Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Xogos Olímpicos da Antigüidade
Os Xogos Olímpicos da Antigüidade eran un festival relixioso e atlético da Grecia Antiga, que se realizaba de catro en catro anos no santuario de Olimpia, en honra de Zeus. A data tradicional atribuída á primeira edición dos Xogos Olímpicos é -776. Os Xogos Olímpicos eran os máis importantes xogos panhelénicos, tendo sido prohibidos polo emperador cristián Teodosio I en 393, por seren unha manifestación de rituais do paganismo.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos, Ourol, o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoporano.
A Commonwealth de Massachusetts (en inglés, Commonwealth of Massachusetts) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Localízase ao nordés do país, a uns cantos quilómetros da fronteira co Canadá. Massachusetts é o sexto menor estado dos Estados Unidos pero, a pesar do seu pequeno tamaño, é o décimo terceiro en poboación.
Un imán é un obxecto que posúe un campo magnético, dentro do cal exerce unha forza de atracción ou repulsión sobre outros imáns e sobre certos metais. O seu magnetismo explícase por causa das pequena correntes eléctricas que se dan no interior da materia, producidas debido ao movemento dos electróns nos átomos, dando cada unha orixe a un xeito de "imán microscópico". No imán, cada unha desta polaridades está aliñada coas outras, sumando as súas propiedades.
KulturNav é un servizo dixital de almacenamento en nube orixinario de Noruega. O seu principal fin é que os seus usuarios poidan utilizar dita plataforma para crear e administrar un sistema de control de autoridades focalizado nas necesidades de museos e centros culturais. O proxecto foi creado e é dirixido polo Consello das Artes de Noruega.
Twice (hangul: 트와이스, estilizado como TWICE), é un grupo musical feminino multinacional formado por JYP Entertainment en Corea do Sur a través do programa de supervivencia SIXTEEN en 2015. O grupo ten nove integrantes: Nayeon, Jeongyeon, Momo, Sana, Jihyo, Mina, Dahyun, Chaeyoung e Tzuyu. O grupo debutou o 20 de outubro de 2015, co mini-álbum The Story Begins.O grupo popularizouse co lanzamento do sinxelo «Cheer Up» lanzado en 2016.
O carro solar de Trundholm (en danés Solvognen) é un célebre obxecto de bronce descuberto en 1902 por un campesiño no pantano de Trundholm en Odsherred, preto de Nykøbing, provincia de Sjælland (Zelandia) en Dinamarca. Represéntase un cabalo e un grande disco, ambos os dous colocados sobre unha estrutura en forma de carro con rodas de raios. Está datado na primeira Idade de bronce arredor de 1400 a.C..
Fallout 2 é un videoxogo de rol, orixinalmente para PC, pertencente á saga de Fallout e desenvolvido por Black Isle Studios, foi publicado por Interplay o 30 de setembro de 1998. Trátase dun título de rol postapocalíptico como todo os da saga Fallout. O xogo toma lugar no ano 2241, 80 anos logo dos sucesos de Fallout.
Os quirópteros ou morcegos (Chiroptera) son unha orde de mamíferos placentarios cuxas extremidades superiores se desenvolveron como ás. Con aproximadamente 1.100 especies, representan aproximadamente un 20% de todas as especies de mamíferos, o que os converte na segunda orde máis numerosa desta clase (tras os roedores). Están presentes en todos os continentes, agás na Antártida.Son os únicos mamíferos capaces de voar, espalláronse por case todo o mundo e ocuparon unha gran variedade de nichos ecolóxicos diferentes.
O aeroporto de Manchester (IATA: MAN, ICAO: EGCC) é un aeroporto internacional inglés en Ringway, situado a 13,9 km ao sueste do centro da cidade de Manchester. No ano 2016 foi o terceiro aeroporto máis concorrido do Reino Unido en número de pasaxeiros. As súas instalacións están formadas por tres terminais de pasaxeiros e unha de carga e é o único aeroporto británico xunto con Heathrow con dúas pistas de máis de 3 000 metros.
