Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Stardew Valley é un videoxogo de simulación e rol desenvolvido por Eric "ConcernedApe" Barone. Os xogadores toman o rol dun personaxe que herda a granxa deteriorada do seu avó falecido, nun lugar coñecido como Stardew Valley. O xogo foi lanzado para Windows en febreiro do 2016, despois foi adaptado a outras plataformas.
Nintendo 3DS é unha videoconsola portátil producida pola multinacional Nintendo. O seu principal atractivo é a capacidade de mostrar gráficos en 3D sen a necesidade do uso de lentes ou calquera accesorio adicionais, grazas á autoestereoscopia A Nintendo 3DS presenta compatibilidade co software da Nintendo DS, incluíndo Nintendo DSi software. A compañía presentou oficialmente o aparello no ano 2010 no Electronic Entertainment Expo de 2010, levando videoconsolas de proba para os asistentes ao evento.
macOS, anteriormente denominado OS X e inicialmente Mac OS X, é un contorno operativo baseado en Unix, desenvolvido, comercializado e vendido por Apple Inc. É o actual sistema operativo da familia de computadores Macintosh e o sucesor da familia Mac OS. No ano 1997 nomeouse a Steve Jobs CEO de Apple, e este decidiu terminar co sistema operativo Mac OS clásico (as primeiras versións do sistema ata o Mac OS 9), que carecía de características modernas presentes dende había moito tempo nos sistemas coetáneos, e crear un novo sistema operativo tomando como punto de partida o NEXTSTEP, o sistema operativo que Steve Jobs estivera desenvolvendo coa súa empresa NeXT, adquirida por Apple. OS X é un sistema operativo baseado en UNIX, máis no cal o sistema de fiestras X11, característico da meirande parte destes sistemas, foi substituído por outro denominado Aqua, desenvolvido integramente por Apple.
Romeo e Xulieta (en inglés: Romeo and Juliet) é unha traxedia en lingua inglesa de William Shakespeare, escrita en 1597 co título orixinal de The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet. Foi traducida ao galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado pola Editorial Galaxia en 2003.
O gato ferruxento (Prionailurus rubiginosus) é un dos membros máis pequenos da familia dos gatos, que habita na India e Sri Lanka. En 2012, tamén foi rexistrado no oeste de Terai, no Nepal. Dende 2016, a súa poboación en estado salvaxe está categorizada como case ameazada segundo a Lista Vermella da IUCN, xa que está fragmentada e vese afectada pola perda e destrución do seu hábitat, a fraga caducifolia.
Final Fantasy VII (abreviado FF7 ou FFVII) é un dos máis importantes videoxogos de rol clásicos aparecidos para consola. Desenvolvido polo equipo de Hironobu Sakaguchi de Squaresoft (agora a Square Enix) maioritariamente entre 1996 e 1997, e publicado en 1997. Pese a que os europeos xa tiveran acceso aos videoxogos de rol xaponeses cos aparecidos en 16-bit, Final Fantasy VII foi o que deu a coñecer o xénero a un público máis amplo neste continente.
Fortnite é un videoxogo pertencente ao xénero de supervivencia e xénero aberto desenvolvido polas empresas Epic Games e People Can Fly. Foi lanzado como título de acceso anticipado o 25 de xullo de 2017 para Microsoft Windows, Mac OS, PlayStation 4 e Xbox One. En 2018 converteuse nun videoxogo gratuíto.
Un ano luz é unha unidade de lonxitude, utilizada en astronomía, que corresponde á distancia percorrida no vacuo pola luz durante un ano. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un fotón no vacuo a unha distancia infinita de calquera campo gravitatorio ou magnético, nun ano gregoriano medio e a unha velocidade de 299.792.458 m/s. Para calcular o valor en quilómetros dun ano luz utilízase a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un ano gregoriano Medio (ver Calendario gregoriano) con 365,2425 días.
Abbey Road é o undécimo primeiro álbum de The Beatles, saíu o 26 de setembro de 1969 no Reino Unido (o 1 de outubro nos Estados Unidos) e foi o último álbum gravado polo grupo, aínda que Let It Be se publicou despois. Produciuno George Martin. Rolling Stone considérao o 14º mellor álbum de todos os tempos.
