun electrón. Nomeada en honor de Charles-Augustin de Coulomb (1736 - 1806).
O Teatro Royal Albert Hall das Artes e das Ciencias de Londres, é un dos teatros máis coñecidos do mundo. Inaugurado o 29 de marzo de 1871, ten unha capacidade para 8.000 espectadores. Foi construído para a Raíña Vitoria de Inglaterra en memoria do seu falecido marido, Alberte de Saxonia-Coburgo e Gotha.
Squid Game (en coreano: 오징어게임; Ojingeo Geim) é unha serie de televisión surcoreana de 2021 escrita e dirixida por Hwang Dong-hyuk. A serie, composta de nove episodios, está protagonizada por Lee Jung-jae, Park Hae-soo e Wi Ha-joon, e conta a historia dun grupo de persoas que arriscan as súas vidas nun misterioso xogo de supervivencia cun premio de 45,6 billóns de wons. Estreouse internacionalmente o 17 de setembro de 2021 a través de Netflix.
Kevin Michael Richardson, nado no Bronx, Nova York o 25 de outubro de 1964, é un actor e actor de voz estadounidense. É coñecido pola súa distintiva voz grave e por interpretar numerosos personaxes malvados en obras de animación e videoxogos. Tamén deu voz a numerosos personaxes das series de Seth MacFarlane Family Guy, The Cleveland Show e American Dad!.
Agar.io é un videoxogo de acción en liña masivo multixogador creado por Matheus Valadares. Cada xogador controla unha célula nun mapa que representa unha placa de Petri, e o obxectivo é gañar a maior candidade de masa absorbendo células máis pequenas e evitando a outras células meirandes. O nome do xogo provén da substancia ágar-ágar, usada en bioloxía para cultivar bacterias.O xogo recibiu críticas xeralmente favorables pola súa sinxeleza, competitividade e mecánicas, mais tamén foi criticado negativamente pola súa repetitividade.
O premio Bram Stoker é un recoñecemento da Asociación de Escritores de Horror (HWA, Horror Writers Association) ás melloras nas escrituras de obras de terror-ficción. Os premios entréganse anualmente dende 1987 e os gañadores elíxense por votación dos membros activos da HWA. O premio debe o seu nome ao escritor Bram Stoker, autor da novela Drácula entre outras.
Margaret Eleanor Atwood, nada en Otava o 18 de novembro de 1939, é unha poeta, escritora, crítica literaria, mestra, activista ambiental e inventora canadense. Dende 1961, publicou dezaoito libros de poesía, dezaoito novelas, once libros de non ficción, nove coleccións de historias curtas de ficción, oito libros infantís e dúas novelas gráficas, así como unha serie de publicación en prensa tanto de poesía como ficción. Atwood gañou numerosos premios e honras pola súa escritura, incluíndo dous Premios Booker, o Premio Arthur C. Clarke, o Premio do Gobernador Xeral, o Premio Franz Kafka, o Premio Princesa de Asturias das Letras e o Premio PEN Center USA Lifetime Achievement do Círculo de Críticos Nacional do Libro.
Bartholomew JoJo "Bart" Simpson é un personaxe de ficción da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons. Bart é un neno de 10 anos, o primoxénito da familia caracterizado por ter un mal comportamento e un baixo rendemento escolar, sendo totalmente oposto á súa irmá Lisa. Idolatra o televisivo pallaso Krusty, ten por amigo fiel a Milhouse e por mascota un can chamado "Santa's Little Helper".
Stranger Things é unha serie de televisión estadounidense do xénero sobrenatural, ciencia ficción e terror creada polos Irmáns Duffer. Foi escrita e dirixida por Matt e Ross Duffer e o seu produtor executivo é Shawn Levy. A primeira tempada, estreada en xullo de 2016, está protagonizada por Winona Ryder, David Harbour, Finn Wolfhard, Millie Bobby Brown, Gaten Matarazzo, Caleb McLaughlin, Natalia Dyer, Charlie Heaton, Cara Buono e Matthew Modine, xunto con Noah Schnapp e Joe Keery nos papeis secundarios.
A mazá é o froito comestible da maceira, máis particularmente, da maceira doméstica (Malus domestica), árbore froiteira amplamente cultivada. É unha froita pomácea de forma redonda e sabor máis ou menos doce ou ácido segundo as variedades. O estudo do cultivo das mazás constitúe unha parte da pomoloxía, que é a rama da botánica que estuda as froitas.