Satellite Catalog Number (Número de Catálogo do Satélite), (tamén coñecido como NORAD Catalog Number, NASA catalog number, USSPACECOM object number ou sinxelamente Catalog number e variantes semellantes) é un número secuencial de 5 díxitos asignado polo USSPACECOM para todos os satélites que orbitan a Terra coa finalidade da súa identificación. Antes de que USSPACECOM, o catálogo foi apoiada por NORAD. O primeiro obxecto catalogado, número de catálogo 00001, é a última etapa do foguete que puxo en funcionamento o Sputnik 1. En decembro de 2012, o Catálogo Mestre da NSSDC fixo unha lista de 6916 satélites lanzado en órbita dende 1957, o último deles Kwangmyongsong-3 Unidade 2, o 12 de decembro de 2012.
Un hotel é un edificio planificado e acondicionado para albergar as persoas temporalmente, e que permite aos viaxeiros aloxarse durante os seus desprazamentos. Os hoteis tamén poden proporcionar aos hóspedes servizos adicionais como restaurante, piscina ou gardería. Algúns hoteis teñen servizos de conferencias e posibilitan organizar convencións e reunións no seu establecemento.
O controlador de xogo é un dispositivo de entrada usado para controlar un videoxogo. Un controlador é normalmente conectado a un arcade, consola ou computador e pode ser un teclado, rato, gamepad, joystick, paddle ou calquera dispositivo proxectado para xogos que poida recibir comandos. Algúns dispositivos especiais como volantes ou pistolas poden ser usados en xogos de carreiras ou de tiro.
A National Portrait Gallery (en galego: Galería Nacional de Retratos) é un dos museos máis famosos de Londres. Non debe confundirse coa National Portrait Gallery de Washington, Estados Unidos. A súa colección está formada por retratos de personaxes destacados da historia; o edificio está construído xusto detrás da National Gallery.
Biblioteca Real dos Países Baixos
A Biblioteca Nacional dos Países Baixos (en neerlandés: Koninklijke Bibliotheek, tamén coñecida como KB), con sede na Haia, foi fundada en 1798. O rei Lodewijk Napoleón deulle o seu nome actual en 1806. A institución independizouse do Estado en 1996, aínda que está financiada polo Departamento de Educación, Cultura e Ciencia.
James Cameron's Avatar: The Game
James Cameron's Avatar: The Game é un videoxogo de acción en terceira persoa do 2009, desenvolvido a partir do filme de James Cameron Avatar. O xogo foi creado por Ubisoft Montreal para as plataformas PlayStation 3, Xbox 360, PC, Wii e Nintendo DS o 1 de decembro de 2009, cunha versión para a PSP realizada o 8 de decembro de 2009. Ubisoft anunciou que empregarían a mesma tecnoloxía do filme para poder xogar en 3D. Nunha entrevista en Nintendo Power, fíxose público que a versión para Wii emprega o sistema Jade engine de Ubisoft.
Os videoxogos de plataformas son un xénero de videoxogos que se caracterizan por ter que camiñar, correr, saltar ou escalar sobre unha serie de plataformas e cantís, con inimigos, mentres se recollen obxectos para poder completar o xogo. Este tipo de videoxogos adoitan usar vistas de desprazamento horizontal cara á esquerda ou cara á dereita. É un xénero moi popular de videoxogos, xurdido a comezo da década de 1980 e que segue mantendo bastante popularidade na actualidade.
Os puntos cardinais son as catro direccións derivadas do movemento de rotación terrestre que conforman un sistema de referencia cartesiano para representar a orientación nun mapa ou na propia superficie terrestre. Estes puntos cardinais son o leste, que vén sinalado polo lugar aproximado onde sae o Sol cada día; o oeste, o punto indicado polo ocaso do sol no seu movemento aparente, e considerando a liña leste-oeste como o eixo das abscisas nun sistema de coordenadas xeográficas, o eixo das coordenadas estaría descrito por liña norte-sur. Esta composición xera catro ángulos de noventa graos que á súa vez se dividen polas bisectrices, xerando noroeste, suroeste, nordés e sueste.
