Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Le Monde (pronunciación en francés: /lə mɔ̃də/; en galego: O Mundo) é un xornal vespertino francés fundado por Hubert Beuve-Méry e publicado de maneira continua en París dende a súa primeira edición o 19 de xaneiro de 1944. É a principal publicación do Groupe Le Monde. O xornal Le Monde non debe confundirse coa publicación Le Monde diplomatique, da cal o grupo Le Monde posúe un 51%, pero que é editorialmente independente.
O ácido margárico ou ácido heptadecanoico é un ácido graxo de cadea liñal con dezasete átomos de carbono, coa fórmula molecular C17H34O2, simbolizado como C17:0. O ácido margárico ou heptadecanoico é sólido a temperatura ambiente moderada e funde a 61,3 °C. A 10 mm de Hg de presión ferve a 220 °C. A súa densidade é de 0,853 g/cm3 entre 4 °C e 60 °C e o seu índice de refracción é de 1,4324 a 70 °C. É insoluble en auga, soluble en dietilèter e lixeiramente soluble en etanol. O nome de ácido margárico deullo o químico francés Michel Eugène Chevreul en 1816 a partir do nome da margarina para designar unha substancia ácida que descubrira en 1813.
Mnozil Brass é un septeto de brass austríaco. Tocan clásico, jazz e outros estilos musicais usando instrumentos tradicionais de brass e outros non tan tradicionais, como keyed trumpet e Wagner tuba. A música preséntase como un estilo típico de humor, que pode ser aproximadamente caracterizado como "negro acebiche" e "aquí e alá" absurdo.
Earthrise (traducible como albor ou espontar da Terra) é o nome da fotografía da NASA AS8-14-2383HR, tomada por William Anders durante a misión do Apollo 8 á Lúa o 24 de decembro de 1968 ás 16:40 UTC (aprox.). Nela apréciase parcialmente a Terra na sombra, nun primeiro plano da superficie lunar. O Apolo 8 non aterrou na Lúa; esta fotografía foi quitada dende a órbita lunar.
Tullimonstrum gregarium, tamén coñecido como Monstro de Tully, foi un fósil de vertebrado mariño de aparencia única atopado no estado estadounidense de Illinois que viviu en augas dos estuarios tropicais durante o período Carbonífero, hai aproximadamente 300 millóns de anos. Medía uns 30 centímetros e ten hoxe en día as lampreas como os seus "parentes" evolutivos máis próximos.
Gran Premio dos Países Baixos de 1955
O Gran Premio dos Países Baixos de 1955 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 10 de xuño de 1955 no circuíto de Zandvoort. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1955.
Aeolus, ADM-Aeolus ou Misión Dinámica Atmosférica Aeolus, e unha misión da ESA que ten como obxectivo o estudo dos ventos na Terra a escala global. É a quinta da familia de misións de exploración terrestre. A súa observación inclúe os trinta km inferiores da atmosfera, dos que mide a velocidade do vento usando un só instrumento, un lidar pulsante de 5Mw chamado Aladin cunha frecuencia de 50 Hz que usa o efecto Doppler para as súas medicións.O seu nome procede do deus grego do vento, Eolo.
Framestore é unha empresa de efectos visuais británica coa súa sede preto de Oxford Street, en Londres. Fundada en 1986, adquiriu Computer Film Company en 1997, fusionándose posteriormente. A compañía traballa en diferentes eidos dos medios de comunicacións: filmes, anuncios, vídeos musicais, animacións tradicional 2D e dixital, e recibiu premios e nomeamentos para os BAFTA e os Óscar.
Ente (ens en latín, do grego on, participio presente do verbo einai, ser) ou entidade, é un termo central na meirande parte da historia da filosofía. No seu sentido máis xeral úsase para designar un ser calquera, isto é, unha cousa que está “sendo”, que existe.Na filosofía grega a discusión filosófica sobre o ente xiraba en torno a se está sometido ou non ó cambio. Neste sentido, pódese afirmar que todo o pensamento grego aliméntase da tensión entre Física (ciencia do cambio) e Metafísica (ciencia do inmutable).
O tranvía do Mont Blanc (francés: Tramway du Mont-Blanc) ou TMB é unha liña de ferrocarril cremalleira do macizo do Mont Blanc, no departamento de Alta Savoia en Francia. As espectaculares vistas do Mont Blanc proporcionadas polo tranvía fano moi popular entre os turistas. Ademais, os montañeiros e excursionistas utilizan o tranvía porque as súas paradas serven de punto de partido para moitas rutas, incluíndo a ruta normal francesa do Mont Blanc, que comeza na terminal do tranvía, Nid d'Aigle, e continúa cara o refuxio de Tête Rousse.
