Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Wolfenstein 3D é un videoxogo shooter en primeira persoa desenvolvido por id Software e publicado por Apogee Software e FormGen. Publicado orixinalmente o 5 de maio de 1992 para MS-DOS, estivo inspirado polo videoxogo de 1981 Castle Wolfenstein de Muse Software. En Wolfenstein 3D o xogador toma o papel dun espía alidado William "B.J." Blazkowicz durante a segunda guerra mundial mentres escapa da prisión nazi do Castelo Wolfenstein e leva a cabo unha serie de misións contra os nazis.
A violencia (do Lat. violentia) é un comportamento deliberado que resulta, ou pode resultar, en danos físicos ou psicolóxicos a outros seres humanos, ou máis comunmente a outros animais ou cousas (vandalismo) e adoita asociarse, aínda que non necesariamente, coa agresión, xa que tamén pode ser psicolóxica ou emocional, a través de ameazas ou ofensas. Algunhas formas de violencia son sancionadas pola lei, son crimes, ou reprobadas pola sociedade.
Partes por millón (ppm) é unha unidade de medida coa que se avalía a concentración. Refírese á cantidade de unidades da substancia (axente, medicamento etc) que hai por cada millón de unidades do conxunto do que forma parte. Por exemplo, nun millón de grans de arroz, se se pintase un de negro, este gran representaría unha (1) parte por millón.
A dos primates (Primates) é unha orde de mamíferos placentarios que abrangue 480 especie reunidas en 78 xéneros de prosimios e simios.. Os primates xorden de antecesores que viviron en árbores de bosques tropicais e iso implica que as súas principais características débense a adaptacións a complexas contornas tridimensionais. A meirande parte das especies de primates seguen sendo, cando menos parcialmente, arbóreas.
O cometa Halley, tamén chamado 1P/Halley, é un cometa brillante de período intermediario que retorna ás rexións interiores do sistema solar cada 75,3 anos, aproximadamente. Aínda que o nome fai referencia ao astrómono inglés Edmund Halley por ter determinado a súa órbita e a súa reaparición periodica, o descubrimento atribúese ao astrónomo Johan Georg Palitzsch que o descubriu o 25 de decembro de 1758, aproximadamente na data prevista por Halley para a súa reaparición (de ónde ven a tradición de consideralo como o cometa do nadal), chegou cun retardo de 618 días polo seu perihelio (ao ser perturbada a súa órbita por Xúpiter e Saturno). Halley, pola súa parte, usou datos de Kepler e Petrus Apianus para facer os seus cálculos.
Sócrates foi un célebre e controvertido filósofo grego que viviu en Atenas entre os anos 469 e 399 a.C. Sócrates non deixou testemuños escritos, mais coñecemos as súas doutrinas principalmente por Platón (que ten a Sócrates como principal personaxe dos seus Diálogos) e Aristóteles, Xenofonte (militar ateniense que deixou información sobre Sócrates no escrito Memorables) e Aristófanes (escritor grego que ridiculiza a Sócrates na comedia As nubes).
Unión Internacional de Telecomunicacións
A Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) en inglés: International Telecommunication Union (ITU) é o organismo especializado das Nacións Unidas encargado de regular as telecomunicacións, a nivel internacional, entre as distintas administracións e empresas operadoras. Está organizada en tres sectores principais: UIT-T: Sector de Normalización das Telecomunicacións (antes CCITT). UIT-R: Sector de Normalización das Radiocomunicacións (antes CCIR).
Un signo (do latín "signum", á súa vez do grego "σημειόν") é unha entidade que ten o significado doutra entidade, sendo a partícula máis pequerrecha no ámbito da expresión. Deste xeito, non obstante, trátase dun elemento complexo que leva consigo unha información significativa, así como da parte máis importante dunha mensaxe que chega aos nosos sentidos a través do sentido da vista ou o oído. Un signo natural é unha entidade que posúe unha relación casual coa entidade significante, como un relampo como signo de tormenta.
Unha campaña militar consiste nun conxunto de accións militares que transcorren nunha mesma zona xeográfica e nun mesmo período. No contexto das ciencias militares, unha campaña militar comprende todas as operacións militares, normalmente efectuadas por unha forza defensiva ou atacante, dirixidas á consecución dunha desexada situación militar ou política, dentro dunhas limitacións xeográficas e temporais.