Emily Erin Deschanel, nada nos Ánxeles (California) o 11 de outubro de 1976, é unha actriz e produtora de cinema e televisión principalmente coñecida polo seu traballo na serie de televisión Bones. É filla do director de cine Caleb Deschanel e da actriz Mary Jo Deschanel. Ten unha irmá, Zooey Deschanel, que tamén é actriz e cantante.
A Catedral de Santa María de la Sede de Sevilla é a catedral gótica cristiá con maior superficie do mundo. A Unesco declarouna en 1987, xunto ao Real Alcázar e o Arquivo de Indias, Patrimonio da Humanidade e, o 25 de xullo de 2010, Ben de Valor Universal Excepcional. Segundo a tradición, a construción iniciouse en 1401, aínda que non existe constancia documental do comezo dos traballos ata 1433.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.
Niza (en francés: Nice; en occitano: Niça; italiano: Nizza; en grego: Νίκαια, tr. "Níkaia") é unha cidade francesa, capital do departamento dos Alpes Marítimos, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul. No ano 2019 tiña 342 669 habitantes, cunha área metropolitana de preto dun millón de persoas, sendo a quinta comuna francesa por poboación (logo de París, Marsella, Lión e Tolosa).A cidade, capital histórica do Condado de Niza, estivo ligada a Italia ata a súa invasión e anexión francesa a finais do século XIX. Unha parte da súa poboación conserva o dialecto nizardo, unha variedade da lingua lígur moi influída pola lingua occitana despois da década de 1860.
O Tour de Francia 2015 foi a 102ª eddición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. Esta edición disputouse entre os días 4 e 26 de xullo de 2015. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, como é habitual, das cales 7 etapas eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual e outra por equipos), 1 de pavé, 2 totalmente chás e 9 con final en alto.
O British Filme Institute (BFI) (galego: Instituto de Cinema Británico) é unha organización sen fins de lucro, estabelecida por Decreto Real para alentar o desenvolvemento das artes do cinema, a televisión e a imaxe en movemento en todo o Reino Unido. Está financiado polo Departamento para a Cultura, Medios de Comunicación e Deporte.
Paramount Pictures Corporation é unha empresa de produción e distribución de cine e televisión clasificado constantemente como un dos estudios máis grandes e con maior recadación. Paramount forma parte da Paramount Global e foi creado na década de 1910 co inicio da historia do cine, xunto con outros estudos importantes como 20th Century Fox, United Artists, Warner Bros, MGM, Columbia Pictures e RKO. Durante a década de 1930 esta política de estudos consolidouse e iso significou o auxe do cine estadounidense. Paramount decidiu neste momento glorioso polas superproducións históricas de Cecil B. DeMille como The Sign of the Cross (1932) e Cleopatra (1934), pola alta comedia representada por Ernst Lubitsch (Trouble in Paradise, 1932; The Merry Widow, 1934) e polo suspense e filmes de terror de Rouben Mamoulian (City Streets, 1931; Dr.
O Evanxeo de Mateo, encadrado dentro dos sinópticos, é o primeiro dos evanxeos sobre Xesucristo, tal como aparece nas biblias cristiás.Ten unha grande influencia na relixiosidade popular e na arte relixiosa, por episodios como a Adoración dos Magos ou a matanza dos inocentes. Tamén, os capítulos 5 a 7 deste libro, o chamado "Sermón do Monte", son claves para entender a formación da moral cristiá.
A sexta tempada da serie animada The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 4 de setembro de 1994 até o 21 de maio de 1995 e consiste en 25 episodios. O showrunner da produción da sexta tempada foi David Mirkin, que foi produtor executivo de 23 episodios. Os ex-showrunners Al Jean e Mike Reiss produciron os dous restantes; produciron os dous episodios co persoal de The Critic, unha serie que crearon Jean e Reiss despois da súa saída de The Simpsons.
Lara Croft é un personaxe ficticio protagonista da saga de videoxogos do xénero de aventuras, Tomb Raider, desenvolvido inicialmente por Core Design, para máis tarde rematar sendo Crystal Dynamics (Square Enix na actualidade) a súa desenvolvedora. O personaxe creado por Toby Gard apareceu tamén en historietas, novelas e unha serie de curtos animados, e foi personificada pola actriz estadounidense Angelina Jolie en dúas adaptacións cinematográficas e pola actriz sueca Alicia Vikander noutra. Lara Croft foi recoñecida como "A heroína humana máis exitosa na historia dos videoxogos" polo Libro Guinness dos Récords.
