Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
En xenética humana, o Adán cromosómico Y ou, simplificadamente, Adán cromosómico, ou, máis tecnicamente, o antepasado común máis recente cromosómico Y (Y-MRCA polas súas siglas en inglés, que se utilizarán neste artigo) é o antepasado común máis recente patrilinear do cal descenden os seres humanos actualmente vivos. É o varón máis recente do cal todos os humanos vivos descenden en liña ininterrompida de antepasados machos. O termo Y-MRCA reflicte que os cromosomas Y de todos os varóns actuais derivan directamente do cromosoma Y dese remoto devanceiro.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
JSON, acrónimo de JavaScript Object Notation, é un formato lixeiro para o intercambio de datos. JSON é un subconxunto da notación literal de obxectos de JavaScript que non require o uso de XML. A simplicidade de JSON deu lugar á xeneralización do seu uso, especialmente como alternativa a XML en AJAX. Unha das supostas vantaxes de JSON sobre XML como formato de intercambio de datos neste contexto é que é moito máis sinxelo escribir un analizador sintáctico (parser) de JSON. En JavaScript, un texto JSON pódese analizar facilmente usando o procedemento eval(), o cal foi fundamental para que JSON fose aceptado por parte da comunidade de desenvolvedores AJAX, debido á ubicuidade de JavaScript en case calquera navegador web. Na práctica, os argumentos a favor da facilidade de desenvolvemento de analizadores ou do rendemento dos mesmos son pouco relevantes, debido ás cuestións de seguridade que expón o uso de eval() e o auxe do procesamento nativo de XML incorporado nos navegadores modernos.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O oso de Salcedo é unha máscara característica da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. Celebra o comezo da primavera, remedando o momento no que o oso sae da súa oseira trala hibernación. Simboliza deste xeito o comezo do ciclo agrícola anual, propiciatorio da abundancia nas colleitas e a fecundidade das mulleres.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O ChEBI (Chemical Entities of Biological Interest ou Entidades Químicas de Interese Biolóxico) é unha base de datos e de ontoloxía de entidades moleculares enfocada a "pequenos" compostos químicos, que forma parte do proxecto Open Biomedical Ontologies (Ontoloxías Biomédicas Abertas). O termo "entidade molecular" refírese a calquera "átomo, molécula, ión, par de ións, radical, ión radical, complexo, confórmero etc., constitucional e isotopicamente distinto, identificable como unha entidade distinguible por separado". As entidades moleculares en cuestión son produtos de natureza sintética ou produtos que teñen bioactividade potencial.
Juan Carlos Fernández Aganzo, máis coñecido como Carlos Aganzo, nado en Madrid o 27 de marzo de 1963, é un poeta, escritor e xornalista. Foi director de Diario de Ávila e El Norte de Castilla desde 2009 ata 2018 e, desde entón, é director de Relacións Institucionais do xornal e director da Fundación Vocento.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Ten actualmente 195.044 artigos, e o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000.
Luisa-Marie Neubauer, nada en Hamburgo o 21 de abril de 1996, é unha activista contra o cambio climático alemá. É unha das principais organizadoras da folga escolar do movemento climático en Alemaña. No seu discurso, avoga por unha política climática que cumpra o establecido no Acordo de París e que apoie o decrecemento produtivo.
A agricultura (do latín agri ‘campo’, e cultūra ‘cultivo’, ‘crianza’) é o conxunto de técnicas, coñecementos e saberes para o cultivo da terra co fin de plantas útiles ao home, particularmente para a súa alimentación. Comprende todo un conxunto de accións humanas que transforman o medio natural e hábitats. A agricultura foi o desenvolvemento clave no xurdimento da civilización humana sedentaria, mediante a cal o cultivo de especies domesticadas creou excedentes de alimentos que permitiron ás persoas vivir agrupadas nun mesmo poboado.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Marzo na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de marzo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Marzal é o adxectivo, e é incorrecto empregalo como substantivo: Pascua marzal, trigo marzal. Pega marza ou pega marceña son denominacións dunha ave máis coñecida como gaio (Garrulus glandarius).