Steam é un servizo de distribución dixital de videoxogos desenvolvido por Valve Corporation. Foi lanzado en setembro de 2003 como unha forma para Valve de achegar actualizacións de xeito automático aos seus xogos, mais acabou ampliándose para incluír xogos que non son de Valve senón de terceiros. Steam ofrece protección contra a pirataría, servidores de emparellamento, transmisións de vídeo e servizos de redes sociais.
Unha caricatura é un retrato que esaxera ou distorsiona a esencia, ben dos caracteres físicos, ben dos éticos, dunha personaxe mediante procedementos moi diversos (contrastes, técnicas de degradación, léxico,...), mais creando un parecido facilmente identificábel. Na maioría dos casos as caricaturas son cómicas ou satíricas e mesmo poden ser ruíns, crueis, hilarantes,... Cando a distorsión da realidade é aberrante chégase ó esperpento.
Windows 10 é o último sistema operativo desenvolvido por Microsoft como parte da familia de sistemas operativos Windows NT. Foi dado a coñecer oficialmente en setembro de 2014, seguido por unha breve presentación de demostración no Build 2014. Entrou en fase beta de proba en outubro de 2014 e foi lanzado ao público en xeral o 29 de xullo de 2015. Para animar á súa adopción, Microsoft anunciou a súa dispoñibilidade gratuíta por un ano desde a súa data de lanzamento para os usuarios que conten con copias xenuínas de Windows 7 Service Pack 1 ou Windows 8.1 Update.
Circa é unha palabra latina que significa ao redor ou cerca (podendo abreviarse como c., ca. ou cca.). Úsase fundamentalmente a súa abreviatura en bibliografía para describir diversas datas (normalmente de nacemento ou falecemento) ou datos que son incertos ou aproximados, polo que utilizar circa indica que a data ou valor é estimación aproximada.
O Roman de la Rose é un poema en lingua francesa de preto de 22.000 versos octosílabos que adopta a forma de soño alegórico. Aínda que consta de dúas partes, que se escribiron en distintos intres, a obra non foi concibida de xeito conxunto. Elaborouse entre 1225 e 1240: a primeira parte do poema foi escrita por Guillaume de Lorris, e consta de 4.058 versos octosílabos.
O voo 2120 de Nigeria Airways foi un voo chárter de pasaxeiros dende Jeddah, Arabia Saudita ata Sokoto, Nixeria o día 11 de xullo de 1991 que se estrelou pouco despois de engalar do aeroporto internacional Rei Abdulaziz. Morreron as 247 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo do aparello. O avión era un Douglas DC-8 operado por Nationair para Nigeria Airways.
En medicina, o diagnóstico ou propedéutica clínica é o procedemento polo cal se identifica unha doenza, entidade nosolóxica, síndrome, ou calquera estado de saúde. En termos da práctica médica, o diagnóstico é un xuízo clínico sobre o estado psicofísico dunha persoa; representa unha manifestación en resposta a unha demanda para determinar tal estado. Diagnosticar é dar nome ó sufrimento do paciente; é asignar unha "etiqueta".
Terminologia Anatomica [TA] (Terminoloxía Anatómica ou Terminoloxía Anatómica Internacional) é o corpo oficial de nomenclatura anatómica creado conxuntamente polo Comité Federal sobre Terminoloxía Anatómica (FCAT) e as 56 Asociacións membros das Asociacións Internacionais de Anatomistas (Federación Internacional de Asociacións de Anatomistas, IFAA). Publicouse en 1998 e substitúe o estándar previo, a Nomina Anatomica [NA]. Terminologia Anatomica contén a terminoloxía para aproximadamente 7500 estruturas anatómicas macroscópicas humanas.
A Copa do Rei de fútbol 2016–17 foi a 114.ª edición do torneo de copa da Real Federación Española de Fútbol. Conta coa participación dos equipos de Primeira, Segunda, Segunda B e Terceira División, excepto os equipos filiais doutros clubs aínda que xoguen nestas categorías. A competición empezou o 31 de agosto de 2016 e finalizou o 27 de maio de 2017.
O Campionato de España-Copa da Súa Maxestade o Rei, comunmente coñecida como Copa do Rei ou simplemente A Copa, é un torneo futbolístico por eliminación directa que se disputa anualmente entre os mellores clubs de España. Organízao a Real Federación Española de Fútbol. Foi creada en 1903, a raíz do éxito da Copa da Coroación disputada un ano antes, sendo o torneo nacional de fútbol máis antigo de España.
Blade Runner é un filme de ciencia ficción, cyberpunk e cinema negro de 1982 dirixido por Ridley Scott e protagonizado por Harrison Ford, Rutger Hauer, Sean Young, Edward James Olmos e Daryl Hannah. O guión, escrito por Hampton Fancher e David Peoples, foi unha adaptación libre da novela de 1968 Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick.