Dorothy Faye Dunaway, nada en Bascom (Florida) o 14 de xaneiro de 1941, é unha actriz estadounidense de cinema. Gañou o Óscar de mellor actriz en 1976 co filme Network. Tamén gañou un Premio BAFTA o 1967 polos filmes Bonnie e Clyde e Hurry Sundown Emmy polo filme Columbo: It's All in the Game, de 1994.
Al Jazeera ( الجزيرة, a illa ou a península en árabe) é unha canle árabe de televisión por satélite radicada en Qatar. Fundouse en 1996 polo goberno qatarí, converteuse na principal canle de noticias do mundo árabe. En orixe gratuíta e financiada polo goberno, a emisora comezou a cobrar polos seus servizos e independizouse financeiramente.
Gal Gadot-Varsano (en hebreo: גל גדות), nada en Rosh HaAyin o 30 de abril de 1985, é unha actriz e modelo israelí. No 2004 gañou o Miss Israel e representou o seu país no concurso de beleza Miss Universo 2004. Gadot é coñecida polo seu papel de Gisele Yashar na serie de filmes The Fast and the Furious.
Independence Day: Resurgence é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Roland Emmerich e escrito por Emmerich, Dean Devlin, Nicolas Wright, James A. Bosque e James Vanderbilt. É unha secuela do filme de 1996 Independence Day, e está protagonizado por Jeff Goldblum, Liam Hemsworth, Bill Pullman, Maika Monroe, Travis Tope, William Fichtner, Charlotte Gainsbourg e Judd Hirsch. O filme transcorre vinte anos despois dos acontecementos do primeiro filme, durante o cal as Nacións Unidas colaboraron para formar a Earth Space Defense, unha organización internacional de defensa e investigación militar.
"Good Night" (en galego: "Boas noites") é a primeira curtametraxe de The Simpsons, que apareceu en The Tracey Ullman Show. Emitiuse orixinalmente o 19 de abril de 1987, durante o terceiro episodio de The Tracey Ullman Show, sendo tamén a primeira aparición da familia Simpson na televisión. Tras tres temporadas en Tracey Ullman, as curtas serían adaptadas para crear unha serie animada independente, chamada The Simpsons.
Partitura é un documento manuscrito ou impreso que indica como debe interpretarse unha composición musical, mediante unha linguaxe propia formado por signos musicais e chamado sistema de notación. Como os seus análogos os libros, os folletos, etc., o medio da partitura xeralmente é o papel ou, en épocas anteriores, o pergamiño. Aínda que o acceso á notación musical nos últimos anos inclúe tamén a presentación en pantallas de ordenador.
A Nintendo Entertainment System, ou NES, é unha videoconsola de 8-bit de Nintendo que saíu á venda en Norte América, Brasil, Europa, Asia, e Australia. O equivalente no Xapón é coñecido como Nintendo Family Computer (任天堂ファミリーコンピュータ), ou Famicom (ファミコン). A NES foi a videoconsola de máis éxito do seu tempo, tanto en Asia coma en Norte América, e axudou a revitalizar a industria dos videoxogos seguindo o vídeo game crash of 1983, e estableceu os estándards para as seguintes consolas tanto no deseño de videoxogos (tivo o primeiro xogo de plataformas xogo de plataformas, Super Mario Bros.
Chuck Berry, nado en Saint Louis (Missouri) o 18 de outubro de 1926 e finado na mesma cidade o 18 de marzo de 2017, foi un compositor, intérprete e guitarrista norteamericano, pioneiro da música rock and roll. Berry refinou e desenvolveu o rhythm and blues elaborando os principais elementos que fixeron distintivo ao rock and roll con cancións como "Maybellene" (1955), "Roll Over Beethoven" (1956), "Rock and Roll Music" (1957) e "Johnny B. Goode" (1958). Escribiu letras que se centraban na vida adolescente e no consumismo, e desenvolveu un estilo musical que incluía solos de guitarra e teatralidade, Berry foi unha grande influencia nas posterior música rock.Nado nunha familia afroamericana de clase media, comezou a interesarse na música dende moi novo e realizou a súa primeira actuación en 1941 no Sumner High School.