O alcume ou alcuño é un sobrenome, usado en troques do nome e, moitas veces, máis coñecido que o mesmo nome. En Galicia hai unha longa tradición de alcumes, e poucas deben ser as familias que non o tiveron; moitas veces está referido a unha particularidade da persoa ou da familia, sendo posible un derivado do lugar de nacemento, un defecto facial, a profesión do pai etc.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
Mesopotâmia (do grego antigo Μεσοποταμία; composto de μέσος, "meio", e ποταμός, "río", ou sexa "[terra] entre dous ríos") é a zona do sistema fluvial Tigris-Éufrates, que na actualidade abarca aproximadamente á maior parte dos actuais Iraq e Kuwait, así como partes orientais de Siria e rexións ao longo das fronteiras entre Turquía-Siria e entre Irán-Iraq.Considerada amplamente como un dos berces da civilización polo mundo occidental, a Mesopotâmia da Idade de Bronce abarcaba a Sumeria, alén dos imperios acadiano, o babilônico e o asírio, todos nativos ao territorio do actual Iraq. Na Idade de Ferro foi controlada polos imperios neoasirio e neobabilónico. Os pobos sumérios e acádios (incluíndo asírios e babilônios) dominaron a rexión desde o inicio da historia escrita (c.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira no ano 1994 e foi reeditado varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O JAK Medlemsbank (banco dos cooperativistas do JAK), é unha institución financeira cooperativa, de propiedade dos seus membros, con sede en Skövde, Suecia. JAK é o acrónimo de Jord Arbete Kapital en sueco, isto é, capital do traballo da terra. Os 35,000 cooperativistas (2008) ditan a dirección e a política do banco.
Facultade de Ciencias da Información (Universidade Complutense de Madrid)
A Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid (UCM) é a Facultade pioneira e referente na formación universitaria en comunicación en España desde 1971. Atópase no Campus de Moncloa, e nela impártense as titulacións de Comunicación Audiovisual, Xornalismo e Publicidade e Relacións Públicas. As instalacións atópanse situadas na chamada valgada de Cantarranas, e na actualidade consta de dous edificios.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Suíza (en alemán: Die Schweiz, en francés: Suisse, en italiano: Svizzera, en romanche: Svizra) é un estado federal da Europa central, sen saída cara ao mar, mais con conexións a través do río Rin. Ten fronteiras ao norte con Alemaña, ao leste con Austria e Liechtenstein, ao sur con Italia e ao oeste con Francia. É tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual, Confoederatio Helvetica (en latín para Confederación Helvética).
Ánxel Fole Sánchez, nado en Lugo o 11 de agosto de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de maio de 1986, foi un escritor en galego e castelán que cultivou todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio), aínda que a súa sona lle vén fundamentalmente dos seus libros de contos, recollidos en catro volumes. En 1997 foille adicado o Día das Letras Galegas. Usou os pseudónimos Bakurin, F. de N., Fole de Navia, Eginardo de Tor, Fuco de Caldas, Lexandre de Arcos, Lucencio, Troitiño, Xelos de Orbán e Neumandro (o máis utilizado).
Un Estado é unha organización política constituída por un conxunto de institucións burocráticas estables, a través das cales exerce o monopolio do uso da forza (soberanía) aplicada a unha poboación dentro duns límites territoriais establecidos.Moitas sociedades humanas foron gobernadas por estados durante milenios; con todo, a maioría das persoas na prehistoria vivían en sociedades sen estado. Os primeiros estados xurdiron hai uns 5500 anos xunto co rápido crecemento das cidades, a invención da escritura, e a codificación de novas clases de relixión. Co tempo, desenvolveuse unha variedade de formas diferentes de estados, empregando unha variedade de xustificacións para a súa existencia (como o dereito divino, a teoría do contrato social etc.).
O Ficheiro Integrado de Autoridades (alemán: Gemeinsame Normdatei) ou GND é un ficheiro de autoridades internacional para a organización de nomes persoais, títulos temáticos e entidades corporativas para catálogos. Emprégase principalmente para a documentación en bibliotecas e en museos e arquivos. A entidade responsable do GND é a Biblioteca Nacional Alemá, en cooperación con diversas redes de bibliotecas rexionais na Europa de fala alemá.