Un músico de sesión é un músico dispoñible para ser contratado, a diferenza dos que son membros permanentes dun grupo ou que se fixeron famosos. Aínda que o termo xeralmente refírese a músicos con experiencia en estilos de música contemporáneos como o rock, jazz, country ou pop, tamén se pode usar para describir a músicos de estilos máis tradicionais. Aínda que os termos "músico de sesión" e "músico de estudio" úsanse indistintamente, o último xeralmente reservase para aqueles que traballan exclusivamente en estudios de gravación, ás veces para un único estudio ou selo discográfico.
Un cromosoma sexual, tamén chamado alosoma, heterocromosoma, cromosoma heterotípico, gonosoma ou idiocromosoma, é un cromosoma que difire dos cromosomas autosómicos ou autosomas en forma, tamaño e comportamento, e en moitas especies serve para determinar o sexo. Os cromosomas sexuais humanos (e os dos mamíferos en xeral) son o X e o Y, que forman o par sexual, que é XX nas mulleres e XY nos homes. Os autosomas difiren dos alosomas en que os autosomas aparecen nas células diploides en pares e os membros de cada par son idénticos, pero distintos dos membros doutros pares, mentres que os membros do par de alosomas poden ser distintos, como ocorre nos machos dos mamíferos (XY), xa que o cromosoma Y é moito máis pequeno.
As mulleres na informática xogaron un papel determinante no seu nacemento e nos seus primeiros pasos. O que nos seus inicios se chamou "computador", tamén coñecido como computadora ou ordenador, debe o seu nome ás chamadas "computers", grupos de mulleres que tanto en Inglaterra como nos EE.UU. traballaban en cálculos matemáticos relacionados coa determinación de traxectorias balísticas durante as guerras. Non só a primeira programadora da historia foi unha muller, Ada Byron Lovelace (1815-1852), senón que ata os anos 80, coa entrada nos fogares dos primeiros ordeadores persoais, o traballo de programación era considerado un traballo feminino.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
Non confundir co condado de Orange, Nova York.O Condado de Orange (en inglés Orange County) é un dos 58 condados de California. Foi fundado en 1889 e conta cunha poboación de 3 046 876 habitantes (2008), o que fai del o 2º condado máis poboado de California e o 5º dos Estados Unidos. Está situado ó sur dos Ánxeles e ó norte de San Diego.
Selección de fútbol da Arxentina
A Selección de fútbol da Arxentina é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Asociación do Fútbol Arxentino (AFA), pertencente á Conmebol. Xogou o primeiro partido internacional fóra da Arxentina, o 16 de maio de 1901 en Montevideo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
A danza e contradanza de Darbo é unha danza branca propia da parroquia canguesa de Darbo. Encádrase dentro das danzas gremiais (ou danzas brancas) que se escenifican no día da romería consagrada a Santa María, o 9 de setembro no adro da igrexa parroquial, logo da misa das 12:30 e a procesión. Danzan xuntos damas e galáns e na súa orixe pretendía combater enfermidades pandémicas e pestes.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Juan Ignacio Delgado Alemany, máis coñecido como Ignatius Farray, nado en Granadilla de Abona (Santa Cruz de Tenerife) o 2 de decembro de 1973, é un cómico, escritor, actor, guionista e cantante canario, nado na illa de Tenerife mais residente en Madrid. No 2018 gañou o Premios Ondas e foi nomeado ao Emmy.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
San Martiño de Dumio, nado en Panonia (actual Hungría) contra 510 ou 520 e finado en Braga no 579 ou 580, tamén chamado san Martiño Dumiense, san Martiño de Dume ou san Martiño de Braga, foi un relixioso cristián do século VI. Está considerado como o apóstolo dos suevos, responsable maior da súa conversión do arianismo ao catolicismo. A súa obra eclesiástica e literaria, presentando un cristianismo adaptado aos diferentes grupos de poboación; a súa preocupación por transmitir valores procedentes da Antigüidade clásica; a predicación dun crisitianismo ortodoxo nos tempos de herexía e as súas relacións cos reis suevos, anuncian o ideal episcopal de Leandro e Isidoro de Sevilla.Foi bispo de Dumio e de Braga.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Xunta Suprema do Reino de Galicia
A Xunta Suprema do Reino de Galicia foi unha institución vixente en 1808 no marco da guerra da Independencia española para cubrir a ausencia de poder tralo apresamento do rei Fernando VII. A Idade Contemporánea ábrese en Galicia coa epopea da guerra da Independencia, na que todo o país se converteu nunha guerrilla contra o invasor francés. A Igrexa entregouse en favor da loita; os clérigos colgaron hábitos e sotanas e empuñaron as armas, e os que por idade (ou pola súa pusilanimidade) quedaron na retagarda, apoiárona desde púlpitos e confesionarios. Os fidalgos, que se consideraban señores naturais dos seus súbditos campesiños, en poucas ocasións como nesta puideron exercer un liderado que lles permitise consolidar o prestixio das familias: os pazos foron cuarteis e almacéns onde os campesiños encontraban, desta vez, de todo, desde armas e municións até prórrogas para o pagamento das rendas.