Non confundir con adherente Un adhesivo é un soporte de texto ou imaxes impresas ou serigrafadas sobre unha lámina de vinilo, papel ou tea, en cuxa parte posterior se dispuxo dunha fina capa de adherente. Esta lámina vai pegada sobre un papel siliconado ou transfer co fin de manter a capacidade de adhesión até o momento en que se decida fixar esta lámina sobre outra superficie de forma definitiva. Algúns adhesivos non necesitan a capa adherente, xa que se colocan sobre superficies moi lisas, como o cristal ou a cerámica, e a fixación realízase por efecto electrostático.
Universidade de Australia Occidental
A Universidade de Australia Occidental (UWA) é unha das principais universidades estatais de Australia.
BBC One é a máis antiga estación de televisión do Reino Unido e do mundo. É a principal canle da BBC, e comezou a emitir como BBC Television Service o 2 de novembro de 1936, aínda que a BBC emitira experimentalmente en gran variedade de formatos dende que o 30 de setembro de 1929 Baird Televisión emitise utilizando os medios da BBC. O 1 de setembro de 1939 as emisións foron interrompidas ata que de novo o 7 de xuño de 1946 volveu transmitir. A estación tivo o monopolio das transmisións de televisión no Reino Unido ata a aparición da ITV en 1955.
TV Tokyo Corporation (株式会社テレビ東京, Kabushiki Gaisha Terebi Tōkyō) é unha canle de televisión comercial de ámbito nacional xaponés que transmite dende Toquio. Foi fundada en 1964, e o seu principal accionista de referencia é o xornal Nihon Keizai Shimbun, sendo a canle principal da rede de emisoras TX Network (TXN). A canle, que tamén se coñece popularmente como Teleto (テレ東, Teretō), é a máis pequena das canles de televisión nacionais que emiten dende Toquio, e salienta pola alta presenza do anime na súa programación.
A catedral de Canterbury é unha das máis antigas e famosas estruturas cristiás en Inglaterra. É a catedral do arcebispo anglicano de Canterbury, o primado de toda Inglaterra e o líder relixioso da Igrexa de Inglaterra. Esta igrexa nai da Diocese de Canterbury (ó leste de Kent) é o foco da Relixión Anglicana.
Tate é o museo nacional de arte moderna do Reino Unido acollido principalmente na cidade de Londres. Comprende catro galerías: Tate Britain (aberta en 1897), Tate Liverpool (1988), Tate St Ives (1993) e Tate Modern (2000), coa aínda a galería online, Tate Online (1998). Foi fundada orixinalmente co nome de National Gallery of British Art e renomeada tras Henry Tate fundar un edificio especialmente para ela en Millbank, Londres.
Unha campaña militar consiste nun conxunto de accións militares que transcorren nunha mesma zona xeográfica e nun mesmo período. No contexto das ciencias militares, unha campaña militar comprende todas as operacións militares, normalmente efectuadas por unha forza defensiva ou atacante, dirixidas á consecución dunha desexada situación militar ou política, dentro dunhas limitacións xeográficas e temporais.
FilmAffinity é un sitio web dedicado ao cinema, creado en 2002 polo crítico Pablo Kurt e o programador informático Daniel Nicolás. Tamén conta cunha versión en inglés. A edición americana de PC Magazine (abril de 2004) incluíu FilmAffinity entre as cen mellores webs por descubrir do mundo; cualificouno como a mellor web na categoría de entretemento.
Unha sala de cinema, cinema ou cine é un edificio que contén un auditorio para ver filmes. Moitas salas de cinema son negocios para o público xeral, que asiste pagando unha entrada. Con todo, algunhas salas de cinema están operadas por organizacións que non perseguen beneficios ou sociedades nas que os membros pagan unha cota para ver filmes.
O vixía no centeo (título orixinal en inglés: The Catcher in the Rye) é unha novela de J. D. Salinger publicada en 1951. No seu momento provocou numerosas controversias nos Estados Unidos de América pola súa linguaxe provocadora e por falar con claridade da sexualidade e a ansiedade adolescentes. O seu protagonista, Holden Caulfield, converteuse nunha icona da rebeldía adolescente.