Neil Richard MacKinnon Gaiman, nado en Portchester (Inglaterra) o 10 de novembro de 1960 é un escritor inglés célebre tanto polas súas obras en prosa e en banda deseñada como pola súa faceta de crítico literario. Ten colaborado con diversas revisas adicadas ó cómic e foi guionista da compañía DC Comics onde lle foi editada a serie The Sandman no 1989 e durante a década de 1990. A súa carreira como novelista comezou en colaboración con Terry Pratchett, na obra do 1990 Good Omens.
Alicia xa non vive aquí (en inglés: Alice Doesn't Live Here Anymore) é un filme estadounidense de drama e comedia dirixido por Martin Scorsese e escrito por Robert Getchell. Está protagonizado por Ellen Burstyn, que interpreta unha viúva que viaxa co seu fillo preadolescente polo suroeste estadounidense na busca dunha vida mellor. Tamén aparecen no filme Alfred Lutter que intepreta o papel do seu fillo e Kris Kristofferson, como o home que coñecen durante a viaxe.
O proceso (título orixinal en alemán: Der Prozess) é unha novela inacabada de Franz Kafka, publicada postumamente en 1925 por Max Brod, baseándose no manuscrito inconcluso de Kafka. Narra a historia de Josef K., un oficinista bancario cunha puxante carreira nun importante banco da cidade, que é arrestado unha mañá por unha razón que descoñece. A partir deste momento, o protagonista adéntrase nun pesadelo para defenderse de algo que nunca sabe o que é e con argumentos aínda menos concretos, só para descubrir, unha e outra vez, que as instancias máis altas ás que pretende apelar son só as máis humildes e limitadas, creando así un clima de inaccesibilidade á 'xustiza' e á 'lei'.
Jamie Campbell Bower nado o 22 de novembro de 1988 en Londres, é un actor, cantante e modelo inglés que é coñecido polo seu papel de Anthony Hope no filme de Tim Burton Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street, ademais de ser escollido para o papel de Gellert Grindelwald en Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1.
O Oscar ó mellor guión adaptado, outorgábase ós escritores que conseguían unha boa historia partindo de materiais alleos ou anteriores (en xeral libros, obras de teatro ou outras películas). Este Oscar, que se entregaba en paralelo a un ó mellor guión orixinal, outorgouse xa na primeira cerimonia de entrega, cando se premiou ás películas de 1927-28. Os dous anos seguintes entregouse unicamente un premio xenérico ó mellor guión, sen importar se se partía de material alleo ou orixinal, e que aparece relacionado nesta páxina.
Para outras moedas coa denominación de "coroa", véxase a páxina de homónimos Coroa (moeda). A coroa austrohúngara (alemán: Krone; húngaro: korona) foi a moeda oficial do Imperio Austrohúngaro desde 1892 (cando substituíu o florín ao se adoptar o padrón ouro) ata a disolución do imperio en 1918. A moeda divisionaria era o heller na parte austríaca e fillér na parte húngara do imperio (ademais de halier en Eslovaquia e haléř en Chequia), todas elas equivalentes á centésima parte da coroa.
Un peixe chamado Wanda (en inglés: A Fish Called Wanda) é un filme de comedia e atracos de 1988 dirixido por Charles Crichton e escrito por John Cleese. Os protagonistas son Jamie Lee Curtis, Kevin Kline e Michael Palin como unha banda de ladróns de diamantes que se traizoan uns aos outros para atopar os diamantes agachados polo xefe da banda. Un avogado (Cleese) convértese na figura central cando a femme fatale Wanda (Curtis) o emprega para localizar o botín.
Unha campá ou sino é un instrumento que consiste nunha peza oca xeralmente de bronce con forma aproximada de cono sen vértice que ao ser golpeado polo badalo que ten no interior ou por un martelo exterior produce un son máis ou menos grave ou agudo dependendo do seu tamaño. É un instrumento de percusión e un idiófono. O instrumento de percusión pode ser unha lingueta suspensa dentro do sino, (chamada badalo se interna é martelo se externa), dunha esfera pequena, libre, incluída dentro do corpo do sino, ou dun mallo separado.