Pokémon Ultra Sun e Ultra Moon
Pokémon Ultra Sun (en xaponés: ポケットモンスター ウルトラサン; Poketto Monsutā Urutora San) e Pokémon Ultra Moon (en xaponés: ポケットモンスター ウルトラムーン; Poketto Monsutā Urutora Mūn) son dous videoxogos de rol de 2017 desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Forman parte da sétima xeración da serie de videoxogos de Pokémon, sendo versión melloradas de Pokémon Sun e Pokémon Moon, os cales foron lanzados o ano anterior. Son os derradeiros xogos da serie central de Pokémon para a consola Nintendo 3DS. Foron anunciados en xuño de 2017 e distribuíronse internacionalmente o 17 de novembro de 2017. Ó igual que os títulos anteriores, a historia dos xogos xira arredor dun adestrador Pokémon, neste caso na rexión de Alola (baseada en Hawai).
A Nación Navajo (en navajo: Naabeehó Bináhásdzo) é un territorio nativo americano semiautónomo habitado polo pobo navajo. Abrangue 71.000 km2, ocupando anacos do nordeste de Arizona, sueste de Utah e noroeste Novo México. É a meirande área asignada principalmente baixo a xurisdición nativa americana dos Estados Unidos.
Maria Anna Cecilia Sophia Kalogeropoulos, nada en Nova York o 2 de decembro de 1923 e finada en París o 16 de setembro de 1977, máis coñecida polo nome artístico de Maria Callas, foi unha soprano grega, a máis famosa cantante de ópera do período de posguerra. Combinaba unha impecable técnica do bel canto cun gran talento dramático, o que fixo dela a máis famosa actriz cantante naquela época. Era extraordinariamente versátil, xa que o seu repertorio ía dende a ópera seria clásica, como La Vestale de Gaspare Spontini, ata as óperas de Giuseppe Verdi, ou Giacomo Puccini.
Freebase foi unha base de coñecemento colaborativa composta por metadatos creados principalmente polos membros da súa comunidade. Tratábase dunha base de datos en liña recompilados dende diferentes fontes, incluíndo contribucións wiki individuais. O obxectivo de Freebase era crear un recurso global que permitise á xente e ás máquinas acceder á información dun xeito máis efectivo.
Saúde é definida pola Constitución de 1996 da Organización Mundial da Saúde coma o estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades . Tamén pode definirse coma o nivel de eficacia funcional e/ou metabólica dun organismo tanto a nivel micro (celular) coma no macro (social). ..."A saúde mídese polo shock que unha persoa poida recibir sen comprometer o seu sistema de vida.
Un milímetro de mercurio (símbolo mmHg) ou torricelli (símbolo Torr, así denominada na honra de Evangelista Torricelli), é unha unidade de presión. O milímetro de mercurio defínese como a presión exercida na base dunha columna dun milímetro de mercurio, que ten unha densidade de 13,5951 g/cm3, baixo a acción da gravidade estándar (9,80665 m/s2), é dicir, 133,322 387 415 Pa, mentres que o torr equivale a 1/760 da presión atmosférica estándar, é dicir, 133,322 368 421... Pa (os decimais son periódicos).
Peter Molyneux OBE, nado en Guildford (Surrey) o 5 de maio de 1959, é un deseñador e programador de videoxogos inglés, responsable dos coñecidos "xogos de simulación de deus" como Dungeon Keeper, Populous e Black & White, entre outros. Tamén é o responsable de xogos de estratexia "de negocios" como Theme Park, Theme Hospital, The Movies e xogos de rol como Fable. En agosto de 1997 Peter deixou a compañía Bullfrog, para establecer un novo equipo de desenvolvemento, Lionhead Studios.
Unha aplicación móbil (app) é unha aplicación informática deseñada para ser empregada en tabletas táctiles, teléfonos intelixentes e outros dispositivos móbiles. Pódense adquirir a través de plataformas de distribución de aplicacións. Algunhas aplicacións son de balde, mentres que outras deben ser mercadas.
Os videoxogos de rol son uns dos máis antigos representantes dos videoxogos. Sempre estiveron fortemente influídos por xogos de rol de mesa, exemplos claros diso son xogos baseados nas regras de Dungeons&Dragons, coma o clásico Eye of beholder ou os máis modernos Neverwinter nights e a súa continuación, Neverwinter nights II, ambos de Bioware; ou tamén, por exemplo, Vampire: the Masquerade Bloodlines, da desaparecida Troika games, baseado no universo homónimo.