Lourido, Cerdedo, Cerdedo-Cotobade
Lourido é un lugar situado na parroquia de Cerdedo, no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra. No ano 2008 tiña 29 habitantes (trece homes e dezaseis mulleres).
Jean-Baptiste-Pierre-Antoine de Monet, cabaleiro de La Marck, nado en Bazentin, Picardía, Francia, o 1 de agosto de 1744 e finado en París o 18 de decembro de 1829, foi un naturalista francés, un dos grandes nomes da época da sistematización da Historia Natural, próximo na súa influencia a Linneo, Buffon e Cuvier. Foi un dos primeiros científicos que defendeu a idea da evolución dos seres vivos, propoñendo a primeira teoría coherente sobre a evolución da vida a partir de leis naturais baseadas na herdanza dos caracteres adquiridos. Esta teoría foi tamén a primeira en propoñer a idea materialista e mecanicista da vida e da evolución dos seres vivos.
A xeoloxía de Galicia é o estudo das formacións rochosas de Galicia, a súa litoloxía, estruturas tectónicas, historia e demais características. En Galicia a maioría das rochas son ígneas e metamórficas e de idade moi antiga, xa que a maioría son paleozoicas e algunhas mesmo precámbricas, e hai menos materiais máis modernos. O territorio galego forma parte do Macizo Ibérico ou Hespérico, que é de orixe herciniana e forma o núcleo de toda a península Ibérica.
A arquitectura do século XX de Frank Lloyd Wright
A arquitectura do século XX de Frank Lloyd Wright é un Patrimonio da Humanidade da UNESCO que consiste nunha selección de oito edificios dos Estados Unidos que foron deseñados polo arquitecto estadounidense Frank Lloyd Wright. Estes sitios demostran a súa filosofía da arquitectura orgánica, deseñando estruturas que estaban en harmonía coa humanidade e o seu ambiente.
En bioquímica, dous biopolímeros presentan antiparalelismo ou son antiparalelos se discorren paralelamente un con respecto ao outro pero en direccións opostas. Un exemplo son as dúas cadeas complementarias que forman a dobre hélice do ADN, que discorren en direccións opostas (por onde empeza unha acaba a outra).
Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo que actualmente compite para Aston Martin na Fórmula 1. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006 con Renault, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.
A morsa, tamén coñecida como vaca mariña ou vaca do mar, Odobenus rosmanus (Linnaeus, 1758), é unha especie de mamífero carnívoro de gran tamaño da superfamilia dos pinnípedes, única representante viva do seu xénero, Odobenus Brisson, 1762, e da súa familia, Odobenidae Allen, 1880. Habita, cunha distribución circumpolar descontinua, nas costas e augas próximas do océano Glacial Ártico e nas inmediatas subárticas do hemisferio boreal dos océanos Atlántico e Pacífico. É unha especie facilmente recoñecíbel polos seus grandes cairos, os seus típicos bigotes e o seu gran tamaño (os individuos do Pacífico poden chegar a pesar máis de 1 700 kg) e, entre os pinnípedes, son unicamente superados en dimensións polas dúas especies de elefantes mariños.Pasa case toda a súa vida na banquisa e, nas augas pouco profundas da plataforma continental oceánica, encontra a súa comida preferida, os moluscos bivalvos bentónicos.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Gran Premio de Arabia Saudita de 2023
O Gran Premio de Arabia Saudita de 2023 (oficialmente Formula 1 STC Saudi Arabian Grand Prix 2023) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 19 de marzo de 2023. Disputouse no Circuíto urbano de Jeddah en Jeddah, Arabia Saudita. A carreira foi a segunda rolda da tempada 2023 de Fórmula Un e marca a segunda vez que se celebra o Gran Premio de Arabia Saudita como parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2023 será a 74ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.