Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Konqi, a mascota do proxecto KDE, é un dragón e o personaxe que aparece no software de KDE así como en varias páxinas web, incluíndo a páxina de KDE. O seu nome provén de Konqueror, o navegador de dito proxecto. Foi creado por Stefan Spatz. Konqi apareceu nas versións 3.x de KDE, substituíndo á antiga mascota de KDE 2.x, un mago chamado Kandalf.
Parsec (pc) é unha unidade de lonxitude usada en astronomía para medir grandes distancias. O nome é un acrónimo formado en inglés a partir das palabras paralax 'paralaxe' e second 'segundo'. Parsec é a distancia a cal se debería situar un observador para ver a distancia dunha unidade astronómica (UA), equivalente á distancia da Terra ao Sol, baixo un ángulo dun segundo de arco (1").
Un ano luz é unha unidade de lonxitude, utilizada en astronomía, que corresponde á distancia percorrida no vacuo pola luz durante un ano. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un fotón no vacuo a unha distancia infinita de calquera campo gravitatorio ou magnético, nun ano gregoriano medio e a unha velocidade de 299.792.458 m/s. Para calcular o valor en quilómetros dun ano luz utilízase a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un ano gregoriano Medio (ver Calendario gregoriano) con 365,2425 días.
O milímetro é unha unidade de lonxitude equivalente á milésima parte dun metro, abreviado mm. 1 mm = 10-3 mEn fabricación mecánica os planos construtivos das pezas que se mecanizan van acoutados en milímetros, e a tolerancia das cotas exprésanse en décimas, centésimas ou milésimas de milímetro. O milímetro é a unidade de medida para as precipitacións.
O uso común de profesión ten diferentes acepcións, entre elas: emprego, facultade ou oficio que cada un ten e exerce publicamente. As profesións son ocupacións que requiren dun coñecemento especializado, unha capacitación educativa de alto nivel, control sobre o contido do traballo, organización propia, autorregulación, altruísmo, espírito de servizo á comunidade e elevadas normas éticas. Xeralmente acéptase que unha profesión é unha actividade especializada do traballo dentro da sociedade, e á persoa que a realiza denomínaselle: profesional.
Backspacer é o noveno álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam, editado o 20 de setembro do 2009. A banda lanzou o álbum a través do seu propio selo Monkeywrench Records nos Estados Unidos e pola Universal Music Group internacionalmente grazas a un acordo co selo Island Records.
A oda é un subxénero da lírica consistente nunha composición que se caracteriza porque o poeta, con linguaxe elevada, festiva e solemne, e cun ton exaltado e emocionado, desenvolve, e incluso dramatiza, sobre un tema. A miúdo dedícase a persoas, cidades e paisaxes, para salienta-las súas excelencias; con frecuencia preséntase en forma de reflexión contemplativa en torno a situacións existenciais. Procede da imitatio dos Carmina do latino Horacio, e foi introducido en España pola "Ode ad Florem Gnidi" de Garcilaso de la Vega.
A escola de Frankfurt foi unha corrente académica de mediados do século XX que abrangueu as investigacións de varios sociólogos, psicólogos, economistas e filósofos neo-marxistas asociados ao Instituto de Investigacións Sociais da Universidade de Frankfurt. O proxecto do Instituto consistía en renovar a teoría marxista da época, incidindo sobre todo no desenvolvemento interdisciplinario e na reflexión filosófica sobre a práctica científica. Para esta tarefa conseguiu concitar os esforzos de estudosos de diferentes ámbitos.
O Globe Life Field é un parque de béisbol en construción situado en Arlington, Texas, entre Dallas e Fort Worth. A súa inauguración está prevista para o 23 de marzo de 2020. Será o estadio local dos Texas Rangers da Major League Baseball (MLB) tras deixar o Globe Life Park, o cal usaron entre 2001 e 2019.
"Not for You" é un sinxelo da banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam, editado o 21 de marzo de 1995 coma segundo sinxelo do terceiro álbum da banda, Vitalogy. A pesar de estar acreditado a todos os membros de Pearl Jam, foi principalmente composta polo seu vocalista Eddie Vedder. A canción acadou o posto 12 da lista Billboard Mainstream Rock Tracks.
Áreas de goberno local de Nixeria
Nixeria posúe 774 Áreas de goberno local (LGAs, sigla do nome en inglés "Local Government Areas"). Estas subdivisións son equivalentes aos concellos. Cada área do goberno local é administrada por un Consello de Goberno Local, constituído por un presidente, que é o Xefe do Executivo da LGA, e outros deputados electos.
Arthur Ashkin, nado en Brooklyn o 2 de setembro de 1922 e finado o 21 de setembro de 2020, foi un científico estadounidense que traballou en Bell Laboratories e Lucent Technologies. Ashkin foi considerado como o pai das pinzas ópticas, motivo polo cal foi galardoado co Premio Nobel de Física en 2018 á idade de 96, converténdose no Premio Nobel máis vello até que en 2019 lle foi concedido a John B. Goodenough, con 97 anos. Residía en Rumson, Nova Jersey.Ashkin comezou o seu traballo sobre a manipulación de micropartículas con luz láser a finais da década de 1960, o que resultou na invención de pinzas ópticas en 1986.