A Columbia Británica (en inglés: British Columbia, [ˌbrɪtɪʃ kəˈlʌmbiə] (AFI); en francés: Colombie-Britannique) é a terceira maior provincia do Canadá, tanto en área como en poboación, atrás soamente do Ontario (provincia máis populosa do país) e do Quebec (maior provincia do país en área). A Columbia Británica, localizada no extremo oeste do Canadá, é a única subdivisión canadense bañada polo Océano Pacífico. A provincia é comunmente chamada B.C., abreviación de British Columbia.
Para os Xogos Olímpicos na Antigüidade véxase este artigo.Os Xogos Olímpicos (Jeux Olympiques en francés, e Olympic Games en inglés), ou olimpíadas son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os Xogos Olímpicos son considerados a principal competición do mundo deportivo, con máis de duascentas nacións participantes. Existen dous tipos: os Xogos Olímpicos de Verán e os Xogos Olímpicos de Inverno, que se realizan cun intervalo de dous anos, segundo a Carta Olímpica: «Os xogos da olimpíada celébranse durante o primeiro ano dunha olimpíada, e os Xogos Olímpicos de inverno durante o seu terceiro ano».
A guerra de Corea foi un conflito bélico entre Corea do Norte (comunista) e Corea do Sur (capitalista) que se desenvolveu entre o 25 de xuño de 1950 e o 27 de xullo de 1953. Á vez, foi unha guerra non oficial entre os Estados Unidos e a Unión Soviética. Os principais combatentes nesta guerra foron as repúblicas de Corea do Norte e China por un bando e Corea do Sur, con axuda de Estados Unidos, Australia, Canadá, Reino Unido, Colombia e outras nacións baixo o mando de Estados Unidos polo outro.
The Sims 3 é un videoxogo de simulación social e estratexia da franquía The Sims, orixinalmente creado por Maxis e desenvolvido por Electronic Arts, para PC e Mac. Trátase da terceira entrega da popular serie The Sims (posterior ao videoxogo The Sims 2). Foi anunciado nunha entrevista de Electronic Arts en novembro de 2006 e lanzado o 2 de xuño de 2009 nos Estados Unidos, e o 26 de outubro de 2010 para as videoconsolas de sobremesa Xbox 360, PlayStation 3, Wii e Nintendo DS. O videoxogo tivo un éxito inmediato.
A arte mudéxar é a arte que practicaban os mudéxares e mouriscos. Tivo lugar do século XII ao XVI, e foi un fenómeno autóctono e exclusivamente hispánico; con todo non tivo pegada en Galicia, Asturias e Cantabria, pola pouca influencia mourisca nestas zonas. Aínda que tamén chegou ás Américas, ás colonias españolas.
Un telefilme é un filme producido e orixinalmente emitido por unha canle de televisión. O formato apareceu nos Estados Unidos a principios da década de 1960 para incentivar aos epectadores para que veran na casa unha película equivalente ás longametraxes exhibidas en salas de cinema. Os telefilmes adoitan teren orzamentos menores que o das películas realizadas para o cinema, pero contan cun número de xéneros e temas tan amplos como as obras cinematográficas.
Un DVD ou deuvedé (Digital Versatile Disc, antes denominado Digital Video Disc) é un formato de almacenamento óptico que pode ser empregado para gardar datos, incluíndo películas con alta calidade de vídeo e son. Aseméllase aos discos compactos en canto ás súas dimensións físicas (diámetro de 12 ou 8 cm), pero están codificados nun formato distinto e a unha densidade moito maior.
Un conflito é unha situación de tensión ou hostilidade producida por un desacordo entre dous ou máis persoas. Cando acontece o enfrontamento, este pode xerar unha discusión verbal ou no grao extremo unha guerra, namentres que se non aflora provoca inestabilidade psíquica no suxeito ou poboación, que haberá precisar a posteriori dun tempo de reestabelecemento co gallo de recobrar a orde ou a paz.