A varíola, vexigas ou boas foi unha enfermidade infecciosa grave, altamente contaxiosa, que se deu unicamente en seres humanos e que foi declarada como erradicada en 1980.Estaba causada por dúas variantes de virus que daban lugar a dúas formas clínicas, nomeadas Variola major e Variola minor. A V. major, a forma máis mortífera, alcanzaba unha proporción de mortalidade de 3–35%, mentres que a V. minor producía a morte a ~1% das súas vítimas. Outros efectos menores normalmente incluían vexigas ou bostelas na pel (de aí a denominación popular en galego de "vexigas" para designar a doenza) e ocasionalmente cegueira, debido a ulceracións na córnea.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e finada en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas, e foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela, un, o seu marido Pierre Curie, un, a súa filla Iréne Joliot-Curie, e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie). Ela tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e en 1995 converteuse na primeira muller en ser sepultada por méritos propios no Panteón de París.
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, ás sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.
Ana Isabel García Llorente, nada en Adamuz (provincia de Córdoba) o 11 de maio de 1991 e finada en Madrid o 2 de marzo de 2017, foi unha artista, cantante, poeta, feminista e politicóloga andaluza, máis coñecida polos seus nomes artísticos Gata Cattana e Ana SforzaConseguiu combinar diversas temáticas e estilos de tal forma que forxou un rap único cargado de poesía e mensaxes reivindicativas de corte feminista e político, unido ocasionalmente a ritmos flamencos que á súa vez lograba enfocar desde un son máis electrónico. Outras das súas temáticas recorrentes son a cultura de Andalucía, motivos históricos e da mitoloxía da Idade Antiga, en particular da cultura clásica e do antigo Exipto, así como tamén referentes da poesía, a filosofía, o ensaio, a narrativa e a cultura de masas. A diversidade dos seus temas abarcou desde o materialismo dialéctico, o andalucismo político-cultural e a antiglobalización até a introspección, o existencialismo e o seu reflexo na contemporaneidade, sempre desde unha visión feminista social, de igual forma toda a súa obra está marcada por unha procura ou desexo de transcender a Historia por medio da creación artística.
Nayib Armando Bukele Ortez, nado en San Salvador o 24 de xullo de 1981, é un político e empresario salvadoreño. Asumiu o cargo de presidente da República o 1 de xuño de 2019, sucedendo a Salvador Sánchez Cerén. Foi elixido alcalde de Nuevo Cuscatlán o 11 de marzo de 2012 e, posteriormente, de San Salvador o 1 de marzo de 2015.
Ruth Lorenzo Pascual, nada en Las Torres de Cotillas (Murcia) o 10 de novembro de 1982, máis coñecida como Ruth Lorenzo, é unha cantante e compositora española. É coñecida pola súa participación no concurso británico The X Factor en 2008 e por compoñer varios temas de Auryn ou Dannii Minogue. En 2014 foi escollida para representar a España no Festival de Eurovisión 2014 coa canción "Dancing in the rain".
O Banquete de Conxo, tamén coñecido como Banquete Democrático de Conxo, tivo lugar o 2 de marzo de 1856 na carballeira do antigo mosteiro do concello de Conxo, integrado dende 1925 no concello de Santiago de Compostela. O banquete foi organizado polos estudantes liberais en homenaxe ao terceiro estado, e constituíu un xesto de irmandade entre a clase traballadora e os estudantes.
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é xornada recoñecida nalgúns países. Tradicionalmente, grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións co fin de mellorar as condicións da muller, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975 para, finalmente, adoptar unha resolución, en 1977, na que establece un Día das Nacións Unidas para os Dereitos das Mulleres e a Paz Internacional.
O xenoma humano é o xenoma do Homo sapiens, é dicir, a secuencia do ADN, con toda a información xenética dos seus xenes e as secuencias non codificantes, contida nos seus 23 pares de cromosomas situados no núcleo de cada célula humana diploide. Tamén forma parte do xenoma humano o ADN mitocondrial. Dos 23 pares de cromosomas, 22 pares son cromosomas autosómicos e un par determina o sexo, que está formado por dous cromosomas X nas mulleres e un X e un Y en homes, polo que a muller ten 23 cromosomas distintos e o home 24.
Augustus Saint-Gaudens, nado en Dublín o 1 de marzo de 1848 e finado en Cornish, Nova Hampshire, o 3 de agosto de 1907, foi un escultor, medallista e deseñador de moeda estadounidense de orixe irlandesa, da xeración das Belas Artes que encarnou os ideais do American Renaissance.De familia franco-irlandesa, Saint-Gaudens criouse en Nova York. Viaxou a Europa para ampliar a súa formación e os seus estudos artísticos. Ao seu regreso a Nova York, acadou un grande éxito de crítica polos seus monumentos conmemorativos dos heroes da guerra civil estadounidense, moitos dos cales seguen en pé.