Moulin Rouge (que en galego significa Muíño Vermello e pronunciado algo semellante a 'mulén ghux') (48°53′3″N 2°19′56″L) é un cabaré tradicional, construído no ano 1889 por Josep Oller, que xa era propietario anteriormente do Paris Olympia. Situado na zona de Pigalle no Boulevard de Clichy, ao pé de Montmartre, en París, Francia. É famoso polo gran muíño vermello que ten no seu faiado.
United Artists (UA) é un estudio estadounidense de cine e televisión. O estudio foi fundado en 1919 por D. W. Griffith, Charlie Chaplin, Mary Pickford e Douglas Fairbanks coa intención de controlar os seus propios intereses para non depender dos estudios comerciais potentes.Unha encarnación de United Artists foi formada en novembro de 2006 como sociedade entre o actor e produtor Tom Cruise e o seu socio de produción, Paula Wagner, e Metro-Goldwyn-Mayer. Paula Wagner deixou o estudio o 14 de agosto de 2008.
British Board of Film Classification
O British Board of Film Classification («Consello Británico de Clasificación de Filmes», coñecido tamén polas súas siglas BBFC), é a organización responsable da clasificación e censura de filmes, vídeos e algúns videoxogos (por exemplo a saga GTA) dentro do Reino Unido.
Little Boy foi o nome en código da bomba atómica lanzada na cidade xaponesa de Hiroshima o 6 de agosto de 1945 durante a segunda guerra mundial dende a aeronave Boeing B-29 Superfortress Enola Gay, pilotada polo coronel Paul W. Tibbets, Jr., comandante do Grupo Composto 509 das Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos. Foi a primeira bomba atómica utilizada nunha guerra. O bombardeo de Hiroshima foi a segunda explosión nuclear artificial da historia trala proba Trinity, e a primeira detonación baseada en uranio.
Adele Laurie Blue Adkins, nada o 5 de maio de 1988, en Tottenham, Londres, Inglaterra, coñecida simplemente como Adele, é unha cantante e compositora británica de soul, blues, pop e jazz, gañadora de oito Premios Grammy e tres Brit Awards. Dende moi nova amosou un grande interese pola música e, en 2006, egresou da BRIT School de Artes Escénicas e Tecnoloxía. Ese mesmo ano, firmou un contrato con XL Recordings, tras ser descubierta por unhas demos que un amigo publicou en MySpace. Nos Premios Brit de 2007 recibiu o galardón de elección dos críticos e tamén gañou a enquisa Sound of 2008 realizada pola BBC. En 2008, Adele debutou co seu primeiro álbum de estudio, 19, que se situou no número 1 da lista de álbums británica e foi certificado, tamén, como disco dobre platino nos Estados Unidos No territorio norteamericano, a súa carreira, viuse moi lanzada trala actuación no programa Saturday Night Live, a mediados de outubro de 2008; ese programa contou coa maior cantidade de espectadores en catorce anos. Un ano despois, na 51ª entrega dos Premios Grammy, gañou os galardóns á mellor artista novo, e mellor interpretación vocal por feminina por "Chasing Pavements".
La Sortie de l'usine Lumière à Lyon
La Sortie de l'usine Lumière à Lyon é un filme francés mudo en branco e negro dirixido e producido por Louis Lumière que foi estreado o 22 de marzo de 1895. A miúdo é referido como o primeiro filme da historia, a pesar de que Roundhay Garden Scene de Louis Le Prince é sete anos anterior, é dicir de 1888.
The Legend of Zelda é a epígrafe baixo a que se agocha unha das sagas máis rendibles e famosas da historia dos videoxogos. Creada nos anos 80 por Shigeru Miyamoto e Taqueshi Tezuka para a compañía Nintendo, pronto alcanzaría unha gran fama entre os xogos de acción e aventura. A historia conta como un rapaz da fraga de Kokiri (chamado Link) ten a misión de salva-lo mundo (Hyrule) ou ben rescatar á princesa Zelda.
Marjorie Jacqueline "Marge" Bouvier-Simpson é un personaxe de ficción da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons. É a esposa de Homer e os seus fillos son Bart, Lisa e Maggie. Ten un notable protagonismo e complexidade na serie, aínda que é un dos personaxes principais con menos popularidade.
Unha cerca, valo, valado ou sebe, é un elemento superficial vertical que se emprega para delimitar terreos e protexelos contra intrusos. Adoitan ser de madeira ou metálicas. Os valos colócanse ao redor dun terreo ou xardín e teñen a función de impedir a entrada a este ou de protexer a intimidade dos seus habitantes.