SCUMM (Script Creation Utility for Maniac Mansion en inglés, "Utilidade de creación de guións para Maniac Mansion") atópase a medio camiño entre unha linguaxe e un motor para videoxogos para aventuras gráficas. SCUMM foi creado por Lucasfilm Games (despois coñecida como LucasArts) e desenvolvido por Aric Wilmunder e Ron Gilbert para o seu videoxogo Maniac Mansion en 1987, considerado como unha das primeiras aventuras gráficas da historia dos videoxogos. Foi o motor de aventuras gráficas máis popular nos anos oitenta e principios dos noventa, tendo en AGI e SCI de Sierra On-Line os seus principais competidores.
Agostino "Dino" De Laurentiis, nado o 8 de agosto de 1919, e finado o 10 de novembro de 2010, foi un produtor de cinema italiano. Xunto con Carlo Ponti, foi un dos produtores que levaron o cine italiano á escena internacional ó final da segunda guerra mundial. Produciu ou co-producido máis que 500 filmes, dos cales 38 foron nomeado ós Premios Oscar.
Prison Break é unha serie de televisión estadounidense creada por Paul Scheuring que comezou a emitir a Fox Broadcasting Company o 29 de agosto de 2005. A serie céntrase en dous irmáns, un que foi condenado á pena de morte por un crime que non cometeu e outro, Michael Scofield, que se fai deter expresamente para ingresar en prisión para fuxir co seu irmán. A serie produciuna Adelstein-Parouse Productions, en colaboración con Original Television e 20th Century Fox Television.
Un director de orquestra, ou unha directora de orquestra, é a persoa encargada de conducir a música que interpreta unha orquestra. O seu labor é moi arduo. A partir do estudo profundo e intensivo dunha partitura, deberá encargarse de unificar a interpretación dunha obra que interpretará un grupo amplo de músicos.
The Legend of Zelda: A Link to the Past
The Legend of Zelda: A Link to the Past, coñecido como Zelda no Densetsu Kamigami no Triforce (ゼルダの伝説 神々のトライフォース, Zeruda no Densetsu Kamigami no Toraifōsu, lit. "A lenda de Zelda: Triforza dos deuses") no Xapón, é un videoxogo de estilo aventura desenvolvido e publicado por Nintendo para a videoconsola Super Nintendo Entertainment System, terceira entrega da serie The Legend of Zelda. Lanzouse nun primeiro momento no Xapón o 21 de novembro de 1991, e máis tarde en Norteamérica, o 13 de abril de 1992, e o 24 de marzo en Europa.
Happy Tree Friends (Felices Amigos do Bosque, en tradución libre) é un deseño animado en Adobe Flash de humor negro de Mondo Mini Shows, creada por Kenn Navarro, Aubrey Ankrum, Rhode Montijo e Warren Graff. Como se mostra na web oficial, "non se recomenda para nenos". Mesmo con aparencia fofa e típica de deseños infantís dos personaxes, o deseño é moi violento, e case todos os episodios contén sangue, sufrimento, traxedias e mortes violentas.
Un disquete é un disco removible de almacenamento fixo de datos. O termo equivalente en inglés é floppy-disk, que significa "disco flexíbel". Pode ter o tamaño de 3,5 polgadas con capacidade de almacenamento de 720 KB (DD, Double Density) até 2,88 MB (ED, Extra Density), aínda que o máis común actualmente sexa 1,44 MB (HD, High Density), ou 5,25 polgadas con almacenamento de 160 KB (Single Side = Face Simples) até 1,2 MB (HD).
O home tranquilo (en inglés: The Quiet Man) é un filme estadounidense de 1952. O filme gañou dous premios Oscar, ao mellor director e á mellor fotografía en cor e tivo outras cinco candidaturas: mellor filme, mellor guión, mellor actor secundario (Victor McLaglen), mellor dirección artística e mellor son.En 2013 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.Foi emitido na TVG o 24 de maio de 1986.
A Cinémathèque Française (en galego: "Cinemateca Francesa") é unha institución francesa con sede en París, fundada en 1936, que se dedica a coleccionar, conservar, restaurar e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico mundial. Malia ser unha asociación privada, está financiada principalmente polo Estado Francés.