Premio Hans Christian Andersen
O premio Hans Christian Andersen, designado con frecuencia como o "Pequeno Premio Nobel" da narrativa infantil, é un galardón internaciónal que se concede, con frecuencia bianual, como recoñecemento a unha «contribución duradeira á literatura infantil e xuvenil». Concédese en dúas categorías: a escritores dende 1952, e a ilustradores dende 1966.
Legacy of Kain: Soul Reaver é un videoxogo desenvolvido por Crystal Dynamics e publicado por Eidos. É o segundo xogo na serie Legacy of Kain. Foi lanzado para PlayStation, Sega Dreamcast e PC. O xogo mostra a historia do recentemente nado Segador de Almas (Soul Reaver), Raziel, seguíndoo na súa procura de vinganza contra os seus irmáns vampiros (Turel, Dumah, Rahab, Zephon e Melchiah) e o seu creador e antigo señor, Kain.
Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que supera os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica. Os xogos defínense como a actividade física ou mental que ten a finalidade de divertirse e entreterse.
Un quilómetro (escrito con q na súa forma plena, pero abreviado km por convención internacional) é unha unidade de medida derivada do metro, e equivale a mil (1.000) metros. O seu símbolo é km no Sistema Internacional. Nótese que se escribe con minúscula e sen punto, a non ser que coincida no fin dunha frase.
Claude Monet tamén coñecido como Oscar-Claude Monet ou Claude Oscar Monet, nado en París o 14 de novembro de 1840 e finado en Giverny, Francia, o 5 de decembro de 1926, foi un pintor impresionista francés e un dos creadores deste movemento. As súas primeiras obras son de estilo realista, e na metade da década de 1860 comeza a pintar obras impresionistas. Este cambio provocoulle problemas económicos, xa que se desviaba do gusto marcado polas academias de arte da época.
CamelCase é nunha transformación gramatical, usada decote en linguaxes de programación, que consiste en xuntar as frases ou verbas compostas nun só termo, eliminando os espazos entre termos e aplicando maiúsculas á primeira letra de cada verba, para facilitar o seu uso e evitar conflitos en linguaxes onde os espazos posúen unha significación adicional non relacionada, vinculada ou non influente na súa consideración adicional de separador de termos nas linguaxes naturais. Dentro da práctica da programación considérase un aspecto de estilo na mesma. Existen dous tipos de CamelCase: UpperCamelCase, cando a primeira letra de todas se atopa escrita en maiúsculas.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Cuartos de dólar dos 50 estados
Os cuartos de dólar dos 50 estados son unha serie de moedas dun cuarto de dólar postas en circulación pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración de cada un dos estados constituíntes dos Estados Unidos. Este programa foi creado pola Lei 105-124, do 1 de decembro de 1997, e as moedas foron cuñadas e postas en circulación entre 1999 e 2008 en bloques de cinco estados cada ano.O deseño común do anverso correspóndese co coñecido como cuarto de dólar Washington, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado nesta ocasión polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que o reverso é específico para cada estado.O programa dos cuartos de dólar dos 50 estados púxose en marcha para promover unha nova xeración de coleccionistas de moedas, e converteuse no programa numismático máis existoso da historia dos EEUU, xa que aproximadamente a metade da poboación coleccionou as moedas desta serie. Isto provocou, ademais, un beneficio de arredor de 3.000 millóns de dólares para o Goberno federal, motivado da retirada da circulación das moedas por parte dos coleccionistas.En 2009, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou a complementar esta serie cun novo programa de moedas dun cuarto de dólar dedicadas ao Distrito de Columbia e dos territorios dos EEUU, nos que se inclúen Porto Rico, Samoa Americana, Guam, as illas Virxes Estadounidenses e as illas Marianas do Norte.
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
Un escritor ou unha escritora é unha persoa que escribe textos en calquera tipo de documento, autor de obras escritas ou impresas que usa a escritura para difundir as súas ideas ou as alleas. Considérase que os primeiros escritores dos que se sabe o nome foron Ptahhotep (séculos XXV a XXIV antes da Nosa Era, que escribiu en exipcio) e Enheduanna (séc. XXIII antes da Nosa Era, escritora en sumerio), sendo esta última o primeiro poeta do que existe rexistro do seu nome.Desde a alfabetización infantil, poderiamos considerar a calquera persoa escritora, pero o termo adoita restrinxirse ás persoas que desenvolven esta faceta como actividade profesional.