En informática, un teclado de ordenador é un periférico utilizado pola introdución de ordes e datos nun ordenador, aínda que teclados similares se utilizan tamén en máquinas de escribir. Actualmente o teclado é un elemento indispensábel para un ordenador e é xunto co rato o periférico de entrada máis importante.
Este artigo fala sobre a primeira consola da serie de videoconsolas de Sony; para o artigo sobre a serie enteira, vexa o artigo PlayStation (serie).A PlayStation é a primeira dunha serie de consolas de videoxogos. Esta primeira versión foi concibida e lanzada no mercado por Sony o 3 de decembro de 1994 no Xapón e no 9 de setembro de 1995 nos Estados Unidos.
Aeroporto Internacional de Auckland
O Aeroporto Internacional de Auckland é o aeroporto internacional máis grande e importante de Nova Zelandia, servindo a máis de 12 millóns de pasaxeiros por ano, e espérase que esta cantidade se duplique nos próximos 15 anos. Atópase en Mangere, un suburbio ao oeste de Manukau City, e está a 21 km cara ao sur do centro de Auckland. É a base de operacións principal da compañía neozelandesa Air New Zealand.
O termo alfabetización, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, provén do verbo alfabetizar; trátase da acción de “ensinar a ler e escribir”, así mesmo enténdese tradicionalmente como a habilidade de ler e escribir, co propósito de comprender ou expresar pensamentos ou ideas en forma escrita nalgún contexto específico de uso. Noutras palabras, os humanos das sociedades alfabetizadas teñen formas prácticas para producir e consumir escritos, e tamén teñen crenzas sobre estas prácticas. Ler, desde este punto de vista, é sempre ler algo con algún propósito; escribir sempre é escribir algo para alguén para uns fins particulares.
O adxectivo internacional fai referencia á interacción ou asociación entre dúas ou máis nacións ou estados. En política coñécense como internacionais as organizacións que integran individuos ou entidades dunha mesma ideoloxía ou que perseguen un mesmo fin. As primeiras asociacións internacionais tiveron un carácter obreiro, como a Primeira Internacional, a Segunda Internacional, a Asociación Internacional dos Traballadores ou a Internacional Socialista.
Patrimonio da Humanidade nos Emiratos Árabes Unidos
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. Os Emiratos Árabes Unidos, unha influente nación da Península Arábiga formada por sete emiratos distintos, ratificaron a convención o 11 de maio de 2001, convertendo os seus lugares elixibles para a súa inclusión na lista.Os sitios culturais de Alaine (Hafite, Hili, Bidaa Bint Saud e zonas dos oasis foi o primeiro lugar dos Emiratos Árabes Unidos incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 35ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en París (Francia) en 2011. É o único sitio de Dominica declarado Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación cultural.
Un videoxogo multixogador é un videoxogo no cal máis dunha persoa pode xogar no mesmo ambiente de xogo á vez, ben sexa de forma local (como no xogo New Super Mario Bros. Wii) ou en liña a través de internet (como en World of Warcraft, Call of Duty). Os videoxogos multixogador polo xeral requiren que os xogadores compartan os recursos dun só sistema de xogo ou o uso de tecnoloxía de redes para xogar xuntos unha distancia maior; os xogadores poden competir contra un ou máis participantes humanos, traballar cooperativamente cun compañeiro humano para lograr un obxectivo común ou supervisar a actividade doutros xogadores.
Grand Theft Auto V, tamén coñecido como GTA V, é un videoxogo de mundo aberto (sandbox), acción e aventura desenvolvido polo estudo escocés Rockstar North e publicado por Rockstar Games. O xogo saíu á venda o 17 de setembro de 2013 nas plataformas PlayStation 3 e Xbox 360. É o primeiro xogo da serie principal da saga Grand Theft Auto despois do lanzamento de Grand Theft Auto IV en 2008, sendo o décimo quinto xogo da serie en total.
O Lago Superior é o maior dos cinco Grandes Lagos de Norteamérica, e o maior lago de auga doce do mundo por superficie. O Lago Baikal de Siberia conten maior volume, e o Mar Caspio é maior, pero é de auga salgada. O Lago Superior localízase entre o Canadá (provincia de Ontario) e os Estados Unidos (estados de Míchigan, Minnesota, e Wisconsin.