Phillip Harvey "Phil" Spector, nado como Harvey Phillip Spector o 26 de decembro de 1939 no Bronx en Nova York e finado o 16 de xaneiro de 2021, foi un produtor e compositor estadounidense. Creador da técnica de produción "Wall of Sound" (en galego, "muro de son") Spector foi o pioneiro no son dos grupos de rapazas dos anos 60 e produciu ao redor de 25 éxitos top 40 entre 1960 e 1965. Algúns dos seus grupos femininos máis famosos son The Ronettes e The Crystals.
A microfluídica estuda o comportamento de líquidos e gases nas escalas máis pequenas. Este comportamento diferénciase de maneira fundamental do observado en fluídos macroscópicos porque a esta escala algúns efectos normalmente considerados insignificantes en mecánica de fluídos clásica poden ser dominantes. Se por exemplo as forzas de fricción son predominantes con respecto ás forzas inercias, o que se corresponde cun fluxo a baixo número de Reynolds, o fluxo resultante é laminar sen turbulencias apreciables.
O quechua, tamén coñecido como runa simi ("lingua da xente"), é unha familia de linguas indíxenas faladas polo pobo quechua, o cal habita principalmente nos Andes do Perú. Derivada dunha lingua ancestral común, é a familia de linguas precolombianas máis falada das Américas, cun estimado de 8-10 millóns de falantes en 2004. Aproximadamente o 25% (7,7 millóns) dos peruanos falan unha lingua quechua.
O Wikidata é unha base de datos editada de forma colaborativa, parte da Fundación Wikimedia, co obxectivo de proporcionar unha fonte común para certos tipos de datos, como datas de nacemento, que poden utilizar proxectos da Wikimedia como a Wikipedia. Isto é semellante á forma na que a Wikimedia Commons proporciona almacenamento para ficheiros multimedia e acceso a estes ficheiros en tódolos proxectos da Wikimedia.
2001: Unha odisea do espazo (en inglés: 2001: A Space Odyssey) é un filme británico-estadounidense de ciencia ficción producido e dirixido por Stanley Kubrick que foi estreado en 1968. O guión, escrito por Kubrick e Arthur C. Clarke, está parcialmente baseado na historia curta de Clarke "The Sentinel". Posteriormente, Clarke escribiu a novela 2001: A Space Odyssey, que foi publicada pouco despois da estrea.
Godzilla (ゴジラ, Gojira) é un kaiju xaponés que apareceu por vez primeira no filme de Ishirō Honda Godzilla (1954). Dende aquela, Godzilla converteuse nunha icona mundial da cultura pop protagonizando máis de 28 filmes producidos por Toho Co., Ltd.. O monstro apareceu en gran variedade de medios como videoxogos, novelas, banda deseñada e series de televisión.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cine británico nacionalizado americano, mestre do xénero do thriller de suspense. Tras unha exitosa carreira no cine británico en películas mudas e nas primeiras sonoras, o que o levou a ser considerado o mellor director de Inglaterra, Hitchcock trasladouse a Hollywood en 1939.
Os apaches son un pobo indíxena da zona actual de Arizona (Estados Unidos e Sonora (México). A palabra apache procede do zuni apachu ("inimigo"), mais eles chámanse a si mesmos Ndee ("a xente"). Para comunicarse entre eles empregaban unha serie de linguas atapascanas meridionais, que se clasificaron como o apache das chairas, o apache oriental e o apache occidental.
GNU/Linux, abreviado ás veces como «Linux», é o termo co que se fai referencia aos sistemas operativos baseados en UNIX que utilizan o kernel Linux e sobre el o software do proxecto GNU e máis software. Coñecido polo seu uso predominante nos servidores, os sistemas GNU/Linux poden instalarse nunha ampla variedade de hardware: móbiles, computadores persoais, supercomputadoras etc. Existen numerosos grupos de usuarios de GNU/Linux en case todos os países do mundo.
O Mary Celeste foi un bergantín mercante norteamericano que se encontrou ao garete e sen tripulación no océano Atlántico a 400 millas náuticas dos Azores o 4 de decembro de 1872. Atopouno o bergantín canadense Dei Gratia en condicións de navegar, aínda que desantendido, coas velas parcialmente izadas e sen o seu bote salvavidas. A derradeira anotación do seu caderno de bitácora era de dez días antes.