O contido libre ou información libre é un concepto que abarca calquera obra funcional, de arte ou outro contido creativo que non posúe restricións legais significativas en relación co dereito de uso, a redistribución e a creación de versións modificadas ou derivadas por parte de terceiros.O contido libre abarca todas as obras no dominio público e aquelas que teñen dereitos de autor pero que están suxeitas a unha licenza que outorga e protexe as liberdades mencionadas. Dado que, por omisión, a lei outorga aos propietarios de dereitos un control total sobre as súas creacións (todos os dereitos reservados), é necesario declarar de forma explícita que unha obra é libre, xeralmente por medio da referencia ou inclusión de cláusulas de licenza que acompañan a obra. Con todo, se os dereitos de autor expiraron, unha obra que estea no dominio público pode en certos casos deixar novamente de ser libre, e a consecuencia as obras derivadas tamén deixarán de selo, se a lei de dereitos cambia.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Xente ao lonxe é unha novela de Eduardo Blanco Amor publicada en 1972 pola Editorial Galaxia. A segunda edición é de 1976. Galaxia publicou en 2014 unha edición que é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970.
Economía (do grego οίκος [oikos], 'casa', e νομος [nomos], 'regra', polo tanto "dirección dunha casa") é unha ciencia social que estuda a produción, distribución, comercio e consumo de bens e servizos. A economía, céntrase no comportamento e as interaccións dos axentes económicos e en cales son os mecanismos da actividade económica. A microeconomía trata dos axentes individuais, como fogares e empresas, e os mercados.
O socialismo é unha denominación xenérica dun conxunto de teorías socioeconómicas, ideoloxías e prácticas políticas que postulan a abolición das desigualdades económicas, sociais e políticas entre as clases sociais e a intervención do Estado en materia económica. Está caracterizado polo control por parte da sociedade, organizada con todos os seus integrantes, tanto dos medios de produción como das diferentes forzas de traballo aplicadas nos mesmos. O socialismo implica unha planificación e unha organización colectiva consciente da vida social e económica.Subsisten non obstante criterios opostos respecto da necesidade da centralización da administración económica mediante o Estado como única instancia colectiva no marco dunha sociedade complexa, fronte á posibilidade de formas diferentes de xestión descentralizada da colectividade socialista, tanto por vías autoxestionarias como de mercado, así como mediante o emprego de pequenas unidades económicas socialistas illadas e autosuficientes.Existen tamén discrepancias sobre a forma de organización política baixo o socialismo para lograr ou asegurar o acceso democrático á sociedade socialista a clases sociais ou poboacións, fronte á posibilidade dunha situación autocrática por parte das burocracias administrativas.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como mais o elemento co que se realiza a comparación.Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou de que: é máis aleuto ca ela, é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti, traballa máis do que din.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial a ilustración, defensa e promoción da lingua galega. Elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, e decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
San Salvador de Teis é unha parroquia do concello de Vigo, cuxa parte meridional forma parte do núcleo urbano. Segundo o IGE, en 2022 tiña 2.227 habitantes (1.121 homes e 1.106 mulleres). Limita coas parroquias de Candeán, San Paio, San Xoán do Monte e Vigo Centro e pertence ó arciprestado de Vigo-Teis.
Este artigo trata sobre o estudo científico da orixe da vida. Para os aspectos filosóficos e relixiosos véxase Cosmogonía. Para a evolución histórica anterior á refutación experimental da xeración espontánea véxase Teoría da xeración espontánea Nas ciencias naturais, a orixe da vida na Terra relaciónase coa teoría da abioxénese no sentido moderno que se lle dá en ciencia a este termo, e que estuda o como e o cando a vida apareceu e se desenvolveu na Terra e, hipoteticamente, noutros lugares do universo coñecido, a partir do big bang (datado hai uns 13.700 millóns de anos) até os nosos días.A cuestión da orixe da vida na Terra xerou nas ciencias da natureza un campo de estudo especializado cuxo obxectivo é dilucidar como e cando xurdiu.
México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente en América do Norte (dependendo de onde se trace o límite con América Central, ora na fronteira mexicana, ora no istmo de Tehuantepec). Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo golfo de México e polo mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e mais Belize, e ao oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do cabo San Lucas, na Baixa California.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.