Angry Birds é unha serie de videoxogos creada no 2009 pola empresa finesa Rovio Entertainment. Inspirada por Crush the Castle, os xogos foron aclamados pola súa exitosa mestura de modo de xogo, estilo cómico e baixo prezo. A súa popularidade supuxo a creación de numerosos spin-offs, versións de Angry Birds creadas para PCs e consolas, un mercado para comercializar as súas personaxes, unha serie de animación e un filme.
Wò hǔ cáng lóng (título orixinal: 臥虎藏龍) que en galego significa "Tigre agazapado, Dragón agochado"; é un filme wuxia (de acción, aventuras e artes marciais) dirixido por Ang Lee en 2000. É unha coprodución entre China, Hong Kong, Taiwán e Estados Unidos e a lingua orixinal é o mandarín. Está protagonizado por estrelas do cine de etnia chinesa, incluíndo a Chow Yun-fat, Michelle Yeoh, Zhang Ziyi e Chang Chen.
O bolero é un ritmo que mestura as raíces españolas coas influencias locais de varios países hispanoamericanos. Xurdiu no Caribe, mais sufriu modificacións, especialmente desenvolvendo temas máis románticos e un ritmo mais devagar. Ten tradición en Cuba, Porto Rico, a República Dominicana, Colombia, Ecuador, México, o Perú, Venezuela, o Uruguai, a Arxentina e o Brasil.
Un videoxogo para un xogador, (single-player en inglés) é aquel que ten entrada para un único xogador . Os videoxogos máis temperáns, como Tennis for Two, eran para dous xogadores, os xogos para un único xogador gañan popularidade pouco despois con títulos como Speed Race e Space Invaders. A primeiros dos 90 presentáronse moitos xogos que utilizaron redes de área local para modos de multixogador, Doom é un exemplo notábel destes.
Doraemon, o gato cósmico (ドラえもん, Doraemon) é un manga e anime creado entre os anos 1969 e 1970 polo debuxante xaponés Himiko Fujisaki, baixo o pseudónimo de Fujio Fujiko. Fujio Fujiko era pseudónimo común de dous debuxantes, Hiroshi Fujimoto e Motoo Abiko. Doraemon é a obra creada de Hiroshi Fujimoto, entón agora se utiliza Fujio F. Fujiko como o seu pseudónimo.
Antonio Couceiro Méndez, nado na Coruña o 18 de decembro de 1955, é un político e dirixente galego. Foi conselleiro de Industria e Comercio durante o goberno de Manuel Fraga, entre 1994 e 1999, e deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular entre 1997 e 1999. Ten ocupado presidencias e cargos nos consellos de administración de numerosas institucións, tanto públicas como privadas Na actualidade ocupa entre outros os cargos de presidente da Cámara de Comercio da Coruña (dende 2016) e presidente do Deportivo da Coruña (dende 2021).
Alexandre Gustave Eiffel, nado o 15 de decembro de 1832 en Dijon e finado o 27 de decembro de 1923 en París, foi un enxeñeiro francés, especialista en estruturas metálicas. O apelido Eiffel foi adoptado por un dos seus antepasados a principios do século XVIII, tomado do seu lugar de nacemento: Marmagen, na rexión de Eifel, xa que en francés non se podía pronunciar o seu verdadeiro nome: Alessandre Gustaf Bönickhausen.
O carbono-14 (14C, masa atómica = 14,003241 uma) é un radioisótopo do carbono e foi descuberto o 27 de febreiro de 1940 por Martin Kamen e Sam Ruben. O seu núcleo contén 6 protóns e 8 neutróns. Willard Libby determinou un valor para o período de semidesintegración ou semivida deste isótopo: 5568 anos.
Unha obra derivada é, en termos lexislativos de dereitos de autor, unha obra intelectual creada a partir dunha ou outras xa existentes incluíndo aspectos que poden estar suxeitos a dereitos de autor. A obra derivada debe garantir os dereitos de autor da obra orixinal. Exemplos de obras derivadas poden ser unha tradución, unha adaptación musical, unha adaptación a outro medio de comunicación ou un resumo.