A guerra franco-prusiana que enfrontou a Francia e Alemaña entre o 19 de xullo de 1870 e o 28 de xaneiro de 1871 e que significou a fundación do Segundo Reich ou unificación alemá, e a perda de Alsacia e Lorena e do Segundo Imperio por parte da derrotada e humillada Francia. Francia e Alemaña romperon relacións pola candidatura de Leopoldo de Hohenzollern, sobriño do rei de Prusia á coroa española tralo destronamento e exilio de Isabel II. Napoleón III, emperador francés, temeu un cerco a Francia como nos días de Carlos I. Esixiu a Guillerme I, rei de Prusia, que interviñese para retira-la candidatura. O rei de Prusia contestou que aquilo era unha "impertinente solicitude" e enviou o famoso telegrama de Ems.
Johan August Strindberg, nado en Estocolmo o 22 de xaneiro de 1849 e finado na mesma cidade o 14 de maio de 1912, foi un escritor e dramaturgo sueco. Está considerado como un dos escritores máis importantes de Suecia e recoñecido no mundo, principalmente, polas súas obras de teatro; foi o renovador do teatro sueco e precursor en certa maneira dos chamados teatro da crueldade e teatro do absurdo.
Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, nada en Coyoacán (Cidade de México) o 6 de xullo de 1907 e finada o 13 de xullo de 1954, foi unha recoñecida pintora e poetisa mexicana. Kahlo naceu e morreu en Cidade de México, no seu fogar coñecido como "La casa azul". A súa obra é considerada emblemática en México pola tradición indíxena.
O termo Fontes do Dereito expresa dunha forma gráfica as figuras que serven para constituír as normas de convivencia dunha determinada sociedade. Son fundamentos e ideas que axudan ao Dereito a realizar o seu fin. O Dereito Occidental (no Sistema Romano Xermánico ou Sistema de Dereito continental) tende a entender como fontes as seguintes: A Constitución, como norma suprema, que, á súa vez, contén e recolle ideas, crenzas, e principios nos que se basea a sociedade á que vai destinada A Lei, entendida de xeito amplo, como norma xurídica, o que incluiría toda disposición de carácter normativo, de rango inferior á constitución, á que se somete, e que provén de calquera órgano con competencia para ditala A Xurisprudencia, entendida como a doutrina dos Tirbunais que apican a lei O Costume, que consiste nun uso consciente e xerador de dereitos e obrigas por parte da sociedade ou do pobo Os Principios xerais do dereito, como ideas primixenias e fundamentais nas que se basea a convivencia pacífica dunha sociedade, pertencentes ao acervo cultural dun pobo, e que adoitan ser comúns ás diferentes culturas da humanidade ou polo menos do mesmo contorno.
Jogaila, despois Ladislau II Jagiełło, nado arredor de 1362 e finado o 1 de xuño de 1434, foi gran duque de Lituania (1377-1434) e máis tarde rei de Polonia (1386-1434), primeiro como consorte da súa dona Eduvixes ata 1399, e logo como monarca ata a súa morte. Gobernou Lituania dende o 1377. Naceu pagán mais, a fin de contraer matrimonio coa raíña de Polonia Eduvixes I, en 1386 converteuse ao catolicismo e foi bautizado co nome de Ladislau (Władysław) en Cracovia; casou entón coa nova raíña Eduvixes, e foi coroado rei de Polonia como Ladislau II Jagiełło.
Cuba participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1900, e dende entón enviou deportistas para competir na maioría das edicións dos Xogos Olímpicos de Verán. Os deportistas cubanos gañaron un total de 241 medallas (85 ouros, 71 pratas e 85 bronces). O Comité Olímpico Cubano foi creado no ano 1926 e recoñecido oficialmente en 1954.
República Democrática Federal de Iugoslavia
Para unha maior información véxase o artigo: República Federal Socialista de IugoslaviaA República Democrática Federal de Iugoslavia (en croata: Demokratska Federativna Jugoslavija, en esloveno: Demokratična Federativna Jugoslavija, en macedonio e serbio: Демократска Федеративна Југославија) foi a denominación oficial de Iugoslavia entre 1943 e 1946, sendo substituído polo de República Federal Popular de Iugoslavia e finalmente, en 1963 polo de República Federal Socialista de Iugoslavia. A República Democrática Federal de Iugoslavia xurdiu tras a vitoria dos partisanos, liderados por Josip Broz Tito, contra os alemáns e croatas. O Partido Comunista de Iugoslavia chegou ao poder, e aplicou un sistema económico socialista de corte leninista.