Emilio José de Dios Merino, máis coñecido como Emilio de Dios, nado o 29 de outubro de 1971 en Xixón, Asturias, é un director deportivo español, que tras formar parte do Sporting de Gijón, o Racing de Santander e o Club Deportivo Lugo, onde substituíu no cargo a Toni Otero, actualmente está sen equipo.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Eleccións parlamentarias de Turquía de 2023
As eleccións parlamentarias turcas de 2023 están programadas para o 14 de maio de 2023, como parte das eleccións xerais de 2023, xunto coas eleccións presidenciais do mesmo día.Os votantes de 87 distritos electorais elixirán a 600 membros do Parlamento para a Grande Asemblea Nacional de Turquía por un período de cinco anos, formando o 28º Parlamento do país.
San Fins de Celeiros é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 222 habitantes (115 mulleres e 107 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 220 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 241 habitantes, sendo 120 homes e 121 mulleres.
O Outeiro, Celeiros, Ponteareas
O Outeiro é un barrio da parroquia de Celeiros no concello pontevedrés de Ponteareas o cal se atopa lindando coa parroquia de Oliveira. No ano 2022 tiña 71 habitantes (35 homes e 36 mulleres).O topónimo O Outeiro fai referencia a un lugar elevado. O monumento máis emblemático deste barrio é unha fonte do ano 1936.
Soutelo é un barrio da parroquia de Celeiros no concello pontevedrés de Ponteareas, o máis afastado da parroquia. No ano 2022 tiña 38 habitantes (17 homes e 21 mulleres).O topónimo Soutelo fai referencia a un souto pequeno. No barrio hai un cruceiro do século XVIII. O barrio e bastante antigo xa que se poden observar casas de pedra antigas.
Ribadas é un barrio da parroquia de Celeiros no concello pontevedrés de Ponteareas. No ano 2022 tiña 52 habitantes (27 homes e 25 mulleres).No barrio hai un peto de ánimas tamén chamado Peto de Ribadas, posiblemente dos séculos XVII ou XVIII, no barrio atópase unha escola de pedra, a cal foi reconvertida en vivenda particular.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Karachi (en urdú: كراچى e en sindhi: ڪراچي) é a cidade máis grande de Paquistán e a 12ª máis grande do mundo, cunha poboación de máis de 20 millóns de habitantes na súa aglomeración urbana. Está situada no extremo sur do país ao longo da costa do mar Arábigo. É a antiga capital de Paquistán e capital da provincia de Sind.
Familia das proteínas da membrana externa relacionadas coa virulencia
As proteínas da membrana externa relacionadas coa virulencia, ou, en certos contextos,proteínas da superficie externa (Osp), son proteínas que se expresan na membrana externa de bacterias gramnegativas e son esenciais para a supervivencia das bacterias dentro de macrófagos e para a invasión das células eucariotas. Esta familia consta de varias proteínas bacterianas e de fagos de tipo Ail/Lom. A proteína Ail de Yersinia enterocolitica é un factor de virulencia coñecido.
O masacre de Badaxoz produciuse nos días posteriores á Batalla de Badaxoz, durante a Guerra civil española, e foi froito da represión exercida polo exército sublevado do bando nacional contra civís e militares defensores da II República española após a toma da cidade de Badaxoz polas forzas fascistas contra a República, que tivo lugar o 14 de agosto de 1936 pola noite e o 15 de agosto de 1936 pola mañá.Constitúe un dos feitos máis polémicos da guerra, xa que o número de vítimas do masacre varía moito dependendo dos historiadores que a investigaron. Ademais, cando o bando rebelde gañou a guerra, nunca houbo unha investigación oficial sobre o acontecido na cidade estremeña. En calquera caso, as estimacións máis habituais apuntan a que entre 1.800 e 4.000 persoas foron asasinadas en feitos descritos por diversas asociacións de dereitos humanos como crimes de lesa humanidade.
A Carreira, Celeiros, Ponteareas
A Carreira é un barrio da parroquia de Celeiros no concello pontevedrés de Ponteareas, situado a carón de Ribadas. No ano 2022 tiña 38 habitantes (15 homes e 23 mulleres).O topónimo A Carreira é un hodónimo relacionado con carreiro, "camiño estreito". Preto deste barrio atópase a carballeira dos Candeira, e o mítico piñeiro manso desta importante familia.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O ácido pimélico é un composto orgánico coa fórmula HO2C(CH2)5CO2H. O ácido pimélico é unha unidade CH2 máis longa que o ácido dicarboxílico relacionado, o ácido adípico, un precursor de moitos poliésteres e poliamidas. Porén, comparado co ácido adípico, o ácido pimélico ten unha importancia industrial relativamente pequena. Os derivados do ácido pimélico están implicados na biosíntese do aminoácido lisina e a vitamina biotina.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 195.732 .
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Club Universitario de Deportes
O Universitario de Deportes (tamén coñecido como La «U») é un club deportivo con sede en Lima (Perú) con diferentes seccións deportivas, se ben a súa actividade principal é o fútbol profesional.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.