The Legend of Zelda: The Wind Waker
The Legend of Zelda: The Wind Waker (ゼルダの伝説 風のタクト - Zeruda no Densetsu Kaze no Takuto, literalmente "A Lenda de Zelda: a batuta do vento"), é un xogo de acción-aventura, décima entrega da serie The Legend of Zelda. Foi editado para a Nintendo GameCube no Xapón o 13 de decembro de 2002, en Norteamérica o 24 de marzo de 2003, en Europa o 3 de maio de 2003 e en Australia o 7 de maio de 2003. The Legend of Zelda: Phantom Hourglass para a Nintendo DS é a secuela directa de The Wind Waker.
Pokémon Omega Ruby e Alpha Sapphire
Pokémon Omega Ruby (en xaponés: ポケットモンスター オメガルビー; Poketto Monsutā Omega Rubī) e Pokémon Alpha Sapphire (en xaponés: ポケットモンスター アルファサファイア; Poketto Monsutā Arufa Safaia) son dous videoxogos de rol de 2014, senllos remakes dos videoxogos de 2002 Pokémon Ruby e Sapphire, que tamén incúen caractertísticas de Pokémon Emerald. Os xogos forman parte da sexta xeración da serie de videoxogos de Pokémon e foron desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Foron anunciados en maio de 2014, e foron lanzados no Xapón, América do Norte e Australia o 21 de novembro de 2014, exactamente doce anos despois do lanzamento dos videoxogos orixinais Ruby e Sapphire, mentres que en Europa a data de lanzamento foi a semana seguinte.Omega Ruby e Alpha Sapphire recibiron polo xeral valoracións positivas por parte da crítica. Ata o 30 de setembro de 2020, os xogos venderon 14,34 millóns de copias en todo o mundo.
En bioloxía molecular, o CD4 (cluster de diferenciación 4) é unha glicoproteína que se encontra na superficie de células inmunes como o linfocito T axudante, monocito, macrófago, e célula dendrítica. Descubriuse a finais da década de 1970 e orixinalmente deuselle o nome de leu-3 e T4 (debido aos anticorpos monoclonais OKT4 que reaccionaban con el) antes de ser rebautizado como CD4 en 1984. Nos humanos a proteína CD4 está codificada polo xene CD4 do cromosoma 12.Os linfocitos T axudantes CD4+ son leucocitos que son parte esencial do sistema inmunitario humano e con frecuencia denomínanse células CD4, células T axudantes ou células T4.
The Simpsons (en galego, Os Simpson) é unha comedia de situación de animación estadounidense creada por Matt Groening para a canle de televisión, tamén estadounidense, Fox Broadcasting Company. A serie é unha parodia satírica do estilo de vida do americano de clase media personificado na familia protagonista, formada por Homer, Marge, Bart, Lisa e Maggie. O programa está ambientado na cidade de ficción Springfield, satirizando moitos dos aspectos das condicións humanas, dentro das que se atopa a cultura, sociedade e televisión dos Estados Unidos.
O mecenado é o patrocinio financeiro a artistas ou científicos, a fin de permitirlles desenvolver a súa obra sen esixir en contrapartida créditos monetarios inmediatos, aínda que esixindo esa remuneración nunha forma máis pracenteira para o mecenado. Outra acepción podería ser que se trata dun apoio, ben sexa monetario ou en especie, que unha organización presta para o desenvolvemento social, cultural e científico da sociedade, así como para a preservación ambiental da contorna no que se sitúa. As accións de mecenado axudan a mellorar a reputación das organizacións que as realizan, chegando a converterse nunha acción de relacións públicas.
Cultivar é a designación dada a determinada forma dunha planta cultivada e corresponde a un determinado xenotipo e fenotipo que foi seleccionado e recibiu un nome único e debidamente rexistrado con base nas súas características produtivas, decorativas ou outras que o tornen interesante para o cultivo. O cultivar debe presentar durante o cultivo, e manter durante o proceso de propagación, un conxunto único de características que o distingan de maneira consistente de plantas semellantes da mesma especie. O termo foi cuñado polo especialista en horticultura Liberty Hyde Bailey, que o derivou das palabras inglesas "cultivated" e "variety" ("cultivado" e "variedade"), co que significaría estritamente "variedade cultivada" dunha especie vexetal.
De facto é unha locución latina que significa "de feito" e que se utiliza sobre todo por cuestións legais para referirse a aquelas materias ou situacións que aínda que non están no dereito ou na lei están admitidas na práctica. Contrasta coa locución de iure, que se utiliza cando si está oficializada pola lei ou o dereito.