Ernest Rutherford, Barón Rutherford de Nelson e de Cambridge, nado en Brightwater (Nova Zelandia) o 30 de agosto de 1871 e finado en Cambridge o 19 de outubro de 1937 foi un físico británico. Está considerado o pai da física nuclear. Dedicouse ao estudo das partículas radioactivas, clasificándoas en alfa (α), beta (β) e gamma (γ) e achou que a radioactividade ía acompañada por unha desintegración dos elementos.
O estorniño pinto (Sturnus vulgaris) é unha ave paseriforme de mediano tamaño da familia Sturnidae. En Galicia é unha ave invernante moi numerosa e unha das dúas especies de estorniños do país; a outra é o estorniño negro. Mide uns 20 cm de longo e ten unha plumaxe negra brillante con reflexos metálicos, e ten pintas brancas en determinada época do ano.
Unha páxina web é un conxunto de ficheiros cun formato HTML, xunto con outros arquivos que conteñen imaxes, vídeos etcétera, todos eles aloxados nun servidor web público que permite acceder os mesmos en calquera momento. Estes arquivos son presentandos e interpretados no ordenador do usuario que os solicite a través dun navegador web. Xeralmente, están todos organizados dentro dun sitio web, ligados entre eles a través de hiperligazóns.
O Douglas DC-6 é un avión de pasaxe e transporte fabricado por Douglas Aircraft Company dende 1946 ata 1958. Orixinalmente pretendeu ser un transporte militar para as útimas etapas da segunda guerra mundial, pero foi redeseñado unha vez rematada a guerra para competir co Lockheed Constellation no mercado do transporte aéreo de longo alcance. Fabricáronse máis de 700 unidades e algúns deles aínda voan como cargueiros ou na extinción de incendios.
Naruto Shippūden 4: The Lost Tower
Naruto Shippūden 4: The Lost Tower (劇場版 NARUTO-ナルト-疾風伝 ザ・ロストタワー Gekijōban Naruto Shippūden: Za Rosuto Tawā) é un filme de animación xaponés diixido por Masahiko Murata que foi estreado no 2010. É o sétimo filme baseado no manga e anime Naruto escrito por Masashi Kishimoto.
Yul Brynner, nado en Vladivostok o 11 de xullo de 1920 e finado en Nova York o 10 de outubro de 1985, foi un actor norteamericano de nai rusa e pai suízo-mongol. Comezou a súa carreira artística en París, con pequenos papeis en clubs, en 1941 principiou unha xira teatral polos Estados Unidos, en 1949 debutou en Hollywood. O seu papel máis coñecido foi o do rei Mongkut de Siam nas versións teatral e cinematográfica deThe King and I (O rei e mais eu), polo que gañou un Óscar.
Maria Antonietta Torriani, nada en Novara o 1 de xaneiro de 1840 e finada en Cumiana o 24 de marzo de 1920, foi unha escritora italiana. Asinou como Marchesa Colombi (Marquesa Colombi) e cultivou a novela popular así como o feminismo. O nome de "Marquesa Colombi" era en realidade un pseudónimo, inspirado nun personaxe da comedia La satira e Parini, do dramaturgo Paolo Ferrari.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O Rytíři Kladno é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Kladno, República Checa. O club foi fundado en 1924 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga, competición da cal foi campión da liga regular na tempada inaugural. Xoga os seus partidos como local no Městský zimní stadion, un pavillón con capacidade para 8.600 espectadores.
O fotosistema II (FSII ou PSII polas súas siglas en inglés) ou auga-plastoquinona oxidorredutase é o primeiro complexo proteico das reaccións luminosas da fotosíntese oxixénica. Está localizado na membrana dos tilacoides de plantas, algas e cianobacterias. Neste fotosistema uns encimas capturan fotóns de luz para enerxizar electróns que son transferidos a través de diversos coencimas e cofactores para reducir a plastoquinona a plastoquinol.