Hideaki Anno (庵野 秀明, Anno Hideaki), nado en Ube o 22 de maio de 1960, é un animador, director de cinema e actor xaponés. É coñecido por ser o creador do popular anime Neon Genesis Evangelion. O seu estilo quedou definido pola incorporación do posmodernismo e da extensa representación dos pensamentos e emocións dos personaxes, a miúdo a través de escenas non convencionais que presentan a súa deconstrución mental.
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
Carl Edward Sagan, nado en Nova York, Estados Unidos, o 9 de novembro de 1934, e finado en Seattle, Estados Unidos, o 20 de decembro de 1996, foi un astrónomo, astrofísico, cosmólogo, astrobiólogo, escritor e divulgador científico estadounidense. Foi un defensor do pensamento escéptico científico e do método científico, pioneiro da exobioloxía e promotor da procura de intelixencia extraterrestre a través do Proxecto SETI Impulsou o envío de mensaxes a bordo de sondas espaciais, destinadas a informar a posibles civilizacións extraterrestres acerca da cultura humana. Mediante as súas observacións da atmosfera de Venus, foi dos primeiros científicos en estudar o efecto invernadoiro a escala planetaria.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
Un organismo ou ser vivo é un conxunto de átomos e moléculas que forman unha estrutura material moi organizada e complexa, na que interveñen sistemas de comunicación molecular, que se interactúan co ambiente intercambiando materia e enerxía dunha forma ordenada e que desempeña as funcións básicas da vida, que son a nutrición, a relación e a reprodución, de tal xeito que os seres vivos atúan e funcionan por si mesmos sen perder o seu nivel estrutural. A materia que compón os seres vivos está formada nun 95% por catro átomos: que son o carbono, o hidróxeno, o osíxeno e mais o nitróxeno, a partir dos cales xorden as moléculas, tanto orgánicas ou biomoléculas como inorgánicas. Moléculas orgánicas ou biomoléculas: os ácidos nucleicos, as proteínas, os glícidos e os lípidos.
O meu veciño Totoro (となりのトトロ, Tonari no Totoro) é un filme xaponés de animación de 1988 dirixido e escrito por Hayao Miyazaki. Foi animado polo Studio Ghibli para Tokuma Shoten. O filme, que conta coas voces orixinais en xaponés de Noriko Hidaka, Chika Sakamoto e Hitoshi Takagi, conta a historia das fillas pequenas dun profesor (Satsuki e Mei) e as súas interaccións con amigables espíritos do bosque no Xapón rural da posguerra.
Judy Garland, nada co nome de Frances Ethel Gumm en Grand Rapids, Minnesota, o 10 de xuño de 1922 e finada en Londres, Reino Unido, o 22 de xuño de 1969, foi unha actriz e cantante estadounidense. O seu papel máis coñecido foi Dorothy Gale en The Wizard of Oz (1939). Foi nomeada para o Óscar á mellor actriz e gañou moitos outros premios na súa carreira.
Angry Birds é unha serie de videoxogos creada no 2009 pola empresa finesa Rovio Entertainment. Inspirada por Crush the Castle, os xogos foron aclamados pola súa exitosa mestura de modo de xogo, estilo cómico e baixo prezo. A súa popularidade supuxo a creación de numerosos spin-offs, versións de Angry Birds creadas para PCs e consolas, un mercado para comercializar as súas personaxes, unha serie de animación e un filme.
Ingmar Bergman (pronunciado en sueco: 'ɪŋmar 'bærjman ), nado en Uppsala o 14 de xullo de 1918 e finado en Fårö o 30 de xullo de 2007, foi un recoñecido director de cine e dramaturgo sueco. É considerado unha das personalidades máis eminentes e influentes da cinematografía mundial.Dirixiu máis de sesenta películas e documentais para a televisión e o cine, os guións dos cales tamén escribía, e dirixiu unhas cento setenta obras de teatro. Na súa compañía de actores atópanse Harriet Andersson, Liv Ullmann, Gunnar Björnstrand, Bibi Andersson, Erland Josephson, Ingrid Thulin e Max von Sydow.