Haile Gebrselassie, nado en Asella o 18 de abril de 1973, é un atleta etíope especialista en carreiras de fondo. Gebrselassie acadou as súas grandes vitorias nas distancias comprendidas entre os 1500 metros e o maratón. Rompeu 25 récords mundiais e gañou numerosos títulos olímpicos e mundiais, e está amplamente considerado coma un dos mellores corredores de longa distancia de toda a historia.
A poboación humana mundial é o número total de persoas que viven en todo o mundo nun momento específico. Está determinada polos nacementos e os falecementos dos individuos, así como pola súa esperanza de vida.A poboación mundial pasou dos case 1000 millóns no ano 1800 a máis de 6000 millóns no ano 2000, e o 30 de outubro de 2011 acadáronse os 7000 millóns.As estimacións da ONU (baseadas en estatísticas) calcularon aproximadamente que o 30 de outubro de 2011, o planeta alcanzaría a cifra de 7000 millóns de habitantes. Segundo estimacións da ONU no ano 2008, cada minuto nacen entre 323 e 358 bebés en todo o mundo.É usual que en artigos científicos, ensaios, e outro tipo de escritos, sexa tomada a expresión en toda a humanidade como equivalente a en toda a poboación mundial.
Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016
As eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016 foron as 58ª eleccións presidencias dos Estados Unidos de América, celebradas o martes 8 de novembro de 2016. Os votantes elixen ós compromisarios que á súa vez deberán escoller ó novo presidente e vicepresidente a través do Colexio Electoral. O límite estabelecido pola Vixésimo segunda Emenda constitucional impediu ó presidente en exercicio, Barack Obama, ser reelixido para un terceiro período de goberno.
Resident Evil (coñecido no Xapón como Biohazard (バイオハザード, Baiohazādo) é unha serie de videoxogos de supervivencia de terror e unha serie de cómics, novelas, catro filmes e unha manchea de coleccionables como figuras de acción, guías de estratexia e publicacións. Desenvolvida pola compañía Capcom e creada por Shinji Mikami, a serie vendeu máis de 35 millóns de xogos ata marzo de 2009.
Super Mario Bros. (スーパーマリオブラザーズ) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto para a videoconsola NES en 1985. Universalmente considerado un clásico, foi un dos primeiros xogos de plataforma de desprazamento lateral, a súa popularidade non tivo precedentes e comezou unha nova era nos xogos para consola, convertendo á figura de Mario na mascota oficial de Nintendo e nunha icona internacional.
Pokémon (ポケットモンスター, Poketto Monsutā, Pocket Monsters, literalmente "monstros de peto" en galego) é unha franquía multimillonaria, que orixinalmente comezou coma un videoxogo, mais debido á súa popularidade logrou expandirse a outros medios de entretemento coma series de televisión, xogos de cartas, roupa, entre outros, converténdose nunha marca que é recoñecida no mercado mundial. As vendas de videoxogos até o 1 de decembro de 2006, acadaran unha cantidade de 175 millóns de exemplares (incluíndo a venda da versión Pikachu da consola Nintendo 64), atinxindo ocupar o segundo lugar das sagas de videoxogos máis vendidos de Nintendo. A franquía celebrou o seu décimo aniversario o 27 de febreiro de 2006.
The Legend of Zelda é a epígrafe baixo a que se agocha unha das sagas máis rendibles e famosas da historia dos videoxogos. Creada nos anos 80 por Shigeru Miyamoto e Taqueshi Tezuka para a compañía Nintendo, pronto alcanzaría unha gran fama entre os xogos de acción e aventura. A historia conta como un rapaz da fraga de Kokiri (chamado Link) ten a misión de salva-lo mundo (Hyrule) ou ben rescatar á princesa Zelda.
The Pokémon Company (株式会社ポケモン, Kabushiki gaisha Pokemon) é unha empresa xaponesa responsable da xestión, produción, mercadotecnia e licenzas da franquía Pokémon, consistente en software de videoxogos, un xogo de cartas, unha serie de televisión anime, filmes, manga, produtos de entretemento caseiro e outros. Estabeleceuse a través dun investimento conxunto das tres empresas que posúen os dereitos de autor de Pokémon: Nintendo, Game Freak e Creatures. Comezou a súa actividade en 1998 e adoutou o sobrenome Pokémon Ltd.