Un algoritmo é un conxunto ordenado e finito de operacións sinxelas que conducen á resolución dun problema, como por exemplo a formulación programática paso a paso para producir unha serie de resultados nun programa en informática. Máis especificamente, en matemáticas, constitúe o conxunto de procesos (e símbolos que os representan) para efectuar un cálculo. A palabra algoritmo ten orixe no alcume Al-Khwarizmi, do matemático persa do século IX, Abu Yafar Mohámmed Abenmusa, cuxas obras foron traducidas no occidente cristián no século XII, recibindo unha delas o nome "Algorithmi de numero indorum", sobre os algoritmos usando o sistema de numeración decimal (indiano).
Dacca ou Daca (bengalí: ঢাকা, transcrito Ḍhākā; pronunciado: [ɖʱaka]) é a capital e a maior cidade de Bangladesh. Tamén é a sexta cidade por número de poboación e a sétima por densidade de poboación do mundo. Dacca é unha megacidade e tiña unha poboación de 10,2 millóns de persoas en 2022, chegando a 22,4 millóns de residentes na súa área metropolitana.
Ana Victoria García Obregón, máis coñecida como Ana Obregón, nada en Madrid o 18 de marzo de 1955, é unha actriz, presentadora, bailarina e cantante española moi coñecida no ámbito da televisión, tanto en series de ficción como en programas e concursos televisivos. Desde hai moitos anos é un dos rostros máis populares da prensa rosa española.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Mar de Mirtoon (grego: Mυρτώο Πέλαγος, Myrtoo Pelagos), é unha subdivisión do Mar Mediterráneo que se atopa entre as Cícladas e o Peloponeso. É descrito como a parte do Mar Exeo ao sur de Eubea, Ática e Argólida. parte da masa de auga do Mar Negro chega ao mar de Mirtoon, transportada a través do mar Exeo.(Saundry, Hogan & Baum.
O medio dólar Kennedy é unha moeda estadounidense de curso legal cuñada por vez primeira en 1964 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos. Concibiuse como unha homenaxe ao 35º presidente do país, John F. Kennedy, e a súa creación foi autorizada polo Congreso dos EEUU pouco despois dun mes do seu asasinato en novembro de 1963. O uso de obras anteriores dos gravadores xefe da casa da moeda Gilroy Roberts e Frank Gasparro posibilitou unha rápida preparación dos cuños e a produción da nova moeda comezou xa en xaneiro de 1964.
A lingüística é o estudo científico tanto da estrutura das linguas naturais como do coñecemento que os falantes posúen delas. O eido da lingüística pode dividirse, na práctica, en termos de tres dicotomías: lingüística sincrónica versus lingüística diacrónica, lingüística teórica versus lingüística aplicada, microlingüística versus macrolingüística. Unha descrición sincrónica dunha lingua describe a lingua tal e como é nun determinado intre; unha descrición diacrónica ocúpase do desenvolvemento histórico desa lingua e dos cambios estruturais que tiveron lugar nela.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A feofitina é un composto químico que funciona como primeiro transportador de electróns intermediario na cadea de transporte de electróns do fotosistema II nas plantas e tamén no centro de reaccion de tipo II fotosintético (RC P870) atopado nas bacterias púrpuras. Tanto no fotosistema II coma no centro de reacción P870, a luz arranca electróns do centro de reacción a través da feofitina, que despois pasa os electróns a unha quinona (QA) nos centros de reacción P870 e P680. Os mecanismos globais e funcións das moléculas de feofitina nas dúas cadeas de transporte son análogos.
Cuartos de dólar dos 50 estados
Os cuartos de dólar dos 50 estados son unha serie de moedas dun cuarto de dólar postas en circulación pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración de cada un dos estados constituíntes dos Estados Unidos. Este programa foi creado pola Lei 105-124, do 1 de decembro de 1997, e as moedas foron cuñadas e postas en circulación entre 1999 e 2008 en bloques de cinco estados cada ano.O deseño común do anverso correspóndese co coñecido como cuarto de dólar Washington, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado nesta ocasión polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que o reverso é específico para cada estado.O programa dos cuartos de dólar dos 50 estados púxose en marcha para promover unha nova xeración de coleccionistas de moedas, e converteuse no programa numismático máis existoso da historia dos EEUU, xa que aproximadamente a metade da poboación coleccionou as moedas desta serie. Isto provocou, ademais, un beneficio de arredor de 3.000 millóns de dólares para o Goberno federal, motivado da retirada da circulación das moedas por parte dos coleccionistas.En 2009, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou a complementar esta serie cun novo programa de moedas dun cuarto de dólar dedicadas ao Distrito de Columbia e dos territorios dos EEUU, nos que se inclúen Porto Rico, Samoa Americana, Guam, as illas Virxes Estadounidenses e as illas Marianas do Norte.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
James Richard Garoppolo, nado o 2 de novembro de 1991 en Arlington Heights, Illinois, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na posición de quarterback para San Francisco 49ers da National Football League (NFL). Formado na Eastern Illinois, foi elixido na segundo rolda do Draft da NFL de 2014 polos New England Patriots, equio co conseguiu dous títulos da Super Bowl como quarterback suplente de Tom Brady.