StarCraft: Brood War é unha expansión para o videoxogo de estratexia en tempo real de ciencia ficción futurista StarCraft, desenvolvida por Blizzard Entertainment e publicada en 1998. É un dos xogos para ordenador máis vendidos da historia, catalogado de best-séller e considerado como un clásico dos xogos de ordenador. Foi presentado para distintas plataformas, como Windows, Mac e Nintendo 64, aínda que esta última con menos acollida.
A creatividade (ou enxeño) é a xeración ou posta en relación de "ideas" orixinais, e, potencialmente útiles en calquera eido, entendendo "idea" non como un concepto intelectualizado senón nun senso máis amplo, podendo ser musical, un movemento do corpo ou relacionada cun xeito de entender o espazo ou as cores, por exemplo.A creatividade asóciase con imaxinación e o pensamento diverxente, xa que moitas veces xorde da dúbida, de reconsiderar unha cuestión dende diferentes ángulos, nun proceso que implica a intuición e a memoria.
Eslovenia ( pronunciación ) (en esloveno: Slovenija), oficialmente República de Eslovenia ( pronunciación ) (en esloveno: Republika Slovenija [rɛˈpùːblika slɔˈʋèːnija] ), é un país do sur da Europa central que fai fronteira con Italia polo oeste, co mar Adriático polo suroeste, con Croacia polo sur e o leste, con Hungría polo nordeste e con Austria polo norte. A principal cidade eslovena e capital do estado é Liubliana. Durante a súa historia Eslovenia formou parte do Imperio Romano, o Imperio Bizantino, a República de Venecia, o Ducado de Carantania (só o a parte norte do país), o Sacro Imperio Romano Xermánico, a monarquía dos Habsburgo, o Imperio Austríaco (máis tarde chamado Imperio Austrohúngaro), o efémero Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (chamado Reino de Iugoslavia a partir 1929) entre a primeira e a segunda guerra mundial, e a República Federal Socialista de Iugoslavia dende o ano 1945 até o ano 1991, cando o país obtivo a súa independencia.
Michael Joseph Jackson, nado en Gary, Indiana o 29 de agosto de 1958 e finado nos Ánxeles o 25 de xuño de 2009, máis coñecido simplemente como Michael Jackson, foi un cantautor, actor, músico, bailarín e home de negocios estadounidense. Chamado o Rei do Pop, a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas. O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971.
JSON, acrónimo de JavaScript Object Notation, é un formato lixeiro para o intercambio de datos. JSON é un subconxunto da notación literal de obxectos de JavaScript que non require o uso de XML. A simplicidade de JSON deu lugar á xeneralización do seu uso, especialmente como alternativa a XML en AJAX. Unha das supostas vantaxes de JSON sobre XML como formato de intercambio de datos neste contexto é que é moito máis sinxelo escribir un analizador sintáctico (parser) de JSON. En JavaScript, un texto JSON pódese analizar facilmente usando o procedemento eval(), o cal foi fundamental para que JSON fose aceptado por parte da comunidade de desenvolvedores AJAX, debido á ubicuidade de JavaScript en case calquera navegador web. Na práctica, os argumentos a favor da facilidade de desenvolvemento de analizadores ou do rendemento dos mesmos son pouco relevantes, debido ás cuestións de seguridade que expón o uso de eval() e o auxe do procesamento nativo de XML incorporado nos navegadores modernos.
Os cimícidos (Cimicidae) son unha familia de pequenos insectos hemípteros parasitos que se alimentan exclusivamente de sangue de animais de sangue quente, denominados en xeral chinches. Entre eles están a chinche das camas común Cimex lectularius, e o seu parente tropical similar Cimex hemipterus. A familia contén unhas 100 especies.
Evge (en ucraíno: Dodomu; Додому) é un filme ucraíno de 2019 dirixido por Nariman Aliev. Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019. Foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Non confundir co condado de Orange, Nova York.O Condado de Orange (en inglés Orange County) é un dos 58 condados de California. Foi fundado en 1889 e conta cunha poboación de 3 046 876 habitantes (2008), o que fai del o 2º condado máis poboado de California e o 5º dos Estados Unidos. Está situado ó sur dos Ánxeles e ó norte de San Diego.