O hebreo ou hebraico (en hebreo: עִבְרִית ʿIvrit) é unha lingua semítica da familia lingüística afroasiática. Historicamente, é a lingua dos israelitas e dos seus antergos, malia que a lingua non aparece co nome de hebreo no Tanakh. No Tanakh (Biblia xudía), a lingua é chamada "yehudit" (a lingua de Xudá) ou "səpaṯ kəna‘an" (a lingua de Canaan).
O fotosistema I (FSI ou PSI polas súas siglas en inglés) ou plastocianina–ferredoxina oxidorredutase) é un dos dous fotosistemas que interveñen nas reaccións luminosas da fotosíntese de plantas, algas e cianobacterias. O fotosistema I é un complexo proteico integral de membrana que usa a enerxía da luz para catalizar unha transferencia de electróns a través da membrana dos tilacoides desde a plastocianina á ferredoxina.
A pel é o órgano de revestimento externo do corpo humano e de moitos animais. Nos humanos é o maior órgano do corpo, responsable da protección do organismo contra o medio externo. Por extensión, denomínase pel á superficie externa doutras realidades, como das froitas ou da propia terra, así como o material elaborado con este tecido animal para a confección de roupa, con ou sen pelo (como sería o caso da pel de visón ou do coiro, por exemplo).
Para o político republicano fusilado en 1936, véxase Pepe Miñones.José Manuel Miñones Conde, nado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1972, é un profesor universitario e político galego do PSdeG, actual ministro de Sanidade, Consumo e Benestar Social do goberno de España dende o 28 de marzo de 2023. Entre o 29 de marzo de 2021 e o 27 de marzo de 2023 foi delegado do Goberno de España en Galicia.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Kate Wilhelm, nada en Toledo (Ohio) o 8 de xuño de 1928 e finada en Eugene (Oregón) o 8 de marzo de 2018, foi unha escritora estadounidense. Escribiu novelas e historias de ciencia ficción, misterio e suspense, entre as que destaca a súa obra Where Late the Sweet Birds Sang, gañadora dun Premio Hugo.
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Sempre Xonxa é un filme galego dirixido por Chano Piñeiro e estreado en 1989. Foi a primeira longametraxe galega rodada en 35 mm e comparte con Urxa, de Carlos A. López Piñeiro e Alfredo García Pinal, e con Continental, de Xavier Villaverde, a honra de ser unha das primeiras longametraxes de ficción en galego. Durante vinte anos foi o filme en galego máis visto da historia, con 62.203 espectadores nos cinemas logo da súa estrea, só superado por O que arde en 2019.
A propiedade intelectual refírese a un ben económico xeralmente inmaterial, aínda que poida estar asociados a produtos físicos, recollido na maior parte de lexislacións dos países e suxeito a explotación económica por parte dos posuidores legais de devandita propiedade. Nun sentido estritamente xurídico a propiedade intelectual, é o protexido polas leis de propiedade intelectual, e calquera produción intelectual non explicitamente recollida pola lexislación non pode ser considerada propiedade intelectual en sentido xurídico. Así, os dereitos de propiedade intelectual protexen os intereses dos creadores ao ofrecerlles prerrogativas en relación coas súas creacións.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Manuel Senra Caamaño, nado en Olveira (Dumbría) o 24 de xaneiro de 1961, tamén coñecido como Tarolo, é un piloto galego de rallys. É un dos pilotos máis laureados de Galicia e un dos máis queridos pola afección, debido en gran parte á espectacularidade do seu estilo de condución. Gañou cinco veces o Campionato de Galicia de Rally (de xeito consecutivo entre 2001 e 2005), outras cinco o Campionato de Galicia de Montaña (en 1997, 2014, 2015, 2017 e 2019) e dúas veces o Campionato de Galicia de Rallys en Terra (1993 e 1994).